Page 1

Infórmate

Número 139

a Fondo

3º trimestre 2015

Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

www.fondogalego.org

A OLLADA EXTERNA: Entrevista con María Xosé Silvar, Ses

“O feminismo propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica” 11

FONDO DE ARMARIO

OS PROXECTOS EN TERREO: Van rematando as intervencións con ONGD

7

9

Renóvase a Comisión Executiva do Fondo Galego

Vacacións con Traballo en Nicaragua e Cabo Verde 2

Declaración sobre a crise de persoas refuxiadas 4

Chegan as Xornadas Anuais de Cooperación 6

8


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

1

ACTUALIDADE DO FONDO

A Executiva do Fondo Galego renóvase con Nigrán na presidencia O alcalde de Nigrán, Juan González (PSOE), é o novo presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade despois de que a Asemblea Xeral de socios aprobara por unanimidade a finais de setembro a renovación da Comisión Executiva, que rexerá a entidade nos próximos catro anos. A edil redondelá Teresa París (PP), que exerceu a Presidencia na derradeira lexislatura, será agora vicepresidenta, mentres que Carme Fouces (BNG), concelleira de Benestar Social en Pontevedra, entra na Tesourería. Incorpóranse tamén ao órgano de goberno e administración do Fondo Galego a edil Gloria

A renovación da Comisión Executiva do Fondo Galego aprobouse por unanimidade.

Prada (PSOE), de Monforte de Lemos; o concelleiro Daniel Fernández (PP), de Cartelle, e mais Goretti Sanmartín (BNG), da Deputación da Coruña. O Concello coruñés e mais o de Oleiros conservan cadansúa vogalía, agora con Rocío Fraga (Marea Atlántica) e Marga Figueroa (AlFondo Galego de Cooperación e Solidariedade

ternativa dos Veciños), respectivamente, como representantes. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), que impulsou a creación da asociación en 1997, seguirá encargándose da Secretaría, na figura de Andrea García Corzo.

[

2]

No Fondo funciona a solidariedade

“O camiño é que o Fondo Galego siga contribuíndo a mellorar a vida das persoas”, avanzou o novo presidente, xa que “o obxectivo será traballar para que dentro doutros catro anos nos sintamos orgullosos desta nova Executiva”. “Contamos con todas e todos vós”, díxolles Juan


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

1

González aos representantes de máis de trinta municipios presentes na Asemblea. A composición da nova Comisión foi proposta pola saínte, tendo en conta a actual configuración partidaria das entidades locais galegas. Teresa París, pola súa banda, apostou por “que os próximos catro anos sigamos xuntos defendendo o modelo desta rede de institucións e persoas para sacar o traballo adiante”. Alén da renovación orgánica, que cómpre tras cada convocatoria de eleccións municipais, na sesión expúxose o balance dos últimos catro anos, nos que destacan fitos coma o de que a Federación

Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) recoñeza ao Fondo Galego como axencia do municipalismo para a cooperación internacional ou que a entidade teña asesorado a Alemaña e Portugal na promoción das súas redes de cooperación descentralizada a través dun proxecto europeo. Na última lexislatura fóronse ademais incrementando os fondos para a convocatoria de proxectos de desenvolvemento en países do Sur e canalizouse axuda de emerxencia a través das axencias da ONU. Intensificáronse asemade as actividades de sensibilización en Galicia e os esforzos en comunicación.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

Representantes de máis de trinta municipios participaron na Asemblea.

3]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

2

ACTUALIDADE DO FONDO

Persoal de seis concellos coopera con Cabo Verde e Nicaragua nas Vacacións con Traballo Persoal de seis concellos pasou o mes de outubro en Nicaragua e Cabo Verde colaborando cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación a través das Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido aos cadros das administracións locais e provinciais socias da entidade. As Vacacións con Traballo en Nicaragua desenvolvéronse coa colaboración da ONGD Instituto de Promoción Humana-Somoto e centráronse na elaboración dun diagnóstico comunitario con familias do lugar de Palmira. Para Belén Gómez, traballadora social do Concello de Monforte,

foi “unha experiencia personal e profesional extraordinaria”, mentres que para Serezabel Rodríguez técnica en integración do Concello de Bergondo, supuxo “un punto de inflexión tanto na miña vida persoal coma profesional” e resultoulle “moi interesante a metodoloxía nicaraguana de traballo comunitario”. Tamén foi “unha oportunidade única para coñecer e comprender outras realidades” segundo Mónica Mourín, traballadora social da mesma vila que, porén, non participou na experiencia ocupando unha das seis prazas convocadas no programa, senón financiando a estadía pola súa conta.

Serezabel Rodríguez, Belén Gómez e Mónica Mourín en Nicaragua.

Ana Ferradáns, axente de emprego do Concello da Estrada, e María José Villar, auxiliar de biblioteca no Concello de Redondela, estiveron en Cabo Verde apoiando á Cámara Municipal de Santa Cruz en materias como xestión do funcionariado e rexistro bibliotecario. “Cheguei pensando que atoparía un país pouco desenvolvido, meFondo Galego de Cooperación e Solidariedade

María José Villar e Ana Ferradáns colaboraron coa Cámara de Santa Cruz.

[

4]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

2

nos democrático, e no entanto foi entrar no Concello e comprobar que o seu funcionamento é parello ao de calquera dos de Galicia: a mesma estrutura xerárquica, iguais problemas burocráticos, etc.”, comenta a primeira. “Profesionalmente, é un privilexio poder levar os meus coñecementos a outro contexto, aprender nel e gozar del. No persoal, constitúe unha vivencia única, cada día marabíllome da fermosura da paisaxe e a incrible amabilidade da xente”, opina a segunda. Ao país africano, pero para cooperar coa Cámara Municipal de Ribeira Grande, viaxaron tamén Ana Piñeiro, arquitecta do Concello de Rianxo, e Rubén López, técnico de administración financieira no Concello da Pobra. Para ela, “cando tes un bo interlocutor, o intercambio de experiencias, de puntos de vista, opinións, métodos de traballo e

procedementos é fluída e pode ser moi enriquecedora para as dúas partes”. A el chamoulle a atención “o sentimento de comunidade tan arraigado e comprobar como a xente dedica o seu tempo libre a conversar cos demais; nunca falta quen bote unha man para sacar as barcas do mar”, engade. Alén de realizar as tarefas de asesoramento correspondentes á súa especialidade, o voluntariado cumpriu tamén a función de supervisar os últimos proxectos de cooperación ao desenvolvemento impulsados polo Fondo Galego. No entanto, a finalidade principal das Vacacións con Traballo é sensibilizar fronte as desigualdades e a prol da solidariedade internacional. A experiencia das e dos participantes no programa, que este ano chegou á súa décima edición, pode seguirse no blog.

Rubén López prestou asesoramento sobre contabilidade en Cabo Verde.

A arquitecta Ana Piñeiro apoiou á Cámara Municipal de Ribeira Grande.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

5]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

3

ACTUALIDADE DO FONDO

Declaración institucional diante da crise migratoria e de persoas refuxiadas 1. Desde o 2014 a guerra de Siria é responsable do maior movemento de persoas refuxiadas desde a segunda guerra mundial. A parálise institucional desde aquela altura na UE e nos seus Estados membros produto dos xogos de guerra e xeopolítica afondaron unha crise de persoas refuxiadas que se alimenta non só do conflito sirio, se non tamén do iraquí ou palestino. Conflitos enquistados onde a participación occidental ten sido abertamente recoñecida, se non promovida. 2. Diante desta situación o Fondo Galego (expresión organizada do municipalismo galego

comprometido cos Dereitos Humanos desde o 1997) visibiliza todos os días do ano o drama humanitario permanente nas fronteiras, particularmente nas europeas, denunciando as gravísimas vulneracións de Dereitos Humanos coas persoas migrantes, xa sexan refuxiadas ou non. Hoxe hai no mundo máis de 50 millóns de persoas refuxiadas: na República Centroafricana, Sudán do Sur ou Congo, entre os países máis devastados.

FOTO: Felipe Carnotto.

4. O Fondo Galego acompañará a situación de emerxencia actual traballando como entidade coordinadora dos esforzos solidarios das entidades socias e do municipalismo galego que desexa facer de Galicia un lugar de acollida, e comprometido cos Dereitos Humanos todos os días do ano.

Hai que lembrar unha vez máis que cando a crise humanitaria actual saia da axenda televisiva as persoas refuxiadas seguirán aí. 3. O Fondo Galego celebra a reacción do municipalismo galego que abre as portas dos seus concellos ás persoas refuxiadas e aproveita a ocasión para reflexionar sobre a capacidade crítica e mobilizadora dos poderes descentralizados: temos moito que dicir neste mundo para promover a paz e a xustiza global. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

5. O Fondo Galego ofrece o seu traballo e experiencia para animar a coordinación do diálogo coas distintas administración locais, autonómicas, estatais e comunitarias, que inevitablemente deben participar da [

6]

No Fondo funciona a solidariedade

construción dunha solución da que non se albisca un final e que precisa plans serios e de longo prazo, que ademais dunhas condicións de vida digna para as persoas refuxiadas trace rutas de saída e inserción social, educativa, laboral... 6. O Fondo Galego solicita á UE e ao Estado español non máis escusas e retrasos na acollida de persoas refuxiadas, xunto a medidas eficaces de promoción da paz: solicitamos compromisos serios e non oportunistas coa Declaración de Dereitos Humanos.


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

*

FONDO DE ARMARIO

Foros sobre o dereito á auga con ESF

Depuración biolóxica das augas residuais

Enxeñería sen Fronteiras levou aos concellos da Coruña, Teo, Ames e Monforte de Lemos o foro aberto “A xestión municipal do dereito humano á auga”. A actividade estaba vinculada co proxecto que a ONGD desenvolveu en Honduras co apoio do Fondo Galego para mellorar o acceso á auga potable. Os encontros centráronse na importancia da transparencia e da boa gobernanza nas administracións públicas para asegurar este dereito, recoñecido de maneira específica pola ONU. Os concellos, dada súa proximidade á cidadanía, teñen competencias chave á hora de garantilo. O obxectivo das xornadas era sensibilizar sobre o acceso á auga como unha problemática global que pode tamén ter solucións comúns. As sesións estaban abertas a toda a veciñanza, aínda que ían especialmente indicadas para o persoal implicado na supervisión do servizo de auga e saneamento municipal.

Amigos da Terra organizou no Concello de Moaña as Xornadas Técnicas de Fitodepuración “A depuración natural das augas residuais urbanas”. A formación encadrábase no proxecto financiado á ONGD polo Fondo Galego para facilitarlle o acceso á auga a máis dun milleiro de persoas empobrecidas en Nicaragua. Divulgar e sensibilizar sobre a contaminación da auga e a eficiencia enerxética, achegando solucións técnica e economicamente viables, era a finalidade do curso, no que se expuxeron as bases dos biofiltros de plantas acuáticas, alén dos diferentes métodos e casos de éxito en Galicia. A cita ía especialmente dirixida a persoal dos concellos, xestores de comunidades de montes e de instalacións públicas e privadas, así como a profesionais dedicados á planificación do territorio.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

7]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

*

Apoio da Xunta en 2015 e compromiso para 2016

Chegan as Xornadas Anuais de Cooperación

Representantes da Comisión Executiva do Fondo Galego veñen de manter unha xuntanza co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e mais coa subdirectora xeral de Cooperación, Pilar Romero, para coñecerse e valorar as posibilidades de colaboración cara 2016. A Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación asinaran a finais de agosto o convenio polo que o goberno autonómico cofinanciaba con 40.000 euros o plan de sensibilización e fortalecemento da entidade para 2015, orzamentado nun total de 58.860 euros. No novo encontro, os responsables da Vicepresidencia ratificaron o compromiso de manter esta mesma achega para 2016. O obxectivo é sensibilizar á sociedade galega a prol da solidariedade e fronte ás desigualdades, ao tempo que se procura o fortalecemento institucional da asociación de concellos e deputacións.

Co título “Vacacións con Traballo, unha década de cooperación dende o local” celebraranse o 3 de decembro en Pontevedra as xornadas anuais que organiza o Fondo Galego e que chegan xa á súa duodécima edición. A cita será na Casa das Campás, entre as 10 e as 14.30 horas, con asistencia libre e de balde. Representantes sindicais, persoal técnico municipal e responsables de municipios chegados de Cabo Verde ou Portugal profundarán en tres mesas redondas sobre o impacto do voluntariado e a cooperación internacional dende o local. Non faltarán participantes do programa Vacacións con Traballo que na última década teñen colaborado en Cabo Verde, Nicaragua e Cuba, a fin de compartir as súas experiencias. O programa inclúe tamén a presenza da Tropa de Trapo, que ofrecerá algúns dos seus contos.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

8]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

*

OS PROXECTOS EN TERREO: Van rematando as intervencións con ONGD En Cabo Verde vanse pechando os dous proxectos de cooperación directa que está a apoiar o Fondo Galego, un coa Cámara Municipal de Ribeira Grande para impulsar a agricultura a través do rego por goteo e outro na Cámara Municipal de Santa Cruz fortalecendo a cooperativa artesá Sulada co fin de empoderar ás mulleres que a forman. Mentres tanto, e unha vez rematada a intervención con Intered en Perú, van concluíndo tamén os outros cinco proxectos cofinanciados a ONGD galegas. A finais de agosto remataba en Guatemala a iniciativa con Arquitecturas sen Fronteiras e a cooperativa B’eljuj Q’anil, que fabrica materiais de construción. Nas últimas semanas de execución estívoselle dando seguimento á formación empresarial impartida, a través da que se melloraron as capacidades administrativas, e aprobouse un plan comercial. Tamén se creou a páxina web e mantivéronse xuntanzas con clientes. Ao tempo, establecéronse alianzas con outras cooperativas para unha promoción mutua e realizaron

unha última visita de intercambio a unha bloqueira para ver o proceso de fabricación que seguen, co fin de mellorar a súa forma de traballo. Decidiuse ademais a acción comunitaria que se levará a cabo cando a empresa dea beneficios, que será a construción do brocal dun pozo. O proxecto con Enxeñería sen Fronteiras en Honduras péchase en outubro coa elaboración e socialización dos plans de xestión integrada do recurso hídrico en tres comunidades, tras procesar os datos recollidos, así como dun estudo hidroxeolóxico para o que se tomaron mostras nunha cuarta co obxectivo de analizar a calidade da auga. A partir de aquí, propóñense alternativas técnicas para garantir o abastecemento. Como actividade complementaria, ubicáronse posibles puntos de perforación de pozos en 16 comunidades e identificáronse fontes de auga para abastecer outras dúas, levantando a topografía para o deseño do futuro sistema. Todo isto co fin de mellorar o acceso á auga e ao saneamento na Mancomunidade Nasmar. En novembro rematará en Nicaragua o proxecto con Taller de Solidaridad e o Inprhu-Somoto para impulsar o turismo rural comunitario de xeito que o Centro de Educación Alternativa Rural Telpolchcalli sexa

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

9]

As visitas de clientes á cooperativa de Guatemala están a dar bos resultados.

En Honduras tómanse mostras nas comunidades para analizar a calidade da auga.

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

*

sostible. Nos últimos meses, as persoas beneficiarias levaron os seus produtos agrícolas e artesáns a diferentes feiras e tamén intercambiaron experiencias con municipios que ofertan os servizos turísticos comunitarios en paquetes. Co afán de poñer en valor a cultura chorotega, impartíronse obradoiros de palma, pintura e danza. Ademais, distribuíuse material promocional e completouse a construción dos cuartos. Tamén se seguiu cultivando a horta e se traballou tanto no invernadoiro como no viveiro. Elaboráronse asemade encurtidos, marmeladas e plantas naturais deshidratadas e atendeuse ao gando. Na súa recta final está tamén o proxecto de Implicadas no Desenvolvemento na India para promover a emancipación social e participación política das mulleres no estado de Támil Nadu. Logo de representar unha obra de teatro de rúa en distintas aldeas para concienciar fronte á desigualdade e de conmemorar o Día das Mulleres na cidade de Tiruchy, organizáronse varias xornadas de sensibilización de xénero sobre a participación das mulleres na política que ademais lles permiten coñecer o panorama político actual. As dinamizadoras da intervención tamén realizan visitas ás casas particulares co fin de detectar problemáticas e posibles casos de violencia machista.

A artesanía indíxena forma parte dos atractivos turísticos de Nicaragua.

Co remate do ano prevese que conclúa o proxecto con Amigos da Terra para facilitar o acceso á auga potable en Nicaragua. Estanse a completar as obras nas infraestruturas e melloráronse tamén as latrinas que se atopaban preto das fontes de auga. As comunidades organizáronse para as tarefas de rehabilitación, as xornadas de reforestación e o traballo nos viveiros, onde contaron co apoio de voluntariado internacional e onde se formaron en manexo do rego, control de maleza, etc. Coas persoas responsables das xuntas de auga elaboráronse plans de mellora e mantemento das infraestruturas. Impartíronse ademais capacitacións en materia de auga e saneamento. Tamén se decidiu instalar tres bioxardineiras en puntos chave como os desaugues dos lavadoiros de roupa.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

10 ]

Na India realízanse visitas domiciliarias para detectar a violencia machista.

As xuntas de auga implícanse na mellora e mantemento de infraestruturas en Nicaragua.

No Fondo funciona a solidariedade


*

A OLLADA

>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

EXTERNA Ses: “O feminismo propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica” Un ciclón, un furacán, un terremoto... Son os termos meteorolóxicos que adoitan escoitarse para definir a María Xosé Silvar, Ses, unha artista única sobre o escenario e fóra del. Tras o éxito dos seus dous primeiros discos, non para de ofrecer concertos cheos de forza e rebeldía para presentar ‘Tronzar os valos’. Un traballo froito do tempo en que vivimos que segue a destilar identidade e compromiso.

“A xente está anestesiada e é precisa unha revolución cultural urxente”

María Xosé Silvar, Ses, durante un concerto.

Cales son os principais valos que deberiamos tronzar hoxe en día?

A ilustración da portada de ‘Tronzar os valos’ trae ao recordo as leis mordaza... Estamos a perder liberdades que criamos garantidas?

O valo da desidia, o da deshumanización e a indiferenza ante o avance da ditadura e o xenocidio gratuítos. A xente está anestesiada e é precisa unha revolución cultural urxente. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Totalmente, están creando unha masa volúbel para reinstalarnos na ditadura da que nunca chegamos a saír. [

11 ]

No Fondo funciona a solidariedade

As letras deste último disco semellan máis crípticas que as dos anteriores, máis poéticas se queres. Débese aos tempos que corren ou forma parte da túa evolución persoal como artista? Realmente non sei a que se debe, había varios temas que xa


>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

*

estaban feitos hai anos. Supoño que simplesmente o momento de sacalos foi agora, se cadra porque si sentín todo dun xeito máis intenso polo momento sociopolítico. A carraxe e a tristura eran maiores, máis dramáticas e, se se quere, máis líricas.

“Síntome conectada coa lusofonía, pero non do xeito en que se promociona aquí, senon dun modo máis natural” Este mes celébrase o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres, unha lacra contra a que adoitas clamar nos teus concertos, nos que tamén acostumas definirte como feminista. Calificarse como tal está mal visto na nosa sociedade? Como entendes ti o feminismo?

O que si se segue a traslucir nos temas é o compromiso social. No entanto, hai quen considera que arte e política deben manterse desvinculadas. É isto posible ou soster tal postura xa é posicionarse politicamente? Por suposto que si. Iso non é máis que covardía disfrazada de profesionalidade e mesura. Os mesmos que critican que eu teña un posicionamento político claro, colgan despois vídeos de Víctor Jara no Facebook. “Perdónalos, Dios, porque no saben lo que hacen”.

“A tradición está dentro de quen vive nela, sáeme anque non queira”

Portada do último disco de Ses.

Querías ser profesora e os institutos servíronche tamén de escenario, precisa a mocidade galega revulsivos como Ses nas aulas?

Participaches en concertos solidarios a favor de ONG como Implicadas no Desenvolvemento. Cres que a cooperación cos países empobrecidos debería ser unha prioridade?

Non sei se coma min, pero por min que non quede. Precisan axentes normalizadores que ensinen co exemplo o orgullo identitario, feminino, socialista e galego. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Si, pero creo que a nosa maior e máis precisa implicación é erradicar o apoio masivo á ultradereita. Con iso chegaría.

[

12 ]

No Fondo funciona a solidariedade

Enténdoo da única maneira que se pode entender, como pon no dicionario, a ideoloxía que propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica, ser feminista é iso e un chaleque é unha prenda sen mangas. E digo eu que non hai que ser superdotado para que che entre na cabeciña.

“Os mesmos que critican que eu teña un posicionamento político colgan vídeos de Víctor Jara no Facebook”


*

Non che vou preguntar por que cantas en galego, pero si me interesa saber que pensas cando che fan esta pregunta...

>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

Que cada vez me dá máis noxo a xente que a resposta. Citabas a Castelao nun dos temas do teu anterior disco: “A tradición é a eternidade”. É por iso que te permites mesturala e reinventala sen que deixe de ser un sinal de identidade? A tradición está dentro de quen vive nela, non é que me permita nada, é que me sae anque non queira, porque ou na cabeza ou nos pés has de saír a quen es. Eu simplemente fago o que me sae con orgullo.

“A mocidade precisa axentes normalizadores que ensinen co exemplo o orgullo identitario e feminino” Actuaches en iniciativas como Cantos na Maré, aínda que a túa música lembra máis a Es-

tados Unidos e Hispanoamérica. Sínteste conectada coa lusofonía? Por suposto, pero non do xeito en que se promociona aquí, dun modo máis natural e desde a nosa verdadeira realidade cultural. Falamos a mesma lingua, pero con trazos diferentes. Cando oio cantar á xente de aquí coma se fose do Brasil paréceme igual de ridículo que a xente de Santander que di “corasón” cando canta un bolero. Ás veces paso moita vergoña allea. Ses actuou para o alumnado de Secundaria de San Sadurniño.

“Cres que me gustaría vivir só dos discos?! Que va!! Habemus xente normal e traballadora, eh!” Non paras de ofrecer concertos, certo é que gozas do directo pero é á vez un xeito de sobrepoñerse ás dificultades de vender discos por causa de internet? Non, é o meu traballo. Ti cres que me gustaría vivir só dos discos?! Que va!! Habemus xenFondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto é unha das entidades que contou coa colaboración de Ses.

[

13 ]

No Fondo funciona a solidariedade


1

te normal e traballadora, eh. Eu adoro gravar, pero cando boto dúas semanas sen tocar férveme o cu.

>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

Acabas de tocar en Euskadi, que tal está a ser a acollida fóra de Galicia? Perfecta, coma aquí, coma en todos os sitios. Non podo queixarme de ningún sitio no que toquei, sempre nos acollen da hostia.

Na honestidade, na autoesixencia e no amor. Amo a miña identidade e á miña xente e paréceme triste que a alguén lle poida parecer ridículo ou, peor, mentira. Di máis deles que de min.

“Creo na honestidade, na autoesixencia e no amor. Amo a miña identidade e á miña xente”

Sons estadounidenses e hispanoamericanos mestúranse nos temas de Ses. FOTO: Xabicas.

Os directos de Ses están cheos de enerxía.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Disque renegas de todo o establecido, en que cre Ses?

[

14 ]

No Fondo funciona a solidariedade


Infórmate

>

INFÓRMATE A FONDO : 138º · www.fondogalego.org

a Fondo

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 Pontevedra Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo.

IAF139 nº8dixital  

O 'Infórmate a Fondo' é o boletín trimestral do Fondo Galego. No IAF 139, número 8 da época dixital, poderás atopar toda a información sobre...

IAF139 nº8dixital  

O 'Infórmate a Fondo' é o boletín trimestral do Fondo Galego. No IAF 139, número 8 da época dixital, poderás atopar toda a información sobre...

Profile for igadi
Advertisement