Page 36

Costitución do Clúster Galego das TIC Maio – novenbro 2007

Isto xa sucede no audiovisual, onde hai unha asociación de empresas pequenas e outra de empresas grandes. O problema agrávase se todas as empresas teñen un só voto pero pagan a cuota en función da facturación ou o número de empregados. As empresas grandes pagan e todo se decide coa óptica das pequenas. PROPOSTA 1. O Clúster TIC debe agrupar a todo o sector 2. Debe existir unha participación a nivel empresarial e outra a nivel asociacións (ponderando por número de asociados) • Suxerencia: Unha comisión de asociacións dentro de Clúster, ponderada por número de membros e suma de facturacións 3. Establecer unha modalidade de socio sen cuota con dereitos limitados 4. A participación dos socios debe ponderar de xeito igualitario os votos e as cuotas 2. GRUPOS E SUBGRUPOS Dentro de sector TIC hai subsectores que as veces teñen intereses enfrontados. Para estruturar o sector, o Clúster debe organizarse en subgrupos de intereses que poidan ter voces contrapostas e non se publiquen conclusións oficiais se non hai consenso. Tomando como referencia unha das principais asociacións do estado, obsérvanse 6 grupos: ƒ ƒ ƒ ƒ ƒ ƒ

Electrónica de consumo Compoñentes Electrónica profesional Tecnoloxías da información Industrias das telecomunicacións Operadores de telecomunicacións/provedores de servizos

Sería bo ir traballando en Galicia unha estrutura similar para ter mellores relacións con resto do estado, tendo en conta ademais, que hai empresas galegas que xa pertencen a estes grupos a nivel estatal. Pág. 35 de 56

Estudo e actuacions para a constitucion do Clúster Galego das TIC  

Noviembre 2007

Estudo e actuacions para a constitucion do Clúster Galego das TIC  

Noviembre 2007

Advertisement