Issuu on Google+

Dille ao mundo que o usas. Navega en galego

Dille ao mundo que o usas. Navega en galego

A pesar de que poidas ter unha versión traducida ao galego do teu navegador, isto non implica necesariamente que estea configurado para navegar na nosa lingua. Tanto o máis importante que o propio menú é a lingua en que está configurado para navegar a través da rede: sen o saberes, estás a dar a coñecer a túa preferencia lingüística aos xestores de contidos.

1


Normalización lingüística do Concello de Cerceda

Por que é importante? Navegar en galego é importante por varios motivos: • Ao entrares nunha páxina web que teña tradución a diferentes linguas, a páxina verase na que teñas establecida como predefinida. Nalgunhas poderás mudar de idioma, mentres que noutras non che ofrecerán esta posibilidade. Se tes configurado o navegador para empregares o galego como primeira opción, verás a páxina neste idioma se ten tradución e sen necesidade de mudar a opción. • Se precisas descargar un programa que ten múltiplas traducións, este baixarase na versión de idioma que teñas establecido como predefinido. Así, se tes o galego como primeira opción, o programa descargarase na nosa lingua, sen necesidade de procurares posteriormente outra versión. • Ademais, nalgunhas páxinas fica constancia do navegador que estás a empregar e a túa lingua de navegación. Ao pores o galego como idioma predefinido, estas a dicir de forma indirecta que precisas e buscas contidos en galego, polo que podes influír en que creen a versión en galego se aínda non a teñen Xa sabes porque; agora que o navegador fale por ti!

Firefox (versión 3 ou superior Nota: se desexas descargar a versión en galego do navegador Firefox, podes facelo a través desta ligazón Para estableceres o galego como lingua do navegador, debes seguir estes pasos: 1. Na barra de menús debes premer Editar e despois Preferencias

2


Dille ao mundo que o usas. Navega en galego

2. Aparecerá unha xanela de diálogo con diferentes opcións e separadores. Entre estes últimos deberás premer Contido

3. Na parte inferior da xanela Contido, aparecerá un cadro onde pon Idiomas. Escolla o seu idioma preferido para mostrar as páxinas.. Nesta sección, deberás premer o botón Escoller. 4. Ao premeres este botón, aparecerá unha outra xanela 3


Normalización lingüística do Concello de Cerceda onde deberas escoller o galego. Se aparece a opción Galego [gl], só terás que subila para que sexa a primeira opción.

Se, pola contra, non aparece entre os idiomas por defecto, deberás engadilo a través do botón Seleccione un idioma para engadilo.

4


Dille ao mundo que o usas. Navega en galego 5. Despois de seguires estes pasos, xa estás disposto para dicirlle ao mundo enteiro que falas galego!.

Internet Explorer de Windows (versión 6 o superior) Nota: se desexas descargar a versión en galego do navegador Internet Explorer, podes facelo a través desta ligazón. Para estableceres o galego como lingua do navegador Internet Explorer, debes seguir estes pasos: 1. Na barra de menús debes premer Ferramentas e despois Opcións de Internet

2. Aparecerá unha xanela de diálogo con diferentes opcións e separadores. Entre estes últimos deberás escoller Xeral. Ao premeres Xeral, abrirase unha xanela e na parte inferior desta, preme o botón Linguas.

5


Normalización lingüística do Concello de Cerceda

3. Se o galego non está entre as diferentes linguas que aparecen, deberás procurala na listaxe despregábel e, posteriormente, premer o botón Engadir.

6


Dille ao mundo que o usas. Navega en galego

4. Despois de seguires estes pasos, xa estรกs disposto para dicirlle ao mundo enteiro que falas galego!.

7


Dille ao mundo que o usas. Navega en galego