Page 1

Manual para reporteiros

1


Coordinador da colección: Gustavo Pernas Cora (ENL) Deseño da portada: Ignacio Pardo © do texto: Ignacio Romero Sánchez © da edición: IES Escola de Imaxe e Son. 2010 r/ Someso 6. 15008 A Coruña Tfno. 981 173 181 Fax: 981 134 224 ies.imaxe.son@edu.xunta.es ISBN: Depósito Legal:

2

Nacho Romero


ÍNDICE

1. LIMIAR

>

5

2. FOTOGRAFÍA

DOCUMENTAL E FOTOGRAFÍA DE PRENSA

>

6

3. FOTOGRAFAR

SEN CÁMARA

>

8

>

9

4. AFECCIONADOS

VERSUS PROFESIONAIS

5. A

TÉCNICA

>

11

6. O

EQUIPO

>

12

7. O

ESENCIAL

>

15

>

18

>

23

>

29

>

36

>

42

>

47

>

52

8. OS

FOTÓGRAFOS

I. AMADOR

LORENZO:

II. CARMEN

VALIÑO:

III. FRAN

MARTÍNEZ:

IV. JAVIER V. JOSÉ

TRAZOS

EAST

QUINTANA:

9. MALLANDO

VARELA:

O

LONDON

FURTIVOS

CARLOS PÉREZ

VI. JUAN

NA PAREDE

DE

RATAS E HOMES

“CABALAR”: ROLDAS

DE PRENSA

LEGADO DE DÍAZ PARDO

APRÉNDESE A MALLAR

Manual para reporteiros

3


Á miña familia, que é moi grande A miña irmá Ana e ao meu amigo Ramón Gutiérrez Izquierdo pola súa axuda A Ángel Cordero por estar sempre detrás, diante e no medio do que fago A todos os alumnos pasados, presentes e futuros da Escola de Imaxe e Son da Coruña

4

Nacho Romero


1. LIMIAR As liñas que seguen non pretenden descubrir nada novo, nada que non se dixera antes, senón agrupar unha serie de ideas e reflexións que ao meu modo de ver poden axudar aos estudantes de fotografía a encontrar as ganas e a maneira de afrontar un proxecto fotográfico. Fareino desde o punto de vista da miña experiencia persoal, tratando de que o lector non caia nos mesmos erros que eu cometín algunha vez nos anos que levo como fotógrafo, para que o proceso de aprendizaxe sexa máis rápido e fiable. Referireime especialmente ao xénero da fotografía documental e de prensa, aínda que varios dos consellos son aplicables a outros campos da fotografía. Toda aprendizaxe debe basearse no coñecemento de experiencias anteriores, e se nestas liñas alguén encontra axuda, ganas ou inspiración para traballar, darei por ben empregado o tempo que me levou escribilas. Calquera reflexión sobre fotografía documental debería apoiarse en bos exemplos gráficos que reforcen e enriquezan o seu contido, e neste sentido si se fará aquí unha achega orixinal que con toda certeza será a parte máis interesante de todas. A diferenza da maior parte dos textos que se escribiron sobre o tema, este estudo non tomará como exemplo fotografías de autores consagrados doutros países e doutras épocas, senón que mostrará unha serie de reportaxes e fotografías feitas por exalumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña que agora traballan nos principais medios de comunicación de Galicia e nalgún caso como “free lance” no estranxeiro. Será, quizáis, o de maior valor que habedes encontrar aquí, pois poderedes beber do traballo de xente nova que hai pouco tempo experimentou as mesmas inquedanzas que sen dúbida tedes vós agora. Todos eles comezaron a aprender fotografía na Escola, e tivéronnos ao meu compañeiro Ángel Cordero e a min como profesores na materia; algo aprenderían do que lles ensinamos e agora son eles os que nos ensinan a nós (e a vós) a través da súa práctica profesional. Por esta Escola pasou un gran número de bos alumnos, e non me resultaría difícil encontrar máis colaboradores desinteresados, pero por razóns de espazo cumpría facer unha escolma; só podo xustificala dicindo que sinto verdadeira debilidade polos traballos dos seis fotógrafos escollidos. Eles elixiron libremente

Manual para reporteiros

5


unha das súas moitas reportaxes e todas son de data moi recente. Ademais, e dado que non hai unha fórmula matemática que nos diga como contar unha historia con fotografías, pedinlles que achegasen tamén algún apuntamento sobre a maneira en que cada un afronta unha nova reportaxe. Malia que non todos parten da mesma filosofía de traballo, veredes como o resultado é sobresaínte en todos os casos.

2. FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL E FOTOGRAFÍA DE PRENSA Definir que é fotografía documental e fotografía de prensa suporía establecer unha fronteira entre ambas, e á súa vez outra entre elas e o resto de xéneros fotográficos. Na actualidade eses límites non están nada claros, e desde logo podemos encontrar diversas definicións e opinións ao respecto. Mais o certo é que non necesitamos adherirnos exclusivamente a ningunha delas á hora de traballar como reporteiros (sirva a palabra “reporteiros” para referírmonos tanto ao fotógrafo que traballa para a prensa como para o fotógrafo documental). Unha maneira de acercarse a este tipo de fotografía é definíndoa como aquela que se ocupa de rexistrar a realidade do que ocorre nun momento determinado. Porén, non toda aproximación á realidade é fotografía documental, e desde logo en numerosas ocasións non funcionamos só como notarios da existencia de algo, senón que opinamos sobre ela, e polo tanto estamos manipulando esa realidade dalgún xeito. Con certeza, é ese punto de vista que achega cada fotógrafo o que dá sentido e valor ao seu traballo e o diferencia doutras aproximacións posibles a un acontecemento determinado. En canto á dubidosa diferenza entre a fotografía de prensa e a documental, podería argumentarse que a primeira fai referencia a un episodio actual, que se usa de forma inmediata e a súa duración apenas sobrepasa o mesmo día do acontecemento, pois axiña se esquece e é reemprazado polos sucedidos do día seguinte. Mentres, a fotografía documental ten un carácter máis permanente, e é arquetípica, sen a inmediatez que impón a mudable actualidade e o consumo urxente. De calquera forma, é frecuente que a fotografía de prensa pase a converterse en documento co paso do tempo, de maneira que a fronteira existente entre ambos tipos de fotografía volve a difuminarse. O número de fotografías úsase tamén a miúdo para distinguir ambas modalidades: a de prensa precisa dunha ou dúas imaxes para contarnos algo, e a documental adoita estar constituída por unha serie fotográfica máis ampla. Unha vez máis esta distinción

6

Nacho Romero


non sempre é válida nin capaz de diferenciar por si mesma os dous conceptos. Á marxe das semellanzas, diferenzas e fronteiras posibles entre os distintos xéneros fotográficos, o que teñen en común é que detrás deles sempre hai un fotógrafo; e o relevante é o traballo que realiza, independentemente de en que modalidade o clasifiquemos. O seu labor consiste en contar algo con fotografías: así de simple e de complexo. Unha imaxe tomada nunha fracción de segundo cóntanos en ocasións o que doutra maneira necesitaría moitas liñas de explicación. Os fotógrafos somos mestres da síntese; procuramos un instante dentro da realidade no que os elementos que a compoñen acheguen a información e o punto de vista que queremos mostrar da mellor maneira posible. O archicoñecido instante decisivo do que falou Cartier-Bresson é particularmente válido neste tipo de fotografía. Saber cando se produce esa conxunción ideal dos elementos, ese instante no que debemos disparar a cámara, é algo que non se pode explicar, pero que hai que aprender. A maneira de facelo é a través da práctica, da análise e da revisión constante dos nosos traballos e, por suposto, do coñecemento dos traballos dos bos reporteiros, tanto dos consagrados como dos que están en camiño de selo. Os consagrados, os grandes mestres da historia da fotografía documental, teñen moito que ensinarnos, mais non debemos limitarnos a repetir camiños xa percorridos; por iso dígovos que esteades atentos aos fotógrafos que publican hoxe, aos traballos máis recentes que vos han mostrar as tendencias actuais na fotografía documental. Antes de que vexades na segunda parte deste ensaio as fotografías dos ex-alumnos dos que falei antes, propóñovos unha mirada pausada e reflexiva aos traballos de media ducia de fotógrafos de entre os moitos posibles: Lewis Hine, Dorothea Lange, Henri Cartier-Bresson, William Eugene Smith, Robert Frank e Sebastião Salgado. A través deles faredes un percorrido que abrangue desde os comezos do século XX ata a actualidade. Coñecer os traballos destes e doutros fotógrafos é o primeiro paso para saber a que nos referimos cando falamos de fotografía de prensa e documental. Con todo, o coñecemento da historia da fotografía documental non vai conseguir por si só que nos convirtamos en reporteiros; faltan aínda dúas cousas máis: a técnica (á que más adiante me hei de referir) e, sobre todo, a actitude. “Sempre quixen facer dúas cousas: mostrar o que hai que corrixir e mostrar o que hai que admirar”. Esta frase de Lewis Hine define á perfección cal debe ser a actitude dun reporteiro. Para dedicarse a este tipo de fotografía o fundamental é sentir a necesidade de comunicar algo; por moitas cousas que coñezamos acerca dos fotógrafos e dos

Manual para reporteiros

7


seus traballos, non seremos un deles a menos que saiamos á rúa coas nosas cámaras e desexemos contar aquilo que vemos. A miúdo, os reporteiros fan do seu traballo a súa vida e implícanse coas historias que fotografían. A clave aquí é o compromiso, indispensable para conseguirdes o voso empeño.

3. FOTOGRAFAR SEN CÁMARA Cando nos anos 80 empecei a traballar como fotógrafo, fíxeno xusto ao contrario do xeito no que agora creo que se debe facer: comprei unha cámara, conseguín encargos e púxenme a disparar. De maneira paralela (pero despois de facer os meus primeiros traballos), fun aprendendo a técnica, coñecendo o traballo doutros fotógrafos e lendo algúns dos libros que máis influíron na miña forma de fotografar. Puiden seguir o camiño oposto, aforrando así algunha que outra vergonza e conseguindo saber o que buscaba como fotógrafo en moito menos tempo. A diferenza de hoxe, naqueles anos non existían en toda España estudos regulamentados de fotografía. A maior parte dos que empezamos a facer fotos nese momento aprendimos a base de ensaio e erro. O habitual era comprar unha cámara réflex, uns rolos de película e unha ampliadora con accesorios para montar un cuarto escuro no cubículo máis pequeno da nosa casa; unha vez adquirido o equipo, o máis difícil era conseguir contratos ou encargos fotográficos. Hoxe en día si existen numerosas escolas onde se ensina fotografía. Cando os estudantes rematan os seus estudos teñen unha preparación sen dúbida superior á que nós tiñamos; pero desde o primeiro momento en que comezan os seus estudos, empezan tamén a facer fotos con todos os erros e defectos propios de quen non coñece aínda o oficio. A vantaxe que teñen é que non venden eses traballos expoñéndoos a un público amplo, senón que tan só sofren as críticas dos seus profesores. O feito de que hoxe case todo o mundo leve encima unha cámara fotográfica no peto fai que cando unha persoa decide estudar fotografía xa teña disparado fotos e fotos, polo xeral moi vulgares e pouco pensadas. Son imaxes tomadas sen grandes pretensións, que na maioría dos casos se fixeron para deixar constancia de que alguén estivo nalgún lugar ou con algunha persoa; con esta mesma intención era coa que se facían as fotografías a mediados do século XIX, poucos anos despois de que se inventase a fotografía. Salvo escasas excepcións, o alumnado que comeza os seus estudos preocúpase só –e non sempre– de que as fotografías non estean demasiado claras ou escuras e de que teñan un mínimo de nitidez. Aos profesores tócanos tratar de eliminar

8

Nacho Romero


eses tics que traen os alumnos e, sobre todo, conseguir que reflexionen antes de dispararen, e tamén despois, ao analizaren as imaxes que tomaron. Por todo iso propóñovos que empecedes a aprender fotografía de forma radicalmente oposta a como eu empecei: facédeo sen cámara de fotos. Deixade de usar os móbiles e as cámaras durante algún tiempo e dedicádevos a facer fotos mentalmente. Iso si, moitas fotos e a todas horas, como se levásedes a cámara colgada ao pescozo 24 horas ao día. Fixádevos naquilo que é atractivo, no que é excepcional, pero tamén no feo e vulgar, e fotografádeo na vosa cabeza. Corrixide a vosa primeira elección e tomade notas nunha libreta do que vaiades observando e das vosas correccións: iso fará que pensedes máis a fondo sobre o que tedes diante vosa. Non vale calquera cousa. A vosa foto mental ten que ser interesante e froito dunha reflexión. Debedes procurar unha maneira propia de ver. Non fagades o que xa se fixo, ou polo menos non o fagades da mesma maneira. Do que se trata é de conseguir que as vosas fotos non sexan o resultado dun acto instintivo e mecánico, senón algo pensado e buscado. Procurade que sempre se parezan o menos posible ao que faciades cos vosos móbiles de maneira case automática. Fotografar non é só perseguir un resultado estético, que tamén, senón que é sobre todo unha actividade intelectual: esixe esforzo mental, concentración e vontade. Por iso, canto menos distraccións teñades ao principio mellor, incluíndo a de ter que manexar unha complexa cámara réflex dixital na que hai que escoller o tipo de arquivo, a sensibilidade, a temperatura da cor, o modo de disparo, o diafragma etc. cada vez que se dispara. Así, cando chegue o momento de usar unha cámara profesional, xa saberedes moito sobre fotografía. Son consciente de que algúns non quereredes renunciar á cámara cando empecedes a aprender, e outros non poderedes, xa que se vos esixe o seu uso, pero mesmo que xa teñades unha e esteades facendo as vosas primeiras prácticas debedes de vos acostumar a “fotografar sen cámara” sempre que poidades. Asegúrovos que esas fotos mentais, esas anotacións, esas análises que fagades sobre as vosas seleccións e sobre os vosos descartes conseguirán facervos mellores fotógrafos.

4. AFECCIONADOS VERSUS PROFESIONAIS Un afeccionado é alguén que practica algunha actividade porque lle gusta facelo, porque se apaixona con ela, e así a cultiva e a pon en práctica a miúdo. Un profesional tamén practica unha actividade, pero vive dela e iso fai que afronte a súa tarefa dun

Manual para reporteiros

9


xeito diferente: domina o medio (ou debería), exérceo a diario (ás veces sen ganas), e mesmo que non queira ten que facelo igualmente. O meu consello é que cando vos convirtades en profesionais non deixedes de ser afeccionados, porque a paixón polo oficio fará que as vosas fotos sexan mellores. Para que as vosas imaxes destaquen por encima doutras debedes conservar ese entusiasmo polo voso traballo. Hai unhas cantas tarefas que abordar para converterse en fotógrafo: aprender a técnica necesaria, coñecer o traballo dos grandes fotógrafos, reflexionar sobre as vosas fotografías, embeberse da historia da arte… todas elas necesarias e imprescindibles. Mais á hora de poñer en práctica o aprendido hai que ter ganas e vencer a preguiza. Teño visto moitos alumnos con boas ideas que analizan durante semanas qué poderían facer e de qué maneira, pero que van pospoñendo o momento de remangarse e poñerse coa obra; sempre hai algunha escusa para non afrontar un traballo. Se sodes afeccionados non vos custará aprender todo o necesario para esta profesión, senón que estaredes desexando facelo e, en canto xurda unha ocasión, quereredes coller o voso equipo e poñervos á faena. Moitos profesionais acaban encontrando e adoptando unha forma de traballar que lles resulta rendible e práctica, e que lles esixe pouco esforzo. Interiorizan un método e aplícano repetidamente nos seus traballos; por iso a miúdo son remisos a cambiar e a innovar, e outras veces son simplemente incapaces. Polo contrario, o afeccionado experimenta e arríscase porque non ten nada que perder. As imaxes dos afeccionados son diferentes xa que, ademais de non ter ese lastre de clichés repetidos ata a saciedade, non teñen que satisfacer a ninguén máis que a si mesmos. Recoméndovos que non só coñezades e analicedes os traballos dos fotógrafos consagrados, senón que poñades os vosos ollos tamén no labor da xente que practica a fotografía por pura diversión e satisfacción persoal. Existen exemplos de fotógrafos amateurs que acabaron por converterse en obxecto de estudo para posteriores xeracións: Julia Margaret Cameron, Jacques Henri Lartigue, entre outros, para os que a fotografía constituíu a súa vida enteira. Estes exemplos, e outros que vos poidan vir á mente dalgún bo afeccionado que coñezades, non teñen nada que envexar ao traballo dos profesionais; polo contrario, moitas veces supéranos. Dicíavos antes que o afeccionado arríscase moito máis que o profesional, e na palabra “risco” está a clave de boa parte do éxito dun aspirante a reporteiro. E non me refiro ao risco físico que ás veces se corre traballando nesta profesión (veredes nalgunhas das reportaxes que aquí se publican, como a de Penamoa

10 Nacho Romero


ou a do furtivismo, que en ocasións un traballa en contornas ou situacións de perigo) senón á valentía á hora de expoñer un punto de vista coas túas fotografías, á ousadía de facer xusto o contrario do que mandan os cánones. O outro risco tamén hai que asumilo: é preciso traballar de cerca, metido no escenario onde sucede a acción. Quen mira a través dun teleobxectivo faino desde a grada; cun grande angular estás xogando ti o partido.

5. A TÉCNICA Como a saúde, o diñeiro e o amor: canta máis, mellor. Aqueles que vos dediquedes á fotografía documental e de reportaxe non necesitaredes coñecer a fondo complexas técnicas de fotografía publicitaria, arquitectónica, macrofotografía etc., pero teredes que saber un pouco de todo. A variedade de temas e situacións que ides enfrontar é grande: desde deportes, arquitectura, paisaxe ou retrato ata calquera outro tema co que traballa a diario un fotoperiodista. De todas formas, un non pode ser especialista en todo, nin é necesario, por outra parte. Máis importante que aprender a fondo a técnica para aplicar a todas as situacións coas que vos encontraredes será a vosa capacidade de ver e de saber narrar. Un reporteiro ten algo de periodista e algo de artista: de periodista por contar o que ocorre e por crear opinión coas súas imaxes, e de artista por facelo procurando proporcionar un pracer estético, a si mesmo e ao seu público potencial. Desde logo que debedes coñecer a vosa cámara e accesorios a fondo e manexalos con axilidade. Hai que saber seleccionar o equipo que levaredes a cada reportaxe e saber que útiles deixar na casa. O manexo da cámara non pode distraervos do tema que esteades fotografando; debedes escoller os botóns e menús con rapidez e sen dúbidas, case sen miralos. Na maioría das ocasións a vosa cámara será unha réflex dixital; aprendede a manexala ata a última posibilidade do seu menú, e metede o manual na bolsa por se nalgún momento necesitades volver sobre algún aspecto que non usades a miúdo. En pouco tempo interiorizaredes o uso da velocidade, do diafragma, da cor, da exposición e outros factores, de maneira que traballar con ela sexa tan natural como conducir un coche: estade atentos ao que pasa na estrada e reaccionade axiña ante calquera circunstancia, pero non esteades pendentes de onde está o freo ou o intermitente. A partir do momento en que coñezades o funcionamento do mecanismo comeza o difícil: narrar, opinar, denunciar, saber como e cando empezar e acabar, compoñer, seleccionar, renunciar, agardar, prever, arriscar…, é dicir, crear.

Manual para reporteiros 11


Calquera persoa pode aprender sen moita dificultade a técnica fotográfica necesaria para ser un reporteiro; vós non só podedes senón que estades obrigados a iso. Todo o que vén a partir de aí é o que marcará a diferenza entre un bo ou un mal fotógrafo. Sendo consciente disto, non nos conformaremos con calquera imaxe posible, senón que sempre procuraremos buscar a mellor. E para buscar a excelencia no voso traballo debedes manexar os vosos equipos á perfección, sen que teñades que lles prestar demasiada atención ao estardes traballando. O público que verá as vosas fotos non é como o de hai cincuenta anos; agora está moito máis acostumado a ver imaxes a todas horas e en calquera lugar, e sorprendelo non é fácil. Por iso non abonda con que as vosas fotografías teñan unha boa factura técnica, senón que esta é unicamente o principio de algo máis complexo, a parte máis fácil do voso traballo. Que as nosas imaxes sexan técnicamente perfectas é unha obriga, mais non é a fin que debemos perseguir, senón tan só o punto de partida. Coñezo fotógrafos que aprenderon o imprescindible sobre a técnica e a partir de aí puxéronse a traballar, mais renunciaron a dominar mellor o oficio e a estar ao día das novidades tecnolóxicas; cando se enfrontan cunha situación calquera teñen que adaptala ás súas limitación técnicas, o que condiciona o resultado do seu traballo. Unha vez máis repiten sempre as mesmas fórmulas e non son capaces de innovar. Tamén están os namorados da tecnoloxía (que non da técnica) que compran todo aparato novo que sae ao mercado; teñen tanto equipo e tantos accesorios que moitas veces enrédanse neles, e descoidan a parte máis importante do proceso. Pensade que a maior parte das grandes reportaxes que se poñen como exemplo á hora de falar sobre a fotografía documental fixéronse cunha réflex de 35 mm. e apenas un tele curto e un angular moderado, o equivalente hoxe en día a unha réflex dixital con un 24-70 mm. ou un 35-135 mm.

6. O EQUIPO Nadar, Robert Capa, Robert Frank, Irving Penn, Richard Avedon, Arnold Newman, William Klein… todos eles tiñan peores equipos que a primeira réflex que vaiades comprar. Xa pasaron moitos anos desde que estes e outros grandes fotógrafos estaban en activo, e os avances nos materiais, na electrónica e na fabricación de lentes foron moitos desde aquela. A maior parte das mellores imaxes que se tomaron desde que en 1826 se inventou a fotografía fixéronse con cámaras incómodas de manexar e lentes pouco luminosas que tiñan moitos defectos. O pro-

12 Nacho Romero


blema nunca vai ser o equipo do que dispoñades, aínda que, claro está, houbo, hai e haberá mellores e peores cámaras e lentes no mercado. Que gastedes uns centos ou miles de euros vai depender do volume de traballo que teñades, das condicións nas que traballedes e, por suposto, do que cadaquén se poida permitir. Algunhas empresas (periódicos, axencias, produtoras etc.) compran os seus propios equipos e cédenos aos seus fotógrafos. Adoitan elixir equipos sólidos que aguanten ben o ritmo de traballo ao que son sometidos, o elevado número de disparos e as duras condicións climatolóxicas nas que hai que traballar a miúdo. Eses equipos son caros, pero fiables e resistentes, algo necesario se, como é habitual, teñen que pasar por varias mans e resistir o paso do tempo sen que haxa que recorrer con frecuencia ao servizo técnico para facer reparacións ou axustes. No caso de que sexa un mesmo quen ten que comprar o seu propio equipo, a elección pode ser outra, menos cara, xa que o coidado co que se trata o material nestes casos é case sempre maior: en primeiro lugar, polo feito de que o usa só unha persoa; en segundo termo, polo esmero lóxico con que un trata o seu equipo para non ter que renovalo a miúdo. Se tivese que facer unha lista de todo o material que pode precisar un fotógrafo documental ou de prensa, o resultado desilusionaría a calquera, pois o número de cámaras, flashes, lentes e accesorios sería enorme e custaría moitos miles de euros. Isto é así porque, tal como comentei antes, un reporteiro pode dedicarse ao retrato, á fotografía deportiva, á arquitectónica, á de viaxes, á de natureza, á fotografía de prensa, á reportaxe social etc., pero non é habitual que traballe en todos eses campos con asiduidade. Pode ocorrer que en ocasións teña que traballar cun equipo especializado que non use normalmente; nese caso, o razoable é alugar ou pedir prestados os accesorios que se necesiten. Un fotógrafo que realice moita fotografía arquitectónica fará ben en investir na compra dunha ou de varias lentes Shift ou descentrables para corrixir perspectivas; un fotógrafo deportivo necesitará teleobxectivos potentes e moi luminosos e sistemas de enfoque rápidos e fiables; un fotógrafo de natureza pode precisar de lentes específicas para macrofotografía… e así poderiamos seguir. De todas formas, e dado que estas liñas van dirixidas ao estudante de fotografía que empeza cos seus primeiros traballos, o que farei será describir un equipo fotográfico versátil que poida dalgunha maneira cubrir a maior parte das situacións coas que se poida encontrar un reporteiro. Na miña opinión, o necesario para empezar é unha cámara réflex dixital de gama media ou alta (por cuestións de solidez máis que nada), un zoom angular, un zoom teleobxectivo, un

Manual para reporteiros 13


flash TTL, unhas cantas tarxetas de memoria e un ordenador actual cun bo monitor. ¿Nikon, Canon, Leica, Pentax, Olympus, Sony? Dá igual. Calquera delas (e outras) poden facer as mellores e as peores fotos. En todo caso, o criterio da marca non me parece o máis relevante á hora de elixir equipo; moitas veces é mellor escollelo en función do servizo técnico que ofreza a empresa, ou polo feito de ter colegas que usen a mesma marca, a fin de poder intercambiar accesorios nun momento determinado. A diferenza na calidade das imaxes segundo a marca que cadaquén use é inapreciable. Unha vez que nos decantamos por unha marca, o que si ten moita importancia son as lentes que se elixan. As cámaras teñen un desgaste que fai que a partir dun número determinado de disparos xa non teñan a precisión necesaria ou incluso deixen de funcionar, pero os obxectivos duran moitos máis anos. Investir moito diñeiro nun corpo de cámara non é a mellor opción (a non ser que o diñeiro non sexa un problema en absoluto, e nese caso a todos nos gustaría ter a mellor cámara de calquera marca) xa que nuns poucos anos haberá por forza que sustituíla. Non obstante, comprar boas lentes ten varias vantaxes: - O investimento é máis rendible, xa que duran moitos anos. - Son máis luminosas e permiten fotografar en peores condicións de luz ou ben axustar valores ISO máis baixos. - Son máis sólidas e precisas no enfoque, e están seladas para se protexeren do po e da humidade. - En cuestións de definición e reprodución da cor, a diferenza que hai entre lentes de gama baixa e alta faise patente nas fotografías. A tentación inicial de quen compra o seu primeiro equipo adoita ser a distribución do diñeiro do que dispón para adquirir un corpo de cámara e tres ou catro obxectivos que cubran focais diversos, desde moi angulares a moi teleobxectivos, e por iso é frecuente comprar ópticas de gama media ou baixa. Co paso do tempo, un decátase da diferenza que supón ter bos obxectivos, e trata de vender o que ten de segunda man para poder comprar algo mellor; polo camiño pérdese moito diñeiro, pois as ópticas devaluáronse. É mellor ter menos obxectivos ou mesmo un só para empezar, pero de gama alta, e ir comprando máis a medida que se poida. Outro argumento a favor de investir máis en ópticas e menos en corpos de cámara é que namentres os últimos cambian constantemente, incorporando melloras interesantes, cos obxectivos non pasa o mesmo. As cámaras teñen moita electrónica e diversas partes que evolucionan con rapidez, como os obturadores, os sensores, os sistemas de arrastre, os sistemas de enfoque etc., mentres que as lentes, en esencia, dependen da calidade do vidro

14 Nacho Romero


con que están feitas, e moito menos da electrónica que teñen, polo que un modelo determinado de obxectivo permanece sen cambios moitos máis anos que unha cámara. Resumindo, aconséllovos que non gastedes demasiado no corpo de cámara e si, en cambio, en bos obxectivos desde o principio. E con respecto ao ordenador aplicaría a mesma norma: non compredes o modelo máis potente, xa que un de gama media cunha boa cantidade de memoria RAM pode facer ben o traballo de tratamento dixital de imaxes fixas (outra cosa é que haxa que usalo tamén para editar vídeo). Comprade, iso si, un bo monitor, que ha seguir convosco tras varios cambios de ordenador. A pesar de que lles teño dado estes consellos a moitos alumnos ao longo dos anos, a maioría deles caeron na tentación de, cun presuposto reducido, comprar nun mesmo día o equipo completo; pero tamén é certo que case todos se arrepentiron ao cabo de poucos meses. Pensádeo dúas veces antes de equivocarvos. Aínda que pareza unha verdade de Perogrullo, máis equipo non vos fará mellores fotógrafos; é moito máis rendible investir en aprender fotografía.

7. O ESENCIAL É o máis difícil. Para intentar explicarvos en que consiste, contarei coa axuda de Carmen Valiño, José Cabalar, Amador Lorenzo, Fran Martínez, Javier Quintana e Juan Varela, media ducia de bos fotógrafos, ex-alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Farei unha introdución con algúns consellos sen unha orde preestablecida, para a continuación deixar que as fotografías destes ex-alumnos e os seus comentarios amosen iso que hai que saber pero que é moi difícil de ensinar: o ollo, a oportunidade, a actitude, a capacidade de mimetizarse en distintos ambientes, a selección final. Suponse que xa adquiristes a técnica, contades cun equipo, tedes estudado traballos doutros fotógrafos e estades dispostos á faena. ¿E agora qué? 1. Non é o mesmo traballar para alguén que para un mesmo; se traballas por encargo vas estar limitado e condicionado por quen paga. Faino como cho piden, mais non deixes de facelo tamén como ti queres. Queda con material de sobra, porque se pode vender ou ensinar noutros lugares ou noutros momentos. 2. Se te atascas porque aquilo que ves non te seduce o suficiente como para facer un bo traballo, ou ese día non te sintes inspirado, bota man dos teus coñecementos fotográficos para gardar as costas: dispara planos xerais, medios e de detalle,

Manual para reporteiros 15


aproveita a luz e atrévete a disparar directamente cara a ela, usa o angular e acércate, introduce elementos en primeiro termo, desenfoca, dispara mentres camiñas coa cámara á altura da cintura, dos pés ou por encima da cabeza, aproveita o movemento, olla cara atrás de cando en vez, busca historias secundarias, usa o flash… 3. Trata de adaptarte á situación na que te encontres. Un día vas ter que fotografar un empresario de éxito ou un político coñecido, e ao día seguinte un traficante de droga ou un accidente de tráfico; podes facer unha reportaxe sobre moda ou sobre a delincuencia nun barrio da túa cidade…Hai que saber estar en todas esas situacións. 4. Non incomodes cando non sexa necesario, pero faino sen miramentos cando pague a pena. 5. Selecciona e volve seleccionar. Ao descargar as túas fotos no ordenador, aprende a descartar o que non serve. O que vale é o que ves na patalla, non canto che custou facelo nin as anécdotas que só ti sabes que aconteceron cando disparabas. Non entregues nin mostres nunca malas fotografías; é mellor ter poucas imaxes de calidade que entregar un montón de fotos mediocres. Insisto en que hai máis cousas a ter en conta para facer unha boa reportaxe, pero para dar coa clave en cada situación cómpre ter estudado o traballo doutros fotógrafos, estar inspirado, ter algo de sorte e, sobre todo, traballar, porque a práctica é o que fará que melloredes día a día. Nos exemplos que seguen veredes cinco reportaxes e un traballo periodístico consistente en varias fotografías sen outro nexo que o de estaren feitas para cubrir unha noticia. Non é o mesmo facer unha reportaxe que contar unha historia cunha soa fotografía. Polo xeral, quen é bo nunha cousa éo na outra, mais ás veces hai fotógrafos que se manexan mellor nunha ou noutra circunstancia. Tal como dixen ao principio deste estudo, os traballos que veredes deseguido son moi recentes e están feitos por fotógrafos que hai apenas sete ou oito anos estaban estudando na Escola de Imaxe e Son da Coruña; isto debería motivarvos e facervos pensar en que, en poucos anos, calquera de vós pode estar traballando como reporteiro, achegando a vosa única e especial maneira de mirar. Aprendendo deles conseguiredes unha formación fotográfica que vos ha converter en mellores profesionais, porque afeccionados xa sodes, ¿non si?.

16 Nacho Romero


8. OS FOTĂ“GRAFOS

Manual para reporteiros 17


E

n 2003 acabei os meus estudos na Escola de Imaxe e Son da Coruña, pero un ano Amador Lorenzo antes fixen a miña primeira reportaxe fotográfica sobre as consecuencias do naufraxio do Prestige na Illa de Ons. (Bueu 1976) Ao rematar os estudos, empecei a traballar de operador de cámara nunha televisión local da Coruña. Logo, en 2005, como fotoperiodista en El Ideal Gallego, e ao pouco tempo comecei a colaborar cos diarios El País e Marca. Quedei finalista do VII Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado cunha reportaxe sobre a vida dun veterinario rural nas terras de Trives. En 2008 empecei a traballar no Xornal de Galicia e gañei o primeiro premio ao mellor portafolio e á mellor portada dun suplemento con periodicidade regular nos premios de deseño periodístico ÑH6.

18 Nacho Romero


Esta reportaxe pretende facer un retrato visual do illamento e da relación entre o ser humano e o espazo. O cárcere coma unha illa, coma unha célula enferma, metáfora do paso silencioso do tempo, reflexo da memoria física e emocional das vidas estacionais que alí habitaron. Coma un pranto silandeiro.

As imaxes tratan de evocar as sensacións que impregnan o ambiente dos que alí penaron as súas condenas. Retratar os presos sen os presos; o baleiro das imaxes mostra as súas vidas pasadas entre os muros do cárcere.

O proxecto naceu o primeiro día que entrei no antigo cárcere provincial da Coruña para facer unha reportaxe para o Xornal de Galicia. Non tivo nada que ver aquela reportaxe sobre o cárcere e os presos políticos que por alí pasaron co traballo que fun elaborando de modo paralelo. Interesábame o retrato emocional do preso, non o cárcere.

Manual para reporteiros 19


r Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE | Amador Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE | Amador Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE |

20 Nacho Romero


Amador Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE | Amador Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE | Amador Lorenzo | TRAZOS NA PA

Manual para reporteiros 21


EDE | Amador Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE | Amador Lorenzo | TRAZOS NA PAREDE | Amador Lorenzo | TRAZOS

22 Nacho Romero


A

o terminar os meus estudos na Escola de Imaxe e Son comecei a traballar Carmen Valiño como fotoperiodista en La Voz de Galicia e en El Ideal Gallego, ao mesmo tempo que colaboraba cos diarios El País e El Mundo. (A Coruña 1980) Tras dous anos traballando en Galicia, conseguín unha bolsa de ampliación de estudos artísticos da Deputación da Coruña coa que fun a Londres, onde obtiven un Diploma de Fotografía no London College of Communication. Mentres estudaba seguín colaborando en El País. Ao rematar, comecei a traballar como “freelance” para os periódicos The Daily Telegraph e Thelondonpaper, e para as axencias Camera Press, National News and Pictures e Press Association. As miñas fotos foron publicadas en The Guardian, The Times, The Observer, The Independent, e en todos os xornais de tirada nacional inglesa. Con The Express España publiquei en El País, Diario Público, El Mundo, La Vanguardia e El Periódico de Catalunya, entre outros. Un dos momentos máis significativos da miña carreira foi a oportunidade de ser a última persoa en fotografar a Julian Assange, o fundador de Wikileaks, antes de que desaparecese por estar baixo orde de busca e captura por parte da Interpol. Unha das fotografías desa sesión publicouse durante unha semana seguida en The Guardian e despois no resto da prensa inglesa. Unha semana máis tarde estaba publicándose en periódicos de todo o mundo; fixéronse pancartas, camisetas… quedei atónita pensando na repercusión de 10 fotos que fixen en cinco minutos.

EAST

LONDON

Manual para reporteiros 23


NDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen

24 Nacho Romero


Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST L

Manual para reporteiros 25


Levo cinco anos traballando nesta reportaxe e aínda non está rematada. Tampouco teño claro cando vai acabar, xa que canto máis tempo lle dedico máis cousas descubro; é como un vicio, unha adicción. O que aquí presento é unha pequena parte dela. O leste de Londres é un lugar onde conviven multitude de culturas diferentes. Nesta zona asentáronse, entre outros, a maioría de emigrantes de orixe bangladeshí; trouxeron consigo a súa cultura, as súas tradicións e a súa relixión musulmá.

N | Carmen Valiño | EAST LONDONDON | Carmen Valiño | EAST LONDON | Carmen Valiño | EAST LONDON | Carmen

26 Nacho Romero


Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST LONDON | Carmen Vali単o | EAST L

Manual para reporteiros 27


iño | EAST LONDONDON | Carmen Valiño | EAST LONDON | Carmen Valiño | EAST LONDON | Carmen Valiño | EAST

Nos últimos anos espallouse por Europa e por outros lugares do mundo unha vaga de “islamofobia”: no caso de Inglaterra existe un grupo creado a raíz desta corrente, chamado “English Defence”, de tintes claramente racistas, que ten como obxectivo principal atacar aos musulmáns. Nesta serie de fotografías trato de retratar a vida, as experiencias, a cultura, a relixión, as alegrías e o sufrimento da poboación musulmá; son persoas que padecen e se alegran como todo o mundo, que desexan manter a súa forma de vida e a identidade do seu pobo. Por esta simple razón son a miúdo atacadas ou tratadas con pouco respecto. A miña reportaxe trata de mostrar todos estes aspectos.

28 Nacho Romero


C

recín no Barrio das Flores, e vivín a Coruña dos barrios máis que a do Fran Martínez centro nunha época, a dos anos oitenta, onde a droga, e máis concretamente a heroína, facían estragos. (A Coruña 1977) Despois de terminar o Bacharelato comecei os meus estudos universitarios na Facultade de Dereito da Coruña; máis tarde decidín abandonar a carreira e cursar o Ciclo Superior de Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Unha vez concluído este, no ano 2005 pasei a traballar como fotógrafo no diario La Opinión da Coruña, onde continúo desde entón. A maneira de afrontar o traballo nun xornal deste tipo deixa pouca marxe á preparación. Se por algo se caracteriza a reportaxe de prensa diaria é pola inmediatez: non adoita haber moito tempo para realizar o traballo fotográfico, e rara vez ocupa máis dun día, ou quizais unha tarde ou unha mañá. Iso non quere dicir que traballemos sen ningún tipo de información, posto que, como nos movemos con acontecementos de actualidade, o traballo sempre consiste en facer unha reportaxe de seguimento de asuntos candentes. En ocasións hai reportaxes que xorden a partir dun tema no que traballa un redactor e que saen do habitual, o que ten varias vantaxes: unha delas é a de saír da rutina que vives a diario no teu propio periódico, facendo así algo diferente. Por outro lado, creo que non é necesariamente malo comezar un traballo fotográfico sen saber prácticamente nada sobre o asunto e ir comprendendo pouco a pouco unha realidade. Ademais, nestas circunstancias, é frecuente realizar un labor de equipo cun redactor, de xeito que se vai transmitindo unha información e un coñecemento moi enriquecedor xeralmente. En canto a cuestións técnicas, persoalmente traballo cun equipo proporcionado pola empresa. No noso caso trátase de Nikon, pero o equipo de campo non varía co que levaría un fotógrafo Canon. Acostumo levar unha cámara sen factor de recorte, un angular zoom, un tele zoom, un ollo de peixe e un flash. Non acostumo traballar con ópticas fixas agás co ollo de peixe. En ocasións especiais, cando o asunto o require podemos usar un 300mm, pero cargar ese peso adicional ten que estar moi xustificado. En canto ao modo de expoñer cando realizo as tomas, salvo contadas excepcións, tiro en manual; os automatismos acostumo reservalos para os deportes. Para o traballo diario disparo en JPEG, mais cando saio de reportaxe traballo en RAW. Proceso en “Photoshop” e en “Lightroom” e uso un ou outro dependendo do tratamento que necesite o revelado dixital. As fotos sempre acaban en JPG no servidor do periódico; por cuestións de espazo do servidor de arquivo non se garda en TIFF, e iso é unha mágoa. Por iso arquivo as reportaxes particularmente en RAW na miña casa.

Manual para reporteiros 29


F U R T I V O S

A reportaxe de furtivos naceu dun asunto de actualidade. Non é un tema propio dun redactor senón unha xestión do periódico para acompañar aos gardacostas no seu labor, que ten como obxectivo evitar a pesca furtiva na ría do Burgo. Para realizar a reportaxe embarcámonos nunha zodiac e dirixímonos á zona da redada, acompañando a un grupo de axentes da garda civil e de gardacostas. Como a reportaxe había que facela de madrugada, levei unha petaca de alimentación do flash, posto que este ía ter un traballo extra. A maior dificultade da reportaxe era

IVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTI

30 Nacho Romero


IVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIV

Manual para reporteiros 31


Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Ma

32 Nacho Romero


artínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Ma

Manual para reporteiros 33


Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS |

34 Nacho Romero


Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS | Fran Martínez | FURTIVOS |

reflectir unha realidade na que hai moita acción cunhas condicións mínimas de luz. Fotografar a acción non sempre implica conxelar a imaxe, posto que unha imaxe parcialmente movida vai suxerir movemento, acción. Ademais tiña un reto engadido que era aproveitar a luz ambiente por dous motivos: captar o horizonte urbano da ría iluminado polas farolas, rompendo así a predominancia do negro nas imaxes, e captar a luz da lúa chea, aspecto moi importante neste caso xa que é entón cando os furtivos actúan. Durante a realización da reportaxe só se atrapou un furtivo, alcumado King Kong, vello coñecido dos gardacostas.

Manual para reporteiros 35


T

eño nome e dous apelidos, pero todo o mundo chámame Quintana. Javier Quintana Nacín nun tristeiro inverno de 1976 e non coñecín a Franco. Estudei Ciencias do Mar e Imaxe e Son. Levo dez anos traballando, (A Coruña 1976) primeiro como cámara nunha televisión local e despois en El Ideal Gallego, onde xa levo sete anos. Ou iso creo. Gañei o premio de periodismo escrito Alejandro Pérez Lugín de 2009, e tamén o Juan Cancelo de Fotoperiodismo de 2010.

DE RATAS E HOMES

Penamoa ben podería estar baixo terra. Porque é lume e fume. Case xofre. Alí sempre hai labaradas. Homes, lixo, ratas e xeringas. E as olladas séguente, como a túa sombra, e os escintileos do papel de prata reflíctense como estrelas mortas cando brilla o sol. A Coruña contémplase aos seus pés –pobres e luídos– maxestosa, allea. Como a lúa, tan distante. Despois están as rodas queimadas e os homes, e os cans de pelexa, e os mortos e os peregrinos do cabalo. Todos desfilan como a Santa Compaña. Son, din, persoas. Ou iso ou son farrapos sobre ósos descascados ou cascallos de familias rotas ou

36 Nacho Romero


ricas ou talvez o teu mellor amigo a quen xa non chamas ou o neno que mallaba en ti no patio do colexio. Todos chegan, e talvez, cando a mañá alborexe, xa non saian. E aparezan fríos como rochas frías sobre a terra. E a Nacional cubra un parte e acabouse a historia. O demo abriu unha delegación no Monte de San Pedro e leva aos seus a golpe de agulla. Agora Penamoa está na súa fin, e diso van estas fotos. Constrúen unha autoestrada ao inferno e decidiron que xa ninguén vai pagar a factura do gas. Collan as maletas e os ataúdes, ata os mortos deben marchar a outra parte. A terceira rolda da cidade vai pasar por alí, e punto. O que sobran son lugares para montar o inferno. Abordei esta reportaxe por acumulación. Por algún escuro fado (e espero que non sexa por medo dos meus compañeiros) eu era o «home penamoa». Cada vez que había un incendio, unha liorta, un morto, unha redada, calquera cousa, chamábanme a min. E alí ía eu, a tratar coa xente máis complicada, revirada, perigosa e mentireira do mundo. Digamos que coa xente que

Manual para reporteiros 37


vive segundo as súas propias normas, e que non está disposta a aceptar outras. Despois dun millón de subidas, xa coñecía a xente e tiña acceso a certas zonas sen perigo para a miña integridade física. Basicamente, a reportaxe trata sobre o desmantelamento dun buraco infernal que vivía á marxe da civilización, onde as regras e as leis non van ao mesmo ritmo. Agora, por motivos económicos e especulativos, as administracións –despois de vinte anos– acaban co maior mercado de droga do Noroeste peninsular. Unha reportaxe só ten un truco: trabállase ben cando se dispón de tempo. Nos tempos que corren ninguén ten tempo para nada, e hai que sacalo de onde sexa. Aos xornais non lles interesan as reportaxes porque estas non son unha hamburguesa, senón un prato preparado que require tempo e diñeiro. O que xamais está disposto a poñer un xornal é diñeiro. Así que as reportaxes xorden sempre como iniciativa persoal. Cando hai unha toma de contacto co asunto e comezan a verse as posibilidades, chocamos

er Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES |

38 Nacho Romero


cos prexuízos do fotógrafo: un sempre leva unha idea preconcibida, é inevitable, e iso ás veces é unha axuda cando as cousas saen como desexas, e noutras ocasións é un lastre, se non es capaz de tirar o corsé da túa propia cabeza. Ao tratar de abarcar un tema, ademais do tempo, conta o oficio. O fotógrafo debe de dar confianza á xente (cando se trata con xente) e, por suposto, adaptarse aos rexistros de cada ambiente social. Non se pode tratar igual a unha banda de albanokosovares que a un candidato á alcaldía dun concello. Isto é o que fai grande o traballo de fotógrafo e non a cámara nin as babecadas que poidas ter na túa cabeza. O ollo e o oficio. É o único que debe ter un fotoperiodista para facer un bo traballo, para ser honesto e, sobre todo, para que non che partan a cabeza. Calquera idiota que anda por aí cunha camariña ou cunha cámara mellor que a dun profesional cre que sabe facer fotos. É como se compras o xogo “operación” e cres que xa es cirurxián. O fotoperiodismo é un oficio complexo, sacrificado, desagradecido ata a

Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOME

Manual para reporteiros 39


saciedade, mal pagado e peor valorado. É un oficio en vías de extinción, asasinado pola propia prensa, asfixiado polos propios periodistas que basean a información no “TODO VALE” e sobre todo no “TODO VALE, E AÍNDA MELLOR SE É GRATIS”. A reportaxe é o derradeiro elo que lle queda ao fotógrafo de prensa de raza, e nas nosas mans está que un dos poucos oasis da prensa fiel e honesta perdure nun ermo de mediocridade informativa baseada en encher páxinas e na intencionalidade e terxiversación da publicidade encuberta. O principal inconveniente dun fotógrafo de provincias é que xamais ten tempo. Pero a prin-

cipal vantaxe dese fotógrafo de provincias é que vai a un sitio corenta mil veces. Eu poida que suba unha hora a Penamoa ou dúas, pero se nun verán vou trinta veces, e das trinta veces podes salvar unha foto de entre as duascentas que fagas, entón pode fraguarse unha reportaxe. Comeza a cobrar forma. E así é como os fotoperiodistas de provincias adoitamos traballar: somos como un Doutor Frankenstein que con pezas de cadáveres vai formando un monstro, e cada vez que te achegas de novo ao lugar xa vas buscando unha intencionalidade nas fotos para que vaian encaixando coas outras. Despois están os superfotógrafos que dedi-

ntana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier

40 Nacho Romero


can meses a unha reportaxe. Mais eses son os “súper” e non nos dirixen a palabra. E por último, e o máis importante, o vital, o que marca a diferenza: a edición. Xa podes ser Deus cunha cámara; como non saibas elixir a foto, mal andamos. Creo que ese é o meu punto forte. Teño vista para a edición, para o reencadre, para a intención. Ese é un don que non te ensinan, que podes ir aprendendo malamente co tempo, pero tense ou non se ten. E iso é o que marca a diferenza. Coñezo fotógrafos infinitamente mellores ca min e, non obstante, non saben diferenciar unha boa foto dun plátano maduro.

E RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Javier Quintana | DE RATAS E HOMES | Jav

Quintana | D

Manual para reporteiros 41


E

n 2005 acabei os meus estudos do ciclo superior de Imaxe na Escola de José Carlos Pérez Imaxe e Son da Coruña. Ao finalizar, «Cabalar» fixen as prácticas en La Voz de Galicia, onde seguín traballando ata o ano 2007, cando me (Pontedeume 1982) contratou o Grupo Planeta para traballar no xornal ADN. Ese mesmo ano empecei a colaborar co diario As e coa axencia EFE. Actualmente traballo en EFE como corresponsal, o que me ten permitido publicar as miñas fotografías nos diarios más lidos de Europa e de Latinoamérica.

Roldas de prensa Con estas fotos quixen dar relevancia ao feito de asistir a unha rolda de prensa, pois captar unha imaxe con potencia nun acto tan estático é complicado. Temos dúas opcións: ben “alumear” co flash, que todo estea no seu sitio e marchar

42 Nacho Romero

para a casa, ou ben podemos darlle un enfoque orixinal baseándonos no encadre, na iluminación, no xesto dos personaxes etc. Pretendo mostrar puntos de vista diferentes. Non son noticias de portada, mais debemos traballar

como se así fosen. Co paso do tempo decátome de que non son un artista; só un obreiro máis nesta profesión. Por iso elixín este tema. Humilde no fondo, pero que, cando vas aprendendo acerca da linguaxe fotográfica, che transmite


moita información sobre a persoa que apreta o botón. A miña actividade como fotoperiodista desenvólvoa nunha axencia de noticias, onde prima máis a rapidez coa que se envía a información que a calidade dela. Falarei do que mellor coñezo: tratar de elaborar e enviar a reportaxe coa maior inmediatez posible. Se se envía desde a cafetería da esquina, mellor. Os seguintes puntos serían unha pauta lóxica a seguir para afrontar a nosa reportaxe: 1. Coñecer con claridade os feitos ou o asunto que serve de base á reportaxe. 2. Procurar información para dominalo por completo. 3. Desenvolvelo con absoluta obxectividade.

Manual para reporteiros 43


4. Planificar con antelación o ángulo de toma, o encadre e, se é posible, a iluminación. 5. Incomodar o menos posible ao resto dos compañeiros. Como digo, ao elaborar “información ao instante” para que se suba nuns minutos a internet, o tempo que dedicamos á planificación, elaboración e edición da reportaxe é reducido. Por iso, salvo en contadas excepcións, acostumo prescindir dos dous primeiros puntos. Non esquezamos ademais que ao longo do día adoitamos ter máis dunha previsión e que o encargo da reportaxe

arlos Pérez «Cabalar» | ROLDAS DE PRENSA | José Carlos Pérez «Cabalar» | ROLDAS DE PRENSA | José Carlos Pér

puido producirse con media hora de antelación. Por todo iso, debemos aprender a traballar ás présas. Non pode ser escusa que o pouco tempo co que contamos para realizar a nosa reportaxe afecte á calidade do produto final. Soportar a presión do tempo é algo ao que terminas por adaptarte. Quero aproveitar esta oportunidade para falar non da reportaxe clásica, senón dunha parte moi importante do noso traballo: a típica e aburrida rolda de prensa, asunto deostado e infravalorado por moitos reporteiros. Atención aos futuros fotoperiodistas: non despre44 Nacho Romero


rez «Cabalar» | ROLDAS DE PRENSA | José Carlos Pérez «Cabalar» | ROLDAS DE PRENSA | José Carlos Pérez «Caba

Manual para reporteiros 45


lar» | ROLDAS DE PRENSA | José Carlos Pérez «Cabalar» | ROLDAS DE PRENSA | José Carlos Pérez «Cabalar» |

cemos a importancia deste tipo de actos; non podemos considerar as roldas de prensa ou as presentacións acontecementos pouco importantes, xa que enchen máis páxinas de periódicos que as grandes reportaxes. Aínda que o interese que esperte en nós sexa nulo, non esquezamos que o noso nome aparecerá debaixo da foto. Unha rolda de prensa en “Ferralla Farruco” ten menos “glamour” que o avance das tropas rebeldes na guerra que estea de actualidade, pero alguén ten que facela.

46 Nacho Romero


L

icenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999. Técnico Superior en Imaxe pola Escola de Imaxe e Son da Coruña (2001). Fotógrafo do diario La Opinión da Coruña desde 2002. Ningún premio gañado (de momento).

O LEGADO DE DÍAZ PARDO

Juan Varela (A Coruña 1977)

Esta reportaxe foi realizada cunha Nikon D3s e cunha óptica Nikkor 2470 mm. O intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo ordena e arquiva libros, revistas e outros documentos vinculados sobre todo ao exilio, que forman parte do legado que cederá á Xunta de Galicia para a súa conservación na biblioteca da Cidade da Cultura. En teoría, antes de abordar calquera reportaxe fotográfica, o ideal sería documentarse sobre a persoa ou o acontecemento que vas retratar así como coñecer en que condicións se vai poder realizar o devandito labor. Na práctica, nun diario local NUNCA exis-

Manual para reporteiros 47


te esa posibilidade, porque se abordan moitos e moi diversos asuntos ao longo do día (case nunca “reportaxeados”), desde roldas de prensa a reunións de veciños, pasando por partidos de fútbol, sucesos e concertos, e sen tempo para preparalos, xa que o normal é ter coñecemento apenas uns minutos antes do acontecemento que se vai cubrir. Por todo isto, á hora de abordar esta reportaxe (como calquera outra) un adoita cargar co equipo imprescindible: angular, tele e flash, e tirar de enxeño sobre o terreo. Iso si, polo menos no

DO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO

48 Nacho Romero


DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varel

Manual para reporteiros 49


LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Ju

50 Nacho Romero


meu caso, sempre trato de interferir o menos posible na situación que vou fotografar. Nesta ocasión, por exemplo, ao tratarse dunha reportaxe centrada nunha única persoa e nun espazo de dimensións reducidas (o estudio de Díaz Pardo en O Castro, fronte á fábrica de Sargadelos que el mesmo dirixiu durante anos) primeiro deixei que a redactora que me acompañaba charlase durante

unha hora, aproximadamente, co protagonista da historia, ata que este, máis cómodo coa nosa presenza, se puxo a traballar na catalogación dos seus documentos como se non estivésemos alí. Utilicei a luz ambiente coa intención de reforzar esta idea, xa que o disparo continuo do flash podería, en certa medida, acabar intimidando ao personaxe.

uan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍAZ PARDO | Juan Varela | O LEGADO DE DÍ

Manual para reporteiros 51


9. MALLANDO APRÉNDESE A MALLAR Así foi como todos aprendemos e así é como tedes que facer vós agora. Saíde á rúa, pechade un ollo e disparade. Así fixeron os fotógrafos que xenerosamente deixaron as súas fotos e os seus consellos no libro que tedes nas mans. E non vos mentín cando dixen que a súa achega sería a máis interesante de todas. Se algunha vez tedes dúbidas de como afrontar un proxecto fotográfico ou mesmo de se afrontalo ou non, volvede sobre estas fotos e estes relatos porque de seguro atoparedes ganas e ánimo para traballar. Cando hai uns poucos anos aínda estaban eles estudando na Escola de Imaxe e Son, quizais non imaxinaban que, en pouco tempo e a través dos seus ollos, moita xente coñecería o que acontece ao seu arredor. Non quixera referirme individualmente a cada un deles, pero non me equivoco se de todos digo que teñen un ollo certeiro, unha cultura visual e unha paixón polo que fan tan grande que necesariamente tiña que verse reflectida nos seus traballos. E para rematar quero deixarvos un último consello a modo de pequena bibliografía. Hai moito que ler e moitas fotos que mirar, pero para seguir coa liña deste texto tratarei de ser o máis práctico posible. Déixovos aquí 6 libros interesantes coa intención de que os leades axiña que poidades. A orde na que os poño é a que debedes seguir na súa lectura: do máis sinxelo ao máis complexo. La fotografía del siglo XX. Museum Ludwig Colonia. Editorial Taschen. Capa, Robert: Ligeramente desenfocado. La Fábrica Editorial. Momeñe, Eduardo: La visión fotográfica. Curso de fotografía para jóvenes fotógrafos. Colección Preliminares Ensayo. Cartier-Bresson, Henri: Fotografiar del natural. Editorial Gustavo Gili. Freund, Gisèle La fotografía como documento social. Editorial Gustavo Gili. Benjamin, Walter: Sobre la fotografía. Editorial Pre-Textos. Sontag, Susan: Sobre la fotografía. Plaza edición. Berger, John: Mirar. Editorial Gustavo Gili, SL. Barthes, Roland: La cámara lúcida. Editorial Paidós Ibérica.

52 Nacho Romero

Manual para reporteiros  

Ensaio sobre reportaxe fotográfica feito para a colección "Cadernos EIS" da Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Autor: Nacho Romero.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you