Page 1

F贸ra da aula


PERFIL NÚMERO 12 Depósito legal: PO- 139-96 Coordinan: Pilar Alonso (EDL) Xesús Carballo (D. Lingua galega) Portada

Oscar Lago Rodríguez

Editorial

Miguel Blanco Lorenzo

Sendeirismo e natureza polo río Fondón

Departamento de Bioloxía

Un gran tirón de lingua

Brais Conde Cabaleiro

Para regueifeiros nós

Andrea Cabadas Landín; Sonia Daponte; Sheila Tombo

A inxustiza dos cogombros españois

Brendan Cassidy

As viúvas negras

Laura Crespo

Currículo

Joshua López Sotelino

Reflexións sobre a escrita dramática

Roxana Villagrasa Méndez

Paracuellos y los hogares de auxilio social Émilie Lonjaret Lois Pereiro e nós

1º ESO; Departamento de Plástica

Poesía

Lois Pereiro; Brais; Mariña; Cristimeire; Javier G.; Araceli; Sara

Trofeo Colorart de L’Oreal

Departamento de Imaxe Persoal

Galiciaskills 2010

Departamento de Imaxe Persoal

Unha experiencia inesquecible: Spainskills Andrea Rial Otero Aventura no mundo da curtametraxe

Rosa Sánchez González

Carapuchiña e o pobo feroz

Mónica Nogueira Romero

Moda: unha evoluciósalto de seccion n continua

Alicia Gil

A lingua de signos

Araceli Santos

Angélica Liddell-Alba Sarraute

Roxana Villagrasa Méndez

Pasatempos r

Christian Y. Ángel; EDL

Cont aportada

4ºA ; Departamento de Plástica

IES de Teis Ano escolar 2010-2011

Un ano máis, Perfil, a revista do IES de Teis, comparece ante vós.


A revista Perfil xurdiu, alá polo ano 1996, coa esperanza de ser unha ferramenta na difusión das inquedanzas da comunidade educativa do entón IFP de Teis (Instituto de Formación Profesional). Atopamos moitas dificultades na súa primeira edición: a divulgación entre o alumnado e profesorado do centro da nosa intención de editar unha revista escolar que foi contemplada a meirande parte das veces con escepticismo polo profesorado, e a utilización daquela de diferentes procesadores de texto dificultaron ás veces o traballo; por último, a coordinación co centro Príncipe Felipe de Pontevedra, cuxo departamento de Artes gráficas colaborou voluntariamente na maquetación. Por fin o 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, tiñamos nas nosas mans o número 0 de Perfil. Cómpre salientar o entusiasmo e a alta participación do alumnado, especialmente o de 5ºde Informática e Perruquería e Estética, que participaron activamente na achega de materiais e distribución final da revista entre o alumnado ó simbólico prezo de 25 pesetas, que xunto a subvención de parte do proxecto pola Xunta, unha pequena contribución dalgún departamento e ingresos por publicidade evitaron penalizar o orzamento do instituto. Dende a súa orixe, Perfil procurou sempre motivar a creatividade e a mellora da expresión escrita da comunidade educativa, en especial na nosa lingua e pensamos que o logrou. Na súa vida, Perfil contou con colaboradores e colaboradoras, nalgúns casos habituais, especialmente entre o profesorado e cargos directivos. Porén, cómpre salientar a inestimable axuda, dende o principio, dos responsables do departamento de Lingua galega e do equipo de Dinamización da lingua galega, na motivación da comunidade educativa para participar no proxecto e na corrección ortográfica e estilística cando foi preciso. Hoxe, grazas ás novas tecnoloxías os problemas técnicos de hai 15 anos están resoltos, a maquetación realízase no propio centro e a revista vístese de gala presentándose tamén en formato dixital. Consultar o espazo adicado aos diferentes números da revista na páxina web do instituto (iesdeteis) é, tamén, facer unha viaxe na que atoparedes artigos de opinión e información, poesía, novela, ilustracións, xogos, enquisas etc, en galego, castelán, francés ou inglés, froito do traballo creativo e colaborativo do alumnado e profesorado, e que axudan a comprender un pouco máis a historia do centro ao longo dos últimos 15 anos. No que portén ao profesorado, a participación nunha revista escolar contribúe, sen dúbida, ó desenvolvemento das competencias básicas (competencia lingüística, dixital, sociocultural etc.), e resulta motivador e gratificante para todas as persoas colaboradoras. Sería desexable, neste senso, un maior compromiso do profesorado cos seus grupos cara ós vindeiros anos. Perfil convídavos a unha apracible lectura e anímavos a participar no próximo número. Que pasedes unhas boas vacacións.


Fóra da aula

O pasado 5 de maio, tivemos a oportunidade facer co alumnado de 4º de ESO de Ciencias un interesante paseo pola zona do Río Fondón, curso de auga que fai de límite entre as parroquias de Trasmañó e Chapela, no veciño concello de Redondela. Moitas veces acontece que os lugares que temos máis preto, son inxustamente os máis descoñecidos. Hai que confesar que para moitos dos participantes, esta era a primeira ocasión en que se achegaban ata alí. E pagou a pena : Saímos desde a aldea de Trasmañó, guiados por un par de membros do colectivo ecoloxista Verdegaia, un deles moi bo coñecedor do terreo. Pouco a pouco, gastamos a mañá recoñecendo fentos e árbores típicos dos bosques de ribeira, facendo paradas en vellos muíños de auga, e tomando mostras de larvas de insectos, aprendendo a identificar aquelas que nos indicaban o limpo que baixaba o río. A parte máis negativa atopámola na zona alta do percorrido, vendo o danadas que estaban as brañas onde nace o río. Lamentablemente, facer aterramentos, construccións industriais ou vertidos de entullo en zonas de braña é unha práctica demasiado común nos nosos concellos, por pensar erroneamente que son terreos baldíos “que non serven para outra cousa”, sen decatarse do estrago que se fai no caudal e calidade dos ríos, e no seu aproveitamento. No último tramo do roteiro que nos levaría de volta a Trasmañó, puidemos comprobar tamén a riqueza de mámoas e petroglifos que hai na zona. A bo fe un paseo atractivo, aquí preto, que recomendamos aos nosos lectores e lectoras. Seminario de Bioloxía e Xeoloxía

4


Fóra da aula

Brais Conde Cabaleiro, 4º A O 28 de abril de 2011 4ºA foi a Santiago con motivo da participación dun dos alumnos do grupo chamado Brais Conde Cabaleiro nun concurso de narración oral. O mesmo Brais cóntanos a experiencia:

<<Foi un gran día que comezou cunha viaxe en tren a Santiago e seguiu cunha grande camiñada pola cidade, pasando pola gran Catedral. Pero ese non era o principal obxectivo da excursión, a excursión fíxose para que eu subira a un escenario e contara un relato nun concurso chamado "Tíralle da Lingua". Agora doume de conta de que debín soltar un monólogo humorístico porque era o ambiente que había alí, pero a miña historia era un tanto seria mesmo se eu teño un gran sentido do humor que debería mostrar; non foi unha boa elección, pero xa sei que teño que rectificar para o ano que vén. <<Foi unha gran experiencia, paseino ben e rin moito, ademais tamén serviu de escusa para a excursión cos amigos, foi moi divertida, botamos toda a mañá e parte da tarde (tivemos que comer alí). Ademais, o gañador do concurso merecía ese primeiro premio, por tanto, xa podedes deducir que o xurado non estaba subornado (risas).>>

5


Fóra da aula

I Primeiro acto Dous regueifeiros veñen ao IES de Teis a deprendernos a regueifar e a facer a nosas cantigas. Segundo acto Os regueifeiros escollns as mellores cantigas e elixen os alumnos para representar ao noso instituto. Terceiro acto Os distintos colexios, incluído o noso, fixeron unha excursión a Valadares para que cada un dos escolleitos amosara as súas improvisacións. Cuarto acto Escollen os alumnos que mellor improvisaron e que cantaron as cantigas máis xeitosas para darlle un premio ao seu colexio. Este ano gañou o instituto Manuel Antonio. Andrea Cabadas Landín II Para nós supuxo unha perda de clases no último día da segunda avaliación e, ademais, un venres. Chegamos a Valadares en bus. Había alí moita xente cunhas boas pancartas, non coma as nosas. Despois mandáronnos a un salón de actos, sentamos e dúas persoas encargadas do certame presentaron a todos os colexios presentes e, de seguido, chamaron por grupos ao regueifeiros seleccionados. Eu estaba nerviosa, aínda que non fose dos seleccionados. Tiña curiosidade por ver como o facían Fran e Sheila. Esperaba que non se trabucasen. Chegou o momento. Primeiro subiu ao escenario Sheila, que o fixo moi ben, aínda que non quedou clasificada para a final. Cando quedaba pouco para rematar chamaron a Fran, que estivo mellor do que pensaba. Tivemos un descansiño mentres o xurado deliberaba. Todos pensabamos que Fran estaba entre os clasificados, pero era outro rapaz co mesmo nome e apelido. ¡Que mala sorte! O colexio gañador foi o Manuel Antonio por ter máis regueifeiros na final. Recibiron un trofeo que semellaba unha bola de pan, polo significado real de regueifa. Todos os centros recibimos en agasallo unha braga e unhas camisolas. Sonia Daponte Freire

6

III O venres 25 de marzo fixen coa miña clase unha excursión a Valadares. Esta excursión consistía en participar nun certame de regueifas. Participamos catro persoas, incluída eu, en representación do instituto. Para min isto das regueifas foi unha novidade. Como me chamaron nos primeiros grupos, púxenme un pouco nerviosa, pero alegreime non quedar en branco no escenario, como lles ocorreu a algúns. Pasei alí un día agradable e divertido, aínda que non nos clasificamos para a final ningún do instituto. Dos que se clasificaron para a final coñecía a unha nena e deume pena que saíse clasificado o colexio Manuel Antonio e non o dela. Para elixir gañador deliberaba un xurado dunhas catro ou cinco persoas. Este foi o primeiro ano que participei nas regueifas, pois tampouco sabía delas. Malia que algún dos participantes quedase en branco polos nervios, en xeral fixérono ben. Para min, esta foi unha experiencia única e inesquecible. Gustaríame volver outro ano. Sheila Tombo Pereira


Fóra da aula

Opinión Brendan Cassidy 1º bac Preocupado pola infección causada pola bacteria E. coli que se atopa nos intestinos dos animais e pode producir infeccións moi graves no noso aparello dixestivo está o mundo nesta fin de curso.

Bacteria do E. coli A primeira noticia que tivemos foi que uns cogombros españois eran a orixe da infección que estaba afectando a moitas persoas en Alemaña e que mesmo causaran a morte de tres mulleres, segundo sinalaba a senadora da cidade de Hamburgo facéndose eco do resultado das análises realizadas polo Instituto de Hixiene desta cidade. Consecuencia desta noticia foi a caída das exportacións dos produtos hortofrutícolas de España. Uns días despois a Ministra de Saúde deu unha conferencia de prensa na que dicía textualmente “Os cogombros españois non causaron o brote da bacteria, non obstante non sabemos a orixe desta”. A ministra de saúde recoñeceu que a acusación primeira fora precipitada e tamén dixo que esperaba encontrar a orixe da bacteria en pouco tempo. Actualmente o brote afectou xa a moitas máis persoas en Alemaña e causou a morte de 15. O goberno español a través da ministra de Medio Ambiente pediu compensacións económicas ante a Unión Europea polo impacto económico que supuxo para o sector hortofrutícola a crise do cogombro. En España téñense producido infeccións por esta bacteria pero nunca pola cepa que orixinou a alarma en Alemaña a 0-140:H.

7


Opinión

Laura Crespo 1º bac

As viúvas negras están definidas como arañas araneomorfas cuxas femias xeralmente comen ó macho despois do apareamento, unha especie moi perigosa que causa danos no seu ecosistema. Na actualidade, este nome dáselle tamén a un grupo de mulleres que se están a converter na nova cara do terror. Son mulleres, irmás ou fillas dos mortos no enfrontamento de 1994 e 2000 no Cáucaso (Chechenia) pola caída da URSS. Móvense polo seu sentimento de vinganza e son instruídas desde mozas para matar a xente nun acto suicida e acabar co dominio ruso. Os que lle ensinan o uso destas armas son homes e fan que nos momentos decisivos manteñan a calma. Algúns cren que en realidade estas mulleres acoden enganadas aos diferentes sitios onde se producen estes atentados mentres outros son os que fan detonar os explosivos sen que elas poidan darse de conta. Estes atentados mostran unha das caras máis bestiais do terrorismo contra os dereitos humanos onde unha vez máis úsanse as mulleres como utensilio mediante o cal levar a cabo unha guerra iniciada polos homes e na miña opinión elas actúan impulsadas unicamente pola condición na que viven e a falta de educación polo que non posúen os coñecementos necesarios para poder pensar racionalmente e por tanto, son convencidas polos homes que son os que teñen un poder superior a elas nese país.

Esta fotografía mostra a Zarema Muzhakhoyeva, a primeira viúva dun independentista a cal dixo: “Non vos odiaba antes, ódiovos agora e cando volva fareivos voar a todos(…)” En resumo, estes actos terroristas son propiciados polos homes que, utilizan as mulleres, que por ser máis débiles nestes países e por ter unhas condicións de vida pouco favorables, aceptan dar a súa vida en catástrofes que consideran que farán cambiar a vida do seu pobo, unha loita contra os gobernos máis poderosos que controlan a maior parte dos seus bens, atrevéndome eu a dicir que medianamente controlan parte das súas vidas.

8


Opinión JOSHUA LÓPEZ SOTELINO 1º BACHARELATO

Todos coñecemos a situación económica actual, con cinco millóns de parados que non son poucas persoas. Hoxe en día as empresas atópanse saturadas de currículos e candidatos para calquera emprego, o que non permite cometer ningún erro na busca dun posto de traballo. Nestes momentos dar cun traballo cunha maior esixencia por parte das empresas fano aínda máis difícil. Tendo isto en conta é importante redactar un bo currículo ou carta de presentación cunha excelente presentación que cause unha boa impresión. Pero isto como se fai? 1 Debese estruturar de forma lóxica e ordenada: Ten que conter os teus datos persoais, un número de contacto, vida laboral ordenada de máis recente a máis antiga e nunca podes esquecerte dos coñecementos que posúas en informática e en linguas. Ademais podes incluír virtudes e valores engadidos que poidas aportar á empresa. 2 Ao escribilo debes coidar a linguaxe técnica, o uso deste tipo de palabras pode dar lugar a confusións e malas impresións. É importante considerar que moitas veces a persoa que avalía en primeiro lugar un currículo pertence ao departamento de Recursos Humanos, unha persoa que non ten por que estar demasiado familiarizada con eses termos. Se hai que utilizar siglas ou termos moi específicos, pódese incluír unha breve explicación entre parénteses. 3 Despois de escribilo debese revisar sempre a ortografía e a redacción sintáctica. 4 Non se debe engadir información innecesaria curriculum. para "engordar" o 5 Sempre e mellor se é posible facelo a ordenador cun tipo e tamaño de letra estándar. Pero nunca utilicedes resaltes de negriñas subliñados, etc. Todo é cuestión de darlle tempo e pulilos detalles. Recoméndovos que visitedes un numeroso grupo de páxinas web nas que podedes crear un perfil e deixar un currículo para que as empresas poidan acceder a el. Moitísima sorte.

9


Opinión

Roxana Villagrasa Méndez

¿Por qué, para qué e para quén escriben os autores de textos teatrais en Galicia? Antes de responder a esta cuestión é preciso decatarse de que non hai moitas postas en escena de obras teatrais de autores dramáticos galegos vivos ¿Qué está a acontecer? Eu penso que isto pode deberse a diferentes factores que poden ter a súa orixe na historia. Se facemos un repaso histórico podemos falar dos seguintes condicionantes:

¿Por qué escriben teatro os autores galegos? Por unha banda, o fan por unha necesidade vital de facelo a través de ese medio, pola propia necesidade de expresión, porque teñen cousas que aportar ao mundo da escena. Por outra banda, a escena precisa dunha dramaturxia que estruture o que se quere dicir, porque o texto é parte desa dramaturxia sen selo todo, creo que iso teñeno claro a maioría dos escritores. O teatro é unha arte polisémica, onde o texto é un signo máis, o que se di e os seus silencios.

Dende os anos 60 o autor dramático foi relegado a ¿Para qué escribe teatro o autor galego? En primeiro lugar para representar a súa escrita un segundo plano, é neste momento no que o nun escenario, aínda que non o faga nunca. En director de escena comeza a ter relevancia; é segundo lugar, fano para investigar na propia dicir, mentres o autor baixa en importancia o escritura e na propia arte teatral. director está a emerxer. ¿Para quén escriben os autores galegos? Poden escribir para súa propia compañía teatral, facéndoo de distintos xeitos. A través das improvisacións van escribindo a partitura que vai Máis tarde nos anos 80 houbo un cambio político, ser interpretada no escenario, sexa este á italiana, de estrutura circular, ou ben partindo dun texto social e xeracional en España, cunha necesidade de facer un novo teatro, pénsase que o texto debe previamente escrito que pode ser modificado nos ensaios. Tamén poden escribir para outras rematalo o espectador. compañías que demanden o seu texto. Poden facelo para ser lidos no momento actual e xerar Nesta década dos 80 hai unha crise no teatro. Pódense sinalar as seguintes causas: o réxime de novas formas de representación no futuro, tal e como nos conta Sanchis Sinisterra co exemplo de liberdades conleva á abolición da censura, polo Séneca: no seu tempo este escritor escribía teatro que a función social de denuncia perde o seu para ser lido e sen embargo, moitos séculos protagonismo; desaparecen nos escenarios despois A. Artaud recoñecería a súa obra como teatrais dúas xeracións polo desencanto (a do exemplo de teatralidade e espectacularidade, exilio e a xeración beat); entra unha xeración aproximándose esta a súa concepción de teatro da nova que non quere vivir do pasado; hai unha crueldade. apertura ao que se está a facer fóra de España. Pero esta crise vai provocar cambios no teatro que Polo tanto, atopamos na escrita do teatro galego son positivos, así neste momento fanse moitos que é marxinado como xénero dramático e cun festivais internacionais; hai unha convivencia contexto no que existe un complexo de pacífica entre as distintas xeracións de escritores inferioridade da nosa propia cultura, isto fai que e realízanse moitos seminarios e talleres de non se aprecie os talento que quedan á sombra. escrita dramática. Ademais unha característica Hoxe se obstaculiza a falta de saída dos escritores salientable é que a finais dos 80 as escolas de de teatro galego. Vivir da escrita é moi difícil, pois Arte Dramática amplíanse coa titulación de Dramaturxia. Hai que ter en conta que isto foi un nestes tempos de mercados e de crises, traballar aspecto moi positivo, xa que promove a ensinanza no que te interesa e máis no mundo do teatro é moi dificultoso, din algúns que é suicida. Máis eu deste xénero (é o único que ten a titulación aléntoos a que o fagan xa que o teatro os precisa. superior). Sen embargo, non hai escolas onde Nestes momentos hai unha volta ao texto e a ensinen a escribir novela ou poesía. Por outra banda, nesta década van proliferar os premios de figura do dramaturgo está moi considerada; toda escritura; sen embargo, as editoriais fortes, como a profesión ve a necesidade dunha dramaturxia da escena. Os escritores ten moito que dicir, hoxe é Cátedra, Castaglia ou Austral non se arriscan a decisiva a súa existencia. publicar obras de dramaturgos novos. Serán as institucións, CDG, CDN e ADE as que o fagan. Tamén quero alentar as editoriais galegas e do Dende o meu punto de vista hai unha dobre marxinación, a do xénero dramático e a da escrita estado a que publiquen textos de teatro e que o fagan tamén revistas e institucións: A falta de en galego. A política cultural é centralista, creándose marxinalidades políticas e xeográficas. textos teatrais escritos non só afecta á vida teatral dun país, senón tamén a toda súa vida cultural. Nos anos 70 dáse a creación colectiva como xeito de facer teatro, xa non se precisa nin o director nin o autor.

10


Banda deseñada

P a ra cu e l l o s y l o s h o g a re s d e A u x i l i o S o ci a l , t e s t i m o n i o d e l a é p o ca fra n qu i s t a d e Ca rl o s Gi ménez . Émilie Lonjaret Luis Mateo Díez dice en Fantasmas del Invierno: La fila de esos niños con las cabezas rapadas, las capas, los mandilones, una imagen miserable que me obsesiona y no soporto… No corren los mejores tiempos para ellos. Nunca corren buenos, pero éstos podrían muy bien ser los peores. … hablando de los hogares de Auxilio Social, invención de Mercedes Sanz Bachiller durante la Guerra Civil Española. En aquella época, nadie hubiera imaginado que estos hogares se convirtieron en siniestros lugares. La invención de ellos marcó profundamente la historia del país; fue un instrumento de propaganda terrible ensayada sobre niños y familias inocentes. En la época no se supo exactamente en qué consistían los hogares, parecía ser un acto de benevolencia para las familias necesitadas. Después de la muerte del “Caudillo”, abundaron los testimonios. En este artículo, nos centraremos en el testimonio de un maestro del cómic español: Carlos Giménez. Carlos Giménez tuvo una infancia penosa al perder a su padre mientras era aún un bebé, y al ver a su madre enferma de tuberculosis. A ella le resultó imposible cuidar de sus hijos (Carlos tenía dos hermanos), y fueron trasladados en colegios de Auxilio Social. Carlos entró a los cinco años y salió de los hogares a los catorce. Fue alternando entre varios como el de Jarama, o el de García Morato (en la periferia de Madrid). Fueron años duros para el niño que vivió en el frío, en el hambre, en un fanatismo religioso y en un ambiente de violencia terrible. Durante este periodo, se interesó a los tebeos, sobre todo El Cachorro que era su modelo. El dibujo fue lo que le permitió “sobrevivir” para decirlo sencillamente, porque era una escapatoria para él. Este periodo de su vida fue duro para él y sus compañeros de hogar. Querría denunciarlo y presentar a través de lo que mejor domina, el dibujo, un testimonio colectivo. Fue como un reto para él, una necesidad de revelar lo que le había atormentado durante su niñez. Dice él “soy yo mismo la materia de mi libro1”, reconociendo que se trata de una obra autobiográfica. La precisión de las palabras, de los lugares, de las fechas, de las acciones son pruebas irrefutables. En Paracuellos, Giménez nos presenta lo que era una obra de benevolencia como lugares asombrosos y violentos. Nos afirma que en estos hogares, la enseñanza que recibían los niños era voluntariamente centrada en la religión y el patriotismo con el fin de formar a perfectos pequeños franquistas. Sufrían una educación al estilo militar como lo podemos ver en todas las historias contadas en la obra. Los niños tenían que formarse en rangos estrictos, tenían que permanecer derechos y cualquier pretexto

1

Citado por Philippe Lejeune en Alary Viviane, Historietas, cómics y Tebeos españoles, edición PUM Toulouse, 2002, p. 186.

11


Banda deseñada valía para pegarlos. Pero, además de la violencia física2, lo que más conmueve al lector es la tortura psicológica de los niños. No tenían libertad de pensamiento (por la enseñanza recibida, por las lecturas permitidas etc.), no podían ver a sus familias cuando les apetecían y sobre todo, no podían hablar de lo que pasaba en estos siniestros lugares, por temor a ser castigado después. En cuanto al estilo de Giménez, notamos que todas las historietas están en blanco y negro lo que pone de relieve el aspecto miserable de lo vivido allí; traduce la pena, la tristeza, el ensimismamiento. Para los pocos momentos positivos, el color blanco es dominante; recuerda la pureza y la inocencia de los niños, la tranquilidad y el apaciguamiento. La presencia de colores no hubiera sido adecuada puesto que surgiere la alegría. El trazo de las siluetas varía en función del personaje. Es mucho más trabajado con los personajes “buenos”, con curvas, mientras que los “malos” tienen un trazo abrupto, recto, estricto. El recurso a la variación entre planos picados y planos contrapicados traduce la relación entre adultos y niños, es decir la relación de potente-dominante a sumiso-dominado. La presencia de símbolos falangistas y religiosos es abundante. A pesar de hacer un dibujo sencillo, Giménez se centra en algunos detalles llamativos como el yugo y las flechas que aparecen en las camisas y en las hebillas de cinturones de los trabajadores del hogar, introduciendo los retratos de Primo de Rivera y de Franco en el despacho de la directora etc. Los símbolos religiosos pueden verse en los dormitorios que tienen puesto en la pared un crucifijo. Finalmente, el historietista juega con el contraste entre los primeros planos y los planos de conjunto para poner de relieve las emociones experimentadas. Los primeros planos insisten sobre el espacio reducido entre el personaje y el lector causando un ambiente de asfixia. El lector no tiene escapatoria y debe compartir el sufrimiento o los sentimientos vividos por ellos. Los planos de conjunto uniforman a todos los niños borrando sus rasgos distintivos y subrayando el vacío y la soledad de ellos entre esos muros de cárcel. Para concluir, podemos decir que la Institución de benevolencia que parecía a primera vista algo necesario, sin malas intenciones, resultó ser una realidad muy distinta del proyecto inicial. La autobiografía a través de los cómics es el medio de comunicación elegido por Giménez para testimoniar de su experiencia. Es una autobiografía insólita dado que el propio Giménez no aparece como protagonista. Es un método lógico puesto que denuncia una memoria colectiva, la de todos los niños que en algún momento pasaron en los hogares de Auxilio Social.

Siguen extractos de la obra de Carlos Giménez Todo Paracuellos, ediciones Debolsillo, Tercera edición, febrero de 2008.  2

La violencia física es omnipresente y sorprende al lector al verla ejercida sobre niños. Sin embargo, estos acontecimientos que dejan al lector con la boca abierta, acaban por no tener el impacto inicial al ser tan repetitivos y casi triviales. Tiene el mismo efecto que las películas de horror: al principio la imagen de un cadáver, por ejemplo, da una sensación de asco, pero cuando el espectador se acostumbra a eso por haberlo visto varias veces, no le presta la misma atención.

12


Banda dese単ada  "La visita"



13


Banda deseñada 



14

“Adolfo, el conquistador”


Banda deseñada 

“La siesta”

15


12


Creación Acróstico

Abrázame

Somentes

Abrázame, apértame fortemente. Mírame aos ollos fixamente.

intentaba conseguir deixar na terra algo de min que me sobrevivise sabendo que debería ter sabido impedirme a min mesmo

Déixame sentirte, preciso o teu calor, déixame quererte, preciso o teu amor.

descubrir que só fun un interludio atroz entre dous muros de silencio só puiden evitar vivindo á sombra

Déixame acariciar a túa pel de seda, déixame apreciar o relevo das costelas.

inocularlle para sempre a quen amaba doses letais do amor que envelenaba a súa alma cunha dor eterna

Abrázame, apértame fortemente. Fálame, susúrrame suavemente.

sustituíndo o desexo polo exilio iniciei a viaxe sen retorno deixándome levar sen resistencia ó fondo dunha interna

Déixame rodear cos meus brazos o teu corpo, déixame bicar os teus beizos de amorodo.

Ollos de Auga Ela mírame cuns ollos de auga cunha mirada afogada en bágoas que me namora, pero a ela non lle importa nada. Seus cabelos loiros brillan co sol cunha cor dourada preciosamente pintada e ela rouboume o corazón.

Non te esquezas de min, eu sempre estarei xunto a ti, ti sabes que eu te quero, sabes que non o poderei cambiar. E ao anoitecer vexo que non durmo nada por pensar en ti, por pensar na túa mirada.

aniquilación chea de nostalxia

Lois Pereiro

Déixame tocar o teu precioso cabelo, déixame demostrarche todo o que te quero. Brais Conde Cabaleiro

Tamén ten unha pel de seda preciosa, fermosa, clara, cristalina e branca, pero ela non ma deixa acariciar.

Non te esquezas de min... Brais Conde. Cabaleiro

ACRÓSTICOS Gracioso Agradable Tontorrón Orgulloso Mariña

Algúns amores son bos Mais otros fante chorar Amar é cousa de dous Risas, gargalladas, corazón Cristimeire.

18

Gran amigo, Emprendedor, Risueño Amistoso Relaxado Dominante Orgulloso Javier G.

Agradable Realista Amable Completa Elegante Leal Incrible Araceli

S impática

Álegre

Agradable

Lista

Riquiña

V ivaz

Astuta

Animada Riquiña Estresada Zarabeta Sara


Imaxe persoal Departamento de Imaxe Persoal

Este trofeo forma parte do proxecto APREDER +, que é un convenio entre a Consellería de Educación e a empresa L’Oréal. L’Oreal imparte tódolos anos un curso de formación no IES de TEIS cunha duración de catro días. Como final do proxecto celébrase o Trofeo ColorArt. Este ano realizouse o evento no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o día 10 de maio. Participaron once centros públicos de Formación Profesional, especialidade de Perruquería de toda Galicia. Competiron no trofeo so nove, cada un deles con dúas alumnas.que tiñeron que competir cun corte con coloración e un traballo artístico de fantasía. AS PARTICIPANTES DO IES DE TEIS (2ºCMPD): Janet Juste Alonso, que realizou un traballo artístico e de fantasía. Cecilia Rodríguez Tárrago, que realizou corte e coloración. COLABORADORAS: Maquilladora (1ºCMPD): Alexandra Casal Fernández Modelos: Karen Heisel Cuevas Riobó e María Misa Cabreira. Os centros premiados son: 1º Premio: IES de Bueu. 2º Premio: IES de A Coruña. 3º Premio: IES do Barco de Valdeorras

19


Imaxe persoal No mes de novembro de 2010 celebrouse en Galicia o I Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2010. Na especialidade de perrucaría participaron seis centros e as probas realizáronse no IES Someso de A Coruña, por parte do IES de Teis participou o alumno de 2º CMPV, MIGUEL SILVA CAAMAÑO.

Os premiados foron: Sonia Villanueva Fernández IES Frei Martín Sarmiento OURO Miguel Silva Caamaño IES Teis PRATA Luis Martínez Varela IES Someso BRONCE

¡¡ORABOA !!

Este Campionato da Formación Profesional ten como obxectivos: - A posta en valor da calidade e o atractivo das ensinanzas de formación

profesional que se imparten nos centros da nosa Comunidade Autónoma. - Motivar ao alumnado para a mellora da calidade da FP. - Recoñecer e estimular o labor do profesorado. - Potenciar as relacións dos centros nos que se imparten ciclos formativos coas empresas dos sectores correspondentes. - Seleccionar o equipo galego que nos representará nos campionatos nacionais SpainSkills 2011.

20


Imaxe persoal

Andrea Rial Otero Lembro cando a miña profesora me propuxo participar no concurso; non o pensei dúas veces e aceptei aventurarme nestas olimpíadas de formación profesional que se converteron nunha das mellores experiencias da miña vida. Sabía que ía supor un pequeno esforzo que estaba disposta a realizar para deixar nun bo lugar o meu instituto. Todo empezou co campionato galego, para o que me preparei un tempo e grazas á axuda da miña titora e ao empeño posto en devandito concurso, o resultado foi positivo.Participamos tres concursantes galegas. As probas consistían en dar unha masaxe de extremidades inferiores, un tratamento facial con ionización e unha maquillaxe de noiva. Neses momentos só pensas en dar o mellor de ti.Unha non se pode obsesionar por ser a gañadora; sabes que esa é a meta pola que todos loitan, pero o máis importante para chegar a ela é saber competir limpamente, facelo o mellor posible e, sobre todo, hai que gozar da experiencia. Cando me elixiron gañadora de Galicia non o podía crer e desde aquel momento propúxenme esforzarme e traballar duro para deixar en Madrid a Galicia nun bo posto. Esta vez as probas consistían nun tratamento facial con ionización, manicura, pedicura, unha maquillaxe de noite para transformalo nunha de fantasía, masaxe corporal e

depilación.Estiven en Madrid case unha semana e tiña planificados catro días de

competición, de martes a venres cunha proba pola mañá e outra pola tarde. Eramos un equipo de 25 galegos e todos demostraron ser unhas grandes persoas e foron un gran apoio en moitos momentos, gardo un gran recordo de cada un deles. As miñas compañeiras de competición eran 13 e sorprendeume o compañeirismo que había e o apoio que existía cando a unha compañeira non lle saíu unha proba como esperaba, inmediatamente iamos todas a arroupala e animala. Foi fantástico. Nas primeiras probas estaba algo nerviosa porque paseaba moita xente e ao principio aquelóutrate sentirte observada por tanto público, pero os días seguintes xa estabamos todas máis relaxadas. A organización foi estupenda e o apoio das miñas profesoras esencial; estiveron en todos os momentos que estaban permitidos para vernos e falar. Foi emocionante escoitar palabras de apoio, ánimos para seguir adiante, escoitar que todo estaba saíndo ben. iso motivoume e cada día tiña sentimentos de superación.

21


Imaxe persoal Cando unha proba non me saía como esperaba, ao día seguinte ía disposta a facelo perfecto para compensar o erro. O acto de clausura foi moi emotivo, cada comunidade apoiaba e animaba os seus compañeiros premiados. Nós, cada vez que ía un dos nosos a recoller unha medalla, os demais levantabamos a bandeira galega moi emocionados. Obtiven o cuarto posto na miña especialidade e entregáronme un certificado de excelencia por superar os 500 puntos. Foi unha experiencia inesquecible que volvería repetir se puidese. A pesar dos nervios, o traballo diario, as longas esperas e os madrugóns... a recompensa é coñecer a xente tan incrible e a decatarme de que podo conseguir o que me propoña. Só fai falta ter confianza nunha mesma e pensar “se quero, podo” e loitar por iso. Para rematar, quero recomendar e animar a participar nestas olimpíadas a todo o mundo porque é unha experiencia única.

22


Imaxe persoal

Rosa Sánchez González

Xa transcorreu unha semana, pero aínda teño na mente coma se estivese a pasar agora mesmo toda a historia vivida grazas á oportunidade que nos deu este noso instituto de Teis (no que cursamos o Ciclo medio de estética decorativa) e mais a nosa titora de maquillaxe, Toñi. Dende o momento en que nos comunicaron o labor que iamos realizar, mergullámonos na aventura da curtametraxe. Sentímonos somerxidas nese mundiño e, á vez, alleas a el. Toda esa xente –equipo técnico, artístico, son, produción, cátering, cámaras--, a súa xerga –cámara, acción, rodando--, as personaxes –salientando a Tony Salgado, a quen puidemos coñecer en persoa--, as

emocións vividas durante a rodaxe e, de súpeto, entre esa multitude e no momento menos pensado escóitase ¿maquillaxe? E velaí estamos nós con todo o noso equipo de maletíns para o que nos pedisen: retoques, repasos, retirar brillos... Todo isto aconteceu en Moaña, onde se rodou a curtamentraxe Carapuchiña e o pobo feroz. Nesa rodaxe déusenos a oportunidade de desenvolver as capacidades deprendidas ata o de agora, de dar a coñecer a nosa profesionalidade nese ámbito. Soubemos demostrar esas capacidades e soubemos estar como profesionais. Foinos de gran experiencia, tanto profesional coma persoal, ver outras formas de maquillaxe –coma as que se dan no teatro ou no cine--, outras aplicacións, técnicas novas, desenvolvemente profesional e novas aptitudes. Por todo isto, queremos agradecer esta oportunidade brindada ao instituto de Teis, ao noso director por aceptar o permiso para ir, a nosa titora Lidia e ao resto das profesoras pola súa colaboración e a Toñi, a nosa profesora de maquillaxe, polo seu apoio neses días e ao equipo de rodaxe por confiar en nós

23


Imaxe persoal

Mónica Nogueira Romero Eis o título da curta na que tiven a sorte de participar. Vouvos contar a miña experiencia. Foi unha experiencia inesquecible, pero os nervios xa me empezaron cando a profesora me elixiu por sorpresa no medio dunha clase. Comecei a procurar información sobre as maquillaxes de carapuchiña e fixemos varias para que o encargado do atrezzo de perruquería e maquillaxe da curta elixise a que máis lle gustase para a actriz. Chegou o gran día, xuntámonos as dúas rapazas de perruquería e mais as dúas de estética, leváronnos ao lugar da rodaxe, onde nos agardaban para coñecernos. Puxémonos moi nerviosas porque estaban todos pendentes de nós, pero saíunos todo ben e quedaron moi contentos cos traballos que lles fixeramos.

24

Comezou a rodaxe: toda a xente calada, cada un no seu posto e os actores, perfectos... Era coma nas películas de cine: silencio, son, cámara e acción. Cada día viñan actores distintos e tiñamos que innovar e preparalos conforme o seu papel, pero todo nos saíu espectacular. Agradecían cada día máis o traballo que estabamos a facer, porque non esperaban que quedasen tan ben as maquillaxes e os peiteados. Nós deprendemos moitísimo nesa semana da curta, con todo ese grupo de son, atrezzo, produción... Pero eles tamén deprenderon de nós. Foi unha experiencia inesquecible, conectamos moi ben con todos, rimos moito e estou desexando que se estree xa a curta para ver como quedou e xuntármonos todos de novo. Doulles as grazas ao instituto por nos deixar ir a esta actividade e ás profesoras que puxeron a súa confianza en nós ao elixírennos, porque sabían que o iamos facer ben e que iamos deixar o instituto en bo lugar.


Imaxe persoal

Alicia Gil Alumna de AIP e maquilladora profesional No ciclo superior de Asesoría de Imaxe Persoal estudiamos a moda, e a súa historia, para entender o presente, temos que coñecer como se chegou ata aquí. No módulo “Estilismo no vestir” realizamos un traballo sobre a historia da indumentaria no que tamén incluímos a transición da maquillaxe e o peiteado feminino. Aquí podedes ver unha serie de debuxos realizados por min para este traballo. Podedes apreciar as distintas vestimentas do home e da muller ao longo do século XX e o seu. peiteado e maquillaxe “A moda pasa de moda, o estilo endexamais “ Coco Chanel

25


No instituto A LINGUA DE SIGNOS Durante o curso 2010/2011 o I.E.S. de Teis contou coa presenza dun Intérprete de Lingua de Signos, Araceli Santos, profesional que serviu de ponte de comunicación entre os alumnos xordos, profesores e compañeiros oíntes nas clases dos distintos ciclos ofertados polo Instituto. Seguramente vos preguntaredes ¿que é iso dun Intérprete de lingua de signos..? pois, é un profesional bilingüe capaz de interpretar unha mensaxe en lingua oral á lingua de signos e viceversa. Os intérpretes son os profesionais que fan posible que as persoas xordas poidan ter igualdade de acceso a información, participación plena na sociedade e igualdade de oportunidades educativas, laborais, etc.

¿ Que é a lingua de signos? • A lingua de signos é un idioma completo e natural coa súa propia escritura, gramática e sintaxe. • Todas as linguas de signos son visoxestuais polo que se empregan as mans, os ollos, o rostro, a boca e o corpo para a súa expresión. • Non é unha lingua internacional, cada país ten a súa propia lingua de signos. • Coa lingua de signos pode utilizarse o alfabeto manual ou dactilolóxico (trátase da escritura no espazo das letras do alfabeto latino cunha determinada configuración manual).

PERSONAXES HISTÓRICOS E agora un pouco de historia..sabedes ¿quen foi esta muller? Helen Keller naceu en Alabama (EE.UU.) no ano 1880. Os dezanove meses tivo unha grave enfermidade que a deixou xorda e cega. Os problemas de comunicación coa familia eran evidentes, Helen era moi pequena, non sabía falar . Contrataron a unha moza chamada Anna Sullivan. Ela aprendeulle o linguaxe das persoas xordas polo tacto, a escritura, o emprego da

26

máquina de escribir e, no ano 1890 o uso da palabra. A primeira palabra que aprendeu a pronunciar e a deletrear coas mans foi: “A-UG-A” Helen Keller destacou moito, xa que, foi a universidade, escribiu libros e fixo moitas viaxes para falar sobre a educación das persoas xordocegas.

Helen Keller dixo: “ Só son unha; pero de tódalas maneiras unha son. Non podo facer todo, pero de tódalas maneiras podo facer algo. Non rexeitarei de facer ese algo do que son capaz.” Helen Keller morreu no ano 1968.Tiña 88 anos. Recoméndovos ver a película da vida de Helen Keller, titulada “ O milagre de Ana Sullivan”


No instituto A película: O milagre de Ana Sullivan, The

miracle worker Tema: A película préstase a un amplo debate sobre a necesidade de harmonizar esixencia, comprensión e disciplina. EE.UU. 1962. 105 min. B/N. Director: Arthur Penn. Guión: Helen Keller, William Gibson. Intérpretes: Peggy Burke, Inga Swenson, Anne Bancroft. Sinopse: Annie Sullivan chega á casa da familia Keller para encargarse dunha tarefa case imposible : aprenderlle o mundo exterior a Helen Keller, unha rapaza de sete anos cega e xorda desde os dezanove meses, a causa dunha enfermidade. .

O alfabeto utilízase para deletrear conceptos novos, o nome das persoas e tamén topónimos Para os días da semana non utilizamos o alfabeto

semana luns

sábado

domingo

27


Teatro

Nesta presentación quero mostrar o contraste entre estas dúas creadoras escénicas, directoras, actrices e dramaturgas. Ambas moi novas e moi premiadas. Roxana Villagrasa Méndez

1.1 Angélica Liddell Existe en teatro un lugar común segundo o cal as palabras que o dramaturgo escribe na soidade da súa mesa cobran vida no escenario. Para Angélica Lidell sucede xustamente o contrario: as palabras que escribe son palabras enfermas que van morrer no escenario, na voz e no corpo do actor. (Lidell Angélica, 2007: 5)

O teatro é para ela unha dor compartida; é dicir, quere que o espectador se sinta aludido e inmiscido no que está a acontecer diante de el e, ademais, que destrúa a coiraza que o afasta do que está a suceder na realidade. A forma que ten ela de conseguir isto é crear “una dinámica de forzas entre as diferentes linguaxes escénicas certamente poderosa; as súas obras son un inquietante ritual cargado de forma máis ou menos latente, de violencia e perversidade” (Lidell Angélica, 2005: 7) e como sinalou Oscar Cornago “A concepción poética na escrita de Liddell garda un paralelismo coa súa concepción do corpo”. (Lidell Angélica,

2005:7). Nesta liña de provocación ao público Angélica quere desenmascarar a hipocrisía. Vivimos nunha sociedade bombardeada pola saturación da información e das imaxes dos medios de comunicacións, que en lugar de achegarnos ás inxustizas e ao sufrimento da xente, sepárannos e insensibilízannos. Angélica fai referencia a isto do seguinte modo, “Os excesos máis terribles non causan escándalo no mundo, pero cando os trasladas ao teatro causan un escándalo pavoroso. Eu non pretendo

28

escandalizar, o escándalo está realidade”. Lidell Angélica, 2005: 7)

na

1.1.1 Y los peces salieron a combatir contra los hombres A obra que imos mostrarvos, a primeira da triloxía Y los peces salieron a combatir contra los hombres, trata o tema da inmigración neste mundo globalizado no que habitamos. Fala das pateras que deixan un número moi elevado de negros mortos no estreito. Sinala Angélica na 1ª parte da peza: […]¿Como seguir?/ ¿Como superar a información?/ ¿Como converter a información en horror?¿Como escapar da demagoxia?/¿Cómo escapar do tópico piadoso?/ ¿Cómo escapar do social / o meu punto de vista é antisocial. / Esta é unha obra antisocial. / So se me ocorre concederlle á realidade o dereito ao misterio […] (Lidell Angélica, 2005: 26)

Na 2ª parte escribe: (…) 2on estaremos facendo algo mal, señor Puta/ 2on estaremos confundindo a xustiza coa humillación, señor Puta.(…) Eu sigo vendo cabezas de nenos negros con aberturas e buracos (… 2on ten medo, señor Puta?/ Diante deste pescado con ollos de home, ¿non ten medo? (Liddell Angélica, 2005:29)


Teatro 1.2 Alba Sarraute Alba Sarraute, estuda música, acrobacia e canto xa desde nena. Os seus estudos teatrais empezan na Aula de Teatre de Mataró (1997-2000) e na sala Beckett. No ano 2000 continúa na "Escuela de Circ Rogelio Rivel" de Barcelona e máis tarde, entre o 2003 e o 2006, na Escola Superior de Circ Contemporani Académie Fratellini de París. Aos dezasete anos crea o seu primeiro espectáculo unipersoal "seriosamente tragicomedia" que vai ir evoluíndo e variando ao longo dos anos. Foi presentado en París co titulo "L'espectacle de l'envol, la fragilité du calme" e máis tarde, á volta dunha viaxe por Latinoamérica, crea "Mirando a Yukali".

1.2.1 Mirando a Yucali Espectáculo que mira el alma con humor y circo, a caballo entre el cabaret y la womanshow, entre lo poético y lo cómico, una lectura hacia los sentidos profundos de la vida humana que no da respuesta a ninguna pregunta. ¡Bienvenidos a Seriosamente tragicomedia!

(Programa del Festival de Teatro Castilla- La Mancha: 2009) Espéctaculo de teatro contemporáneo, sen trama. Unha historia narrada por Godette e os músicos que o acompañan no seu

percorrido. Alba Sarraute vai cantar e tocar o saxo. Vai levarnos a través dos saltos da súas acrobacias, da súa poesía e da súa imaxinación ao mundo que todos agochamos no noso interior: “Yukali”; ese lugar profundo que apenas escoitamos e que habita en nós. Alba Sarraute quere que o espectador a acompañe no seu viaxe a ese lugar máxico, por iso interacciona co público a través do xogo e da risa; deste xeito, consegue que o espectador reflexione. Vai utilizar textos de autores contemporáneos (Koltès, Baricco, Beckett, Kantor, Pina Bauss…) nun espectáculo que se vale de moitas linguaxes escénicas. Así como, o uso da luz, do son, da música e das proxeccións. A utilización da metáfora, da xestualidade e do movemento corporal; a creación e transformación do personaxe; a narratividade e as referencias a lugares, son características do seu teatro.

Tanto Angélica como Alba son creadoras escénicas que fan un teatro contemporáneo. Utilizan un espazo postdramático, non mimético, senón simbólico, suxeito a unha significación de orde mental. Ambas instálanse na ucronía, nun tempo indeterminado, no tempo mítico. Non sabemos se pasa o tempo, se os personaxes teñen pasado ou futuro. Só coñecemos a presenza. Co respecto a recepción, as dúas artistas da escena queren facer reflexionar ao espectador. Ambas conseguen que despois de vivir ese tempo teatral teñas a sensación dunha experiencia vivencial importante; e sabes que moitas das súas imaxes permanecerán , cecais, para sempre na memoria. A diferenza fundamental entre elas é que Angélica Liddell se comunica co espectador a través do sufrimento, da dor e da provocación; e Alba Sarraute o fai a través da risa, da musica, do movemento corporal e da provocación mediante o xogo co público.

29


No instituto

30


DIFERENZAS:

sete has de atopar

Christian Y. Ángel Fernández(4ºA)

REVOLTALLO: Podes atopar 10 palabras relacionadas co autor homenaxeado o día da letras galegas L

Ñ U A S T A L E C U E R

O O E R C A N M L A Ñ I C

I B P A R I S X S E D Q V

S M G Z O L M P A I O L W

A P E A P T O X L M N C Z

F A R W D A B A L E Q M E

P O E M A S

C T L I P W U R T P U N L

N O G N I Ñ I O T S R C M

E T P W L P E R E I R O L

S A A E N P N E M E S A T

T M N N D U O Ñ R Q U E I

B O E D R P O A L N A C X

E N S E N M E T Q F S F P

G F A R R B S E X H E I R

H O F S I D A L U M N N S

I R G V C M O P L T T U D

M T N P E Ñ E L O T E R A

N E A N C U S X Q A A S S

T D V T Q T I H L Ñ P T A

E E I O E C P L T I H X V

D E A M O R E E N F E R M I

U L C I A S U C O P U A F

D E A C A O L A P T C X R

G M I U M U H N I L R E B

B O Z X A N J A H C T W G

N S U T V I O P A R S A E

D A D E D


Perfil, número 12 (2011)  

Revista escolar do IES de Teis

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you