Memoria Quérote+ 2018-2019

Page 1

QUÉROTE + PLAN PROXECTA CURSO 2018-2019 EDUCACIÓN SEXUAL O programa levouse a cabo ao longo do curso 2018-2019 e os destinatarios foron alumnos e alumnas que cursaban FPB. Adicáronse doce sesións para o desenvolvento das Unidades didácticas propostas no programa e catro máis para a elaboración do proxecto final que titulamos “Xoguetes non sexistas”. A sesións nas que se tratan as diferentes U.D deselvolvénse nun clima de confianza procurando a formulación de cuestións e experiencias vividas en torno á Educación sexual. A exposición dos temas parte da formulación de preguntas por parte do docente con apoio dalgún texto ou a mostra un audiovisual relacionado co tema a tratar para fomentar curiosidade do alumnado sobre o tema que se vai tratar. A partir do audiovisual ou do texto proposto ábrese un coloquio en gran grupo e, posteriormente, as cuestións que máis interese suscitan se traballan en pequenos grupos.

A orientación do desexo e a identidade sexual foi tratada a través da testemuña que puidemos escoitar do colectivo transxénero nun acto que se desenvolveu na Diputación de Pontevedra. A través da escoita deste testemuño comenzou, xa na aula, unha procura na rede do concepto de identidade sexual. Así vimos que é Arelas consultando tamén as súas redes sociais. https://www.facebook.com/Arelasafmt/


A relación dos sexos a través da tecnoloxía traballouse a través do uso dos seus propios móviles. De xeito práctico puidemos comprobar cómo unha conversa a través de redes sociais ou de Whatsapp pode ser mal interpretada polo receptor da mensaxe. Puidemos observar como a linguaxe xestual é fundamental para comunicarse e que os emoticonos non sempre expresan as nosas verdaderas emocións e sentimentos. Ao mesmo tempo, o ton e timbre da nosa voz modulan a mensaxe emocional final na nosa conversa. A concepción e aconcepción a traballamos a través da campaña “Con dones e doñas. Sexo seguro” levada a cabo no propio centro. A través do tríptico, abordamos os distintos métodos anticonceptivos e as enfermedades de transmisión sexual.

O noso proxecto final consistiu nunha investigación práctica na que se demostrou como, xa dende nenos, a través dos xoguetes se está a marcar un rol de xénero. A actividade consistiu en examinar folletos de xoguetes infantís de distintas tendas e investigar que xoguetes estaban enfocados para as nenas e que xoguetes eran atribuidos aos nenos. Finalmente os alumnos fixeron un catálogo de xoguetes onde nenos e nenas xogaban tanto ao futbolín como ás


casiñas sen existir un rol asignado por sexo. Traballaron en pequenos grupos e así fomos conformando o noso propio catálogo que foi exposto no centro.



O proxecto acadou o seu obxectivo e os alumnos atoparon nos contidos abordados respostas a súas preguntas e dúbidas con respeto á sexualidade. Ao mesmo tempo, ao fomentar un clima de confianza e respeto, consideraron o tema de moito interese para as súas relacións afectivas e sexuais. Abordaron as cuestións plantexadas con seriedade e tamén curiosidade resultando as actividades propostas ademais de divertidas moi educativas e con alta dose de aprendizaxe significativa.




Millions discover their favorite reads on issuu every month.

Give your content the digital home it deserves. Get it to any device in seconds.