Page 1

Título Nivel

Wiki-relatos B1, B2

Recursos

Ordenador, Internet, EDI e Wikispaces

Tarefa 

Escribir e publicar unha novela de forma colaborativa en capítulos

Obxectivos    

Fomentar as destrezas escritas necesarias para escribir un texto narrativo. Colaborar na edición dun texto por capítulos. Fomentar a creatividade no emprego do segundo idioma Animar aos alumnos a ler e escribir ficción no segundo idioma.

Contidos   

O texto narrativo de ficción: xéneros, estrutura, características, conectores discursivos, intensificadores. Modalidades narrativas: narrador e punto de vista; estilo directo e indirecto. Repaso de normas de puntuación.

Desenvolvemento Logo de ler na clase un ou varios relatos de ficción e traballar cos contidos especificados arriba, o profesor crea un wiki co título do relato que van escribir entre todos, e cuxo número de páxinas se corresponderá co número de alumnos por grupo clase. Non é necesario escoller un xénero determinado xa que este se concretará a medida que avanza a historia. O profesor escribe a primeira páxina, que pode empezar in media res ou contextualizar a historia. Por orde alfabética, cada alumno disporá dunha semana para escribir a súa páxina, que será revisada e editada polo profesor e así ata rematar a historia. O produto final poderá ser descargado en pdf (véxase “máis opcións” en cada páxina do wiki) e publicado na web en formato libre cunha ferramenta que veremos no apartado seguinte. Avaliación   

Co-avaliación dos capítulos. Feedback do profesor por escrito dos diferentes capítulos. Posta en común dos aspectos positivos e negativos de cada capítulo.

Ana María Losada Pérez

Wiki relatos  

Modelo de actividade 2.0 para o ensino de linguas

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you