Issuu on Google+

Cinco visións sobre Responsabilidade Social Empresarial A Responsabilidade Social da Empresa é, ademais do cumprimento estrito das obrigacións legais vixentes, a integración voluntaria no seu goberno e xestión, na súa estratexia, políticas e procedementos, das preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de respecto aos dereitos humáns que xorden da relación e o diálogo transparentes cos seus grupos de interese, responsabilizándose así das consecuencias e impactos que se derivan das súas accións


SERVICIOS y SOLUCIONES PARA LAS EMPRESAS GALLEGAS

PO.CO.MA.CO sector I, portal 5 15190 - A Coruña www.itg.es itg@itg.es

Servicios TIC

Desarrollo de soluciones específicas para entornos de gestión  Consultoría y auditoría de diagnóstico tecnológico  Diseño e implantación de sistemas de información  Desarrollo de plataformas web, Intranet y Extranet  Servicios de alojamiento y de conectividad  Programas de posicionamiento integral en la web

Gestión I+D+i

Desarrollo de proyectos: identificación de necesidades, búsqueda y selección de socios y financiación pública o privada, lanzamiento y ejecución, comercialización de resultados  Asesoramiento sobre propiedad intelectual e industrial y actuaciones internacionales en innovación tecnológica  Gestión de la innovación en la pequeña y mediana empresa  Vigilancia y auditoría tecnológica  Desarrollo de planes tecnológicos

Construcción

Información, metodología y herramientas aplicables a la ejecución y gestión de cada fase del proceso constructivo

Formación

Realización de actividades formativas dirigidas a profesionales, personal directivo y técnico de empresas e instituciones  Diseño de cursos a medida presenciales y on-line

981 173 206 O Padroado da Fundación Instituto Tecnológico de Galicia o compoñen:

Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia

Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia

Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia

Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste de España

Ilustre Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia

Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos de Galicia

Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais

Confederación de Empresarios de Galicia

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de A Coruña

Universidade de Vigo

Xunta de Galicia


A Responsabilidade Social da Empresa é, ademais do cumprimento estrito das obrigacións legais vixentes, a integración voluntaria no seu goberno e xestión, na súa estratexia, políticas e procedementos, das preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de respecto aos dereitos humáns que xorden da relación e o diálogo transparentes cos seus grupos de interese, responsabilizándose así das consecuencias e impactos que se derivan das súas accións”

sumario 01. A RESPONSABILIDADE SOCIAL NO DISCURSO POLÍTICO

Os poderes públicos fan unha aposta pola empresa sostible

Foro de Expertos en RSE convocado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais

4-5

Unha nova cultura empresarial ábrese paso. Ten que ver coa incorporación de tres vertentes do desenvolvemento sostible: a económica, a social e a medioambiental. Sen presa, pero sen pausa, o tradicional modelo de balanzo económico-financeiro das empresas non basta para ofrecer garantías aos grupos de interese que lles rodean.

02. INICIATIVAS PARA IMPULSAR A RSE EN GALICIA

Trátase dunha nova formulación na que aquelas empresas que queiran diferenciarse das súas competidoras deberán aprender a interpretar o que lle suxire unha clientela que nas súas decisións de consumo valora algo máis que a relación calidadeprezo, que ten en conta comportamentos sociais e medioambientais.

03. A VERTIENTE SOCIAL DAS GARNDES CORPORACIÓNS

Unha estratexia global para fomentar prácticas responsables nas empresas galegas

6-7

Entrevista a Javier García de Paredes, secretario xeral de Caixa Galicia

“O sector privado debe difundir a responsabilidade social”

8-9

04. A RESPONSABILIDADE SOCIAL NA PEQUENA EMPRESA Esta nova orde propicia ademais unha espiral que protexe as boas prácticas e que incide na necesidade de que os traballadores desenvolvan as súas tarefas en entornos que cuiden o medio ambiente, que descarten a precariedade no emprego ou nos que se poda conciliar a vida laboral coa persoal para extraer así toda a súa capacidade. En definitiva, é tempo de comprometerse coa sociedade. As empresas que así o fagan e saiban comunicalo serán as máis valoradas e por conseguinte as máis competitivas. Carlos Calvo Orosa Director Xeral do Instituto Tecnológico de Galicia

Unha filosofía que comeza a aplicarse nas empresas de menor tamaño

10-11

05. UNHA NOVA XERACIÓN DE EMPRESARIOS E DIRECTIVOS

O reto de formar profesionais achegados á nova sensibilidade que demanda a sociedade

12-13


01. A RESPONSABILIDADE SOCIAL NO DISCURSO POLÍTICO

4

e implicados na materia e que serve para canalizar cara ao Goberno as demandas e iniciativas sobre Responsabilidade Social Empresarial. Das sesións de traballo deste foro xurdiron unha serie de peticións aos poderes públicos para que adopten unha posición activa para xeralizar as prácticas de responsabilidade social.

O que perseguía Nacións Unidas era promover un compromiso ético que permitise conciliar os intereses e procesos da actividade empresarial cos valores e demandas da sociedade civil. Ese Pacto Mundial marcou un camiño a seguir sobre todo pola Unión Europea, que no Cumio de Lisboa celebrado ao ano seguinte, fixo un chamamento á responsabilidade social das empresas para que se envorcasen na realización de prácticas idóneas de formación continua, igualdade de oportunidades, organización do traballo, integración social e desenvolvemento sostible.

Os poderes publicos fan unha aposta pola empresa sostible A implicación dos poderes públicos resulta capital para o progreso da Responsabilidade Social Empresarial cuxa promoción comezou nun ámbito global, pero que xa é cuestión das administracións a máis baixa escala, cada vez máis sensibilizadas coa posta en marcha de programas de desenvolvemento sostible. O concepto de responsabilidade social empresarial comezou a latexar con forza a partir da creación en 1997 do Global Reporting Iniciative (GRI), un organismo sen fins lucrativos concibido para ofrecer directrices na elaboración de memorias de sostibilidade ata equipararlas cos informes financeiros en canto a rigor, credibilidade e importancia. O GRI larvou unha inquedanza que calou en diferentes contextos, pero sobre todo en Nacións Unidas, que, da man do seu secretario xeral Kofi Annan, en xaneiro de 1999 presentou no Foro Económico de Davos un decálogo de principios de conduta e acción en dereitos humáns, traballo, medio ambiente e loita contra a corrupción.

O director xeral de Economía Social do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Juan José Barrera, non é alleo a esas peticións. “Asumimos esas demandas porque van más allá de lo que algunos pueden entender como una moda puntual; la Responsabilidad Social Empresarial ayuda a que tengamos un empresariado más competitivo. Es posible compatibilizar la obtención de unos beneficios económicos con la realización de actuaciones sociales y medioambientales, tender hacia una mayor transparencia en la gestión empresarial y mejorar la calidad de las relaciones laborales”, apunta Juan José Barrera, antes de concluir: “Desde el Gobierno fomentamos que las empresas incorporen estas prácticas de una manera voluntaria sin que ello nos limite para aprobar medidas regulatorias si son consideradas precisas tras el diálogo entre empresas, trabajadores y organizaciones sociales”.

Xuntanza de expertos Os gobernos dos paises máis avanzados de Europa deron continuidade aos traballos realizados no ámbito comunitario, ao debate aberto polo Libro Verde da RSE publicado en xullo de 2001 e ás directrices da Comisión Europea, un ano despois, nas que reclamaban prácticas de Responsabilidade Social Empresarial voluntarias, cribles e transparentes que non foran alleas ás pequenas e medianas empresas. “Lo ideal es que cada Estado miembro de la UE desarrolle el marco que le sea más beneficioso y no establecer un marco único europeo”, matiza Pedro Ortún, responsable da Dirección Xeral de Industria da Comisión Europea. E nese senso trabállase a nivel nacional, na procura dun consenso para o que xoga un papel esencial a Subcomisión Parlamentaria de Responsabilidade Social Empresarial e a Comisión de Expertos promovida polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que integra a un total de 47 especialistas

de Responsabilidad Social Corporativa pídese unha aposta máis nítida. “La Administración, sea local, regional, nacional o internacional es un agente económico que interviene en el mercado y debería de recompensar a aquellas empresas que se comportan de forma socialmente responsable dando una valoración más favorable a estos aspectos en la contratación, prestación de servicios o de suministros de bienes. También las ayudas vía subvención, créditos o inversiones para fomentar la internacionalización deberían de tener en cuanta este aspecto”, reclaman dende un colectivo que agrupa a socios como Intermon Oxfam, Cruz Vermella, Greenpeace, Caritas ou Comisións Obreiras e no que colaboran centros como a UNED ou as universidades Autónoma e Complutense de Madrid.

5

Compromisos e demandas

Con todo, promover estas novas prácticas non é cuestión só do poder político. “La acción del Gobierno necesita el complemento de variar no sólo el modelo empresarial de producción sino también el de consumo e inversión”, aseguran dende a Fundación Ecología y Desarrollo, un dos colectivos presentes no Foro de Expertos. Ou o que o mesmo: o desenvolvemento da Responsabilidade Social Empresarial depende dos políticos e os empresarios, pero en último termo, sobre todo, da sociedade, da súa participación activa en demandar un novo orden.

Os poderes públicos, con todo, teñen un amplo campo de intervención. Un dos compromisos do actual equipo de goberno pasa por incorporar dun xeito integral os principios da responsabilidade social nas Administracións Públicas. Dende ámbitos como o do Observatorio

... o Goberno recalca a voluntariedade das prácticas de Responsabilidade Social Empresarial, pero non se limita á aprobación de medidas regulatorias ...

PACTO MUNDIAL DE NACIÓNS UNIDAS

as empresas deben ...

1

apoiar e respetar a protección dos dereitos humáns no seu ámbito de influencia

2

asegurarse de non estar sendo cómplices na vulneración dos dereitos humáns

3

apoiar a libertade de afiliación e o dereito á negociación colectiva

4

fomentar a eliminación do traballo forzado ou realizado baixo coacción

5

apoiar a erradicación do traballo infantil nas empresas provedoras

6

apoiar a abolición de todas as prácticas de discriminación no emprego e na ocupación

7

manter un enfoque preventivo que sexa favorecedor para o medio ambiente

8

fomentar as iniciativas que promovan máis responsabilidade ambiental

9

favorecer o desenvolvemento e difusión de tecnoloxías respectuosas co medio

traballar

contra

a

en todas 10 corrupción as súas formas, a extorsión e o soborno


02. INICIATIVAS PARA IMPULSAR A RESPONSABILIDADE SOCIAL EN GALICIA

os plans das administracións  A RSE non substitúe á  Promoción de prácticas  Propiciar a total trans-

regulamentación laboral e medioambiental. Seguirá lexislándose

6

de RSE nas pemes para que se entenda como un investimento

Unha estratexia global para fomentar prácticas responsables nas empresas galegas O fomento da responsabilidade social empresarial ocupa a diversos departamentos do Goberno galego. Dende Vicepresidencia e as consellerías de Innovación e Industria, Traballo ou Medio Ambiente asumen o compromiso de fomentar a igualdade, o benestar e as bóas prácticas nas empresas sen que iso menoscabe a competitividade e a productividade. Así, en xuño de 2006 establecéronse unhas bases reguladoras para otorgar subvencións a pemes que desexaran implantar sistemas de xestión de responsabilidade social ou elaborar memorias anuais de sostibilidade. Tamén nese eido enmárcase a proposta do Acordo Galego polo Fomento da Responsabilidade Social na Empresa, iniciativa que ten como finalidade favorecer a creación dunha cultura de responsabilidade social nas empresas. A iniciativa da Xunta é unha estratexia global que implica a organizacións empresariais, representantes sindicais, colexios profesionais, cámaras de comercio e industria, organizacións da sociedade civil e empresas de servizo público. “Hai que darlle alma ao corpo lexislativo posto en marcha, dentro do cal destaca a lei de integración laboral da muller, a de corresponsabi-

lidade e a de igualdade entre o home e muller”, dixo Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia ao presentar do borrador do Acordo no verán de 2006. O esforzo da Xunta por implantar sistemas de xestión de responsabilidade social complétase cunhas axudas que parten cara dúas bandas. A primeira liña favorece a igualdade de xénero, a conciliación da vida familiar e laboral e a aquelas empresas que elaboren memorias de sostibilidade e de tripla conta de resultados que integren as variables económica, social e medioambiental. Unha segunda liña destínase a entidades sectoriais e asociacións para que impulsen actuacións de sensibilización e difusión. Pero, por qué debería de investir nunhas prácticas que non deixan de ser voluntarias unha empresa ou unha institución galega? Anxo Ramón Calvo Silvosa, director xeral de Industria, Enerxía e Montes da Consellería de Innovación e Industria, deulle unha resposta a máis dun centear de directivos no decurso dunha xuntanza mantida en novembro de 2006: “Deben investir para ser máis competitivos. Pero a responsabilidade social non debe de entenderse como un gasto senón como unha operación que dea froitos a

parencia nas prácticas empresariais e da propia Administración

 Líña de ayudas especí-  Fomento do cambio  Plan

ficas para a elaboración das memorias de responsabilidade social

de roles, da igualdade de oportunidades e da corresponsabilidade

para unha  Concienciación dos  Atención ás conclusións dotación de servizos consumidores para do Foro de Expertos que permitan conciliar que demanden práctipara lexislar sobre traballo e familia cas responsables responsabilidade social

medio e longo prazo”. Dende a Secretaría Xeral de Igualdade adscrita á Vicepresidencia da Xunta, o equipo que comanda Carme Adán ultima un Plan de Corresponsabilidade que fomente un cambio de estereotipos entre os directivos das grandes empresas e das pemes. “Falamos de conceptos como o de flexibilidade horaria, do teletraballo ou de ter acceso a servizos comunitarios. Non temos a receta ideal, pero debemos de ser innovadores”, reclama Carme Adán. Conquerir que os traballadores estean a gusto é unha das bases da política de responsabilidade social empresarial, se cadra a que máis linda coa produtividade. Pero tamén son outros os valores que axudan a que a economía medre dun xeito sostible. “Falamos dun concepto integral -matiza Calvo Silvosa- non dun simple cumprimento das directrices. As empresas deben de ir máis aló e integrar esas variables na súa estratexia porque a responsabilidade social forma parte da identidade da empresa e está no eixo básico de toma de decisións”, afirma. As previsións da Xunta pasan por integrar nas empresas sensibilidades como as de conciliar vida laboral e persoal (segundo unha enquisa feita pública no outono de 2006 pola Secretaría Xeral de Igualdade, un terzo das mulleres galegas valoran a compatibilidade coa vida familiar como o factor máis importante para aceptar un traballo), a ausencia de discriminación ou a protección do medio. Pero dende o Executivo puntualízase que a responsabilidade social non substitúe á regulamentación. “Segueremos emitindo normas que melloren a lexislación laboral e medioambiental”, advirten.

Un referente para a xestión empresarial A responsabilidade social empresarial constitúe un elemento fundamental á hora de acadar un desenvolvemento económico sustentábel e por elo é fundamental que as organizacións galegas se integren nun referente de xestión empresarial para posibilitar a mellora competitiva e fomentar o seu desenvolvemento nun entorno sostible que asegure un crecemento económico. A adopción destes sistemas facilitará que as organizacións melloren a súa reputación corporativa, tanto interna coma externa. Ademais dotará a organización dunha ferramenta de xestión que lle permitirá identificar os fallos na súa estrutura, e optimizar así o seu funcionamento aumentando a súa competitividade. Alén diso a Responsabilidade Social Empresarial permite mellorar a imaxe da empresa e convértese nun elemento de promoción que posibilita acadar mellores cotas de mercado e resultados económicos e atraer profesionais de alta capacitación. Non estamos ante algo pasaxeiro, senón que nos atopamos ante un novo paradigma empresarial con características cambiantes, no que toda a sociedade solicita que as empresas se comprometan con ela en termos do seu desempeño en campos como o medio ambiente, a seguridade laboral, a calidade, a conciliación da vida laboral- persoal e a integración laboral da muller. Nun contorno como o descrito, a responsabilidade social é unha fonte de información tanto para os xestores das empresa como para as partes interesadas externas que posibilita dar unha resposta críbel a toda a sociedade.

María Elena Veiguela Martínez Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información

7


03. A VERTIENTE SOCIAL DAS GRANDES CORPORACIÓNS

divulgación e memorias Entrevista - Javier García de Paredes, secretario xeral de Caixa Galicia

8

“O sector privado debe difundir a responsabilidade social” Caixa Galicia foi pioneira nas prácticas de Responsabilidade Social Corporativa. En 2003 publicou a súa primeira memoria e na de 2005 aseguraba que 23 unidades da súa organización xa estaban implicadas nun plan de responsabilidade social enfocado como un compromiso de mellora na relación con clientes, empregados, proveedores, medio ambiente e toda a sociedade. “Somos o mellor exemplo de como pode combinarse a Javier García de Paredes, preocupación pola sociedade coa maximización do beneficio empresarial”, asesecretario xeral de gura Javier García de Paredes, secretario Caixa Galicia xeral de Caixa Galicia.

sectores da economía. Para as Caixas, esta tendencia é unha oportunidade para poñer en valor de novo tanto a Obra Social como a nosa propia personalidade xurídica e reafirmar a vixencia do noso modelo. - Cales son as principais preocupacións de Caixa Galicia en materia de responsabilidade social? - En Caixa Galicia elaboramos un Plan Estratéxico de Responsabilidade Social que se estrutura en función dos grupos de interese: clientes, empregados, goberno corporativo, proveedores, medioambiente e sociedade. Son un total de 90 programas subdivididos en 270 tarefas e que se desenvolven ao longo de cinco anos. A nosa intención con este Plan é poder avanzar equilibradamente na nosa xestión da Responsabilidade Social Corporativa.

- Como afronta unha entidade como Caixa Galicia, que na súa mesma natureza ten un fin social, o furor pola responsabilidade social? - En Caixa Galicia, e no sector das caixas de aforro, identificámonos e reafirmámonos como precursores da Responsabilidade Social Corporativa; polo noso obxectivo fundacional e tamén pola especial atención que prestamos aos nosos grupos de interese cremos ser un magnífico exemplo de aplicación dos principios de responsabilidade na nosa actividade diaria e na nosa filosofía de empresa. En Caixa Galicia fomos pioneiros nesta filosofía ao ser a primeira caixa en adherirmos ao Pacto Mundial de Nacións Unidas no ano 2003.

- Como se aplica de xeito interno e que iniciativas poderiamos destacar no seu labor externo? - Internamente, creouse un departamento de Responsabilidade Social Corporativa, integrado no área da Secretaría Xeral e cuxas competencias céntranse na activación e dinamización de prácticas de RSC na Caixa. Todo este esforzo podemos velo materializado en múltiples iniciativas, as cales atópanse polo miúdo na nosa última memoria dixital de Responsabilidade Social Corporativa, dispoñible para todo aquel que estea interesado en www.caixagalicia.es.

- No caso das Caixas, identificase responsabilidade con acción social? - Aínda que a acción social é un selo distintivo da nosa identidade, tamén sentimonos identificados coas outras variables, como son o goberno corporativo, o medio ambiente, as políticas laborais, etc... Sobre todas elas levamos traballando anos, anticipándonos ás incipientes prácticas que están desenvolvendo outros

- Consideran que é labor seu promocionar a Responsabilidade Social Corporativa? - Como empresa pioneira en responsabilidade social, temos a oportunidade de trasladar os nosos enfoques e experiencias a empresas, consumidores e sociedade en xeral. Aínda que a Administración Pública sexa a que deba liderar ese esforzo, dende o sector privado tamén debemos contribuir á difusión deste coñecemento e facémolo por canles coma son a participación

en foros, a intervención en medios de comunicación, a presenza en organizacións como ASEPAM, que é a delegación do Pacto Mundial en España, ou as memorias anuais de Responsabilidade Social Corporativa. - Que parte dos beneficios de Caixa Galicia van destinados á acción social? - Caixa Galicia é, tras La Caixa e Cajamadrid, a terceira Caixa en dotación a obra social. No ano 2005 destinouse un 31% do beneficio, o que se traduce en 55,4 millóns de euros. O investimento en obra social durante ese ano foi de 65,81 millóns. - Cara onde considera que avanzará a Responsabilidade Social Corporativa?. Caixa Galicia promove a través da Fundación Lealtad que as ONG galegas cumplan requisitos de trasparencia e boas prácticas, ¿podería plantexarse algo similar coas pemes? - Nun momento como o presente no que aínda non se consensuaron de xeito definitivo as definicións e alcances da responsabilidade social, no que tampouco a administración pública non exerceu, ainda, un papel incentivador nin regulador e o mercado apenas premiou as boas prácticas, a asunción dun proceso tan transversal como é o da Responsabilidade Social Corporativa pode resultar inabarcable para a estrutura financeira dunha pequena e mediana empresa. A responsabilidade social, con atributos como poden ser a transparencia ou as boas prácticas, responde a unha evolución natural de entender e exercer a economía, pero na pequena e mediana empresa, o máis probable polo momento é que se acometan iniciativas puntuais relativas, por exemplo, á reputación ou á mellora de xestión interna para que as aproximen cara a excelencia empresarial. - É diferente o que ocorre coas ONG? - É algo diferente, sí, porque para elas o desenvolvemento de procedementos de calidade, transparencia e boas prácticas sí pode ser unha cuestión de supervivenza. A súa principal fonte de financiamento, á marxe da Administración Pública, nace das recentes e cada vez máis frecuentes prácticas filantrópicas por parte das empresas. A xestión de aspectos de responsabilidade social apórtalles notoriedade e canles de contacto no achegamento ás empresas e, dende a visión destas, garante que os proxectos desenvólvanse coa calidade e profesionalidade desexada.

Na procura dun medio para estandarizar a información As memorias de Responsabilidade Social Empresarial son o método máis eficaz de promoción e divulgación destas prácticas así como medio para estandarizar a información básica das organizacións que as aplican. Estes informes mostran o grado de cumprimento dos compromisos asumidos por unha empresa en pos da sostibilidade e son unha peza básica que asegura a transparencia na xestión. Moitos inversores demandan dunha empresa algo máis que unha información económico-financeira. Reclaman un control de riscos, criterios sociais e medioambientais. A memoria debe responder a esta inquedanza, pero ademáis este sistema de informes induce ás empresas a comunicar de xeito periódico novas medidas en responsabilidade social. Para unha correcta normalización destes informes xurdiu en 1997 unha iniciativa, convocada polo Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente e financiada por unha serie de fundaciones chamada Global Reporting Iniciative (GRI), cuxa misión é desenvolver e promocionar un marco xeral e común para elaborar memorias de sostibilidade. A Guía para confeccionar de Memorias de Sostibilidade é aplicable a organizacións de todo tipo, tamaño e situación e é o estándar escollido pola meirande parte das empresas españolas que publican informes. O Global Reporting Iniciative publicou en outubro de 2006 a última versión revisada das súas directrices (G3). Esta Guía defínese como un proceso para desenvolver e difundir unha iniciativa común para informar das dimensións sociais, económicas e ambientais das actividades, produtos e servizos das organizacións. Permite presentar o impacto humano e ecolóxico dunha organización; ofrece unha ferramenta de xestión de axuda para promover, coordinar e avaliar os obxectivos de mellora continua nas actuacións dunha organización e tamén ilustra a relación entre os tres alicerces básicos da sostibilidade: o económico, o social e o ambiental.

9


04. A RESPONSABILIDADE SOCIAL NA PEQUENA E MEDIANA EMPRESA

como ser responsable

10

A empresa responsable socialmente pode obter a medio prazo beneficio a un custo baixo, simplemente con comezar a aplicar algunhas premisas nunha serie de eidos: - Recursos Humáns: Fomentar o benestar dos traballadores mediante un contorno de traballo saudable, con facilidade para conciliar a vida laboral e persoal e o fomento das oportunidades sen discriminación. Un emprego estable e de calidade redundará en traballadores satisfeitos que lucirán o seu potencial. - Clientes: O ideal é establecer unha comunicación fluída con eles que vaia máis aló da simple venda para coñecer as súas necesidades puntuais. Os clientes valoran ese extremo e tamén que lle garantan a seguridade, trazabilidade e calidade do produto que adquire cunha información concreta e clara. - A contorna: A sociedade reclama ás empresas máis interrelación. Para estas a RSE é unha ferramenta para impulsar a súa imaxe. - Os poderes públicos: A Administración ten o compromiso de ofrecer axudas e emprender iniciativas para favorecer nas súas contrataciones ás empresas que impulsen prácticas responsables (Vigo e Culleredo foron dous dos primeiros concellos en favorecer a compra pública sostible). Para as empresas contribuír ao desenvolvemento local supón impactar de forma positiva na súa contorna. - Os proveedores: Establecer códigos de conduta cos provedores para garantir que estes evitan os abusos. Fomento de relacións que sexan duraderas e de calidade. Prioridade aos proveedores locais. - Competidores: Fomentar o asociacionismo para aplicar a RSE de xeito colectivo. - Medio Ambiente: Cumprimento das normas e optimización do consumo de recursos para reducir emisións e residuos ou, polo menos, reciclarlos. Un bo número de pemes xa converteron a “ameaza medioambiental” nunha oportunidade competitiva debido á sensibilidade de consumidores e administracións.

Unha filosofía que comeza a aplicarse nas empresas de menor tamaño O concepto de que a Responsabilidade Social Empresarial era cuestión só das grandes corporacións comeza a estar superado. As políticas de acción social non se poden discriminar polo tamaño de quen as aplica e ademáis os crecentes exemplos de pequenas e medianas empresas que se suman á introdución de principios de responsabilidade social mostran que estamos ante un factor esencial para que as empresas de menor tamaño sexan máis competitivas. Alertou diso a Comisión Europea na súa Comunicación do mes de xullo de 2002 cando, ao mesmo tempo que reclamaba a necesidade de fomentar a responsabilidade social nas pequenas empresas, mostrábase convencida de que moitas xa aplicaban estes conceptos, pero sen identificalos. Baixo esa premisa, un bó número de pemes xa eran permeables ante as expectativas sociais sobre o seu traballo, albergaban sensibilidade para realizar actuacións que non perxudicasen o medioambiente ou aplicaban políticas de recursos humáns, de seguridade laboral ou de formación contínua dos seus traballadores que agora identifícanse como principios básicos da RSE. Pero, aínda que se suceden as axudas públicas e as iniciativas colectivas por parte de organizacións empresariais, sectoriales ou intermedias para

facilitar prácticas de responsabilidade social e comunicalas de maneira que se fagan visibles os seus beneficios, non todas as pemes acaban de percibir cales son as vantaxes de implementar esa filosofía nas súas organizacións e identifícanas co patrocinio ou as donacións, sempre como un gasto, poucas veces como un investimento. E é baixo esta última premisa como comezan a velo, como unha boa oportunidade para elevar o valor da empresa e xerar oportunidades comerciais. “La Responsabilidad Social Empresarial ha dejado de ser una moda y es ya un factor clave para el desarrollo de las compañías. En este entorno son cada vez más las pequeñas y medianas empresas que asumen la conveniencia de implantar este tipo de políticas en sus procesos productivos o sus actuaciones cara al consumidor”, recoñece Jaime Lloret, presidente da Asociación Española para la Calidad.

Marco externo e interno A empresa con inquedanzas responsables pode aplicarse en diversos ámbitos. No externo, na mellora e diferenciación da súa oferta ante o cliente e os seus grupos de interese e tamén no incremento da súa reputación cando contribúe a un desenvolvemento sostible ou respeta o medio e a súa contorna. No interno, unha mellora da xestión medioambiental serve para reducir custos e unha adecuada política de recursos humanos atrae, desenvolve e consigue reter aos mellores profesionais. Os clientes perciben ademais, como positivo, un bó clima laboral. Un informe da Fundación Forética feito público no mes de xullo de 2006 mostra que para os españois, a responsabilidade social é o segundo factor en importancia á hora de valorar positivamente a unha empresa. Nove de cada dez per-

soas están dispostas, según unha enquisa na que se basea o informe, a penalizar a todas aquelas firmas que realicen prácticas irresponsables e o 61% estaría disposto a pagar máis prezo por un produto se ten a certeza de que provén dun proceso no que prevaleceu a ética. E na medida que as administracións e as grandes corporacións incorporan nas súas políticas de contratación a obriga de cumprir cuns requisitos sociais ou ecolóxicos, ou a medida que os consumidores valoran este tipo de actuacións, as pemes veranse na necesidade de incorporalas. Aínda que tamén existen pequenas empresas que xa aplican prácticas de Responsabilidade Social Empresarial de xeito intuitivo. “Trátase dun ámbito, o da pequena empresa, no que os principios e os valores son máis palpables que na grande”, explica Xabier Sánchez, de Nova Consultores, un experto na difusión da responsabilidade social que identifica cales son os intereses máis comúns das pemes galegas nesta materia. “Por unha banda mostran grande interese nas medidas de conciliación e nos incentivos para reter aos seus profesionais de máis talento, sempre partindo da base de que unha empresa debe de ser produtiva; por outra banda tratan de ver como poden organizar unha acción social no seu contorno”, matiza Sánchez, que considera, non sen sorprenderse, que as pequenas e medianas empresasa están menos interesadas en facer memorias de responsabilidade social. “Moitas consideranas como un elemento de márketing que pode serlles perxudicial, cren que é como se fora unha perversión do compromiso da empresa coa sociedade. Pero deberían de valorar comezar a comunicar as súas prácticas responsables. O problema non é que as pequenas e medianas empresas non sexan responsables senon que non o comunican, non o ven rendible, e as que sí anuncian un produto non o fan ao completo, non explican que respetan el medio ambiente, por exemplo”, asegura Xabier Sánchez.

11


05. UNHA NOVA XERACIÓN DE EMPRESARIOS E DIRECTIVOS

o valor de ter un exemplo

12

O reto de formar profesionais achegados á nova sensibilidade que demanda a sociedade A demanda de prácticas de responsabilidade social propicia a aparición dun novo perfil profesional: o do experto ou director en Responsabilidade Social Empresarial, posto que nas grandes corporacións supón estar en contacto permanente co Consello de Administración e que nas empresas de menor tamaño recae en alguén próximo á dirección ou mesmo no departamento de calidade. En calquera caso o perfil debe de ser o de un bó comunicador, coñecedor da empresa e que estea familiarizado coas demandas e as expectativas sociais. Con todo, resta moito por concretar neste terreo. Así o asegura a Comisión Europea na súa última Comunicación: “Para que a responsabilidade social se convirta en práctica empresarial corrente, deberán desenvolverse entre os futuros empresarios, negociantes, xerentes e empregados os coñecementos e cualificacións correctas”. Os expertos da Comisión estiman que estamos ante unha materia susceptible de aprendizaxe perma-

nente e por iso solicitan a escolas empresariais, universidades e outros centros educativos que incorporen a Responsabilidade Social Empresarial nos plans de estudo dos futuros executivos e diplomados. En Galicia xa existe unha sensibilidade entre a comunidade universitaria. Na Coruña, Inditex e a Universidade unen esforzos nunha cátedra que ten o obxectivo de promover e difundir o estudo e o desenvolvemento da responsabilidade social corporativa. “Inditex considera a responsabilidade social corporativa como unha demanda prioritaria para as empresas e, neste sentido, vén desenvolvendo un continuado esforzo dirixido a implementar na súa estratexia empresarial o principio da sostibilidade das súas actividades, entendidas dende a tripla vertente social, medioambiental e económica”, resumen dende a multinacional de Arteixo. A Universidade de Santiago ofrece, pola súa banda, dende finais de 2004 un programa máster en xestión de proxectos de Responsa-

Responsabilidade social empresarial ou corporativa? Uns falan de responsabilidade social empresarial, outros matizan que é corporativa. Cal é a denominación correcta? As dúas son válidas. Con todo, o Foro de Expertos convocado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais deixou na súa primeira xuntanza unha matización: “Optamos por la denominación de Responsabilidad Social Empresarial (RSE)

en atención a que es un término que engloba un sujeto amplio, puesto que incluye a pequeñas y medianas empresas, y no sólo a las grandes sociedades anónimas. El término “corporativo” proviene directamente de los términos anglosajones “corporation” y “corporate” que hacen relación a las grandes sociedades anónimas que cotizan”.

bilidade Social Corporativa. A maior parte dos seus alunos proveñen do área das Ciencias Experimentais (Bioloxía, Química, Física) e os Ensinos Técnicos pero tamén do campo das Ciencias Xurídicas e Sociais (Administración de Empresas, Xeografía, Económicas, Dereito...), das Ciencias da Comunicación ou todo tipo de enxeñerías, o que dá unha idea do carácter multidisciplinar da responsabilidade social. Fomentar estas prácticas é tamén unha tarefa que asumen as asociacións de empresarios ou as cámaras de comercio. Por exemplo a Confederación de Empresarios da Coruña conta cun Departamento de Responsabilidade Social Corporativa dende o que desenvolve, difunde e intercambia información sobre boas prácticas. O seu homólogo de Ourense editou unha Guía de Responsabilidade Corporativa na Peme e para facela creou un grupo de traballo no que colaboraron Coren, Adolfo Domínguez e Caixanova. En Ferrol, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación traballa na implantación e difusión de prácticas de responsabilidade no marco do Proxecto Diana pertencente á iniciativa comunitaria Equal. A incipiente normativa sobre Responsabilidade Social Empresarial axudará a estandarizar a formación de profesionais que traballen nas empresas, pero tamén a dos auditores. Nese sentido a Norma SA 8000, que se centra nas condicións do lugar de traballo, cada vez é máis aceptada para evaluar abusos relevantes en empresas. Esta norma se complementa con outras como o Estandar SG 21, adaptable tanto para grandes corporacións como para pequenas e medianas empresas. Trátase dun instrumento que subdivide á organización en áreas de xestión interna e externa e establece para cada unha delas unha serie de valores, como a lealtade cara aos clientes, recoñecemento de dereitos aos traballadores ou asunción de responsabilidades con respecto aos mesmos.

Un foro en Arteixo para que as empresas poidan intercambiar ideas Cunha bagaxe de tres anos na organización dun Foro para o Impulso Empresarial especializado en cuestións de calidade, a Asociación de Empresas do Polígono de Sabón (Arteixo, A Coruña) plantexouse dar un paso máis na súa oferta formativa e divulgativa. Percibira unha inquedanza non só en empresas do municipio senón tamén do resto da área metropolítán da Coruña, noutras asociacións de empresas e ata en concellos. Querían saber máis sobre a responsabilidade social. “Moitas desas entidades xa estaban facendo RSE sen sabelo simplemente porque xa tiñan esa mentalidad de contratar discapacitados, realizar patrocinios ou dar facilidades horarias aos seus empregados, pero decidimos que podíamos non só axudarlles para obter máis formación no tema, senón tamén fomentar o intercambio de experiencias e de contactos para aplicar prácticas de RSE”, explica Marta Marzoa, xerente da asociación. Así naceu o IV Foro Sabón para o Impulso Empresarial baixo o epígfrafe “Cara a un marco de Responsabilidade Social na Empresa”. Nel atópanse empresas de diferentes sectores que teñen moito que contarse no relativo a experiencias en RSE. “De feito imos crear un rexistro de auditores gratuíto a nivel de intercambio para que poidan ofrecerse visións diferentes”, explican desde a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón. A idea é, tamén, que cada unha das empresas que integran o foro desenvolvan un sistema de responsabilidade social coerente cos seus principios e valores para que logo se poñan en común de xeito que se transmitan esas directrices ás empresas da mancomunidade. Pero, anticipan dende a Asociación, todo este proceso leva o seu tempo porque parten de cero. “Moitas empresas preguntábanos que era iso da responsabilidade social e as que oíran algo o asociaban a facer escolas na India”, lémbranse.

13


glosario Axenda Local 21 Conxunto integrado de programas de acción para promover o desenvolvemento sostible no século XXI. Adoptada en 1992 por 178 países na Conferencia de Río. Balanzo Social Instrumento de xestión para planificar, organizar, dirixir, controlar e evaluar en términos cuantitativos e cualitativos a política social dunha empresa nun periodo determinado, fronte a unhas metas preestablecidas. Certificación Proceso polo cal unha institución autorizada (pública ou privada), avalía e recoñece que un produto, servizo ou organización acadou os requisitos ou requerimientos predeterminados por unha norma ou estándar. Consumo Responsable Forma de progreso que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a posibilidade de progreso das xeracións futuras. Grupos de Interese ou Stakeholders Persoas que teñen un interese particular nunha decisión determinada da empresa, xa sexa como individuos ou representantes dun grupo. É dicir, calquera individuo ou grupo interno ou externo á organización que pode ser afectado polas políticas, obxectivos, decisións e accións da mesma. Memorias de Sostibilidade Informe de carácter público que as compañías ofrecen ás súas partes interesadas, internas e externas, sobre a posición corporativa e as súas actividades nas tres dimensións de sostibilidade: económica, medioambiental e social. É un instrumento eficaz para a toma de decisións e como ferramenta fundamental de comunicación da tripla conta de resultados dunha organización: a dimensión económica, medioambiental e social. Sistema de Xestión Medioambiental O xeito en que as empresas dirixen a súa produción ou prestación de servizos, considerando os impactos que causan no medio ambiente e as iniciativas tomadas para reducir estes impactos. Tripla Conta de Resultados Técnica que permite ás empresas recopilar información cualitativa e cuantitativa sobre as súas actuacións sociais, económicas e medioambientais coa finalidade de seguir de xeito obxectivo o desenvolvemento das súas actividades no campo dos recursos humáns e medir o grado de consecución e a implantación de programas de carácter social. Xestión da Responsabilidade Social Empresarial Recoñecemento e integración na xestión e nas operacións da empresa das preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de respecto dos dereitos humáns, que xeran políticas, estratexias e procedementos que satisfán ditas preocupacións e configuran as súas relacións con grupos de interese. Implantar a RSE implica, ademais, exercer a súa actividade favorecendo o desenvolvemento humano integral e admitir as repercusiones sociais, laborais, medioambientais e éticas que se derivan do conxunto das súas actuacións.

Í O 49% de empresas españolas estima que as prácticas responsables son claves para o éxito do negocio Í O 87% dos traballadores europeos din que a lealtade á súa empresa aumentaría se participase en prácticas de Responsabilidade Social Í O mercado estaría disposto a asumir un encarecemento nos prezos finais do 3% a cambio do desenvolvemento de políticas de RSE Í Ante dous produtos de similares características, máis da metade dos consumidores españois escollerían sempre aquel que lles ofrecese a certeza de provir dunha empresa socialmente responsable, incluso se fose un pouco máis caro Í Un de cada cinco consumidores españois deixou de comprar a empresas que cre que realizan prácticas abusivas ou irresponsables Í Un 70% das compañías consultadas polo Observatorio de Responsabilidade Social Corporativa estiman que en breve a responsabilidade social integrarase na cultura empresarial como algo cotidián Í O 45% das empresas aseguran que contan, como primeira medida para evitar o fraude interno, coa implantación dun Código Ético Í O 61% das empresas declárase interesada na revisión dos sistemas de selección de proveedores

PO.CO.MA.CO. sector I, portal 5 tel: 981 173 206 fax: 981 173 223 REDACCIÓN, DESEÑO E MAQUETACIÓN: Gabinete de Prensa do Instituto Tecnológico de Galicia www.itg.es

comunicacion@itg.es

A presente edición foi entregada á imprenta o día 23 de novembro de 2006 Depósito Legal: C-xxx/2006


Acordo Galego polo Fomento da Responsabilidade Social Empresarial O compromiso coa igualdade e o benestar Consciente das disparidades que subsisten entre diferentes colectivos sociais no mercado de traballo e da necesidade de favorecer o desenvolvemento da igualdade de oportunidades en todos os ámbitos, a Xunta de Galicia, a través da súa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, promove a seguinte declaración que traslada ás distintas organizacións sociais, sindicais e empresariais de Galicia como expresión da súa vontade de avanzar de forma efectiva na instauración dunha cultura da responsabilidade social dirixida a propiciar un compromiso recíproco en favor do benestar e do desenvolvemento social:  Avanzar nunha estratexia global de promoción sinérxica que implique ás empresas, ao seu persoal, ás administracións públicas, aos representantes sindicais e ao conxunto da sociedade, como actores impulsores da igualdade social.  Definir as cuestións en materia de responsabilidade social como elemento vertebrador da política social en Galiza e como un campo de avance prioritario nas actuacións do contorno empresarial galego, tanto público como privado.  Favorecer a configuración dunha sociedade cohesionada e incluínte que traballe para reducir desigualdades e eliminar discriminacións a través da posta en marcha de proxectos de xestión social que signifiquen un aporte real ao emprego, á educación e ao desenvolvemento da calidade de vida da cidadanía.  Coñecer e recoñecer a situación laboral das mulleres e as limitacións existentes no relativo á garantía dos seus dereitos como cidadás, favorecendo a implantación de accións que permitan a igualdade de oportunidades e de trato.  Contribuír a instaurar unha nova dinámica nas relacións laborais, a través do fomento dunha conducta empresarial responsable que instaure un modelo de xestión, centrado na compatibilización dos intereses económicos da actividade empresarial cos valores, expectativas e demandas de persoas e colectivos.  Activar un compromiso co desenvolvemento local e coa promoción da cohesión social, tendente a valorar e medir o impacto que as accións e os proxectos empresariais reportan ao entorno físico, cultural e social no que están radicadas as organizacións, tratando de minimizar os posibles efectos negativos.  Considerar as implicacións positivas que para empregados/as, entidades empresariais e sindicais e a sociedade en xeral se derivan da aplicación dunha xestión empresarial con prácticas socialmente responsables. Estender o enfoque da responsabilidade social da empresa como ben social, económico e persoal e como variable que aumenta os atrativos e activos das empresas no mercado.  Subliñar a importancia de integrar na empresa os principios de responsabilidade social desde a premisa do investimento estratéxico e con inequívocas repercusións sobre a produtividade, a competitividade, a fidelización e a motivación dos seus recursos humanos.  Traballar para identificar, detectar e eliminar os estereotipos sociais e culturais, así como os prexuízos de xénero, idade, etnia, etc.  Promover un espírito empresarial responsable que faga viable o crecemento económico e a responsabilidade social e impulsar a adopción deste enfoque nos procesos de negociación empresa - organizacións sindicais.

 Pór en valor a contribución das mulleres ao desenvolvemento económico.  Impulsar as prácticas responsables na contratación e a eliminación das conductas discriminatorias que afectan a diferentes grupos sociais.  Afirmar a necesidade de aumentar a participación das mulleres no mercado de traballo desde un triple enfoque centrado no investimento social, a eficacia económica e a dignidade das persoas.  Reforzar os medios de loita contra o desemprego feminino e promover a igualdade profesional en todos os sectores, favorecendo a inserción e reinserción das mulleres en empregos duradeiros no mercado laboral e o equilibrio no nivel de recrutamento.  Compromiso de traballar para eliminar a desigualdade salarial, apostando por aplicar o principio de igual remuneración entre homes e mulleres nos traballos iguais ou de igual valor.  Implantar unha cultura empresarial favorable ao desenvolvemento de políticas de conciliación da vida familiar, persoal e laboral nos centros de traballo. Incorporar estratexias de flexibilización que permitan a homes e mulleres unha mellor xestión dos tempos de vida familiar, profesional e de ocio a través da adopción de fórmulas novidosas de organización do traballo adaptadas ás necesidades dos empregados.  Aumentar no contorno empresarial os niveis de observancia sobre os estándares, prácticas e condutas laborais que impoñan situacións de desigualdade, atendendo de forma específica ás discriminacións dos grupos en risco de exclusión social.  Promover e estimular a participación das persoas novas e dos colectivos con discapacidade no mercado laboral, en condicións de igualdade de oportunidades.  Crear un entorno que estimule a aprendizaxe continua, garantindo o acceso aos recursos de formación e asesoramento como elementos determinantes para mellorar as condicións de acceso ao emprego, permanencia, e promoción profesional.  Fomentar iniciativas en favor da igualdade no seo das empresas e impulsar a transferencia de boas prácticas, experiencias e conductas socialmente responsables.  Aumentar os medios de loita contra o traballo infantil e forzado.


Cinco visións sobre Responsabilidade Social Empresarial