Page 1

O día 13 de Maio de 2013, tras o primeiro recreo, os alumnos do 1º ciclo superior de Xestión Forestal partimos a Boente cos rapaces de 1º curso de ESO para facer o tramo do camiño Francés de Boente a Arzúa como educadores ambientais, ensinándolles aos rapaces todo o que había polo camino e intentando levar a cabo o aprendido nas clases. Ao chegar alí, dividímonos en grupos de 2 e cada grupo colleu a 5 rapaces para facer o tramo. A Sara máis a min tocounos un grupo intermedio, con dúas rapazas e tres rapaces. Por un lado, a experiencia foi positiva xa que intentamos interactuar cos rapaces, aprendéndolle algo do pouqiño que nos sabemos e facéndolle o paseo o máis ameno posible. Considero que esa parte si a cumplimos e que os rapaces o pasaron ben escoitando as nosas historias. Pero por outro lado, penso que lle demos demasiada confianza e non soubemos manter as distancias entre un guía e o público que escoita. Na miña opinión, desexando que os rapaces o pasasen o mellor posible, por momentos interactuamos con eles comas se fósemos as súas colegas e iso é algo que hai que mellorar, sobre todo con rapaces desa idade que enseguida toman confianza e te deixan de ver como o que realmente es nese momento. Houbo un momento no que realmente si me sacaron das miñas casillas xa que un deles tirou un lata ao chan e non quería volver atrás a por ela, foi nese momento no que cambiei a miña actitude e me puxen máis seria ata que volveu a por ela atrás. Finalmente tras rematar o paseo, chegamos ao noso destino, comimos todos xuntos e pola tarde déronnos unha charla sobre o proxecto Ríos, moi amena e entretida. Analizamos un tramo de río coa nosa guía Lucía, que nos ía explicando en que consistía ese proxecto e como o levaban a cabo. Penso que foi unha tarde moi productiva na cal aprendimos nomes de algún “bichiño” que vive nas profundidades do río e que nos sirven para determinar a calidade do mesmo. Foi un día diferente, iluminado por un Sol que nos acompañou en todo momento.


boente  

boente excursion