Page 1


ÍNDICE 1. BIOGRAFÍA 2. OBRAS 2.1 TEATRO 2.1.1 MONÓLOGOS 2.2 ENSAIOS 2.3 FILMOGRAFÍA 2.4 ADAPTACIÓNS 2.5 OUTRAS OBRAS 3. PREMIOS


Roberto Vidal Bolaño naceu na cidade de Santiago de Compostela no mesmo ano no que morreu o autor Alfonso Rodriguez Castelao en Bos Aires (1950). Trátase dun autor que tiña grande apego pola súa cidade natal e onde desenvolveu boa parte da súa actividade teatral como actor e director. Dita personaxe comezou os seus primeiros anos de estudo no barrio de Vista Alegre, en Compostela. Con so 12 anos comezou a traballar como administrativo nunha empresa de recambio de coches, combinando este emprego co estudo. Tamén con esa idade comezou a interesarse pola literatura, o cine e sobre todo o teatro, estreando a súa primeira obra teatral con tan so 15 anos. (1965) Traballou en diferentes oficios, como por exemplo: ultramarinos, axencia de viaxes, autos... Un tempo máis tarde marcha a Ceuta a facer o Servizo Militar no exército español entre os anos 1971 e 1973.


Roberto Vidal Bolaño traballou no banco en Santiago e durante esa etapa, comeza a dedicarse ó teatro creando o Grupo Antroido con Xoaquín García Marcos no ano 1975. A súa primeira obra neste grupo é ''Amor e Crimes de Xan o Panteira'', de Eduardo Blanco Amor no que participa tamén como autor. En 1976 casa con Laura Ponte unha das máis grandes actrices e durante ese tempo viviu unha fase dunha intensa actividade teatral e creativa. Grazas a Roberto Vidal Bolaño podemos falar hoxe en día dunha literatura dramática plenamente activa na nosa lingua pola súa colaboración en varias obras entre a creación do grupo Antroido e o Centro Dramático Galego. En

1983

este

autor

regresa

a

unha

das

súas

actividades

recorrentes, que é interpretar textos doutros autores da literatura galega. Sepárase da súa muller Laura Ponte no ano 1988 e vive unha relación afectiva ese mesmo ano con Cruz Comesaña. Esa relación creba en 1989 pola morte prematura da actriz. En 1991 recibiu o premio Álvaro Cunqueiro coa obra “Saxo Tenor” que foi a fonte dos seus ingresos. En 1992 casa con Belén Quintáns e crea coa mesma ''Teatro do Aquí”.


EN 1994 recibe o premio premio do certame Camiño de Santiago de Teatro Profesional, por unha obra que levantaría polémica. Tamén temos que facer fincapé na súa colaboración na CTV-Galaxia facendo dobraxes de películas e participando como actor, director de sala e director artístico. É considerado un dos dramaturgos máis prolixos da nosa literatura do último cuarto do S. XX. No ano 2002, Roberto Vidal Bolaño morre na cidade onde viu a luz por primeira vez deixando tres fillos a idade de 52 anos e unha obra tan intensa e xenial como numerosa. Velaron por el o 11 de setembro de 2002 no Salón teatro fielmente acompañado polo seu chapeu e o seu nariz de pallaso.


CARACTERÍSTICAS:

O compromiso co pais e a lingua.

O diálogo coa tradición tanto culta como popular literaria e histórica, social e política.

Uso da “estética pola derrota” e a crítica á modernidade.

O subxénero máis fomentado é o histórico, por exemplo: “As actas escuras” e “Días sen gloria”


TEATRO:  XOGADEIRO (1965)  AMOR E CRIMES DE XAN O PANTEIRA (1975)  LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES (1977)  LEDAIÑAS POLA MORTE DO MECO (1977)  MEMORIA DE MORTOS E AUSENTES (1978)  ANTROIDO NA RÚA (1978)  RUADA DAS PAPAS E DO UNTO (1981)  ROMANCE DOS FIGOS DE OURO (1983)  BAILADELA DA MORTE DITOSA (1992)  AGASALLO DE SOMBRAS (1992)  COCHOS (1992)  DÍAS SEN GLORIA (1992)  SAXO TENOR (1993)  TOUPORROUTOU DA LUA E DO SOL (1996)  DOENTES (1998)  A ÓPERA DE A PATACÓN (1998)  RASTROS (1998)  MAR REVOLTO (2001)  ANIMALIÑOS (2003) INTEGRAL (2003)  A BURLA DO GALO (2004)


MONÓLOGOS:  CAPRICE DES DIEUX (1985)

ENSAIOS:  PERSPECTIVAS DO TEATRO GALEGO ACTUAL (2002)

FILMOGRAFÍA:  NOVO DE PARMUIDE (1987)  SEMPRE XONXA (1989)  OS OUTROS FEIRANTES (1989)  UN MUNDO DE HISTORIAS (miniserie) (2001)


ADAPTACIÓNS  CARA DE LÚA (Ánxel Fole)  NOXO (Eduardo Blanco Amor)  SALOMÉ (Oscar Wilde)  LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS (Manuel Rivas)  PERCIVAL E OUTRAS HISTORIAS (X.L.M. Ferrín)

OUTRAS OBRAS  AS ACTAS ESCURAS  CRIATURAS  DAQUEL ABRENTE  CIRCO DA MEDIANOITE  PERSPECTIVAS DO TEATRO GALEGO ACTUAL  A CASA DOS AFOGADOS  ANXELIÑOS  XELMÍREZ OU A GLORIA DE COMPOSTELA


PREMIOS:  ABRENTE (1976/1978/1980)  FACHO (1977/1979)  MEDALLA DE OURO (1983-1984)  PREMIO RAFAEL DIESTE  PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO  PREMIO XACOBEO (1992)  PREMIO EIXO ATLÁNTICO  PREMIO MAX DE TEATRO (2001)


As 'Letras 2013', para Vidal Bolaño Etiquetas: Letras Galegas 2013, Roberto Vidal Bolaño, Santiago, teatro, premio, RAG 22/06/2012 - Galiciaé LV / Axencias

O autor teatral, actor, director e escenógrafo Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002),

elixido por

''maioría" entre os membros da Real Academia Galega (RAG) como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2013. O presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, destacou "a forza e potencia creativa" de Vidal Bolaño ao anunciar esta tarde a decisión da institución. Méndez Ferríntaménsinalou que non se trata

unicamentedun autor de

teatral,senón

que

destacou en todos asfacetas do xénero e foi un destacado actor, director e escenógrafo. O académico Euloxio Ruibal engadiu que Vidal Bolaño é un autor "imprescindible" do século XX, e a tamén académica Margarita Ledo subliñou a súatraxectoria e a súacapacidade para potenciar o teatro nos seus múltiples rexistros. A candidatura de Vidal Bolaño,apoiada por máis de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural de Galicia, ademáis de por oitocentas firmas de destacadas personalidades culturais. O Concello de Brión, no que residiu durante os últimos anos da súa vida, tamén se pronunciou a favor de que a edición de 2013 fose dedicada a este escritor.


 http://www.realacademiagalega.org/  http://www.culturagalega.org/  http://redenasa.tv/es/  http://bvg.udc.es/  http://www.galegos.info/  Enciclopedia galega (2003)  “Obra Dramática de Roberto Vidal Bolaño”Xosé Manuel Fernández Castro  http://www.lavozdegalicia.es/

Roberto Vidal Bolaño  

Día das Letras Galegas 2013