Page 1


BITÁCORA

TRIPULACIÓN Redacción_ Serxio Vázquez Lara Alonso Juan M. Pérez Mar Cerviño Selene Rey Noela Pais Mónica Sambade Ana Lojo Alexia Paz Ángela Montero Enmanuel Valencia Creación_ Ray Lara Alonso Ángela Montero Ilustración_ Enmanuel Valencia Ángela Montero Deseño Dixital_ Serxio Vázquez Fotografía_ Sonia López Sala de Máquinas_ BibliotecaFB IES FERNANDO BLANCO Cee – Costa da Morte

1. EDITORIAL 2. SENOEMA 3. RÁDAR VISUAL “Cara a rutas salvaxes” 4. ULTRASÓNS Mago de Oz 5. CARTOGRAFÍAS Ultra needle 6. ABORDAXES - Estamos incomunicados? - A máquina de facer billetes 7. NAUTILUS_C_L Nautilus retoma singladura 8. INFORMES DO GABINETE A Sacculina 8. DOSSIER Podo reducir a miña factura da luz? 9. SÓNAR - La luz del amanecer - Transversos de una vida 10. CASTELO DE POPA Claude; o señor das moscas


EDITORIAL N NAAU UTTIILLU USS ..11 Despois de algún meses varados, realizando reparacións diversas no casco, na maquinaria e tamén na configuración dos tripulantes, estamos listos para unha nova inmersión. Marcamos no caderno de bitácora unha nova ruta que comeza co ano. Os aparellos de navegación xa emiten todos eses zunidos que falan de novos lugares por descubrir…ou inventar. A brúxula das palabras marca o seu rumbo definido e a tripulación do Nautilus ocupa o posto que se gañou a pulso na última travesía. Recaladas no arquipélago mediático máis fashion. Parada obrigatoria nos hangares que almacenan as imaxes e os sons do noso imaxinario. Trazos debuxados nun papel que flotan nas ondas e producen unha luz indefinida. Levantamos acta dos aconteceres de camarote que no silencio da noite escoita as palabras do Comandante Poe. Os técnicos navegantes actualizan a nosa base de datos con detallados informes. Xa albiscando as luces do porto aparecen na ardentía os versos que prognostican a vindeira viaxe. COMA PEIXES DOURADOS QUE HABITAN NO SABER DE PROTEO… OBXECTIVO: A PULSIÓN DA AUGA SALGADA. VELOCIDADE: VARIABLE RUMBO: LAT. 42º 57’19.08” N LON. 9º11’11.35” O DESTINO: OCÉANO FERNANDO BLANCO


Novidades O “DEBUT” DE SELENA. Selena Gómez converteuse nunha das novas sensacións da música pop, que hoxe, impulsadas por Disney, publicou as súas primeiras cancións como solista. Estas anticipan a chegada do seu álbum debut titulado “Kiss & Tell”, é o primeiro traballo discográfico publicado por esta moza estadounidense. Un disco que incluirá cancións con influencias do Pop, Rock e da música Dance, sobre unha base de sintetizadores comerciais. Un exemplo do estilo musical de Selena Gómez, é a súa primeira canción “Falling Down”

ADEUS HANNAH MONTANA! Unha mala noticia! A serie que tanto nos gusta xa ten data de caducidade! A cuarta tempada, que empeza a rodarse en breve, será a última! Dános moita pena! Iso si, nada de tristezas porque aínda nos quedan moitos capitulos novos que ver. Ata 2011 poderemos seguir divertíndonos con Miley e as súas aventuras. AÍNDA NON COÑECES A JUSTIN BIEBER? Non sabemos que lle dará a súa nai para comer, pero está claro que ao rapaz non hai quen lle pare os pés! O seu último logro: compartir escenario coa mismísima Rihanna no Super Bowl Fan Jam, o concerto que abrirá a semana de fútbol americano, o programa con máis audiencia do ano en EE.UU! Como siga neste plan, un día destes vémoslle de presidente na Casa Branca!


Películas

TIANA E O SAPO. Unha princesa bicará a un sapo para devolverlle a vida de principe que un día tivo, pero o único que consegue é que a ela se lle poñan os ollos saltóns e a pel verde…triunfará o amor a pesares de todo?

Música Album en solitario de Nick Jonas! Titulado “Nick Jonas and The Administration”, sairá a venta o nove de febreiro! O seu primeiro single, Who I am, está arrasando! Faite rápido con el! O novo CD de Rihanna está arrasando! Faite con el! Non o podes perder! Rihanna – Rated Aínda non coñeces a McFly? Pois faite co seu ultimo album! Chegaron hai pouco a

España e xa se colocaron de número 21 na lista dos 40 principais! Consígueo o antes posible porque xa planean sacar novo disco nesta primavera! E poderás velos en verán, que visitarán o noso país para presentalo! Tés dúbidas sobre algún tema? Nós resolvémoschas! Dudas.senoema@hotmail.com


En torno á película Cara a rutas salvaxes

Rádar visual

TÍTULO ORIXINAL: Into the Wild ANO: 2007 DURACIÓN: 140 min PAÍS: Estados Unidos DIRECTOR: Sean Penn GUIÓN : Sean Penn (A partir do libro de Jon Krakauer) MÚSICA: Michael Brook, Eddie Vedder, Kaki King FOTOGRAFÍA: Eric Gautier REPARTO: Emile Hirsch, Marcia Gay Harden, William Hurt, Jena Malone, Brian Dierker, Vince Vaughn, Kristen Stewart, Catherine Keener, Hal Holbrook, Thure Lindhardt, Signe Egholm Olsen, Zach Galifianakis, Haley Ramm 2007: 2 nominacións ó Oscar: Mellor actor de reparto (Hal Holbrook) e mellor montaxe. SINOPSE: A comezos dos noventa, o xoven e idealista Christopher McCandless (Emile Hirsch), abandona a súa vida na civilización, cambia o seu nome polo de Alexander Supertramp, deixa as súas posesións e dona os seus 24.000 dólares de aforros á caridade para pór rumbo á salvaxe Alaska, onde espera atoparse coa verdadeira natureza e coa verdad da súa existencia. Esta historia está baseada nas notas do diario que McCandless escribiu nas súas viaxes _______________


Hacia rutas salvajes, de Sean Penn , é unha película que reflicte o que a maioría dos adolescentes, e non tan adolescentes, senten. Esas presións ás que todos os días estamos sometidos, esas obrigacións que debemos cumprir e eses compromisos aos que estamos atados non nos permiten facer todo o que a nosa mente e corpo nos piden. Parte da xente pensa que a liberdade é a que se goza mentres estás afastado dos teus pais cos que a maioría das veces te angustias, danche ganas de gritar para desafogar esa rabia que tes cara a eles cando che prohiben o que realmente che gusta facer, e nese momento desexas ser orfo aínda que noutros momentos desexarías abrazarlos e pedirlles perdón, porque sabes que simplemente o fan para protexerte, pero aínda así non lles dás a razón de todo, porque segues necesitando o teu espazo. Por moi perigoso que este sexa. Outra parte da xente entende liberdade de forma xeral, non só como a que che prohiben os teus pais, senón aquela

da que a sociedade e o goberno non che permiten gozar, debido ás leis que impón e tamén debido ó respecto que debes manter cara á sociedade que convive contigo. A miña definición de liberdade é tanto a primeira, a que se refire aos pais, como a segunda, de forma xeral. Aínda que tamén existe o tipo de liberdade que se ve na película, apartado da sociedade, sen nada que che rexa. Falando máis sobre a peli, hai unha frase que quero destacar e que o protagonista escribiu nunha carta. Dicía así: “A liberdade e a beleza son demasiado fermosas para deixalas escapar”, con esta frase pásanseme unha chea de cousas pola cabeza, cousas que me falan dunha liberdade plena, por exemplo, escaparme e vivir a miña propia vida sen ninguén que ma goberne, vivir as miñas propias experiencias, aprender por min mesma, tomar as miñas propias decisións... Isto si é liberdade, e hai que gozala canto antes xa que é moi fermosa e non debemos deixala escapar. Alexia Paz

.


Ultrasóns Un concerto vale máis que mil palabras (e que dicir do son…) Como ben sabedes, este verán, o 14 de Agosto para se concretos, tivemos a sorte de que o alcalde de Cee contratara ós Mago de Oz (mellor eles que calquera outra caralladiña) para que deran un concerto na praza do Concello. Moitos ían ilusionados, outros pensaban que non ía ser gran cousa e os máis sensatos sabían ben que, a pesar de que o gran momento da banda xa pasou fai moito, a actuación ía ser recordada máis que con cariño e ilusión, con anhelos dese tempo pasado. É que xa non son o que eran… Suponse que os músicos dan alí enriba todo o que poden, intentando transmitir a súa maxia e a súa forza, e iso foi o que Txus, Frank, Carlos e os seus compañeiros fixeron, e máis disfrutaban facéndoo, tocando un bo repertorio de temas dos seus mellores discos, como Lo que el viento se dejó ou Hijo del Blues e algunha que outra canción mítica, como a coñecida Fiesta Pagana ou Molinos de Viento. Pero deixaron moito que desexar cos temas dos últimos discos. Aínda así, como xa mencionei máis arriba, non estivo nada mal o repertorio. Mais o problema non foi precisamente a compilación de cancións que, ó meu xuízo, representáronas como é debido, sen fallos nas melodías nin nas letras, senón o sistema de son. Parece ser que, ou ben o seu técnico non tiña moi claro cómo ecualizar o son, ou ben o equipo que trouxeron estaba danado, pois os fallos eran moitos: as voces, tanto as masculinas como a feminina da rapaza que se atopaba case ó fondo, ó lado dereito da batería, estaban afogadas polas distorsións das guitarras e os golpes de bombo, o baixo, aínda que cunha gravidade moi sutil, escoitábase tamén moi por enriba do que lle correspondería, e os amplificadores non deixaban de emitir pitiños agudos moi molestos. Porén, semellaba que non se daban conta diso, non facían nin caso deses erros; ou dáballes o mesmo solucionalo ou non. Se cadra, compensárono lanzando moitísimas púas ó público (os das primeiras filas levamos unhas cantas). Tras case hora e media de concerto, despedíronse facendo un bis, coma fan todos cando llo reclama o público, e marcharon sen máis. Máis dunha hora, case dúas, agardando por eles na porta do concello para que, ó baixaren, lles firmasen autógrafos ós seu fans, que había máis de un que sería capaz de quedar alí “hasta que el cuerpo aguante”. En resumo, o concerto foi unha sucesión de erros e logros, temas bos, temas mediocres, mal son, bo son, pero con simpatía pola súa parte. No fondo, creo que todos os que estabamos alí por gusto, sentimos unha gran felicidade ó poder cantar con eles as súas cancións. E, falando un pouco do grupo, dicir que tendo o prestixio que teñen, pois aínda hai quen di que son do melloriño que pariu o rock español, xa non son o que eran. Entre unhas cousas e outras foron perdendo calidade e orixinalidade, e a súa traxectoria profesional vai en decadencia. Ah! Esquecía o detalle de que a nosa costa ten todo un discazo dedicado. E é dos bos. Saúde e bo rock „n roll.


Abordaxes Estamos incomunicados ou é que non debemos esperar nunca comunicarnos de todo? Por Mónica Sambade

Para abordar a seguinte cuestión filosófica, resulta conveniente acoutar primeiro o amplo significado do termo comunicación posto que é o obxecto principal da reflexión: parécenos que a súa definición abarca dende o sinxelo proceso social que ten por finalidade o intercambio de información –como poderíamos observar, por exemplo, nos mass media propios da actualidade- até o complexo fenómeno no que non só debería ser considerada a transmisión desta, senón tamén a doutros moitos factores coma a intencionalidade por parte do emisor, o recoñecemento de tal intencionalidade e a atención que manifestan os receptores (este tipo de intercambio, moito máis elaborado, poderíamos buscalo na conexión que se produce, por exemplo, entre un artista e aquel que contempla a súa obra), a empatía…; todos eles moi relacionados coa interpretación íntegra da mensaxe, en toda a súa complexidade e a comprensión do home. Os problemas que xorden na comunicación humana son inevitables; desde esa eséxese instantánea e completa que a persoa pode esixir do seu interlocutor, se por este concepto entendemos o feito de que os demais nos interpreten espontaneamente de modo tan exhaustivo como nós mesmos cremos expresarnos, ata a pobreza que implicaría aceptar a primeira sucinta definición do termo: unha concepción del en tanto a sistema pechado, reducido a artefacto para a formalización de datos, do rexistro e a transmisión eficiente de paquetes de información entre diferentes axentes sociais. Seguindo o exemplo proposto sobre esta última implicación, os mass media acrecentan na sociedade dos nosos días a sensación de estar conectados cos demais, que non comunicados, pois empobrecen sensiblemente a calidade deste intercambio; nos resulta imposible levala a cabo


no seu pleno senso de compartir ideas mediante a permuta da palabra ao estaren estes cinguidos a uns determinados parámetros que posibilitan a súa difusión. A televisión, un dos máis claros exemplos de medio de non-comunicación, está delimitada por unha imposibilidade de expresión evidente: quen pode acceder a manifestarse no medio? De quen son as ideas que nel se emiten? Pode o receptor responder e participar ou non hai interlocución? Hai algunha intención máis cá informativa? Poderíamos, polo tanto, concluír na evidencia de que a comunicación cun número tan elevado de individuos tal e como se practica na actualidade é algo fóra do razoable . Isto podería levarnos á dedución de que o ámbito comunicativo estritamente posible se cingue a un grupo dun determinado calibre cultural, no que a forma de pensar e vivir é moi similar –canto menor sexa a cantidade de datos necesarios para a comprensión entre interlocutores, máis efectiva será a comunicación, xa que fai falta menos tempo, co que poderíamos salvar a traba comunicativa que supón a limitación temporal intrínseca do home, e ao situarse máis preto no espazo, evitamos empregar os medios de comunicación xa mencionados-. Ademais, tendo en conta a complexidade das emocións humanas e a súa enmarañada dimensión persoal –inacesible incluso ao método científico- ¿non resultaría máis doada e case exclusiva a este ambiente, xa que supón unha configuración inevitable que un recibe da súa comunidade? Malia o dito, temos coñecemento de momentos históricos nos que a interculturalidade foi fonte de gran enriquecemento que permitiu o desenvolvemento filosófico e a tolerancia social, como a Escola de Tradutores de Toledo. En casos coma este, relacionámonos coa palabra e creamos coñecemento ao mesturármonos uns cós outros sen deixar de recoñecernos a pesar de todas as diferenzas culturais: resta unha semellanza esencial e a partir desta mestura inventámonos a nós mesmos de novo unha e outra vez. Este labirinto no que se somerxe a mente e sobre todo a sensibilidade do home pode facernos reflexionar sobre a pobreza da propia linguaxe verbal como medio de exteriorización. Ademais da comunicación extralingüística e paralingüística, inherentes á expresión oral, debemos pensar na arte que, en todas as súas formas, constitúe un medio de intercambio de ideas e sentimentos plenamente expresiva e unha das nosas máis grandiosas creacións. Ao meu humilde parecer este feito responde ó gran coñecemento e sensibilidade que esixe para que a relación de conexión artista-observador se cumpra, maior cá o requirido por


compartir un código lingüístico e quizais equivalente a compartir unha mesma cultura. Podemos ver un fenómeno con relación a isto na maneira de actuar ante este universo que deixa ver a sociedade actual: que a arte sexa minoritaria neste século non é causa dunha escasa alfabetización como o foi nos precedentes, senón da instrución necesaria –maior cá requirida para saber unha lingua- e á que, sen embargo, non damos moita importancia na nosa época, eminentemente verbal en demasiados ámbitos da nosa vida. Cabería preguntarnos se hai un límite para a comprensión humana do seu semellante. Tendo en conta o concepto de empatía –poñerse no lugar do outro a través dunha reconstrución imaxinativa da vivencia allea, baseada nas expresións daquel e nas vivencias propias asociadas a elas- desde un persoal enfoque que considera a arte como a forma máis rica en exteriorización das emocións e a mente dotada de logos tanto polo motivo exposto como polo extremo coidado e sensibilidade coa que é creada. A boa comunicación ten por requisito primeiro facer un esforzo por comprender a ese outro do cal pedimos comprensión, e por segundo, unha riqueza expresiva que realce tódolos matices posibles dos sentimentos mediante as máis variadas formas da percepción da realidade. Neste caso, quizais si podería chegar a ser –soñado, claro está- ese intercambio de conceptos perfecto entre dúas persoas: o amor.


A máquina de facer billetes Estás en Tierra de Nadie ya, en un sombrío lugar, entre dos bandos que, al atacar, te atacan a ti, no puedes huir… - ¿Que farías cunha máquina de facer billetes? - ¿Para que quero eu iso? - Estouche preguntando iso. - Xa, pero non entendo a que vén esa pregunta. - Curiosidade. - Ah, entón direiche que agora mesmo non se me ocorre nada. - ¿Non? - Non. - ¿En serio? - Sí, en serio. Creo que non a necesito. - ¿Cres? ¿E lo, non tes débedas? -Non. - ¿Ni sequera unha hipoteca ou letras do coche por pagar? - Ben, eu non, os meus pais. - ¿E non queres axudalos? - Dende logo. - ¿Pois? - Sigo sen crer necesitala. - ¿Entón non cres que poderías botarlles unha man creando algúns cartos para pagarlles esas cousas e vivir un pouco mellor? - Si, home, claro, pero non quero. - Ah, non queres. Iso é outra cousa totalmente distinta. - Non.

- Barón Rojo - Si que o é. Dixeches que non crías necesitala, non que non a necesites de verdade, e acabas de dicir que non queres utilizala. - Pois iso. - ¿Entón? - ¿Entón qué? - Que qué farías con ela. - Nada. - ¿Nada? - Nada. - ¿Por qué? - Porque non quero axudar economicamente a ninguén dese xeito. - Ah, xa, es das que prefire traballar xeitosamente, ¿non? Claro, así estarán orgullosos de ti… - ¿Non sabes que un dos maiores defectos que temos as persoas é que, cando empezamos algo e lle colles o gustiño, non somos capaces de deixalo? - ¿Estasme dicindo que, cando empeces a xerar billetes e billetes, lle collerás o gustiño, como dis, a iso de ter sempre a cantidade que queiras e máis, e que non serás capaz de deixalo? - Si, pero nin eu nin ninguén. -Pero, ¿non cres que poderías utilizala de forma honrada tamén? Como dis o do traballo honrado… - Dende un principio non me parecería honrado usala. - ¡Pero se poderías axudar a miles de persoas!


-X a, claro, lles mando diñeiro ós tercermundistas, salvo a miña familia da suposta crise económica e, xa que estamos, resólvome a vida, ¿non? - Non. Poderías fabricalos cartos para as dúas primeiras, pero non que resolvas a túa vida, xa que non vai contigo. - Non vai comigo ningunha desas cousas. - Repito, ¿non che gustaría axudar a tu familia? - Si. - ¿Non che gustaría sacar da pobreza a medio mundo? - Si. - ¿E ben? - ¿Cómo que “e ben”? Xa che dixen que me gustaría facelo, pero non desa forma. - Xa, claro, agora me dirás que ti no quererías ter billetes e billetes para vivir mellor, darte caprichos, facer viaxes e demais, ¿non?... - Ah, por suposto que me encantaría… - … e ter cochazos, mansións, luxos… - ¡Que non! ¡Que no quero facer iso! O diñeiro estanos matando, ¿no te dás conta? O diñeiro é a peor droga que hai, é do peoriño. ¡Se con el mercamos as drogas de farmacia! -Non desvíes o tema. Pregunteiche que qué farías cunha máquina de facer billetes. - A parte de que mo esteas preguntando ti agora, xa o tiña oído. - Ah, ¿si? - Si, e escoitei respostas moi interesantes, como a que dis ti de paliar a fame no mundo ou, a que máis me gustou, a de destruíla… - Destruíla… - Si. A resposta en realidade era: “Fabricar os suficientes billetes como para poder mercar todas as que haxa e queimalas todas xuntas”. Por: Lara Alonso Alonso

- Vaia revolucionario o que o dixo, ¿non? - ¿Algún problema? - Non, ningún, pero calquera diría que o seu maior desexo é destruír toda esta merda. - Non creo que o sexa, pero seguramente estaría a favor de facelo. - ¿E ti? - ¿Eu que? - Que qué farías cunha máquina de fabricar billetes. - Faría o mesmo. E se non puidese compralas todas, destruiría a miña para que non caese en mans… avariciosas. - Vexo que tes unha visión do mundo realmente horrible. - Seica. Iso déixoo ó teu xuízo, e non me importa o que penses. - Vale, vale, tranquila. - Estou tranquila. - Entón, destruirías a máquina e tódalas que puideras, ¿non? - Si. - ¿Por qué? ¿Non che parece un atentado contra a sociedade? - Contra a nosa sociedade. - Iso mesmo. ¿E non che parece esaxerado? - ¿Atentado? ¿Esaxerado? Sería realmente fantástico que os alicerces do capitalismo, como as grandes multinacionais, os bancos e as empresas publicitarias caesen de golpe, sen poder remedialo, ben sexa co uso da violencia, bombas ou asaltos, ou ben polo seu propio peso. - ¿Realmente fantástico? ¡Ti toleas! ¿Sabes a de vidas que caerían aí? -Frústrame saber que este mundo é merda, que nós o facemos merda, que nos deixamos levar pola merda. Párate a pensar un pouco e verás que todo é produto da avaricia, de querer máis e máis… - Entón quedamos en que a destruirías…


Nautilus_C_L -NAUTILUS RETOMA SINGLADURA Outro ano máis o clube de lectura do IES Fernando Blanco comeza a súa inmersión, esta vez nos contos máis aterradores e intrigantes de Allan Poe, cos que máis dalgún tripulante tremeu de medo nestas lecturas iniciais. Este trimestre a nosa primeira reunión tivo comezo coa elección do libro Enderezo Descoñecido, de Kressmaan Taylor. Unha dobre visón do inicio do nazismo que xoga coa convicción, a vinganza e a violencia que desenrolan os personaxes, contado mediante correspondencia. Este, pareceu sen dúbida moi ben acollido entre os tripulantes, que este ano foron reunidos nun só grupo pola falta de alumnado de bacharelato. Aínda así esta modificación da estructura non presentou dificultade nen tropezo ningún coa lectura das obras elixidas. Esperemos que pouco a pouco a xente se anime e participe máis nas novas iniciativas da biblioteca, e non deixar así morrer actividades deste tipo coas que estamos a compartir e experimentar ideas e inquietudes que unha obra de lectura ofrece, disfrutando ao mesmo tempo dunha boa compaña.


Informes do Gabinete A Sacculina A realidade supera ás veces a ficción. Frase feita que na maioría queda como tan só iso: nunha frase feita. Pero, ás veces, cando nos atopamos ca realidade, dámonos conta de que toda esa ficción que tiñamos como insuperable queda como un mero intento de achegarse sequera a moitas cousas que non acostumamos ver. E a razón de que escriba isto é un pequeno (microscópico) ser vivo que habita na nosa costa. Porque non é unha marabilla lonxana no espazo e no tempo; senón un case imperceptible parasito: a Sacculina. Este crustáceo da Orde dos Cirrípedes (Orde é que pertence tamén o noso querido percebe); e como tal comeza a súa existencia como unha pequena larva coñecida como naplius, bastante común en tódolos Cirrípedes (Consta de dúas antenas e un ollo)

Naplius dun crustaceo. Entón o naplius pasa por unha serie de estados larvarios, medrando ate chegar á fase que da nome ós cirrípedes, o cipris.


Entón o cipris metamorfosea a unha nova forma, o kentrogon, que posúe un pequeno dardo a través do cal inxecta un grupo celular que medrará dentro do cangrexo.

Cipris de Sacculina Se fose un cipris como o dos seus parentes os percebes, fixaríase ó leito mariño ou nunha pedra, mais o noso pequeno amigo busca un crustáceo (cangrexos, maioritariamente) para fixarse na súa cuncha. De aí que os cangrexos teñan esa estraña obsesión con manter a súa cunha libre de calquera axente que se poida fixar a ela. E con razón, pois cando a sacculina consegue fixarse segrega rapidamente unha cuncha propia, sentenciando definitivamente ó cangrexo.

Kentrogon de Sacculina. Este grupo celular dá lugar ó individuo adulto, que semella unha rede ou unhas raíces pola completa totalidade do pobre animal (Si, por TODO o seu organismo).


Rede tecida pola Sacculina no interior dun cangrexo. Hasta aquí o animal non cómpre as expectativas, é máis ben monótono e aburrido, pero e que é aquí cando comeza o interesante e fascinante sobre este ser. Chegados a este punto, a Sacculina crea a única estrutura visible dende o exterior, que ademais lle dá nome: esa especie de saco cor alaranxado que sempre me facía preguntarme que era iso cando o vía no abdome (máis concretamente na zona onde a femia levaría as ovas) dun cangrexo na praia.

Bolsa dunha Sacculina. Pero, sendo un parasito, por que o cangrexo, en lugar de intentar sacalo, coidábao como se a vida lle fora nel? Pois porque a Sacculina está preparada: cando o hóspede é femia, probablemente mediante algún tipo de hormona, apodérase do seu instinto maternal para que crea que o saco é a súa propia posta de ovos, limpándoa e coidándoa como tal. Este control chega a tal punto que, chegado o momento, a femia sae da súa garida, busca o lugar axeitado e comeza a realizar os movementos abdominais que faría na súa posta,


convencido de estar enxendrando unha nova xeración de cangrexos cando en realidade está a esparexer pola corrente novos naplius de Sacculina. Pero, e se o cangrexo era macho (coma o da foto), salvarase? De novo, a Sacculina vai un paso por diante: en caso de tratarse dun macho, a Sacculina limítase a castralo, feminizalo e enganalo igual que unha femia. Así, acaba non só crendo que é unha femia (e comportandose como tal) se non que vive no mesmo Matrix que unha femia “normal”. Así desde que unha microscópica larva se pousa na cuncha do cangrexo , este pasa a vivir por e para o parasito, cambiando completamente os seus hábitos para, non só alimentar, senón tamén protexer e asegurar a descendencia deste. Por sorte, nos estamos a salvo de ese tipo de parasitos, non si?

Sergio Váquez Castiñeira


Informes do Gabinete PODO REDUCIR A MIÑA FACTURA DA LUZ? Dende o pasado 1 de xullo de 2009 os consumidores conectados en baixa tensión, Tensión<1000 Voltios con potencias contratadas igual ou inferior a 10 kW (case todos os consumidores domésticos) poden recibir o suministro eléctrico de dúas maneiras: mediante contrato de suministro en último recurso ou mediante o contrato de suministro no mercado libre. Neste artigo imos tratar de expoñer, dunha forma sinxela e clara, cales son as vantaxes e os inconvintes de cada unha das dúas modalidades.

1.- A SITUACIÓN ATA O PASADO 1 DE XULLO

Antes de nada, imos no que respecta as contratación do de xullo de 2009.

facer un pouco de historia modalidades de suministro eléctrico ata o 1

Dende o ano 1998 tipos de clientes, cualificados polo seu Gwh ó ano) podían suministro eléctrico

ata o ano 2002 só algúns chamados clientes alto consumo (superior a 1 contratar libremente o coa empresa distribuidora


que máis lles conviñese. Ata o 1 de xaneiro de 2003, a contratación do suministro eléctrico por parte do resto dos consumidores estaba regulada da seguinte forma: “cada cliente ou consumidor estaba obrigado a suscribir o seu contrato de suministro coa compañía xeradora e distribuidora da enerxía eléctrica na zona xeográfica na que se situaba a vivenda ou o negocio de que contataba o suministro eléctrico” A partir do 1 de xaneiro de 2003, todos os consumidores, independentemente da potencia contratada e do consumo que tivesen, tiñan a liberdade e non a obriga, de poder contratar o suministro de electricidade coa empresa comercializadora que máis lles conviñese en función da oferta que estas lles fixesen, é o que se empezou a chamar contratación da electricidade no mercado libre. Sen embargo, o 1 de xullo de 2009 cambiaron algunhas cousas.

2.- A SITUACIÓN DENDE O 1 DE XULLO

A partir desta data, a modalidade de contratación do suministro eléctrico pódese elixir, só nalgúns casos, entre a tarifa regulada polo Ministerio de Enerxía (chamada SUR; Suministro de Último Recurso) e a contratación no Mercado Libre.

¿Cales son os tipos de contratación? Suministro último recurso (SUR) O SUR esta pensado para todos aqueles consumidores de electricidade en baixa tensión cuxa potencia contratada sexa menor a 10 KW. Que somos a maioría dos consumidores.


Esta modalidade de suministro está regulada polo Ministerio de Industria e o prezo do KWh só se verá modificado cando o ministerio tendo en conta a opinión das compañias eléctricas o considere oportuno. É moi parecido ó sistema que existía antes do 1 de Xullo de 2009. O mercado libre Os consumidores cuxa potencia contratada sexa maior a 10 KW teñen a obriga de contratar o seu suministro no Mercado Libre cunha comercializadora de electricidade nun prazo de tempo razoable e, ademais, para animalos a facer o cambio dende a tarifa regulada ao Mercado Libre, a Administración establece unha serie de subidas progresivas (entorno ao 5% trimestral) no prezo da enerxía eléctrica que se lles suministra, a modo de sanción, ata chegar ao final ó corte do suministro eléctrico. No mercado libre o prezo do KWh fluctúa continuamente, do mesmo modo que o fan as materias primas que o producen, de maneira que no momento que nos chegue a factura, esta será emitida co prezo do KWh nese momento. Aparte disto a maioría das compañías distribuidoras ofertan descontos sobre dito prezo e outras vantaxes (como por exemplo revisións de instalación eléctrica) coa intención de captar o maior número de clientes posible. O bono social É un tarifa creada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Diferénciase da tarifa xeral (TUR) en que cando se contrata o suministro da enerxía a través do bono social, o termo de potencia non se paga. É dicir, o consumidor final non paga un termo fixo de potencia, e só paga pola enerxía eléctrica que consome. Só o poden solicitar aqueles que cumpran unha serie de requisitos establecidos polo Ministerio de Industria. ¿Que requisitos son os que hai que cumprir?


Que o titular do contrato sexa unha persoa física (que non sexa unha empresa, asociación, comunidade, etc.) Que teña unha potencia contratada inferior a 3 kW. Que teña instalado un interruptor de control de potencia (ICP) ou limitador. Se non o ten, a distribuidora instalarallo nun mes. Que se trate da vivenda habitual do titular do contrato. Os consumidores que cumpran os 3 primeiros requisitos recibirán da distribuidora eléctrica, xunto coa factura, unha información específica sobre a tarifa social. Os consumidores que dispoñan de potencia contratada de 2,3 kW aforrarán 4,55 €/mes, o que supón uns 55€ anuais (xuros incluidos). Se o consumidor solicita unha reducción de potencia, o aforro sería maior a cambio de dispoñer de menos potencia contratada. Por exemplo, reducindo de 3,5 a 2,3 kW e solicitando a tarifa social, o aforro sería de 6,87 €/mes, o que supón 82 € anuais (xuros incluidos). Para solicitar este tipo de contratación debemos acudir a unha empresa distribuidora. Estas empresas facilitarán o modelo de solicitude, que se acompañará dun certificado de empadronamento vixente que xustifique que é a vivenda habitual e dunha declaración responsable de que os datos son verdadeiros

3.- AS VANTAXES E OS INCONVINTES DE CADA MODALIDADE

Suministro de Último Recurso As vantaxes principais deste tipo de suministro son, que o prezo da enerxía eléctrica se mantén nuns niveis estables e non se está exposto as fluctuacións do mercado eléctrico, e ademais dende este tipo de suministro podemos acceder á tarifa de bono social


no caso de cumplir coas condicións esixidas, o que lle supón ao cliente unha serie de beneficios como é o non pagar o termo de potencia e a conxelación do prezo da enerxía consumida. O principal inconvinte, é que non se pode disfrutar dos descontos que ofrece o mercado libre e dos servizos asociados a este tipo de suministro que ofrece o mercado libre. Mercado Libre A vantaxe principal do mercado libre é o acceso a descontos e servizos asociados a este tipo de suministro, e o inconvinte (anque tamén pode ser unha vantaxe) é a fluctuación dos prezos da enerxía que compramos día a día.

4.- CONCLUSIÓNS Á vista da información aportada nos puntos anteriores, o autor deste artigo non pode establecer unha fórmula máxica, na que se calcule para cada consumidor, cal é o modelo de contratación que máis se lle axusta, e terá que ser cada un, cos datos da súa facturación, quen bote contas e chegue á conclusión de cal é o modelo que máis lle interesa.

Juan M. Pérez


Sonar TRANSVERSOS DE UNA VIDA Camino por este valle oscuro, con solitarios pasos que resuenan en la lejanía.

Un reflejo de lo que más deseo

Me siento en esta tierra yerma y dura,

nacido de la imaginación

ocultando el rostro entre mis manos.

El camino oscuro que recorre mi cuerpo torturado

Que es esto tan calido,

no tiene fin,

que recorre mis mejillas?

más en tus ojos

Que es esto tan frío

atisbo un brillo de esperanza.

que me encoje el alma? Y desde lo más hondo de esta abismal negrura, te oigo respirar. Levanto la cabeza, buscándote con la mirada. No te veo y grito tu nombre. Distingo tu silueta a lo lejos, más sé que no eres real. Tan solo eres lo que no tengo, un anhelo profundo de mi alma.

Ray


Sonar LA LUZ DEL AMANECER Peino tus cabellos bajo esta luz mortecina Recorro tu blanca piel rozándola. Se que soy la luz, el guía de tu noche eterna. Siento que te estremeces de miedo a partir, a no volver. Amanece y te tornas distante, te desvaneces. Tu perlada piel se transparenta, se transluce. Te veo partir, puedo retenerte.

Intentas abrazarte a mi, mi alma aferra la tuya. Tus calidas lagrimas me alcanzan, humedecen mis labios. Deseo hacerme un todo, compartir contigo mi existencia. Y tú, e por fin estás aquí, me acaricias y me besas diciéndome que ya estás conmigo, que nunca más te marcharás.

Ray


Castelo de Popa Claude; o señor das moscas. Eu… Son Claude Whitewinter. Claude, non “Klod”. Non sei por que a xente non sabe escribir o meu nome. Supoño que ten lóxica, inda que eu diso non teño nin idea. ¡NOTA MENTAL! Teño que preguntarllo a Haru, éche o filósofo da familia. Eu son o xeitosiño, ji, ji. Que como son? Louro, ollos verdes, 185 cm de altura… ¡Un tópico! Agora penso (cousa que é moi rara en min): que é un tópico? Un cóctel? Buf, estou divagando… (Ouh, dixen divagar, tan culto son!) Teño que preguntarlle a Elle, que sabe moito destas cousas. É a lista da familia, si. Ou creo que axiña o será, porque para ser completamente da familia tería que casar con Haru, e dáme que xa podo ir agardando sentadiño e cun coxín para que non me doia o cuíño. Pero falamos de min, que para algo protagonizo esta historia. Son… Un atrapabichos. Vale, vale. Soa fatal. Quero outro nome! Un que soe cool e fashion, ou ó meu amigo Jean Paul

Gaultier daralle un ataque, e xa non me regalará máis perfumes! E iso, asegúrovolo, é unha pena! Meu holor (ups!) olor corporal sempre ten que ser obra do meu amigo. Que un non ten clase así porque si, home! Así que chamareime SuperClaude O Atrapabichos… Caralliño! Segue a soar mal! … Jean Paul Gaultier, se estás aló arriba sálvame! Ou naquel pequeno país que está enriba de España… Creo que se chamaba Australia… Elle acábame de chamar inculto por detrás… Buah, non é xusto. Agora vai resultar que Australia non está enriba de España! Enfádome e non respiro! …Uff… mellor respiro, ata agora non pensara que era tan necesario facelo. En fin, vouvos dicir as miñas armas: spray antibichos, dous matamoscas (un eléctrico e outro normaliño, por se as moscas) e unha mascarilla. Atrápoos con doces (se non mos como eu antes, claro) e cando veñen por min como se fora unha floriña… ZAS! Atrápoos! Muahaha Escoito un zunido constante ao longo da habitación… Ouh, unha abella!


Teño que eliminala! Pero… Teño medo! A abella é o insecto máis temible, xunto coas arañas e as eirugas. E se non me cres, pregúntallo ós apivofóbicos! (Non, esta vez non son culto, é que Elle mo dixo cando viu que ía poñer “os que teñen abellofobia”) ... Non sei qué facer… Eses puntiños de alí arriba indican que estiven pensando… ...

11:45 AM. O Charly (a abella) revolotea e incordia preto da fiestra. Non podo permitir que fuxa! Ataco co meu matamoscas eléctrico, pero… Noon! Rompeume! Terei que recorrer a métodos drásticos: collo o outro matamoscas (Mike) e ataco ó individuo a pesar da morte do Joe… Vencimos! Oé, oé! We are the champions, my friend…! O bombardeo finalizou e o seu corpo esmagado cae pola fiestra… Ciao, abelliña! Victoria! Gol! Aleluia! Xamais volverei a temer a unha abella!

Aínda estou pensando…

... ...

Vale. Haberá que ATACAR! Dáme un A, dáme un T, dáme un A… Boh, canseime, que o siga outro. Abro o armario (música de fondo: Mission imposible… Non! Cambiei de canción! Agora puxen: Baby hit me one more time, de Britney Spears) e collo o meu pixama. Aiss… Que suave está! Que para algo uso Mimosín! É un osiño tan riquiño… Preparados, listos, xa! Á CARGA!

Ouh! Alí hai outra! Qué noxooo! Mellor marcho!

Firmado: Klod Claude.

P. D: Son o mellor e molo coma area.


biblioteca_ies fernando blanco_ cee costa da morte colabora: EDNL

nautilus.1  

revista nautilus

nautilus.1  

revista nautilus

Advertisement