Page 1

-

Ingredientes Améndoas enteiras 3 cuncas de fariña 2 culleriñas de fermento en po Un chisquiño de sal 1 cunca de azucre 1 cunca de manteiga 1 ovo 1 cullerada de leite Un pouco de marmelada

-

Utensilios 2 boles 1 culler grande 1 culleriña 1 cunca (para as medidas) Batedor de varas Rolo Papel de aluminio 1 fonte

Preparación 1º. Mesturar nun bol a fariña, o fermento e o sal. 2º. Bater co batedor de varas, noutro bol, a manteiga (derretida) e o azucre. Engadir o ovo e o leite e bater de novo. 3º. Engadir pouco a pouco a mestura da fariña, o fermento e o sal e bater. 4º. Amasar ata que quede unha masa compacta. 5º. Dividir a masa en dúas bólas e metelas na neveira durante 2 horas. 6º. Enfariñar unha superficie plana e o rolo e estirar as bólas para que quede un espesor de 2 centímetros. 7º. Cortar a masa en tiras e darlles forma de dedo, facendo pequenos cortes como se fosen engurras as e colocando unha améndoa no lugar da unlla. 8º. Prequecer o forno a 170º. 9º. Colocar os dedos na bandexa do forno e deixalos entre 10 e 15 minutos. 10º. Deixar arrefriar e decorar coa marmelada, de xeito que pareza sangue.

Dedos de bruxa  

Receta sinxela para elaborar bolechas en forma de dedos de bruxa