Revista Século 21_2108

Page 1

25.06.18


Erasmus+ IESMONTECELO

Máis de 30 alumnos e alumnas xa desfrutaron da experiencia

Erasmus + nun total de 5 países.

¡Únete a eles!


EDITORIAL Se eu te pudesse dizer o que nunca te direi tu terias que entender aquilo que nen eu sei F. Pessoa

Cada ano a Real Academia Galega organiza un certame para escoller as tres palabras do ano. No recén rematado 2017 foron tres as elixidas: •Sapoconcho (830 votos): Este protagonista da fábula atribuída a Esopo, e logo reescrita por La Fontaine e Samaniego, impoñía a súa confianza, ilusión e constancia ás cualidades innatas da lebre, para vencela nunha carreira de pronóstico inicialmente previsible e pouco favorable. •Independencia (939 votos): Cualidade ou condición de independente, é dicir, capacidade de toma de decisións, e por tanto, como consecuencia, garantir a responsabilidade das mesmas e o respecto ás partes afectas. •Afouteza (3004 votos): Procede do latín Favere (favorecer). Significa “disposición do espírito que leva a actuar ou acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou ás dificultades” e “seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme”. Cando vin na prensa a publicación deste resultado non puiden evitar identificalas coa realidade da Comunidade Educativa do IES Montecelo. Nos últimos anos afrontamos proxectos e vivencias, externas e internas, que, coma o sapoconcho avanzaron lentas pero seguras, e mantendo o sorriso na cara. Sabendo da nosa capacidade, de que non dependíamos de que outros viñeran na nosa axuda, pero tamén abertos a colaborar con todos. E sobre todo, con esa disposición do espírito que leva a actuar ou acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou ás dificultades. A seguir así. Espero desfrutedes dos contidos desta nova edición do Século 21 do IES Montecelo, que reflexan parte da filosofía da que falo.

Juan Miguel Carballa González Director do IES Montecelo Pontevedra, xaneiro de 2018

IES MONTECELO


SUMARIO 03 EDITORIAL As tres palabras escollidas no certame organizado pola Real Academia Galega do ano 2017.

08 XORNADA TÉCNICA O proxecto, que xa foi premiado o ano pasado, permite activar o sistema cunha aplicación dende o móbil.

06 FP INNOVA Certame de innovación na FP celebrado no mes de abril na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela

10 ACTIVIDADES IES MONTECELO

12 SAN VALENTÍN E ENTROIDO

Concurso de declaracións de amor. “Ti eres a persoa que non busquei, pero da que me namorei.

14 LETRAS GALEGAS

Mª Victoria Moreno. “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é unha historia de amor”.

20 ERASMUS + “Sacarse as castañas do lume sen axuda de ninguén pode ser desesperante en moitos casos”.

24 SAÍDAS DO CENTRO O IES Montecelo achégase a diversas empresas de cada sector.


28 “UNHA APOSTA POLO BO TRATO” Hai moitas actitudes que nos deixan claro ás mulleres que aínda non estamos en igualdade cos homes.

30 MEDIACIÓN Actuamos como vehículo comunicativo para que se acaden as solucións no ambiente máis positivo.

34 ALGAE

32 VIOLENCIA E MACHISMO

Nestes tempos xa non se permite que un home lle pegue a unha muller e a trate como a súa propiedade.

A unión do deseño con outras disciplinas dispares, produce. as máis das veces, resultados espectaculares.

37 DÍA DO LIBRO

Aquí tendes algunhas reseñas de libros que vos recomendamos esperando que desperte a vosa curiosidade.

38 FARMACIA

Un acordo entre o CHOP e o IES Montecelo permitirá ao alumnado realizar prácticas no hospital.

40 CINE

Películas para os que gusten de romperse un pouco os miolos.

42 CRUCIGRAMAS Exercita a mente cos nosos divertidos pasatempos.

COLABORADORES Maika Abigail Arce Arcay Laura Buezas Padín Rocío Calvo Rodríguez Miriam César Abalo Joel Costas Carballa Enrique Estévez Rodríguez Noelia Guiance Neira Pablo Herbello Hermida Rebeca Insual Vidal Jorge Lois Vázquez Beatriz Mohedano Soares Alejandro Moldes Torres Andrea Muñiz Rosende Lidia Oti Rodríguez Rosana Parada Otero Ainara Pesqueira Pazo Marta Rivas Gestal Benito Oubiña Rial J. Ángel Rodríguez Valcárcel Sonia Torres Cancela Bernardo Menduiña de la Torre Ángeles Jar Piay Juan Ángel Porto Cupeiro


SÉCULO21

FP INNOVA Alumnos do IES Montecelo deseñan un climatizador ecolóxico para automóbiles O proxecto, que xa foi premiado o ano pasado, permite activar o sistema a través dunha aplicación dende o móbil. O centro o expuxo na feira FP Innova no Gaiás.

6 Juan Miguel Carballa González, profesor do centro pontevedrés, explica que se trata dun proxecto feito realidade, que xa foi premiado o ano pasado, e que este curso ten a oportunidade de ser exposto.

Unha das características máis importantes do Climobilsolar é que ten carácter ecolóxico.

“No verán deixas o coche ao sol con moita frecuencia. Cando queres entrar a arrefrialo, tes que acender obrigatoriamente o motor para baixar a temperatura interior. Con esta aplicación desde o teléfono podes climatizalo dez minutos antes e facelo, por exemplo, desde a praia”, asegura. El foi quen dirixiu aos estudantes de segundo curso de Formación Profesional Básica co proxecto. Por agora, ao tratarse dunha primeira versión do invento, ten un tamaño algo voluminoso, aínda que está previsto que se poida reducir e que algúns dos compoñentes se poidan incluír debaixo dos asentos do vehículo.

Por iso, está composto por tres placas solares, unha batería, un regulador de carga, un inversor de 1.200 vatios e un dispositivo cunha tarxeta SIM para poder activalo desde a aplicación do móbil.


“A grande vantaxe é que non gasta combustible”, engade o profesor.

O instituto aínda non decidiu patentalo, aínda que cabe esa posibilidade. O que si teñen previsto é poder dalo a coñecer en breve nas xornadas técnicas de automoción. O Climobilsolar non foi a única aportación do IES Montecelo o espazo expositivo de Innova FP, de 4.100 metros cadrados, dentro da sección dedicada ao coñecemento das distintas familias da Formación Profesional o profesorado e o alumnado do centro realizou un taller de encadernación rápida que tivo unha importante participación, e moi boa acollida, por parte dos asistentes ás xornadas.

Corenta e sete proxectos de 25 centros educativos, separadamente doutros dez colaboradores, 30 deles vinculados á innovación tecnolóxica, científica e didáctica e outros 17 que responden a miniempresas creadas ao amparo do plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia. Máis de 8.000 visitantes. Esas son as cifras que a Xunta manexa para FP Innova 2018, que considera o maior escaparate da innovación que se realiza nas aulas galegas de ciclos medios e superiores e que esta mañá inauguraba o máximo mandatario autonómico (Alberto Núñez Feijoo, enfatizando como os datos proban que a Formación Profesional é hoxe sinónimo de inserción

SÉCULO21

Trátase dunha idea brillante que tivo unha grande aceptación no congreso Innova FP, que se celebrou entre o mércores 25 e o venres 27 de abril, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

7

laboral, con oito de cada dez titulados con emprego, e de emprendemento, cunha rede de 26 viveiros de empresas que acompañaron os pasos de 39 iniciativas.) O presidente da Xunta destacou que para impulsar a innovación neses centros a Administración Galega está realizando, neste ano 2018, un importante esforzo económico. No terreo da innovación, iniciativas como “Climobil”, do centro pontevedrés IES Montecelo, demostran que o alumnado da FP Básica ten moito que dicir neste sentido, mentres outras, como a do IES Pedra da Auga, de Ponteareas, investigan o potencial didáctico de construír unha vivenda domótica a escala en 3D con sensores de temperatura, humidade, intrusión, motores, bombas, sirenas...

IES MONTECELO


XORNADA TÉCNICA SÉCULO21

xORNADA de xestión da produción e DeSEÑO ESTRUTURAL DIRIxIDA o noso ALUMNado DE ARTES GRáFICAS

8

O día 9 de maio tiveron lugar no IES Montecelo as Xornadas formativas dirixidas ao noso alumnado de Artes Gráficas. Este curso lectivo, dedicáronse ao “Deseño Estrutural” e foron impartidas polo responsable do Departamento de Deseño e Oficina Técnica de DS SMITH Packaging, Manuel Gómez Bouzas. Cabe mencionar que DS SMITH é unha empresa punteira na fabricación de envases e embalaxes de cartón ondulado. Un sector que evolucionou moito nos últimos anos, cun mercado moi estable e con pedidos de grande tamaño, nunha situación actual na cal a innovación é fundamental. Con Manuel Gómez, aprendemos que a embalaxe non é un mero produto senón unha tecnoloxía real que ten en conta aspectos relacionados coa protección do produto e a súa presentación para a venda. Durante este relatorio puidemos estudar con detalle todos os aspectos prácticos relacionados coa obtención dos diversos deseños de embalaxe e o seu proceso produtivo posterior ata a entrega ao cliente.

Na primeira parte da Xornada coñecemos que tipos de materias primas son necesarias para a fabricación dos diferentes produtos de embalaxe e a súa procedencia. Sempre hai que dar a calidade exacta de cartón, é dicir, a composición de papeis e gramaxe axeitado. Se nos excedemos en calidade de cartón, estaremos encarecendo inutilmente a embalaxe, e se nos quedamos curtos teremos problemas de abombamento e fundimento no almacenamento ou no transporte que repercutirán na calidade do produto final. Na segunda parte da Xornada, instruímonos no proceso de fabricación das pranchas de cartón ondulado e a súa conversión aos diferentes modelos de caixas de cartón; e para finalizar percorremos o departamento de deseño estrutural afondando sobre os diversos tipos de software que empregan, non soamente centrado en programas de deseño, se non tamén empregando outros tipos de software, como o creado pola propia pranta, que che di cal vai ser o comportamento da caixa deseñada e se cumprirá cos requerimentos do encargo do cliente sen necesidade de realizar ensaios destrutivos.


“Con Manuel Gómez, aprendemos que a embalaxe non é un mero produto senón unha tecnoloxía real” Todo o Departamento de Artes Gráficas queremos agradecer a colaboración de DS SMITH, e máis concretamente a Manuel Gómez por participar na formación do noso alumnado achegándolles a realidade profesional ao ámbito educativo co fin de lograr mellorar a capacitación dos futuros profesionais de sector gráfico.

DESEÑO E FABRICACIÓN EN CARTÓN ONDULADO Tivemos o privilexio de recibir a Manuel Gómez no noso centro para ofrecernos unha charla sobre o deseño e a fabricación do cartón ondulado. Manuel Gómez estudou a carreira universitaria de Enxeñería Industrial e posteriormente un Máster de Estructuras Industriais na Universidade de Vigo. Despois de rematar os seus estudos, tivo a oportunidade de formar parte da empresa DS Smith Packaging, onde leva xa oito anos e fíxose responsable do departamento de Deseño e Oficina Técnica. Ds Smith é unha das principais empresas internacionais de embalaxe con presencia en 27 países e que emprega a un total de 27.000 traballadores, situada en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e con sede en Gran Bretaña (Euston Road, Londres).

SÉCULO21

Basicamente, as conclusións máis importantes ás que chegamos é que o Deseño Estrutural é una tarefa indispensable para conseguir embalaxes óptimas na que o cliente debe ser o centro do xeito de traballar. A mellor carta de presentación para DS SMITH é a satisfacción dos clientes dándolle solucións óptimas ás súas necesidades dun xeito rápido, fiable e eficaz. Con todo iso, conseguen fidelizar ao cliente e esta confianza é moi importante, xa que os clientes non os ven como un mero proveedor senon máis ben como un verdadeiro “partner”, con isto conseguen que a súa empresa lle veña á mente antes que ninguna outra. Por iso crearon o Pack Right Center enfocado a dar solucións concretas do día a día co cliente.

9


SÉCULO 21

Bibliotecas escolares

Bibliotecas escolares

Dia da Paz

Bibliotecas escolares

10

Magosto. Pelexa de galos

Concurso de fotografía Magosto 2018 Miriam César Abalo


Outono

Proxectos efímeros

Samaín

SÉCULO 21

Noites abertas

11

Concurso de Postais de Nadal 2018 Alexandre Martín Pérez

Violencia de xénero

CONCURSO NEOBIS PRESS 2018 O IES Montecelo sitúa a Pontevedra no mapa da Comunicación Gráfica. A estudante do IES Montecelo Andrea Muñiz atópuse entre unha das gañadoras do concurso nacional “Deseña a portada da Comunicación Gráfica” co seu deseño «exPRESSarte», que será a portada do número 152, publicado neste mes de Xuño.


SAN VALENTÍN

2018

SÉCULO21

se permite deixar de ser para comezar a inventarse. Tesme a un punto e non sei se vou aguantar tanta perfección que me espera nesta realidade que ben podería chamarse soño.”

12

“O soriso é meu, o motivo es ti”

“Existimos porque nos necesitamos” “Eres o protagonista de todos os meus relatos” “O candil por estar alto non deixa de alumear. Meu amor, por estar lonxe non deixa de me acordar.” “Si te pregunto qué es el amor, te diré lo que siento. Si nunca has mirado a una mujer tu estado es vulnerable” “As miñas gañas de ollarte son máis fortes que a distancia que nos separa” “Non te cepilles con colgate, cepíllate cons meus beizos que saben a chocolate” “Eres ti unha rotonda de Vigo? porque eres a cousa máis bonita do mundo” “Eu quérote como o xabalí ao millo” “Baixasme o mundo para atoparnos en outros novos o alcance só de quen

“Non sei como o tes non sei que é o que tecemos pero deixame decirche que o teu corpo e o meu entenden máis de eternidades, ceus e revelacións que de centímetros, eternidades ou expectativas. Ven, que vamos a celebrarnos coa liberdade de que ten algo que celebrar” “Quen fora catarro para agarrarme ó teu peito” “Miña cor favorita é verte” “Ti es un eu son cero e xuntos somos o perfecto código binario”

GAÑADORA CONCURSO SAN VALENTÍN “Ti eres a persoa que non busquei, pero da que me namorei”


ENTROIDO

SÉCULO21

2018 2018

13


Mª VICTORIA MORENO SÉCULO21

A XUNTA DE GALICIA SE CONGRATULA POLA DECISIÓN DA REAL ACADEMIA DE DEDICARLLE O DÍA DAS LETRAS GALEGAs

14

Maria Victoria Moreno Aínda que ela afirmaba que viñera ao mundo en 1941, seguramente para facer cadrar a súa idade coa das compañeiras de bacharelato elemental en Barcelona, a verdade é que Ana María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939.

É a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na cuarta muller tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño que leva ese recoñecemento na historia da celebración.

Esta pontevedresa de adopción chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como “galega de elección”.

Os primeiros anos de vida pásaos en Valencia de Alcántara. En 1943, múdase coa familia a Segovia e alí fica ata que falece o seu pai, en 1949. Ese mesmo ano trasládase a Sepúlveda coa nai, onde esta exercerá de mestra. En 1951, grazas a unha bolsa de estudos, pode marchar a Barcelona para cursar o bacharelato e alí aprende catalán e francés, ademais de descubrir a literatura ao ler o Quixote e O principiño, que se converterán nas súas obras favoritas.

“Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía […]. A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor” Declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso Poetas Alófonos en Lingua Galega.

De Cáceres a Galicia

Entre 1958 e 1963 cursa estudos de Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e especialízase en Filoloxía Románica. En Madrid colabora coa ONCE traducindo e lendo libros para persoas invidentes e é entón cando coñece a José Luis Llácer.


Logo de aprobar as oposicións en 1965 e de impartir clase durante dous anos no Instituto Masculino de Lugo (hoxe Lucus Augusti), e durante catro en Vilalonga (Sanxenxo), volve á Cidade do Lérez, onde dará clases no Instituto Feminino (o actual Valle-Inclán) e no IES Torrente Ballester. En 1973 inicia o proceso de adopción dos seus fillos, Begoña e Carlos Alberto, que conclúe dous anos despois. En 1996 morre o seu home e en 1997 diagnostícanlle cancro de mama a ela. En 2002, inicia unha relación co capitán da mariña mercante de orixe cubana Pedro Ferriol que culmina en voda en maio de 2003. María Victoria Moreno falece en Pontevedra o 22 de novembro de 2005. Paixón docente María Victoria Moreno soubo tamén transmitir a paixón pola lingua e a literatura galegas como profesora, tanto nos cursos semiclandestinos que impartía gratuitamente nos anos 70 en Pontevedra, Vilagarcía de Arousa ou Ourense, que lle supuxeron a retirada do pasaporte en represalia, como nas clases oficiais de Lingua e literatura españolas que deu durante décadas no ensino secundario (xa durante a ditadura, María Victoria Moreno dedicaba os venres parte destas clases a ensinar a literatura galega). Buscaba un método de ensino que lle permitise ao seu alumnado gozar da aprendizaxe e que cambiase as prohibicións, a censura e o medo pola liberdade e os xogos. Xunto con Xesús Rábade e mais Luís Alonso Girgado publica a mediados dos

80 libros de texto que aínda hoxe son un referente. Froito da necesidade de manuais nun momento en que estas materias se estaban a implantar nos centros, son á vez unha mostra da súa paixón polo ensino. Tamén escribirá outras obras de carácter didáctico, como As linguas de España e Verso e prosa (Xunta de Galicia, 1991). Tradutora, libreira e editora A tradución é outro terreo no que María Victoria Moreno realizou achegas destacadas. Anosou obras do catalán como Mecanoscrito da segunda orixe, de Manuel de Pedrolo (Galaxia, 1989), e realizou as traducións ao castelán da antoloxía bilingüe Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973). En 1968 abriu a canda outros intelectuais a libraría Xuntanza de Pontevedra, co fin de promover a literatura e espallar os libros. Nela podíanse atopar, entre outras, obras de Castelao, prohibidas pola censura. No eido editorial, foi codirectora de Árbore, a colección infantil de Galaxia, desde o seu inicio

De “Elexías de luz” As miñas ás grelaron en palabras e perseguían a luz descoñecida que ateigaba a distante bocanoite de lúa fuxidía. Alguén chamou por min desde as estrelas... As miñas ás grelaron en palabras e descubriron ronseis de luz espida, fragantes coma as rosas que guiaban ós eidos da harmonía. Alguén chamou por min desde as estrelas...

SÉCULO21

Casan ao remataren a carreira e trasládanse a Pontevedra, onde el traballará no Colexio da ONCE ata o seu falecemento en 1996 e ela, como profesora interina.

15


Leonardo e os fontaneiros SÉCULO21

Maria Victoria Moreno

16

Leonardo, todo o mundo di que toleas por min, que pareces outro cando eu chego, que que che dou... Que che vou dar, meu canciño, se non é o agarimo con que ando a buscarte sempre que me deixan. Pero é verdade que desde o primeiro día houbo algo especial entre nós os dous. Foi unha tarde do utono, á saída da escala. Iámolos de sempre, o Quique, o Pedro, o Xavier, o Miguel, o Carlos e mais eu. E tamén as rapazas, que daquela aínda as deixaban dar unha voltiña connosco antes de volver as casas. Íanos todo ben e a choiva e o corisco non ran para apagala ledicia con que andabamos palas rúas cara á Praza da Ponte, onde merendabamos e leriabamos ata a hora da despedida. As pombas aínda non se afacían á idea de que entrabamos no inverno e aburábannos por mor do que lles puidesemos dar da merenda. De súpeto, coma unha pomba máis, xurdiches ti no medio da bandada movendo o rabo, mirando humildemente, sen achegareste de máis a nós nin espantalas a elas. Non te gababas de ser can, nin de saber xogar coma nós, nin de ter unha pel xeito-

samente debuxada entre negro e castaño. Soamente fitabas moi serio, coma un ciroliñas, e eu decateime de que a diferencia entre un can e unha pomba está nos ollos. ¿Gustouche que eu reparase nisto? Pregúntocho porque de seguida te arrimaches a min, paseniño, e eu, agradecido daquel xesto, deiche o pan, o chourizo e maila mazá que levaba na carteira. Comíchelo todo a modiño, con boa educación, sen deixar de mirarme ós ollos. Ó rematares, afincaches ámbalas dúas mans nos meus pés e deitácheste. Agora din os compañeiros que me queres pola comida, pero eu sei que non é certo e ti tamén o sabes, que ás veces non termos nada para comer e estamos igual. Hei de dicirlle á nai, un día que a colla de humor, que me deixe levarte á casa, que has sela envexa dos veciños, que non comes moito, que andas moi limpiño, que es moi ben educado, que tes unha pel preciosa, que o entendes todo ... Leonardo, ¿gustaríache vivir comigo nunha casa? Leonardo non foi á casa...


Un viaxe pola sÚa literatura

A envexa e ambición que sinte son tan grandes que o levarán á soidade máis absoluta.

O protagonista almorza, come e cea nun mesmo lugar. Para almorzar, a camareira tráelle unha cunca chea de letras. Estas únense e lle contan a historia de Iván e o seu can Nica, dous grandes amigos.

Podería pasar o día enteiro cos ollos pechados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.

Este libro consta dos contos mais recoñecidos de Mª Victoria Moreno e de un relato inédito que gardaba no seu ordenador e que foi uns dos últimos que escribiu.

Na aldea de Vilaxeada vive a señora Minia Senín, unha entrañable velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón.

Unha novela chea de contrastes, na que a nobre delicadeza do ambiente pacego habitado polos seus protagonistas contrasta vivamente coa ruindade sempre ao asexo dalgúns personaxes que por alí roldan.

SÉCULO21

Este libro reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?”

Por culpa do fachendoso galo Don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non poden vivir en liberdade na aldea.

17

Un rapaz con problemas decide ir a Madrid: alí o esperan uns amigos relacionados co tráfico de drogas. Durante a viaxe coñece unha muller de nome oculto. Xa en Madrid, despídense. O rapaz intenta reencontrala. Só entón coñece o seu nome e as razón que tiña para agochalo...


18 SÉCULO21


SÉCULO21 19

IES MONTECELO


ERASMUS + SÉCULO 21

Experiencia erasmus (VErona)

20

Helena Pazos Portas Este ano tiven a oportunidade de poder facer unhas prácticas Erasmus por ser recén titulada do Ciclo Medio de Artes Gráficas. Funme a Italia xa que era a miña primeira opción. A cidade dábame un pouco igual, e tocoume Verona que é unha das mellores cidades en todos os aspectos, é moi bonita, hai moito ambiente, ten milleiros de sitios para ver… Recomendas Italia e Verona para vivir?

O idioma resultouche moi difícil?

Por suposto que si, Italia é fantástica e moi bonita, hai moitas cidades para visitar, Milán, Venecia, Turín, Pisa, Florencia, Bolonia..., e Verona é das máis bonitas de toda Italia, ten moi boas comunicacións coas demais cidades, é moi doado andar por Verona, é unha cidade moi cómoda.

O italiano ten a fama de parecerse moito ao español e é verdade. Si que te fas bastante lio ao principio pero é bastante doado de entender aos italianos e eles tamén fan o necesario para que os entendas; o que si recomendo, a parte de intentar falar o máximo posible coa xente, é ver películas en italiano ou escoitar música, axuda moito para o tema da pronunciación sobre todo. E en algúns sitios o idioma non será un problema como nas estacións de tren xa que teñen todo en español.

Que é o que menos che gustou ou que che custou máis? O ritmo de vida de aquí é diferente ao de España, adáptaste rápido pero quizais o que menos me gusta é que aquí as 6 da tarde xa é de noite.


Compaxinar traballo e ocio?

SÉCULO 21

Pódese compaxinar perfectamente, dáche tempo a todo e máis, a parte de que os fins de semana os tiña totalmente libres e era cando máis aproveitaba para saír, visitar, viaxar en xeral e durante a semana tamén podía sacar tempo para quedar con máis xente que estaba de Erasmus, ir tomar algo, andar pola cidade, ir a algún evento…

Que tal a adaptación na empresa? Moi ben, a verdade, desde o primeiro momento ofrecéronse a axudarme con todo, incluso con cousas que non tivesen que ver co traballo. Fóronme explicando todo o proceso e a forma que tiñan de traballar pouco a pouco.

É caro Italia? Depende, hai cousas que si son máis caras e outras que non. Eu pensaba que sería máis caro en xeral, pero si que hai que investigar para ver onde mercar máis barato.

Recomendacións A partires do que xa comentei sobre o idioma, recomendo seguir paxinas de facebook ou contas de instagram que se crean para a xente que está de Erasmus. É unha forma moi doada de coñecer xente e organizan festas, viaxes… Visitar páxinas de turismo ou da propia cidade que anuncian eventos e así poder enterarte un pouco de todo. O primeiro domingo de cada mes, por exemplo, monumentos, museos…, están a un euro a entrada e con iso aforraches moito diñeiro.

21


Experiencia erasmus (londres)

SÉCULO 21

Martín Moraña

22

Só, maleta en man e medo no corpo, un medo que desapareceu no momento que saín da estación de metro ao ver o bullicio de xente e o ambiente das rúas. Era a miña primeira vez en Londres (e a miña primeira vez totalmente só no estranxeiro) de modo que tragando a vergonza e finxindo ser un experto no tema viaxes, pasei a primeira semana nun hostal ata entrar nunha casa compartida. Como era de esperar, o maior impedimento foi o económico e o idioma , pero en cuestión de 3 semanas adapteime sen problemas. Na empresa, unha copistería do centro, acolléronme perfectamente desde o principio e, aínda que a barreira do idioma crease silencios longos e incómodos, era reconfortante ver o progreso diario en canto a abrirse a unha nova cultura e lingua, ata que de súpeto sorpréndeste cedendo o asento do bus urbano no idioma local con total naturalidade. Quizais o que peor levei foi o coñecer xente, xa que ao estar só require moito esforzo e nunca pareces encaixar, pero hai que soportalo, xa que a experiencia foi enorme en moitos aspectos e sempre recomendable, con moitos novos coñecementos, non só

por parte da empresa no ámbito dos meus estudos, senón na vida en xeral. Sacarse as castañas do lume sen axuda de ninguén pode ser desesperante en moitos casos, pero de todo se aprende. Quen me ía a dicir fai uns meses que me vería nunha urbanización de Londres, de noite, probando porta por porta as chaves da casa que alugara! (Aínda a día de hoxe non conseguín entender os códigos postais londinenses e google maps non é do todo fiable...). Pero así se constrúen anécdotas que contar logo ao volver. Anímovos a que volo planteedes se aínda non o fixestes, e lanzarvos se volo estades pensando. É un esforzo que merece moito a pena e viñemos a xogar.


envexa sana Joel Costas

Odio á xente que di “viaxar cambioume”; nin falar si di “fíxome mellor persoa”. En xeral, os imbéciles que coñezo son aínda máis imbéciles unha vez viaxados -ocorre o mesmo cos imbéciles lidos-. Viaxar non cambia á xente, é un mito. Si as fai máis arrogantes e prepotentes. Odio de forma sublime e final á xente que se cre que xa o viu todo. “É que xa non sabemos a onde ir”. Non teño palabras. Con todo, dalgunha forma, gústame a xente que viaxa por compromiso. Tanto aos que lles gusta como aos que non. De feito, estes últimos encántanme de xeito especial, xa que se percorren medio mundo, contemplan marabillas e viven experiencias únicas coa peor das actitudes. Recórdanme a Phileas Fogg. O bo de Phileas agarrouse a dar a volta ao mundo por unha enganchada cos seus amigotes do Reform Club de Londres. Algo así como “non tés collós a dar a volta ao mundo en 80 días”, pero en versión señorial británica. Phileas, só por demostrar que si se podía, colleu unha maleta, 20.000 libras e alá foise con Picaporte, o seu axudante. El só se preocupou por cumprir e dedicouse a mirar o seu reloxo de peto mentres ante el desfilaba o mundo. Cabezota, calado e huraño,

Phileas viviu o soño trotamundos por excelencia e nin por un momento o gozou. Con todo isto por diante, existe un claro impedimento cronolóxico que nos negamos a aceptar. Desde aquí fago un chamamento en favor dunha reflexión xeral, que cada un dedíquelle o tempo que poida. Pero que se senten. Que se senten e con tranquilidade reflexionen sobre toda a idealización que rodea ás viaxes. Quizais con sorte caiamos todos da burra e terminemos con esta grande mentira. É momento de mirarnos mutuamente e asentir. Asentir e recoñecer que no século XXI non supón unha fazaña viaxar. Temos que deixar de finxir que é necesaria respiración asistida máis aló do Bierzo. Non podemos volver comparar percorrer España por autovías sitiadas por barreiras sonoras coas fazañas de Alonso Quijano, alias Don Quixote. Malia ás veces que por romanticismo ou por simple postureo tratamos de autoconvencernos de que vivimos nunha burbulla de epicidade. É hora de asumir que á humanidade pasóuselle o arroz. As revolucións, as guerras e, en definitiva, a historia terminou.

SÉCULO 21

Odio á xente que di “encántame viaxar”. A quen non lle encanta viaxar? Odio tamén á xente cuxo único propósito é viaxar, que está nunha viaxe e xa está pensando na próxima. Este tipo de xente viaxa como quen ficha. Saca fotos como un árbitro encabuxado saca tarxetas e transmite a sensación de que, ao ver un sitio, en lugar de gozalo cumpriu.

23


SAÍDAS DO CENTRO

SÉCULO21

SAÍDA A VALVER , ACANOR E ANDURIÑA

VISITA A COFANO

24

pASEO POLA FARMACIA ANTIGA E MODERNA


VISITA A TÓRCULO

SÉCULO21

VISITA AO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

25


SAÍDAS DO CENTRO

SÉCULO21

VIAXE A málaga

VIAXE As cíes

VIAXE A OpORTO, CALHEIROS EMBALAGENS

26

Museo dA imprenta de Oporto


27

SÉCULO21


“BO TRATO” UNHA APOSTA POLO “BO TRATO”

SÉCULO 21

Mar Gómez (departamento de orientación)

28

Cada curso escolar que remata deixa unha chea de pegadas non só na miña memoria senón tamén nas miñas emocións, pero se hai un día que ano tras ano sei que vai a emocionarme sempre, ese día é o 25 de novembro, o día Contra a violencia de xénero, e este ano, por suposto, non defraudou. A escaleira central do instituto foi enchéndose unha a unha con alumnas que respondían a cada nome das 48 vítimas de xénero que o ano 2017 deixou en España. Unha a unha foron sentando, caladas e vestidas de negro, facendo visibles a esas mulleres que son algo máis que parte dunha estatística escura e cotiá.

Alumnas do IES Montecelo reprensentando ás victimas de violencia de xénero.

E, como cada ano, tiven un sentimento agridoce recordando esta maldita data. Xunto coa tristeza e o estremecemento sentín un orgullo especial por aqueles alumnos e alumnas que participan no acto de homenaxe e dos que simplemente fan acto de presenza con respecto e silencio por todas esas vítimas dunha violencia absurda e machista.

Este ano, nas titorías cos grupos de FP Básica, preparándonos para esa data, non falamos só da violencia física e psicolóxica que pode acabar coa vida dunha muller, falamos tamén de cómo, pese aos cambios experimentados na sociedade española nos últimos anos, aínda hai moitas actitudes, comentarios ou xestos solapados que nos deixan claro ás mulleres que aínda non estamos nun plano de igualdade social cos homes. Son os chamados micromachismos.


Traballando isto nos diferentes grupos, escoitamos a alumnas e profesoras comentarios como:

Os medios de comunicación que poñen o grito no ceo ao falar de violencia machista son os mesmos que editan titulares como:

“Cando fun mercar un coche, o comercial dirixíase a miña parella (home) e non a min para falar das características do coche”

“Shakira, a muller de Piqué, de paseo por Barcelona”. (Shakira, muller de ....??? )

“Mentres espero o autobús, uns homes dunha obra bérranme “cousas” que me fan sentir incómoda”

“Eu teño medo de voltar soa a casa pola noite”

“ A min dixéronme que para qué quería un balón se as rapazas non xogan ao fútbol”.

Son só unha pinceladas para facernos reflexionar que antes de chegar a esas situacións de maltrato que tanto nos estremecen e que tantos titulares de prensa enchen, cada un de nós, no noso día a día, podemos poñer en práctica xestos e feitos que amosen que neste centro educativo apostamos polo bo trato, polo trato de igual

“Fernando Alonso pasea á súa moza por Asturias”. (Perdoa, pero pasear paseará ao seu can).

“Bisbal, protagonista da semifinal de ximnasia rítmica” (Non, as protagonistas son as deportistas, de Bisbal é a banda sonora dun exercicio ximnástico que seguramente elas estiveron adestrando moitos meses).

SÉCULO 21

“A min preguntáronme que se ía ter fillos porque xa estaba na idade” (á miña parella home- non lle preguntaron nada)”

29 “Rivas, o home que converteu en ouro as rabietas de Carolina” . (Tendo en conta que Carolina Marín acababa de acadar un ouro olímpico en badminton, alguén se imaxina un titular semellante sobre Rafa Nadal e o seu adestrador?).

a igual entre homes e mulleres, polo trato respectuoso sexan cales sexan as nosas capacidades e coñecementos, polo trato amable sexa cal sexa o noso papel na comunidade seguro que así van quedarnos a todos e todas moitas, mellores e memorables lembranzas cada ano que remate e cada ano novo que virá.

IES MONTECELO


SÉCULO 21

MEDIACIÓN 30

A MEDIACIÓN ESCOLAR COMO MODELO DE INTERVENCIÓN ANTE OS CONFLITOS Juan Ángel Porto Cupeiro (xefe de estudos) Joel Costas Carballa (equipo de mediación)

Dende fai un tempo, ante a situación de conflito no ámbito escolar, fóronse desenvolvendo modelos de intervención como a mediación escolar, no que son as propias partes implicadas as que atopan e acordan a solución, “a solución que eles necesitan” ao seu problema, unha solución compensada na que saen gañando as dúas partes.

A experiencia do noso centro acredita que este modelo de mediación escolar fai mellorar o clima escolar, sendo totalmente efectivo para a resolución de conflitos e tamén como modo de prevención de futuros problemas.

Os mediadores teñen a función de crear o clima perfecto para que esto suceda, para que as partes se escoiten e para que a información sexa confidencial, tendo claro que en ningún caso poden posicionarse por algunha das partes en conflito.

Ter alumnado formado en esta técnica é unha riqueza para o centro, que segue apostando por crear un clima que poida contribuír a desenvolver entre o alumnado unha boa capacidade de diálogo e de mellora das habilidades comunicativas, e das relación interpersoais.

O novo equipo, que será o sexto consecutivo deste centro educativo, está formado por María, Andrea, Andrés, Joel e Faik, coordinados, por suposto, dende xefatura de estudos e orientación.

Por último, felicitar aos novos mediadores polo seu compromiso na formación, desexando que sexa unha experiencia enriquecedora que lles sirva para medrar como persoas.


Co paso dos diferentes obradoiros e xogos fumos asimilando que a realidade non é simplista e que pechar sínteses en falso non é resolver problemas. No conxunto da técnica, as partes en conflito son as únicas protagonistas. Esta cuestión non é baladí, xa que se trata da condición indispensable para que a mediación funcione. Isto é algo que deixaremos claro en todos os casos que levemos: non propoñemos solucións, simplemente actuamos como vehículo comunicativo para que se acaden as solucións no ambiente máis positivo.

Resulta obvio pois, que a mediación é voluntaria xa que precisa da participación activa e, volvendo o fío inicial, non se trata dun novo campo de batalla onde intentar impoñer unha postura nin algo que se poida esixir dende a sociedade á hora de resolver debates políticos. A nivel persoal, a formación axudounos a valorar o peso que ten a empatía, a escoita activa e o respecto na mediación e no mundo en xeral. É pouco humilde expor que isto fíxonos medrar como persoa pero, dende logo, as sensacións foron moi boas e acadamos unha boa base entorno a cal reflexionar e traballar. So temos boas palabras en relación ao curso, con todo o esforzo que supuxo ter que vir ao instituto os mércores pola tarde, foi do máis estimulante e lúdico. En resumo, unha experiencia que recomendaríamos a todas e todos os que teñades a oportunidade.

Xa “só” nos queda comezar a rodar e devolver a confianza que se depositou en nos.

SÉCULO 21

A mediación vive unha situación de auxe a nivel mediático como mantra para a resolución dos conflitos de Estado. Alí onde dúas partes non teñen intención de achegar as súas posturas, resoa a mediación como fórmula máxica. Fraco favor fai isto ao imaxinario colectivo que desdebuxa a técnica asumindo que un mediador ou mediadora pode darnos solucións e resolvernos todos os nosos problemas. É esta cuestión a máis complexa xa que, por altruísmo ou por simple ignorancia, e moitos comezamos o curso de mediación con esta visión.

31


VIOLENCIA DE XÉNERO

SÉCULO21

Sara Tourón Argibay

32

Falando de violencia de xénero, referímonos a un tipo de violencia que pode ser física ou psicolóxica contra a persoa, baixando a súa autoestima e benestar psicolóxico ou/e físico.

A miña opinión acerca deste tema é que cada vez parecen ser máis as agresións, tanto en parellas, como pola rúa, expoñéndonos todos os días a comentarios obscenos dun descoñecido e incluso á violencia.

Estes actos maniféstanse en todos os ámbitos sociais, na propia familia, no Estado, na educación, nos medios, nas relixións, nos traballos, na sexualidade e en moitos outros.

Como mulleres sempre nos dou medo irnos a casa soas aínda tendo un ollo a cada lado do noso corpo. E se pode haber algo aínda máis triste é que a persoa que me faga un comentario ou abuse de min teña 40 anos máis, e é que a persoa que o faga teña máis ou menos a miña idade, xa que, precisamente, nos os mozos, deberiamos ter outro tipo de educación e facer que isto empece a cambiar.

Un dos erros habituais é considerar a expresión “violencia de xénero” como referencia á muller, aínda sinalando que a maior parte das veces a vítima sexa unha muller, tamén o pode ser un home. Dentro da violencia de xénero inclúense actos co o por sexo, castración total ou parcial –por exemplo, a ablación do clítoris–, acoso e hostigamento sexual –entre eles acoso rueiro–, ataques homofóbicos ou transfóbicos cara a persoas ou grupos LGTB e un largo etcétera. No segundo trimestre do ano 2017, os xulgados españois recibiron unha cifra total de 42.689 denuncias por violencia de xénero, o que supón un incremento do 18%. Aínda así, os países onde teñen as cifras máis altas son Dinamarca, Finlandia e Suecia, aínda que expertos aseguran que non é porque se dan máis casos, senón porque estes países permiten que as vítimas identifiquen a agresión e denuncien con maior seguridade.


MACHISMO

É frecuente escoitar as seguintes frases: “Os rapaces non choran” ou “Muller ao volante perigo ao instante”, entre outras máis. Escoitámolas con tanta frecuencia que nos temos familiarizado con elas, e se as analizamos dámonos conta que son frases machistas. Nestes tempos xa non se permite que un home lle pegue a unha muller e a trate como a súa propiedade, pero aínda se educan as nenas para que sexan “delicadas, obedientes, sumisas”, mentres que os homes son criados para que sexan “ordinarios, vulgares, mullereiros”. E é unha realidade que nestes tempos vivamos nunha sociedade tan machista que establece estereotipos para homes e mulleres. Queren atraparnos aquí, evitando que non salgamos de isto, e cando unha muller é competitiva e forte sóeselle dicir: machorra ou machola, e si un home é tenro, delicado, romántico e pacífico entonces é amaneirado, un pouco gay ou simplmente “MARICA”. O 27,4% dos mozos de entre 15 e 29 anos cre que a violencia machista é “unha conduta normal” na parella. O 21,2% cre que a violencia machista é “un tema politizado que se esaxera” e un 7% cre que é “un problema inevitable, que está mal, pero sempre existiu”. Estes datos son extraídos do barómetro 2017 do ProyectoScopio, elaborado polo Centro Reina Mayor sobre Adolescencia e Xuventude, tras entrevistar a 1.247 mozos.

Hai moitos anos, as mulleres estaban na casa encerradas limpando e criando, coidando aos fillos, mentres o marido traballaba para manter á familia. As mulleres tiñan que soportar os malos tratos e eran escravas. Hoxe en día, as mulleres tamén temos dereito a traballar, acaso as mulleres non poden facer labores de homes e os homes labores de mulleres? Grazas a que se avanzou e as mulleres agora poden traballar e sofren menos maltrato –aínda que segue sendo un problema importante. Espero que co tempo non suframos ningún maltrato e podamos traballar nos mesmos traballos que os homes.

SÉCULO21

Nerea Freire Freire

33


SÉCULO21 34

ALGAE multi-purpose protein Alexandre Martín Pérez Esferificacións a base de alxinato de so-

la, case tan longamente esquecido coma

dio e lactato de calcio. Non é unha comida

abondoso nos nosos mares: as algas. O cer-

do replicador da nave de Star Trek, nin se-

to é que coloquialmente designamos con

quera é algo futurista e lonxano no tempo.

esta palabra todo un abano de especies

É máis, leva inventado desde o 2014, e é

vexetais acuáticas que habitan no mar…,

algo moito máis sinxelo que o nome téc-

pero o xénero vai moito máis aló: desde

nico que recibe: trátase dos novos envases

organismos unicelulares que prosperan en

para líquidos desenvolvidos por un equipo

case calquera ambiente húmido con acce-

de estudantes de deseño. Biodegradables,

so á luz solar, ata macroalgas que forman

flexibles e o máis impactante: comestibles.

verdadeiros bosques baixo a superficie dos océanos. A capacidade de xeración de

A unión do deseño con outras disciplinas

osíxeno vai tamén máis aló do uso da clo-

dispares, coma neste caso a cociña mole-

rofila que tamén nas algas verdes, máis in-

cular nada menos, produce as máis das ve-

cluso doutros compostos químicos como a

ces resultados espectaculares coma este.

ficoeritrina (de cor vermella), a flucoxantina

Outra cousa é que a industria aposte final-

(parda), o caroteno (laranxa) ou a ficocia-

mente polas ideas innovadoras, pero ese xa

nina (azul)… Todo un espectro de produtos

é outro cantar…

bioquímicos que moitas veces a industria

Neste campo da innovación atopamos

se esforza por sintetizar para o seu apro-

nos últimos tempos un produto estre-

veitamento, case sempre xerando graves


problemas de contaminación medioamacuáticas levan centos de millóns de anos conseguíndoo de xeito natural e, ademais, creando aporte orgánico para o seu entorno a partir de compoñentes minerais.

de papel alimenticio partindo da proteína

Non é de extrañar, pois, que a ciencia e

de algas Ulva Spp., moi abondosa nas no-

o I+D+i de moitos países teña o obxectivo

sas costas e con aplicacións posibles moi

posto no aproveitamento deste valioso re-

amplas: desde a súa utilización para traba-

curso…, e curiosamente resulta que as rías

llos de Artes Gráficas con tintas comesti-

galegas son especialmente prolíficas na

bles vencellados á cociña de vangarda ata

produción de determinadas especies con

o envasado directo de produtos alimenti-

posibilidades de aproveitamento.

cios impresos, pasando por que nonWW

Xa non falamos unicamente do uso alimenticio das algas –pouco coñecido na nosa cultura tradicional, aínda que non así

pola súa evolución nun novo tipo de materiais biodegradables de usos tan variados como a imaxinación nos permita entrever.

noutros lugares coma Xapón, Corea e ou-

Todo un prometedor panorama para un

tras zonas de Asia oriental; ou mesmo en

material biolóxico de futuro…, sempre e

Irlanda, que aproveitou o seu uso en épocas

cando o apoio e investimento aos proxec-

da Grande Fame (1845-49) senón do gran-

tos de investigación se manteña enfocado

de abano de posibilidades que a súa rique-

ao desenvolvemento deste tipo de liñas

za biolóxica ofrece.

inovadoras, ecolóxicas e sostibles.

Por exemplo, e por non nos alongar demasiado, poderiamos falar do proxecto desenvolvido por Eulogio Rosales coa em-

Pero iso,

presa luguesa TasteLab para a fabricación

é fariña doutra maquía…

SÉCULO21

biental: mentres tanto, as especies vexetais

35


O QUECEMENTO GLOBAL

SÉCULO21

Cristina Parada Fuentes

36

O quecemento Global é un dos principais problemas que o mundo ten actualmente e que trae consigo problemas graves para as futuras xeracións. O ser humano encargouse de destruír o seu propio mundo, a súa natureza e cando se de conta do dano que lle está ocasionando, será demasiado tarde. As empresas produtoras automobilísticas son a principal fonte contaminante, pois o feito de que un coche use un combustible como a gasolina –o gas que este expulsa a atmosfera está principalmente composto por CO2, incrementa o proceso do “Efecto

Invernadoiro” coas súas correspondentes consecuencias entre as que se encontra o mencionado quecemento global. O derretemento dos polos será o principal síntoma desta enfermidade, despois os mares elevarán o seu nivel de 5 a 7 metros, o que dará paso a grandes inundacións nas cidades costeiras, varias especies animais extinguiranse, os terremotos e furacáns daranse máis a miúdo, e o noso planeta dirixirase ata un novo evento de extinción masiva que ninguén poderá evitar.


DÍA DO LIBRO NESTE DÍA AO QUE TROUXERA LIBROS

Aquí tedes algunhas reseñas de libros que vos recomendamos esperando que vos desperte a vosa curiosidade por ler.

SÉCULO21

DÁBASELLE COMO AGASALLO UNHA FLOR.

37

O 28 de abril de 1829 nace un neno que podería cambiala sorte de Inglaterra: é o fillo ilexítimo do rei Jorge IV, e por iso foi afastado da corte e exiliado ás Indias Orientais. Leva sempre consigo un reloxo antigo, o único vínculo co seu pasado. James Fry, que así se chama, embárcase aos trece anos e comeza a carreira de pirata que o convertirá no home máis buscado de todo o Imperio. Pasará á historia coma «o xove lord», «o descalzo», «o príncipe dos mares»... Pero ninguen sabe que el é Garfio.

Estamos a principios do século XX, en plena Belle Époque mais os inmigrantes todavía malviven e deben loitar pola súa supervivencia. Peter Lake, membro rebelde dunha banda de desalmados, entra nunha mansión pensando que estaba vacía, para poder facerse cun gran botín, deseguido descobre que alguen anda alí: é Beverly Penn, filla dos donos da casa. Unha moza excéntrica e enigmática, condenada a unha morte prematura.

O Señor Luna, un asasino a soldo, é contratado para matar a Dona Flor, unha muller que roubara a un xefe da mafia de Bolivia unha avioneta chea de cocaína por valor de 100 millóns de dolares, cuxo destino era a mafia española; iniciándose así unha trama que implicará a Pablo, que coida en España Dona Flor e á súa filla Susana. O rapaz, superdotado, participa nun grupo reducido de estudantes cun programa especial coñecido como “A República dos sabios”.


SÉCULO21 38

MÁIS ALÁ DA OFICINA DE FARMACIA UN ACORDO ENTRE O CHOP E O IES MONTECELO PERMITIRÁ AO ALUMNadO REALIZAR PRÁCTICAS NO HOSPITAL SOBRE PREPARACIÓNS INDIVIDUALIZADAS

O xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), José Ramón Gómez e o director do IES Montecelo, Miguel Carballa, firmaron un acordo de colaboración que permitirá ao alumnado do instituto ampliar a súa formación na farmacia hospitalaria. En concreto, serán catorce os estudantes que complementarán os seus coñecementos no hospital tras cursar o Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia. O acto tamén asistiron o xefe do servizo de Farmacia do CHOP, Carlos Crespo, e o titor dos alumnos, Adolfo Pereiro. Cada estudante fará un programa formativa de 20 horas, de carácter eminentemente práctico que incidirá nos contidos dos módulos de Operacións básicas de Laboratorio e Formulación Maxistral. As preparacións estériles que se elaboran na farmacia hospitalaria serán outro dos obxectivos do acordo.

O xerente sinalou que a colaboración enmárcase nun convenio suscrito entre as consellerías de Educación e Sanidade e destacou que a formación práctica é un pilar básico en sanidade; “Isto posibilita que o persoal que se está formando nese ciclo medio reciba unha parte práctica na farmacia hospitalaria”.

Complexo hospitalario Montecelo


Qué aportan estas prácticas? Nos hospitais desenvólvense actividades de docencia e investigación. A docencia é un dos pilares básicos. Nos no servizo de Farmacia temos alumnado de FP, da facultade de Farmacia e de Veterinaria, e no caso deste ciclo foi un pouco empeño tanto do persoal do IES Montecelo como do noso servizo de levar a cabo unha formación práctica que no instituto non se pode dar porque non teñen as instalacións adecuadas. A idea naceu en Pontevedra e estendese a toda Galicia. Qué contidos van abordar? Poder darlle a formación aos técnicos de Farmacia que saen do IES Montecelo e que teñan unha experiencia práctica nunha sala limpa dun servizo de farmacia onde se fan preparacións individualizadas, tanto de ciclos de tratamento quimioterápico como de nutrición parenteral ou doutras preparacións para cirurxía oftalmolóxica ou para tratamento da dor, é moi importante. Que os alumnos traballen con profesionais que están ao día e no día a día facendo preparacións individualizadas é moi importante e ademais é a primeira vez que se fai en Galicia. Terá unha duración de 20 horas para cada alumno, dividido en cinco días laborais nunha misma semana ou xornada de mañan. O ciclo de Farmacia estaba moi dirixido á oficina de farmacia e a farmacia hospitalaria é un pouco a gran descoñecida. É case unha formación á carta nun servizo moi especializado.

CANDO CENTROS EDUCATIVOS E EMPRESAS CAMIÑAN XUNTOS A idea xurdiu da necesidade dos profesores/as de dotar ao noso alumnado da maior formación posible. E é aquí onde a empresa xoga un papel fundamental. Durante unha visita ás instalacións da Farmacia hospitalaria do CHOP xurdira a idea de poder dotar o C.M. de Farmacia dun curso de formación específica denominado “A unidade centralizada de preparacións de medicamentos estériles. Elaboración e control de calidade de mesturas intravenosas, citostáticos e nutrición parenteral” , para o que se requiren unhas instalacións coas que sería impensable poder contar nun centro educativo. Puxémonos a traballar na súa programación e, o que nun principio prantexamos á Consellería de Educación como un protocolo de colaboración entre o noso centro e o Hospital Montecelo, rematou sendo un convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e O.U. e o Servizo Galego de Saúde para que todo o alumnado que curse o citado C.M. de Farmacia, en calquera centro público da nosa comunidade, poida ter as mesmas oportunidades de acadar esta formación complementaria.

SÉCULO21

O IES Montecelo leva dous anos tentando concretar o acordo sobre as prácticas na farmacia hospitalaria. Carlos Crespo (Vilagarcía, 1963), xefe do servizo de Farmacia do Chop, implicouse na iniciativa e destacou o feito de que o instituto estea situado a escasos metros do hospital.

39

Congratulámonos coa decisión adoptada pola Consellería de Educación e amosamos una fonda satisfacción por ver o noso proxecto cumprido. Agora toca traballar no seguinte! Ángeles Jar Piay

IES MONTECELO


CINE

Texto: Lidia Oti Rodríguez

películas para os que gusten de romperse un pouco os miolos ou os que teñan tempo libre na fin de semana, trazando teorías sobre bucles espazo-temporais. DONNIE DARKO

12 MONOS

SÉCULO21

OS CROMOCRÍMES

40 Director: Nacho Vigalondo

Director: Richard Kelly

Director: Terry Gillian

Ano: 2007

Ano: 2001

Ano: 1995

Estando de veraneo, Héctor (Karra Elejalde) descobre a unha fermosa moza Núa (Bárbara Goanaga) agochándose no bosque. Adéntrase na arbolada, e alí é atacado e ferido por un home que leva a cara cuberta cunha vendaxe rosa, tratando de escapar, chega a unha mansión na que un científico proponlle algo inesperado: volver un par de horas atrás no tempo. Enxeñosa película sobre unha temática que non se deixa ver habitualmente no panorama patrio.

Middlesex 1988, Donnie, un tolo adolescente americano. Unha noite, unha personaxe vestida de coello, aparece na súa casa e lle pide que saia. Donnie obedece, salvándose do motor de avión, que nese momento destroza o seu cuarto. Tras este milagroso salvamento, él decátase de que no seu mundo nada sucede como debería… Nesta carismática cinta, poderemos ver a un noviño Jake Gyllenhaal desentramar os segredos do Universo, soporta varios visionados.

“O futuro é historia”, basada na curtametraxe La Jetée (1962, Chris Marker), situámonos nun postapocalíptico 2035, no que un prisioneiro chamado Cole (Bruce Willis) ofrécese como voluntario para un experimento científico. O obxectivo é enviar suxeitos ao pasado a acadar a cura para un virus, alí atoparase con Goines (Brad Pitt). Unha trepidante e conspiranoica película, nun dos mellores traballos do director e dos protagonistas. Con chiscos para cinéfilos avanzados.


O EFECTO BOLBORETA

PRIMER

Directores: Eric Bress e J. Mackye Gruber

Director: Shane Carruth

Basado na obra de H.G. Wells, este clásico sitúanos no fin de ano –e de século- de 1899, para atoparnos con George (Rod Taylor) comentándolles aos seus amigos que estaba a crear a máquina do tempo. Un deles, sabiamente, dille que se deixe de parvadas e mellor a destrúa; pero o bo de George non cesa no seu empeño: mellora e usa o seu invento. O que no futuro atopa, serve para realizar unha parábola e unha crítica da sociedade, que ben podería seguir encaixando en moitos aspectos para os nosos días.

Ano: 2004

Esta absorbente e un tanto complexa película, relátanos como algúns dos descubrimentos máis importantes se dan moitas veces por pura casualidade e, por casualidade, uns científicos, que traballan no seu garaxe, achan que dentro dunha Caixa, creada por eles, o tempo pasa miles de veces máis rápido que no exterior. Ampliándoa logran unha máquina do tempo, que só permite ir cara atrás e só ata o momento en que a propia caixa foi creada.

Colorista e incluso naíf obra que nos invita a reflexionar e non convén deixar de ver.

Unha interesante, e romántica, volta de rosca ao consabido “qué tería pasado se…?”.

Director: George Pal Ano: 1960

Todos temos escoitado algunha vez aquilo de que “o aleteo dunha bolboreta no Brasil pode crear un tornado en Texas”. Esta caótica teoría é a base do filme, dende a súa nenez, Evan (Ashton Kutcher) perdeu a noción do tempo, non consegue lembrar. Alentado polo seu psicólogo, comeza a ler os diarios que escribiu cando era neno, descobre así unha porta de entrada ao seu pasado, onde poderá cambialo con inesperados e dramáticos resultados.

Ano: 2004

Esta e a premisa que segue, a que para min é, a película que mellor trata as parábolas temporais e que ademais fálanos da natureza humana.

SÉCULO21

O TEMPO NAS SÚAS MANS

41


QUEBRACABEZAS 1 6

7 3

9

1 6

4 7

2

3 8

2

1

9 4

2

6

2 9

2

4

7

5 8

4 3

1

5

6

5

5

8

9

1

7 9

7

8

5

2 7

2

4

5 3

6

5

8 9

8

Soluciรณns

8

5

1

7

2

6

9

3

5

4

7

2

3

9

6

8

4

1

2

1

5

8

3

4

7

6

8

3

9

5

4

9

6

7

1

2

9 3 4 8 6 1 2 7 5 7 6 9 2 4 1 8 3 5

4 2 3 7 9 8 5 1 6 9 7 5 4 2 8 6 1 3

7 6 5 4 1 3 8 2 9 8 3 6 1 9 7 2 5 4

1 8 9 6 2 5 4 3 7 4 2 1 5 6 3 7 8 9

6 4 7 2 3 9 1 5 8 6 9 8 3 5 2 1 4 7

3 9 1 5 8 6 7 4 2 3 1 2 8 7 4 5 9 6

2 5 8 1 7 4 6 9 3 5 4 7 9 1 6 3 2 8

Sร CULO21

2

1 3

7 4

3

4

6 9

5 7

7 5

5 8

4

1

Busca aos personaxes nomeados: Disco Stu, Rod y Todd, Michael Jackson, Falsa Lisa, Rubertu du Brasil, Frank Grimes.

42

3


ies montecelo Ciclos de grao superior

Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Ciclos de grao medio

Formación profesional básica

Impresión gráfica

Artes Gráficas

Preimpresión dixital Farmacia e parafarmacia

Agroxardinaría e composicións florais Peiteado e estética Mantemento de vehículos


Enrique EstĂŠvez RodrĂ­guez

Tlf 986 850 261 ies.montecelo@edu.xunta.es Avda. Montecelo 16 36161 Pontevedra

Autor da portada:

IES Montecelo


Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.