Issuu on Google+

A miña planta de laranxa lima, José Mauro de Vasconcelos

Clásico da literatura brasileira que conta a historia dun neno de cinco anos que comeza a percibir a vida, coas súas alegrías e tristezas. Ao non comprender o mundo dos adultos, Zezé sostén longos e emotivos diálogos cunha árbore, fala de todo o que non pode cos adultos nin tan sequera cos seus iguais, segue de plena vixencia a hora de non pasar de puntas sobre o maltrato infantil e as súas consecuencias. ''A miña planta de laranxa lima'' é deses escasos libros que se venden por milleiros e que gustan a adolescentes, pequenos e grandes. Eloxiada pola crítica e considerada unha das mellores creacións de literatura infantil e xuvenil, o seu autor José Mauro de Vasconcelos ocupa o espazo reservado para aqueles escritores que saben chegar ao corazón do lector sen máis artimaña que a de facer boa literatura. ESO.

O novo diario dun xove maniático, Aidan Macfarlane e Ann McPherson

Quedarei embarazada a primeira vez? Cal é o tamaño medio dun pene? Teño exceso de peso, que podo facer? Se probas un cigarro, xa te fas adicto? Como sabes se es gai? Canta cantidade de alcohol é razonable beber nunha festa? Este libro resposta a estas e moitas outras preguntas reais tiradas dos milleiros de e-mails recibidos na páxina web (teenagehealthfreak.org) que manteñen Aidan Macfarlane e Ann McPherson, autores tamén do best sellers mundiais, traducidos ao galego “Diario da outra maniática” Se queres pasar un rato divertido e aprender unha chea de cousas, non o dubides: este é o teu libro, rapaz/a. ESO.

Comandante Hussi, Jorge Araújo

Hussi cruzouse con procesións silandeiras de refuxiados a quen a guerra fixo perder o destino. E o tino. Conviviu con pantasmas angustiadas, rostros desamparados, o desasosego da esperanza, a tranquilidade do medo. E viu caer moita xente, devorada pola fame e pola desesperación. O conflicto de Guinea irrompeu na vida de Hussi e converteuno nun neno soldado. Cambiou de súpeto o balón e a súa prezada bicicleta -un fermoso elemento máxico introducido no relato- polo campo de batalla. ESO.

Felices lecturas!!

Biblioteca F. B Nadal 2010 Cl ub de lect ura Nautil us

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus

Club de lectura Nautilus


Todo é silencio, Manuel Rivas

Todo é silencio narra o irresistebel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar ás crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala cos signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana. BACH

Matar un ruiseñor , Harper Lee

Scout evoca unha época da súa infancia en Alabama, cando o seu pai, Atticus, decidiu defender ante os tribunais un home negro acusado de violar unha muller branca. Novela de iniciación, Matar um ruiseñor amosa unha comunidade, a do sur dos EEUU durante a década de 1930, dominada polos prexuizos raciais, a desconfianza cara ao diferente, a rixidez dos vínculos familiares e veciñais; así como um sistema xudicial sen garantías para a poboación de cor. Con esta primeira e única novela, Harper Lee gañou o premio Pulitzer en 1961. En 1962, o director Robert Mulligan levouna ao cinema nunha inesquecible película que obtivo dous Oscars, mellor guion e mellor intérprete masculino (Gregory Peck). BACH

La ciudad y los perros, Mario Vargas Llosa

No colexio militar Leoncio Prado, de Lima, onde estudian rapaces procedentes de todos os niveis sociais, económicos, étnicos e xeográficos do Perú, desenvólvese unha acción violenta en toda a súa complexidade e as súas contradiccións. Na súa primeira novela, Vargas Llosa, premio Nobel de Literatura no 2010, constrúe un alegato contra a brutalidade e a falsa virilidade que se pretende inculcar aos rapaces para fabricar heroes, pero que, de feito, resulta na anulación neles de toda sensibilidade. BACH

La invención de Morel, Bioy Casares

La invención de Morel narra unha extraña historia de amor protagonizada por un home e unha muller que viven existencias incompatibles en espazos e tempos rivais. Nela o talento de Bioy Casares desprega unha odisea de prodixios que, se en un primeiro momento non parecen admitir outra clave que a alucinación ou o símbolo, son logo plenamente descifrados mediante un único postulado fantástico, pero non sobrenatural. BACH

Ollos de auga, Domingo Villar

Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico. O caso desenvólvese entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmósfera tensa e afectada dos círculos da alta burguesía viguesa. BACH

A intervención, Teresa Moure

Un pianista retirado, unha dermatóloga, o fillo desta, estudante universitario, e mais unha das súas profesoras na facultade de Historia reúnense para constituíren un comando artístico. O seu obxectivo é levar a cabo unha performance un tanto particular, a medio camiño entre a creación estética e a toma de conciencia política. Desde a múltipla perspectiva que emana dos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas respectivas versións, que conforman unha historia colectiva, e que conectan a paixón creativa co pasado remoto de cadaquén, coa súa infancia e cos seus medos máis agochados. Porque a arte é unha das formas da loucura .

El manuscrito de las bestias, Jordi Folk

Esther e Alfons Dandridge, dous xemelgos orfos, ingresan na estricta escola de Saint Mary de Ely. A desaparición repentina dalgúns alumnos levara aos irmáns a unha sucesión de inquietantes descubrimentos escritos co sangue de rapaces inocentes. Sem querelo, veranse inmersos nun pavoroso xogo de falsas apariencias e escuras motivacións. Un terrorífico relato que nos situará no difuso límite entre a ficción e a macabra realidade. ESO



Guía de lecturas