Page 1


PERFIL NÚMERO 20 Depósito legal : PO- 139-96 EDITORIAL DESCUBRINDO OUTROS MUNDOS…………………………………........4-5 - Bueu, Baiona, Campo Lameiro - Museos científicos da Coruña - Teatro clásico CONCURSOS........................................................................................................6 - Rally matemático sen fronteiras - Concurso de microrrelatos APRENDER XOGANDO……………………………....……………………..7-8 - Escape Room Luna 2.0 - Manipulando a poesía. E Rosalía veu visitarnos COLABORAR PARA APRENDER………………………………………….......9 - Unha clase orixinal: peiteando e falando inglés - Intercambio lingüístico con Portugal PROXECTOS…………………………………………………….….……….10-12 - Whispers of the Ancient Story - O proxecto mClon .Elaboración de batáns EDUCANDO EN VALORES…………………………………….….………13-15 - Convivencia en igualdade - Día da muller e a nena na ciencia. Exposición as mulleres nas Tics - 8 de marzo O Ies de Teis camiña pola igualdade. DINAMIZANDO……………………………………………………..……...16-19 - Actividades de dinamización - Un entroido moi especial . Todos somos Antón Fraguas - Homenaxeando a Fraguas! Apadriñamento lector - Os venres culturais ACTIVIDADES…………………………………………………....…..…… 20-24 - Mes souvenirs d´ enfance - Tarde de barcos e lobishomes - Escapadas de luxo. Land Rober agarda! - Hixiene postural - Xornadas técnicas de imaxe persoal ATA SEMPRE………………………………………...…………….......………. 25 - Despedida 2ºBacharelato CREACIÓN-OPINIÓN……………………………….....…………....…….. 26-28 - O ser humano - Fakebook - Vinte anos non son nada - Poemas - In memoriam ENTREVISTA………………………………………………….....………… 29-30 DESPOIS DO INSTITUTO - Do instituto ao posto de traballo. Perrucaría raíces...................................31

DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA Ano escolar 2018-2019


Este fin de curso o número 20 de Perfil chega as túas mans cheo de ilusións e inquedanzas, levamos anos recollendo a vida do IES de Teis e xa estamos pensando no curso que vén. Canto nos queda por facer! Algo dese quefacer enche de contido estas páxinas, poderás recordar algúns dos momentos vividos e poderás reflexionar e pensar. Somos unha comunidade grande, moi activa, Perfil é unha das iniciativas do noso centro, na páxina web tes moita información, información máis inmediata de todo o que acontece nel. Perfil tamén está na rede, dixen ben tamén porque cando naceu Perfil non sabiamos o que era iso, e agora algúns xa non usan o papel. Hai cousas que cambian moi rápido e outras que custa moito que evolúan. Este curso houbo iniciativas interesantes para o noso día a día, falamos moito de igualdade e falar de igualdade é falar de respecto, de convivencia, de compartir... Hai moitas desigualdades no mundo e a de xénero non sempre se quere ver, hai moitos que seguen sen querer ver. En 1949, Simone de Beauvoir publicou O segundo sexo, un ensaio que naceu da reflexión sobre a súa condición de muller e rematou sendo un estudo moi completo sobre a situación das mulleres “non se nace muller, chégase a selo”. Setenta anos máis tarde seguimos tendo moitas tarefas pendentes, os estereotipos de muller obxecto mantéñense, algúns pensan que con dicir que todos somos iguais chega, pero para modificar hábitos, costumes requírese consciencia e hai que manterse alerta que é moi fácil dar pasos adiante e atrás. Foron especialmente emotivos os actos de celebración do oito de marzo, contar no noso centro coa presencia de Antía Cal e Mª Xosé Queizán é algo máis ca un honor. Ver a unha pedagoga da valía de Antía Cal entusiasmada pola nosa iniciativa, motiva a seguir dando pasos. Manteñamos esperto o noso espírito crítico que temos diante grandes retos que van demandar a nosa dedicación.


DESCUBRINDO OUTROS MUNDOS MUSEO MASSÓ O día 3 de abril, achegámonos co alumnado de 4º ata Bueu para una visita guiada polo Museo Massó. Dividíronse en dous grupos para percorrer as tres salas. Mentres uns asistían a un curso sobre a orientación marítima, os outros apreciaban as numerosas maquetas de barcos dos séculos XVI ao XIX , e por último ,explicáronnos os inicios da industria conserveira e a caza da balea en Galicia.

VISITA BAIONA O 2 de abril os cursos de 2º e 3º da ESO fomos a Baiona onde puidemos ver o Museo da Navegación e despois visitar a réplica da carabela Pinta, unhas das tres que fixo a Viaxe de Colón e significou un dos capítulos chave na historia da humanidade, unindo os destinos de Europa e América. Despois visitamos as murallas do Castelo de Monterreal, para así coñecer como era a arquitectura dunha fortaleza medieval.

CAMPO LAMEIRO O 30 de abril fomos de excursión cos alumnos de 1º ESO ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, a revivir un día na prehistoria .Fixemos cerámica, soubemos como facían os petróglifos, lanzamos frechas e azagaias con arcos e propulsores, para saber como se cazaba (ningún animal foi molestado) e case aprendemos a facer lume

4


DESCUBRINDO OUTROS MUNDOS

O día nove de xaneiro máis de 80 alumnos e alumnas do centro visitaron os museos científicos da Coruña. A visita foi organizada polo departamento de Matemáticas. Participaron profesores dos departamentos de Física, Tecnoloxía, Latín e Lingua Castelá. Con esta visita tratamos de romper a rutina da aula. O carácter interactivo e dinámico dos museos fixo a actividade moi atractiva para todos os que participamos nela. No Aquarium Finisterrae mergullámonos no submarino do capitán Nemo, mentres robalizas, sargos e tiburóns nos rodeaban, e compartimos o almorzo coas focas. Despois tocou coñecer a aventura da evolución humana e pasear pola marabilla do noso corpo na Domus. A continuación, na Casa das Ciencias, descubrimos a “maxia “ da física . Para finalizar, no Planetario viaxando dende o noso ceo de inverno ata os confíns do universo. Todo o alumnado e profesorado que participou na actividade considerou a experiencia moi satisfactoria: foi un día diferente no que puidemos convivir, pasalo ben e aprender.

Un ano máis, o Departamento de Latín intenta espertar no alumnado o gusto polo teatro clásico. No curso que estamos a rematar realizamos dúas saídas, en colaboración co Departamento de Filosofía. Fomos ata Ourense, o 26 de marzo, para ver Las Bacantes de Eurípedes. Participou todo o alumnado de 3ºESO e de Bacharelato só os que cursan latín ou grego. En Mérida estivemos, desde o 30 de marzo ata o 2 de abril, co alumnado de 4ºESO e 1ºde Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais para asistir no teatro romano á representación da comedia de Plauto Cistellaria e da traxedia Hécuba de Eurípedes. Aproveitamos a viaxe para facer un percorrido por Ciudad Rodrigo e a vila portuguesa de Guimaraes

5


CONCURSOS

O martes 12 de marzo dous equipos do noso centro, un de 2º e outro de 3º de ESO, participaron no Rally Matemático 2019. O concurso organizado por IGACIENCIA ten como finalidade desenvolver a capacidade do alumnado para enfrontarse aos problemas traballando en grupos colaborativos. Parabéns aos dous equipos polo seu traballo e en especial ao de terceiro que conseguiu clasificarse para a final.

Segundo posto na final galega O equipo de 3º ESO: María Cerviño Landesa, Nerea Comendeiro García, Andrea Gil Sierra, Sara Longa Collazo, Davinia Rodríguez Barreiro, Ada Rodríguez Pereira, Vanessa da Silva Santos e Tania Shuoqi Ying Cheng acadou o segundo posto na final galega do Rally Matemático 2019. O 5 de abril reuníronse os mellores equipos desta materia na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela para disputar a final autonómica do concurso organizado por Igaciencia. Parabéns ás participantes polo éxito acadado.

Concurso microrrelatos: GAÑADORES INGLÉS SIGN OUT

FRANCÉS Je n´avais rien a`faire, juste à attendre, à attendre que quelqu`un de l`univers m´aide, si seulement j`avais Instagram pour m`amuser. Devant moi se trouvait cette porte, cette porte qui, si elle était traversée, je serais à l´abri du danger, je ne pouvais attendre qu´un ange vienne m´aider. Au moment même où cet ange paraissait me sauver et m´aider à ouvrir la porte, il s`est approché de moi et a dit: - Avez-vous oublié les clés de votre maison à nouveau? - Oui, maman. Mariña Domínguez González ( 1º Bacharelato)

6

-I can´t more + No please, stay here. -Sorry +That´s not the way, you know it. -Always remenber that I love you. + Give life a chance, it´s notso dangerous as you think. -Really? I fucked up everythings just... +Alex this universe need you, I need you. -Make your live better than I did mine. Whith these words he said goodbye and fell into emptiness accompanied by the tool that had made is reach that extreme, his phone. His boyfriend could only cry an see how his love died because of a murderous society dominated by appariences and the "likes". Manuel González Ozores (1º CS DAW)


APRENDER XOGANDO

Imaxina que te atopas nunha habitación con cinco ou seis compañeiros para resolver unha misión encomendada pola GASA. Entras, á esquerda un reloxo vai descontando o tempo. En fronte unha mesa cun caderno pechado. Arredor, caixas de cartón con símbolos. Por onde empezar? Que facer? Tedes tres adiviñas, algunhas pistas e un obxectivo: conseguir saír a tempo do laboratorio do señor Malfendi. Isto, que semella propio dunha película de ciencia ficción, foi o reto ao que foron sometidos diferentes grupos de alumnos e alumnas do IES de Teis. Ao longo dunha semana participou neste Escape Room o alumnado de 3ºESO, 1ºBAC e 2ºBAC. Dirixidos por Rocío Besada, David Rodríguez e Senén Costas, profesorado dos departamentos de Matemáticas e de Física e Química, os mozos e mozas debían avanzar no xogo para conseguir que a nave da GASA puidese despegar a tempo. E conseguírono. Iso si, observados de preto pola cámara secreta a través da cal o profesorado podía comprobar o seu avance e darlles alguna pista empregando o único medio de comunicación que o señor Malfendi non conseguiu intervir: o lapis e o papel. O Escape LUNA 2.0, cedido polo CFR de Vigo e proposto pola profesora Rocío, é traído ao noso instituto para amosármonos que o estudo das ciencias tamén pode ser divertido. A través desta actividade aprenden xogando, o que fará que no futuro relacionen a aprendizaxe cunha vivencia. Sempre é mellor tocar, ver e manipular para alicerzar a aprendizaxe. O alumnado amosouse contento de participar neste xogo que lles esixía empregar os coñecementos adquiridos en varias materias. Así, debían lembrar a conformación dalgunhas moléculas, por exemplo, e aplicar eses coñecementos de forma grupal para conseguir abrir os candados e saír da sala. Velaquí outro aspecto importante da actividade: o carácter grupal e integrador. Nas salas de escape é a cooperación a que garante o éxito. Son importantes os coñecementos académicos, mais tamén as habilidades particulares de cada estudante. Moitas actividades son feitas ao mesmo tempo con distinto grao de dificultade, mais todas son importantes. A perspectiva e as capacidades de cada quen contan á hora de avanzar, pois o grupo funciona se cada participante achega a información que vai descubrindo e relacionando. A nave da GASA, grazas ao alumnado do IES de Teis, está xa un pouco máis preto do espazo exterior.

7


APRENDER XOGANDO

Escribía Bécquer no seu coñecido poema que, cando o amor pasa, “Los invisibles átomos del aire / en derredor palpitan y se inflaman”. Algo semellante sucede cando se aproxima a primavera, que se inflaman as nosas ganas de achegármonos á literatura. Pode que, ademais da prolongación dos días e o canto dos paxaros, teñan moito que ver as distintas conmemoracións literarias que se dan cita nesta estación: o Día Mundial da Poesía (21 de marzo), o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), o Día Mundial do Libro e dos dereitos de autor (23 de abril) e o Día das Letras Galegas (17 de maio). Aproveitando que o Premio Cervantes 2018 foille outorgado á uruguaia Ida Vitale, especialmente coñecida pola súa obra poética, desde o Departamento de Lingua Castelá quixemos organizar unha actividade na que os alumnos e alumnas deixasen o seu habitual papel de receptores e intérpretes de poesía para poñerse do outro lado. Así, fixemos co alumnado de 2.º ESO un Taller de bricopoesía, no que se conxugaron os versos coas pinturas, coas tesoiras, coas cartolinas. Favorecemos deste modo o achegamento aos xéneros literarios que se aborda nos dous primeiros cursos da Educación Secundaria. O taller desenvolveuse no patio cuberto. Nel habilitáronse espazos para distintas actividades de “bricolaxe poética”: realización de caligramas, ilustración de poemas, poetización de imaxes, actualización de composicións aos tempos modernos… Entre as cores e os versos destacaba un lugar privilexiado: un recuncho adicado a Antonio Machado e aos seus derradeiros versos, “Estos días azules y este sol de la infancia”, un recuncho ao que non lle faltaba detalle: unha reprodución dun típico patio andaluz, unha xerra de limonada, un sombreiro machadiano, un retrato do poeta…

Departamento de Lingua Castelá

Vin de Santiago á Padron C'un chover qu'era arroyar Descalciña de pé e perna, Sin comer nin almorzar. Po-lo camiño atopaba Ricas cousas que mercar, Y anque ganas tiña d'elas Non tiña par'as pagar. N'os mesons arrecendía A cousas de bon gustar, Mais o que non ten diñeiro Sin elas ten que pasar. Fun chegand'á miña casa Toda rendida d'andar, Non tiña nela frangulla Con que poidera cear. A vista se me barria Qu'era aquel moito aunar. Fun a porta d'un veciño Que tiña todo á fartar, Pedinlle un-ha pouca broa, E non ma quixo emprestar.

O 24 de febreiro, data do nacemento da autora, celébrase o día de Rosalía. Para conmemoralo, a propia autora visitounos este ano. Carolina, alumna da ESA no noso centro, fixo unha visita fóra do seu horario para poder coincidir co alumnado máis novo. Vestida para a ocasión, deulle vida a esta ilustre personaxe, á escritora dos Cantares Gallegos e de Follas Novas. O alumnado puido así coñecer de preto a nosa poeta nacional ao tempo que desfrutaban na biblioteca dunha clase diferente. Foi toda unha novidade poder preguntarlle pola súa vida, polas súas inquedanzas, polos seus gustos.

8


COLABORAR PARA APRENDER

Profesoras de inglés e de prácticas de perruquería xuntaron os esforzos e puxeron en marcha unha actividade que foi moi ben recibida polos seus actores, estudantes de FPB de perruquería e estudantes de 3º de ESO. Na aula traballaron os diálogos e no taller: acción e gravando. Perruqueiras e clientes facendo o seu papel. Chegamos ao taller de perruquería onde nos esperaban Aimara, Carla, Erika, Paula, Sonia, Tamara e Uxíatodos. Cada un foise coa súa parella, estabamos emocionados. A profesora gravou as escenas dos diálogos e despois a poñernos guapos e quapas. A Luís trenzas, Isaque perrera alisada, Vanessa melena alisada co ferro, Giovanni unha decoloración, o mesmo fixo Iván, eu non me atrevín coa decoloración aínda que me apetecía e conformeime cunhas trenzas e Ismael non se atreveu a innovar nada e saíu co pelo lavado e ben peiteado Foi moi divertido, aprendín moito e desfrutei quizais algo máis que os meus compañeiros porque eu quero ser perruqueira María Cerviño 3ºESO

Este curso realizouse un intercambio de cartas coa Escola Secundária Deu-la-Deu, de Monção, vila da ribeira do Miño. Participaron os tres primeiros cursos da ESO do IES de Teis, arredor de 50 alumnos e alumnas intercambiaron cartas con alumnado da escola portuguesa. O interese da actividade recaía nas linguas empregadas na escrita das cartas (galego no caso do noso IES e portugués no caso do alumnado portugués). Desta maneira os rapaces e rapazas puideron comprobar a proximidade lingüística dos dous idiomas e as posibilidades de intercomprensión que ofrecen. Unha volta ao pasado lingüístico e ao das comunicacións. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer persoas da súa idade e ampliar o abano das súas amizades.

9


PROXECTOS

Whispers of the Ancient Story Cada vez é máis evidente: os videoxogos están en auxe. Unha forma de entretemento que hoxe en día xa compite co cine, a literatura ou os deportes. Os videoxogos nacen como una forma de pasar o tempo sen ter que moverse da casa, e que, en moitos casos, non require de máis persoas que un mesmo. Actualmente as compañías fixeron dos videoxogos una vía para provocar emocións ós xogadores, tales como diversión, medo ou pena, a través de ideas tolas feitas xogos, conmovedoras historias ou novas tecnoloxías como a realidade virtual.

Whispers of the Ancient Story xurde da afección persoal aos videoxogos. E é que é o meu hobby a tempo completo. Déixanme perplexo as historias, a arte ou as ideas que un xogo pode chegar a ofrecer, pero sempre pensei: que pasaría se fixese o meu propio videoxogo? A medida que un xoga encontra cousas do propio xogo que cambiaría ou que faría de outro modo, así que dixen: por que non? Moito traballo? Pode ser. Vale a pena inténtalo? Seguro. Así naceu este proxecto. Este videoxogo de rol pretende ser un deses xogos que permite ao xogador explorar un mundo fantástico, coñecer todo tipo de personaxes e gozar dunha historia. Con unha forma de xogar que recorda aos clásicos xogos de rol combinada con outras formas de xogar que normalmente non encaixarían, trátase de conseguir una experiencia nova e orixinal para o xogador. O desenvolvemento do proxecto foi moi interesante, entretido, e, non vou a mentir, largo e complexo, pero moi satisfactorio ó final. Grazas ó esforzo, aprendín un montón sobre a creación de videoxogos e comprendín que realmente quero dedicarme a iso. Por suposto, nada de isto puido ser posible sen os coñecementos adquiridos ó largo do ciclo, xa que a pesar de que tiven que buscar pola miña conta gran parte da información que necesitaba para o proxecto, houbera sido imposible sen as nocións básicas e non tan básicas que o ciclo proporcionoume.

Gustaríame animar a calquera que estea interesado na creación de videoxogos a non ter medo de dar o primeiro paso neste mundo. Pode ser grande, pode asustar, pero o importante é probar e non deixalo antes sequera de intentalo. Ti proba e logo xa pensas que facer, xa verás! Tamén gustaríame animar a calquera coa vista posta no desenvolvemento informático a cursar o ciclo formativo de desenvolvemento de aplicación multiplataformas ou web. Realmente valen a pena, e coa preparación coa que saes non terás problema en encontrar traballo. O IES de Teis é unha excelente opción para cursalo. Profesores ben preparados e recursos máis que suficientes, o digo por experiencia propia. Animádevos e veredes! Sempre é satisfactorio ver o teu traballo funcionar despois de habelo codificado! Daniel Otero Van der Tuuk, DAM.

10


PROXECTOS

Que é mClon? mClon é un robot educativo de baixo custo que imita ao mBot e que se pode programar co software de mBlock coma se se tratase dun mBot. Está baseado en Arduino, así que tamén se pode programar co IDE de Arduino. Polo tanto, é un robot suficientemente versátil como para poder adaptalo a múltiples niveis educativos, e está especialmente indicado para traballar en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. É un proxecto de hardware e software libre. Pode ser montado por calquera que o desexe, adaptándoo aos seus propios propósitos, necesidades ou desexos. Os membros do proxecto mClon son: Modelo básico do mClon, con sensores segue liñas • M María Loureiro. Profesora de Tecnoloxía no IES Prie ultrasónico. meiro de Marzo, Baiona. • Bernardo Álvarez. Profesor de Tecnoloxía no IES de Teis, Vigo. • Miguel Gesteiro. Maker, Vigo.

Por que un clon de mBot? Cos kits de robótica educativos comerciais apenas se traballa o hardware. Móntase o robot e as actividades baséanse exclusivamente na programación do mesmo. Sen embargo consideramos que a robótica non é só programación, senón que abrangue un conxunto de tecnoloxías (mecánica, electricidade, electrónica, deseño, programación, …) todas necesarias e importantes e que se deben traballar. Necesítase un robot que permita que o alumnado entenda o seu funcionamento, por que se comporta dunha determinada maneira, non só polos programas cargados,

senón tamén pola súa electrónica. E tamén que permita que o alumnado poda adaptalo deseñando novas pezas ou engadíndolle funcionalidades conectando novos sensores e actuantes. mBot de MakeBlock é hardware e software libre, están publicados os esquemas e estruturas, está baseado en Arduino, … por que non montar un robot que se programe co mesmo software que mBot e que se comporte de maneira similar? Pois iso fixemos, un clon de mBot: mClon. Desa maneira podemos traballar na aula con mBots e mClons facendo as mesmas prácticas e resolvendo os mesmos retos. Os programas feitos cun mBot son transferibles e un mClon e viceversa. O baixo custo permite ter un robot por cada parella de alumnos e alumnas, polo que o aproveitamento didáctico é moito maior. Tamén incorporamos ao proxecto unha serie de prácticas e retos para poder traballar na aula. Ademais, construíndo o mClon desde cero, que inclúe o deseño e impresión de pezas e o conexionado electrónico, fai que o valor educativo e a aprendizaxe sexa moito maior que co mBot comercial, pois trabállase tanto o software como o hardware.

Modelo preparado para resolver labirintos

Primeiro ano do mClon nas aulas do IES de Teis. Este curso cada alumna e alumno de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial construíu un mClon, programouno e elaborou un proxecto para dotalo dunha nova funcionalidade. Remata o curso con dous novos

11


PROXECTOS sensores preparados para engadirlle a calquera mClon, o sensor de son e o sensor de temperatura e humidade, e cun accesorio que lle permite lanzar fichas. Ademais estes mClon foron utilizados polos alumnos de 2º ESO na materia de programación para preparar o concurso de robótica que tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial o pasado 26 de abril, e na que o equipo de 2º ESO quedou sexto dun total de 54 equipos de toda Galicia. Na web do proxecto podes ver ao mClon que aparta latas namentres segue unha liña, ao que resolve labirintos, o que ten un alerón con cronómetro, e esperamos que moitos máis segundo a comunidade que está a replicar o proxecto por toda España se anime a engadirlle novos accesorios.

O mClon nos medios Grazas a repercusión que tivo o proxecto na comunidade educativa os creadores do mesmo foron entrevistados na voz de Galicia, na radio galega e na televisión de Galicia, podedes ver o vídeo da reportaxe no IES de Teis na web do instituto. Web: tecnoloxia.org/mclon Twitter: @mClonRobot Telegram: mClonRobot Thingiverse: mClonRobot

Algúns dos mClon construídos no IES de Teis polo alumnado de Tecnoloxía Industrial

O grupo de 2ºESO A traballou no taller de tecnoloxía co profesor Denís Alén para construír batáns. O batán é unha máquina que se usaba para compactar os tecidos e que se instalaba nos cursos dos ríos para aproveitar a súa enerxía. Consta duns mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan. Xa non se usan pero aínda quedan moitos pola nosa xeografía mesmo se xa non están a maioría en bo estado Na aula de tecnoloxía elaboraron unha maqueta coa finalidade de ilustrar todos os contidos estudados. Como mecanismos de transmisión e transformación do movemento usaron motor eléctrico con redutora, un sistema de poleas e outro de levas. A construción do batán acompañouse da redacción dunha memoria técnica.

12


EDUCANDO EN VALORES

O século XVII foi un momento crucial de criminalización das mulleres por toda Europa, cando as persecucións por infanticidio, aborto e bruxería acadaron a máxima virulencia. Non temos máis que lembrar a María Soliño, unha de tantas vítimas que hoxe lle presta o seu nome a unha das aulas do noso Instituto. Sobre estes antecedentes inmediatos, a chamada primeira onda do feminismo comezou no século XVIII. A fundamentación na razón que buscaba a Ilustración estaba empurrando ás sociedades occidentais cara a cambios revolucionarios. Mais a Revolución, como a hidra mitolóxica, ten oito ou nove cabezas, unha delas inmortal, todas elas en danza permanente, xirando e xirando, amputada unha, rexurdirá sen remedio. A Revolución Liberal tivo como obxectivo crear un sistema político baseado nos dereitos do home e así foi nos casos que mellor coñeceredes, o estadounidense, o francés e, mesmo, o español. Que ninguén, inxenuamente, pense que o termo home se empregou neses casos, xeneralizando a condición humana. Non, os celebrados dereitos políticos recaían só nos varóns con determinados requisitos, deixando fóra, a todas as mulleres. A pregunta que debemos facernos é, por suposto, como foi posible, nese transcendental momento, que a muller continuase sendo marxinada, oprimida e relegada ao fogar? De pouco serviu que Olimpia de Gouges, en realidade Marie Gouze, redactase unha Declaración de Dereitos da Muller e da Cidadá (1791); e que Mari Wollstonecraft escribise a súa Vindicación dos dereitos da muller (1792). Collamos o caso de Olimpia de Gouges, gran defensora dos dereitos das mulleres. Considerada simpatizante xirondina, foi guillotinada polos administradores da xustiza revolucionaria xacobina. De paso, os abundantes clubs de mulleres foron pechados na Francia revolucionaria. Iso si, unha semana despois da execución da feminista, Notre Dame foi consagrada como Templo da Razón. As Luces só eran para unha parte da poboación. E os liberais triunfantes, homes, relegaron á muller, sen disimulo, ao ámbito privado doméstico, case como unha mercadoría da que se podían apropiar. E esta historia debería levarnos a pensar que, despois de diferentes ondas de xusta loita feminista, as distintas sociedades actuais teñen unha enorme débeda coa muller e no IES de Teis estamos comezando a saldala. O combate pola igualdade, sempre presente no IES de Teis, está agora, no seu presente e no seu futuro como elemento central e estratéxico. Nunca tivemos máis clara a nosa obriga de educar e de educar en valores. Como arela estaba xa, tempo hai, na mente de Vanesa Resúa e de Ángeles Arias que uniron as súas inquedanzas individuais ao apoio doutras persoas para crear un Grupo de Igualdade. Dentro da Dinamización da Convivencia xurdía, acotío, unha importante preocupación ante comportamentos e

actitudes machistas en alarmante aumento, nestes tempos de confusión e involución social e política. A estrea do grupo foi soada. Coincidindo coa celebración do Día da Muller, o 8 de marzo, aproveitamos para darlle a un bo feixe de aulas diferentes nomes de mulleres. As alumnas Paula Acebes, Zoraida Fernández e Noa Rivera, xunto coas profesoras Soledad e Naír, encargáronse de coroar cunhas fermosas gafas moradas o taboleiro dende o que o grupo fai chegar as novas á comunidade educativa. Na Web tamén estamos presentes, visibilizando o noso traballo. “Velaquí a cerna da loita, Igualdade, a nosa arela” define o noso labor. Así mesmo, deseñamos e inauguramos xa un novo espazo na biblioteca da que tan orgullosas e orgullosos estamos, o da Igualdade, cunha selección de fondos bibliográficos. Rosalía de Castro, dándolle nome, coa súa imaxe e cunhas fermosas palabras sinalizan claramente o lugar. Tamén actuamos como observatorio, preparando enquisas dirixidas ás familias, alumnado e ao propio profesorado, para completar a visión da realidade social. No vindeiro curso redactaremos un Plan de Igualdade no seo do Plan de Convivencia, documentos de referencia para o noso Instituto. Traballaremos en redefinir os espazos de lecer e os espazos de convivencia dende a perspectiva igualitaria. Unha excelente noticia é que no curso, 2019/2020 impartiremos en 1º ESO a materia Igualdade de xénero. O currículo estrutúrase en catro bloques: conceptos sobre xénero e igualdade; relacións de convivencia e afectividade; historia da discriminación das mulleres en distintos ámbitos; e violencia machista como consecuencia da discriminación. Neste mes de xuño tamén fomos o primeiro centro educativo galego que acolleu a Exposición “As mulleres no mundo das TIC” creada polo CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) da Universidade de Santiago de Compostela co gallo do Día Internacional das Rapazas nas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Entre os novos proxectos están a creación dun Observatorio LGTBI+; e participar no primeiro concurso Premio pola Igualdade Carmen López-Cortón 2019 para os centros docentes públicos, co obxectivo de converter o noso centro nunha Escola Igualitaria. Por suposto, o grupo é mixto e aberto pero o noso desexo é que, aínda que en diferentes niveis de implicación, esta motivación prenda en toda a comunidade educativa.

13

Gabriel Sánchez Crespo Vanesa Resúa Eiras


EDUCANDO EN VALORES

Día internacional da muller e a nena na ciencia O 11 de febreiro celebramos con moita satisfacción o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Sumámonos aos actos que simultaneamente se fixeron en moitos centros da nosa Comunidade en no resto do Estado. As actividades no noso centro desenvolvéronse ao longo de toda a mañá e nelas puido participar todo o alumnado da ESO, bacharelato e os ciclos formativos de Imaxe Persoal. En primeiro lugar proxectouse o documental Codegirl, en versión orixinal subtitulada en galego. O filme amosa o programa Global Technovation Challenge 2015 no que os equipos de rapazas adolescentes participantes teñen que crear unha aplicación para móbiles que sexa útil para solventar un problema da súa comunidade. Tras unha pausa retomamos cunha charla de María Sánchez do Centro Oceanográfico de Vigo que nos falou do seu traballo e experiencias nas campañas oceanográficas en buques de investigación: como nacen, medran, de que se alimentan ou cantos anos teñen as especies mariñas, enfocado dende o seu día a día. A continuación, Ana Filgueiras, tamén investigadora do Oceanográfico explicounos a importancia do estudo científico dos contaminantes microplásticos, de grande impacto social, económico e ambiental, da evolución e consecuencias nos ecosistemas e de como se realiza a recollida de mostras para a súa posterior análise. Por último, Esther García, enxeñeira de calidade na industria da Automoción, trasladounos con naturalidade e sentido do humor as súas experiencias persoais e profesionais como muller enxeñeira nun mundo dominado por homes. Transmitiunos a necesidade de rachar cos estereotipos profesionais sobre as mulleres e ofreceu ás rapazas asistentes moi boas razóns para elixir a ciencia e a tecnoloxía como vía formativa e profesional. Tras as intervencións o alumnado puido facer preguntas e comentarios que amenizaron a xornada. Agardamos poder repetir esta iniciativa o ano próximo.

AS MULLERES NAS TIC

14


EDUCANDO EN VALORES

O 8 de marzo é unha data para reflexionar. Os actos conmemorativos foron propostos polo equipo de Igualdade para representar, visibilizar e recordar a moitas mulleres que ao longo da historia se rebelaron contra o destino inxusto, que loitaron polos seus dereitos. Esta data representa a loita pola igualdade de xénero, pola necesidade de transformación do mundo, pola denuncia da falta de oportunidades para unha parte da poboación. O traballo do grupo foi dar a coñecer, ao alumnado, a mulleres pioneiras na defensa dos dereitos, mulleres loitadoras que tiveron moitos obstáculos nun mundo onde a muller non contaba para nada e estaba destinada para vivir confinada no mundo privado, a non estar no público. Non podía acceder a estudar na universidade, tampouco a traballar. Ademais destas mulleres precursoras, na presentación-exposición feita no salón de actos tamén se visualizaron mulleres actuais, do noso tempo, presentes en diferentes ámbitos: escritoras coma María Xosé Queizán, pintoras, matemáticas, deportistas coma Desiré Vilas, científicas, músicas, pedagogas coma Antía Cal e mestras coma Ernestina Otero. A participación do alumnado foi fundamental para levar a cabo estas actividades. Un grupo numeroso participaron apoiando a proxección coa súa presencia no escenario para recordar algunhas frases célebres e moi interesantes, identificándose con cartolinas e prestando a súa voz a estas mulleres representativas da loita pola igualdade. A igualdade, ao igual co sexismo, apréndese desde a infancia, é un dos valores fundamentais da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Cada persoa é diferente, e é esta diversidade a que fai do mundo un lugar de intercambio e aprendizaxe. Apostar pola igualdade non é negar as diferenzas que existen entre as mozas e os mozos, senón darlles o mesmo valor a unhas e a outros e acabar coa discriminación. Personalizáronse vinte aulas con nomes de mulleres propostas polos departamentos, entre elas as xa mencionadas Ernestina Otero, María Xosé Queizán e Antía Cal, ademais a biblioteca adícase a Rosalía de Castro, a aula de xeografía ás Irmás Fandiño e... No acto de inauguración que tivo lugar no patio cuberto tivemos o honor de contar coa presencia e participación de Luisa Ocampo, neta de Ernestina Otero, Mª Xosé del Río, profesora xubilada do noso centro , Mª Xosé Queizán e Antía Cal que tomaron a palabra e amosaron a súa satisfacción por convidalas a este acto e visibilizar, dando nome as aulas, as mulleres. Para nós foi un honor recibilas e poder facerlles chegar a nosa admiración polo seu traballo, poder compartir uns momentos con elas que tanto levan feito neste eido. Todo alumnado portaba unha camiseta lila co lema “ O Ies de Teis camiña pola Igualdade”. Estes actos foron recollidos polos medios de comunicación, entre eles o diario Atlántico que nos fixo unha reportaxe destacando os actos e actividades que levamos a cabo. A igualdade é un valor, é unha meta, por iso queremos neste instituto continuar neste camiño emprendido, traballar co alumnado e profesorado, facer grupos dinámicos onde se poida participar, fomentar a igualdade e recoñecer os dereitos das persoas a través das actividades conxuntas que se poidan converter en comportamentos máis paritarios e equitativos. O acto foi emotivo e formativo. O respecto entre iguais e a non violencia se aprenden sobre todo coa práctica das relacións entre iguais. Angeles Arias Miño

15


DINAMIZANDO En novembro, con motivo do Samaín, o noso alumnado participou no concurso de bandas deseñadas e relatos de medo. Os de 1º da ESO foron os máis entusiastas a hora de elaborar os deseños. Nas imaxes o relato gañador e os finalistas amosan os seus agasallos .

Made in Galiza O 23 de xaneiro fomos ata o centro de ensino secundario IES da República do Uruguai , en Teis para asistir á representación desta obra por parte de “ Os Quinquilláns”. Unha lección divertida de sociolingüística

castelao

E volvemos achegarnos ata Pontevedra onde nos agardaba Castelao e os tesouros da prehistoria. O percorrido polas rúas da cidade, seguindo a traxectoria vital do escritor descóbrenos a orixe dos nomes das rúas, as lendas da cidade, as actividades comerciais doutros tempos, o ambiente cultural e político,e moita historia do pasado que se fai presente nun relato ameno. No edificio do Sexto, o alumnado quedou impresionado cos vestixios da prehistoria que se conservan: o tesouro de Caldas e restos de ósos humanos, entre outros, mais tamén apreciaron o legado da obra plástica do noso insigne pintor.

Regueifando

BiBliotecas ViVentes “aDicciÓns

Asistimos , como vén sendo habitual, a esta actividade educativa porque consegue impresionar ao alumnado e transmitir unha aprendizaxe de vida única.Levamos ao alumnado de 4º ESO ata A casa das palabras , en Samil , o 26 de abril. É un proxecto educativo e cultural que pretende achegar coñecementos ás persoas dun xeito ameno, directo e participativo. Nesta biblioteca os libros son persoas con singulares historias de vida ou que posúen determinados coñecementos e que difunden a súa experiencia a través da interacción, entrevista e diálogo cos usuarios/as. Ade mais, ofrécenos a oportunidade de dinamizar espazos para a lectura e o coñecemento e trabállanse valores e actitudes . A temática deste curso foi “As adiccións” O propósito era a prevención de hábitos de vida nocivos, centrada en experiencias dramáticas e outras de esperanza na reinserción e integración de novo na sociedade.

16


LETRAS GALEGAS

Un Entroido especial O Día das Letras Galegas 2019 adicase a Antón Fraguas como gran representante da cultura galega. Fraguas foi un mestre, dentro e fóra das aulas, sempre aprendendo e sempre transmitindo. Traballador, humilde, constante e entregado, son os trazos que caracterizan a este persoeiro consagrado á cultura galega. A súa actividade investigadora abranguía diversos ámbitos: histórico etnográfico, xeográfico, antropolóxico e lingüístico. Un home comprometido coa terra. Aquí imos ter un Entroido especial. Non haberá “momadas” (así lles chaman as comparsas en Cotovade), nin máscaras ou maragatos; non teremos madamitas nin lanceiros. Nin demos ou clérigos, mouros ou cristiáns. Aquí xúntanse os diferentes Antóns Fraguas, as múltiples facetas que nos ofreceu este home nunha vida plena e entregada. O neno Antonio de Insuela. “O meu fogar é labrego. Podo ver as veigas plantadas e na casa temos catro vacas e dous porcos. Gozo dando de comer aos paxaros polo campo. A miña nai está a ensinarme as letras, e mamá Antonia axúdame tamén.” Mamá Antonia foi acollida na casa cando fuxía da súa aldea. Axudaba nos labores e posuía unha intelixencia natural que facilitou a aprendizaxe de Antonio sobre moitas cuestións, de letras a números, cantares ou tradicións. A Brasil. Antonio tiña que ir a Vigo aprender o oficio para ser ferroviario en Brasil, onde xa estivera o seu pai. Unha vez aprendido o oficio, toda a familia emigraría, deixaría Galicia. “Eu hei de ir ó Brasil // anque non gañe diñeiro// porque despois din as mozas// velaí ven un brasileiro“ O mestre da escola convenceu aos seus pais de que o “neno valía para estudar”, e iso fixo que quedaran. Estudante en Pontevedra. “Os meus compañeiros de Pontevedra din que son “o da aldea”. Síntome orgulloso das miñas raíces no rural de Galicia, a que tentarei engrandecer por todos os medios posibles”. Anos en Santiago Colaborador en Unión Radio Galicia: “En Unión Radio Galicia a miña voz e a miña lingua escóitanse nas ondas. ¡Queda tanto polo que loitar! Autodeterminación e autonomía integral, oficialidade do galego, o ensino en galego, acabar cos caciques, a igualdade entre homes e mulleres,…”. Antón Fraguas implícase no Seminario de Estudos Galegos, e nas Irmandades da Fala, participa nas actividades do grupo Nós, e toma parte activa na defensa do Estatuto galego promovida polo Partido Galeguista nos anos seguintes. Dende a base do Partido Galeguista, fai un labor constante e calado, busca socios e axuda á difusión nacionalista. Deste xeito queda vinculado aos catro grandes proxectos do galeguismo: Irmandades, grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos e Partido Galeguista. Ata que chega “A hecatombe”. O represaliado. “Teño que agocharme, fuxir, veñen por min. Non podo volver a casa ata que me avise a miña nai ata que vexa o sinal. ¡Tantos amigos asasinados! ¡Tanto horror! Non me permiten ensinar, perdín a praza e xa tantos logros foron desfeitos. Pero hei voltar, os meus alumnos agardan. Saben que son un bo mestre”. Alumnos do Instituto Masculino de Lugo: “Don Antonio é un científico xeneroso e moi humanitario. Sempre achegado, ensínanos a camiñar pola vida. Nas excursións móstranos o contorno e as súas características. É doado aprender con el. Preocúpase polos achados arqueolóxicos e os topónimos”. Alumnas do Instituto Feminino de Santiago. Son alumna de Antonio Fraguas, el é o meu profesor no Instituto Feminino de Santiago. Nalgunhas clases de Xeografía e Historia lévanos a pasear e visitar polas rúas os monumentos composteláns. Onte levounos ao Pórtico da Gloria. Grazas a saídas como esta, logrou espertar sentimento pola nosa cultura galega. Director do Museo do Pobo galego. “O soño fíxose realidade. Xa temos o noso museo, o do pobo, o que conta a nosa vida nesta terra. Comezamos con cestería, olería e tecidos. Pero tamén o mundo do mar, os canteiros, os ferreiros, os afiadores, os paraugueiro...O agro, a escultura, a arquitectura,o encaixe, a música. Ata o próximo Entroido!

17


LETRAS GALEGAS

HOMENAXEANDO A ANTÓN FRAGUAS Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez Parte do alumnado de 4º ESO: Alba, Antía, Julio, Yeison, Adrián, Jacqueline, Shayanne, Fabiana, Noa e Paula participaron na elaboración e gravación do conto e podcast sobre Antón Fraguas Un entroido moi especial e tomaron parte no certame de podcast “Xose Mosquera”, acadando posto de finalistas. Traballo meritorio que foi feito no seu tempo de lecer, coa colaboración da profesora de Inglés, Flor Currás. O 28 de maio, recolleron o premio no Museo do Pobo Galego en Santiago.de Compostela. Nunha breve visita, tamén honraron ás Irmáns Fandiño Ricart, “As dúas Marías”, que lle dan nome á aula de Xeografía e Historia, e achegáronse á catedral compostelá.

Días despois, o “botín “ foi entregado ás responsables da Biblioteca, para desfrute e aprendizaxe de todos.

Apadriñamento lector Un ano máis, e xa van tres, dende a biblioteca "Rosalía de Castro" organizase o "Apadriñamento lector" no que os nenos do noso centro fan lecturas teatralizadas para o CEIP San Salvador. O día 30 de Maio os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO e de 4º, 5º, 6º de EP e 1º, 2º e 3º de EI participaron no Parque da Riouxa desta actividade. Arredor de 180 nenos desfrutaron destas lecturas, nas que por primeira vez introducimos a linguaxe de signos

18


DINAMIZANDO

no IES de Teis

Soledad Cuba López Naír García Abelleira

No mes de abril iniciamos un programa lúdico-inclusivo que bautizamos ‘venres culturais’. Os venres culturais foron unha proposta de xogos para os trinta minutos de lecer co fin de: -Dinamizar o patio do recreo con xogos nos que participase todo o alumnado sen excepción. -Fomentar a igualdade entre rapaces e rapazas mediante o xogo mixto e inclusivo. -Mellorar a relación do alumnado entre si e conseguir unha maior cohesión dentro de cada nivel educativo. -Ampliar os espazos de uso da lingua galega no centro contribuíndo á normalización do seu emprego. Comezamos os venres do mes de abril, con A busca do tesouro. (1º e 2º ESO), Escapismo na biblioteca, (3º e 4º ESO) e continuamos durante o resto do curso con Xogos de risoterapia. (1º ESO), Xogo de fuga.( 2º ESO) Recreo olímpico. 3º e 4º ESO Xincana cultural. 1º ESO Culturreto. (2º ESO).

Aínda que a experiencia foi curta, os primeiros resultados non demoraron en chegar: conseguimos que participasen tamén os máis solitarios; fixemos xogos cooperativos; no recreo olímpico xogaron nenos e nenas de diferentes cursos; xénero e circunstancias, a deportes tradicionalmente masculinos, creando un clima verdadeiramente inclusivo. Para avaliarmos se fora unha experiencia positiva ou negativa para os verdadeiros protagonistas e destinatarios do programa preguntámoslles directamente e os resultados foron, de novo, alentadores. Dos 50 nenos e nenas aos que lle realizamos a enquisa, o 60% participou máis dunha vez no programa e máis do 80% sinala que o pasou ben ou moi ben. Ademais, o que realmente nos dá azos é saber que grazas ao venres culturais, catro persoas fixeron novos e novas amigas. Outros 6 coñeceron máis en profundidade a persoas da súa aula. 4 xogaron por primeira vez con persoas doutros niveis educativos e 8 nenos e nenas sinalan que desfrutaron xogando con compañeiros e compañeiras cos que nunca antes xogaran no patio do recreo. Así as cousas, os venres culturais resultaron unha experiencia positiva que de seguro volverá implementarse no IES de Teis en vindeiros cursos.

19


ACTIVIDADES

A

B

Il y a trois ans, alors que j'étais en troisième, mon lycée a organisé un échange avec un lycée alpin. Les étudiants français sont d'abord venus passer une semaine à Vigo chez leurs correspondants espagnols. J'avais un garçon qui parlait bien espagnol. Il a passé une semaine chez moi. Quelques mois plus tard, c'était au tour des Espagnols d'aller chez leurs correspondants. Je suis restée une semaine chez ce garçon avec sa famille. Nous sommes devenus amis et nous avons continué à parler après mon départ. Un an plus tard, en été, il est venu passer quelques jours chez moi et, lorsqu'il est parti, il m'a invité à passer quelques jours l'été suivant, mais je en pouvais pas y aller et j'ai dû refuser. Je ne pense pas que nous nous reverrons, mais ce voyage a été une belle expérience. Mariña Domínguez González (1º Bac.A)

Il y a deux ans j'ai voyagé en Angleterre avec mes camarades de classe. Quand on est arrivés à l'aéroport, nos guides étaient à côté de mes autres camarades. Là, à Peterborough, nous devions aller en classe et une élève nous a accompagné et fait visiter le centre. L'après-midi, nous avons fait des activités amusantes ou du sport. Ma famille était drôle et ils m'ont enmené au cinéma voir un film. Nous avons passé un mois à Peterboroug et le voyage a été une expérience inoubliable. Xacobe Bermúdez Pérez(1º Bach.A) Quand j'étais petite, je vivais dans un appartement. Nous n'avions pas de piscine et nous n'étions pas près de la plage donc mon père a décidé d'installer une piscine sur le balcon. Alors moi, très émue, j'ai mis un maillot de bain et j'ai pris une bouée plus grande que la piscine.Quand je suis entrée dans la piscine, elle a éclaté et l'eau a coulé sur les voisins qui jouaient tranquillement aux cartes et t ils ont dit: Est-ce qu'il pleut en été? Lucia González Santorio (1º Bach.A)

C

Serías quen de escoller a imaxe axeitada para cada texto?

20


ACTIVIDADES

Pantoque, así se chamaba a exposición que fomos ver ao MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo) o pasado mes de xaneiro os alumnos de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa. Que é un pantoque? O mesmo nos preguntabamos nós cando chegamos ás portas do museo e o atopamos cheo de barcos, en cadros ou en anacos. Resulta que o pantoque é a parte exterior do casco dun barco que, xunto á quilla, forma o fondo del. Non tardariamos en sabelo, porque durante a visita á exposición acompañounos unha amabilísima guía que lle deu moito máis significado a cada cadro que viamos. Do pincel de Ramón Trigo e a cámara de Eduardo Armada xurdiu unha colección de arte que documenta, en vídeo e pintura, a vida e traballo nun estaleiro de Bouzas. Nesta ocasión, o artista botou man dunhas técnicas de debuxo e pintura moi persoais que lle permitiron atrapar nos seus cadros unha realidade na que se mergullou durante doce meses. Non hai mellor aprendizaxe que o da vivencia propia, por iso Ramón Trigo moveu o seu taller a Estaleiros Armada e alí pasou un ano enteiro a carón dos traballadores do lugar. Pinceis, paletas, anacos de madeira e metal foron as armas coas que librou a súa batalla por levar desde o porto á cidade unha historia da que poucos temos oído, xa que as portas dos estaleiros non abren moi a miúdo ao público.

Namentres Trigo daba forma a cadros e esculturas, Eduardo Armada documentou todo o proceso en vídeos e fotografías que formaron tamén parte da exposición. Isto ofreceu unha dobre ollada ao mundo dos estaleiros: a subxectiva dende o interior do artista e a obxectiva dende o ollo da cámara. Ámbalas dúas complementáronse para agasallar ao espectador cunha panorámica do porto de Bouzas dende unha perspectiva case íntima, a rebordar das cores escuras e oxidadas tan propias dos bicos do mar. Antes de irnos, tivemos a ocasión de asistir á estrea dunha curtametraxe de Roberto Oliveira sobre a lenda galega de “Romasanta”. Uns minutos de escuridade e angustia narrados por Silvia Penas, con guión de Isabel Blanco, que contan a historia de Manuela Romasanta (asasina en serie de mediados do século XIX). Nacida en Ourense como Manuel, Manuela protagonizou unha das primeiras controversias sobre identidade de xénero coñecidas. Cabe dicir que sendo mulleres tódolos rostros e voces que interveñen, non podemos negar as inclinacións feministas da curtametraxe. Resulta, como mínimo, interesante. Que ten que ver todo isto coa nosa especialidade? Tal coma nos explicou a profesora que nos levou a exposición, Roxana Villagrasa, profesora de Deseño de imaxe integral, Imaxe corporativa e Dirección e comercialización, a imaxe ˗˗persoal, corporativa ou da índole que sexa˗˗ vai man a man coa arte, igual ca ela, bebe da realidade e xoga coas formas e coa cor, que nos levou á exposición. Os asesores de imaxe somos dalgún xeito artistas tamén e toda arte é inspiración para nós, sen esquecer que a cultura é a mellor ferramenta de traballo para todos. Marchamos para a casa coa sensación de ter bebido un bo grolo cultural, grazas á iniciativa da profesora. Cristina Pardo Conde ZSAIPC

21


ACTIVIDADES

Os alumnos e alumnas de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa comezamos o ano cun dos mellores agasallos que podiamos esperar dos Reis, mellor dito do noso profesorado do Instituto de Teis: unha excursión aos estudios de gravación do popular programa da galega Land Rober! Grazas a Manuel Franco Quintáns, que nos impartiu este pasado curso a materia de Protocolo, non só tivemos a oportunidade de desfrutar do espectáculo senón tamén de coñecer as entrañas do programa e o traballo invisible que hai detrás. Un anfitrión de luxo agardábamos nas portas do estudio ás cinco da tarde: Miguel Balboa, nada máis nin nada menos que o director de arte do Land Rober. Seguro que acabo de dicir unha mentira, porque este home atende mil cousas e probablemente sexa moito máis que o encargado de dar vida ao Tunai Show de Roberto Vilar. Porque si, Miguel é quen prepara o terreo para pasar do papel á realidade os guións deste programa tan enxebre que todos desfrutamos. Sinxelo parece, sinxelo non é. Cando saen os créditos do programa do xoves na nosa pantalla ˗˗que por certo, alguén le os nomes de toda a xente que fai posible o Land Rober?˗˗ o equipo de produción xa está coa cabeza no xoves seguinte. Baixo as direccións de Miguel, todo un equipo de profesionais traballa contra reloxo para servir ao público galego un contido de calidade con denominación de orixe da nosa terra. Porque o contido do programa zumega tanto sentido do humor coma cultura galega. Entremedias dos ensaios e últimos preparativos do directo, os departamentos de maquillaxe e vestiario recibíronnos coa mellor disposición para atender as cuestións dun grupo de novatos con ganas de absorber ata a auga dos xerros. E non, non pola fame nin a sede de saltarmos a merenda (que ben pagou a pena), senón fame de aprender dos mellores. A xente que traballa no Land Rober ten unha longa traxectoria que nos fixo lembrar a Sócrates e ao “só sei que non sei nada”. Canto nos queda por aprender! Ensináronnos todas as áreas nas que un profesional da nosa especialidade podería traballar, dende vestiario a atrezzo, porque o director de arte encárgase tamén dos escenarios e decorados. Aprendemos que a creatividade e o estrés a miúdo teñen que aprender a levarse ben, pero que o resultado final sempre compensa. Deixáronnos, sen dúbida, con ganas de botar a correr para chegar tan lonxe coma eles e formar parte dun equipo coma o seu. No pouco tempo que Miguel puido xuntar para nós, encheunos as mans de consellos e os corazóns de ilusión. Deixounos claro que alí sempre seremos benvidos; mágoa que no instituto non nos deixen facer as prácticas con eles! A guinda do pastel foi asistir ao programa en directo desde primeira fila, ata niso estiveron excelentes connosco. ¿E sabedes o mellor? Si que tivemos merenda! Déronnola a todo o público ao remate do Land Robert. Xa vedes que paga a pena ir a Santiago e vivir a experiencia. *Memoria da saída didáctica do 17 de Xaneiro de 2019, pola alumna de ZSAIPC Cristina Pardo Conde.

22


ACTIVIDADES

A Hixiene postural consiste nun conxunto de actitudes posturais, tanto estáticas coma en movemento, encamiñadas a manter unha boa aliñación de todo o corpo coa finalidade de evitar posibles lesións. No IES de Teis, un grupo de profesoras e profesores de Ciclos de Imaxe Persoal e Informática, fixemos un Grupo de traballo para traballar sobre os malos hábitos posturais que, nestas profesións, frecuentemente se deben a unha mala aliñación, mantendo posturas forzadas. Este grupo de profesores estivemos elaborando materiais para traballar na aula, baixo a supervisión dunha experta: Cristina Cameselle, profesora de terapias do movemento, pilates, hipopresivos, etc.

A finalidade deste traballo é obter recursos para inculcar no alumnado a concienciación da importancia dunha boa hixiene postural, promovendo a adopción de posturas correctas, adaptadas ás diferentes tarefas, propias da profesión. Por exemplo, no caso de informática, están moito tempo sentados e en perruquería e estética, moito tempo de pé. Tratase de dar unhas pautas ao alumnado, para que poidan realizar as súas tarefas de maneira adecuada e así evitar futuras lesións. No caso de informática terase en conta a altura e respaldo das cadeiras, a posición do ordenador e a mesa. No caso de perruquería e estética, polo contrario, están moito tempo de pé, polo que se terá en conta a aliñación da columna, utilizando a flexión dos xeonllos, o balanceo do corpo e o feito de adiantar unha perna para a aplicación de técnicas como a masaxe ou o corte do cabelo. A proposta principal e a de comezar o día facendo respiracións e unha serie de exercicios, dirixidos a alongar a columna, liberar as articulacións e fortalecer a musculatura. Tamén se recomenda, ao longo da xornada laboral, facer descansos dedicados a estirar e relaxar a musculatura. Para finalizar, gustaríame falar da importancia da respiración consciente e os seus beneficios. É moi importante dedicar un tempo a facer respiracións completas, é dicir, enchendo dende o abdome, costelas e o peito cando se inspira e soltando o aire lentamente para baleirar. Recoméndase contar, por exemplo: inspirar en catro e expirar en oito tempos. A respiración consciente é moi beneficiosa para o alumnado en situacións de estrés e recoméndase realizala, por exemplo, antes de poñerse a estudar para un exame. O máis aconsellable é deitarse no chan coas pernas flexionadas e unha almofada pequena para apoiar a cabeza; pódese poñer unha música tranquila, para inducir a relaxación. É importante dedicarlle un pouco de tempo: poderase comezar por cinco minutos e irase aumentando ata vinte ou trinta para conseguir despexar e calmar a mente. Agora xa podemos comezar a estudar!!! As fotos dan conta do traballo de hixiene postural coas alumnas do CS Estética Integral e Benestar Isolina Ferreira

23


ACTIVIDADES

Entre os días 25 e 26 de marzo, nas aulas de perruquería desenvolvéronse as actividades de recollidos actuais, a cargo da profesional de Servipel, e asemade a actividade de cor e corte: procedementos de traballo, a cargo das profesionais de Consulting and Concept Training.

Foi un pracer cursar perruquería en Teis, contando coa ensinanza, axuda e protección das nosas profesoras e a experiencia vital dos/as nosos/as compañeiros/as. ¡Así da gusto!Coas directrices que fomos aprendendo no centro e nas empresas coa FCT, temos máis claro como encarar o noso futuro.Agradecemos que nos axudarades en todo momento, para continuar nesta aventura que comezou en Teis e formará parte sempre da nosa vida. Grazas a todas as profesoras!!!

24


ATA SEMPRE

23 de maio de 2019, un día que marcará un antes e un despois en moitos dos que entramos a formar parte deste instituto. Chegamos aquí hai seis anos e non sabiamos todo o que iamos vivir entre estas catro paredes, e á fin e ao cabo, non só nos formamos como estudantes senón que tamén fomos crecendo como persoas. Cando chegamos en 1º da ESO ningún de nós pensamos que chegariamos a este día. Todo era un soño e o único que queriamos era poder alcanzalo. Aos poucos fomos superando chanzos desta etapa, con maior ou menor dificultade, pero iso que máis dá? O importante é que loitamos, sacrificamos horas, choramos, rimos… pero sobre todo aprendemos. Aprendemos millóns de cousas que nos ensinaron os profesores e aos que lles damos as grazas por iso. Pero tamén aprendemos o que é o fracaso e o éxito. Pasamos por millóns de momentos nos que ás veces non sabiamos nin que facer, outros nos que tiñamos que apoiarnos entre nós. Pero non todo foi así, tamén vivimos momentos de alegría que non esqueceremos nunca. Por outra banda durante estes seis anos coñecemos moitas persoas, algunhas delas marcarán as nosas vidas. Hai persoas que nos momentos que menos esperamos aparecen nas nosas vidas para quedar. Esas persoas que especialmente este ano, que foi o máis complicado, estiveron ao noso lado cando máis o precisabamos e que grazas a eles seguimos adiante cun pouco máis de forza. Seguro que non son a única que aínda lembra aquela persoa que entrou neste pequeno mundo hai seis anos, aquela persoa insegura que hoxe está disposta a comer o mundo. A esa persoa daríalle un consello: non te rendas pase o que pase e pese a quen lle pese porque con esforzo todo se consegue aínda que o camiño estea cheo de pedras nas que hai que caer para coller pulo cara adiante. Todo este tempo recibimos ás veces algún “ non podes” por resposta, pero iso non nos pexou e axudounos a converternos no que somos a día de hoxe. Só quero lembrarvos que durante estes anos fostes conseguindo os vosos soños ata chegar aquí, pero aínda queda moito por aprender da vida. A partir de agora espéranos unha vida chea de cambios e de incertidumes pero pensade que moitos están orgullosos de cada un de nós e que esas persoas van estar tanto no bo coma no malo.

Mil grazas a cada un de vós por formar parte desta etapa porque sen vós nada sería igual. E o máis importante que teñades moitísima sorte en todo o que vos depare a vida e que se algún día pensades que non podedes, pensade en todo o que conseguistes en moi poucos anos das vosas vidas. Sobre todo: CARPE DIEM!! Jennifer Valois Domínguez. 2º bac A

25


OPINIÓN/CREACIÓN

O ser humano O ser humano é probablemente un dos mellores resultados da selección natural, a nosa especie, a máis completa en moitos sentidos, superior en tantos outros, e sobre todo única. Pero que é realmente o ser humano? Biolóxicamente, o dito anteriormente, é a especie vinculada ao homo sapiens, resultado de longos millóns de anos de evolución, e sendo determinantemente especial e superior ao resto por poder falar grazas ao sistema fonador, e pensar, grazas ao córtex frontal, estas dúas pequenas pero grandes diferenzas, fannos únicos, abríndonos todo un abano de posibilidades. Estes cambios permítennos falar, pensar, ter ideas, autoconciencia, chegar a ter relacións interpersoais máis profundas, apreciar as cousas, entender o por qué á vez que buscas o cómo. É dicir, con todas estas operacións, é difícil afirmar que é un erro da natureza, podendo chegar a idealizalo, e consideralo a mellor creación da natureza. Pero a pregunta importante.. de verdade somos tan especiais? Dende o principio dos tempos, a nosa especie estivo en constantes guerras, sempre empurrada pola avaricia, polo egoísmo, pola maldade en si, e sempre intentamos definirnos como unha especie que é boa, que é solidaria, amable, pero somos todo o contrario. Nada máis que repasar o pasado histórico. Cada vez o humano é menos humano, empurrado sempre polo interese propio, e esta avaricia estanos levando a nosa propia destrución, a destrución do lugar onde vivimos, da nosa terra, do noso planeta. Actuamos coma virus, crecemos, reproducímonos e destruímos o organismo infectado, sendo neste caso aquilo que nos deu a vida. É necesario un cambio drástico, nas nosas maneiras, nos nosos modos, en todo. Sempre nos consideramos algo único, pero que somos á parte dunha mísera partícula de po cósmico nun universo inmenso? Realmente somos especiais? Ou haberá millóns de planetas como o noso perdidos pola eternidade e infinidade do cosmos? Unha proba clara de que si que hai vida intelixente é que nunca nos visitaron, é que nunca intentaron pórse en contacto con nós. Ou acaso nós visitariamos e estableceriamos relacións cunha forma de vida que nin sequera respecta o lugar onde vive? A resposta é clara, non. Cada vez estamos máis deshumanizados, incluso coa aparición das tecnoloxías, que claramente aportan unha infinidade de vantaxes, en vez de aproveitalas e lograr un mundo máis xusto, fixemos o contrario. Cada vez estamos máis lonxe de ser respectuosos coa nosa contorna, cada vez valoramos menos o que temos, e cada vez aceleramos a nosa destrución. Se hai algo obvio nesta absurdeza de vida, e que o tempo pasa, e chega un momento que se esgota, e nós, con el. Aínda estamos a tempo de intentar remediar o desastre que nos mesmos causamos, pero, non o estamos facendo. Daquela maneira, isto vén pola negación dos nosos instintos, pola negación da nosa irracionalidade. Sempre buscamos darlle sentido a

preguntas que en si mesmas son irracionais. A longa historia, estivo sempre dominada por homes que priorizaban martirizarse a prol de chegar a un mundo supraterreal esquecéndose do único mundo existente, que é onde vivimos. Como imos avanzar, se nos negamos a nos mesmos? A vida nunca foi un campo de rosas, nunca foi algo lóxico, de feito, como imos buscar a racionalidade na irracionalidade da morte? Simplemente hai que aceptalo, aceptar a vida e as súas consecuencias. O noso egoísmo, está ben marcado, de feito, cantas veces actuamos sen pensar no que pasará dentro de decenas de xeracións? Debemos actuar, e con contundencia, non podemos alongar máis o tempo, porque non queda. O ser humano recibiu algo innegable que é a capacidade de poder actuar e modificar o contorno ao seu antollo, pero nunca soubemos aproveitala realmente, xa que nesta modificación e neste avance da nosa especie, esnaquizamos milleiros de formas de vida tan valiosas como a nosa. Cada vez, queda máis claro que o desastre é tan real como próximo, esgótanse as posibilidades de salvación, pero realmente, merecémola? De que sirve que sigamos aquí, se imos seguir actuando como se nada máis á parte de nos mesmos importase? Quedan dúas opcións, ou remediar o dano que estamos facendo, ou desaparecer agora mesmo e que a vida poida abrirse camiño, como sempre fixo, e como fará cando destrúamos todo o que teñamos. A pregunta definitiva, que tal se pasa isto último? Sería o mellor, ou non?

26

Xián García 2º Bac. Somos fiestras abertas ao mundo, imaxinamos e interpretamos, Morrer é apagar os estímulos. Non hai electricidade a percorrernos. Non hai lonxitudes de onda a recibir. Non hai pensamento que elaborar. Apáganse os soños na noite eterna. Cesan as penas e as angurias. Cesa o medo a perdelo todo. Experiencias, desencontros. Todo, ese ritmo do teu latexar . Todas as ledicias a desaparecer. Soñamos que voamos ceibes. Nos os facedores da gran mascarada da vida. Máscara a recoñecerse e recoñecervos Máscaras que falan e matan. Semellamos atopar a nada e o infindo. A mente do home traspasa a súa vida. Como fora a vida, sen esas máscaras superpostas que modelan o noso rostro, pensamos. Cando fas un carnaval no teu corpo, abandonas ás túas certezas e comezas a ser ceibe. Unhas máscaras van quitar ás outras, ás mesturadas ca pel. Os sentimentos achéganse entón, a xeito ao seu verdadeiro rostro Roxana Villagrasa


OPINIÓN/CREACIÓN

Os últimos tempos están a amosar unha cara de Facebook, cando menos, pouco favorecedora. Aquí entre nos, talvez resoa máis o escándalo de Cambrigde Analytica, e a súa posible influencia na vitoria electoral de Trump e no Brexit, que o xenocidio roghinya. Pero entre unhas cousas e outras, a imaxe da plataforma foi perdendo a aura de ‘lugar de encontro de amigos’ coa que empezou, para adquirir a de irresponsabilidade e opacidade criminal. Aquilo de ‘move fast and break things’ resulta xa, máis que un lema, un problema, cando a magnitude da empresa acada ás cifras actuais de máis de 2 mil millóns de usuarios, bot arriba bot abaixo, e chega a sociedades e culturas fóra do eido occidental, como a de Myanmar. A minoría roghinya, musulmá, padeceu un xenocidio -culminado no verán de 2018- a mans do exército de Myanmar e de ultranacionalistas budistas. Dunha poboación dun millón de roghinyas, 650.000 persoas víronse obrigadas a fuxir a Bangladesh, houbo 25.000 mortos, 50.000 feridos, 19.000 mulleres e adolescentes violadas. Como indicou a ONU, e expertos de diversos eidos, o discurso de odio contra a minoría roghinya fíxose viral en Facebook, plataforma que contribuíu de xeito indiscutible á propagación da violencia. “Sentímolo moito” dixo Facebook. Sentírono, pero foi a súa estratexia empresarial -co Free Basics, ‘internet para todo o mundo, gratis’- a que fixo que en 2 anos Myanmar pasara de ter menos dun 1% de poboación conectada (500.000 usuarios en 2014) a ser o país con máis usuarios no sueste asiático (14 millóns en 2018), usuarios para os que esa plataforma era a única canle de información online. Malia ese crecemento vertixinoso, Facebook non contemplou a necesidade de supervisión das publicacións. Así, voaron as ‘fake news’ e as mensaxes de odio étnico, sen que a empresa fixera nada. Carecía de ferramentas e de persoal con dominio da lingua de Myanmar, admitiron. E no país non había outras fontes de información online coas que contrastar as ‘fake news’. “Un grande poder implica unha grande responsabilidade”. Frase de superheroe, si, e o poder de Facebook, de todas as megaempresas de GAFA (Google, Amazon, Facebook, Apple) é super, inmenso, mais a súa responsabilidade semella rozar a inexistencia. Ou así se viu na masacre dos roghinya. No caso de Cambrigde Analytica, polo menos Zuckerberg -principal dos señoríos de facebook, whatsapp e instagram- chegou a dar explicacións no congreso dos EE UU. Ou máis ben, a admitir a súa responsabilidade polo roubo/filtración de datos, pois ficou probado que a empresa Cambrigde Analytica se fixo cos perfís de 50 millóns de usuarios de Facebook, aos que lles enviou novas falsas ou nesgadas para influír no seu voto nas eleccións presidenciais. E Facebook sabíao. Só Facebook pode saber quen sube contidos á pl ataforma, quen distribúe noticias falsas, cando e para quen, pois a vixilancia dos usuarios é a súa esencia. Outra cousa é que a influencia da plataforma sexa abonda para modificar o resultado dunhas eleccións. Ese pode ser, talvez, o maior dos seus ‘fakes’. O indiscutible é que os nosos datos están en poder das catro megaempresas de GAFA, como os de o ecosistema asiático están no de BAT (Baidu, Alibaba, Tencent, Xiaomi?). Non podemos vivir sen os seus servizos, pero “se non pagas, ti non es o cliente, es o produto”. O material que almacenan e procesan estes monopolios é sensible, é información moito máis detallada e rica que simples datos de clientes gardados -analizados e aproveitados- por un provedor. É propiedade da cidadanía e debería ser xestionado por plataformas públicas, responsables e con criterios alén do beneficio empresarial. Cris Pavón

27


OPINIÓN/CREACIÓN

Un neno palestino está agochado Sabe que non está a xogar ao escondite. Un cacho besta de soldado israelita , descansa a súa metralleta nos brazos mentres camiña cunha charla de rebuzno . O golpeteo das súaas botas de ferro van silenciar os latexos do neno. Van pasar de longo... O neno palestino agochado a escasos centímetros, non quere respirar, non quere facer ruido. O seu corazon, quere escapar pola súa pequena boca Tapa os seus ollos para que non o vexa a besta, Ese animal achégase e tapa os seus latexos cas súas ferreas botas O tempo non pasa e el se afoga, Que pasen o que o maten xa¡ As bagoas mollan as súas mans. As mans que pechan os seus ollos. O soldado parece pasar a cámara lenta e el afógase Roxana Villagrasa

eles/elas os que atopan o lugar privilexiado co seu esforzo ou non, que máis da, van ser sempre os privilexiados/as non importan o que digan os seus discursos sempre van ter un, para cada ocasión, un vestido á moda e a kinesía moi controlada se lles tremen os beizos ou erguen o queixo ninguén lles teme, sempre correctos co vestido adecuado e hai que pensar nos recursos humanos e falar das mulleres as datas a celebrar nunca as esquecen organizan xornadas e invitan ás autoridades saen nos xornais, medra a súa cultura corporativa non falo de empresas privadas, falo de empresas públicas onde nos van concienciando de que o público ten moito gasto que é mellor o privado e sublime que sexas un emprendedor para case todos/as, a familia real é un exemplo de protocolo, a necesidade de mostrar unha imaxe de Estado adecuada, de estilo pijo poden ir ata de hippies nun evento determinado Roxana Villagrasa

Alberto Mariño. IN MEMORIAM Chegaches co bacharelato e a ESO, na anterior FP non se impartían materias da túa disciplina. Nunha sala de profesores moi convivial e na que sempre había con quen discutir, debater, estabas a miúdo ti, creo que non había noticia que ti non comentases, lector de prensa e bo analista. Tamén os teus alumnos recordan a análise da actualidade nas clases de Educación para a cidadanía ou en Valores éticos. Para os máis grandes a reflexión filosófica. É verdade que non perdoabas nunca a asistencia ás Xornadas de Filosofía en Pontevedra, colocábasnos ademais o cartel por se algún máis se animaba. Nos discursos de despedida desta promoción de bacharelato tamén houbo palabras para ti, e eu diría que as palabras de Diana Longa recordándote e recoñecéndoche que espertaches nela o interese pola política, por participar na vida cívica, é o máis bonito que se lle pode dicir a un profesor. Marchaches discretamente, esperabamos que volveses pronto pero o tempo foi pasando e non foi posible volver ás aulas, desexabamos a túa pronta recuperación e o seis de marzo tivemos que ir darche o derradeiro adeus. Todos recordabamos o teu xeito tranquilo de facer. Contentos de ter compartido estes anos contigo, sentimos non poder continuar con esas conversas sen fin que empezaron van alá vinte anos. Sempre na nosa memoria

28


ENTREVISTA No taller de informática 1 Cristina e Breogán mantiveron esta pequena conversa con Mila. Sabías ou intuías cando tiñas a nosa idade que ías ser profesora de informática ou que ías ter un cargo tan importante como o de xefa de estudos, porque tamén fuches xefa de estudos neste instituto? Non, nunca pensei ser profesora ata que acabei a carreira. De feito miña nai quería que eu fose mestra en Lugo, e eu non quixen estudar Maxisterio. Estudei Ciencias Empresariais en Lugo e vin rematar a Vigo. Cando acabei chamáronme para un colexio privado, e empecei así. Pero cando tiña a vosa idade quería ser bióloga ou veterinaria. Entón ti estudaches Empresarias? Si, estudei primeiro a diplomatura, os meus pais non podían mandarme a Santiago para estudar Bioloxía e daquela aínda non había veterinaria en Lugo. O único que había era a Diplomatura en Ciencias Empresariais que se facía en tres anos e despois podías traballar. A min gustoume e como tiña beca vin a Vigo para continuar os estudos. Aquí fixen cuarto e quinto no CUVI para ter a Licenciatura. E precisamente, a través dun compañeiro de facultade, ao que lle pasaba os apuntamentos porque el traballaba e non podía asistir, empecei a dar clase de Contabilidade e Informática cando rematei. Cando tiveches o teu primeiro ordenador? Como chegaches á informática? Cheguei a informática a través do traballo. En Empresariais estudiabamos informática como apoio á empresa pero eu tiña que dar programación COBOL, metodoloxía, materias propias dun especialista. Tiven que comprar un ordenador porque tiña que preparar, estudar na casa. Eu estudei cun ordenador IBM 360 que cedera a Caixa de Aforros, un deses enormes, pero para traballar nel había que pedir cita, traballábase con tarxetas, había que perforalas para dárllelas aos operadores, que compilaban, executaban, ti non estabas no ordenador, non era un PC. Os PC empezaron nese momento, o primeiro non recordo canto me custou, o que si sei é que tiña 87k, era un Compaq e o sistema operativo MS-DOS, mercárao no Corte. Podíanse traballar pequenos programas para dar clase, hoxe diso xa non hai. Os que se mercaron no centro no que traballaba eran iguais có meu. Había catro ou cinco para todos, estaban na sala de ordenadores e para ir había que ter o permiso da directora, íamos unha vez ou dúas ao mes cos alumnos de Informática de Xestión de cuarto ou quinto ano, os de terceiro non ían nunca. Todo se facía en papel, os códigos escribíanse en papel, corrixiamos no encerado e só de vez en cando se nos permitía ir facer algo no ordenador. Non podo dicir que dar clase non me gustaba, xa de rapaza, na aldea na que vivía, dáballes clase de lingua, matemáticas... a algúns dos veciños no verán. Sempre tiven algún grupo cando era estudante pero non me quería dedicar a iso. Unha clase de nenos berrando, preguntando, eu non me vía. Víame máis nunha empresa. Como fas para manterte ao día? É moi custosa a actualización? Moitísimo, para todos. Eu non son informática, son autodidacta case ao cen por cen, estudei algo de informática na carreira, e moito pola miña conta despois. Aprendín dos compañeiros, dos libros e dediqueille moitas horas, pódese dicir que aprendín a pico e pa, insistindo, traballando nos programas ata conseguir o que quería. Así toda a vida

O primeiro ano que traballei aquí tiven que dar cinco ou seis materias, Arquitectura de ordenadores, RPG Sistemas operativos Metodoloxía... de catro non tiña nin idea, non as dera nunca e tiña que enfrontarme a grupos de alumnos de 4º e 5º de FP, alumnos maiores, case da miña idade, eran o equivalente aos ciclos superiores de hoxe, foron horas e horas de traballo. Con tantas materias de hoxe para maña. Tiña que preguntar, buscar axuda entre os compañeiros que estaban preparando o mesmo, contactabas con quen fose e botabas horas ata que saían as cousas e podías explicalas. Preparabas dunha semana para outra, incluso de hoxe para mañá e podía darse o caso de ter que adiar algunha cousa porque non conseguías resolver todos os problemas Había que atopar solucións que tiveran unha base científica. Non se pode dicir calquera cousa. Por que decidiches ser xefa de estudos? E que cambios persoais supuxo esta decisión? Propuxéranme a xefatura anteriormente pero naquel momento non a aceptara, tiña os fillos pequenos e non me atrevín. Tiven medo a non poder dedicarlle o tempo necesario. Coincidindo con cambios nos ciclos, había que volver a preparar materias novas, e polo que vos acabo de explicar da necesidade de actualización constante e cun alumnado cada vez máis preparado e polo tanto que require maior esixencia, pois repensei a posibilidade da xefatura e propúxenllo a Fernando, o director nese momento. Fíxeno porque quixen, era un cambio nun bo momento, levaba un tempo tranquila desde o punto de vista da saúde e sentíame con forzas Resultouche fácil? Non, fácil non, nada é fácil, pero encantoume. Gustoume moito estar na xefatura, a pesar dos desabores. Desabores que viñeron quizais máis do nivel organizativo, do profesorado, doen máis. Por parte do alumnado tampouco é fácil, hai moitos problemas pero tamén é gratificante cando es capaz de axudar a resolvelos. Cando podes axudar a resolver problemas, cumprir desexos ou peticións, sexa de compañeiros, de alumnos ou de pais e nais é moi gratificante. Non deixei a xefatura porque non estivese a gusto, pero queima, esixe moita dedicación, xera moito estrés e a enfermidade púxose de uñas e atacaba moito aos ollos, tiven que coller unha baixa e estando de baixa rompín un tornecelo Nas aulas tratabas con alumnos maiores, na xefatura tiveches que tratar tamén con alumnos de ESO e bacharelato, supón un cambio grande? Cambio si, pero eu teño catro fillos, e nese momento tiña na casa o mesmo que aquí Estou acostumada a pelexar con eles, a tratar con eles, moitas veces actuaba como unha mamá galiña, fixen o que boamente puiden. Atopeime con algún alumnado que tiña moitos problemas de índole diferente e sempre tratei de axudalos. Cheguei algunha vez a entremeterme porque me implicaba coma se fosen os meus fillos. Esa implicación chegou a afectarche? Claro que si, sofres os problemas coma se fosen teus. Problemas cuxa solución non depende de ti. Ti non podes arranxar o mundo. Pero en conxunto foi ben, é unha experiencia única Resultouche difícil compaxinar a docencia coas tarefas de dirección? Si, os dous primeiros anos si. Tiña moitas horas de clase. Despois quedei con só catro é xa foi mellor. Impartía clase precisamente nesta aula. Nesta aula pasei moitos anos da miña vida. Levo trinta e dous anos en Teis e esta é a aula na que me tocaron máis horas. “Nesta aula tiven de alumna a túa nai (aparte para Breogán)”. Es a profesora máis antiga? Non, eu cheguei no 87 como profesora interina, aprobei a oposición estando aquí e despois estiven en Marín e volvín dous anos máis tarde. Hai quen leva máis tempo. Son das máis antigas. Estiveches algún tempo de baixa... Como retomaches o traballo?

29


Si, grandes tempadas. A última, foi o último ano da xefatura, renunciei precisamente por iso. Non podía estar no ordenador. Retomei con moitas ganas, pero cambiei á quenda de adultos, volvín aos inicios. Non era a primeira vez que tiña unha baixa longa, a primeira foi de febreiro a setembro xa hai tempo, aínda era a FP. Volvín tamén con moitas ganas. Os alumnos recibíronme cun aplauso, con moito cariño. Foi ao comezo do curso e recordo que era no taller 2 cos alumnos do ano anterior. Notaches o cambio da primeira FP aos ciclos actuais? Non, nós non o notamos, na FP o alumnado cursaba tamén materias do ensino secundario e nos ciclos non teñen esas materias pero as nosas eran da especialidade e non cambiaron especialmente nese momento. O que cambia é que o alumnado vén cada vez mais informatizado, teñen máis medios, e isto esixe maior preparación. Temos que adaptar os temarios, actualizarnos, pero o que máis cambia e que cada vez os alumnos chegan máis preparados. Ao principio, de informática sabíase moi pouquiño e era máis fácil saber máis ca eles, aínda que non sempre tiñas respostas, algunha vez había que deixar a resposta pendente. Eu sempre preferín dicir que non o sabía que caer nun renuncio. Creo que poucas veces me “tirei da moto” dicindo algo que non sabía. Sempre preferín ser directa, non enganar, sempre me mostrei próxima ao alumnado. Ao principio pola idade, cando empecei tiña a mesma idade ca eles, e despois pola forma de ser. Retomando o tema da saúde, cales son as principais ferramentas para afrontar un problema? Tesón, ganas de tirar cara adiante, cando me diagnosticaron estiven dous meses inmobilizada, facendo probas, non respondía ao tratamento. O médico faloume da posibilidade de quedar en cadeira de rodas, a musculatura se se atrofia non se recupera. Foi duro, o médico foi franco, (eu tamén o son e non llo tomei a mal), estaba soa na consulta e cando o contei na casa, falamos de ir vivir a un piso con ascensor...pero eu non podía aceptar tales cambios. Tiña dous nenos pequenos, gústame vivir nunha casa, ter horta. Rebeleime, non podía ser. O médico propúxome un tratamento, en realidade dous, un máis rápido pero con maiores efectos secundarios e outro máis lento e doloroso, polo que eu me inclinei, pensando en ter unha calidade de vida mellor a longo prazo. Empecei a buscar todo o que me puidese axudar: alimentación, descansar, pasear, facer o que podía cando podía. Eu nunca deixei de facer, cheguei a coller as pinzas coa boca para colgar a roupa, a baixar as escaleiras sentada, non podía facer a tortilla porque non era quen de darlle a volta. Acórdome coma se fose hoxe. Axudoume o ter carácter. Pero marcou un antes e un despois Despois tiven algún outro episodio pero está bastante controlada. Recordas cando estivo aquí miña nai? (pregunta Breogán) Creo que estivo dous anos, tiña o bacharelato e entraban en cuarto, tamén cursou galego porque era unha materia que seguramente non había cando fixo o bacharelato. De todo este tempo no ensino podes destacar algún momento? Seguramente moitos, pero tería que pensar. Podes dicirnos algúns dos mellores momentos, tamén dos malos Non pensei niso, pero sempre dixen que os fillos traen un pan debaixo do brazo e no meu caso estando en Teis e embarazada de Ana aprobei a oposición. Conseguín volver a Teis cando estaba embarazada de Miguel. Volver a Teis significaba non ter que viaxar todos os días. Despois adoptei un neno, un neno etíope, e tiven moito apoio dos compañeiros, sobre todo de Concha Vilar, que me resolvía a situación cando había que falar coa embaixada que estaba en París. Recordo como un bo momento o aplauso no claustro cando se deu a coñecer o meu nomeamento coma xefa de estudos. Tiña boa relación con moitos compañeiros e sígoa tendo. As veces pérdenme as formas, son directa, ás veces demasiado, pero

gústame dicir as cousas, non me gustan as reviravoltas. Non son rancorosa e se teño que pedir perdón tamén o pido. É mellor non ter que pedilo pero o carácter... Eu sentinme apreciada. De momentos tristes recordo a unha alumna de 4º FP, que morreu nun accidente de coche, non podía comprendelo. Tamén os compañeiros que nos deixaron Alberto, Anxo, Enrique, Marcela que fora alumna no centro privado e coa que xa fixera amizade alí. Alumna e compañeira? SI, empecei nova a traballar e en cursos altos. Marcela despois de acabar a FP foi profesora aquí e fomos compañeiras e amigas durante anos. Dende cando coñeces a revista do instituto? Desde o principio, no recordo en que ano empezou exactamente, participei nalgún dos primeiros números, estaba no equipo de normalización da lingua galega. A revista naceu ao abeiro deste Desde cando impartes as clases en galego? Cando eu estudei, o galego estaba mal visto, as clases eran en castelán e tamén as relacións dentro do ámbito do ensino. Eu podía falar cos amigos, con algúns compañeiros, pero empecei a dar clase en castelán, no centro privado había que dar as clases en castelán, non se podía falar en galego. Eu tiña esa inquedanza, na casa falábase en galego, eu son galegofalante, non estudei en galego, mameino. No instituto metinme no equipo de normalización e iso fixo que repensase o feito de dar as clases en castelán. Supuxo un esforzo, tiven que cambiar hábitos, refacer material, foi un ano complicado. Estaba afeita a desenvolver o papel de profe en castelán, eu na aula pensaba en castelán, eu a materia tíñaa en castelán, tiña que pensar para facelo en galego. Non sei se soñaba en galego naquel momento, agora si soño en galego. Á hora de falar, segundo con quen fale utilizo unha ou outra, un “bilingüe”, custoume facer o cambio incluso llelo dixen aos alumnos porque ás veces mesturaba pero se eu son galegofalante por que non vou dar as clases en galego?. Daquela non había tantos por centos de horas nunha lingua ou noutra. Eu cambiei porque quixen, porque o decidín eu. Cres que en Galicia as clases deberían darse en galego? Si eu creo que sería bo, pensando en que nas institucións agora tamén se usa. Debería. Non ao cen por cen quizais, porque hai que convivir, tamén aprendemos francés e inglés. Pero sería bo para que o noso idioma non quedase enterrado como se enterrou. Eu creo que agora vai para atrás, tivo unha época de rexurdir, estaba na crista de ola, agora non. Ao non empezar desde pequenos.. ao final non o falamos. Eu podo contarvos que a miña filla que foi ao cole en Bembrive, que é rural; o director, galego falante,; ao ano de empezar ao cole non falaba nada de galego. Cando empezou, con dous anos, falaba en galego coma un papagaio. Nós na casa falabámoslle en galego e ela era o que falaba pero as profes de preescolar non o falaban. Co neno, igual. Eu nunca lles obriguei a nada, agora empezan a mandar mensaxes en galego e se cando me enfado lles falo en castelán sénteno coma unha dobre recriminación. Gebre fala galego? Viu con dous anos e tivo que aprender castelán, fala galego coma vós, aprendeu na escola e na casa “os maiores” falamos en galego pero creo que demos unha volta atrás, creo que volvemos a eses pasados de ter vergoña, sentirse paleto. Non o entendo.

30


DESPOIS DO INSTITUTO

bolsa de emprego do Ies de Teis Presentamos aquí dúas experiencias das moitas que nos alentan a seguir co labor da bolsa de emprego para facilitar ao alumnado a incorporación ao mercado laboral .As testemuñas son dous ex alumnos do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). “Estudei no IES de Teis no curso 2013-2014. A miña experiencia foi positiva, pois coñecín a bos compañeiros e puiden descubrir o que para min era un mundo totalmente descoñecido. Entre as razóns polas que estudei o ciclo formativo de grado superior de administración e dirección de sistemas informáticos e redes era porque quería coñecer e desenvolverme na informática a nivel instalación, mantemento, explotación e soporte. O ciclo prepárate cunha base, na miña opinión, coa posibilidade de continuar especializándote e incluso dirixir/orientar a túa carreira profesional cara outras ramas das múltiples opcións que ten a informática (ciberseguridade, programador …). As oportunidades que me deu o ciclo foron moi boas, entre outras, unha maior probabilidade de encontrar un emprego. Dicir tamén que ser muller no sector, non parece ser un problema. A min déronme a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos na empresa na que me encontro na actualidade SERESCO. Cheguei a esta empresa grazas á bolsa de emprego do IES de Teis. Agora mesmo, un dos traballos que desenvolvo é o de reparación de incidentes dalgunhas aplicacións que temos’’ Mirian Carneiro Leyenda “Son Filiberto Martinez Gil ex-alumno do C.S.A.S.I.R, agora mesmo estou a traballar nunha consultora que se chama Seresco e que dá servizo informático a PSA. Traballo como técnico informático no departamento de sistemas. Encárgome de asegurar a integridade e a dispoñibilidade do sistema informático para que as aplicacións poidan dar servizos ós usuarios. Encántanme o meu traballo, toco moito a consola e traballo sobre todo en sistemas Gnu/linux. Ao tratarse dunha multinacional teño que utilizar o inglés/francés para comunicarme, polo que tamén me foi necesario aprender idiomas. O ciclo foi fundamental para adquirir unha base, na que poder moverme con soltura no meu traballo. Ademais, a oferta laboral chegoume mediante o servizo de emprego do IEIS de TEIS” Filiberto Martínez

Traballo realizado no módulo de Márketing e venda do ciclo medio de perruquería. A tarefa: diseñar un rótulo, un escaparate e a decoración interior dunha perrucaría. Mónica Péreira Pérez e Rosa Pérez Figueroa decantáronse por facer unha maqueta, e este foi o resultado. Unha perrucaría que pode prestar os seus servizos alí onde a precisen.

A


E

Profile for I.E.S. de Teis (Vigo)

Perfil 20 - Curso 2018-2019  

Revista escolar do IES Teis dende 1996.

Perfil 20 - Curso 2018-2019  

Revista escolar do IES Teis dende 1996.

Profile for iesteis
Advertisement