Issuu on Google+

BUSCA DE MATERIAL NO CATÁLOGO MEIGA Cando entramos na páxina www.opacmeiga.rbgalicia.org cubrimos o menú inicial do seguinte xeito:

Prememos en entrar na biblioteca e xa nos atopamos no catálogo da biblioteca do noso centro. Para buscar material podemos seguir dúas vías: buscar un título ou autor concretos, ou buscar todos os exemplares relacionados cunha materia determinada.


Para buscar un título ou autor concretos, iremos a busca avanzada (á esquerda da páxina, marcada na imaxe anterior), prememos e cubrimos o menú. Podemos cubrir so os datos dun apartado (título, por exemplo, ou autor, seguindo a orde apelidos e nome) e imos a buscar (abaixo, á dereita).

Para buscar o material relacionado cunha materia determinada, iremos á parte superior da páxina e iniciaremos a busca seleccionando materia. Aparecerá unha listaxe de materias e o número de exemplares relacionados con ela. Prememos na que nos interesa e teremos a listaxe de títulos.


Por exemplo, se queremos saber o material audiovisual en DVD que podemos atopar na biblioteca, prememos en dita materia e teremos unha listaxe coma esta:


Titorial busca meiga