Issuu on Google+

Leliadoura Publicaciテウn do IES Camilo Josテゥ Cela

XUテ前 2013


sumario XUÑO / 2013

Charlas Matemáticas

2

A obra de teatro MERLÍN

16

Entrevista coa profesora María Victoria Otero

3

O Bosque Animado

16

As cabazas (I) As cabazas (II)

6 6

Reportaxe fotográfico correlingua

17

Reportaxe fotográfico Allariz

18

Lambetadas de cabaza

6

Reportaxe fotográfico Entroido

19

As cabazas ou cabazos

7

Reportaxe fotográfico tellados Catedral

20

Abóbora ou cabaza

7

A Real Academia Galega anda realmente revolta

21

Propiedades nutritivas da cabaza

7

“Makinaria” de Carlos Negro

25 26

Catro pementos galegos

8

O LHC: O maior experimento da historia

Excursión correlingua 2013

10

Excursión a Bilbao

28

Excursión a Guimarães

11

PADRÓN

30

O Reino de Galicia

12

Entrevista a Conchita

32

Papiroflexia para reivindicar e difundir

14

Concurso de microrrelatos

33

Excursión a Pedrafita do Cebreiro

15

Isto é o que nos espera. A nova lei de educación

34

A Pantasma do Hotel.. Obra de teatro en inglés

16

Humor de "O Bichero" de Luis Davila

36

Directora: Manuela Castro Colaboran: JavierAbeijón , Manuel G. Alvarellos, Sara Andrade, Raúl Burés , Estela Bustelo, María Cancela, Elba Casal, Luis Davila, Nerea Dios , Natalia Fabeiro, Zaira Fuentes, José García., Javier López, Raúl Martínez, Irene Méndez , Daniel Muñiz , Jose Luis Raposo, María Reboiras , Oscar Revillas, Marta Rey, Laura Río , Ariadna Rivas, Catuxa Rodríguez, Rubén Rodríguez, Uxío San Martín, Xoan Santaló, Mª Xesús Senín.

Edición e deseño: Emilio Crespo Impresión: COPINOVA Edita: EDLG do IES Camilo José Cela. Rúa do Carme s/n. 15900 Padrón - Tel. 981810752. E-mail: ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.es


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 2

Charlas Matemáticas Hai uns meses, unha profesora de matemáticas da USC (Mª Victoria Otero, decana da facultade de Matemáticas) veu ao instituto para darnos unha conferencia moi interesante. Logo acudiu tamén ao centro outro profesor da USC para falarnos das aplicacións das matemáticas. Faláronnos de temas como a curva catenaria, con moitas aplicacións na física e na matemática, dunha fórmula perfecta para aparcar ben,

Contáronnos tamén que a proba médica TAC foi financiada cos cartos dos Beatles, que conseguiron cun single

dunha ecuación que representa a coleta do pelo ben feita, tal que se chama a ecuación da coleta. Tamén nos falaron do número áureo (número do ouro) e a proporción áurea. Contáronnos tamén que a proba médica TAC foi financiada cos cartos dos Beatles, que conseguiron cun single. Descubrimos que, se nos queremos facer millonarios, temos que buscar un número primo con máis de 13.000.000 de cifras.

O outro profesor da USC (Enrique Macías) xa non deu unha charla tan entretida, pero ensinounos a multiplicar polos dedos, aínda que esta técnica só funciona coa táboa do 9. Díxonos que en internet todo estaba en códigos binarios, e que calquera mensaxe é descifrada por unha sede de EEUU. María Reboiras 1ºBach.-B


Páxina 3

Entrevista coa profesora María Victoria Otero P: A Facultade de Matemáticas da que vostede é decana, foi das primeiras en Santiago que incorporou os graos, que cambios supuxo isto? R: En efecto, a nosa Facultade non só foi un dos dous primeiros centros da USC nos que se implantou a titulación de grao, senón que tamén foi, xunto ás Facultades de Matemáticas da Universidade Autónoma de Barcelona e da Universidade de Salamanca, das primeiras que implantaron o grao de Matemáticas en España. O primeiro cambio importante que tivemos que afrontar foi a duración dos estudos, que pasaron dos 5 anos da licenciatura aos 4 anos do grao. Isto xa supuxo a necesidade de alixeirar os programas das materias. Non cabe dúbida de que hai un núcleo de coñecementos matemáticos que non se poden cambiar nin suprimir pois a titulación ten que proporcionar unha formación fundamental en matemáticas; con todo, fíxose unha importante revisión de contidos co obxecto de adecualos ás necesidades actuais. A forma de traballar do profesorado e alumnado é moi diferente á de anos anteriores, cando eran cinco anos de carreira? O novo plan de estudos implica un gran cambio na mentalidade do profesorado e do alumnado respecto dos estudos anteriores, pois implica un cambio importante de metodoloxía. Polo xeral, antes o método presencial do alumnado era moi pasivo, limitándose estes a copiar os apuntamentos e o profesor a expoñer a lección. Co novo sistema preténdese que o alumnado sexa moito máis activo e que o profesor sexa algo máis que un mero transmisor de

coñecementos, ambos teñen que traballar xuntos para conseguir que o alumnado acade os obxectivos marcados. O verdadeiro cambio está precisamente na forma de abordar a ensinanza e aprendizaxe: o número de clases expositivas redúcese, aumentan o número de clases interactivas en grupos reducidos, moitas delas co apoio das novas tecnoloxías informáticas e hai titorías en grupos moi reducidos. Tamén a avaliación continua, ademais dos exames finais, é unha diferenza co sistema anterior. P: Como son os resultados con relación aos da licenciatura? Como acada de preparado os novos graduados? R: Ata agora os resultados melloraron en termos cuantitativos e atrévome a dicir que, en xeral, tamén en termos cualitativos. Está claro que desde o punto de vista de contidos os coñecementos cos que saen os nosos egresados son menores, pero a miña opinión é que en conxunto saen mellor preparados para afrontar o seu futuro profesional nos distintos postos relacionados coa nosa titulación. P: Como é a proporción de mulleres e homes nestes estudos? E con relación aos resultados académicos? R: Na Facultade non hai diferenza entre a proporción de homes e mulleres, o 49,9% do noso alumnado son mulleres. Non temos analizado os resultados académicos desde a perspectiva de xénero, pero sirva como dato que os dous premios extraordinarios de Grao que se concederon o curso pasado foron acadados por unha alumna e un alumno. P: Cal é a proporción de mulleres e homes no profesorado e nos cargos dentro

da facultade? R: Nos últimos anos aumentou a proporción de mulleres entre o profesorado ata acadar o 37% actual. Por outra parte os tres membros do equipo decanal somos mulleres e os cinco departamentos adscritos á Facultade están dirixidos por unha muller e catro homes. P: Cales son as principais saídas profesionais para @s nov@s titulad@s. Hai saídas no noso país, fóra do ensino, ou hai que emigrar? R: Os estudos de Matemáticas ofrecen unhas expectativas laborais aínda moi atractivas. Máis aló do ámbito da docencia e investigación, os nosos titulados traballan, por exemplo, na administración de empresas, en departamentos de calidade, produción e I+D, en sectores de finanzas e banca, informática e telecomunicacións, enxeñería e márketing e comunicación. De feito, nos últimos anos na Universidade de Santiago de Compostela máis dun 55% dos licenciados/graduados en Matemáticas traballa en sectores distintos da docencia (universitaria e non universitaria) e da investigación universitaria, que, por suposto, seguirá sendo un campo importante de emprego para os matemáticos no futuro. Aínda que, como apuntei, ata o momento as perspectivas laborais son boas, se a situación económica actual non mellora moitos dos nosos graduados veranse abocados a saír do país buscando un futuro mellor ou, simplemente, un futuro, botando a perder a xeración de mozos e mozas mellor preparadas de Galicia. P: Con respecto á lingua, que opina do feito de excluír o galego como lingua vehicular das matemáticas na ESO?

nos últimos anos, na Universidade de Santiago, máis dun 55% dos titulados en Matemáticas traballa en sectores distintos da docencia


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 4

Nun ecosistema as interaccións e conexións entre as especies poden ser traducidas a linguaxe matemático mediante un sistema dinámico.

R: Penso que a exclusión do galego como lingua vehicular na ESO sería un gran erro que causaría un grave dano á nosa lingua. P: Na facultade de Matemáticas, hai un uso frecuente do galego por parte do profesorado? O alumnado emprega o idioma nas súas comunicacións orais ou exames e traballos escritos? R: É cada vez máis frecuente o uso do galego nas aulas tanto por parte do profesorado como do alumnado. Isto débese en parte ás políticas de promoción do uso do galego que se fixeron hai uns anos desde a USC. Por outro lado, a nosa Facultade sempre estivo preocupada e implicada co uso das distintas linguas no ámbito da docencia e investigación. Xa no ano 1995 foi un dos primeiros centros que elaboraron un vocabulario especializado: un vocabulario cuadrilingüe de matemáticas (galegoespañol-inglés-portugues). Hoxe en día tamén se oferta docencia en inglés. Neste momento puxemos en marcha a campaña da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade “As Matemáticas teñen unha linguaxe propia... e tantas linguas como as da xente que as usa” co seguinte obxectivo. “Comprender e saber utilizar a linguaxe matemática é unha das competencias que debe adquirir o noso alumnado nos estudos do grao en Matemáticas. Xunta esta teñen que conseguir outra: comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en matemáticas tanto a un público especializado como non especializado. E para iso utilizarán linguas naturais; calquera delas, a que mellor se adapte ao interlocutor; e que coñezan, naturalmente. Moitos atoparán en Galicia a súa saída profesional. Outros sairán ao exterior. Deben contar coa mellor preparación posi-

ble. Aprender linguas. Mais tamén seguir aprendendo e cultivando a lingua deste país, o galego, para poder trasladarlles a beleza das matemáticas aos galegos e galegas.” P: Publícanse moitos traballos de investigación? Pensa que é posible desenvolver traballos de investigación matemática importantes en galego? R: A Facultade de Matemáticas da USC é a primeira de España en número de publicacións con un alto impacto científico e ocupa o lugar 25 a nivel mundial. Por suposto que estes traballos poden ser realizados en galego, o problema comeza cando temos que facer a difusión deses resultados pois non existen publicacións en galego dedicadas á investigación das matemáticas. Este é o motivo polo que, en xeral, se use o galego para as publicacións de divulgación ou docencia, e o inglés para as publicacións de investigación. P: En que investigacións participou ou participa vostede neste momento? R: O meu traballo como investigadora céntrase no estudo de Sistemas Dinámicos, isto é no estudio de modelos matemáticos nos que están involucradas una ou varias cantidades que cambian en función de outras, por exemplo o tempo. Son moitas as aplicación dos Sistemas Dinámicos nas distintas ciencias pois serven como modelos para estudar a realidade. Por exemplo, supoñamos que temos un ecosistema no que coexisten diversas especies: As interaccións e conexións entre as especies poden ser traducidas a linguaxe matemático mediante un sistema dinámico. Xa sabemos que o ser humano ten un impacto no ecosistema: perturbacións pequenas e en aparencia inofensivas poden botar a perder en pouco tempo centenares de anos de evolución. Onde está a novidade

ao introducir as matemáticas neste contexto? A través do modelo matemático poden ser explicados como e en que medida os cambios afectarán ao ecosistema. Así podemos saber, e por tanto corrixir, o impacto que terá ao longo prazo a introdución dunha especie invasora, a utilización dun novo pesticida, a pesca indiscriminada, a construción de estradas ou presas, etc… Ademais de estudar os sistemas dinámicos desde un punto de vista teórico tamén intento non perder a visión de utilidade, por exemplo neste momento estou traballando en colaboración con outros colegas nun modelo matemático que aborda o problema da coexistencia de dúas linguas nunha comunidade. Nel analizamos os factores que interveñen na evolución das linguas e que poden conducir á supervivencia de ambas ou á extinción da más débil. P: O ano 2013 é o ano das Matemáticas na Natureza. Ten previsto a Facultade de Matemáticas realizar algún tipo de actividade na que poidamos participar os institutos de Galicia? R: Xa se teñen organizado varias conferencias e talleres con motivo do ano das Matemáticas no planeta Terra. Estas foron actividades paralelas á exposición RSMEIMAGINARY-Santiago, na que recibimos numerosas visitas dos institutos de Galicia e Portugal, por certo entre elas está a do IES Camilo José Cela de Padrón. Aproveito a ocasión para felicitarvos polas numerosas iniciativas que realizades cara á formación integral do voso alumnado. Esperamos, se os recursos económicos o permiten, organizar outras actividades ao longo do ano nas que os protagonistas sexan os rapaces e rapazas dos institutos galegos. Sempre é unha alegría recibilos na Facultade!


Páxina 5

P: En canto ás publicacións sobre matemáticas, existen na actualidade materiais bibliográficos de calidade en galego que os estudantes da carreira poidan empregar? R: Unha boa parte do profesorado facilita ao alumnado, a través de cursos virtuais, apuntamentos, guías docentes, boletíns e outros materiais docentes en galego. Con todo, desde hai anos estanse a realizar Unidades Didácticas en galego en colaboración co Servizo de Normalización da USC. P: Un ex-profesor da falcultade dixo, hai máis de 30 anos, que estaba ensinando a cazar dragóns e preguntábase, pero hai dragóns? Actualmente séguese ensinando a cazar dragóns que non se sabe se existen, ou faise un ensino máis achegado á caza dos dragóns existentes? R: A titulación de Matemáticas ten como obxectivo fundamental formar matemáticos e matemáticas que coñezan a natureza, os métodos e os fins máis relevantes das distintas áreas das Matemáticas, posibilitando o seu acceso ao mercado de traballo. Quizais con esa función principal de formación para cubrir as necesidades da sociedade sexa necesario ensinar a cazar os dragóns existentes, pero tampouco podemos esquecernos de ensinar a cazar os dragóns que podan existir no futuro. Hai que estar formado para enfrontarse a novas situacións! P: Está influíndo a crise na forma de xestionar e no funcionamento da súa facultade? R: Por suposto que está influíndo! Como consecuencia da falta de recursos temos que optimizar os existentes, o que nos obriga a prescindir da realización de moitas actividades importantes para centrar-

nos nas necesidades máis perentorias. Con todo, son da opinión que temos que enfrontarnos á situación sen caer no abatemento, convén non perder o optimismo e loitar para que o centro se vexa o menos prexudicado posible. P: En que consiste o seu traballo como decana da facultade de Matemáticas? Ocúpalle moitas horas do seu día a día? R: A tarefa fundamental é a de organizar e xestionar os estudos que se imparten na facultade. Para isto temos que controlar que todos os servizos, equipamento, infraestruturas ou os recursos do centro funcionen correctamente. Tamén temos que promover a realización de actividades docentes ou complementarias de interese para os profesores e os estudantes que os axuden a conseguir unha formación

integral: cursos, prácticas en empresas, programas de intercambio con outras universidades.... E, por suposto, o de promover as Matemáticas en todos os ámbitos! As miñas funcións son moitas e moi variadas, polo que me ocupan moitas horas do día e mesmo do fin de semana... prefiro non botar contas! Teño a sorte de ter unha familia marabillosa que me axuda e me apoia en todo momento. A súa xenerosidade fai posible que poida asumir esta responsabilidade. Moitas grazas a todo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Camilo José Cela de Padrón por terme convidado a participar na revista do centro, e en especial á súa coordinadora Manuela, a quen coñezo e aprecio dende hai moitos anos.

A titulación de Matemáticas ten como obxectivo fundamental formar matemáticos e matemáticas que coñezan a natureza, os métodos e os fins máis relevantes das distintas áreas das Matemáticas


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 6

As cabazas (I)

Na noite de Samaín, os rapaces decoraban as cabazas

Seméntanse no mes de setembro ou outubro

Unha cabaza é una planta da familia das cucurbitáceas, da que existen distintas especies, de talo longo e rastreiro ou gatedor, de follas grandes e flores amarelas que dá un froito en pepónide. O froito desta planta é dun tamaño e cor variables, antigamente a xente, como non tiña recursos económicos usábaa de alimento. Preparábana de moitas formas distintas, con elas facían cal-

do, sopas, cremas… Tamén se usaba para o alimento dos animais cando había boa colleita. Normalmente, sementábanse no medio do millo, xa que como é una planta que medra moito, a cabaza enredábase nos pés do millo. As súas sementes, secas, saben moi ben e aproveitábanse para a plantación do próximo ano. Na noite de Samaín, os rapaces decoraban as cabazas:

Primeiro, vaciábanas logo, facían ollos, un nariz e unha boca, logo, metíanlle unha candea e finalmente poñíanas encima dos muros das casas, nas hortas etc. Para asustar á xente. Irene Méndez, 1º ESO-A

As cabazas (II) A cabaza é unha planta de talos rastreiros e flores amarelas. O seu froito é o cabazo. Seméntanse no mes de setembro ou outubro. Con el pódense facer comidas, por exemplo: caldo de cabazo, crema de cabazo, chulas de cabazo, etc.

Tamén se lle dá outro uso dende hai moitos anos: no mes de novembro (mes dos difuntos), baleirábase o cabazo e facíanselle ollos, boca e decorábanse doutras moitísimas formas e finalmente metíaselle dentro unha candea. E

ademais tamén servían de alimento para moitos animais. Raúl Burés, 1º ESO-A

Lambetadas de cabaza Ingredientes: Cabaza Ovos Pemento Atún Cebola Fariña Tomate Aceite Sal Preparación: Cortamos a cabaza coma se fosen peitugas de polo; en láminas. Batemos dous ovos nun prato e botamos unha pouca fariña noutro. Poñemos unha tixola ao lume con aceite e, cando estea o aceite quente, pasamos os anacos de cabaza primeiro

por fariña e despois polo ovo e pasámolo pola tixola. Por outra parte, unha vez acabado con iso e apartando as rebandas de cabaza para unha bandexa, nesa mesma tixola, pasamos xa picado medio pemento, media cebola (en anaquiños pequenos) e salgamos. Cando vexamos que o pemento e a cebola están ben desfeitiños botámoslle tres ou catro tomates pequenos moi maduros (non usar salsa de tomate de bote que é moi ácida). Cando vemos que o sofrito xa está listo (que o tomate está desfeito, a cebola non se nota…) enga-

dímoslle o atún. Collemos as rebandas, estendémolas nunha bandexa (na parte de abaixo podemos poñer unhas follas de leituga para decorar) e cunha culler botámoslle un pouco sofrito a cada unha. Comentario: O bo deste prato é o contraste do doce da cabaza cos outros ingredientes. María Cancela 1º ESO-B


Páxina 7

As cabazas ou cabazos Antes, na miña aldea, non se celebraba o Samaín, polo tanto, non se decoraban as calabazas como facemos agora, senón que as tomaban na sopa ou se lles daban aos animais. Ao igual que agora, nalgúns lugares as cabazas sementábanse xunto ao millo, máis ou menos no mes de abril, porque era a época con mellor

tempo. Ao longo do serán e do outono, estas hortalizas medran ata acadar o peso aproximado de 50 kg. Despois, recóllense os cabazos para alimentar os animais e extráense as sementes do interior das cabazas para gardalas e sementar o ano que vén. Laura Río, 1º ESO-A

Abóbora ou cabaza Cucurbita pepo é o termo botánico da cabaceira ou cabaza, planta herbácea rubideira anual da que se obteñen os froitos coñecidos coma cabazas, cabazos ou calacús. Na actualidade é tamén cultivada extensamente en toda Europa. Características É unha planta rastreira que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero, follas pubescentes, lobuladas e acorazoadas. As grandes flores amarelas son unisexuais; as masculinas teñen os estames soldados en forma de piar e en ambos os sexos o cáliz está unido á corola

Os froitos varían moito en tamaño e forma, dende case globulares ata oblongos ou ovoides. A casca é lisa e dura e tamén varía en cor. Variedades • Cucurbita pepo L. subsp. pepo, cabaciña. • Cucurbita máxima, cabaza confeiteira. • Cucurbita mixta. • Cucurbita mostacho. As cabazas de verán son variedades de Cucurbita pepo. Se se recollen inmaturas, consómense como cabaciñas, aínda que se poden deixar madurar na planta como as de inverno. Así e todo, as variedades de inverno C. máxima e C. mostacha non se consomen verdes. Existen multitude de varieda-

Propiedades nutritivas da cabaza A cabaza é rica en vitamina A, importante para o bo funcionamento do organismo, e contén o licopeno, un elemento esencial para a visión. A hortaliza tamén posúe vitaminas do complexo B; sales minerais, como o calcio e o fósforo; alén de ter propiedades laxativas e diuréticas. Por ser moi versátil, a cabaza pode ser consumida de diversas formas, como ingrediente en ensaladas, pratos quentes,

refogados, sopas, pans, bolos, doces, etc. As súas sementes, ricas en ferro, tamén poden ser torradas e consumidas como aperitivo.

des de diferentes cores e tamaños; as máis grandes chegan a pesar entre 18 a 36 kg. Aínda que é difícil manter as variedades puras cando se cultivan xuntas, a verdadeira especie C. pepo non se hibrida nunca con C. máxima, a chamada "cabaza confeiteira" da que se elabora o cabelo de anxo. Esta variedade, máis doce e zumarenta ca o resto, cando está madura posúe unha casca de cor amarela, rugosa, grosa e moi consistente, polo que se pode conservar moito tempo. A cabaza é rica en minerais, sobre todo potasio, e tamén en vitamina C e B-caroteno.

As cabazas de verán son variedades de Cucurbita pepo. Se se recollen inmaturas, consómense como cabaciñas


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 8

Catro pementos galegos

Os pementos do Couto Son semellantes aos de Herbón e a súa peculiaridade máis salientable é que non pican debido á ausencia de capsicina.

Na actualidade existen en Galicia 4 tipos de pementos que foron obxecto de rexistro europeo: os pementos do Couto, Oímbra, Arnoia e Herbón. Destes catro, os de Herbón teñen Denominación de calidade e de Orixe Protexida, D.O.P., e os do Couto, Arnoia e Oímbra só teñen o I.X.P. que é a Indicación Xeográfica Protexida e están pendentes da denominación de orixe. Os únicos que se cultivan exclusivamente ao aire libre son os de Arnoia e Oímbra. 1. Pementos de Arnoia. Cultívanse tradicionalmente na zona de produción constituída polo termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns, pertencente ao municipio de Cortegada. Esta zona, incluída na comarca do Ribeiro, está constituída pola parte máis baixa dun conxunto de vales delimitados polos ríos Miño e Arnoia. Foi introducido en Arnoia nos primeiros anos do século XX e desenvolveuse vertixinosamente ao redor do 1950. Os froitos recóllense en verde para se comercializaren en fresco. Tamén se poden recoller maduros, e neste caso empréganse fundamentalmente para transformalos en conserva. As plantas deste ecotipo son de consistencia herbácea, moi ramificadas, de porte medio e de ciclo semiprecoz, con fo-

llas pequenas, lanceoladas e de elevada floración. Características físicas e organolépticas do froito: • Forma: cónica, acampanada, con 3 ou 4 cascos, 4 costelas e un número variable de septos lonxitudinais bastante patentes. • Ápice: fendido ou redondeado. • Zona de inserción do pedúnculo lobulada. • Pel: lisa e brillante, de cor verde clara. • Peso aproximado: entre 50 e 90 gr. por unidade. • Lonxitude aproximada do froito: entre 7,5 e 11 cm. • Anchura aproximada do froito: entre 5 e 7 cm. • Grosor aproximado da parede intermedia ou carne: entre 2,6 e 7,7 mm. • Sección lonxitudinal: trapezoidal. • Cata: olor intenso e sabor doce. 2. Pementos do Couto. Os Pementos do Couto toman o seu nome do mosteiro de San Martiño de Xuvia, situado na parroquia do Couto do concello de Narón. A zona de produción está constituída polos concellos de N a r ó n , F e r r o l , Ne d a , Valdoviño, Moeche, As Somozas, Fene, Ares e Mugardos, comprendidos todos na comarca de Ferrolterra Son semellantes aos pementos

de Herbón e a súa peculiaridade máis salientable é que non pican debido á ausencia de capsicina. Precisamente por esta cualidade son cada vez máis apreciados por consumidores e profesionais de hostalería. Conta a lenda que hai moito tempo chegou ao mosteiro do Couto, ou de San Martiño de Xuvia, un visitante ilustre a quen o señor prior agasallou cunhas boas enchentes a base dos mellores produtos das súas leiras. Pero ocorreu que nunha destas comidas (un guiso ao parecer) había uns pementos de infernal picor que, claro, contrariaron dabondo ao distinguido visitante. A tristura e preocupación do prior era tanta que soñou que San Martiño lle dicía que convidara de novo ao persoeiro e volvera facerlle o guiso, que desta vez non picarían. Hai quen di que o bo prior dedicouse os anos seguintes a estudar as variedades dos pementos e cruzalas entre elas ata que, por fin, deu cos pementos que non picaban. Esta lenda, recollida nun pregón de Andrés Pena Graña á Festa do Pemento do Couto en 1995, continúa dicindo que o ilustre visitante era o Padre Sarmiento que visitou o mosteiro no 1745 e no 1755 e que o prior era un tal Felipe Colmenero.


Páxina 9

3. Pementos de Herbón. O nome da denominación, “Herbón”, é do topónimo da parroquia do concello de Padrón na que se sitúa o mosteiro ao que se vincula a introdución deste produto procedente de América, aínda que é máis coñecido como pemento de Padrón. A zona de produción coincide coa de acondicionamento e envasado, estando constituída polos concellos de Padrón, Dodro, e Rois, na provincia da Coruña, e Pontecesures e Valga, na provincia de Pontevedra, todos eles con vales sucados polo ríos Sar e Ulla. O inicio do cultivo do pemento de Herbón ten a súa orixe nas sementes traídas a Galicia polos monxes franciscanos no século XVII. A súa intervención foi fácil polo clima galego. Unha das características organolépticas máis salientables do "Pemento de Herbón" refírese a que non todos os froitos presentan sabor picante, senón que este aparece ocasionalmente. "Os pementos de Padrón uns pican e outros non", de acordo coa coñecida frase popular referida a este produto. É unha sensación lixeira, xa que os produtores se esmeran en escolmar o produto, eliminando aquelas plantas e froitos con sabor picante máis intenso. As plantas son de consistencia

herbácea, moi ramificadas, de porte medio-alto e de ciclo semiprecoz, con follas pequenas, lanceoladas e de elevada floración. Os froitos presentan as características seguintes: • Forma: froito curto, alongado, con tres ou catro lóbulos no ápice. • Peso aproximado: entre 3,5 g e 4,5 g por unidade. • Lonxitude aproximada do froito: entre 3,5 e 5,5 cm. • Diámetro máximo (anchura): entre 1,5 e 2 cm. • Ápice: afundido. • Lonxitude do pedúnculo: entre 3,5 e 6 cm. • Pel: lisa e brillante, de cor verde, lixeiramente clara. • Grosor da parede intermedia ou carne: presenta un grosor fino de aproximadamente 1,5 mm. • Sección lonxitudinal: trapezoidal. • Relación peso do froito / peso da semente : 3,2 (valor medio). • Cata: aroma de intensidade moderada, de sabor doce, que pode ser lixeiramente picante. 4. Pementos de Oímbra. Os pementos amparados pola indicación Xeográfica Protexida “Pementos de Oimbra” son froitos que pertencen ao ecotipo cultivado tradicionalmente na comarca de Verín, inte-

grada polos seguintes municipios: Oímbra, Verín, Castrelo do Val, Monterrei, Cualedro, Laza, Ríos e Vilardevós. Os froitos recóllense en verde (estado inmaturo intermedio) para se comercializaren en fresco. Tamén se poden recoller maduros (cor encarnada), e neste caso empréganse fundamentalmente para transformalos en conserva despois de asalos dunha maneira natural e artesanal. Só os primeiros son amparados pola Indicación Xeográfica Protexida. As características físicas e organolépticas do froito son as seguintes: • Forma: regular, alongada, con 1 casco e 3 ou 4 costelas e sen nervaduras importantes. • Peso: entre 100 e 200 gramos/unidade. • Lonxitude do froito: entre 10 e 20 cm. • Anchura na base: entre 6 e 8 cm. • Forma do ápice: acuminado ou redondeado. • Sección transversal con 3 ou 4 lóbulos. • Pel: lisa e brillante, de cor verde clara con tonalidades case amarelas. • Grosor da parede ou carne: entre 6 e 8 mm. • Cata: sabor doce, sen proído debido á ausencia de capsicina e olor de intensidade media. Estela Bustelo Sara Andrade Jose Luis Raposo, 4º ESO-A

O inicio do cultivo do pemento de Herbón ten a súa orixe nas sementes traídas a Galicia polos monxes franciscanos no século XVII


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 10

Excursión correlingua 2013 O pasado día 14 de maio de 2013, os rapaces e rapazas de 1º da ESO do IES Camilo José Cela, fomos de excursión a Santiago, ao Correlingua (que é unha carreira-manifestación pola lingua galega) acompañados de tres profesores: Manuel González Alvarellos, Ana Rosa Sebio Peña e Manuela Castro Pérez.

os nenos manifestándose, porque querían demostrar que había persoas que defendían o galego

O autobús deixounos a todos na rúa Xoán XXIII, pero antes de acudir ao Correlingua, os profesores organizaron unha visita á Igrexa da universidade, onde estivemos vendo unha exposición matemática. A exposición non foi moi longa, aínda que estivo moi ben, xa que explicaron moitas

cousas, como as dimensións, as ecuacións das figuras, etc… Ao rematar dita exposición, fomos camiñando ata a Alameda, na que tamén había alumnos e alumnas doutros centros escolares esperando a manifestarse no Correlingua. Ao comezar a carreira, todos os rapaces e rapazas comezaron a camiñar, e a televisión galega veu gravar aos nenos manifestándose, porque querían demostrar que había persoas que defendían o galego e que querían que todo o mundo se dese conta diso. O percorrido do Correlingua era moi longo (porque era para que todos os habitantes de

Santiago soubesen o importante que é a lingua galega) e polo camiño pasaron por varios lugares, por exemplo, o máis importante de todos eles foi a catedral de Santiago. Algúns rapaces manifestábanse con carteis, outros con traxes, e algúns como os estudantes do Camilo Jóse Cela, levaramos a chave do mundo. Ao rematar o Correlingua aínda estivemos unha hora e 15 minutos desfrutando dunha pequena orquesta que cantaba en galego, xogando cos compañeiros e coñecendo outras persoas. Foi un gran día compartindo o galego!!!


Páxina 11

Excursión a Guimarães Os pasados días nove e dez de maio os alumnos de terceiro e cuarto collemos rumbo a Portugal, onde visitamos fermosos lugares e pasamos dous días marabillosos na compaña dos profesores Amalia, Xaime e Santaló e dous guías que nos contaron ata o máis mínimo detalle de todo o que vimos. O xoves, ao chegar a Portugal, visitamos a cidade de Ponte de Lima, a cidade máis antiga de Portugal, onde só paramos para facer un descanso, pero co tempo suficiente para ver o bonito que era aquilo. Os profesores e algunhas alumnas desfrutaron dos magníficos bolos de arroz portugueses. A continuación fomos ata a Citania de Briteiros, onde visitamos un castro da idade de Ferro, descuberto polo arqueólogo Martins Sarmento no século XIX. Neste lugar puidemos ver as casas dos nosos antepasados, redondas ou con esquinas, as súas magníficas estradas e os seus balnearios entre outras cousas que puidemos observar. Ao acabar a visita comemos alí, ante unha magnífica vista. Cando marchamos da Citania de Briteiros fomos para o Mosteiro de Souto San Salvador e o convento de Santa Marinha da Costa. Alí puidemos admirar a súa ornamentación decorada con pan de

ouro, cuxa restauración foi posible grazas ó traballo comunitario dos fregueses. Ó chegar á cidade de Guimarães subimos ata a montanha da Penha onde hai unha igrexa no alto dun monte e ten unhas vistas espectaculares. Alí puidemos pasar un tempo agradable andando entre unhas “grutas” que semellaban labirintos. Cando baixamos deste monte, fixémolo en teleférico, podendo gozar tranquilamente da vista da cidade. Despois de pasar un día visitando Guimarães era a hora da chegada á pousada, de ducharnos e poder desfrutar da cidade pola nosa conta. Algúns alumnos desfrutaron do bo tempo para ás terrazas, outros para pasear e outros para percorrer ata o último recuncho da zona vella. Puideron ver que en Guimarães, durante toda a noite, as casas están adornadas con cadeas de luciñas na fachada como se fose Nadal, de forma que está todo iluminado. Cando chegou o cansazo tivemos que durmir, para ó día seguinte levantarnos con enerxía, porque nos esperaba outro día de visitas guiadas. Logo dunha longa noite tocou o espertador e, despois de almorzar, fomos visitar as antigas fábricas de Guimarães, onde vimos como se tra-

ballaba antigamente coas peles. Máis tarde participamos nunha actividade lúdica na que tamén aprendemos moitas cousas. Tratábase de facer grupos e nunha hora visitar todos os monumentos que se sinalaban no mapa que a nosa guía nos proporcionou, e responder unha serie de preguntas coa axuda da nosa intelixencia e dos amables cidadáns de Guimarães. Foi unha forma divertida de aprender. A seguir visitamos o Paço dos Duques de Bragança. Alí vimos as distintas estancias de este edificio con mobiliario do século XIX. Despois de regresar á pousada para comer marchamos en dirección a Viana do Castelo, onde tamén visitamos unha igrexa no alto do monte, que tiña unhas vistas espectaculares do océano Atlántico. Nesta cidade desfrutamos dunha merenda de pasteis portugueses e, unha vez coa barriga chea e cansados de tanto andar, volvemos ó autobús para vir cara Galicia deixando en Portugal unha excursión inesquecible e chea de recordos e risos. Estela Bustelo, 4º ESO-A

Puidemos ver que en Guimarães as casas están adornadas con cadeas de luciñas na fachada como se fose Nadal


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 12

O Reino de Galicia

o reino de Galicia foi o primeiro reino católico de Europa occidental, pois os suevos xa no 410 a través do foedus pasan a depender politicamente deles

A ocultación do Reino de Galicia O tema do reino de Galicia era practicamente tabú ou descoñecido na historiografía española. Existiu o reino de Castela de Asturias ou de Aragón pero o reino de Galicia mantívose oculto para os nosos ollos. Con todo, ao falar da alta Idade Media todos recoñecen o esplendor cultural polo que pasou o territorio galego sendo un exemplo disto o desenvolvemento da arte románico, coa catedral de Santiago como máximo expoñente, ou da literatura galego portuguesa, lingua de culto. Parece evidente pois que temos dúas caras dunha moeda. É estraño que o centro cultural e económico de Europa constitúa só un territorio marxinal dentro do reino astur-leonés. Preguntámonos entón, existiu realmente un reino de Galicia? A resposta é que non soamente existiu senón que este reino abrangueu un período cronolóxico inmenso (ata 1833). É máis, o reino de Galicia foi o primeiro reino católico de Europa occidental, pois os suevos xa no 410 a través do foedus pasan a depender politicamente de-

les, dentro do imperio romano. A explicación desta desaparición de Reino de Galicia na hi s to r i ogra fía débese a cargas ideolóxicas na instauración do estado liberal. A historia de Galicia provocaba una forte confrontación ideolóxica, atopándose na radical distorsión de que foi obxecto ese período, vítima de presións ideolóxicas. Así, supeditouse a historia de Galicia a un esquema no que ela so cabe de maneira forzada, cando non marxinada, ata o extremo de desaparecer con nome propio. A investigación da historia de Galicia interrompese para adoptar o arquetipo oficial imposto na época. A idade media galega resulta así inexplicable nunha ficticia Historia de España. Aínda así, as evidencias da súa existencia son claras, e cada vez son máis os historiadores que intentan sacar á luz a historia dun dos reinos mas in-

fluentes. O país forxouse nun proceso histórico constante e acumulativo, sen fracturas. Galicia evolucionou ao longo da Idade Media, e así o fixo tamén o reino. Monarcas con sede en Oviedo Entre os séculos VIII e IX, tras a caída do imperio suevo e visigodo (comentado xa no anterior traballo) o territorio da península ibérica continuaba dividido entre musulmáns e cristiáns. Os reinos exteriores (carolinxio, bizantino) consideraban España como o territorio sometido ao islam, e como Galicia a todos os territorios do norte, agás Cataluña. Neste reino de Galicia instaurouse a corte no modesto lugar de Oveto (Oviedo), na rexión de Asturias, centro-

CARTA FORAL DE PADRÓN No nome da Santa e Indivisible Trindade, Pai, Fillo e Espírito Santo, Amén. Fernando, pola graza de Deus, Rei das Españas, a tódolos burgueses moradores da vila de Padrón, saúde e graza. (...) Reproducimos e confirmamos para sempre, a vós e ós vosos sucesores, tódolos bos costumes que vos fosen outorgados por meu pai e por meus avós (...). Entre estas cousas, mandamos especial e expresamente que o Señor da vosa vila, nin por si nin polos seus vicarios, teña potestade de embargar ningún veciño por ningunha demanda, sen que antes esta fose presentada e ventilada no tribunal. Así mesmo, non ouse o Señor da vila tomar algo para si violentamente nas vendas que nela se fagan, nin pretenda que se lle venda máis barato do que sinala o prezo común, que queremos que se fixe para o pan, para a carne, para toda clase de froitos, para o peixe, para a cera, para a leña e en xeral para tódolos artigos de comer e beber que se leven á vila ou que estean xa almacenadas nela. (...) Ningún da vosa vila pague portádego en toda a miña terra, non sendo no Castelo do Oeste por sal e por peixe (...), non dea fonsadeira, nin vaia en fonsado, nin pague loitosa, nin pedido algún. FERNANDO II. Carta foral de Padrón. 1164. (Texto orixinal en Latín)


Páxina 13

norte do reino da Galicia altomedieval. A carencia de institucións previas como un bispado, ou un influente pasado aristocrático, foron as razóns que motivaron a escolla deste lugar. Dende entón os reis de Galicia titularíanse maiormente como reis ovetenses en virtude da situación da sede real en Oveto, ata o seu cese no ano 910. Destacan Afonso II, Ramiro I... Após Oveto, será Legio (Leon) a nova sede dos monarcas. Así, pasarán a ser agora reis legionenses. Garcia I será o primeiro en nomearse rei na nova sede, e Vermudo III o último. Fernando I. División do Reino Fernando I reunirá baixo a súa coroa os reinos de Castela e León-Galicia, separados desde a independencia de Castela polo Conde Fernán González (961). Reinará dende 1.037 a 1.065. A súa morte divide a herdanza entre os seus fillos: Galicia a García, Castela a Sancho (II), León a Afonso (VI), e os señoríos de Zamora e Toro a Doña Urraca e Doña Elvira. É aquí cando pode comezar a falarse dun Reino de Galicia independente, que volverá a ser unificado, e separado logo, en outra ocasión. O reino de León-Galicia e Castela. Unión de Coroas O fillo menor de Sancha, García II recibe a franxa occidental que se corresponde coa actual Galicia e Portugal, gobernará o reino de Galicia. O de este foi un goberno problemático posto que chocou cos condes portugueses, aos que venceu na batalla de Pedroso. O seu irmán, Sancho II o cal recibira a parte de Castela, destronara do reinado a García na batalla de Santarem, derrotara a Afonso e chegarase a erixir como rei de León. Após a morte de Sancho,

García volve pero o seu irmá Afonso IV, ao cal lle pertencía o reino de León, convertese en rei de León e de Castela, e anexiónase a rexión de Galicia tras mandar encarcerar a García. Reuniu así a herdanza do seu pai, Fernando I: Castela, León e Galicia. Afonso VI exerceu o poder efectivo ata o intre mesmo do seu pasamento. A súa filla Urraca foi nomeada raíña de León no Toledo onde faleceu. Urraca foi raíña de Castela, León e Galicia. Casou con Raimundo de Borgoña e no 1.105 naceu o futuro Afonso VII. Dous anos máis tarde casará co rei de Aragón Afonso I "O Batallador". Neste segundo matrimonio da raíña formou dous partidos: un o alto clero e a nobreza galega que defendía os dereitos de Afonso, fillo do primeiro matrimonio, e outro no que tomaban parte os burgueses dos concellos que apoiaban ó rei aragonés. Xelmírez, bispo de Santiago, rexeitou o segundo matrimonio debido ao parentesco, pois ambos eran bisnetos de Sancho III de Navarra, coroando a Afonso como rei de Galicia. Amais das loitas de Urraca co seu marido Afonso I de Aragón e Xelmírez), loitou ca súa irmá Tareixa (nai de Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal), e estivo a punto de perecer na revolución comunal de Santiago. Urraca falecerá en 1126. Afonso Raimundez foi, finalmente, coroado en León co nome de Afonso VII. Afonso VII (1126-1157) proclamouse, logo de acceder á coroa de Castela-León, como Imperator totius Hispaniae, recibindo homenaxe de tódolos reis peninsulares. Foi último rei de Galicia, pero tamén o que integrou na monarquía leonesa o sector da nobreza galega máis rebelde, que representaban os Trabas. Destaca a independencia de Portugal durante o seu reinado,

conseguida por Afonso Henriques. No proceso de reconquista, Afonso VII falecerá de regreso a León dunha das súas campañas. Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous: Fernando II recibirá León-Galicia, e Sancho II, Castela. Fernando II reinará en Galicia dende 1157 a 1188. Viuse obrigado a fixar as fronteiras entre o Reino de Galicia e o recentemente independente Reino de Portugal. Paralelo ao seu reinado sucederanse en castela Sancho II (1157-1158), que logo da súa morte, pasará a reinar Afonso VIII (11581214), que incorporara no seu reinado Guipúscoa. Fernando II será sucedido en Galicia por Afonso IX (11881230), quen se enfrontará co monarca de Castela Afonso VIII pola sua negativa a participar nas Navas de Tolosa. Afonso IX convocará as primeiras cortes en 1188 nas que participaron de xeito pioneiro os representantes das cidades. Foi fundador tamén da Universidade de Salamanca. Compre destacar que para Galicia este monarca é Afonso VIII , pois no houbo antes un Afonso VIII que reinará aquí. Enrique I (1214-1217) sucederá a Afonso VIII de Castela, que a súa vez será sucedido por Fernando III, alcumado “O Santo”. Fernando III (1217-1252) erixiríase como rei de Castela desde 1217 e tamén de LeónGalicia desde 1230 , logo da morte de Afonso IX, ficando de novo unificado o territorio de Castela, León e Galicia. Oscar Revillas, Rubén Rodríguez 2º Bach-B

Fernando II reinará en Galicia dende 1157 a 1188. Viuse obrigado a fixar as fronteiras entre o Reino de Galicia e o recentemente independente Reino de Portugal.


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 14

Papiroflexia para reivindicar, conmemorar e difundir

Constitúe un divertido recurso para visualizar e transmitir moitos conceptos das matemáticas.

A papiroflexia é a arte de facer figuras recoñecibles pregando papel. A súa orixe está no Xapón e alí coñécese como origami, “oru” = pregar e “kami” = papel. Con esta arte pódense construír figuras cun só papel ou pregando varias pezas ou módulos que logo se engarzan entre si (“origami” modular). Constitúe un divertido recurso para visualizar e transmitir moitos conceptos das matemáticas. Ao longo deste curso a papiroflexia serviunos ademais

para: • Reivindicar o emprego da nosa lingua cos dous tipos de marcapáxinas e os rombododecaedros que unha parte do alumnado foi construíndo nos recreos. • Conmemorar o día da paz coa confección de grúas de papel e difundir a historia que deu lugar a que estas aves se convertesen nun símbolo da paz . • Conmemorar o Día das

Letras Galegas e difundir a figura do homenaxeado, Roberto Vidal Bolaño, entre toda a comunidade educativa do noso centro. Para iso construíronse sobres dentro dos que se introduciron poemas de escritoras e escritores do noso país.


Páxina 15

Excursión a Pedrafita do Cebreiro O ano pasado polo mes de xuño, os cursos de 1º de Bacharelato e de 4º da ESO do IES Camilo José Cela, realizamos unha excursión ás terras de Pedrafita do Cebreiro. O que máis nos chamou a atención a todos foi a paisaxe da zona, caracterizada pola irregularidade do terreo e as fermosas cores que cubrían os prados, os cales abranguían a maior parte da superficie montañosa. Posteriormente, demos unha visita pola zona onde destacaba a antigüidade das casas feitas de pedra e logo dirixímonos a comer. A maior parte dos alumnos fomos comer ao merendeiro que estaba situado montaña arriba e que, a dicir verdade, quedaba bastante afastado da civilización. Cando rematamos de comer, estivemos visitando algunhas casas antigas e despois visitamos a igrexa de Santa María, onde se atopa unha copa que a tradición identifica co Santo Grial, cáliz co que Xesucristo celebrou a última cea. Ao saír da igrexa déronnos tempo libre que algúns aproveitaron para ir tomar algo ou comprar algún recordo da zona mentres que outros xogabamos a tirarnos piñas uns aos outros. Finalmente, despois da visita, dirixímonos ao lugar no que estaba situado o noso albergue, e como non podía ser doutra maneira, aproveitando que estabamos na primeira vila galega na que comeza o Camiño de Santiago, fixemos o traxecto a pé, que aproximadamente sería duns 15 km e que nos deixou a todos bastante cansados. De camiño ao albergue, desfrutamos dunha fermosa paisaxe autóctona e vimos tamén máis dunha vaca que se quixera poderíanos mandar de volta a Padrón dunha cornada, aínda que na miña opinión o que máis nos

chamou a atención foi unha árbore, concretamente un castiñeiro o cal se estimaba que rondaba os 800 anos de idade e que tiña un aspecto bastante degradado. Unha vez chegamos ao albergue eu decidinme finalmente por tumbarme no sofá a ver o partido inaugural da Eurocopa, como bo apaixonado do fútbol e do deporte en xeral. Ao remate do partido era hora da cea e fomos todos xuntos ao bar no que nola servirían, tal e como estaba pactado co albergue, e, se mal non recordo, ese día ceamos pasta. Ao día seguinte, iso si, despois dunha noite con bastante movida na que apostaría a que ninguén foi quen de durmir o necesario, fomos a unha especie de fábrica de teas artesanais na que nos ensinaron como era o procedemento e ao que eu e mais unha das miñas compañeiras pronto lle collemos o truco e comezamos a facer unha peza de tea cuxo paradoiro actualmente é descoñecido, ou eu polo menos non a volvín ver. De seguido esperábanos outra longa camiñata ata Samos onde visitariamos o Mosteiro que, a dicir verdade, entre o cansazo acumulado e o pouco que me gustan as construcións vinculadas á igrexa, se tivese que destacar algo, destacaría unha pintura dunha muller que era idéntica a unha amiga miña. Cómpre destacar que, cando iamos camiño do Mosteiro, sucedeu o que para min foi un dos momentos máis graciosos da excursión, que foi ver como dous amigos meus baixaron ata unha

leira só para perseguir a unhas pobres ocas que andaban por alí, pero iso non é o gracioso, senón que o mellor de todo foi que o noso guía da excursión os viu e foi detrás deles, observándose así, a meus amigos detrás das ocas e ao guía detrás dos meus a-migos. Aínda que supoño que a eles non lles fixo tanta graza coma a min porque a bronca que lles caeu foi bastante considerable. Finalmente, unha vez rematada a visita a Samos, o meu grupo de amigos e máis eu fomos comprar algo de comer e cando nos decatamos o resto da xente desaparecera, comezando así unha continua secuencia de chamadas aos profesores ata que os atopamos a eles e ao autobús. Unha vez todos dentro, emprendemos a viaxe de volta á casa, que eu aproveitei para durmir e descansar, dentro do posible nun autobús, claro. Por certo, quizais este artigo estea algo obsoleto na revista deste ano, xa que esta excursión se realizou o ano pasado, pero ao fin e ao cabo e como di o refrán: máis vale tarde que nunca! Rubén Rodríguez, 2º Bach-B

Visitamos a igrexa de Santa María, onde se atopa unha copa que a tradición identifica co Santo Grial


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 16

A Pantasma do Hotel.. Obra de teatro en inglés O “botóns” pensou no diñeiro que lle faltaba para ir ver o concerto de Elvis

A obra de teatro foi o día luns 9 de xaneiro do 2013 Resumo: Un día, nun hotel moi famoso, había un” botóns” que quería ir ver un concerto do famoso cantante Elvis Presley, pero non tiña cartos. Ao día seguinte chegaron uns clientes ao hotel, mellor chamalos ladróns. Viñan de roubar un banco. O “botóns” deuse de conta e pensou no

diñeiro que lle faltaba para ir ver o concerto de Elvis. A idea foi disfrazarse de pantasma para asustar os ladróns e roubarlle o diñeiro para o concerto. Uns días máis tarde decidiu comezar co plan, e así foi. Co seu axudante e unas mantas brancas con buratos, asustar asustou os ladróns, pero non lles roubou o diñeiro.

Opinión: Gustoume porque foi cómica e participou o público, por exemplo: Chito e María de 3º da ESO fixeron de ascensor e o axudante do “botóns” foi un neno do colexio de Pontecesures. Aos nenos e nenas da miña clase tamén lles pareceu una obra moi divertida. Uxío San Martín 1ºESO-A

A obra de teatro MERLÍN O intrépido Furaventos terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nunca se sabe o que pode ocorrer.

Esta película conta a historia dunha toupa chamada Furacroios e mais a súa familia.

Furaventos, arriba a súa dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde, grazas ás mazás da inmortalidade, Merlín, Morgana e o rei ARTUR levan vivindo mil cincocentos anos. O noso intrépido Furaventos terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nunca se sabe o que pode ocorrer. O espectáculo MERLÍN é unha montaxe para gozar e compartir o noso entusiasmo polo teatro onde predomina o

respecto á cultura e á natureza. Achegámonos á fantástica literatura Artúrica que encheu a imaxinación das xentes desde hai mil anos con personaxes tan coñecidos como Lanzarote, Galván, a raíña Xenebra, Uther Pendragón, Nineve, Mordred e por suposto Merlín, Morgana e o Rei Artur... En MERLÍN combinamos a interpretación actoral con cancións, batallas, pequenas maxias e algún boneco que nos acompaña na nosa aven-

tura por Avalón, a “Illa das mazás”. Ademais da fantástica historia que nos contou, Morgana ensinounos trucos, como o mel para as feridas. A nós, esta obra gustounos, porque ademais de ser divertida, participamos nela, e pensamos que unha historia que puido ser aburrida, ao final pasámolo ben véndoa.

Esta película conta a historia dunha toupa chamada Furacroios e mais a súa familia, e tantos outros animais e plantas que poden falar e que en xeral están ameazados polos humanos. Furacroios, a toupa, encamíñase nunha aventura en busca da súa familia, que foi capturada por un matrimonio que se dedica a disecar os animais, e coller a súa pel para facer vestidos ou para coleccionala. Ao final todo remata ben, e Furacroios queda ledo tras con-

seguir que a súa familia e o resto dos animais que o axudaron estean de volta con el. Tamén consegue que os humanos non os volvan molestar. Para min, foi unha película interesante e entretida; claramente eu non podo opinar polos demais compañeiros que viron a película, pero paréceme que eles saíron contentos do salón de actos, porque creo que lles gustou tamén.

Laura Río, Ariadna Rivas, 1ºESO-A

O Bosque Animado No pasado mes de decembro, o Equipo da Dinamización da Lingua Galega proxectou para os cursos de 1º e 2º de E.S.O. unha película titulada “O Bosque Animado”, na que se desenvolve destacadamente a aventura e o amor.

Raúl Martínez, 1ºESO-A


Pรกxina 17


Publicaciテウn do IES Camilo Josテゥ Cela

XUテ前 2013

Pテ。xina 18


Pรกxina 19


Publicaciテウn do IES Camilo Josテゥ Cela

XUテ前 2013

Pテ。xina 20


Páxina 21

A Real Academia Galega anda realmente revolta O pasado mes de abril produciuse unha noticia que resoou coma un trono no mundo da cultura galega: o presidente da Real Academia Galega, o coñecido escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, presentaba por sorpresa a súa dimisión, non só como presidente, senón tamén como académico. Este feito supuxo só o comezo dun amplo abano de declaracións e especulacións que revelaron as fortes disensións internas que se ocultaban baixo a aparente concordia que reinaba nunha das institucións máis respectadas do noso país. A partir deste “fatídico” luns, e nos principais medios de comunicación do país, puidemos asistir a un vaivén de declaracións encontradas entre oficiosos voceiros dalgún dos sectores enfrontados polo dominio da institución. A verdade é que, uns días antes, a polémica xa xurdira polas manifestacións do secretario da Academia, Xosé Luís Axeitos, nas que saía ao paso dunhas informacións que sementaban dúbidas sobre a xestión do presidente e do propio secretario –relacionadas algunhas coa contratación de familiares– e nas que aproveitaba para alertar duns supostos movementos para acabar coa independencia da institución. Méndez Ferrín, no seu escrito de dimisión, dado a coñecer o martes 26 de abril, facía alusión a “outros académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que non teño sitio na Academia”. Estas alusións levaron a que, nas semanas que seguiron á renuncia de Ferrín e antes da elección de novo presidente, houbese manifestacións para todos os gustos por parte de distintos académicos nos medios de comunicación. Este

ambiente de reproche e de confrontación cristalizou na presentación de dúas candidaturas, reflexo das dúas posturas enfrontadas xa evidentes, para optar á Presidencia da centenaria institución: a do tesoureiro da directiva saínte e profesor universitario Manuel González González e a do profesor de literatura e coñecido ensaísta e conferenciante, Xesús Alonso Montero. O pasado 20 de abril foi elixido Xesús Alonso Montero novo presidente da Real Academia Galega, despois dunha axustada votación na que resultou vencedor por só dous votos de diferenza. A vitoria por tan escasa marxe dun académico controvertido como Alonso Montero e novos incidentes dialécticos na véspera do Día das Letras Galegas non agoiran precisamente unha etapa moi serena na historia da institución académica. Esperamos que este episodio non sexa o inicio dunha fenda na composición da Academia e que os/as nosos/as académicos/as sexan quen de pechar as feridas abertas nas últimas semanas. Pensamos que isto sería moi positivo para o noso país, tan precisado nos últimos tempos de consensos e entendementos

que nos reafirmen na defensa do noso e dos nosos sinais de identidade. Seguro que unha institución do simbolismo e a relevancia da Real Academia Galega saberá poñerse á fronte con actitude integradora e valente, que facilite o avance por un camiño cada vez máis difícil e máis necesario. Como homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, á súa importantísima figura e á súa traxectoria literaria, vital e académica, incluímos uns interesantes fragmentos dunha entrevista que un grupo de alumnos, alumnas e profesores deste centro lle fixeron na sede da Academia cando era presidente. Por circunstancias que non veñen ao caso, esta entrevista quedou ancorada no disco duro do ordenador sen ver a luz ata hoxe. Aproveitamos a ocasión para mostrarvos uns fragmentos daquel encontro, que hoxe cobran novo significado e relevancia debido a todo o acontecido no tempo en que as declaracións de Ferrín durmiron nos arquivos dalgún vello computador. PEQUENÍSIMA PRESENTACIÓN Antes de ser nomeado presidente da RAG, Ferrín (como é popularmente coñecido) xa era unha personalidade eminente das nosas letras e da

Como homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, incluímos uns interesantes fragmentos dunha entrevista que un grupo de alumnos, alumnas e profesores deste centro lle fixeron na sede da Academia cando era presidente


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 22

Esta institución, de pouco máis de cen anos, está feita para defender a lingua e representar a identidade da nación galega. Pero non ten policía nin exército nin capacidade coercitiva para defender nin atacar a ninguén: ten poder simbólico

nosa cultura. Nacido en Ourense no ano 1938, é un dos escritores máis importantes da nosa literatura, cultivando sobre todo (e como el mesmo afirmou nun momento do encontro que tivemos con el) os eidos do relato curto e da poesía. Con apenas 19 anos publicou xa o seu primeiro libro de relatos (Percival e outras historias) ao que seguirían obras destacadas da nosa narrativa como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1962), Retorno a Tagen Ata (1972) ou Arraianos (1991). En poesía publicou poemarios tan destacados como Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) ou Estirpe (1994) e marcou unha época coa súa obra Con pólvora e magnolias (1976), libro poético de referencia da poesía galega contemporánea. Ademais do seu labor literario, Ferrín é coñecido pola súa presenza social e política. Foi membro fundador da UPG en 1963, ademais de actual militante da FPG, forza política (hoxe integrada na coalición AGE) coa que foi candidato á presidencia da Xunta nas eleccións de 2009. FRAGMENTOS DUNHA ENTREVISTA A finais do curso 2010-2011, un grupo de alumnos que estaban daquela en 2º de Bacharelato e dous profesores tivemos a oportunidade única de entrevistar a Xosé Luís Méndez Ferrín, naquel momento presidente da Real Academia Galega, na sede da institución na cidade de A Coruña. Partimos Catuxa, Javier, Nuria, Pedro e Lucía, acompañados dos profes Anxo (recentemente xubilado) e Alvarellos, cara á Estación do tren de Padrón, nada máis rematar as clases do venres 29 de abril de 2011. Collemos o tren ás 14:30 e antes das 15:30 horas xa estabamos na capital provincial. A cita co presidente,

conseguida grazas á amabilidade do daquela secretario da RAG, o rianxeiro Xosé Luís Axeitos, era para as 17:00, así que aínda tiñamos un tempiño para comer e dar unha volta. Cando chegamos á sede da Academia, a antiga casa da escritora Emilia Pardo Bazán na rúa Tabernas, tivemos que esperar unha miga, pero pagou a pena, pois tanto Axeitos como Méndez Ferrín atendéronnos encantados e con toda a amabilidade. PEDRO: Cre vostede que pode influír a política na situación do galego nos próximos anos? FERRÍN: Sempre, sempre…. A política, entendendo por política tanto as medidas de goberno como as medidas de contragoberno, as medidas que o pobo toma contra o goberno. Toda esa política. A política non é so o DOG e o BOE. Por iso, o tema de pervivencia ou desaparición do idioma é un tema fundamentalmente de política que atinxe a toda a poboación, a toda a nación, non só aos que están provisionalmente no goberno. PEDRO: E como pode axudar a Academia na situación actual do idioma? FERRÍN: A Academia Galega ten moi pouco que facer. Esta institución, de pouco máis de cen anos, está feita para defender a lingua e representar a identidade da nación galega. Pero non ten policía nin exército nin capacidade coercitiva para defender nin atacar a ninguén: ten poder simbólico. E este poder simbólico, se se mantén ao servizo da lingua, é bo para a lingua e se se diluíse e se perdese sería mao para a lingua. Estamos procurando que non se dilúa. PEDRO: Entón a función da RAG sería ese poder simbólico... FERRÍN: Poder simbólico, de resistencia e de defensa intransixente daquilo que é

noso e que ninguén vai defender por nós. PEDRO: E sobre os continuos cambios que sofre a norma galega, que pensa vostede? FERRÍN: Ese é un dos mitos urbanos con máis éxito, fomentado polos inimigos do galego. A Real Academia Española manda poñer e quitar acentos e ninguén se escandaliza. Cando esta casa os manda quitar ou poñer é unha catástrofe. Esta é unha Academia igual que a española e ten potestade para quitar acentos e poñer acentos; en galego non se pode escribir vaca con “b”. ANXO: Como tamén se di por aí que os “bes” e os “uves” van todos ao revés que en castelán... FERRÍN: É outro mito. [risos]. CATUXA: Que opinión ten sobre as polémicas que se suscitaron sobre a escasa presenza feminina na Academia? FERRÍN: En realidade, hai xente á que lle molesta a Academia e a súa actividade e entón busca pretextos para atacala. A Academia ten un 20% de mulleres, cousa que non creo que teñan partidos como o BNG, non creo que presentasen un 20% de candidatas femininas nas últimas eleccións, ou por aí andarán [risos]. O que si é certo é que hai máis mulleres na Real Academia Galega que na Academia Española ou na Francesa. Pero a que sae na prensa como machista é a nosa. Eu diríavos: buscade por que se está facendo esta publicidade negativa. E de todas as Academias que existen en Galicia, a de Academia de Ciencias, a Academia de Belas Artes... a nosa é a que ten maior proporción de mulleres. Pero todo isto dígovolo aquí a vós, nunca o direi no xornal porque é entrar nunha polémica realmente absurda e as que menos queren iso son as mu-


Páxina 23

lleres que están na Academia. PEDRO: A que pensa, entón, que se deben estes ataques? FERRÍN: Son campañas interesadas porque a Academia está nestes momentos nunha posición moi firme con respecto a outro tipo de cuestións. É unha técnica moi antiga. A literatura galega é unha literatura feminina. É a única literatura europea en que a figura central é unha muller: na española é Cervantes, na portuguesa é Camões, na italiana é Dante, na inglesa é Shakespeare... Son todos homes. A nosa literatura ten como capitá a Rosalía. Non hai unha soa persoa en Galicia á que non lle soe o nome de Rosalía de Castro. A literatura galega ten unha presenza feminina que non ten ningunha outra no mundo. O que sucedeu foi que as circunstancias educativas e sociais marxinaron á muller, sobre todo no pasado, e ocasionaron que a muller non accedese a postos importantes nin na música, nin na pintura... Decídeme algunha pintora da importancia de Picasso ou de Velázquez nas súas épocas. Non vos esforcedes, que non a hai. E non é por-

que as mulleres sexan parvas, é porque estaban condicionadas dunha forma que non podían chegar a iso. Pero Galicia ten a Rosalía e isto énchenos de orgullo. A presenza feminina na literatura galega é dominante en certo modo. A literatura galega máis nova, a que están escribindo os de vinte e tantos é fundamentalmente feminina, son mulleres, as mellores e as máis. CATUXA: Que opina do feito de que os xoves, ou os galegos en xeral, teñamos que seguir marchando? É certo o que se di que o galego non protesta, que emigra? FERRÍN: Penso que neste caso non. Os xoves profesores que emigran son absolutamente leais ao seu país. Un dos documentos máis importantes ao meu xuízo que se fixeron públicos contra o Decreto de Plurilingüismo da Xunta de Galicia foi asinado precisamente polo equipo en pleno de xoves físicos galegos do Laboratorio de Aceleración de Partículas de Xenebra. Non foxen, marchan de aquí porque non teñen traballo. O problema é de gobernación do propio país, non é de fuxida. JAVIER: Considera logo que

deberiamos facer un maior esforzo para evitar esta fuga de cerebros? FERRÍN: Desde logo que si. Pero tamén é verdade que isto está ligado con algo terrible: é que a patronal galega, o empresariado galego non está nese nivel de excelencia. Por exemplo, un enxeñeiro de minas novo, graduado recentemente, vai ter unhas condicións de traballo peores nunha canteira de Porriño ou de Valdeorras que nunha mina do Ruhr ou doutro lugar de Europa. Aquí a patronal galega é moi ruín e tende a que os mozos traballen polo bocadillo e iso non pode ser. Por iso os mozos galegos ben preparados emigran. Ese é outro factor. ANXO: Aínda que a Real Academia Galega non ten unha función política, no tema da lingua, non debería ser tida en conta polos poderes políticos para que o que marca a Academia teña que ir defenderse politicamente ao Parlamento e á Sociedade? FERRÍN: Desde logo, este é un punto clave. A Academia Galega non é unha institución autonómica, non é dependente da Xunta de Galicia, o cal lle dá unha forza moi grande. A Real Academia Galega é

Un dos documentos máis importantes, que se fixeron públicos contra o Decreto de Plurilingüismo da Xunta de Galicia foi asinado polo equipo de xoves físicos galegos do Laboratorio de Aceleración de Partículas de Xenebra


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 24

Un Valle Inclán que non fose galego é inconcibible. Pero está en castelán, si, el escolleu iso. Rosalía non escolleu iso; e isto é tan importante que sen Rosalía ao mellor non estabamos reunidos aquí hoxe nós.

REAL, depende da monarquía española. Curros Enríquez, cando se creou esta casa, reafirmou que se constituíse unha institución Real; os que formaron a Academia eran republicanos todos, pero Curros pediu e razoou que fose Real, e iso que era o máis republicano de todos! Que é o que nos dá nestes momentos o feito de que esta institución sexa Real? Estamos facultados por unha lexislación do estado español para dirimir todo o que refire á lingua galega, oficialmente. É o estado español o que nos dá esa facultade, non é a Xunta de Galicia. Polo tanto, calquera paso que a Xunta de Galicia dea a respecto do galego, e non falo da ortografía, senón de aplicación do galego no ensino ou na Administración, ten que contar cos ditames da Real Academia Galega por lei, non por lei galega autonómica senón por lei española. Non o fixo no último decreto, por iso nós o temos recorrido. ALVARELLOS: É esta unha das bases do recurso presentado pola Academia contra o Decreto de Plurilingüismo da Xunta de Galicia? FERRÍN: No noso recurso esa é a base fundamental. Por iso tarda agora tanto en resolver a súa aceptación. Hai un punto aí que non vale porque non fomos consultados. ALVARELLOS: E cales son as expectativas con respecto á

resolución deste recurso? FERRÍN: Iso depende dos maxistrados. A lei está clara, pero meu pai, que era avogado, adoitaba dicir que a lei é unha balanza e que cando queda equilibrado o fiel da balanza era moi fácil poñer un dediño e inclinala para un lado ou para outro sen forzar a lei. De todos as maneiras, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como os nosos avogados lle presentaron este recurso, vaille ser moi difícil non fallar a favor noso. ANXO: E a polémica dos escritores e escritoras galegos e galegas que escriben en castelán fronte aos e ás que escriben en galego? FERRÍN: Acaba de gañar o premio Cervantes unha escritora catalá que escribe en español e ninguén lle dixo nunca que problema tiña, Ana María Matute. E que escriba no que queira, é unha magnífica escritora, espléndida, que nunca dixo unha palabra contra o catalán na súa vida. Aquí hai unha xente que está permanentemente tratando de meter o dedo no ollo sobre que hai uns escritores galegos que escriben en español. Pois felizmente que os hai; son Torrente Ballester, Valle Inclán, Camilo José Cela... Excelentes escritores e ademais moi leais co seu país todos eles. Parte da súa obra atende moito á realidade galega e á cultura galega pero eles non son literatura galega. Puideron selo, pero non quixeron. ALVARELLOS: Esas manifestacións son unha maneira de cuestionar a propia existencia da literatura galega como literatura autónoma, non si? FERRÍN: Exacto. É un xeito de restregalo polos fociños, de dicir: “vós non sodes nada pero mira que grandes son estes, si que son universais”. Cando vaiades a Londres algún de vós, ide á mellor libraría de Londres e pregun-

tade cantas obras en inglés teñen alí de calquera destas tres grandes figuras que mencionamos antes. Levaredes unha sorpresa, como a levei eu porque fixen a enquisa. Universais non, son do mundo da literatura castelá. E son magníficos escritores, que os galegos debemos sentir como nosos, en certa maneira, porque tamén foron moi leais á nosa cultura os tres. Uns máis que outros: Valle Inclán, por suposto; pero Torrente e Cela tamén. As tres últimas novelas de Cela son novelas pensadas desde Galicia, desde a cultura galega, e a última, Madera de boj, ten unha parte considerable que está en galego; está incrustado o galego dentro do castelán. Pero iso non é literatura galega: nós temos tamén unha serie de escritores da Idade Media que escribiron en latín e son galegos; pero non pertencen á literatura galega, pertencen á literatura latina medieval. É algo moi curioso. PEDRO: Digamos que en todos os autores inflúe de onde son... FERRÍN: Nalgúns si, noutros non. A Ana María Matute, da que falei antes e é amiga miña, acábanlle de dar o mellor premio de España e non se nota nada na súa literatura que é catalá. La verdad sobre el caso Savolta, obra que creo que tedes que ler vós en 2º de Bacharelato, é dun autor catalán, Eduardo Mendoza, e a obra discorre en Barcelona pero el podería ser de calquera outro lado. Agora ben un Valle Inclán que non fose galego é inconcibible. E a nosa nación está aí en parte, en parte interpretada por el. Pero está en castelán, si, el escolleu iso. Rosalía non escolleu iso, ou escolleuno en parte; pero en parte tan importante que sen Rosalía ao mellor non estabamos reunidos aquí hoxe nós.


Páxina 25

“Makinaria” de Carlos Negro “A nosa vida é un paraugas negro. É a nosa rutina. Hai diversas maneiras de escapar da rutina e unha delas é ler. Pero a poesía é algo máis especial: un paraugas de moitas cores. Con ela fuximos do cotiá e podemos ver outras cores. Ler poesía é de rebeldes” Coa metáfora dos paraugas comezaba Carlos Negro a súa charla para falarnos do seu libro de poemas Makinaria, un libro de poemas rebeldes, emo-

cionantes e emotivos que falan sobre nós, sobre a mocidade e a velocidade nas estradas, as festas, as drogas a música tecno... Houbo outra metáfora impactante: os coches de xoguete perfectamente aliñados enriba dunha mesa representaban o número de rapaces falecidos por accidente de circulación o último ano. O recital deixou o alumnado de 3º e 4º de ESO abraiado. F o i

ameno, interactuou co público e puidemos disfrutar da poesía da man dun gran poeta. Ao rematar abriuse unha quenda de preguntas e por último o autor asinou exemplares do seu libro. Marta Rey, 3º ESO-A

Hai diversas maneiras de escapar da rutina e unha delas é ler


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 26

O LHC: O maior experimento da historia.

No CERN traballan diariamente unhas 10000 persoas, das que arredor duns 8000 son científicos e enxeñeiros

O Departamento de Física e Química organizou o Martes 9 de Outubro unha conferencia de divulgación sobre o LHC1 para o alumnado de Bacharelato do noso IES, pero tamén acudiron invitados o alumnado do IES Macías o Namorado e o alumnado do IES de Valga. Dita conferencia foi impartida polo profesor D. Ramón Cid Manzano2 no Auditorio Municipal de Padrón. Explicounos de modo moi didáctico as particularidades do CERN3 e os traballos que alí se fan, centrándose no experimento do LHC. O seu obxectivo é tentar dar despostas a algunhas das preguntas que a ciencia se vén facendo dende hai décadas: • Por que hai máis materia que antimateria. • De que está feito o 96 % do Universo. • Se existe a partícula de Higgs e se o campo de Higgs é o responsable da masa de todas as partículas. • Como foron os primeiros instantes despois do Big Bang. • Sei hai dimensións extra,

ademais das tres espaciais e a temporal. • ... Os números do CERN e os do LHC en particular, son inmensos: No CERN traballan diariamente unhas 10000 persoas, das que arredor duns 8000 son científicos e enxeñeiros (pertencentes a unhas 500 institucións e 80 nacionalidades). O LHC é o máis potente dos aceleradores de partículas do mundo. Ten forma de anel, cunha circunferencia de 27 km e está situado a 100 m baixo a terra na fronteira franco-suiza, preto de Xenebra. O custo da máquina é de 3000 millóns de € e o custo de todo o proxecto é de 6500 millóns de €. Cando está encendida a máquina, a enerxía total almacenada nos seus imáns é de 10 GJ4. O LHC o que fai básicamente é acelerar dous feixes de protóns (un tipo de hadróns) en sentidos opostos ata que estes alcanzan velocidades próximas á da luz, e chegados a este intre fainos colisionar entre si cunha enerxía de 8 TeV5 (ainda que se espera aumenta a potencia da

máquina no ano 2014 ata os 14 TeV). Traballa a unha temperatura de 1.9 K6 que é moi baixa pero necesaria para enfriar os imáns superconductores de niobio (Nb) e titanio (Ti). Os feixes que acelera a máquina dan 11 245 voltas ó anel cada segundo, e como circulan unhas dez horas recorrerán nese tempo dez mil millóns de quilómetros que é a distancia entre ir ó planeta Neptuno e volve r . P r od u c e u n ha cantidade de datos moi grande: uns 10 PB7 de datos por ano, que teñen que ser analizados posteriormente. Son moitos ou poucos?. Pois son os datos suficientes para encher cen mil DVD que colocados un enriba doutro daría unha columna de 27 Km de altura. Os detectores que ten o LHC foron diseñados, construidos e levados a cabo por colaboración internacional. Foron precisos vinte anos para o seu deseño e construción, e a duración dos experimentos será da orde de 15 anos. Hai catro experimentos grandes: ATLAS8, CMS9, LHCb10 e ALICE11 e tres pequenos


Páxina 27

TOTEM12, LHCf13 e MoeDAL14. Estes experimentos comple-méntase entre eles e ademais permiten comprobar os resultados. No mes de Xullo de 2012 o LHC estivo nas portadas da prensa xeral pois nos detectores dos experimentos ATLAS e no do CMS atoparon datos da existencia dunha nova partícula que podería ser o bosón de Higgs, cunha masa arredor dos 126 (GeV)15. Comentounos que, na actualidade, dous grupos do Departamento de Física de Partículas da USC e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) realizan experimentos no acelerador LHC do CERN. En concreto: • O experimento LHCb, que investiga entre outros aspectos a asimetría materiaantimateria que explicaría o predominio da materia no universo. • O experimento ALICE, que estuda as colisións entre ións pesados para entender a interacción forte, responsable de manter unidos os núcleos atómicos, caracterizando o plasma de quarks e gluóns que constituíu unha das fases do Universo primitivo uns microsegundos despois do Big Bang. Houbo unha tanda de preguntas por parte do alumnado presen-te, obsequiándolles a algúns deles cun agasallo: un anaco dun cable semiconductor empregado no CERN. Todo isto… para que? Ten algunha aplicación na vida real? Un ejemplo: para poder comunicarse e tratar a gran cantidade de datos recollidos

no CERN, en 1989 Tim Berners-Lee (un xove científico que traballaba no CERN), creou o hipertexto. Coa axuda de Robert Caillou e un pequeno equipo creouse o HTML, http, URLs, o primeiro servidor, o primeiro navegador e o pri-meiro editor HTML. Hoxe en día desenvolven ordenadores moito máis potentes e redes máis rápidas: o GRID. Isto é un revolucionario sistema de computación que implica a decenas de miles de ordenadores de todo o planeta conectados por Internet. Veremos na rúa as aplicacións dentro duns dez anos. Para saber máis, podedes consultar : www.i-cpan.es/

expocern (páxina do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear) e www.lhc-closer.es (páxina de Ramón Cid Manzano) José García.

o primeiro servidor, o primeiro

1

LHC - Large Hadron Collider ou gran colisor de hadróns. 2 Catedrático de Física e Química do IES de Sar (Santiago de Compostela) e Profesor Asociado do Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais.(Universidade de Santiago de Compostela). 3 Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire ou Laboratorio Europeo para a Investigación Nuclear. 4 10 GJ = 10 XigaJulios = 10 000 000 000 J =10 000 millóns de Julios. 5 8 TeV = 8 Teraelectronvoltios = 8 000 000 000 000 eV = 8 billóns de eV. Na Física 1 eV é a enerxía que adquire a carga dun electrón cando está sometido ó potencial dun voltio e equivale a 1.602—10-19 J. 6 1.9 K = 1.9 Kelvin (temperatura absoluta) = - 271.15 ºC. Si no LHC se empreñasen imáns convencionais, para conseguir a mesma cantidade de enerxía de colisión habería que ter un anel de 120 Km de circunferencia e consumiríase unhas 40 veces mais de electricidade. 7 PB = petabytes = 1015 bytes = 1 000 000 000 000 000 mil billóns de bytes. 8 ATLAS - A Toroidal LHC Apparatus ou aparato toroidal do LHC. É o detector de máis volume construido para a física de partículas e ten 25 m de alto, 45 m de lonxitude e unas 7 000 toneladas de masa. 9 CMS - Compact Muon Solenoid ou solenoide de ións compacto. Ten 15 m de diámetro, 25 m de lonxitude e unas 14 000 toneladas de masa. 10 LHCb – LHC beauty ou LHC-beleza. 11 ALICE - A Large Ion Collider Experiment ou experimento do gran colisor de ións. Ten 16 m de altura, 26 m de lonxitude e unas 10 000 toneladas de masa. 12 TOTEM-Total Cross Section, Elastic Scattering and Diffraction Dissociation ou sección de cruce total, diseminación elástica e disociación por difracción. 13 LHC-forward ou LHC dianteiro. 14 MoeDAL - Monopole and Exotics Detector At the LHC ou detector de monopolos e partículas exóticas do LHC. 15 126 GeV = 126 Xigaelectronvoltios = 126 000 000 000 eV. Hai una relación entre a masa das partículas e a súa enerxía que ven dada pola ecuación de Einstein. A masa do protón é 938 MeV e a masa do electrón é 0.51 MeV.

navegador e o primeiro editor HTML foron creados por científicos do CERN


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 28

Excursión a Bilbao

No albergue tiñamos unha fabulosa vista do Guggenheim, pois este atopábase o outro lado do río, xusto enfronte

O pasado mes de Marzo fomos de excursión a Bilbao os días 20, 21, 22 e 23. Os profesores que nos acompañaron foron “Santaló” e mais “Lola”, que nos levaron a ver lugares moi fermosos e fixeron posible que disfrutaramos deses días... e noites. Durante o primeiro día de viaxe pasamos moito tempo metidos no autobús, polo que cando chegamos a Oviedo todos nos alegramos. Alí vimos a Catedral de San Salvador de Oviedo e os seus arredores, comemos na zona, e tras repousar un anaco, fomos visitar a Igrexa de San Miguel de Lillo e mais Santa María do Naranco, edificacion que entusiasmou ás alumnas de arte. Finalmente chegamos ao albergue, que era un pouco abafante polo pequeno tamaño das habitacións, ademais da problemática de ter un gran ventanal que dá á rúa, polo que os transeúntes podían verte con só xirar a cabeza. Iso si, tiñamos unha fabulosa vista do Guggenheim, pois este atopábase o outro lado do río, xusto enfronte. O xoves 21 saímos moi cedo

do albergue e fomos visitar San Sebastian, onde almorzamos para despois adicarnos a pasear pola cidade e pola praia, ademais de nutrirnos do léxico vasco, xa que todos os carteis da cidade estaban en dita lingua e eran incomprensibles para nós. Logo marchamos cara a Zumaia, onde unha simpática guía nos explicaría o fenómeno dos “flish” que despois veriamos cos nosos propios ollos, todo un espectáculo natural. Xantamos nesta vila onde, esta cronista e os seus acompañantes, comeron a mellor tortilla da súa vida, e despois, tras visitar a Casa de Xuntas de Guernica, voltamos ao albergue a Bilbao. Ao día seguinte pola mañá visitamos a Ponte de Biscaia en Portugalete e subimos nun ascensor que nos levou á parte máis alta da ponte, onde disfrutamos dunhas marabillosas vistas da vila. O medo invadiunos ao decatármonos de que algunhas das táboas que conformaban o chan estaban soltas. Ao volver a Bilbao fomos ao Guggenheim, onde nos adicamos a percorrer as distintas salas do museo pola

nosa conta, coa axuda dunha guía electrónica para entender as obras máis bizarras. Pola tarde fomos ao Museo Etnografíco de Bilbao, a versión vasca do Museo do Pobo Galego, na que unha guía nos ensinou só as cousas máis relevantes, dado que apenas dispoñiamos de tempo. Pola noite, ao igual que os días anteriores, percorremos Bilbao pola nosa conta e ao día seguinte, cando partimos cara a León para visitar a súa catedral, todos pareciamos saídos de “ Walking dead”. Unha vez en León, déronnos unhas audio-guías coas que percorremos a totalidade do edificio. Despois fomos a San Isidoro de León, onde vimos algúns obxectos de relevancia histórica e os famosísimos frescos da cripta. Despois de xantar emprendemos o camiño de volta. A excursión foi unha gran experiencia na que compartimos moitas risas e bromas e que sen dúbida ningún de nós esquecerá facilmente. Elba Casal, 2º Bach-B


Pรกxina 29


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 30

PADRÓN

A zona montañosa oriental está encabezada polo Monte Meda (451m) e o Monte do Castro Valente (398m).

Padrón é unha pequena vila situada nos límites da provincia da Coruña ca provincia de Pontevedra. É o concello coruñés que está situado máis ao sur. Este pequeno municipio con pouco máis de dez mil habitantes pertence a comarca do Sar xunto con Dodro e Rois. A súa extensión é de 48,37 km2. 1. Hidrografía O principal río é o Ulla e o seu principal afluente é o Sar que é un afluente pola dereita. Os principais afluentes pola dereita do río Ulla son: Arroio de Xoane, Arroio do Casal, Río Sar, Arroio de Vigo e o Arroio de Manselle. Os principais afluentes pola esquerda do río Ulla son: Regato do Castro, Regato do Conde, Rego do Couto e o Río Valga. O principal afluente do río Sar pola esquerda é o Arroio da Abelenda. O principal afluente do río Sar pola dereita é o Río Rois que a súa vez ten un afluente moi importante pola esquerda

chamado Arroio de Silvarrendondo. Ao suroeste do mapa aparece o Arroio da Devesa. 2. Alturas As seis maiores alturas presentes no mapa son as seguintes: • Monte do Pedregal (609m). No noroeste. • Lomba de Rozas (567m). Ao oeste. Un pouco máis ao sur do Monte do Pedregal. • Meda (451m). No nordeste. • Monte do Castro Valente (398m). No Sueste. • Monte da Sangueira (392m). No sueste.Un pouco máis ao sur do Castro Valente. • Monte Lomba (365m). No sueste. Ao lado da Sangueira. A menor altura que podemos localizar no mapa é o punto en onde desaparece o río Ulla de dito mapa, podemos dicir que este é o punto de menor altura porque os ríos sempre discorren cara as zonas máis baixas entón como o río discorre cara esa zona quere dicir

que ese é o punto de menor altura. 3. A disposición do relevo O relevo está disposto de norte a sur principalmente. Os tres principais espazos que distinguimos no mapa son: • A chaira aluvial central que está atravesada polo río Sar e o río Ulla. A chaira ten un ensanchamento na confluencia dos ríos xa nomeados anteriormente. Esta chaira está a menos de 20m de altura sobre o nivel do mar. • Unha zona montañosa occidental encabezada polo Monte do Pedregal (609m). Esta zona montañosa é moi irregular xa que non ten unhas alturas regulares. A medida que nos achegamos á chaira aluvial central as alturas diminúen. • Unha zona montañosa oriental encabezada polo Monte Meda (451m) e o Monte do Castro Valente (398m). Esta zona montañosa é máis regular ca á occidental xa que case todas as alturas desta zona montañosa son case de 400m. Nesta zona o río Ulla pasa fortemente encaixado entre o monte Meda e o Castro Valente, este lugar recibe o nome de: Desfiladeiro do Lapido. 4. Divisións administrativas No mapa distínguense dúas provincias a da Coruña e a de Pontevedra e están delimitadas por unha liña de raias e cruces. Esta raia discorre por todo o río Ulla pero hai unha zona, onda a zona de Pontecesures, na que a liña fai unha curva moi pronunciada ata volver a encontrarse co río en Bandín e a partir de aí a liña segue o couce do río. No mapa distínguense varios concellos: • Padrón que o podemos


Páxina 31

situar na zona centro, é dicir, na chaira aluvial. No mapa hai un erro xa que na separación dos concellos de Padrón e Dodro a marca está pola derivación do río Sar pero en realidade os límites son polos meandros do río vello. • Dodro ocupa a zona occidental do mapa. Polo norte limita co concello de Rois, polo sur co de Valga e polo este co de Padrón. • Valga no mapa ocupa unha pequena zona no centro pero ao -sur do mapa. Limita cos concellos de Dodro, Padrón e Pontecesures. • Pontecesures ocupa a zona sueste e limita cos concellos de Padrón, A Estrada e Valga. • A Estrada. Aparece unha pequena parte deste concello na zona oriental do mapa. 5. Vexetación Hai unha relación entre a altura, a pendente e a vexetación. Podemos definila da seguinte maneira: nas zonas de maior altura a vexetación é escasa e a pouca que hai está adaptada ao frío invernal. Coa pendente podémola relacionar xa que por exemplo en zonas do río Ulla con pendente a vexetación é abundante, xa que a acción humana non chegou alí, mentres que nas zonas que non teñen pendente a xente ten prados e non hai unha vexetación tan abundante. As especies dominantes que se poden aplicar ás zonas que se ven neste mapa son: o carballo, os eucaliptos, os pinos, os castaños e os nogais. As especies máis abundantes que se poden apreciar nas ribeiras dos ríos son: o salgueiro, os freixos e as abeleiras. 6. Comunicacións a) As principais vías de comu-

nicación n e s t e mapa son: A nacional 550 que vai de norte a sur e atravesa o m a p a enteiro. A rede fer r ovia r ia que pasa pola zona central do mapa e que despois fai unha curva na metade sur e acaba desaparecendo pola zona de Valga. Tamén son importantes as vías derivadas da nacional 550. b) As comunicacións céntranse no sector de transporte terrestre, xa que case todo o mapa esta completo pola nacional 550 e polas vías secundarias a esta. c) As vías de comunicación neste mapa, o que máis se ve e que vaian en paralelo ás curvas de nivel, por exemplo, no desfiladeiro do Lapido a carreteira vai paralela á curva de nivel de 100m. 7. Poboamento Neste mapa a poboación é intercalar, iso quere dicir que está agrupada en pequenos grupos. a) Os principais núcleos urbanos son: Padrón, Pontecesures e Lestrove. b) As casas están agrupadas en pequenos grupos. Estes pequenos grupos denomínanse aldeas ou lugares. c) As unidades superiores ás que pertencen as aldeas ou lugares denomínanse parroquias. d) As parroquias do noso con-

cello son: − Cruces algúns lugares desta parroquia son: Angueira de Suso, A Escravitude, A Picaraña, Vigo, Tarrío … − Padrón algúns lugares desta parroquia son: Padrón, A Trabanca, Extramundi de Arriba, Extramundi de Abaixo, O Souto … − Herbón algúns lugares desta parroquia son: Santa Cruz, Cortiñas, Morono, Confurco, A Barca, As Casas Baratas … − Carcacía algúns lugares desta parroquia son: Bandín, Casal, Lamas, Pousada, Rial, Ribadulla, Rumille, Sande, Sinde, Xoane … − Iria Flavia algúns lugares desta parroquia son: Arretén, O Barco, O Couto, A Horta, Lestido, Iria Flavia, Luáns, A Matanza, Pedreda, O Piñeiro, A Ponte, O Roucón, Vista Alegre … Javier López, 3º ESO-A

As especies máis abundantes que se poden apreciar nas ribeiras dos ríos son: o salgueiro, os freixos e as abeleiras.


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 32

Entrevista a Conchita

Inicialmente quería ser azafata pero en Padrón non había ninguén que dese idiomas e por iso decidín ser profesora de ximnasia

Este curso 2012-2013 Concepción Pose Melsio, Conchita xubílase como profesora de Educación Física no IES Camilo José Cela. P. Cando e por que decidiches ser profesora de ximnasia? R. Inicialmente quería ser azafata pero en Padrón non había ninguén que dese idiomas e por iso decidín ser profesora de ximnasia. P. En que ano empezaches a dar clase? R. A data exacta non a recordo pero contando este ano son 44 os que levo dando clase. P. Que recordas dos teus primeiros anos no instituto? R. Pois foi o máis bonito que me puido ter pasado na vida. Eran uns alumnos estupendos e o seguen sendo. Como sempre me gustou a Educación Física tratei de inculcarlles antes e agora que procurasen

facelo o mellor posible. P. Hai diferencia entre os alumnos de antes e os de agora? R. Os de antes eran máis disciplinados pero seguían sendo nenos igual que agora. P. Aparte de Padrón, tiveches algún outro destino? R. Si estiven traballando en Noia no María Asunta, un colexio de monxas compartido horario con este. P. Gustaríache ter estado noutros centros? R. Non [risas] P. Que é o que máis che gusta de dar clase? R. O que máis satisfacción me dá é que ao alumnado lle guste o que facemos. P. Cóntanos algunha anécdota curiosa. R. Podería contar moitas. Nunha ocasión estabamos facendo os aparatos e unha rapaza di: “Conchita non podo examinarme dos aparatos”, eu díxenlle : E logo? Rapaza: “Porque estou embarazada” Conchita: Que dixeches? Rapaza: Que estou embarazada. Dios mío, ela facendo plington, potro e eu agarrándoa e non notara nada e a súa compañeira de pupitre tampouco. Tivo un neno precioso. Debía ter 16 ou 17 anos.

P. Houbo algún ano que non organizaras as táboas ximnásticas? R. Si. Os primeiros. P. Para ti foron especialmente emotivas as táboas deste ano? Por que? R. Pois polo cariño e entusiasmo que sentín por parte do alumnado. P. Cal é maior satisfacción da túa carreira docente? R. Sen dúbida o cariño recíproco entre os alumnos/as e eu. P. Agora que gozarás dun merecido descanso a que adicarás o tempo libre? R. A sachar [risas] P. Cal é o teu deporte favorito? R. O balonmán. P. Fagamos balance: o mellor e o peor de todos estes anos. R. O mellor, o alumnado. O peor, prefiro non lembralo. P. Para finalizar esta pequena entrevista formula un desexo. R. Que estudedes moito e que sexades moi felices. Quérovos. Nós a ti tamén. Feliz xubilación! Zaira Fuentes, Natalia Fabeiro, Alumnado de 3º ESO-A e 3º ESO-B


Páxina 33

Concurso de microrrelatos

5 de Om

maio

1987

1º premio

eu c ader no d e se gred os :

Po i desp s non sei ois d se e scrib o qu próx e vin i ima hoxe rei máis . aquí, creo xa q que ue e u ser Era e un d ia No m ía de edio moit da t ache a ch oxei guei oiva, ra v i me e eu ía Falt n unha era M ábal para le a man exon ac marc c l a e a b v , a eza! har a vel ntar asa. un h E l s a vium u e, da c asus ome e. Eu asa d teim marc , era o c non e o . Ao arnic cons hei a fond lado. egui eiro. corr o vin u El xi er e colle Pero rous el pe rme creo e rseg . e que uium me r e pe ecoñ ro ec... Nere a Dio s Pi ñ eirio

3 E.S

A TÚA

.O

oeo SA n n en . Á CA u , O o D n r os E e inve xelad VOLV oite d gatos con ranca no n a h b n re n ar os a lu z que, u po r u tigas de observ enda, unh cabezada ría en n a s enda e despois de da s paña, en descansa n as l ta nt m Conta ían do mo a, na me Santa Co home non s v a a l c o e a v u á q o Er . ai seu p e camiño raiounos. Resultaba eu asasino u pai. s e b D . s a e o t o a o n e el iñ en o cam o recentem levar con veu el só, s r u c s t e ta r o, vol o mo a de a veciñ la eternid saber com o n paz p rapaz, se O

2º premio

HABITA

i l Muñ Danie

úa z R es

CIÓ

Mónica vivía en C e cando ía á cociñ arballo e tiña 1 0a Achegou a se lenta , oíu un ruído e nos. Aquel día mente, p c s ero non traño que viña hegou á súa ca s había n d Cando ll ingunha a súa habitació a, o persoa. n. durmir contou aos seu sp pe meteuse ro ao fondo da ais, dixeron qu e estaba habitació debaixo to vello cra d n voulle u as sabas. Levan había unha so la. Intentou n coitelo mbra. A tou a ca su be no peito por tira za e... un oso d stouse e lo ao lix e xogue te o! Laura R

ío Ferná

ndez

3º premio


Publicación do IES Camilo José Cela

XUÑO 2013

Páxina 34

Isto é o que nos espera. A nova lei de educación

a tramitación da lei entrou na súa fase definitiva, pois será enviada ao parlamento para o seu debate e case segura ratificación

O presente curso lectivo estivo algo axitado polas reaccións cara á nova lei de educación, a LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa). Trátase dunha lei moi contestada pola comunidade educativa. Tan pronto como se publicou o primeiro borrador da mesma, o proxecto recibiu as críticas de amplos sectores de estudantes, profesoras/es, nais e pais. Neste curso 20122013 houbo varias xornadas de loita encamiñadas a procurar que o goberno dese marcha atrás nas súas intencións de reforma da lei e que escoitase as voces de todos os colectivos e organizacións que pedían a redirección do proceso. Partidos políticos, organizacións sociais diversas, sindicatos de estudantes e de profesores, colectivos de renovación pedagóxica e, mesmo, nun xesto sen precedentes, asociacións de ANPAS de todo o estado, convocaron e/ ou secundaron mobilizacións contra da bautizada como “lei Wert”, polo apelido do ministro que a promove. O goberno, desoíndo as protestas e as reivindicacións de todos os colectivos implicados no proceso educativo, aprobou en consello de ministros o anteproxecto da LOMCE o pasado día 17 de maio. Isto supón que a tramitación da lei entrou na súa fase definitiva, pois será enviada ao parlamento para o seu debate e case segura ratificación. Pero, que hai nesta lei que provoca tanto rexeitamento? O certo é que se aveciñan cambios moi importantes para todos e todas. Imos resumir as modificacións que máis afectan ao alumnado: 1. A partir da implantación da LOMCE, introdúcense as chamadas “avaliacións individualizadas”. Consisten

nuns exames que o alumnado deberá aprobar para conseguir o título de ESO ou de Bacharelato. É dicir, que no futuro será necesario aprobar uns exames finais, que serán deseñados para todo o Estado español polo Ministerio de Educación, para conseguir estes títulos. Non será suficiente con superar todas as materias ao final dos respectivos ciclos. E non queda aí a cousa: haberá avaliacións individualizadas tamén ao rematar 3º e 6º de Primaria, se ben nestes casos só terá carácter informativo e non impedirá o paso aos cursos ou etapas seguintes. Iso si: os alumnos e as alumnas recibirán unha cualificación que constará nun informe e que se terá en conta para adoptar as “medidas ordinarias ou extraordinarias máis axeitadas”. 2. O alumnado que fracase nos primeiros cursos da ESO será derivado, a partir dos 15 anos, a uns novos estudos denominados Formación Profesional Básica, que constan de dous cursos. Estes aportarán uns coñecementos básicos e unha formación profesional mínima e non darán acceso ao título de Graduado en ESO. Na práctica, esta Formación Profesional Básica substitúe aos actuais PCPI (Programas de Capacitación Profesional Inicial), mais con diferenzas significativas: superando o primeiro cuadrimestre do actual PCPI de 2º conseguíase o acceso aos Ciclos Medios e, superando o 2º cuadrimestre, o título de Graduado en ESO. Con esta nova “FP” conséguese un título Profesional Básico que só dá acceso aos Ciclos Medios.

Para poder alcanzar o título de ESO, os que superen estes programas deberán pasar os exames de avaliación individualizada que se realizarán ao rematar 4ª de ESO. 3. En 4º de ESO estableceranse dúas opcións distintas que separarán o alumnado en función dos estudos que queiran seguir despois. Deste xeito, créase unha “opción de ensinanzas académicas para a iniciación ao Bacharelato” e unha “opción de ensinanzas aplicadas para a iniciación á Formación Profesional”. Isto, que sobre o papel se presenta como unha dobre vía que facilite que o alumnado escolla en función dos seus intereses e aptitudes, corre o risco, na práctica, de converterse nunha separación entre bos/boas e malos/as estudantes. 4. O futuro preséntase incerto para o alumnado dos chamados Grupos de Diversificación Curricular. Para mozos e mozas con “dificultades relevantes de aprendizaxe non imputables a falta de estudo ou esforzo” establécense uns “Programas de Mellora da aprendizaxe e o rendemento” que, supoñemos, substituirían á coñecida como “Diver”. Pero a diferenza está en que estes novos programas só se realizarían en 2º e 3º de ESO e non alcanzarían o último curso da Secundaria. Isto supón o alumnado con dificultades que se integrase nestes programas non podería sacar o título de ESO nun grupo destas características, senón que despois tería que cursar 4º de ESO nun grupo ordinario e examinarse da avaliación individualizada final co resto do alumnado para conseguir o título.


Páxina 35

5. A Relixión puntuará para o expediente académico. Ata o de agora, a Relixión era unha materia optativa avaliable pero cuxa cualificación non se tiña en conta para calcular a media académica ao final da etapa. Agora a nota desta materia, será ponderable para a media, igual que a materia que se escolla como alternativa á relixión. Pola contra, desaparece a materia Educación para a Cidadanía. Non se asegura, polo tanto a impartición específica dos contidos máis relacionados co desenvolvemento do espírito crítico, a defensa dos valores democráticos, a igualdade e a non discriminación. 6. O tratamento que se lle dá ás linguas cooficiais (galego, catalán, éuscaro) na nova lei tamén é moi discutible e abre as portas a unha menor valoración das mesmas. Para comezar, as materias de ensino destas linguas exclúense do bloque de

“materias troncais” –que se crea nesta lei–, e a lingua cooficial pasa a ser “materia de libre configuración autonómica”. En segundo lugar, establécese que a Administración autonómica deberá pagar un centro privado a aqueles alumnos e alumnas que o soliciten, cando non haxa un centro sostido con cartos públicos que garanta o ensino en castelán nunha “proporción razoable”. A intención segregadora apréciase en todo o espírito da lei, que supón un retroceso de décadas na consolidación dunha educación de calidade, integradora e superadora das diferenzas sociais. A reforma foi elaborada sen manter un proceso de diálogo previo cos colectivos máis implicados na educación e busca instalar unha ideoloxía que asuma os valores de sectores sociais moi concretos. Podémolo apreciar no recoñecemento das prácticas dos colexios que separan por sexo o alumnado e a

aceptación destes como centros que poidan aspirar a recibir concertos educativos do estado. O Ministerio de Educación apela a motivos como a loita contra o fracaso escolar ou a necesidade de mellorar os resultados na avaliación internacional do alumnado do Estado para introducir estes e outros cambios relevantes no sistema educativo. Xulgade por vós mesmos/as se a introdución de máis exames e “avaliacións individualizadas” acabará co fracaso escolar ou se a potenciación da Relixión fará que melloremos os nosos resultados nas clasificacións internacionais de sistemas educativos. O que semella é que se quere introducir unha reforma que facilite a separación e clasificación dos alumnos e das alumnas e que estableza máis obstáculos que facilidades para o alumnado con máis necesidades. Manuel G. Alvarellos

As materias de ensino das linguas cooficiais (galego, catalán, éuscaro) exclúense do bloque de “materias troncais”


Publicaciテウn do IES Camilo Josテゥ Cela

XUテ前 2013

Pテ。xina 36



Leliadoura 2013