Page 1

Ano XXXV Nº 65

Vilalba, maio de 2014

Revista escolar do CEIP Antonio Insua Bermúdez

Xosé María DÍAZ CASTRO

O Plenario da Real Academia Galega da Lingua (RAG) acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas, de maio de 2014, ao poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, coincidindo co primeiro centenario do seu nacemento. Poeta e tradutor natural da parroquia dos Vilares (Guitiriz) -onde naceu no seo dunha familia labrega en febreiro de 1914- formouse no Seminario de Mondoñedo, onde ingresou no ano 1929. Manifestou de forma escrita a súa vocación literaria -que posuía dende a mocidade- bastantes anos despois. O seu gran libro poético é Nimbos (Galaxia, 1961). Conta con 32 poemas agrupados en sete epígrafes. Considerado un dos libros clásicos da poesía galega, consagrou a Díaz Castro como un autor poético singular no contexto da literatura galega de posguerra. Por este motivo, no noso Colexio organizamos unha morea de actividades con Díaz Castro como eixo central. Entre elas, unha na que todos os alumnos fixemos un debuxo do poeta. Os retratos inundaron as paredes do centro. Podedes ver á esquerda, debaixo da fotografía do escritor chairego, unha pequena mostra delo.

Manuel c. santamariña Mestre de profesión e de vocación. Levou a cabo o seu labor docente en moitos colexios (Cariño, Aranga, Xermade). Hoxe está destinado no CEIP Mato Vizoso de Vilalba. Dende hai anos, é presidente dunha agrupación cultural vilalbesa, o Instituto de Estudos Chairegos, na que leva a cabo un moi louvado e completo labor cultural do que, ben seguro, nos vai falar nesta entrevista..

xvI certame benjamín paz”

Despois de dous anos de ausencia, convocouse de novo o Certame Benjamín Paz, na súa XVI edición. En páxinas interiores ides ter unha detallada información sobre o mesmo.

traballos das aulas noticias do cole CONCERTO: MINI E MERO Teresa, Avelino e Tarsicia: FELIZ XUBILACIoN!!!


EQUIPO DE REDACCIÓN Lucía Debasa, Alba Río, Noa Castedo, María Díaz, Alejandra Pico, Antón Paz, Ana Insua, Eva Sanmartín, Lucía Basanta, Mariña Villarino, Nerea González, Carmen Mato, Nuno Teijeiro, Adriana Díaz, Jesús Paz, Hugo Fernández, Aitor Álvarez, Rares Mezdrea, Lois Gayoso, Xoel López e Santiago Cazás COLABORARON TAMÉN NA EDICIÓN DESTE REVISTA Alumnado e Profesorado do Centro ANPA Manuel Castro Santamariña Bibiografía e recursos utilizados Edita CEIP “A. INSUA BERMÚDEZ” Enderezo Cuart de Pobler, s/n 27800 Vilalba (Lugo) Telf./Fax 982-510721 Correo electrónico ceip.antonio.insua@edu.xunta.es Páxina web http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

www.edu.xunta.es www.poetadiazcastro.com www.seminariogalan.org www.xermolos.org www.realacademiagalega.org www.culturagalega.org www.diadasletrasgalegas.com www.aelg.org www.gl.wikipedia.org

Secretaría Xeral de Política Lingüística

(Tirada: 500 exemplares)

Publicación subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e OU da Xunta de Galicia


3

Índice Editorial LG’2014: Homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro Traballo das Aulas Certame Benjamín Paz Feliz xubilación!!! Entrevistamos a: Manuel C. Santamariña Biblioteca: Que lindo é ler! Proxecto: O Mundo da Ciencia Concerto das Letras Galegas Investigación Noticias do Cole Orientación A Páxina de ANPA Seminario Galán Os nosos murais

Índice

Mini e Mero

Entrevista

3 4 5 11 48 50 51 54 57 58 60 68 69 70 71

Concerto

O mundo da ciencia

Letras Galegas 2014

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Editorial

Mes de maio. Mes das Letras Galegas. E, claro está, un novo número da revista A PRAVIA. Para nós, alumnos e alumnas de 6º de Primaria, é unha honra poder formar parte do seu Equipo de Redacción. Só agardamos que o resultado final sexa do voso agrado. Como xa ben sabedes por outros anos, no noso Colexio organízanse unha gran cantidade de actividades ao longo do curso. Actividades que van -sen contar as docentes, clarodende as deportivas ata as musicais, pasando polas deportivas, culturais, divulgativas, gastronómicas, etc. Dende a Biblioteca xurdiron unha morea delas. O Mundo da Ciencia foi o proxecto principal neste curso. Moitas das actividades tiveron a ciencia e os científicos como eixo vertebrador. Houbo tamén na Bibilioteca: contacontos, charlas, exposición de traballos sobre a ciencia, mostra e cata de postres do outono, concertos musicais -Mini e Mero, de novo, magníficos-, etc. Na revista que tedes nas mans daremos cumprida conta de todo o anteriormente descrito. Salientamos tamén a volta, despois de dous anos de ausencia, do Certame Literario Benjamín Paz, organizado polo noso Colexio, e do que podedes ver, no apartado correspondente, os seus gañadores -en debuxo, poesía e narrativa- e algúns dos seus traballos. Outro tema importante que vades atopar neste número é o relacionado coas Letras Galegas. Este ano o homenaxeado é un poeta chairego, XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO. Poderedes coñecer un pouco máis da súa vida e da súa obra nas páxinas seguintes. Nesta edición, no apartado da entrevista, coñeceredes máis polo miúdo a MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA, o presidente de Instituto de Estudos Chairegos, agrupación cultural vilalbesa que está levando a cabo un importante labor nese campo. Dende estas páxinas agradecémoslle moi sinceramente a súa disposición para contestar as nosas preguntas. Outras seccións habituais completan a publicaciión: os traballos das aulas, as noticias do cole, as competicións do deporte escolar, a páxina de ANPA, os comentarios de libros, os traballos de investigación, etc. Unha das páxinas que resultou máis entrañable para nós foi a dedicada a tres persoas que nos deixarán ao remate do presente curso. Trasicia, titora de 4ºB; Avelino, profesor de Música de todo o alumnado do Centro, e Teresa, a cociñeira que fixo a comida dende o mesmo momento que se inaugurou o Colexio, xubílanse. Nós, en nome de toda a comunidade educativa do Insua Bermúdez queremos agradecerlles todo o bon e importante traballo que levaron a cabo nos seus respectivos cometidos e transmitirlles os mellores desexos para que disfruten da nova situación o maior tempo posible. E non podemos rematar, sen salientar o marabilloso trato que nos dispensaron todos os profesores e as profesoras deste centro ao longo destes seis -ou nove, segundo os casos- estupendos anos como estudantes e tamén por facer o posible para conseguir ser cada día mellores persoas. E nada máis, desexamos que pasedes un bo rato lendo a revista. Ata sempre. NUNCA VOS OLVIDAREMOS!!! O Equipo de Redacción

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

4


Letras Galegas 2014

Traballo realizado por Nerea González, Alejandra Pico, Ana Insua, Eva Sanmartín e Antón Paz

Xosé María  Díaz  Castro  naceu  no  barrio  de  O  Vilariño   en     Vicenzo   dos   Vilares   (Guitiriz)   o   19   de   febreiro   de   1914   ás   oito   da   mañá.   Fillo   de   Isidro   Díaz   Castro   e   Manuela  Castro  López.  Tiña  3  irmáns  dos  cales  el  era  o   terceiro:  Antonio,  María  e  Serafín.  Estudou  no  Buriz  na   escola   de   Dª   Clotilde.   A   partir   de   1922   tivo   como   mestre   a   Manuel   Cordeiro.   En   1926   con   12   anos,   acadou   o   1º   premio   dun   concurso   de   narrativa   na   localidade   de   Betanzos.   O   homenaxeado   convirteuse   nun   gran   poeta   galego.   O   seu   primeiro   poema   titulouse:   “¡Toma   mi   corazón!”.   Xosé   María   Díaz   Castro  pódese  encadrar  na  xeración  do  1936.   En   1929   ingresou   no   Seminario   de   Mondoñedo,   onde   coñece   a   Aquilino   Iglesia   Alvariño.   Foi   chamado   a   filas   pola   súa   quinta,   destinado   ao   corpo   de   sanidade   militar   na   Coruña   como   padioleiro   e   practicante.   Na   Guerra   Civil,   pasou   unha   semana   na   fronte   de   Asturias,  logo  pasou  a  ser  destinado  na  clínica  militar   do   Hospital   de   Pontevedra.   No   ano   1939   volveu   ao   seminario,  pero  abandona  de  contado.  Iglesia  Alvariño   contou   coa   súa   colaboración   como   mestreno   Colexio   León   XIII,   de   Vilagarcíqa   de   Arousa,   do   que   xa   fora   director  en  Abadín.    

5  

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Letras Galegas 2014

Abandonados os   estudos   eclesiásticos   fixo   o   bacharelato,   acadando   o   título   en   1945,   e   logo   licenciouse   en   Filosofía   e   Letras   na   Universidade   de   Salamanca,  especializándose  en  linguas  modernas.   En   1948   transladouse   a   Madrid   onde   traballou   de   tradutor   para   organismos   oficiais   e   privados.   Primeiramente   o   Ministerio   de   Gobernación   en   asuntos   de   seguridade   e   inteligencia.   Despois   exerceu   a   decencia   comos   profesor   de   linguas   clásicas   e   modernas.   Traballou   no   Consello   Superior   de   Investigacións  Científicas,  onde  acabou  conseguindo  o   posto   de   xefe   de   servizo   de   información   e   documentación   do   Instituto   do   Frío.   No   Iinstituto   de   Cultura   Hispánica,   onde   estivo   ata   o   ano   1966,   foi   encargado  de  servizos  de  tradución    de  francés,  inglés,   alemán,   italiano,   portugués,   holandés   e   linguas   escandinavas.  

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

O 10   de   agosto   de   ano   1954   contrae   matrimonio   coa   que   fora   a   súa   “madriña   de   guerra”   María   Teresa   Zubizarreta   Bengoechea   procedente   de   Urretxu   (Guipúzcoa)   coa   que   tivo   3   fillos:   Jose   Mari,   Maite   e   Íñigo   que   naceron   en   Guipúzcoa   por   decisión   da   propia  María  Teresa.  

Xosé María   Díaz   Castro   morreu   en   Lugo   o   2   de   outubro   de   1990   aos   76   anos   de   idade.   A   este   poeta   chairego   dedícanlle   as   letras   galegas   deste   ano   2014.   Díaz   Castro   foi   unha     importante   figura   da   cultura   galega.  A  continuación  tedes  a  súa  obra  e  algunhas  das   súas  poesías.                                                                                                                                                                                                                              

Homenaxe

6


NIMBOS    

AS SÚAS  OBRAS  

Letras Galegas 2014

                           

7

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Letras Galegas 2014

ESCOLMA POÉTICA

PENÉLOPE “Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envolveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!”

COMA UN RÍO Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar, deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba. Hai unha cousa clara coma o sol: prós nosos ollos no está feita a lus do mundo, ó abrente frío que se abreu cando abrimos os ollos sobre o mundo. E eu coma a néboa sobre os outros montes que lles cobre a ferez e mailas bágoas; e eu coma a estrela que entra polo oco do lousado do pobre na agonía. Hai unha cousa clara coma a lus: que no é para nós a música do mundo a promesa raiante da hora enorme en que se dixo: ¡outro home veu ó mundo! E eu como un fondo río de recendos, de voces e de luces: coma o aire, que beixa todo e non se apousa en nada máis que no sangue, na raíz do sangue…

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Homenaxe

8


Letras Galegas 2014

Actividades recollidas da unidade didáctica sobre Xosé Mª Díaz Castro do Seminario Galán.

Seleccionadas por Eva Sanmartín

9

Homenaxe

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Xosé Mª Díaz Castro en

Cómic

Letras Galegas 2014

Por Carmen Mato e Rares Mezdrea

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Homenaxe

10


OS POLIÑOS

Infantil-3

NA NOSA CLASE APARECERON 3 OVIÑOS. ERAN DE MARCELINA QUE OS PUXERA MOI CEDO AQUELA MAÑÁ.

MARCELINA COIDABA OS SEUS OVIÑOS CON MOITO AGARIMO. PASARON UNS DÍAS E… QUÉ SORPRESA! DOS OVIÑOS SAIRAN 3 PRECIOSOS PITIÑOS.

11

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


COMO ERAN TAN PEQUENIÑOS PRECISABAN DUNHA BOMBILLA PARA ESTAR BEN QUENTIÑOS.

MARCELINA SEMPRE ESTABA MOI PENDIENTE DOS SEUS FILLIÑOS PERO, NÓS TAMÉN AXUDABAMOS.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

12


TÓDOLOS DÍAS TIÑAMOS QUE TRABALLAR: DARLLES DE BEBER,

DARLLES A SÚA COMIDIÑA…

13

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


O QUE MÁIS NOS CUSTABA FACER ERA LIMPIARLLES A SÚA CASIÑA.

CANDO TIÑAMOS TODO O TRABALLO FEITO, OS TRES PITIÑOS QUEDABAN MOI AGUSTIÑO E …. A DORMIR!

ELES TIVERON QUE MARCHAR E NÓS... PUXÉMONOS A TRABALLAR.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

14


O MUNDO DA CIENCIA ( CLASE 4 ANOS) ESTE CURSO FIXÉMONOS CIENTÍFICOS

CO CIENTÍFICO PEPETE APRENDEMOS A INVESTIGAR NO NOSO LABORATORIO PARTICULAR

15

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


FIXEMOS MOITOS EXPERIMENTOS CA AUGA (COUSAS QUE FLOTAN OU NON)

DA NATUREZA (PRANTAMOS SEMENTES)

CO AIRE

COS IMÁNS (FORZA MAGNÉTICA)

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

CO FRIO/CALOR (A TEMPERATURA)

Traballos das Aulas

16


QUE BEN SE VÍAN OS ANIMAIS CA LUPA! E CO MICROSCOPIO AÍNDA MELLOR!!

ALGÚNS PAPÁS E MAMÁS VIÑERON FACER EXPERIMENTOS CON NÓS Á CLASE

ELETRICIDADE ESTÁTICA 17

Traballos das Aulas

POMPAS DE XABRÓN aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


E COÑECEMOS MOITOS CIENTÍFICOS/AS FAMOSOS/AS COS SEUS DESCUBRIMENTOS MÁIS IMPORTANTES!

E SE BÓS CIENTÍFICOS COMO ELES QUEREMOS SER, MOITOS LIBROS TEREMOS QUE LER!!

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

18


Infantil-5

19

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

20


21

Traballos das Aulas

Infantil-5 aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

22


23

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

24


25

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


O RESCATE DO GOLFIÑO Somos uns nenos de 2ºA, que

segundo estudamos este ano, vivimos nunha chaira, que seica lle chaman Terra Chá, e non estamos preto do mar. Por iso argallamos co noso mestre a maneira de coñecer unha paisaxe costeira e decidimos ir a unha vila mariñeira que non estivera moi lonxe; escollemos Foz. Non por nada, pero o noso antigo director, era de alí. Aínda nos queda por coñecer unha paisaxe de montaña, cremos que o deixaremos para outra volta. Así que organizamos todo o mellor que puidemos e ... Xa estabamos no autobús camiño de Foz. Inda non arrincara o bus e xa estabamos cantando a típica canción das excursións: -Carola fixo pis no saco de durmir. -Quen, eu? -Si, ti. -Eu non fun, foi ... E así estivemos un tempo ata que Xanciño, que é o que máis maxín ten da clase, inventou outro xogo. Consistía en dicir unha palabra e nos tiñamos que contestar o que nos viñera a mente. Empezou, claro, por Foz, e todos berramos: MAR!!! Logo Carola dixo terra e aquí xa dubidamos, uns dixemos pedras e outros palabras como patacas, mollada, ... Nestas chegamos ao noso destino. Baixámonos do bus, estiramos as pernas e xa oiamos o chiar das gaivotas e o rubido das ondas ó bater nas rochas e percibimos un ulido para nos especial, un aroma que nos invadía e nos facía soñar con mil aventuras, mesmo de piratas. Percorremos a vila, fixándonos en todo e logo achegámonos ao peirao. Alí falamos cos mariñeiros sobre o seu traballo e as peripecias que lles suceden no mar. Estivemos, sobre todo, moi atentos a unha aventura que nos contou un vello mariñeiro que lle pasara cando inda era case un rapaz. Dixo:

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

26


“Unha mañá fría e bretemosa do mes de febreiro, como tódolos días, ben cedo, collemos o barco e saímos ó mar para pescar. Segundo iamos cara a alta mar mais espesa era a néboa e nos pareceu ver algo que flotaba no mar. Nós achegámonos pensando que sería unha madeira ou un naufrago. Pero era unha cría de golfiño moi pequeno e asustadizo que estaba ferido nunha aleta. O patrón quería deixalo pero os meus compañeiros e eu sen pensalo dúas veces convencémolo para deixar o que estabamos a facer, cambiamos o rumbo do barco e aló fomos a rescatar o golfiño. Primeiro achegámonos a modiño para non asustalo e logramos subilo ó barco, examinámolo e vimos que tiña unha ferida na aleta esquerda. O velo así Luís un compañeiro experto en curas dixo que debiamos poñerlle unha venda na ferida e traelo axiña para o porto. O vernos de volta tan axiña todos miraban asombrados o que traiamos. Ese día non pescamos nada, pero estabamos contentos, rescataramos un golfiño, que de non ser por nos seguro morrería. O chegar a terra avisamos ó veterinario e el aconsellounos que o levaramos ó acuario que alí o curarían moito mellor. Pasados uns días a bióloga do acuario chamounos para dicirnos que podíamos votalo de novo ó mar que xa curara da aleta e que podía volver a nadar, anque ó primeiro custáballe un pouco e cansaba. Deixámolo e uns días despois voltamos a velo, xa alegre, xogando, brincando, estaba no seu medio: na inmensidade das augas do mar. Collerámoslle cariño a ata lle puxemos nome PULETA (“pu” de pupa e “leta” de aleta), pero nos tiñamos que seguir a traballar, seguir a pescar que é o noso oficio” -Gustouvos? Todos aplaudimos e despedímonos dos mariñeiros. Xa era hora da volta. Subimos ó autobús. No camiño de regreso non cantamos nin falamos, todos viñamos pensando en mil aventuras que vivir, en mil soños que realizar. En ter un golfiño na nosa vida.

2ºA

27

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

28


29

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


A MODA DO COLEXIO

3ºA

A moda máis recente do noso Colexio son as pulseiras de gomas. Que se necesita para facelas? - Gomas de cores (como as do pelo, pero máis grosas) - Ganchos de unión. - Máquina ou ganchiño. (Non é imprescindible porque se poden usar lapis ou os dedos). É unha actividade moi sinxela. Atendede e lede ben os pasos a seguir: 1º.- Colles tres gomas e colócalas rodeando dous dedos ou con ganchiños. A primeira en forma do símbolo de infinito –facendo a forma dun 8 tumbado2º.- Agora a primeira goma pásala por enriba das outras. Volves poñelas outra vez e así ata rematar. Pódense facer de moitas cores e formas: hai gomas con puntos e raias, algunha que brilla na escuridade… Con elas conseguimos facer pulseiras, aneis, colares, pendentes e diademas. Cada persoa pode reflectir o seu estilo facéndoas á súa maneira e amosando a súa creatividade. Consello: se non as sabedes facer, pedídellas a un amigo/a, curmán…, pero mellor sería que aprendésedes a facelas observando como se fan. Xa sabedes: os adornos feitos con gomas de cores están de moda este curso no noso Colexio. aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

30


LOUREIRO (LAURUS NOBILIS) Este ano con motivo do día Mundial da Árbore e da Auga plantamos dous loureiros no recinto do Colexio. Entón, aproveitaremos para saber algo máis destas arboriñas da familia das Lauráceas. O nome desta árbore pode vir do celta LAUR = verde. É unha árbore orixinaria da rexión Mediterránea. Moi abundante na zona litoral. Non é moi grande (de 5 a 10 metros), aínda que pode chegar aos 20 m. Tronco dereito; cortiza parda-verdosa; copa baixa, cónica e dun verde moi escuro. As súas follas persistentes teñen un sabor amargo e moi aromático. Son coñecidos os seus usos culinarios e propiedades medicinais. Na cociña úsanse normalmente as follas secas, tendo en conta que debido ao seu potente aroma non hai que excederse na súa utilización. Utilízase en estofados, potaxes, legumes, salsas, pratos de caza, polo, porco… Indispensable na preparación de calquera tipo de escabeche. No apartado medicinal, ten propiedades diuréticas, estomacais, estimulantes, antisépticas, sudoríficas, expectorantes… O aceite esencial das súas follas recomendábase para a inapetencia, a flatulencia e as dificultades dixestivas. En veterinaria utilízase contra os parásitos dos animais domésticos. En uso tópico emprégase en friccións para dores reumáticas e esguinces. CURIOSIDADES Os gregos e os romanos premiaban aos vencedores con coroas de loureiro; de aí vén o termo “laureado” para unha persoa que acada un recoñecemento académico. Foi considerado polos gregos unha árbore sagrada ata o punto de que crían que estaba libre de ser alcanzada polos raios. O ramo de loureiro é símbolo de victoria e con el coroábase aos heroes e aos poetas. IMPORTANCIA DAS ÁRBORES As árbores son o pulmón do noso Planeta. Son as encargadas de regular a temperatura, purificar o aire –producen osíxeno e absorben dióxido de carbono-, protexer o solo, combater o efecto invernadoiro da atmosfera… Así que aí vai unha recomendación: plantemos ou sementemos árbores. Velar pola saúde do noso Planeta –e polo tanto da nosa- merece ese pequeno esforzo.

31

Traballos das Aulas

3ºA

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


A vida

A obra

Cantares gallegos

3ºB aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

32


Algúns versos de Cantares gallegos

3ºB

33

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


A cromatografía 1- Materiais: vaso de tubo tesoiras filtro do café clip rotulador auga lapis

4ºA

2- Recortamos unha tira de papel do filtro un pouco máis curta que o vaso.

3- Fabricamos un gancho co clip e colgamos a tira de papel. aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

34


4- Debuxamos un punto cun rotulador e colgamos o papel un centímetro por riba da auga.

5- Esperamos uns minutos e poderemos ver que o punto de cor descomponse nunha mestura de distintas cores. 35

Traballos das Aulas

4ºA

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

36


37

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


AULA BARCO MURALLA DE LUGO

5ºA

Muralla de Lugo é unha aula-barco que navega polos concellos da provincia de

Lugo, de Galicia e incluso de fóra. Unha mañá chegou ata o noso colexio... Exteriormente simula un barco coa súa proa, cuberta e ponte de mando, incorpora elementos mariñeiros tradicionais como redes de pesca, nasas, salvavidas ou balizas. No seu interior tamén está ambientada con elementos propios de embarcacións pesqueiras e mercantes e con fotografías antigas da costa de Lugo. Este barco proporcionounos a posibilidade de ver diferentes materiais audiovisuais sobre as Reservas da Biosfera na provincia de Lugo.

Coñecer, valorar e respectar o medio ambiente,xa que logo, é o noso futuro. aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

38


Entrevistamos a Juan Carlos Quintana, que se dedica ao Taekwondo.

Inés Poupariña Naseiro. A que te dedicas? Juan Carlos. Dedícome á formación deportiva, concretamente a formar deportistas e artistas marciais dentro da modalidade de Taekwondo Olímpico. I.P.N. Cando decidiches dedicarte a isto? J.C.Q. Empecei por diversión porque sempre me atraeu o mundo das artes marciais, pero aos poucos decateime de que podería aportar algo á formación doutras persoas e cando me dei de conta estaba inmerso no mundo do ensino, e aí estou desde o ano 1990. I.P.N. Que é o que máis che gusta do teu traballo? J.C.Q. É moi gratificante ver como o que ti transmites aos teus alumnos axuda á súa formación integral e ves un pouco de ti neses deportistas que á fin van acadando os obxectivos e as metas que se van marcando. I.P.N. E o que menos? J.C.Q. Non podo pensar en algo concreto, quizais cando me custa chegar ao alumno para que obteña bos resultados no que está facendo, tamén cando algún alumno leva unha traxectoria boa dentro do taekwondo e incomprensiblemente déixao, quizais esas cousas son as que menos me gusten. I.P.N. É o teu traballo adaptable á vida cotiá? J.C.Q. O meu traballo é a miña vida completa, é a miña forma de vivir. I.P.N. É moi escrava a túa profesión? J.C.Q. Non, ten as súas esixencias como calquera outro traballo, moita responsabilidade, pero estou facendo algo que realmente me gusta e iso fai que sexa menos pesado. I.P.N Que é o máis bonito da túa profesión? J.C.Q. A satisfacción que che dá ver aos teus alumnos acadando os seus logros e saber que ti formas parte deles. I.P.N. Como describirías a túa profesión? J.C.Q. Como unha filosofía de vida. Imos ver, ensino taekwondo, transmito os meus coñecementos a outras persoas, pero para iso teño que reciclarme continuamente xa que o taekwondo está en continua evolución e non podemos quedarnos atrás. I.P.N. Moitas grazas. J.C.Q. Non hai de que, grazas a vós.

5ºA

39

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


5ºB

Una barquiña de pao un capitán namorado seis cabos presos nun mastro; cinco mariñeriros pisan, outros repenican.

Chapín sobre chapín é chapín do mesmo pano, e senón que cho eu diga non acertas en todo o ano. Puchariño, manxariño, nunca ao lume din metido, nin comido con culler, adiviña quen puider. Nace unha vez

anda de arrastro nace outra vez

e marcha voando.

Que é aquilo que corre, corre e nunca chega á casa do seu amo? aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

40


Manta sobre manta, é como algodón, tapa o mundo enteiro, pero o río non.

Alto me vexo no meu pelengrexo, ladrón vexo vir e non podo fuxir.

Alto picouto, redondo boneto, chova que neve nunca derreto. Detrás daquel coto hai un boi xoto, non hai home nacido nin por nacer que na corte o sexa capaz de meter.

Anda e non ten patas, come e non ten boca, toda a comida lle parece pouca.

41

Traballos das Aulas

5ºB

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


HOMENAXEADO

Xosé María Díaz Castro Roberto Vidal Bolaño Valentín Paz Andrade Lois Pereiro Uxío Novoneyra Ramón Piñeiro López Xosé Mª Álvarez Blázquez María Mariño Manuel Lugrís Xesús Lorenzo Varela Xaquín Lorenzo “Xocas” Antón Avilés Taramancos Frei Martín Sarmiento Eladio Rodríguez González Manuel Murguía Roberto Blanco Torres Martín Codax, Johan de Cangas e Meendinho Ánxel Fole Xesús Ferro Couselo Rafael Dieste Luis Seoane Eduardo Blanco-Amor Fermín Bouza-Brey Álvaro Cunqueiro Mora Luis Pimentel Celso Emilio Ferreiro Ramón Otero Pedrayo Francisca Herrerae Garrido Aquilino Iglesia Alvariño Antón Losada Diéguez Armando Cotarelo Valledor Manuel Leiras Pulpeiro Luis Amado Carballo Vicente Martínez Risco Alfonso X "O Sabio" Manuel Antonio Pérez Antonio López Ferreiro Antón Vilar Ponte Ramón Cabanillas Enríquez Xoan Manuel Pintos Villar Xoan V. Viqueira Cortón Manuel Lago González Valentín Lamas Carvajal Gonzalo López Abente Marcial Valladares Núñez Antonio Noriega Varela Florentino López Cuevillas Manuel Curros Enríquez Francisco Añon Paz Eduardo Pondal Castelao Rosalía de Castro

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Ano

2014 2013 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 1995 1994 1993 1992 1991 1990 1989 1988 1987 1986 1985 1984 1983 1982 1981 1980 1979 1978 1977 1976 1975 1974 1973 1972 1971 1970 1969 1968 1967 1966 1965 1964 1963

Homenaxeados nas Letras Galegas Pequeno estudo estatístico No ano 1963 comeza a historia dos escritores homenaxeados coas Letras Galegas. Unha muller, Rosalía de ERAN... Castro, a nosa gran poeta, é a primeira en ter semeHOMES: 49 llante honra. Ben merecido MULLERES: 3 o tiña. Pero dende entón, só dúas mulleres máis serían recoñecidas con tal privilexio: Francisca Herrera e María Mariño. NACERON EN… Poucas nos parecen fronte aos 49 homes restantes. Coruña: 14 Lugo: 11 En canto ao lugar de nacePontevedra: 11 mento, atopámonos con Ourense: 10 que a provincia que maís Madrid: 1 escritores aporta é a de A Toledo: 1 Coruña, con 14, seguida Asturias: 1 de Lugo e Pontevedra con Bos Aires: 1 11; Ourense con 10... León: 1 Houbo tamén varios naciA Habana: 1 dos fóra de Galicia (Madrid, Toledo, Asturias, Bos Aires, León e A Habana). Outro dato que nos Morreron no…   parece interesante Século  XIII:  1   é o do século ou ano Século  XIV:  1   do pasamento dos Século  XVIII:  1   Século  XIX:   homenaxeados: XIII, 1870-­‐1879:  2   XIV, XVIII, XIX, XX e 1880-­‐1889:  1   XXI. A maioría deles Século  XX:   1900-­‐1909:  3   morreron no século 1910-­‐1919:  3   XX: un total de coren1920-­‐1929:  5   ta e tres, repartidos 1930-­‐1939:  3   en distintas décadas. 1940-­‐1949:  3   1950-­‐1959:  4   Dentro destas, na 1960-­‐1969:  4   que máis morreron 1970-­‐1979:  7   foi na década dos se1980-­‐1989:  6   tenta: 7 en total. 1990-­‐1999:  5   Século  XXI:   É interesante salien2000-­‐2010:  1   tar tamén que de todos os homenaxeados, doce tiveron a condición de emigrante.

6ºA

Traballos das Aulas

42


6ºA

XI CONCURSO ESCOLAR MELLOR PERIODISTA INFANTIL E XUVENIL

43

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


6ºB

O Titanic   era   un   transatlántico   británico   construído  en  1907.  A  súa  construción  durou  3-­‐4   anos.   O   naufraxio   do   Titanic   sucedeu   a   noite   do   14   ao   15   de   1912,   no   océano   Atlántico.   Chocou   contra   un   iceberg     ás   23:40   e   fundiuse   en   menos   de   3   horas.   Faleceron   1512   persoas   por   afogamento   ou   hipotermia,   o   que   converte   este   naufraxio   nunha   das   maiores   traxedias   marítimas   daquel   tempo.  

Os   atentados   contra   as   torres   xemelgas   deron   lugar  o  11  de  Setembro  de  2001  (11-­‐S).   Os  avións  que    chocaron  contra  varios  obxetivos,   causaron     a   morte   de   aproximadamente   3000   persoas   e   feridas   outras   6000.   Aínda   así     morreron  con  eles  19  terroristas    que  eran  os  que   participantes   nos   secuestros   dos   avións   que   impactaron   contra   a   torre   norte   e   mais   tarde   contra  a  torre  sur,  provocando  que  as  dúas  torres   se  derrubaran  nas  2  horas  seguintes.  

    Os   campos   de   concentración   creáronse   na   Alemaña  nazi  despois  da  segunda  guerra  mundial,   co   fin   de   manter   presos   ou   exterminar   a   xudíos,   xitanos,escravos,  políticos…     O   campo   de   concentración   Sachenhausen   foi   un   dos   campos   mais   famosos   da   Alemaña   nazi.   Comezou  a  funcionar  o  12  de  xullo  de  1936  cando   foron  transferidos  50  prisioneiros  dende  o  campo   Esterwegen.   En   xaneiro   de   1945   había   alí   retidas   mais  de  65000  persoas.   Os   campos   de   concentración   da   Alemania   nazi   retiñan   moitas   persoas   inocentes   que   non   merecían  un  final  así.  

A Movida   Viguesa   foi   un   período   de   creación   cultural   orixinada   nos   anos   1977-­‐1978.   Desenvolveuse   na   cidade   galega   de   Vigo,   cerca   da   primeira   metade   dos   anos   80.   A   Movida   Viguesa  coincidiu  coa  Movida  Madrileña  creando   así  a  idade  de  ouro  do  pop  español.     Uns  dos  grupos  mais  coñecidos  desta  etapa  son:   Siniestro  total  ,  Os  resentidos,  Golpes  bajos…   Ao   coincidir   a   Movida   Viguesa   coa   Movida   Madrileña   deu   lugar   a   un   conflito   musical   que   pasou  a  historia  da  música.  

   

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Traballos das Aulas

44


1. A profesora explícalle un concepto a Jaimito: – A ver Jaimito, si eu digo “fun rica” eso é pasado, e se eu digo “son fermosa”, iso que é? – Exceso de imaxinación profe. 2. -Profe, verdade que non se pode castigar a nin guén por algo que non fixo?

– Claro que non. – Ah, pois que ben. E que non fixen os deberes.

3. A profesora dille a Jaimito e a os seus compañeiros: – Mañá vou preguntar as embarcacións de Colón. Chega o día seguinte e a profesora di: – Jaimito, tocouche a ti. Jaimito está todo asustado porque non as estudou, de súpeto pasa unha nena guapa por diante del e di: – Santa María! La Pinta que tiene esa Niña! 4. Díxolles a profesora aos seus alumnos: – Para mañá quero que me traiades un aparello que usen os enfermos e que me digades quen volo deu e que vos dixo del. Ao día seguinte foi preguntándolle a cada un dos alumnos o que trouxera, quen llo dera, e que lle dixera del. Cando chegou a Jaimito preguntoulle: – Jaimito que trouxeches? – Unha máquina para respirar -respondeulle Jaimito. – Ah, moi ben, e quen cha deu? -preguntou de novo a profesora. – O meu avó. – E que che dixo? – Socorro que afogooo!

1. Usar o móbil na clase.

2. Comer na clase.

3. Ir á pista 1 hora semanal sen ser no recreo.

4. Sentarse onde se queira.

6ºB 45

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


EXPERIMENTO: O VOLCÁN Esta semana decidimos na aula de apoio levar a cabo un experimento. Estivemos a pensar e pensar e de súpeto unha idea xurdiu: FACER UN VOLCÁN. Buscamos información sobre os volcáns, vimos vídeos en Youtube para coñecer un pouco máis e fixémonos moitas preguntas. Cantas dúbidas!! De onde sae a lava? Por onde flúe? Que é unha erupción?? Que ocorre canda arrefría a lava?. Tantas dúbidas só podían resolverse dun xeito: INVESTIGANDO e EXPERIMENTANDO.

Cando xa sabiamos todo sobre os volcáns, puxémonos mans á obra, e seguimos estes pasos: 1º) Facer en pictogramas todo o noso traballo, como xa sabades os pictogramas son imaxes que representan a realidade que nos arrodea polo tanto é moi útil para todos nós, pois permítenos achegarnos a unha idea nun “golpe de vista”. Fantástico non si? 2º) Para facer o volcán necesitamos: un bote pequeno e plastilina marrón. Mais o que lle dá graza é a lava, que conseguimos facer con pintura de dedos vermella, vinagre e bicarbonato.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

3º) Cando xa temos todo o material, alisamos cun rodete de madeira e colocamos sobre o bote ( é perfecto un de iogur bebible).

Traballos das Aulas

46


4º) O volcán xa está feito, agora imos coa lava. Botamos a pintura vermella e bastante vinagre, logo mesturamos todo.

6º) E para rematar, botamos bicarbonato no noso volcán.

5º) Algúns fixeron máis montañas. Unha idea xenial!

7º) Agora tan só queda desfrutar.

Aula NEAE 47

Traballos das Aulas

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Certame Literario Benjamín Paz ACTA DA REUNIÓN DO XURADO No Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, segundo convocatoria realizada polo CEIP “Antonio Insua Bermúdez” coa colaboración da Asociación de Minusválidos Benjamín Paz e do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba, ás 19.30 horas do día 20 de maio de 2014 reúnense os membros que compoñen o Xurado do XVI Certame Benjamín Paz, integrado por: • Don Félix Villares Mouteira, Presidente. • Don Xulio Xiz Ramil. • Don Afonso Blanco Torrado. • Don Xosé Antonio Pombo Mosquera. • Don Xosé M. Felpeto Enríquez, Secretario. Despois do oportuno estudo dos traballos presentados ao Certame e das pertinentes deliberacións, este Xurado acordaron: OUTORGAR OS SEGUINTES PREMIOS:

• 2º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo “O país dos desexos” resultou ser a súa autora Aurora Romero Trastoy do CEIP Antonio Insua Bermúdez • 3º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo “O meu primeiro día no Instituto” resultou ser a súa autora Ariana Núñez Seoane do CEIP Antonio Insua Bermúdez Modalidade: DEBUXO-PREMIO DAVID DÍAZ VÁZQUEZ • Infantil 3 anos Premio para Matías Morandeira Fraga do CEIP Antonio Insua Bermúdez • Infantil 4 anos Premio para Uxía Ledo Cordal do CEIP Monseivane • Infantil 5 anos Premio para Mario Castro Abollo do CEIP Antonio Insua Bermúdez E para que así conste esténdese a presente acta, que asinan os membros do Xurado, en Vilalba, ás 20:30 horas do día 20 de maio de 2014.

Modalidade: POESÍA • 1º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo “Ter un irmanciño” resultou ser a súa autora Ilina María Dranca Dranca do CEIP Antonio Insua Bermúdez • 2º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo “Río Miño” resultou ser a súa autora Icía Saavedra Cortiñas do CEIP Antonio Insua Bermúdez • 3º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo “Nena perdida” resultou ser a súa autora Eva Sanmartín Vázquez do CEIP Antonio Insua Bermúdez Modalidade: NARRATIVA • 1º Ciclo de Educación Primaria Premio para o traballo “O lapis falador” resultou ser a súa autora María Seoane González do CEIP Manuel Mato Vizoso aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Certame B. Paz

48


Ter un irmanciño Ter un irmanciño é xenial, darlle o biberón, cambiarlle o pañal.

RÍO MIÑO Ben querido río Miño que segues o teu camiño dende o Pedregal de Irimia ata terras de vendimia.

Non me gusta que chore, e que non saiba falar, quero que pasen os días e que aprenda a camiñar.

Vas medrando paseniño como fai un ledo meniño e ao xuntarte ao Sil, contento, descendes sen miramento.

Pasaron os días voando e meu irmanciño medrou, agora corre e fala tanto que ándanos mareando.

Árbores, viñedos, prados e terreos cultivados da túa limpa auga beben e o agradecen como deben.

Ter un irmanciño non é tan xenial, rómpeme as bonecas e non me deixa xogar.

Come a troita, bebe o pardal dende Meira ata Portugal, na túa auga crsitalina lava a moza a roupa fina.

Eu sempre lle digo: Nas cousas de rapazas, non te metas!

Ben querido rio Miño téñoche moito cariño á túa beira non hai dor porque camiño co meu amor.

Mírame fixamente e bótase a chorar. A min dame pena e con el póñome a xogar. El ponse contento e para de chorar. Ter un irmanciño é algo XENIAL.

Icía Saavedra Cortiñas 1º Premio-Poesía-2º Ciclo

Nena perdida Esta é a historia dunha nena que non sabía facer un poema. Preguntoulle ao sol e aos montes, preguntoulle aos regos e ás fontes. E resposta non atopaba, aínda que era moi doada. Preguntoulle ás nubes e ás fadas, preguntoulle á lúa e á alborada. A resposta era moi sinxela tíñaa dentro da primavera. E tíñaa na súa risa, nas cores da súa casiña, no baile e nas estrelas e tamén no arco da vella. E tíñaa na tristura, nas bágoas de amargura, na fame e na guerra e tamén na pobreza. E descubriu que na vida era todo poesía.

Eva Sanmartín Vázquez 1º Premio-Poesía-3º Ciclo

Ilina Mª Dranca Dranca 1º Premio-Poesía-1º Ciclo

49

Certame B. Paz

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Grazas por ser como eres, por aturarnos cada día sendo peor que 15 terremotos, por deixarnos saír a fora cada día que cho pedimos aunque nos portaramos mal, por ser o mellor profesor de música que este colexo puido ter, estos nove anos que levamos aquí fixéronse mais divertidos e curtos grázas a tua pesenza.Moitas grazas Avelino eres o mellor, quéreseche Alejandra Pico Gracias Avelino por todo o que nos ensinaches. Sempre nos acordaremos de ti. María B

Avelino: eres o mellor, e sen ti o Insua non será o mesmo.

Grazas, Avelino. Todos estes anos tiveches que ter moita paciencia con todos nós. Eu quero que te quedes, pero entendo que é a túa decisión. Espero que o pases ben e que atopes o teu camiño. Un saúdo de todos os do Insua. Hugo

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Teresa, Avelino, Tarsicia: Feliz xubilación!!!

50


Cantos forman parte da Xunta Directiva? Neste momento conformamos a xunta directiva once persoas. Onde vos reunides para tomar os acordos e organizar as actividades? Normalmente facemos as reunións nun pequeno local que temos na Casa da Cultura, cando o horario da mesma nolo permite. Cantas veces vos reunides? Adoitamos facelo os primeiros venres de cada mes, e noutras ocasións, se é preciso para tratar algún asunto que o require. Os acordos son por unanimidade? Habitualmente si, pero como é lóxico, expoñemos e confrontamos os nosos diversos pareceres cando procede. Como foron os teus primeiros contactos co Iescha? Son dos fundadores, e polo tanto, o meu primeiro contacto foi para axudalo a nacer.

ENTREVISTAMOS A

MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA Presidente do INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS

Mestre de profesión e de vocación. Levou a cabo o seu labor docente en moitos colexios (Cariño, Aranga, Xermade). Hoxe está destinado no CEIP Mato Vizoso de Vilalba. Dende hai anos, é presidente dunha agrupación cultural vilalbesa, o Iescha, na que está levando a cabo un moi louvado e completo labor cultural do que, ben seguro, nos vai falar na seguinte entrevista. En poucas palabras, como definirías o Instituto de Estudos Chairegos? Unha entidade cultural que pretende promocionar, dar a coñecer, conservar e poñer en valor o noso patrimonio cultural, principalmente no ámbito da Terra Chá. En que ano se fundou? Fundouse no verán do ano 2000. Cantos socios ten? Ten 336 a día de hoxe, e seguimos tendo novas incorporacións.

51

Entrevista

En que data te nomearon presidente do IESCHA? Foi en febreiro do 2008, para suceder a un magnífico presidente e mellor persoa, Xosé Luís Novo Cazón. Sabemos que o Iescha leva organizado unha morea de actividades ao longo dos seus anos de existencia. Pódesnos citar algunhas das máis representativas ou salientables? Hai algunhas xa tradicionais como as exposicións de fotos antigas ou as rutas, con moita aceptación entre os nosos socios e o público xeral. As edicións de libros de temática chairega tamén son importantes. Como acto salientable, eu diría que histórico, lembro a toma de posesión de Manuel María como académico da Real Academia Galega, que tivo lugar no auditorio vilalbés. Como xurdiu a exposición de fotos antigas de Vilalba e de Guitiriz? Cada canto se organiza? Foi unha idea que xurdiu nos inicios da nosa actividade. Comezouse por Vilalba e, en vista da boa acollida e colaboración da xente, pensamos en facela tamén en Guitiriz. Eu son natural desa localidade e iso facilítame o acceso a moita xente que colabora prestando as súas fotos. As exposicións teñen carácter bienal, é dicir, lévanse a cabo cada dous anos. Este ano 2014 toca facelas. A de Guitiriz, xa é a terceira e inaugúrase o 20 de xuño. A de Vilalba será a sétima e abrirase a finais de agosto. Resulta moi difícil conseguir as fotos antigas que posúe o Iescha no seu arquivo? Cada vez temos maior colaboración; a xente ve o uso que facemos das fotos que nos prestan. Cantas fotos forman ese arquivo actualmente? O noso arquivo fotográfico supera as 12.000 fotos.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Santamariña cos compoñentes do Equipo de Redacción de A PRAVIA que realizaron a entrevista

Que obxectivo che faría máis ilusión conseguir como presidente do Iescha?

Sabemos que eres natural de Guitiriz. Que foi o que te trouxo a Vilalba?

Que esta asociación continúe coa súa actividade e que consigamos que a xente coñeza e valore a nosa cultura.

Principalmente o feito de casar cunha vilalbesa e a circunstancia de traballarmos ambos nesta zona.

Que tipo de publicacións edita o Iescha? Editamos obras de temática variada: poemarios, estudos históricos, algunha novela, recompilacións, etc. Hai algunha relación entre o Iescha e os centros de ensino da zona? Colaboramos na organización dalgunhas actividades para os centros e cedemos bibliografía. Sabemos que durante os anos de existencia do Iescha xa foron nomeados varios socios de honra. Pódesnos citar algún deles e como acordades conceder tal distinción?

Que profesión querías cando eras pequeno? De pequeno non lembro ter ilusións profesionais. Desde a adolescencia, e aínda hoxe, a arquitectura sempre me pareceu atractiva. Cando e onde remataches os estudos de mestre? Rematei no ano 1980, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, na Coruña. Lembras o nome da túa primeira moza? Esas cousas seique non esquecen. Chamábase, e chámase, Ana. Cal foi a túa primeira escola e que impartiches?

Podería citar a Domingo Somoza, Emilio Sinde, Anxo Lamas, Agustín Fernández Paz, Luís Tosar e Xorxe Coira, Bernardo García Cendán e o último, nomeado este mesmo ano, Xosé Luís Novo Cazón. Cada ano, antes da asamblea anual, a xunta directiva propón unha persoa que pode merecer o noso recoñecemento e logo sométeo ao criterio e votación dos socios.

Comecei a traballar no colexio de Cariño, e tocoume inciarme cun curso de Educación Infantil.

Que experiencia tes dos anos que levas no IESCHA?

Estou remantando o sétimo ano nese centro. Neste curso son titor dun 5º.

Unha experiencia de traballo pero da que me sinto satisfeito, e porque, ademais, é un honor para min presidir o IESCHA, acompañado do excelente equipo de persoas que conforman a directiva.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

É difícil ser mestre? Ser un bo mestre non é doado. Traballamos con persoas, con nenos, e iso é sempre complexo. Cantos anos levas no CEIP Mato Vizoso? Que curso impartes?

Tiveches algún cargo directivo nalgún dos colexios onde estiveches? Fun director do CEIP de Xermade durante nove anos.

Entrevista

52


Como foi a experiencia?

-Unha cor?

Foi unha experiencia bonita en canto poiden levar a cabo proxectos de mellora nas instalacións e funcionamento do centro.

Non teño especial predilección cromática. O verde, quizais.

Compaxinas ben o traballo docente co do Iescha? Bastante ben. Procuro que o traballo no IESCHA non interfira no labor profesional Sabemos que publicaches un libro a partir dunha experiencia didactica cos teus alumnos dunha escola do concello de Aranga. Pódesnos falar un pouco desa experiencia? É froito dun traballo de recompilación da tradición oral das terras de Aranga nos anos 1984-85-86-87, cando eu exercía no CEIP A Castellana. Coa axuda do alumnado, recollemos un material que utilizamos na clase para actividades diversas e que logo eu organicei e arquivei. No ano 2013 propúxenlle a súa edición ao concello para que ese material poidese regresar ao lugar de orixe e así evitar que morrese arquivado. A idea tivo boa aceptación e, o verán dese mesmo ano, foi editado pola Deputación da Coruña. Fóra do tempo que lle dedicas á túa profesión de mestre e á presidencia do Iescha, tés algunha actividade máis? Son bastante polifacético. Gústame pintar, cultivar un pequeno horteiro, facer deporte, ler, … Como valoras, de xeito resumido, a situación cultural en Vilalba actualmente?

-Un olor? O da terra mollada despois dun trebón. -Un equipo de fútbol (ou outro deporte)? Os nosos. De primeira, o Celta, e, se ascende, tamén o Dépor. -Un sitio de Galicia? Todos teñen o seu encanto. Gústame Betanzos, sen esquecer o que para min significan Vilalba e Guitiriz. -Un lugar da Terra Chá? Os Sete Muíños, en Guitiriz, aínda que a competencia doutros lugares fermosos da Chaira é grande. -Por último, un momento histórico importante que queiras destacar? Momentos históricos ten habido moitos importantes, aquí e noutros lugares; uns para ben e outros non tanto. Podo destacar a “revolución dos caraveis” de abril do 1974 en Portugal, ou o movemento cidadán galego “Nunca máis”, ante o desastre ecolóxico sufrido en Galicia tras o afundimento do “Prestige”, en outono do 2002. Pois nada máis. Moitas grazas por atendernos tan amablemente.

Penso que hai varias entidades que están a desenvolver un labor importante, case sempre con máis vontade que medios. En todo caso, no ámbito cultural nunca é moito o labor que se fai, e sempre hai lugar para máis e mellor actividade. Para rematar, aí van unhas preguntas rápidas que lles facemos a todos os entrevistados: -Un tipo de música? Gústame a música. Depende do momento. -Unha canción? Podería dicir ducias de estilos varios e que me encantan. Unha delas: Lela -Un cantante ou grupo musical? Igualmente, hai varios que me gustan. Un, Milladoiro -Unha comida? Son de bo dente. Doulle máis valor a con quen como. Por dicir unha: cocido -Unha bebida? Auga, sen dúbida.

53

Entrevista

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Que lindo é ler!

Nesta entrega de La Banda de Zoé, A Banda descubre... ¡Barcelona! Na marabillosa capital mediterránea vanse celebrar os premios más importantes do mundo da música, os ENTIVÍ, Matilde é a presentadora, e ademais una das artistas nominadas. Zoé e seus amigos teñen moitas ganas de ir e cando finalmente o logran e todo está listo para a gala , a cantante de French Conection…¡desaparece! A Banda comenza unha frenética búsqueda polas rúas da ciudade. Valoración: Gustoume moito, é moi interesante e divertido remcomendollo a todas as persoas que lles guste ler, porque: Qué lindo é ler! ALEJANDRA PICO, 6ºA

Isa é unha rapaza amazona. A súa tía Ester entrena cabalos para películas. Pedíronlle catro amazonas especialistas para a película “La princesa Dorada” e proponllo a Isa e ás súas amigas: Estrella, Cris e Natalia.

El Lazarillo de Tormes narra la historia de un niño llamado Lázaro, que, como es pobre, tiene que ir por las casas buscando amos a los que cuidar.

As catro amigas adicaranse a intentar averigualo.

En este libro cuenta lo que le ha pasado con sus diferentes amos. Durante este tiempo, Lázaro pasa casi siempre mucha hambre, hasta que encontró un amo que si trabajaba los sábados le daba bastante dinero, así que estuvo el tiempo necesario con él y cuando ya creyó que tenía buena ropa y dinero para comprar comida dejó a ese amo, casándose finalmente con la criada de un arcipreste.

ADRIANA DÍAZ REGO, 6ºB

MARÍA DÍAZ VÁZQUEZ, 6ºA

Un día, sen querer, escoitan unha conversa telefónica entre a protagonista, Ángela Adams, e o seu representante descubrindo que ela garda un segredo. Cal será este gran secreto de Ángela, a protagonista da película? Poderá ser a oportunidade de Isa para converterse nunha estrela?

Un día chega á casa de Marta un e-mail de Buenos Aires que fai preocupar a seus pais, pero non lle contan nada a Marta para non preocupala a ela tamén. Co paso do tempo Marta acaba por preguntar que contaba ese e-mail e seus pais cederon a contarllo… Marta é adoptada, foron buscala a Brasil porque, supostamente, os pais reais da nena morreran. Nese e-mail falaban uns supostos pais de Marta reclamando ver á súa filla Helena Nogueira. Marta non entende nada, sobre todo o de chamarse Helena… Nin o de Buenos Aires, non era de Brasil? Resultaba que nacera en Arxentina pero moi pequeniña fora a Brasil cos seus verdadeiros pais. Cando os pais adoptivos de Marta foran buscala non sabían que non era ela quen tiña que ser a súa filla… Senón outra nena que morrera antes de chegar a brazos da parella. Entón roubaron a Marta para entregarlla como a suposta nena morta. RECOMÉNDOVOS QUE O LEADES! NEREA GONZÁLEZ, 6ºA

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Biblioteca

54


Que lindo é ler!

Os primos protagonistas desta novela, Agatha e Larry, terán que resolver un complicado caso dun asasinato. Mataron a un importante diplomático ruso na Torre Eiffel; pero só dispoñen dunha pista, as últimas palabras da víctima: “Rosa Roja”. Será suficiente coa perspicacia de Agatha para atopar o culpable nunha cidade tan grande coma París? Paréceme que é un libro xenial, cheo de misterio e intriga. Cres saber o que vai a ocorrer, pero ao final non é así. Recomendo a lectura se queredes pasar un ratiño cheo de intriga e mesmo un chisco de medo! EVA SANMARTÍN, 6ºA

Paréceme un libro moi interesante, con un montón de aventuras apasionantes.

Levará unha gran sorpresa e terá que enfrontarse a grandes desafíos.

É unha comedia. Trátase do diario dun neno chamado Greg Heffley. Greg quere ir ao baile de San Valentín que organizan no colexio pero non ten parella para acudir o baile. Ten a preocupación de quedarse só no frío da “grande noite”. Entón pide consello ao seu tío Gary que... xa se casara catro veces!!! O seu amigo Rowley tampouco ten plans, pero unha sorpresa inesperada fai que Gregg consiga acompañante deixando a Rowlwy de terceiro en discordia. Ao final nunca se sabe quen acabará sendo máis afortunado no amor. Espero que non deixedes de ler este apaixoante libro.

XOEL LÓPEZ, 6ºB

HUGO FERNÁNDEZ, 6ºA

É moi recomendable para a xente que lle gustan os libros de aventuras, pero para min fáltalle algo máis de medo, porque son os libros que máis me gustan. Nesta ocasión, Harry disponse a comezar o 4º curso en Hogwarts, famosa pola súa maxia. A Harry gustaríalle ser un xove mago e atoparse cos seus amigos Ron e Hermione para poder asistir con eles aos Mundiais de quidditch.

Todo o mundo oiu falar da historia de Don Quijote, sen dúbida a novela mais famosa da literatura de todos os tempos. Escrita por Miguel de Cervantes, un auténtico xenio das palabras. No ano 1605 publicouse a primeira parte e no 1615 apareceu a segunda. Esta historia trata dun fidalgo que por ler demasiados libros de cabalería cre que él é todo un cabaleiro e sae en busca de aventuras que en realidade non son reais. Con el tamén arrastra a Sancho Panza ao que nomeou o seu escudeiro, prometéndolle a cambio o goberno dunha gran ínsula. A locura que posúe o protagonista fai que chegue a límites extremos de perigosidade en calquera das súas aventuras, esas aventuras que tanto fan rir ao que estea detrás do libro. LUCIA DEBASA, 6ºB

55

Biblioteca

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

PROXECTO DE BIBLIOTECA O MUNDO DA CIENCIA

Pepete

A bbiblioteca iblioteca   do  do CEIP   Insua   Bermúdez   de   Vilalba   leva   a   cabo   A CEIP Insua Bermúdez de Vilalba leva un   proxecto   global   de   traballo   ao   longo   das   etapas   de   a cabo un proxecto global de traballo ao longo das etaInfantil  e  Primaria  sobre  o  Mundo  da  Ciencia.   pas de Infantil e Primaria sobre o Mundo da ciencia. A  mascota  do  noso  traballo  é  Pepete  e  el  guíanos  a  través   A mascota do noso traballo é Pepete e el guíanos a trados  ddos iferentes   andeis  andeis do  percorrido   polo  mundo   da  ciencia.   vés diferentes do percorrido polo mundo da ciencia. Que  é  un  científico,  Pepete  explicounos  que  facía.  

Que é un científico, Pepete explicounos que facía. Que científicos científicos   coñecemos?   Que coñecemos. Traballamos   traballamosnas   nas aulas   aulas científicos   e   científicas   famosas,   fixemos   exposicións   dos   científicos e científicas famosas, fixemos exposicións traballos   e   unha   representación   teatral   interactiva   con   dos traballos e unha representación teatral interactiexperimentos   para   dar   a   coñecer   os   nosos   traballos   no   va con experimentos para dar a coñecer os nosos tracentro  ou  nos  centros  da  contorna.     ballos no centro ou nos centros da contorna. Onde   traballa   Traballamos   os   materiais   de   Onde traballaun   uncientífico.   científico. Traballamos os materiais laboratorio,   investigamos   e   fixemos   unha   exposición   de   de laboratorio, investigamos e fixemos unha exposidiferentes   instrumentos   habituais   habituais nos   laboratorios   dos   ción de diferentes instrumentos nos laboracientíficos.   torios dos científicos.

Como traballan persoas da ciencia. Traballamos Como traballan   as  pas ersoas   da  ciencia.   Traballamos   os  pasos   dun   xeito   sinxelo   do   método   científico:   Investigación   os pasos dun xeito sinxelo do método científico: Inteórica,   plantexamento   de   hipóteses,   definición   de   varia-­‐ vestigación teórica, plantexamento de hipóteses, debles   e   experimentación   propiamente   dita,   finalmente   as   finición de variables e experimentación propiamente conclusións.     dita, finalmente as conclusións. Os parte máis   máis chamativa,   chamativa,feiticeira   feiticeira Os   experimentos, experimentos,   a  a parte   e   e espectacular estáplagada   plagada exemplos xa sexan variaespectacular   está   de  de exemplos   xa   sexan   variados   como   numerosos:   Experimentos   descriptivos   de   procesos   dos como numerosos: Experimentos descriptivos de coma  o  crecemento   dos  gusanos  ddos e  seda,   o  crecemento   da   o procesos coma o crecemento gusanos de seda, algunhas   plantas   nunha   pequena   horta   ,   como   medran   as   crecemento da algunhas plantas nunha pequena horplantas,   funciona   un   corazón,   pulmóns   as   ta , comocomo   medran as plantas, comouns   funciona une  coracostelas  para  facer  que  entre  ou  saia  o  aire,  experimentos   zón, uns pulmóns e as costelas para facer que entre ou temáticos   a   partires   da   auga,   do   aire,   da   luz,   da   electrici-­‐ saia o aire, experimentos temáticos a partires da auga, dade.   do aire, da luz, da electricidade. Outra   parte   Outra parte importante   importantena   naciencia   cienciaé  éa  a publicación   publicacióne   e divulgación   c ientífica,   n a   b iblioteca   a chegámonos   aos  libros   divulgación científica, na biblioteca achegámonos aos do   tema   que   Loelandra   nos   seleccionou   e   atrevémonos   a   libros do tema que Loelandra nos seleccionou e ousadivulgar   os   nosos   traballos   na   web,   en   internet,   no   cole,   mos divulgar os nosos traballos na web, en internet, noutros  coles,  na  casa,  na  revista  escolar…     no cole, noutros coles, na casa, na revista escolar…     aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Biblioteca

56


Concerto das Letras Galegas Por Hugo Fernández e Equipo de Redacción

O mércores 14 de maio, tivemos de novo no noso Colexio un acontecemento moi especial. Viñeron Mini e Mero para ser os protagonistas do Concerto das Letras Galegas. En realidade foron dous, un antes do recreo para Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, e outro despois, para os de 4º, 5º e 6º. Mini e Mero sons dous grandes músicos investigadores da cultura e do folklore galegos. Podémosvos dicir que nos ofreceron unha excelente actuación chea de emoción. Oímos cancións de todo tipo, entre as que non podía faltar Penélope, con letra de Díaz Castro, poeta homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Todos nós de xeito espontáneo cantámola con eles... e non nos quedou nada mal. Houbo tamén outro momento máxico cando o noso benquerido profe Cartaz anunciando o concerto de Mini e Mero Avelino, facendo boa a súa condición de profe de Música, interpretou con Mini e Mero unha das cancións do programa. Apoteose total. Foi un tempo moi divertido que nos gustou moito pero que se nos pasou voando. Cando acabaron, asináronnos autógrafos a todos os que quixemos. Esperamos que volvan moitas máis veces. Podedes ver a continuación unhas cantas fotos do concerto.

57

Concerto das Letras

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Investigación

Por Lucía Debasa, Mariña Villarino e Carmen Mato

A crise é un problema que afecta ademais de a outros países a España. Como todo ten consecuencias, e a desta crise entre outras é a pobreza que hai neste país. Segundo algúns informes agora poderíase tardar 25 anos en recuperar o benestar social. Ou seguindo como ata agora nunha década alcanzar os 18 millóns de pobres, case un 40% da poboación. Estes niveis tan altos de pobreza tamén se deben a que no Goberno non manexan os cartos como se debería e a que incumpre algúns dos dereitos humanos. Incúmprese por exemplo o dereito a educación, á alimentación, á vivenda... Isto leva a moitas manifestacións contra as accións do Goberno, é a parte leva a que moitos inmigrantes de Áfica, Asia e mais continentes ou países se veñan a intentar buscar traballo a España. Pero de que sirve vir a España buscar traballo se aquí non o hai? O que máis entristece é ver españois irse a outros países e inmigrantes chegar buscando un país mellor que non van atopar. E agora nestes tempos tan difíciles non podes dar un paseo sen ver xente tirada pedindo unhas moedas para comer. E tan mal o están pasando que ata chegan a roubar para comer ou, en casos extremos, ata quitarse a vida que eles pensan que xa non é vida. E, desgraciadamente, todo isto que vos estamos contando é o que viven mulleres, homes, anciáns e nenos todos os días.

Por Noa Castedo, Lucía Basanta, Alba Río e Adriana Díaz A pesar de que vivimos no século XXI e que poida parecer que mulleres e homes xa estabamos moi cerca da igualdade, comprobamos que aínda permanecen estereotipos que converten ás mulleres en seres inferiores ou menos capacitados que os homes. Os personaxes femininos das series de debuxos animados que se emiten actualmente na televisión son representadas coma mulleres superficiais, celosas e obsesionadas co seu aspecto físico e agradar aos demais, según un estudo da Universidade de Granada. Nas conclusións de dito estudo, o papel feminino normalmente está relegado ao de noiva, nai ou acompañante do protagonista ou vilán. Por norma xeral, os personaxes femininos presentan un físico saudable aínda que, a diferenza dos estereotipos masculinos, moitas delas están excesivamente delgadas e só se preocupan polo seu aspecto físico. O estudo tamén aprecia a existencia dun número pequeno de mulleres, normalmente maiores, que presentan sobrepeso, algo que non aparece tanto nos homes. En canto á personalidade, os personaxes femininos destacan pola súa intelixencia, aínda que tamén hai moitas «presuntuosas». Do estudo tamén se extrae unha conclusión: os debuxos animados non son inocentes e é necesario controlar tamén qué ven os nenos. aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Investigación

58


Investigación

Por Lois Gayoso, Santi Cazás, Rares Mezdrea, Xoel López, Jesús Paa, Aitor Álvarez e Nuno Teijeiro O racismo non é bon. Por que hai que insultar á xente porque sexan doutros países ou doutra raza? Gustaríanos a nós que nos insultasen ou mesmo maltratasen cando estivermos noutro país? Pois claro que non! Entón, por que insultamos á xente? Por facernos o chulo? Pois iso está moi mal e hai que respetar a toda a xente. A todos por igual. Por iso, nosoutros dicimos: - Non ao racismo! O noso colexio é a mellor forma de dicir “non ao racismo”, porque no noso colexio hai nenos que son doutras razas e doutros países. Pero aos demais nenos dalles igual que sexan doutras razas ou doutros países e xogan e respetan a eses nenos porque que importa a raza e o país de procedencia? Respectar aos doutras razas e países é o que deberían facer os moitos racistas que hai polo mundo.

A persoa que inventou o racismo tiña que ser unha mala persoa, porque esa persoa claro que podía respectar a outras persoas aínda que foran doutra cor de pel. Entón, está persoa que quería facer? Empeorar o mundo con conflictos entre países de diferentes razas? Non o cremos. Xa o di tamén a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que todos temos os mesmos dereitos de educación, sanidade e benestar. Entre todos deberíamos conseguir que ninguén se sinta diferente e conseguir un mundo mellor. E todos xuntos berraremos: NON AO RACISMO, NON AO RACISMO, NON AO RACISMO!!! Europeos, asiáticos, americanos, africanos e oceánicos: Todos xuntos conseguiremos un mundo sen racismo polo tanto un mundo mellor.

59

Investigación

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

NO MAGOSTO EXHALTACIÓN GASTRONÓMICA: A FESTA DA CASTAÑA NOTICIAS DO COLE RECOLLIDAS POR: María Díaz, Eva Sanmartín, Hugo Fernández, Alejandra Pico, Arturo Nerea González e Ana Insua Co gallo do Magosto os departamentos de Normalización e Extraescolares planificaron a II Cata de de Postres de Castaña e o tradicional Magosto con asado de castañas incluído ao modo tradicional.

Foto grupal dos premiados na cata, grazas a tódolos alumnos e ás súas familias pola alta participación.

Alumnado de Infantil e 3º ciclo degustando diferentes receitas de postres con castaña.

Coas receitas de tódolos postres e as imaxes recompiladas andamos a maquetar o segundo libro do evento.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

60


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

NO MAGOSTO ASAMOS, CANTAMOS E PROBAMOS AS CASTAÑAS Arturo No Magosto Tino e Arturo asaron as castañas, No patio cantamos todos xuntos “Castañas do meu Magosto” con pandereteiras incluídas e finalmente rematamos comendo castañas ata fartar.

1.- O asadoiro de castañas picadas. e plano xeral do alumnado do centro no patio exterior cantando a canción Castañas do meu Magosto: “… non chas quero, non chas quero…”

As pandereteiras acompañando a canción. 2.- A clase de 4º de Infantil (3 anos) probando as castañas.

Fermosas imaxes das rapazas de primeiro e segundo con castañas e paisaxe de outono.

61

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

ENTROIDO DE CIENCIA Arturo O tema de traballo da Biblioteca deste ano é o mundo da ciencia e con esa liña temática argallamos unha chea de disfraces ao redor dos científicos de diferentes ámbitos. O Meco foi “Pepete”, científico en paro, quen finalmente no xuízo quedou absolto polo alto tribunal da Insua Bermúdez.

1.- O noso MECO Pepete foinos dando ordes toda a semana para vestirnos dun xeito especial. Co tema dos científicos cada ciclo deseñou e confeccionou o seu uniforme de científico especialista nunha área.

Se arriba están os deseños dos alumnos de infantil e 1º ciclo, nesta fila atopamos a 2º e 3º ciclo.

Alumnos de 3º Ciclo e imaxes do xuízo do meco Pepete dirixindo a sesión Dona Mariña Villarino Villarino.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

62


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

OUTRAS ACTIVIDADES Arturo Presentámosvos unha escolma dalgunhas visitas didácticas que fixemos este ano: fomos aos museos científicos da Coruña (Domus, Casa das Ciencias e Aquarium Finisterrae), tamén á casa de Manuel María. Visitáronnos varios contacontos e unha exposición itinerante sobre a Ribeira Sacra.

A contacontos e mestra universitaria Susana Herrera amosounos algunhas marabillas dos libros cos seus contos e os rapaces de dos primeiros anos disfrutaron e implicáronse.

Diferentes momentos da exposición itinerante O barco da Muralla que visitou o noso centro.

Visita á casa do escritor chairego Manuel María instantes da visita e resultados artísticos finais do obradoiro.

63

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

DIA DA PAZ Arturo O tema de traballo da Biblioteca deste ano é o mundo da ciencia e con esa liña temática argallamos unha chea de disfraces ao redor dos científicos de diferentes ámbitos. O Meco foi “Pepete”, científico en paro, quen finalmente no xuízo quedou absolto polo alto tribunal da Insua Bermúdez.

1.- Cartaz da Festa do Samaín 2013. 2.- A Cabaza Leolandra no recanto de Novidades da Biblioteca. 3.Rapaces de infantil visitando a exposición de cabazas acesas.

Diferentes mesas e lugares da exposición de cabazas, na entrada do cole e nas aulas.

Algúns dos traballos elaborados polos rapaces para o Día Internacional da Paz e Non Violencia o 31 de Xaneiro

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

64


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

ACTIVIDADES XOGADE( Xogos Galegos Deportivos) Jesús Ma Fernández Abuín O Insua Bermúdez inscribiuse no Plan Proxecta: Proxecto deportivo de centro, coa finalidade de promocionar a actividade física e deportiva. Colaboramos coas entidades deportivas da contorna e competimos en: Campo a Través, Atletismo e Triatlón (Nada/Corre, Duatlón, Aquatlón e Triatlón).

1.- Equipo do Insua Bermúdez na I Preparatoria de Vilalba Campo a Través. 2.- Rapazas Benxaminas quentando para a saída en Campo a Través no Campionato Provincial. 3.- Instante da proba das Benxaminas..

1.- David en xavelina. 2.- Antón e David nos 80 m. valados. 3.- As benxaminas cara os 500 metros lisos

1.- Sergio e Nerea na transición en Mondoñedo. Lupe e Lucía en Guitiriz. Foto no Galego de Duatlón (Portosin)

65

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS No noso   cole   fachendosos   da   fermosura   da   nosa   lingua  

No noso   cole   da   nosa   lingua   festexamos   as   fachendosos   letras   galegas  da   non  fermosura   so   na   semana   das   letras   festexamos   as   letras   non   so  de   na   semana  co   das   letras   galegas   senón   todo   o  galegas   ano.   Ademais   colaborar   resto   galegas   senón  de   todo   o   ano.   de   colaborar   co   resto   de   equipos   centro   e   Ademais   organizarmos   unha   chea   de   de   equipos   a   de  prol   centro   organizarmos   chea   de   actividades   da   e   lingua.   Visitamos  unha   os   Museos   Científicos   da   Coruña,   a   Casa   Visitamos   de   Manuel   actividades   a   prol   da   lingua.   os   María.   Museos   Desfrutamos   d e   v arios   C ontacontos,   A ula   V irtual   n a   w do   Científicos   da   Coruña,   a   Casa   de   Manuel   eb   María.   centro,  festas  coma  o  Samaín,  ou  o  Magosto  coa  II  Cata  de   Desfrutamos  de  varios  Contacontos,  Aula  Virtual  na  web  do   Postres   do   Outono,   o   noso   Entroido   científico…   Organi-­‐ centro,  festas  coma  o  Samaín,  ou  o  Magosto  coa  II  Cata  de   zamos   cada   ano   o     Certame   Literario   Benjamín   Paz   e   o   Postres   do   Outono,   o   noso   Entroido   científico…   Certame  de  Debuxo  David  Díaz  dirixido  a  toda  a  comarca.     Organizamos   cada   ano   o     Certame   Literario   Benjamín   Paz   e   o  Durante  a  semana  das  letras  galegas  tivemos  unha  axenda   Certame  de  Debuxo  David  Díaz  dirixido  a  toda  a  comarca.     chea  de  actividades.   Durante  a  semana  das  letras  galegas  tivemos  unha  axenda   chea  de  actividades.   Luns   12   de   maio:   Exposición   de   debuxos   do   autor   das  

Luns 12  Galegas   de   maio:   Exposición   debuxos   autor   das   Letras   2014,   natural   de  de   Guitiriz,   Xosé  do   María   Díaz   Letras   2014,   natural   de   Guitiriz,   Xosé   María   Díaz   Castro  Galegas   na  entrada   do  cole.   Castro  na  entrada  do  cole.   Martes  13  de  maio:  Sesión  de  Cine  en  galego  para  Infantil,  

Martes 13  de  maio:  Sesión  de  Cine  en  galego  para  Infantil,   1º,2º  E  3º  de  Primaria.   1º,2º  E  3º  de  Primaria.   Mércores  14   14  de   de   maio:   maio:   Concerto   en  en   dous   Mércores   Concerto  de   de  Mini   Mini  e  e  Mero   Mero   dous   pases,   primeiro   para   os   máis   pequenos   e   logo   para   os  os   pases,   primeiro   para   os   máis   pequenos   e   logo   para   maiores.   maiores.  

Xoves 15  de  maio:  Sesión  de  Cine  en  Galego  para  4º,  5º  e   Xoves  15  de  maio:  Sesión  de  Cine  en  Galego  para  4º,  5º  e   6º   6º  dde  e  PPrimaria.   rimaria.   Venres  16  de  maio:  Visita  do  alumnado  da  Escola  de  Infantil   Venres   16   de   maio:   Visita   do   alumnado   da   Escola   de   para   participar   nunha   sesión   de   científicos   e     ciencia   na   Infantil   para   participar   nunha   sesión   de   científicos   e     aula   d e  Infantil  do  Insua  Bermúdez.  Acto  grupal  para  cantar   ciencia  na  aula  de  Infantil  do  Insua  Bermúdez.  Acto  grupal   “Penélope”   diante   do  poema   escrito   cristaleira   do  cole   para   cantar   “Penélope”   diante   do  na   poema   escrito   na   e   rematar   cantando   imno  dce   Galiza.  o  Himno  de  Galiza.   cristaleira   do  cole  eo    rH ematar   antando   Sábado   17   de   maio:   V   Carreira   das   letras   galegas   do   Sábado   17   de   maio:   V   Carreira   das   letras   galegas   do   Concello  de  Vilalba.   Concello  de  Vilalba.  

Martes 20   de   maio:   Visita   á   EEI   de   Vilalba   para   asistir   á   Martes   20   de   maio:   Visita   á   EEI   de   para   asistir   á   representación   que  nos   preparou   o  aVilalba   lumnado.   representación  que  nos  preparou  o  alumnado.  

Venres 23   de   maio:   Acto   de   entrega   dos   premios   do   Certame   Benjamin   Paz   de   Literatura   e   do   Venres   23   de   maio:   Acto   de   entrega   dos  Certame   premios  David   do   Díaz   d e   D ebuxo   n o   A uditorio   M unicipal   d e   V ilalba.     Certame   Benjamin   Paz   de   Literatura   e   do   Certame   David     Díaz  de  Debuxo  no  Auditorio  Municipal  de  Vilalba.      

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Noticias do Cole

66


CAMPIONATO PROVINCIAL ATLETISMO O 25 de maio celebramos o campionato provincial de atletismo en Lugo, velaí vos deixamos uns intres do bo día que pasamos no Estadio Gregorio Pérez Rivera.

67

Noticias do Cole

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


Orientación

Este curso académico 2013-14 o Departamento de Orientación participou, entre outras cousas, no “II Encontro de Atención a Diversidade desde os departamentos de orientación e o Equipo de orientación específico”, neste encontro amosouse unha pequena parte do traballo, tan imprescindible e valioso, que as mestras especialistas en Pedagoxía Terapéutica e Audición e linguaxe levan a cabo no noso centro en relación cos alumno/as con Necesidades Específicas de apoio educativo …

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

A conclusión do noso traballo neste eido pódese expresar coas seguintes liñas: ”Dádeme un punto de apoio e levantarei o mundo”, afirmaba o grego. Temos a panca: un acercamento progresivo e flexible que poda axustarse as características de nenos ”diferentes”. O punto de apoio atópase na enerxía creadora dos educadores e na súa fe nas posibilidades dos alumnos/as.

Orientación

68


A páxina de ANPA Outro ano máis temos a posibilidade de informar peche da churreira tivemos que sobre o que a directiva da ANPA realizou durante ofrecer biscoitos que gustaron este curso escolar. tanto ou máis. Durante esta Este ano debido á crise que estamos a sufrir, a di- festa os nenos puideron gozar rectiva decidiu baixar a cota de socio a 20 € ao ano da actuación dun contacontos e coma sempre ofrecemos só para os socios unha e ademais fixemos entrega dos serie de actividades que tiveron unha boa acollida. premios do concurso de posAs actividades que máis gustaron foron Patinaxe e tais. Piscina que xa se impartían o curso anterior. Este ano ofertamos unha nova actividade: Técnicas de Estudio, que xunto con Informática, Taller de Inglés e Fútbito complementaron as actividades extraescolares.

ACTIVIDADE FIN DE CURSO Este ano despois de pensar e pensar nunha excursión que fora divertida para todos os nenos e nenas, atopamos un parque en Marín onde poderán gozar da natureza ao tempo que se divirten facendo unha actividade, e despois ir a Pontevedra, unha cidade cun casco antigo moi fermoso, e todos aqueles que o desexen poderán ir a ver o Museo e visitar as coleccións de prehistoria e fondos navais.

Este ano o Colexio organizou unha excursión a A Coruña na que nós aportamos esas gorras de colores que levaron os nosos fillos e que quedarán para próximas saídas escolares. Ademais a dirección propúxonos a compra dun tobogán para os nenos de Infantil debido ao deterioro sufrido dos A festa de fin de curso aínda está por determinar que xa tiñan e nós con gusto o fixemos e agora xa pero intentaremos que sexa amena para todos. Iremosvos informando para que podades apuntarvos. poden disfrutar del. Se queredes poñervos en contacto coa ANPA podeNADAL des chamar ao teléfono 697 190 473. Este año os nenos e nenas de Infantil e Primaria Esperamos que este ano fose bo para todos e todas puideron gozar da visita de Papa Noel e do relato e desexámosvos un bo verán. dun conto realizado por un membro de directiva. Durante esta visita os nenos recibiron un agasallo e puideron facerse fotos e algunhas preguntas. Coma todos os anos, durante esta festividade fíxose o concurso de postais de Nadal sendo o premio un diploma e un trofeo para os gañadores de cada curso; os gañadores foron David López Bello, Alex Fernández Fernández e Nerea Blanco González de Infantil; Eduardo Veiga Otero, Alex González Facal e Aroa Pena Rouco de 1º de Primaria; Ilina Dranca Dranca, Dario Seixas Pérez e Uxía Ramil Blanco de 2º; Aurora Romero Trastoy, Aitor Pardo Naranjo e Aitana Gesto Rego de 3º; Naiara Bello Lodeiro e Paula Santana Folgueiro de 4º; Noa Blanco Barrrio, Martín González Rábade e Belén Lamas Valdés de 5º; Lucia Basanta Trillo, Tania Ocampo Insua e David Franco Fernández de 6º. A gañadora do premio extraordinario que se levou un vale para material escolar foi Alejandra Rodríguez Fernández de 4º. O día 20 de Decembro fixemos unha chocolatada para tódolos socios da ANPA. Este ano debido ao

69

A páxina de ANPA

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)


SEMINARIO GALÁN.

O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña) constituiuse no curso escolar 1997-98. Este primeiro Seminario estaba composto por seis profesores e profesoras do propio CEIP de Galán e outros do CEIP Ponte dos Brozos, de Arteixo. A partir do curso 2002/2003 as actividades do Seminario centráronse na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano, levando a cabo un excelente e variado traballo sobre esta temática. Actualmente está integrado polos seguintes colexios: CEIP W. F. Flórez, de Cambre, CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo, CEIP Portofaro, de Cambre, CRA de Culleredo, CEIP Pardo Bazán, da Coruña, CEIP Montel Touzet, da Coruña, CEIP Milladoiro, de Malpica, CEIP O Cruce, de Cerceda, CEIP Torrente Ballester, de Sigrás e CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo. Reproducimos os seus cartaces para a exposición sobre Xosé María Díaz Castro, como mostra de bo facer.

aPraviaLetras Galegas’2014

CEIP Antonio Insua Bermúdez-Vilalba (Lugo)

Seminario Galán

70


Os nosos murais


Apravialg2014 def  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you