Page 1

MARIANTELLA

REVISTA DO I.E.S. DE PONTECESO

CURSO 2010-2011 EDICIÓN ÚNICA


Colaboraron na elaboración desta revista: Miriam Dourado, Eva Vázquez, Beatriz Sánchez, Adrián Fraga, Manuel Varela, Alfonso Blanco, Haizea Mosteiro, Uxía Vázquez, Sofía P. Couto, Alba Santiago, Estela Suárez, Miriam Amado, Isabel Segura, Nuria García, Ivana Gil, Ismael Villar, Carmen Fernández, Ana Anido, Adrián Parga, Elena Veiga, Irene Varela, Carmen Martínez, Ana Garrido, Inés Varela, Cristina Sánchez, Clara Añón, Nacho Bahamonde, Anxo Márquez, Juan Manuel Cotelo, Bertín Figueiras, Yolanda Bolón , Catarina Lores, Sonia Couto, Aimara Rellán, Mariña Abella, Paula Cousillas, Clara Regueira, Claudia Perical, Pablo Mancebo, Marcos García, David Vázquez, Verónica Rodríguez, Tamara, Nerea, Adela Moreira, Yara Souto, Eva Parga, Carmen Fuentes, Tania Varela, José García e Eva García .

2


ÍNDICE Páxina

Una vida fóra da casa.............................. 4 Visita a Ángel Carracedo........................ 6 15 M, Indignados, pero, por que?......... 7 Lecturas varias......................................... 8 Viaxe de estudos...................................... 10 Rafting........................................................ 12 Viaxe a Andorra........................................ 13 Premio de Divulgación Científica.......... 14 Coñecendo a… Paula.................................. 16 V Congreso de Educación Ambiental.... 17 Jorge Pérez Mira..................................... 18 Ata sempre… ........................................... 20 Olimpíada de Bioloxía ............................. 28 Día da Ciencia en galego ......................... 29 A campana de Anllóns.............................. 30 Outono Pondaliano.................................... 31 Concursos varios....................................... 34 O triángulo de Sierpinski........................ 38 Correlingua................................................ 39 Doazón de órganos................................... 39 Visitas á TVG............................................ 40 XI Semana Cultural.................................. 41 Con Estivill.................................................. 44 Letras galegas............................................ 46 Os xoguetes esquecidos do vento......... 47

3


UNHA VIDA FÓRA DA CASA Parece que foi onte cando entrei pola porta do instituto e me atopei cun mundo para min ata daquela descoñecido. Un lugar cheo de rapazas e rapaces, mestras, mestres e moitísimas máis persoas, todas elas nun mesmo lugar, un lugar onde te perdías cada dous por tres. Parece que foi onte pero diso xa hai seis anos. Moita xente pasou por este instituto ao longo destes anos, tanto alumnos coma mestres dos que eu e moita máis xente gardamos moi bos recordos. Como poder esquecer momentos para a memoria como aquel día no que un dos nosos compañeiros (do cal non direi o nome por gardar o anonimato) se descolgou por unha fiestra do segundo piso do instituto e se deixou caer ao patio non sufrindo danos graves milagrosamente? Tamén recordar a mestres como Maite de música e Xosé Carlos de Historia, que sempre puxeron moitísimo esforzo para facer o seu traballo e para que nós entenderamos as materias o mellor posible. Quero facer unha mención especial a mestres e mestras de primeiro e segundo curso da ESO como Platero, Maricarmen, Toñi, Gelines e Alfredo, entre moitos outros, aos que lles debo que a día de hoxe estea a redactar estas liñas despedíndome tras acabar a miña estancia no IES PONTECESO. Pero non só gardo recordos de mestres e alumnos senón que tamén recordarei con moito cariño as innumerables saídas feitas co centro a moitos e moi dispares lugares nos que, ademais de aprender, o pasei xenial. Recordarei dun xeito especial a saída que fixemos cos departamentos de Bioloxía e Debuxo a Portugal, día no que nunca esquecerei a cara de Nacho cando no albergue viu o segurata, que máis ca iso parecía un armario empotrado. Case nos fai durmir a min e a uns cantos compañeiros á intemperie.

Tamén recordo e agradezo ao centro as diversas Semanas Culturais nas que nos acercaron a moita xente da que aprendemos moitísimo e, en especial, a Ángel Carracedo, persoa que tras esa Semana Cultural forxou con nós unha amizade incrible e que nos mostrou cousas do seu traballo que eu xamais pensei que puidera ver pola miña conta. Son moitas, moitas as cousas que pasaron e que non son quen de recoller en tan pouco espazo, mais quero destacar a unha persoa en especial en todo isto…ao noso estimadísimo Xefe de Estudos e profesor de Bioloxía, Manolo, o cal cos seus debuxos, traballos e os famosísimos exames de metabolismo nos fixo pasar tardes moi divertidas e á vez aprender moito sobre moitas cousas. Sei que son seis anos, pero como este foi o meu último ano no IES PONTECESO, e me marcou dun xeito especial, quérolle agradecer o seu traballo a algunhas persoas: A Isabel, grazas por “deprimirnos” á túa maneira durante este curso e por achegarnos a outra maneira de ver o mundo e ao que nos rodea. A Elena, por ter moita paciencia con nós e por aguantarnos día a día e mostrarnos unha maneira distinta de ver a Química porque finalmente…si, entendemos o concepto, Elena. A Susana, porque a pesar de ao final non ter feito viño, queixo e, en fin, unha merendola en toda regra coas prácticas de laboratorio, axudounos moitísimo facendo fácil o que parecía incriblemente difícil. A Clara, porque este ano non tiveches que marchar da clase e porque sempre estiveches ao noso lado cando precisabamos axuda en todo momento exercendo como titora, mestra e persoa.

4


A Carmen Pena, porque…XA TIÑA QUE ESTAR, CHICOS! E por facer que eses grandes da historia, os filósofos, fosen un pouco máis coñecidos para nós. A Giadás, porque nunca vin a unha persoa aproveitar tanto un encerado e o tempo de clase e por ser unha persoa verdadeiramente incrible. A Rosario, por prepararnos dun xeito superior para desenvolvernos no mundo da fala inglesa aínda a pesar de non poder contar este ano coa axuda do nativo inglés . A Carmiña e a Emma, por acercarnos ao Galego normativo, a innumerable lista de autores galegos e a nosa rica Literatura. A José Manuel (cura), por aconsellarnos ao longo destes anos e por ampliar o noso coñecemento cineasta. Tamén a Nacho, por facer do Debuxo e da Plástica algo distinto e sinxelo; a Carracedo, porque con el as Matemáticas son o mesmo pero con distinto colar; a Sonia, por facer da Tecnoloxía algo divertido, fácil e ameno; a Emilio e a Eva, por ensinarnos outra maneira de ver a Literatura e por implicarse con nós dun xeito incrible; a Gonzalo, porque por sorte nestes anos ningún alumno acabou como os seus amigos, en paz estean, e por facer que o pasaramos moi ben en Educación Física; a Jorge, por facer que a física resultase fácil, divertida e amena e por non renderse no camiño e tamén agradecer a

todos e todas os mestres aos que non me dou tempo a recoller nesta lista pero que gardo con cariño na memoria. Quero destacar encarecidamente o labor do equipo directivo ao longo de todos estes anos, e de todo o persoal docente e non docente por facer deste instituto un lugar agradable onde pasar todas as horas destes seis anos e, en especial, a Carlos Calvete, por facer da Literatura Castelá un mundo á parte, e por facernos entender as cousas dun xeito que seguramente xamais esqueceremos así como por axudarnos en todo, tanto como mestre como director e por ensinarnos que nunca vén mal flaxelarse para acordarse dos erros, non? A todos e a todas, grazas, grazas e mil grazas por facer que o instituto fose como un segundo fogar lonxe da casa e por prepararnos para o mundo fóra del. Así que sen máis dilación e para ir rematando, espero que sigamos en contacto e que sigades a facer o voso traballo do mesmo xeito, porque de verdade que o facedes dun xeito incrible e que sempre vos levarei na memoria e no corazón, porque aquí tendes un alumno e un amigo. Adrián Fraga 2º BAC

5


VISITA A ÁNGEL CARRACEDO, DIRECTOR DO GRUPO DE MEDICINA XENÓMICA Ao longo deste curso visitamos en dúas ocasións ao noso padriño, Ángel Carracedo, nos centros de investigación que dirixe e completamos así os premios do I Concurso de Divulgación Científica fallado a final do curso pasado. No mes de setembro fomos ao Instituto de Medicina Legal situado na zona vella de Santiago de Compostela. Probablemente a parte máis impresionante da visita foi cando nos levou ver a sala na que os alumnos de Medicina realizan as prácticas de anatomía, alí atopamos tres cadáveres tapados por sabas e un forte olor que non todos fomos capaces de soportar. Tamén coñecemos o instrumental e algunhas das técnicas precisas para realizar as autopsias. Foi unha visita apaixoante que concluíu coa entrega dos diplomas acreditativos dos premios de divulgación e cunha animada conversación con Ángel Carracedo na que rematou invitándonos a volver e coñecer as novas instalacións do Instituto de Medicina Xenómica que el tamén dirixe.

Como somos xente educada, e aproveitando que os alumnos de Arte querían ver a catedral, non desaproveitamos a ocasión de acercarnos de novo a Santiago, xa no mes de marzo, para visitar esta institución. Aínda que a visita empezou con problemas (o noso anfitrión estaba esperándonos onde non era) volvemos pasar unha mañá estupenda aprendendo e conversando co noso padriño.

O Departamento de Normalización quere deixar constancia do enorme agradecemento que debemos a Ángel Carracedo. Sendo unha das figuras máis importantes da investigación forense no mundo, respondeu sempre a todas as nosas peticións cunha dispoñibilidade absoluta

6


15 M

políticas sociais que temos en España son mellores das que hai nalgúns destes países.

INDIGNADOS, PERO, POR QUE?

A terceira medida é a de favorecer as rendas máis pequenas con medidas fiscais sempre dirixidas cara este grupo con menos ingresos monetarios e que teñen máis problemas para subsistir no capitalismo, ademais pretenden que todas as medidas fiscais se leven a referendo como sucede en Islandia para que así non se poida explotar principalmente o sector máis débil da poboación.

Todos oímos falar dende o 15 de maio do movemento que leva este nome, comezou coa reunión de mozas e mozos en prazas das cidades máis importantes de toda España aínda que onde máis se notou foi na capital madrileña e en Barcelona. O seu fin é denunciar o distanciamento dos políticos dos cidadáns; este feito vén sucedendo dende hai varios anos pero agravouse debido a esta crise tan forte que está acaecendo ás democracias capitalistas e que fixo tomar certas medidas político económicas desfavorables para o pobo. Ía sendo hora de que as mozas e mozos españois denunciaran a situación do sistema e se organizaran para loitar todos xuntos contra estas inxustizas que danan este país no que vivimos. Cando os tempos son malos o primeiro en perder dereitos é o cidadán, xa que é o último chanzo do sistema político, e canta menos riqueza posúe, menos ten con que loitar para sobrevivir neste sistema de goberno. Expresan varias reivindicacións; unha delas é a reforma da Lei Electoral deixando de lado a Lei D´Hondt que favorece á maioría e que non deixa aos partidos con menos votos alcanzar os escanos suficientes para facer coalicións e deixarlles probar as súas ideas políticas dentro do marco constitucional. Outra medida moi importante é a de garantir a todo cidadán unha vivenda digna xunto cun aluguer social para esas persoas menos favorecidas; este é un gran problema que hai en España e un dos máis importantes a solucionar no futuro si se quere avanzar política e socialmente nun país que quere estar no G20 e que ten moito que mellorar para estar neste grupo, aínda que cabe destacar que algunhas

Hai máis medidas pero estas son as máis importantes. É sorprendente como a mocidade non se mobilizou antes polo seu futuro pensando nos seus dereitos habitualmente degradados polos políticos corruptos e vendidos ás amizades as cales lle daban favores en todo o goberno. Este movemento podería ser e é exportado a todo o mundo xa que o sistema económico mundial está contaminado con problemas da mesma e de diferente índole, como por exemplo os Estados Unidos de América, primeira potencia mundial na que hai un alto índice de pobreza e onde o sistema político favorece aos grandes magnates da economía. Debemos servir a un sistema que explota ao cidadán? Seguimos explotando os recursos económicos das potencias máis desfavorecidas ou deberiamos axudar ao desenvolvemento destes países con grandes riquezas naturais e culturais? Unha posible solución sería utilizar os recursos militares existentes no mundo quitando as bombas nucleares para erradicar todas as ditaduras e gobernos títeres para a instauración dunha democracia mundial de cooperación entre as diferentes razas e culturas existentes no mundo, así poderiamos evolucionar cultural e politicamente para achegarnos a un sistema político-social perfecto, aínda que parece imposible xa que a perfección é inalcanzable. Alfonso Blanco 1º BAC

7


LECTURAS VARIAS “A estrada”,

escrito por Cormac

MaCarthy é considerado unha das grandes obras da literatura universal, e con razón. É unha historia contemporánea que se desenvolve nun hipotético E.E.U.U desolado pola acción do home, onde un pai e o seu fillo percorren a estrada que simboliza a esperanza a unha salvación incerta. O amor entre eles é determinante para seguir o camiño. O mundo derrúbase e a fame invade os poucos sobreviventes; a procura de comida é a ansia de todos os personaxes. Ata agora a nai Terra deunos todo o preciso para a subsistencia; pero que ocorrería se algo impedise que seguise sendo fértil?; se as cinzas cubrisen os campos, se os animais desaparecesen. Saberiamos distinguir o ben do mal en situacións tan

extremas? Quizais as necesidades vistas ata agora son insignificantes comparándoas coas que nos mostra esta historia. Se consideras que o mundo está establecido e que a súa continuidade é eterna, deberías mergullarte nesta historia, pensarás doutra forma. Miriam Dourado 1º BAC

“Futuro Imperfecto”,

é

un libro para chorar, aprender, reflexionar, emocionarse e incluso podes chegar a rirte. Xulia, a súa autora e protagonista, cóntanos a súa vida mediante unha especie de conto que deixa para a súa filla, Lucía. Coñece a Nico, o que será o pai de Lucía. Con el comeza unha nova vida, a vida do amor e das drogas. Superan ese mundo pero, o peor aínda está por chegar. Os dous collen SIDA. Comeza unha vida de espera, esperar a morte. Para min é o mellor libro que lin xamais. Fíxome chorar moito e tamén pensar pero ás veces fainos falla pensar. Porque nunca vos parastes a cavilar en toda a xente que tivo e ten este problema? Toda a xente que aínda hoxe con toda a información e protección que hai, segue infectándose? E non só iso, senón toda a xente que aínda hoxe os segue a tratar como apestados?

Non podo falar polos demais, pero si por min. Se un rapaz me gusta moito pero sei que ten SIDA, iso xa o cambia todo. Ou non? Vós non o pensariades dúas veces? E non falo de ter medo a infectarse, porque sabemos que hai formas de non facelo. Falo de namorarte e durmir todos os días con alguén que non sabes se o día seguinte vai espertar. Pero entón, non merecen que lles queiran? Pensádeo. Haizea Mosteiro 1º BAC

8


“Os dados do reloxeiro”é un libro escrito por Xurxo Mariño Alfonso. Trata de explicar temas científicos, cunha linguaxe cotiá e un vocabulario ao alcance de todos. O libro está dividido en cinco bloques científicos, como poden ser a ecoloxía, a cosmoloxía, a tecnoloxía, a evolución do home... que á súa vez, están divididos en artigos que falan de feitos concretos. O artigo que máis me gustou foi o de "Para comezar, un bico", porque me pareceu moi curioso iso de que coller as cousas cunha determinada man, ou a tendencia a xirar a cabeza cara un lado ou cara o outro xa se faga presente durante o embarazo. E é certo iso de que a xente que usa a man dereita tende a xirar a cabeza cara dereita, e a xente zurda xíraa cara ao lado esquerdo. O bloque máis interesante para min foi "O medio natural e Nós, matrimonio de conveniencia" (ecoloxía), porque che fai ver que un tratamento che pode curar unha enfermidade pero, utilizándoo en exceso, pode chegar a matarte; que todos os

“Indignádevos”Os

mozos e

mozas temos que indignarnos polo que ocorre no mundo. Hai moitas inxustizas ás que non respondemos, das que pasamos, pensando que todo nun futuro se arranxará e cada vez dámonos conta de que practicamente é imposible arranxalas se non o comezamos a facer dende agora. Estamos, incluída eu, dentro do montón, tan condicionados polos medios de comunicación que non vemos máis alá de mercar un coche novo ou o vestido máis caro, cando en realidade hai moitas persoas que non teñen que vestir, ou máis, simplemente, que comer, cando para nos é algo habitual e necesario. Por que para as persoas do terceiro mundo non? Por que eles non poden ter os mesmo dereitos que os demais? Por que non teñen dereito a menciñas? Por que non teñen dereito a unha vida digna? Isto é polo que temos que loitar, pola igualdade entre as persoas, si, pode haber diferenzas sociais, pero ningún neno ou persoa tería que morrer por unha simple gastroenterite. Tampouco ningunha persoa tería que ser rexeitada polo simple feito de pertencer a unha relixión diferente, cada persoa pertence a unha, ou varias ou a ningunha e ningún ser humano é quen de omitir un xuízo polo simple feito do tipo de relixión

antibióticos que tomamos os mexamos e acaban contaminando as augas... aínda que me parece un pouco estúpido iso de poñerlles multas aos granxeiros porque as súas vacas fagan moito as súas necesidades. Está ben que contaminen, pero, pobres, non se poden aguantar. O bloque que menos me gustou foi o de "Enigmas do infinitamente grande e pequeno" (física, cosmoloxía), simplemente porque non o entendín. O autor explícase tanto e dá tantos detalles que non podes comprendelos todos, polo que acabas de ler o artigo sen entender de nada. Non digo que non sexa un tema interesante, pero podía facelo un pouco máis lixeiro. En xeral, o libro gústoume bastante, é sinxelo de ler e ten cousas moi interesantes que che chocan bastante. Uxía Vázquez 1º BAC

que o outro elixa. Si, podemos ter diferentes visións das culturas ou relixións, podemos opinar, pero non marcar, pódenos parecer xusto ou inxusto, pero non menosprezar a ningunha, cada persoa é libre, sen ofender nin danar aos demais, de escoller o que ela considera correcto. A liberdade e o dereito á vida é un ben natural e inalienable, igual a todos, ninguén nos pode privar deste dereito, pero nas guerras prívanse os dous. Aos políticos non lles interesan cantas vítimas poden ocasionar as súas decisións ou o ben da poboación, non, simplemente loitan por si mesmos, por ver quen leva e controla todo o poder. Por todo isto, todos teriamos que indignarnos, non só a xuventude, pero isto será imposible se non se comeza a cambiar a mentalidade e a forma de ver o mundo da xente, si podemos dicir: Para que vou cambiar eu, se hai cen persoas que non o fan! Pero para que sexamos moitos, primeiramente, temos que comezar a sumar un tras outro! Sofía P. Couto 1º BAC

9


VIAXE DE ESTUDOS A BARCELONA

10-04-2011 11:24:58 Á mañá seguinte fixemos barranquismo nun río en Navarra; facía un día pouco apropiado para este deporte, había unha brisa molesta e a auga

08-04-2011 22:32:08 A noite do oito de abril collemos o bus e iniciamos a nosa excursión de fin de curso. A maioría de nós nunca estiveramos tantas horas seguidas nun autobús, así foi que acabamos moi cansos e con varias contracturas, adoptando posturas

estaba xélida, pero aínda así foi moi emocionante. A maioría levamos algúns golpes e incluso algunha das rapazas, concretamente Helena, viu a morte moi cerca e decidiu lanzarse aos brazos do monitor-salvador. Uns días despois decidimos facer barranquismo de “sabas” polos balcóns do

inverosímiles para durmir.

hotel, pero desta aventura non existen imaxes nin probas. 09-04-20011 09:37:45 Sendo aínda moi cedo, chegamos a Murillo del Gállego, onde medios durmidos xogamos ao paintball.

Resultou

unha

experiencia

emocionante, aínda que suamos un pouquiño. Ese día pola tarde marchamos cara Barcelona e aínda tivemos tempo de saír un anaquiño de festa pola noite. Estivemos tomando algo no Hard Rock e aproveitamos para practicar outros idiomas cos turistas que alí había.

Logo desta “guerra pacífica”, onde Eloy foi o guerreiro más feroz, mellor dito, o que non saía nunca dos agochos, fomos para Jaca. Alí, demos un paseo pola cidade e pola noite fomos a unha “boleira sauna” onde demostramos as nosas dotes de “boludos”, sobre todo, as nenas aquí: a raíña foi Carmen que ata recibiu un trofeo de campioa.

11-04-2011 10:59:23 Espertamos ansiosos por percorrer as rúas de Barcelona e ver os lugares máis coñecidos. Esperábanos un gran día por diante: visita ao Camp Nou, Parque Güel, Sagrada Familia, Barrio Gótico e a Boquería. Pola noite a pesar de que estabamos moi cansos non faltaron ganas para ir de festa, collemos o metro e fomos para o Porto Olímpico. Chegamos a un pub e decidimos subir todos á tarima, nese momento uns italianos animáronse e subiron a bailar con nós.

10


Mentres, algúns de nós tiveron un malentendido

ás atraccións que máis nos gustaran e desta vez

cuns “red bulls” e Jorge tivo que mediar e saíu

decidimos pasar parte do tempo nas de auga xa

fóra a falar co dono do pub. Cando entrou non viu

que facía moitísima calor. As colas eran moitas

o cristal e chocou con el. So o vimos algúns, pero

veces demasiado longas pero faciámolas amenas

foi gracioso.

con cancións e coñecendo xente. Algúns de nós decidimos facer todos unha tatuaxe coa nosa inicial de recordo, aínda que só durou uns cantos días. E pola noite, xa no hotel,

fixemos

escapadas nocturnas á piscina, guerras de almofadas que acababan na ducha, carreiras cos carricoches dos bebés. Tivemos que aturar algunha protesta dalgúns hóspedes, sobre todo, dun francés. Pero co paso dos días, o sono íanos vencendo e durmiamos en calquera momento e en calquera 12-04-2011 10:00:00 Ao dia seguinte marchamos para Port Aventura e deixamos as maletas en consigna nada máis chegar. Logo,

déronnos as tarxetas para a

entrada do parque e para as nosas habitacións. Eran as 10 en punto, o parque abríase e entramos todos correndo; fomos recibidos por un espectáculo cuxa canción era demasiado pegadiza e pasamos o resto da excursión cantándoa. A primeira e ultima atracción na que montamos foi o Dragon Khan; nel sentimos o que é a velocidade e a expresión “ter unha montaña rusa no estómago”. A pesar de que era o primeiro día, recorremos todos os continentes de Port Aventura: México, China, Lonxano Oeste, Polinesia e o Mediterráneo. Eran as 7 da tarde e o parque xa cerraba, marchamos para o hotel cun pequeno desgusto, a Alberto Recarey desaparecéralle a carteira e non podía entrar no hotel, mais ao final solucionouse todo. Pola noite tivemos un magnifico bufé libre; había moitos

14-04-2011 19:30:24 E como todo o bo chega ao seu fin, tamén chegou o último día, no que aproveitamos para ir ver algún que outro espectáculo. Deron as 7 e tiñamos que recoller as maletas para regresar a casa, esperábanos un longo camiño por diante, recordando cada momento que pasamos xuntos. En Vega de Valcárcel, xa preto de Galicia, despedímonos de Roberto, o condutor que nos acompañara en toda a viaxe. Chegamos ao noso destino. Descargamos as maletas e para casa, non dabamos creto de que xa pasara unha semana, queriamos volver marchar. Foron sete días cargados

de

momentos

que

xamais

esqueceremos, unha gran viaxe de fin de curso cos mellores profesores que puidemos levar, Clara e Jorge. Grazas. Alba Santiago 4º ESO

pratos diferentes e creo que acabamos todos cuns quiliños de máis.

13-04-2011 14:43:31 Outro día por diante en Port aventura, volvemos

11


RAFTING O pasado 11 de abril unha boa parte das alumnas e alumnos de bacharelato dirixímonos a Padrón para facer rafting. Ao cargo de Gonzalo e Bea fomos sen pensalo dúas veces. Todos os que foron o ano pasado repetiron, pero os novos, iamos con algo de medo. Cando por fin chegamos, dispuxémonos a vestirnos cos traxes de neopreno, escarpíns para os pés, chalecos e puchos; a nosa pinta era inmellorable. Xa entre risas polo equipamento, separámonos en tres grupos, cada un levou a súa balsa coa axuda dos monitores ao río. Primeiro a monitora deunos unhas nocións básicas sobre como remar, que tiñamos que facer se caiamos á auga e, sobre todo, indicounos as ordes que nos ía dicir en todo momento mentres iamos río abaixo: dereita, esquerda, quietos! Alá fomos, primeiro iamos a modo vendo toda a vexetación aos dous lados do río, o sol... as vistas eran incribles. Pouco a pouco fomos collendo soltura cos remos, estabamos colocados a metade á dereita e a outra á esquerda. Ao principio todos tiñamos moita enerxía, e os brazos ían coma a seda.

ben e sabiamos que todo estaba rematando. No final do traxecto, nos laterais do río había unhas correntes de auga que viñan dende a dereita. A nós xiróusenos a balsa e achegámonos á corrente, quixemos apartarnos, pero xa era tarde. A auga deu contra nós e formouse un caos. A miña perna enganchouse na balsa e en Yolanda, quedoume o corpo medio colgado fóra da balsa, tiña que facer abdominais para berrarlle aos que quedaran dentro; non vou mentir, chameilles de todo... Cando conseguín subir estivemos como dez minutos ríndonos. A maioría caera fóra e o resto na propia balsa, foi moi gracioso. O traxecto chegara á fin e para rematar quen quixo lanzouse dende unha pedra ao río, fíxose unha competición non escrita a ver quen facía a “bomba” máis grande. Despois de levar as balsas para arriba, cambiámonos e despedímonos dos monitores asegurándolles que para o ano que vén, repetiamos.

Miriam Dourado 1º BAC

Pronto chegamos ao primeiro rápido, que é unha baixada no río onde se encontran as correntes de auga formando remuíños. A monitora dábanos as indicacións berrando porque a auga facía moitísimo ruído, tiñamos que remar o máis rápido que puidésemos; a parte dianteira da balsa baixou e notabas a baixada, os nervios a flor de pel e antes de pensalo xa estabamos abaixo, e pingando. Foi xenial!!! Non tiñamos nin idea, pero vese que o fixemos bastante ben. Nada máis acabar o primeiro rápido queriamos que chegase o seguinte. E a operación repetiuse varias veces e mentres nós cambiabamos de sitio e cantabamos. Os brazos xa se empezaban a resentir, pero ao ser tan divertido compensaba o esforzo. Volvemos á balsa e seguimos ata o final, todo ía

12


VISITA A ANDORRA

Arrancamos o sábado 15 de xaneiro dende o instituto; a alegría e a ilusión mesturadas cos nervios notábanse no ambiente; nesta viaxe acompañaríannos outros dous institutos: Baio e Ordes; os de Baio, ao ser de máis cerca, xa eran máis coñecidos pero ao chegar a Ordes e ao ver a tantos descoñecidos, as miradas e os primeiros achegamentos para coñecer xente nova producíronse, ata o extremo de que media hora despois de coñecelos xa había conversas de todo tipo. A viaxe de tantas horas fíxose longa: xente durmindo nos corredores como podían, o CD de Melendi soando sen parar e algunhas persoas que se negaban a durmir… ao amencer, a impaciencia comezaba a florecer, ata que chegamos ao noso destino, si, despois de tantas horas xa estabamos en Andorra; baixamos as maletas do autobús e chegou o reparto de habitacións, 307,308,206... millóns de recordos saen deses números de habitacións… tras acomodarnos nas habitacións fomos comer xa que as tripas xa empezaban a ruxir despois de tantas horas.

súa primeira vez, e notaríase o luns nas clases, caídas e máis caídas acompañadas dun sorriso. A semana transcorreu así: clases pola mañá e, pola tarde, saídas, menos o martes e o xoves que fomos a Caldea, o balneario máis grande de Europa. Ao pouco tempo os tres colexios pareciamos unha familia, esquiabamos e saiamos xuntos dar un paseo pola fermosa Andorra. O xoves a noitiña, despois de vir de Caldea relaxados, fixemos as maletas para marchar o venres. As noites en vela bailando polo corredor da habitación, comendo “palomitas”, rindo ata que doía a barriga, coñecer xente, nunca saber o número de habitación, coller catarro, romper un brazo e o máis duro:despedirse, non foi un ata sempre, foi un ata logo, xa que nos volveremos a ver. Por último, temos que dar as grazas a Alfredo e a Gonzalo por acompañarnos e por axudarnos en todo o que precisabamos. Unha excursión deste tipo faiche botar un sorriso cada vez que te lembras dela. Para o ano, repetimos?

Estela Suárez e Miriam Amado 3º ESO .

Despois de comer en diferentes lugares, subimos ao autobús a recoller o material de esquí; para algúns era a

13


II PREMIO DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA ÁNGEL CARRACEDO Xa temos gañadores desta nova edición do premio de divulgación científica. O primeiro premio recaeu no traballo de Patrica Añón e Verónica Paz, alumnas de 1º de Bacharelato A, sobre o biólogo estadounidense Stephen Jay Gould. Os dous segundos premios foron para Lara Fernández e Tatiana Rama, alumnas de 1º de Bacharelato C, polo seu traballo sobre Ronald Ross e para Noelia Martínez e Nerea Nieto, alumnas de 1º de Bacharelato C, polo seu traballo sobre Hipócrates (fundamentalmente pola capacidade divulgativa das principais contribucións científicas deste autor). Noraboa ás premiadas.

STEPHEN JAY GOULD Por mor do concurso de divulgación científica do centro, realizamos un pequeno traballo sobre un dos científicos máis recoñecidos do século XX, Stephen Jay Gould. Paleontólogo e profesor da Universidade de Harvard, Gould foi un pensador polifacético que proporcionou numerosas e interesantes achegas científicas, algunhas das cales trataremos a continuación.

CONTEXTO HISTÓRICO A primeira metade do século XX caracterízase polos grandes cambios que se foron producindo en case todas as ordes. A industria asumiu un papel esencial na creación de riqueza, o que aumentou as desigualdades sociais. Isto impulsou o desenrolo do anarquismo, o socialismo ou o comunismo. A loita social comeza a obter os seus primeiros éxitos, ben por medio da negociación ou por media da revolución. As novas condicións económicas e o desenrolo das comunicación impulsaron ás grandes potencias a buscar novas fontes de materias primas e outros

mercados. Iniciouse así a colonización de África e Asia. Este proceso foi causa das alianzas políticas e enfrontamentos que prepararon o terreo para a Primeira Guerra Mundial (19141918). Tras ela, EEUU consolídase como unha gran potencia. A prosperidade dos anos vinte vese interrompida pola Gran Depresión de 1929, que orixina a primeira crise económica de dimensións mundiais. O alto índice de paro, o aumento do nacionalismo e a proliferación do fascismo marcan o panorama europeo previo á Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Trala Segunda Guerra Mundial, a sociedade quedou dividida politicamente en dous bloques: o occidental e o comunista. Foise pasando dunha situación de guerra fría entrambos bloques a unha actitude de coexistencia pacífica. Creáronse organismos internacionais de cooperación, defensa e economía. Durante os anos centrais do s.XX, as colonias de Asia e África, alcanzaron a independencia. Así naceron novos Estados que, xunto con outros, constitúen o denominado “Terceiro Mundo”. Case todos estes países vense desbordados por grandes problemas: subdesenvolvemento económico, fame, analfabetismo, tensións sociais, inestabilidade política e busca de identidade cultural. Os centros tradicionais de creatividade artística de Europa cederon lugar a os de Estados Unidos. Foi a época das vangardas. Os nos seguintes a 1970 estiveron marcados pola inestabilidade económica e o derrube dos réximes comunistas. Nas últimas décadas puxéronse en marcha procesos de globalización da economía. A música pop-rock, a moda, a publicidade ou o cine son exemplos de artes comerciais que foron favorecidas por un gran desenrolo tecnolóxico e pola dispoñibilidade xeneralizada do ocio. Os importantes avances técnicos orixinaron grandes inventos como o alumeado eléctrico, o automóbil, a aviación ou o teléfono. Os avances científicos y tecnolóxicos deste século déronse moi rapidamente como a televisión ou a conquista do espazo. Quizais un dos últimos avances en ciencia é a biotecnoloxía. Especialmente en xenética e a súas aplicación en medicina. En 1953 James Watson e Francis Crick descobren a estrutura de dobre hélice do ácido desoxirribonucleico (ADN), que conten a información necesaria para ordenar os

14


aminoácidos correctamente e transmite esta información hereditaria dunha a BIOGRAFÍA Stephen Jay Gould (1941-2002), paleontólogo e profesor na Universidade de Harvard dende 1967, foi un pensador polifacético. Naceu e criouse na comunidade de Bayside, ubicado en Queens, Nova York. Cando tiña cinco anos o seu pai levouno ao Museo Americano de Historia Natural, no cal se atopou cun Tyrannosaurus rex. Nese momento decidiu converterse en paleontólogo. Non practicou ningunha relixión e prefería ser considerado agnóstico. Gould comezou os seus estudos superiores no Antioch College, onde se graduou con dobre especialidade en 1963 en xeoloxía e filosofía. Despois de completar os seus estudos de posgrao na Universidade de Columbia en 1967, foi contratado de inmediato pola Universidade de Harvard, onde traballou até o final da súa vida. Durante esta etapa, Gould defendeu as restricións biolóxicas, como as limitacións das vías do desenvolvemento nos resultados evolutivos, así como outras forzas non selectivas da evolución. Argumenta que o camiño da evolución non foi cara a complexidade, senón cara a diversificación. Foi partidario de que a evolución non ten unha tendencia inherente cara o progreso a longo prazo. Gould foi tamén un defensor da marihuana medicinal, droga que fumou durante a súa loita co cancro para aliviar as náuseas asociadas aos seus tratamentos médicos. Morreu o 20 de maio do 2002 dunha metástase dun cancro de pulmón, que se estendera ao seu cerebro. CONTRIBUCIÓNS CIENTÍFICAS “A variación propón, a (Stephen Jay Gould)

evolución dispón”

-Teoría do equilibrio puntuado: Ao principio da súa carreira Gould e Niles Eldredge desenvolveron a teoría do Equilibrio puntuado, que propón que os cambios evolutivos se producen con relativa rapidez, alternando con períodos máis longos de relativa estabilidade. As especies viven períodos de equilibrio de millóns

de anos, que se ven cortados bruscamente por fases breves de cambios (miles de anos) nas cales aparecen novas especies. O rexistro fósil mostra a estabilidade das especies durante “longos períodos de aburrimento”, tempo que se vai repetindo tras “breves períodos de terror” nos cales se da, subitamente, una gran diversificación pero tamén unha gran extinción. Segundo Gould, o equilibrio puntuado modifica un piar fundamental na “lóxica central da teoría darwinista”: o gradualismo (crenza segundo a cal o cambio ocorre, ou debe ocorrer, lentamente en forma de pasos graduais) Existen críticos que, en ton de broma, cualificaron a teoría como “evolución a tropezóns”, o que incitou a Gould a describir o gradualismo como “evolución por arrastre”. Tamén dedicou moito tempo á loita contra o creacionismo e conceptos relacionados como a ciencia da creación e a teoría do deseño intelixente pola súa falta de base científica (cualifícao como pseudociencia). Gould desenvolveu máis tarde o termo “maxisterios non superpostos” para describir como, na súa opinión, a ciencia e a relixión non poden facer comentarios sobre o ámbito do outro. Gould chegou a desenvolver esta idea detalladamente no libro Ciencia versus relixión, un falso conflito (1999) e Érase una vez o ourizo e o raposo (2003). BIBLIOGRAFÍA

· Wikipedia, a enciclopedia · Jay Gould, Stephen, Ciencia versus Religión, Ed. Crítica · Eric Hobsbawn, Historia del siglo XX SELECCIÓN DE LUGARES NA REDE http://www.sjgarchive.org/ http://www.amnh.org/ http://www.tolweb.org/tree/

http://www.youtube.com/watch?v=vAqHrbNa MhY http://www.youtube.com/watch?v=U9Tahi3RV Uk&feature=related

15


COÑECENDO A... PAULA Desde que es profesora supoño que estarías noutros institutos, que che parece o IES de Ponteceso? Ben, non vin moitos institutos, sinceramente só traballei en este e noutro máis. A verdade é que me gusta moito este instituto, sobre todo polo alumnado que teño, paréceme que sodes uns rapaces e rapazas encantadores, e non é por facer a pelota, estou sendo sincera. Ademais respírase un clima de traballo entre profesor@s e alumn@s especial e moi positivo. Que cres que é máis importante nunha clase de música? O máis importante, para min, é que se entenda o que explico, que vos chegue un pouco a música que explico, diferente en xeral ao que vós escoitades habitualmente. Así, dalgún xeito, gustaríame que vos entrase un “gusanillo” por querer saber máis sobre as cousas que acontecen na vida. A aula de música conta con todos os requisitos necesarios? É unha clase que está moi ben, non hai queixa pero coma todo, podería estar mellor. Que lles dirías aos alumnos que para o ano poden coller música de maneira optativa? Pois, en primeiro lugar, coma optativa, tenvos que gustar a materia e despois, coma todo na vida, poñerlle ganas ás cousas. Como definirías a túa materia nunha soa palabra? Vida, creo que é a palabra axeitada. Tes pensado algo para fin de curso? Gustaríame facer outro concerto. Pensaches algunha vez en darnos ti un concerto de violín? É un proxecto que teño en mente, pero polo de agora non o vexo moi claro, pero si, é algo que me gustaría facer.

Como decidiches facer esta carreira? Non tiña pensado, en principio, ser profesora de música, a isto cheguei, por así dicilo, por casualidade. Estudei violín dende que era pequena. Cres que a música inflúe moito nos nosos días? Moitísimo, máis do que cremos. Estamos, queiramos ou non, en contacto diario con ela. Cal é o teu compositor favorito? Bach. Que pensas sobre os teus alumnos de música? En xeral o que dixen antes, que me parecedes moi boa xente, educados e respectuosos. Ademais, en xeral, dásevos moi ben a parte práctica da materia. E iso, en parte, é porque estades dende

pequenos en contacto coa música tradicional da vosa terra. Que instrumento che gustaría aprender a tocar? Moitísimos! Gustaríame aprender a tocar a guitarra, o piano e a pandeireta. Como xa sabemos todos, ti es de Asturias, ao chegar aquí que foi o que máis che sorprendeu da cultura galega? Supoño que a chamada “retranca”. Que che parecen os instrumentos tradicionais galegos? Parécenme moi interesantes, a pandeireta, de feito, encántame. Moitas grazas por atendernos. Miriam Amado 4º ESO

16


V CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Os alumnos de 1º da ESO participaron este ano no V Congreso de Educación Ambiental organizado polo CEIDA e que tivo lugar o pasado xoves 2 de xuño no Castelo de Santa Cruz en Oleiros. Asociado ao tema elixido para o congreso este ano, “Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural”, os alumnos do IES de Ponteceso presentaron un proxecto denominado “Mergullando na biodiversidade” que buscaba mostrar a enorme riqueza biolóxica do noso litoral empregando a nosa páxina web como ventá. Coma outros anos, o traballo realizado dividiuse en dúas partes; unha primeira na que completamos unhas fichas con información de especies representativas do litoral e colgamos a información na páxina do departamento de CCNN e unha segunda fase que incluía a asistencia ao Congreso para explicar o noso traballo.

Domínguez, Paula Blanco e Cristal Camafreita, que realizaron unha defensa amena e dinámica do material elaborado aplaudida por todos os asistentes.

Pero non só foi traballo o que nos levou a Oleiros. Pola tarde, e despois dunha frugal comida, visitamos o centro de recuperación de fauna que existe nesa localidade. Este centro xa é un vello coñecido noso porque foi o encargado de recoller ao noso moucho (que realmente era un avelaiona) hai xa catro anos. Foi unha xornada cansada pero moi satisfactoria, tanto pola magnífica exposición dos nosos rapaces como polo fenomenal comportamento que estes tiveron ao longo do día. Parabéns rapaces. Tedes todo o material dispoñible en: Http://centros.edu.xunta.es/iesdeponteceso/d rupal/files/acuario/acuario.swf

Os responsables desta exposición foron Miguel Pose, Andrea Calvo, Andrea Espasandín, Álvaro

17


JORGE MIRA PÉREZ Nacido en Baio (A Coruña) un 30 de Outubro de 1968, Jorge Mira é xa un referente científico a nivel nacional. Licenciado e doutorado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, na que exerce como director do Departamento de Física Aplicada, e que o nomeou catedrático de electromagnetismo. Ten acadado premios como o da Real Academia Galega de Ciencias (2002) ou o do Colexio Oficial de Físicos de España (2010). Así mesmo, foi finalista do premio da Real Sociedade Española de Física outorgado a investigadores noveis (1999) e conseguiu unha mención de honor no premio “Ciutat de las arts i les ciencias” de Valencia. Realizou estudos tan “orixinais e polémicos” como o cálculo da temperatura de ceo e inferno, e no ano 2010 publicou o seu primeiro libro titulado “A ciencia no Punto de Mira”. Todo isto vén acompañado dunha variada actividade deportiva: nomeado campión galego de bailes de salón e natación (categoría de veteranos), destaca tamén como xogador da primeira división de xadrez e en actividades como a esgrima ou o taekwondo. Na actualidade tamén traballa como responsable das correccións e suxestións matemáticas do programa “Cifras e Letras” da TVG, dedicando parte do seu tempo libre á divulgación científica, motivo polo cal visitou o I.E.S. de Ponteceso.

Outras “curiosidades” foron o feito de que se busque para aparearse aquel exemplar que é diferente ou ten algo especial (pois isto fai que a evolución vaia máis rápido) ou un estudo realizado sobre que tipo de home lles gusta ás mulleres (no que o resultado foi un home cun 75% de masculinidade e 25% de feminidade, vese que as mulleres identifican como “perigoso para elas” os homes con maior grao de testosterona). Este mesmo estudo realizado á inversa demostrou que os homes prefiren ás mulleres con curvas, idea que se opón ó modelo de beleza actual da sociedade. Aplicando a ciencia, comprobamos que famosas admiradas como Kate Moss ou Giselle Bundchen teñen un índice de masa corporal (IMC) que revela unha deficiencia nutricional. E, por último, algo tamén salientable foi a explicación do funcionamento do botafumeiro da Catedral de Santiago. Este obxecto tan coñecido (orixinario dos S. XIIXIII), funciona por un principio físico coñecido como “bombeo paramétrico” no que factores como as dimensións da corda que o suxeita son moi importantes por terse en conta para tal efecto o rozamento desta co aire.

Nesta visita, tentou achegar a ciencia ó alumnado dun xeito algo particular, empregando o que el mesmo definiu como “curiosidades da ciencia”. Falou de temas como o Dimorfismo Sexual, no que macho e femia dunha mesma especie parecen (por factores como a súa cor) membros de especies distintas, e como as femias, caracterizadas por ter un maior grao de selecci ón e i nv esti r mái s t empo no desenvolvemento do feto, elixen ao macho.

18


O día 14 de marzo, recibimos a visita de Jorge Mira, quen nos achegou dunha maneira moi próxima temas moi diversos, pasando dende a xenética até o seu soado artigo sobre o ceo e o inferno, concedéndonos, ademais, a seguinte entrevista: Cres que a ciencia pode solucionar todos os problemas? Case todos, o perfeccionamento da ciencia foi visible ao longo da historia, por exemplo, agora podemos curar infeccións que antes garantían unha morte segura (como é a peste) ou o incremento dunha maior esperanza de vida, pois actualmente podemos acadar os 85 anos sen problemas, mentres que no 1900 a esperanza de vida era duns 30 anos, aproximadamente. Sentes que os avances da ciencia, tanto teus coma dos teus compañeiros, espertan, quizais, maior interese no estranxeiro que aquí? Non, con respecto a estes comentarios sobre o nivel do estado, podemos afirmar con seguridade que calquera tempo pasado foi peor. De feito, hai uns días saíu un artigo meu que analizaba a consistencia das linguas, e tivo unha grande repercusión no estranxeiro pero tamén aquí. Cal consideras que é o factor que máis frea o avance da ciencia a nivel mundial? Crees que o factor moral supera ás limitacións económicas? O talento é unha fonte que sempre mana, pero si é certo que existen certas burocracias e armazóns administrativos que si frean o avance da ciencia, pero cando falamos de países “normais” ou economicamente desenvolvidos podemos eliminar o factor económico como limitante da ciencia. A que temas dedicas o teu traballo na Universidade? O meu traballo está dividido en tres partes: investigar, dar clase e mandar (risas). No que cómpre á investigación, que é a faceta máis ampliada, céntrome nos materiais dialécticos e na análise de sistemas complexo. Neste último obsérvase como evolucionan os grupos de falantes, o equilibrio entre dúas linguas como, por exemplo, o galego e o castelán, o seu grao de parecido e o estatus que se percibe de cada

lingua. Cal é a cuestión que máis che gustaría estudar neste momento? Saíndo xa do meu campo (a física), gustaríame participar na busca do Bosón de Higgs e nas diferentes investigacións que teñen lugar en Cern, en Xenebra. Influíu algún familiar ou amigo na túa vida para que decidiras dedicarte á física? Eu penso que o cerebro nace plástico, a partir deste momento a instalación que fas nel comeza e vai influída pola primeira etapa da túa vida. No meu caso foi a miña nai a que sempre estivo presente e polo tanto, quen foi moldeando o meu cerebro. Así que, aínda que directamente non foi ninguén, si podo dicir que sempre foi a miña nai a que estivo aí e quen me puido influír indirectamente. Chegaches nalgún momento a dubidar da ciencia, xa fose influenciado por algunha crenza ou outro factor? Non, pero si teño que admitir que hai cuestións que a ciencia aínda non pode responder e que nunca chegará a estudar, debido a que esta está limitada ao estudo de puntos que teñan dimensións implícitas, polo tanto, sería imposible estudar a nada, existente antes da aparición da materia. Introduces un ton humorístico no teu libro porque cres que así será máis aceptado polos lectores ou porque xa é a túa maneira de ser? As dúas cousas (ri), son consciente de que hai que empregar certas receitas para ter audiencia, algo que aprendín durante a miña carreira. Debemos quitar o complexo e facer unha linguaxe normal para poder chegar a todo o mundo. Non me importa recibir críticas de compañeiros pola “baixa precisión” que empreguei no libro, pois repito, o libro está feito para todo o mundo, non só para eles.

Nuria García e Ivana Gil 1º BAC

19


ATA SEMPRE... Carlos Calvete

anteriores. Antes os profesores eramos considerados un pouco máis catedráticos. Agora, penso que hai un acercamento necesario, moi necesario entre alumnado e profesorado.

Como era a túa vida de estudante? (En xeral intentaba ser bo na aula, pero tamén bo á hora de saír de festa.) Buff…era unha vida bastante tranquila comparada coa de agora. Eu estudei no Alfredo Brañas de Carballo e logo fixen a carreira de Filoloxía na Coruña. Era un alumno bastante brillante e sacaba boas notas. Intentaba organizarme bastante ben, xa que quería aprobar para poder estar libre durante o verán, por iso intentaba ser bo na aula, pero tamén bo á hora de saír de festa. Aproveitaba o tempo. Perdiches moito tempo de saír? Pois cando tiña exame non saía, pero despois recuperábao bastante ben en xullo e en agosto. (Recoñece entre sorrisos que había días que non lle vían o pelo pola casa.) Como tomaches a decisión de dedicarte ás letras? Sempre me gustou moito a literatura e a poesía. Son unha persoa, aínda que non o pareza, bastante sensible; incluso escribín algún libro que só teño eu na miña casa. Ese gusto pola arte literaria foi o que me impulsou a dedicarme a isto; non foi por escapar das matemáticas, senón que corría detrás das letras.

Cal foi a túa primeira impresión ao chegar a este instituto? Foi moi boa, foi no ano 1999, estaba Pepe na dirección; recordo que me ensinaron o centro, había moitos alumnos. A miña impresión foi moi boa porque os alumnos desde un primeiro momento foron moi transparentes, moi nobres. Sempre me sentín moi cómodo no centro.

Cambiaron moitas cousas desde a túa chegada ata agora? Penso que si, cando cheguei estaba vixente a antiga LOGSE, cambiouse a maneira de avaliar e a maneira de ver a ensinanza respecto de anos

Coido que algo vai mal cando un profesor fala de grupo, eu sempre parto de que hai que falar de alumnos individuais. Cando chego á clase penso que aqueles que están alí poden ser os meus fillos, e gústame falar con eles e darlles clase da mesma maneira que me gustaría que lla desen a miña filla. Cal cres que foi a situación máis estraña que che sucedeu neste instituto? As situacións máis estrañas pasáronme sendo director. Temos anécdotas que podemos contar o xefe de estudos mais eu para encher un libro, pero claro, non as podo contar aquí. Ás veces hai que ser coma unha especie de CSI para saber o que está sucedendo. Houbo veces que se me pasou pola cabeza agocharme para intentar cazar a alguén.

Como tomaches o cargo de director? Esperábalo? Pregunta complicada esta... non era unha cousa que tivera en mente. Houbo un momento no que pensabamos un grupo de xente, non soamente eu, porque eu aínda que sexa a cabeza deste iceberg, por debaixo hai un equipo e hai un claustro, e sen eles eu non sería ninguén, iso téñoo eu clarísimo. Se isto funciona non é porque haxa un director bo, un centro funciona porque hai un equipo directivo bo, un bo alumnado, un claustro bo...

20


Foi nun momento determinado no cal tiñamos moitas ganas de facer algo polo centro e decidimos presentarnos. Non só queriamos dirixir un centro de estudos, senón que tamén fose un referente cultural con actividades, exposicións... Esa foi a miña motivación, porque non só teño un grupo de compañeiros senón un grupo de amigos, os cales nos reunimos para poder levar isto adiante; con moitos fallos, claro está, se se puidese volver atrás algunhas cousas serían diferentes, pero non me arrepinto de nada, creo que aprendín moito. Que cres que foi o mellor deste instituto? E o peor? O mellor sen dúbida, os alumnos. E o peor, quizais unha das dificultades máis grandes que vexo é o feito de que haxa dous edificios xa que dificulta moitas veces a organización do centro. Á hora de preguntarlle sobre se lle queda algo pendente no instituto, Carlos Calvete mostrounos o seu lado máis emotivo lembrando en especial a todos os seus compañeiros de traballo pois “quédanme moitos amigos, estrañarei en especial a moita xente, a moitos alumnos, ...custarame moito traballo irme, xa que levo 13 anos aquí e fixen moi boas amizades”.

Cambiando un pouco de tema, preguntámoslle sobre o seu tempo de lecer, os rumores de que tras unha persoa tan seria agóchase un auténtico festeiro. É certo, gústame moito saír co meu grupo de amigos. Son unha persoa que conserva amigos dende o instituto, valoro a xente por como é non polo título que teña colgado na habitación. Gústame moito gozar da vida, vívese só unha vez e hai que vivila, sabendo sempre que ten as súas limitacións. A quen non lle gusta pasalo ben. Tes algunha esperanza de que che fagan unha homenaxe? Non merezo ningunha homenaxe. Incluso me parecería mal, porque penso que houbo xente moito máis válida e que fixo máis cousas polo centro ca min, con diferenza. Como levas o de ser admirado por todo o xénero feminino? Mostrándosenos modesto, nega que o seu atractivo sexa para tanto, “Terá que ver coa erótica do poder.” De verdade síntome moi cómodo cos meus alumnos e alumnas, nunca mo fixeron pasar mal. Eu tamén son un gran admirador do xénero feminino.

Ismael Villar, Ana Anido, Adrián Parga, Gonzalo Santos e Elena Veiga 2º BAC

Loli del Río Por que decidiches dedicarte ao ensino? A vosa idade aínda non tiña claro a que me ía dedicar. Foi como resultado da carreira que escollín facer. Eu decidín estudar Xeografía e Historia cando fixen COU (hoxe 2º de Bacharelato) polo simple feito de que un día na aula a mestra que tiña eu de Historia me dixo: “A historia sérvenos para entender o mundo no que vivimos”. Foi unha frase que me quedou gravada e, ao rematar selectividade, matriculeime en Historia xa. E unha vez fas unha carreira desas, decanteime pola docencia xa que era o que tiña máis saídas. E cheguei a ela moi satisfeita. Eu creo que teño unha das profesións máis bonitas.

Volverías a decidir o mesmo? Eu creo que teño unha das profesións máis bonitas que hai. Volverías a estudar o mesmo? Non estou arrepentida de estudar o que estudei. Non sei se volvería a facelo porque as circunstancias eran diferentes. Neste instante nunca se sabe, pero si. Estou moi satisfeita co

21


Que fixen. Creo que non sería unha equivocación. Que foi o que máis che gustou de toda a túa experiencia na docencia? O contacto cos alumnos. Nunca tiven problemas cos alumnos que me tocaron. Non sufrín nunca a experiencia de raiarche o coche ou pincharche as rodas. En xeral, estou moi contenta. Que che aportou o trato diario cos alumnos? O estar en contacto coas novas xeracións é un modo de ter unha idea de como pode ser o futuro. Teño 54 anos e dentro duns anos xa haberá que ir pensando na xubilación. A xente nova coa que estás traballando é a que che indica como será o futuro e iso é o que che dá ganas de seguir, de facer cousas... Estás nas modas, nas novas tecnoloxías, imaxinádevos o cambio que houbo nas tecnoloxías dende que eu empecei a dar clase no curso 82-83. Naquel ano non tiñamos nin fotocopiadora, era un centro con moi poucos medios e faciamos as fotocopias na multicopista, manchabámonos de tinta e nin o podíamos facer no centro, tiñamos que ir ao concello. Pois, dende que eu entrei, sen fotocopiadora, sen televisor, chegaron os vídeos, os ordenadores, a informática, as encerados dixitais, internet na aula... un montón de posibilidades que non había cando comecei. E todo isto son os alumnos os que che ensinan a usalo. Que teñen de especial para ti a Historia e a Xeografía? Que te poñen en contacto coa realidade que te rodea. Na época na que eu estudaba valorábanse máis as ensinanzas científicas, o que segue pasando hoxe en día. Eu sempre teño a discusión cando falo cos de Matemáticas de que ninguén máis na súa vida che vai preguntar se sabes facer unha raíz cadrada ou unha ecuación de 2º grao a menos que te dediques exclusivamente ás Mates. O máis útil que aprendín delas son as regras de tres que sempre son moi útiles. Coa Historia convén saber como sucederon as cousas. Por exemplo, non é preciso saber listas de reis nin listas de datas, pero resulta útil saber por que houbo unha guerra, porque todo iso axuda a non repetilo. Outro

exemplo, a crise actual non se tería producido se non esquecésemos o que pasou coa do 29, porque cometemos os mesmos erros, podería ser atallado. Ou polo menos non sería tan forte. A Xeografía axúdache a poñerte en contacto co medio e a valoralo. Saber o que podemos estar destruíndo coas nosas propias mans día a día e tamén para saber localizar os países, porque cando poño mapas mudos nos exames atopo grandes sorpresas, algúns pensan que Salamanca está na costa!!! Con que te quedas de todos estes anos en Ponteceso? Uff, pois con moitas cousas. Con esta pregunta case me emociono. Cando eu cheguei aquí, hai xa 19 anos, había 5 ou 6 anos que casara. No ano 94 tiven a miña filla e morreume o meu home. Recordo un 18 de abril, marchei de aquí ese luns pola tarde coma hoxe, de dar as miñas clases e o meu home tivera un accidente e morrera no acto. Dous meses máis tarde naceu a miña filla. Claro, todo iso a min pilloume aquí e o instituto axudoume moito. Meterse nas clases era como chegar a outro mundo e deixar a maleta dos problemas fóra da reixa. Hai vivencias que as vives máis no teu traballo porque pasas máis tempo nel que coa túa propia familia. A nivel persoal e profesional levo moitos recordos. Se este centro estivese a vinte quilómetros da miña casa non o cambiara nunca, xubilaríame aquí probablemente. Pero claro, vivo a cincuenta e pico de quilómetros e por razóns familiares case te ves obrigada a cambiar. Os alumnos estudarán máis ou menos, pero a nivel humano son moi boa xente, en xeral, son moi bos. Como fuches capaz de compaxinar a labor de profesora coa de secretaria? Pois chegando tarde a todas as partes e pasando máis horas aquí. Cando entrei na dirección hai xa tres anos foi cando me deron o traslado para Ordes. Dende entón permutei coa profesora que debía vir a Ponteceso e a miña nai cústalle entendelo. Estar en dirección consúmete moito e dá moito traballo, traballo que só podes sacar adiante con moitas horas. Xa me convertín nunha “tardona”, pero iso xa non ten remedio, xa é xenético. Cal foi a hora máis rara a que tiveches que vir

22


ao instituto? (moitas risas) A máis rara foi que marchei de aquí ás 3 da mañá, acababa de pintar unha aula de Automoción, marchei, apaguei a luz de secretaría e apagóuseme todo, quedei a escuras e tomei medo, porque pensei que había alguén. Comecei a andar e tropezaba con todo: cadeiras, extintor... E cando dei escapado, soa a alarma. Entón chamoume o de seguridade e xa me ves a min desculpándome, o que debeu pensar: estes están “liados” uns cos outros porque saír a estas horas non é normal. Algunha anécdota especial que contar? En tantos anos...moitas. Por exemplo, un día con Manolo, que o pobre sempre foi moi despistado e ese día deixara as chaves do seu coche no autobús. Entón forámolo perseguindo ata Buño, a todo isto, eran as dúas da mañá. Cando logramos parar o bus dixéronnos que a chaqueta na que estaban as chaves déranlla ao

fillo de Carmen, a bedel, para que lla dera a ela. Entón fomos á casa de Carmen, que non sabiamos onde vivía, así que chegamos á Campara e preguntamos nun bar que estaba a piques de pechar. Saíu unha señora á ventá a indicarnos onde vivía e unha vez alí o home de Carme díxonos que ela fora ao instituto a levarnos a chave a nós. Percorremos Ponteceso, Buño, Malpica, A Campara, por unhas chaves... Outra foi cando deixamos a un alumno esquecido en Área Central, en Santiago, e non nos decatamos ata o día seguinte, cando chegamos á clase e lles estaba contando a súa aventura aos compañeiros. Era un rapaz moi tímido que pasaba desapercibido pero dende ese día comezou a falar con todos os compañeiros, foi esta a parte boa dos nosos “descoido”. Moitas grazas por atendernos e moita sorte para o futuro. A vós. Irene Varela, Inés Varela, Cristina Sánchez e Ana Garrido 2º BAC

Paula Fernández-Couto Tella cóntanos, con motivo da súa marcha, o seu longo paso polo centro. Compartiu as súas funcións de profesora coas de vicedirección ademais de participar activamente na biblioteca. Paula leva nada máis e nada menos que 19 anos no IES; esta profesora de Inglés, que despois de media vida aquí, vai probar a outro lugar, deixa reflectido nesta entrevista como se sente e, en definitiva, o moito que nos vai botar de menos. Como foi o teu comezo no centro? Cheguei aquí hai case vinte anos, non sabía nin onde quedaba Ponteceso. De feito o centro era naquel momento unha sección de Carballo, nun edificio estaba a FP e no outro BUP, os meus alumnos daquela época deben de ter agora entre 35 e 38 anos. Segues mantendo contacto con eles? Si, algúns véxoos pola Coruña, está ben velos, pero fanme sentir moi maior; véxoos xa tan maiores... Os alumnos sorprendéronte dalgunha maneira ao longo de toda a túa estancia aquí?

Tes algunha anécdota que recordes especialmente? Ben, a min o alumnado deste centro gústame moito e sempre tiven sorte neste sentido, non só aquí, en todos os centros nos que traballei sempre encontrei xente estupenda. Unha anécdota... pois, a primeira vez que dei clase en 1º da ESO, o primeiro día choroume unha nena. Ao parecer quedou impresionada por algo que dixen, non sei, pero eu quedei bastante afectada, que lle fixen eu para que chorase? (risas). Despois acórdome dunha vez na que me incorporaba ao traballo despois dunha baixa por enfermidade, cheguei e atopeime cun agasallo encima da mesa, non sabía se era unha broma ou ía en serio, non sabía se dicir grazas ou se disimular coma se non fose comigo, sorprendeume.

23


Resultouche fácil ensinar Inglés aquí? Cres que debería haber máis actividades relacionadas co Inglés? Non me resultou difícil, pero sería mellor se contara cunha aula específica, uns alumnos cun nivel igualado, pero, en fin, faise o que se pode. Penso que sería unha boa idea facer máis actividades, pero como todas as profesoras de inglés somos de Coruña para facer algo pola tarde é moi complicado; poderiase facer teatro, charlas en inglés, incluso debates en inglés. Que medida cres que se debería tomar para que todos os alumnos ao acabar a súa estancia escolar fosen bilingües? Primeiro teriamos que mellorar o ensino na primaria e despois en secundaria, porque sen unha boa base é imposible que todos teñan o mesmo nivel. Tamén sería importante dende un primeiro momento traballar máis a parte oral porque, en xeral, o nivel na expresión escrita é bo, pero á hora de falar é onde se necesita máis fluidez. Tamén participaches en actividades da biblioteca, cal é a túa opinión sobre elas? Pois eu comecei moi pronto a facer cursos de formación para traballar en bibliotecas escolares porque sempre me gustou e cando cheguei aquí xa me metín de cheo na biblioteca. Aínda estaba no piso de arriba e dende entón eu creo que mellorou moitísimo. A biblioteca é un recurso que se lle ofrece ao alumnado e consegue que todas e todos estean en igualdade de condicións á hora de acceder á información. A min sempre me gustou ler e o ambiente das bibliotecas, e esta que temos no IES de Ponteceso paréceme realmente boa. Hai moita participación nas actividades da biblioteca? Non participa a maioría do centro, pero si que en todas as actividades que se realizan hai bastante participación. Tamén é certo que moitas veces os profesores esforzámonos máis para que os alumnos se involucren, poñémosllo bastante fácil. Pero, en xeral, eu creo que si, eu penso que ao alumnado gústalle a biblioteca.

Como definirías aos alumnos e alumnas do IES de Ponteceso? E ao profesorado? Definiría ao alumnado como moi boa xente, bastante vagos (risas), pero moi francos, e sen dobreces. Ao profesorado, moi implicado cos seus alumnos, apúntase a todo e cada vez máis. Todos fan en conxunto que este centro sexa como é. Tiveches algunha clase preferida á que lle colliches especial agarimo? Cada curso no que dás clase é un mundo, e si, é certo que nalgúns o ambiente é tan bo que resulta moi fácil dar clase alí mentres que noutros grupos sabes ao entrar que vas saír con dor de cabeza. Todo se basea na sintonía do grupo, pero aínda así nunca estiven mal en ningunha aula. (Risas). Como foi compaxinar as funcións de vicedirectora coas de profesora de Inglés? Pois foi moi agradable, cambioume bastante a rutina, gustoume moito en xeral. Que balance final farías deste centro? Sempre estiven moi a gusto. Eu funme facendo maior co centro, recordo que ao principio, cando eramos todos profes novos, sen fillos e sen responsabilidades, dedicabámonos de cheo ao centro, iamos a sitios preciosos da zona, pasabámolo pipa! Botarasnos de menos? Por suposto, eu dende que souben que me ía xa estiven sufrindo, moitísimo. Voume para un centro no que só hai bacharelato, entón cousas como ver aos alumnos pasar de curso, medrar, facer actividades con eles e todo iso, nada de nada. Pasei en Ponteceso case a metade da miña vida, todo o que me pasou, vivino estando aquí. Nunca o poderei esquecer, é parte de min. Está claro que o IES marcou a Paula; todos esperamos que esteas a gusto no teu futuro centro, pero, sen dúbida, queremos que saibas que o teu paso polo noso centro, a túa pegada, será moi difícil de borrar. Clara Añón e Miriam Dourado 1º BAC

24


Jose Martín Lema Pérez Anxo: Por que Martín decidiches dedicarte ao ensino? Martín: Ben, eu traballaba na empresa privada, no departamento técnico e tiña que moverme moito polo estranxeiro. Chegou un momento en que quixen virme traballar para aquí e, o ensino foi a maneira de quedar na zona. Iso si, metinme a profesor gañando oito veces menos. Anxo: E por que neste centro? Martín: Máis que nada porque era o centro máis próximo, pois eu son da zona. Antes estaba en Cee, tamén moi contento, pero eran 42 km diarios. Juan: Cantos anos levas sendo profesor? Martín: Vinte e tres anos, un mes e vinte e catro días. Bertín: E se o apuras moito, aínda che di as horas! Martín: Si, neste instituto estiven en dous momentos: A primeira vez foron dous anos e agora debo de levar xa dezaoito. Bertín: Cal foi a túa primeira impresión ao chegar ao centro? Martín: Pois pareceume pequeno, porque viña dos centros máis grandes de Galicia naquel entón, Cee e Someso. Cheguei e encontreime con poucos compañeiros e poucos alumnos en comparación, pero vin nel algo moito máis familiar. Anxo: Desde que estás aquí, cambiou moito o instituto? Martín: Pois si, especialmente o número de alumnos. Daquela eran entre oitocentos e mil alumnos e uns setenta profesores. Notábase que non había todos os institutos dos arredores: Baio, Vimianzo, Zas,… Bertín: Nunca pensaches en ser director de centro? Martín: Non, non. Como xa comentei, eu viña da empresa privada onde xa fun xefe, e para min iso era un capítulo pechado, pero si que me propuxeron ser xefe de estudos en varias ocasións.

Juan: Cóntanos unha anécdota positiva e outra negativa do instituto. Martín: Positivas hai moitas.. Entre outras, que ao ser da zona deille clase a familiares e amigos, de feito a miña filla estudou aquí dous anos sen que ninguén soubese do noso parentesco. Ou tamén que as relacións con compañeiros e alumnos sempre foron excelentes. Algúns teñen agora un taller e eu estou moi orgulloso deles. Negativas? Non sei, probablemente destacar que o alumnado desta zona parece esforzarse cada vez menos por aprender, e iso que a competencia aumenta. E por suposto, que cada vez que algún alumno ten un accidente, síntome mal e dou en pensar que podería ter feito para evitalo. Anxo: Como definirías aos alumnos deste centro? Martín: Como xa comentei antes, manteño relación con moitos ex-alumnos que agora teñen o seu propio taller, outros son xefes de planta e mesmo xerentes de talleres moi grandes e de todos estou orgulloso. De feito, os ex-alumnos axúdanme moito a colocar aos novos rapaces que saen, e coméntanme que en xeral son moi traballadores, que non se preocupan moito por poñer ben o xersei ou ter as mans limpas, que son boa xente que vén de familias traballadoras e saben que non hai futuro sen traballar. Bertín: Dende a reforma da FP, consideras que a situación mellorou ou empeorou? Martín: Ben, penso que os alumnos de antes saían cunha formación teórica superior, algúns mesmo chegaron a estudar enxeñerías ó acabar aquí. Pero os de hoxe saen mellor formados na práctica, o que é máis útil para empezar a traballar. Anxo: E agora a mellor pregunta: Por que decidiches marchar do noso instituto? Martín: Ben, porque teño suficientes anos cotizados para facelo nunhas boas condicións, e tamén para deixarlle paso a xente máis nova que

25


Se adapte mellor a vós. Bertín: E, deixas a alguén importante atrás? Martín: Pois aos grandes compañeiros que tiven no departamento e no centro. E á dirección, que sempre me trataron moi ben. Voume cun pouquiño de pena por iso, si.

Juán: Que tes pensado facer agora? Martín: Supoño que seguirei facendo o de sempre, teño ocupacións variadas como todo o mundo. E por suposto dedicareille máis tempo á miña familia. Bertín figueiras, Anxo Márquez e Juan Manuel Cotelo BAC

José Manuel Carabel Por que e en que momento tomaches a decisión de dedicarte ao ensino? Un mestre que me dou clase comentoume a posibilidade de facerme profesor, explicoume os requisitos, como era o proceso de selección e demais; entroume curiosidade, púxenme a iso e en abril do 2000 aprobei e aquí estou. Cantos anos levas exercendo esta profesión? E cantos neste centro? Levo once anos, oito dos cales no IES de Ponteceso. Cal foi a túa primeira impresión cando chegaches ao IES de Ponteceso? Quizais que era un centro pouco operativo, xa que cando eu cheguei aquí había tres edificios que funcionaban case como se fosen independentes entre si. Desde que chegaches aquí, cambiou moito a dinámica da ensinanza da FP? E o centro experimentou moitos cambios? Non cambiou moito a FP a nivel xeral, pero este ano si que vai haber un cambio nas materias do Ciclo de Electromecánica, na asignación das horas aos módulos... O tempo dirá como sairá esta reforma. O centro como tal non tivo demasiados cambios, quizais o máis destacable e preocupante sexa o descenso no número de alumnos que se vén dando ano tras ano. Como definirías ao alumnado deste centro? En xeral e, pola miña experiencia, os alumnos como estudantes son vagos, pero son moi boas persoas, con moi bo fondo Seguro que ao longo de todo este tempo no centro nos poderías contar algunha anécdota cos alumnos?

Nunha ocasión un compañeiro voso estaba probando unha bombilla e preguntoume como se podía saber cando estaba acendida e cando non, ese día rinme moito. E noutra ocasión un rapaz estaba berrando cun grupo de compañeiros e díxenlles: “Mira que sodes becerriños” ao que respondeu un do grupo “Eh, que me lavei pola mañá”, entón eu contesteille “Dixen becerriños, non porquiños”; tamén nos rimos moito nesa ocasión. Que balance final farías da túa etapa profesional aquí? O que máis me satisfai é cando vou polos talleres e vexo aos meus antigos alumnos traballando, ese é o mellor indicador de que fuches un bo profesor ou non. No persoal o balance que fago é moi positivo. Por que decidiches irte de aquí? Porque regreso a un centro no que xa estiven e no que pasei uns anos moi bos, o IES Nº 1 de Ordes. Os meus compañeiros de alí insistíronme para que volvera e, coincidindo coa xubilación dun deles, volvo para ocupar a súa praza. Que é o que botarás máis de menos? Esta é a pregunta máis doada de responder, sen dúbida, a Quique, aínda que espero que pronto veña comigo. Anxo Márquez e Juan Manuel Cotelo 1º BAC

26


Carmen Pérez, Por que e en que momento tomaches a decisión de dedicarte ao ensino? Dende moi nova porque me gusta o contacto coa xente e gústame ensinar porque me parece unha tarefa moi bonita e solidaria. Cantos anos levas exercendo esta profesión? E neste centro? Levo 21 anos como profesora e neste centro son xa nove anos. Cal foi a túa primeira impresión cando chegaches ao IES de Ponteceso? Pois nun principio bastante negativa, polo ambiente que se respiraba nese momento.

Para min é marabilloso, respectuoso e moi próximo. Seguro que ao longo de todo este tempo no Centro nos poderías contar algunha anécdota Pois, por exemplo un día fun a unha cea con 3º de diversificación e logo saímos a Ponteceso; os alumnos tiñan medo de que me perdera e non me deixaban ir soa a ningún sitio. Ao final da noite acompañáronme ata a miña casa e esperaron a que entrara na casa e logo fóronse. Que balance final farías da túa etapa profesional aquí? e Por que decidiches irte? En xeral, moi positivo porque marcho cun bonito recordo dos alumnos que, en realidade, é o que importa. Voume porque en Ourense, que é a miña terra, están os meus familiares e outra xente.

Dende que chegaches aquí cambio moito a dinámica da ensinanza da FP? O centro experimentou moitos cambios? Si, suprimiuse o ciclo superior, hai menos alumnos e amortizáronse prazas no departamento. Iso si, agora contamos con máis recursos materiais.

Que é o que botarás de menos? Aos alumnos.

Como definirías ao alumnado deste centro?

Paula Ameijenda, Leticia Mato, Adriana Alvarez

Adela Picado

Dinos, agora que ninguén nos escoita, como definirías ao alumnado de Ponteceso? Sociable, boa xente pero, en xeral, pouco interesado na aprendizaxe, pouco motivado no tema académico.

Por qué te decidiches a ser profesora de inglés? Pois cando tiña 16 anos vivía en Betanzos e decidín dar unhas clases particulares de inglés par sacar uns cartiños no verán e vin que me gustaba. Máis adiante xa decidín encamiñar o meu futuro para ser profesora de inglés. E cantos anos levas na profesión? En Ponteceso levo 19 anos, máis dous que estiven en Carballo e 6 anos na privada, pois botádelle a conta… Cal foi a túa primeira impresión cando chegaches a este instituto?A verdade é que primeira impresión foi bastante negativa pois eu viña de Carballo, do Alfredo Brañas, e aquí tiñamos FP e BUP, e había un ambiente, buf..os rapaces polo chan, fumando ou ben na conserxería, onde está Carmen, con todos os exames alí, en fin… E houbo cambios dende entón?Afortunadamente cambiou moito, tanto no aspecto exterior do centro coma no que se refire ao comportamento dos alumnos, ao respecto das normas… E a dinámica do ensino en inglés cambiou moito? A dinámica do ensino cambiou tamén. Cando chegamos aquí tiñamos só unha radio casete, enorme, e xa nos vías correndo dun edificio ao outro, nunha man o paraugas, noutra a radio, en fin, agora temos moitos máis medios, daquela non tiñamos nin libros.

Seguro que tes un montón de anécdotas que contar sobre os alumnos, recordas algunha en concreto?Agora mesmo…sempre me acordo dun rapaz que cursaba 2º de Bacharelato e aprobara todo menos o inglés, dábaselle mal pero traballaba moito e intentábao, ao final aprobou e recordo que viñera ao departamento a darme as grazas. Que balance fas de todos estes anos aquí no centro?Positivo, tanto co alumnado como co profesorado, especialmente do meu departamento. E por que decides deixarnos logo?Porque todos os profes que somos da Coruña viaxamos todos os días dúas horas o que implica un maior risco, só por iso. Que é o que máis vas botar de menos?(Pensativa) Posiblemente aos alumnos (risas), especialmente notarei o número de alumnos por clase, aquí bastante baixo, e no instituto para o que vou probablemente sexa superior. Moitas grazas e sorte no teu novo destino. Beatriz Sánchez e Carmen Fuentes

27


OLIMPÍADAS DE BIOLOXÍA

Comezamos a nosa viaxe as 8:55 a.m. para ir con tempo. A ruta que debiamos seguir foi escollida pola profesora de Ciencias Isabel Segura quen decidiu que o camiño máis curto era ir por Zas, (seica o tiña comprobado como boa científica que é). Pero a súa teoría non tiña en conta un pequeno factor: a nosa profesora de Bioloxía, Susana, xa que a velocidade non é unha das súas compañeiras de viaxe. Despois dun longo camiño debatendo sobre programas de televisión e asustando a Susana con comentarios como: "Eu quero casarme pola Igrexa para ir como unha princesiña" (Cristina Martínez), chegamos a Santiago. Tivemos un pequeno percance: o aparcamento estaba colapsado. Tras unha longa busca e un gran número de argumentos a favor de estacionar o vehículo en liña amarela (como a maioría dos que había alí), Susana por fin fíxonos caso pero un enorme medo a reconcomía por dentro. Mentres a tranquilizábamos fomos andando cara a facultade de Bioloxía. De camiño atopamos a Isabel que optou por deixar na porta aos nosos compañeiros Adrián Fraga, Jenni Penedo, Isabel Lema e Laura Souto. Cando chegamos as profesoras comentaron entre elas o problema do aparcamento e Isabel díxolle a Susana que fora cambiar o coche de sitio que llo ía levar o guindaste. Por fin chegamos á recepción. Os nosos participantes recolleron os seus datos, entregaron os permisos e recibiron o seu regalo por examinarse: unha carpeta que tiña dentro un cómic, unha axenda universitaria e un bolígrafo diminuto, todo isto do curso 2009-2010. Parece

ser que por Santiago non pasan os anos. Comezaron a nomear por orde alfabética aos participantes e, mentres os nosos esperaban a pronunciación do seu nome, nós, Yolanda Bolón e Catarina Lores, realizamos unha análise dos participantes comprobando que a beleza acompaña con máis frecuencia á perfección intelectual feminina que á masculina, a excepción dun dos gañadores xa que era o rapaz máis atractivo que se presentara aos exames. Despois de que os nosos representantes das olimpíadas foron chamados, os suplentes (nós as dúas e Isabel Lema), acompañados das profesoras abandonamos o edificio para dirixirnos á facultade de Química onde se atopaba o Museo de Historia Natural. Por suposto, este non foi o primeiro que buscamos senón que nada máis chegar fomos á cafetería. Todas necesitabamos un café. Mentres unhas pedían na barra, Susana e eu (Yolanda) andivemos na procura dos servizos de mulleres e, grazas ao meu razoamento, atopámolos moi rápido e con eles o Museo. Este, para a nosa sorpresa, consistía nunha gran variedade de animais disecados e unha enorme colección de pedras. O máis impresionante foi a momia humana. Ao decatarnos de que nos sobraba tempo colámonos na facultade de Farmacia para ollarlles o seu Museo pero este encontrábase pechado baixo un código numérico. Deunos a hora de xantar e fomos polos nosos representantes, os cales se sentiron abandonados por non ver aos seus profesores no descanso que tiveran. Palabras textuais de Laura Souto: " Os demais participantes estaban cos seus profesores repasando e nós aquí sós." Eu, Yolanda, fixeime en que había unha serie de refrescos enriba das mesas e, despois de deducir que tería que beber auga o resto do día, decidín "coller prestada" a derradeira botella de cocacola dun litro que estaba sen empezar. Fomos comer, no camiño cara o comedor universitario "O monte da condesa", pasáronnos polo lado dous rapaces que ían falando dos exames e sen poder evitalo escoitamos que dicían: "yo que la respuesta a la pregunta 5 era ..." e outro contestoulle: "sí, esa respuesta era parcialmente lógica". Botámonos a rir, hoxe en

28


día que adolescente emprega este tipo de vocabulario? Jaja Ao acabar de xantar decidimos facer unha ruta turística aproveitando o descanso que tiñamos antes dunha conferencia. Visitamos A Alameda, sacamos unha foto coas "dúas Marías" e adentrámonos na zona vella de Santiago. Nós as dúas fomos a paso lixeiro chegando as primeiras ao Obradoiro. Debido á nosa curiosidade entramos na Catedral. Vimos a tumba do Apóstolo e, para a nosa sorpresa, as últimas novidades tecnolóxicas chegaron á Igrexa Católica. Observamos dous televisores de 42" con candeas na pantalla e un cartel na parte no que se podía ler: "envía mi vela al ..." para que se acendese unha desas velas electrónicas (non saben nada estes curas, ehh). Yolanda retrasouse bastante e quedou soa dentro da Catedral e, desta maneira, case consegue que Isabel Segura entrase nunha "Igrexa".

cos nosos profesores xa que os dos demais centros colocábanse diante de todos os alumnos e case non nos deixaron a nós ollar nos microscopios. Pero, o peor de todo foi cando comezaron (os docentes) a facer preguntas estúpidas sobre cousas que acababan de ser explicadas polo científico. Non é por nada, pero suponse que todo iso xa o estudaron porque todos eles eran biólogos licenciados. Dar as grazas a Susana e Isabel de parte dos sete biólogos viaxeiros. Yolanda Bolón e Catarina Lores 2ºA BAC

Finalmente, ao rematar unha longa conferencia sobre biodiversidade e extinción, déronlles os diplomas aos participantes e anunciaron aos gañadores. Sorprendeunos a rapidez da corrección, queridos profesores do IES Ponteceso non tendes escusa algunha.

Cando todo rematou, repartímonos nos dous coches segundo a proximidade das nosas casas en relación coas de Susana e Isabel. Por certo, o coche que conducía Isabel, con Adrián, Isa Lema, Laura, Jenni e Yolanda, case se perde por Cundíns. En definitiva, foi unha viaxe na que coñecimos o campus universitario de Santiago onde moitos de nós seguramente iremos estudar e tamén visitamos os laboratorios de Citoloxía e Microbioloxía da facultade de Bioloxía. Falando deste último sitio, temos que estar contentos

29


A CAMPANA DE ANLLÓNS O nome de “A campana de Anllóns” ademais de darlle título a unha das poesías que forma parte do poemario de Pondal, publicado en Álbum de la Claridad-1862, tamén é o nome que recibe unha das actividades realizadas no noso centro precisamente o día no que se cumprían 150 anos da creación do poema que

“Ben Falado”. Cinco rapazas e rapaces do centro actuamos de reporteiros explicando a significación dos distintos lugares polos que pasabamos. Cando chegamos á igrexa, levouse a cabo a lectura do poema “A campana de Anllóns”; cada estrofa era lida por unha alumna ou alumno distinto e ía acompañada duns toques de campá que reflectían co seu ton o sentimento que Pondal pretendeu expresar nos seus versos. Aimara Rellán, 1º BAC

leva este nome así como o 176 aniversario do nacemento do seu creador, Eduardo Pondal. Na actividade participou o alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. As rapazas e rapaces do IES percorremos os camiños que

había antigamente na localidade de Ponteceso que unían a parroquia de Tella coa de Anllóns ata chegar á igrexa de San Fiz de Anllóns. Mentres se seguía este percorrido marcado pola organización da actividade (Fundación Eduardo Pondal e Dpto de Normalización Lingüística do centro), puidemos contar coa colaboración do equipo do programa da TVG

30


OUTONO PONDALIANO O outono é tempo de cogomelos, de cabazas, da vendima, de longas noites de choiva, vento e frío, pero este pasado outono foi, sen dúbida, máis que nada, pondaliano. O alumnado do IES PONTECESO tivo a oportunidade de compartir varios encontros literarios con cada un dos persoeiros e figuras destacadas da cultura galega que cada martes do mes de novembro se achegaron á sede da Fundación Eduardo Pondal.

Rosalía, moi distante de tópicos que xiran ao seu redor como o de “a meiguiña”, “a rula”, “a nai” ou “a chorona” . A declamación, o recitar acertado de Anxo Angueira mostrounos unha Rosalía combativa, revolucionaria e feminista. Ofrecémosvos aquí unha entrevista que as rapazas de 2º de Bacharelato lle fixeron a este destacado estudoso da poesía de Rosalía de Castro.

Séchu Sende faloulles aos alumnos e alumnas de 3º de ESO dos prexuízos lingüísticos que nos rodean acotío e fixo unha demostración da súa habilidade na hipnose para suxestionar en calquera persoa a capacidade para falar, por exemplo, lingua galega.

Vostede é profesor de Lingua Galega e filólogo, que foi o que lle fixo decantarse por estes estudos? Cando estaba no instituto en Padrón tiña un profesor, Bernardino Graña, que nos falaba moito de literatura, el era escritor, poeta e recitábanos poesía… Entón a min iso, aquel ambiente, acababa de morrer Franco… fixo que me decidira por estudar Filoloxía GalegoPortuguesa que naquel momento era unha sección de Filoloxía Hispánica. Ao acabar a carreira, comecei dando clase nos institutos e logo na universidade, en particular na facultade de Filoloxía e Tradución.

Darío Xoán Cabana amosoulle ao alumnado de 4º de ESO a temática común que podemos atopar na poesía de Pondal e na de Uxío Novoneyra. O alumnado de 2º de Bacharelato descubriu co profesor e escritor Anxo Angueira unha nova

31


En que escritores centra os seus estudos ademais de Rosalía de Castro? Si, en Méndez Ferrín; estudei a súa obra “Con pólvora e Magnolias”, un poemario moi importante do ano 1976. Todo o mundo considera que con ese poemario a poesía galega cambiou. Previamente a isto, estudei “A poesía de Liberto Bens”, heterónimo de Méndez Ferrín, e agora fixen a tese sobre unha novela de Méndez Ferrín “Bretaña, Esmeraldina”, unha novela mal considerada pola crítica pero marabillosa. Pódese dicir que son especialista no estudo de Méndez Ferrín. Tamén estudo un autor do Bierzo, da zona de Cacabelos, que publicou en galego antes que Rosalía, chamado Antonio Fernández Morales. En xeral, estou interesado na literatura feita fóra da Galicia administrativa pero dentro da Galicia cultural: a franxa asturiana, do Bierzo, zamorana e Estremadura. É poeta, narrador e ensaísta, cal destas facetas é máis satisfactoria para vostede? Todas me frustran (risas), teño pequenas satisfaccións. Eu o que sei é que ás veces necesito facer poesía, outras veces unha novela e outras necesito investigar. Son necesidades, non busco satisfaccións, son necesidades e a literatura é como un diálogo, ti ves e escoitas diferentes voces da xente que les e ás veces ti necesitas participar nese diálogo. Creo que teño algo que dicir, pero a poesía é, tal vez, no que me sinto máis seguro. Temos curiosidade por saber se está traballando nun proxecto literario novo. Si, en varios: unha novela que está practicamente acabada e tamén está o tema do estudo de Rosalía que non cesa, o que pasa é que comecei a facer unha biografía de Rosalía e unha edición da súa poesía en galego completa e é moitísimo traballo e con isto xa... O que me gustaría facer é unha nova historia da literatura galega, unha historia da literatura galega que incorpore todo o novo que se foi facendo durante todo este tempo.

distintas; ás veces, ao mellor poden ser complementarios. Os dous buscaban a dignidade e a liberdade de Galicia pero fixérono con instrumentos e por camiños distintos, pero os dous profundamente efectivos. Pondal organizou outra simboloxía, outra lingua literaria, utilizou a oposición Galicia-España, a Galicia, país atlántico fronte a España,país mediterráneo; a Galicia, país celta fronte a España, país ibérico, pero sempre pensando na dignidade e liberdade de Galicia. Rosalía fixo esa mesma oposición pero por outras vías, opoñendo a paisaxe seca, áspera, dura e monótona de Castela fronte á verde, húmida e variada de Galicia, e deixou esa imaxe en nós e fíxoo respondendo aos ataques que había contra Galicia. Os dous, Rosalía e Pondal, tiveron éxito. Máis próxima ao pobo e máis accesible foi Rosalía; Pondal é máis culto, pero o himno galego tomouse de Pondal porque era un poeta máis heroico, máis épico que Rosalía, que é máis lírica. Pero aí están os dous... A literatura non serve para nada (risas), vaia se serve! Din que non serve para nada, pero para nós, os pobos que buscamos a dignidade e a liberdade, vaia se serve. En España non utilizan ao Cervantes e non levan o instituto Cervantes polo mundo adiante como a mellor embaixada de España que teñen e iso que eles non necesitan liberdade nin dignidade? A literatura sérvelles a todos e utilízana todos porque é un capital simbólico e para Galicia foi indispensable, non habería nada do que temos hoxe se non fose por Rosalía e Pondal. Moitas grazas por atendernos, foi un pracer escoitalo. Mariña Abella, Paula Cousillas, Catarina Lores, Cristina Sánchez 2º e 1º BAC

Xa que estamos na Fundación Eduardo Pondal, cre que houbo algunha influencia entre Rosalía de Castro e Eduardo Pondal? Máis que influencia, non, coñecíanse e admirábanse pero son talentos e poéticas

32


Manuel Ferreiro no Outono Pondaliano Manuel Ferreiro dedicouse a estudar a Pondal dende 1985 e recoñece que lle xurdiu de forma casual grazas a Isidro Pondal (sobriño neto de Pondal) quen reside en Laxe e conserva manuscritos, cartas e notas persoais do bardo. Empezando a falar sobre o seu traballo, Ferreiro, resolveunos algunhas cuestións e comentounos que dubida que Pondal fose politicamente conservador xa que sempre estivo apoiando aos progresistas ao carón de Manuel Murguía. Non nos podemos esquecer que escribir en galego naquel tempo era unha revolución e el animouse a iso influenciado, como non, por Rosalía ao publicar os seus Cantares Gallegos en 1863. Avanzada a charla, contounos que Pondal, aínda que gran defensor da nosa patria, tamén escribiu poemas sobre o resto do mundo defendendo outras nacións das inxustizas, o que indica que Pondal non só se limitaba a Galiza senón que observaba o mundo que o rodeaba. Lendo a prensa e anotando as cousas que lle parecían interesantes, o bardo forxaba a súa obra. Utilizaba casos expostos nos xornais como exemplos para que os galegos vísemos como ía acabar Galiza, amósanos así, a súa intencionalidade de abrirnos os ollos e nos désemos conta da situación que estaba e está a vivir a nosa nación. “As cousas non cambiaron moito”, sinalou Manuel Ferreiro. Aparte disto tamén cómpre sinalar que Pondal non quedou calado cando moitos autores da súa época se metían con Galiza e cos galegos, respondéndolle como sabía, coa súa poesía, utilizando unha linguaxe explícita e, as veces, vulgar, non sendo moi habitual neste autor que, sobre todo, é destacado por ser un poeta culto. No tocante ao tema que se argumenta sempre nos 'contras' de Pondal dicindo que tiña un carácter misóxino, Manuel Ferreiro responde contundentemente con isto: Pondal era misóxino, machista e sexista, con esas tres palabras o di, pero tamén acaba sinalando esa actitude era maioritaria na sociedade do momento, o que pasa é que Pondal reflectíao

nos seus poemas. Por desgraza, estas características seguen moi arraigadas na nosa sociedade. Pero a pesares de todo isto na súa poesía quedou sitio para que aparecesen nomes de mulleres como as guerreiras e defensoras do noso. Con todo iso, tamén se atoparon moitas cartas “cursis” que lle escribía a mulleres. Outros dos secretos do poeta era que estaba obsesionado coa idea da morte ata o punto de chegar a facer cinco testamentos. Con respecto a relixión, especúlase que Pondal non era crente xa que a presenza de Deus nos seus poemas é practicamente nula. Si está moi presente na creación na súa obra de toda unha mitoloxía na que o fundamental era que os galegos eramos os celtas e tiñamos que loitar contra os mouros sendo estes os españois. Pondal tivo un papel moi importante xa que se converteu no bardo dos galegos, aquel que nos abría o camiño cara a liberdade, loitando sempre contra a opresión de España, por ese motivo, non é unha casualidade que o himno galego sexa de Pondal xa que é o poeta patriótico e nacional referíndose a toda Galiza co nome de Bergantiños. O día da súa morte os comercios de toda a Coruña ían cerrando ao seu paso e estaban todos os representantes das asociacións (progresistas, revolucionarios, etc.), todo isto é mostra de como a xente se decataba de que se fora un grande . Paula Cousillas 1º BAC

33


CONCURSOS VARIOS Se de algo podemos gabarnos no IES de PONTECESO é do potencial creativo e espírito

participativo do noso alumnado en todo concurso que se prece, e foron varios os que este ano se organizaron ao longo do curso. Aquí vai un pequeno resumo:

SAMAÍN Este ano organizamos unha sesión de lecturas de microrrelatos de medo non aptas para medorentos. Os diferentes participantes foron lendo e interpretando as súas arrepiantes creacións literarias facéndonos pasar moito, moito medo, aínda que nalgún intre botamos tamén algunhas gargalladas. Estes foron os microrrelatos gañadores:

1º PREMIO A man do medo Nunha noite fría de inverno, unha rapariga duns vinte anos foise hospedar nun hotel situado ás aforas dun pequeno pobo chamado San Lázaro. A rapariga quedou coa habitación nº 121. A habitación era escura, cunhas paredes de cor violeta e uns mobles vellos e medio comidos pola couza. A rapaza colleu un xiz, fixo un triángulo no chan, acendeu unhas candeas, sentouse no centro e empezou a berrar cunha voz de ultratumba: - Mena casim carei, Mena casim carei, Mena casim carei. De súpeto o armario abriuse e del saíu unha man. Ó día seguinte cando a señora da limpeza abriu o cuarto, desaparecera todo: os mobles, o triángulo, a rapariga... Óscar Bouzas Rodríguez 3ºESO B

OLORES DE NADAL

ACCÉSIT Era unha noite de tormenta. Un home estaba cuns nenos pedindo caramelos e o home entra nunha casa. Abre a porta, berra aterrorizado o... que é... unha pantasma, deus santo, socorroooooooo!! -Cala a boca, imbécil - contesta a pantasma. -Non che teño medo dixo o home. Entón a pantasma córtalle a man e aparece moito sangue. -Bueeeeno, agoooora si que che teño medo. Petan na porta, uns nenos que din “Truco ou Trato”, e a pantasma colle de repente e cerra a porta. O home asómase pola ventá e ve un cemiterio, e ve que as tumbas se levantan, os esqueletos se móvense e sae alguén con cornos, parece o deus do inferno. Vai o home e morreeee. Andrea Espasandín García 1º ESO B diversos arrecendos. Velaquí unha mostra:

A descrición dun olor asociado ao Nadal era o obxectivo deste novo concurso literario en galego organizado pola Biblioteca e Normalización. Cos textos de todos os participantes recollidos en bolas de cartolinas de cores construímos unha árbore con moi

34


MAGOSTO Como o noso instituto está cheo de larpeiras e larpeiros, decidimos organizar un concurso de sobremesas de outono con motivo do Magosto. O resultado foi o descubrimento de auténticos e excepcionais reposteiras e reposteiros que nos ofreceron (sobre todo ao xurado) uns doces marabillosos así como compartiron con todos nós os seus segredos culinarios. Estas foron as receitas gañadoras:

1º PREMIO: FLAN DE OUTONO

2º PREMIO: TORTA DE MAZÁ OUTONAL

INGREDIENTES Un litro de tona de leite 150 gr. de chocolate Un sobre de lévedo químico (Royal)

INGREDIENTES: Para facer a pasta brisa: - Manteiga - Fariña - Ovos - Azucre - Vainilla Para facer a crema pasteleira que leva por dentro: - 1 litro de leite - 6 xemas de ovo - 200 gr. de azucre - 75 gr. de fariña - 50 gr. de fécula de trigo (maicena) - Codia dun limón - Rama de vainilla - Rama de canela Por riba ponse a mazá e o azucre con xelatina. Paula Cousillas 1º BAC

PREPARACIÓN Collemos unha pota e botamos a tona de leite, poñémola ao lume e cando estea feita vertemos os 150 gr. de chocolate e esperamos a que se funda ben. Logo botamos toda a mestura nun molde untado con caramelo. Deixámolo arrefriar e xa está listo para servir. Tamén podemos facer este doce con café en lugar do chocolate. José Feliciano de 1º ESO

3º PREMIO: BISCOITO DE CASTAÑAS -

-

Asar e pelar castañas Cortalas en anaquiños Romper ovos na batedora Rascar os anaquiños de castañas nos ovos Botar 3 culleradas de azucre 3 vasos de fariña Batemos todo e botámolo nun recipiente Engadirlle máis castañas Botalo no forno a 180º durante 40 minutos. Ángel Blanco 1º ESO

35


CONCURSO de MARCAPÁXINAS: NAMÓRAME

namorados, cunha exposición na Biblioteca de todos os marcapáxinas nos que se recollían diversas e moi variadas mensaxes amorosas.

Chegado o tempo do amor, a Biblioteca, Departamento de Debuxo e Equipo de Normalización lingüística convocamos un concurso de marcapáxinas no que figurase unha mensaxe de amor en galego. Celebramos así, non o día dos namorados, senón a semana dos

IV CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA DO IES de PONTECESO Un ano máis este certame literario vaise convertendo nunha tradición entre o noso alumnado aínda que nesta ocasión as nosas rapazas e sobre todo os nosos rapaces (non

TEXTO PREMIADO NA CATEGORÍA DE MINIRRELATO

O bafo nos cristais Dende pequena con esa manía, escribir no bafo dos cristais algún segredo que logo borraría coa man. Sigo con esa manía, escribo a fartar; pero ultimamente queda gravado nos cristais coma se levara máis ímpeto en cada letra escrita pola miña man, é estraño, pero é a miña man de sempre… Aínda me persegue o cheiro a perda, a sufrimento, a loitar contra o destino incerto. Estar pendurados dun fío imposíbel de reconstruír. Libros, lendas e escritos co final que lles corresponde sen pedir axuda, sen solicitar auxilio. Verse na obriga de aceptar sen

acaban de decidirse a participar) non se debían atopar con moitos folgos xa que nunha das modalidades, na do relato curto, non houbo participación. Aínda así foron varios os minirrelatos e textos poéticos que nos chegaron e aquí vos mostramos as gañadoras. Noraboa!

compartir, de tragar sen ser gustoso, de seguir as frechas cara adiante e ollar o reloxo a cada segundo procurando que non volva deter as agullas. Lembro o seu sorriso, a súa camisa de cadros laranxas combinando co pantalón “beige”, a súa obsesión por traballar sen parar… SHHH! parece que o escoito... aínda que o resto non o vexan, eu sei que segue aí. Chegou o inxusto momento de aceptar... O fin é ese: nacemos, medramos, reproducímonos e morremos. E aquí seguirei, esperando os días de xeada que agardan que lles conte un novo segredo.

Uxía Varela (1º BAC D)

36


TEXTO PREMIADO CATEGORÍA de POESÍA

NA

“Doe quererte” Silencio, encóllome e tremo Escoito cerca fortes berros, Mentres vou afogando no medo …ollos pechados, ceo negro. O meu carón o alento da fera aire quente que entra desgarrándome as orellas.

IV PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL Un ano máis o Equipo de Normalización do IES de Ponteceso celebrou unha nova edición deste premio para alumnado de secundaria e Bacharelato de toda a Comarca de Bergantiños. A categoría de poemas escritos por alumnado da ESO quedou deserta, mentres que na categoría de Bacharelato o premio recaeu por primeira vez nunha alumna do noso centro: Especie autóctona. Onte preguntáronme se era xoves, marcharon as andoriñas,

El volve berrar, forte, rápido, sen mirar atrás.

por que en Galicia xa non chove? Os ríos en silencio

Móllanseme os ollos tan só de o recordar.

berran con sons que descoñezo, non falan coma antes.

Tan só un minuto páraseme o tempo. Sinto o frío da súa man acariñándome o peito.

Son coma esas aves que van cara o sol que máis quenta, coma eses paxaros

Non choro. Son forte. Xa non penso. El agarda resposta, eu non a teño.

que cantan só na ventá con flores, aos que a súa plumaxe, coa moda,

O seu cheiro é o mesmo: tabaco, alcohol e o perfume da fulana do terceiro.

lle tornan as cores. El eucalipto miroume mal eu, chorima de sempre,

A roupa sucia, enchoupada en suor. Camisa amarela e pantalóns marróns.

por que non me deixarán falar? Quizá sexa pola miña cor, o meu olor… Non.

Volve a cara e mírama preto,

É pola miña lingua sen arumes verdes,

crava o seu ollar no meu rostro inquedo.

que se escoita asubiar

Desta vez foi forte e seco…

cando o vento é forte.

Hoxe, en verdade, doeume por dentro.

Non me poderán arrincar a miña raíz de xesta,

Levántase. Cerra a porta e déixame soa.

o meu corazón do norte.

Outra noite máis coa almofada mollada,

Non tirarei por terra

outra noite máis de corpo inerte, outra noite máis que doe quererte.

os esforzos dos meus anteriores. Non deixarei que me troncen, nin que pensedes que en Galicia xa non chove.

Eva Vázquez Vidal (1º BAC A)

Eu seguirei sendo verde sempre, e nunca direi que a miña especie, está en perigo de morte. Miriam Dourado Carabel 1º Bac D

37


E O TRIÁNGULO DE SIERPINSKI MEDROU NA FACHADA Que importancia ten o triángulo de Sierpinski nas matemáticas? O triángulo de Sierpinski é un fractal, entón os fractais son unha especie de monstros matemáticos que cando se descubriron foron bastante importantes xa que ata ese momento non se sabía que puidera haber obxectos matemáticos con dimensións fraccionais; entón unha das primeiras figuras xeométricas que se construíron foi esta, o triángulo de Sierpinski. Este non é exactamente un triángulo de Sierpinki, porque este constrúese cun triángulo e co mesmo triángulo vaise dividindo en distintas partes ata conseguir nas sucesións infinitas un triángulo de Sierpinski, isto que vedes na entrada do colexio é unha simulación. Quen te apoiou nesta iniciativa? Teño que dicir que non só me apoiou, senón que quen case levou todo a cabo foi Manolo, o meu só era unha entelequia. De feito a miña idea era utilizalo para a semana cultural, dar unha charla sobre os fractais e nunca construír isto. Pero buscando a información precisa na internet sobre os fractais apareceron unas fotografías deste triángulo que se fixeron noutros colexios. Outra idea que tiven foi despois da semana da ciencia en galego na que falaramos sobre o número áureo e sobre a sucesión de Fibonacci e pensei en facer outra charla sobre os fractais. É un tema que me gusta moito, porque foi co que aprobei as oposicións, pero é moi complicado de explicar, de feito sen xiz, sen proxeccións e sen triángulos de latas é difícil de explicar que son os fractais.

Nalgún momento pensaches que non conseguiriades latas suficientes? Si, de feito ata que foi a semana cultural, nós tiñamos posta a caixiña, poñía “dá a lata”… E de vez en cando aparecía algunha, os propios rapaces tiraban as latas rotas, pero na semana cultural, que xa empezaron a ver que xa tiñamos algún triángulo feito a xente animouse e de feito, sobraron moitas latas. Tes en mente algún que outro proxecto? Descansar; non, dende logo que outro coma este non. Entre cantas persoas o montastes? Hai que dicir que a parte de Manolo mais eu, un par de alumnos de bacharelato que os vou mencionar, foron Lucía e Kevin e os alumnos de terceiro de diversificación. Canto tempo vos levou? Montar, aquí fóra, o grande, dúas tardes, e montar as latas levounos moitísimas horas, durante horas de clase, tardes e durante a Semana Santa que foi onde demos o empuxón final xa que viñemos dous días eu e mais algúns alumnos pegar latas para poder acabar. Miriam Amado

Cres que noutros institutos fixeron isto? Si, nun colexio de Murcia e en Sevilla. A gran escala como este só me consta un antes ca nós ( que estea en internet) que é o de Murcia.

38


CORRELINGUA 2011 O mércores 4 de maio o alumnado de 1º da ESO foi á Coruña ao Correlingua.

da ESO do IES Agra de Leborís que cantaron a ritmo de rap “Palabra de lebre”. Ao final, antes de marcharmos algúns alumnos e alumnas compramos xeados e voltamos para casa.

Cristal Camafreita e Lucía Lema 1º ESO A Cada colexio levou cadansúa pancarta. Primeiro reunímonos xunto ao Estadio Riazor e ao chegarmos todos comezamos a camiñar. No percorrido turnabámonos para levar as pancartas. O lema deste ano foi “Somos Galego”. Despois dunha longa camiñada, máis ou menos de cinco quilómetros, acompañados dunha banda de música galega, chegamos á torre de Hércules, onde nos esperaba un enorme palco polo que pasaron un mago, os gañadores do concurso do manifesto en galego, neste caso o alumnado de 2º

DOAZÓN DE ÓRGANOS Antón Fernández, médico do CHUAC, xunto con Xosé Manuel, receptor de órganos, trasladáronse ata o IES Ponteceso co fin de concienciar aos alumnos de 1º BAC sobre a importancia dos transplantes e doazóns de órganos mediante unha charla que, de seguro, acabou por deixarlles pegada e lles fixo entender a importancia que ten facerse doador. Galicia está entre as comunidades españolas cun dos índices más baixos en canto ás doazóns. Para cambiar isto e darlle un xiro á historia médica de Galicia, debemos entender a importancia que ten e o que supón facernos doadores de órganos xa que grazas a iso podemos salvar vidas e non só iso senón tamén

axudar aos demais a ter unha vida normal. Se a túa resposta á cuestión: debo doar os meus órganos? é un non, debes de formular outro interrogante: e se algún día son eu quen o precisa? Ponte na pel da persoa que precisa ter un doante, e non penses só en ti. Cambiar isto está nas túas mans. Eva Vázquez 1º BAC

39


VISITAS Á TVG Durante este curso, o departamento de Normalización Lingüística organizou dúas visitas aos platós da TVG para que viviramos en directo o proceso de gravación dun programa televisivo. A estas actividades asistimos alumnos de 1 de Bacharelato e de 4 da ESO.

En primeiro lugar, visitamos Land Rober. O día 15 de marzo pola tardiña recolleunos un autobús no instituto e levounos ata Santiago. Ao chegar alí o animador do programa reuniunos e explicounos as normas e o que tiñamos que facer, si, aínda que como espectador nas nosas casas pareza que reina a improvisación, na realidade non é así e todo o que ocorre está perfectamente “atado” no desenvolvemento do programa.

Despois disto, sentáronnos no plató e indicóusenos cando tiñamos que aplaudir e animar en determinados momentos do programa. Nada máis empezar a gravación levamos unha pequena decepción xa que contabamos coa presenza da actriz galega María Castro, pero por motivos profesionais non puido estar alí e o sketch no que ela participaba xa o gravaran con anterioridade. Aínda así botamos unhas boas risas cos espazos humorísticos e gozamos da música en directo de Jarabe de palo. Aínda que non o pareza, asistir como público a unha gravación deste tipo é duro: só tivemos uns minutiños de descanso durante case tres horas

de programa e chegamos á casa arredor das dúas da mañá, iso si, ao día seguinte todo o mundo tiña que estar no instituto á primeira hora, quizais un pouco máis durmidos, pero alí estabamos.

Bamboleo, foi o programa máis recente que visitamos . Para esta rodaxe iamos un pouco desconcertados e intrigados xa que non sabiamos moi ben cal era o contido do mesmo, porque era o primeiro que se rodaba. Unha vez alí xa comezaron os rumores de que era de baile, co seu “toquiño” de humor, apartado para Karaoke… O seu presentador era Piñeiro, coñecido polo famoso Super Martes quen, a todo isto, nos deu un agarimoso saúdo aos rapaces e rapazas de Ponteceso, xa que segundo nos contou, na súa etapa de mestre tivo alumnos de Ponteceso e estes sempre se caracterizaron pola súa nobreza. O convidado estrela era David Civera, que cantou tres cancións (por que non dicilo), especialmente dedicadas, con moita complicidade ás rapazas do noso IES. A orquestra Os Satélites tamén estivo presente na gravación deleitándonos coas súas cancións. Como non, había unha parella de bailaríns que acompañaron durante todo o programa cos seus bailes. En xeral, entre risas, cantos e bailes foi moi divertido.

Claudia Periscal, Pablo Mancebo, Marcos García e David Vázquez 1º BAC

40


OBRADOIRO DE VIMBIO

Durante a XI Semana Cultural as alumnas e alumnos de Debuxo Técnico de 1º de Bacharelato A realizamos coa nosa profesora Bea un obradoiro de vimbio. O obxectivo era elaborar esculturas de vimbio con diversas formas. Tiñamos que seguir uns pasos concretos: -Ter o vimbio a remollo para que se poida traballar mellor con el. - Coller o vimbio e atalo a unha corda que pendure do teito para logo comezar a darlle forma á nosa escultura. - De seguido, fomos dándolle diversas curvas e formas atando as distintas estruturas. - Unha vez que tiñamos todas as formas fixadas, comezamos a recubrir ou pintar a nosa escultura. Algúns optamos polo papel de seda, mentres que outros decidiron pintala. En xeral, as figuras quedaron moi orixinais e divertímonos moito. Sen dúbida, foi unha das actividades máis amenas desta Semana Cultural!

CHARLA SOBRE TRASTORNOS NA ALIMENTACIÓN

O venres día 18 realizouse unha actividade sobre o tema de trastornos alimenticios na cal nos ensinaron que para sentirse ben non hai que ser como a xente quere que sexas, senón como ti te sintas mellor. Tamén nos mostraron os ideais de beleza doutros lugares e épocas, no que as mulleres eran máis naturais, aos homes de antes gustábanlles máis as mulleres con curvas que as anoréxicas. En cambio agora é todo o contrario. Ó final comentáronnos que a publicidade non sempre ten que ver co que se anuncia… como por exemplo cando para promocionar colonias aparecen persoas lixeiras de roupa porque é o que máis chama a nosa atención. Foi unha actividade na que o pasamos moi ben e aprendemos moitas cousas. Verónica, Tamara e Nerea de 3º ESO

41


CONFERENCIA MULTILINGÜÍSMO

SOBRE

O

A rede de escolas asociadas á UNESCO de España vén promovendo dende hai varios anos o uso de xestos internacionais como recurso para o multilingüísmo e a comunicación entre persoas de diferentes países. Esta idea foi proposta dende Galicia por Xabier Prado, profesor de Física no IES Pedra da Auga en Ponteareas, quen despois dun traballo elaborado durante 15 anos creou unha páxina na cal aparecen todas as linguas e mediante unha serie de vídeos coas súas explicacións correspondentes achegadas por Xabier, a súa muller e ata os seus fillos, nalgunhas ocasións, podemos introducirnos na lingua que desexemos e afondar nela. Esta páxina atópase na web do instituto no que traballa Xabier e só faría falta entrar en “actividades” e premer en “multilingüísmo”. Por outra banda, hai outra iniciativa moi interesante chamada YOGOTE. Esta consiste en concentrar a máis de 6000 linguas do mundo nunha única composta por signos. Desta maneira unha persoa de calquera país poderíase comunicar con outra cultura sen coñecer o seu idioma, tan só utilizando estes xestos.

O TEATRO

da Semana Cultural era improvisado, neste teatro participaron tanto alumnos como profesores, poñendo o mellor de si, e facéndonos rir e pasalo ben. Tamén participou entre outros un señor que foi o que nos ensinou como era este tipo de teatro e como se debía de facer. Con isto todo os profesores Alfredo de Educación Física e Noemi de Inglés xunto con Clara de Matemáticas e o señor que nos veu ensinar como facer un teatro, improvisaron que eran dúas parellas que se encontraban de vacacións nun bar. Tamén participou a alumna Miriam de 1º de Bacharelato que facía de camareira. Neste teatro as parellas estaban facendo que falaban entre si, uns parecía que estaban discutindo e outros que non, mentres tanto a camareira estaba escoitando todo o que dicían porque era o que máis lle gustaba do seu traballo. Ao final as parellas volveron repetir todo o que dixeran entre elas pero esta vez en voz alta,e démonos conta de que os que realmente parecía que estaban discutindo en realidade non o facían, mentres que os que parecía que estaban tan tranquilos en realidade estaban discutindo. Verónica Rodríguez,Adela Moreira e Yara Souto 3º ESO

Lévanse feito diversas actividades, da escola primaria á universidade e formación do profesorado mediante poemas, cancións, exposicións, discursos, xogos, etc. A iniciativa que Xabier nos mostrou nesta conferencia pareceunos moi positiva xa que axuda a entendernos con persoas doutros países, así como propón novas formas divertidas e atractivas de aprender idiomas. Tan só podemos darlle os merecidos parabéns a Xabier Prado e ao resto dos seus colaboradores polo gran traballo realizado. Eva Parga Chouciño e Alba Santiago Santos 4º ESO

42


CONCERTOS NA SEMANA CULTURAL

En nome de todos os alumnos non podía faltar nesta redacción citar a Paula, pola súa paciencia, e por animarnos sempre coas súas palabras, dicirnos que todo ia saír ben, que non estivésemos nerviosos… Todo para facer de nós uns “pequenos artistas” (A profesora quere dar as grazas a todos e todas pola súa paciencia respecto a ela e polo gran interese amosado)

A semana cultural deste ano, contou coa participación de todos os cursos de música do IES Ponteceso.

Beatriz Sánchez, Carmen Fuentes, Tania Varela , Miriam Amado. 4º ESO

O departamento de música organizou diferentes actividades ó longo desta semana; Os rapaces de 4ºESO e 1 de bacharelato fomos a dous concertos, un deles didáctico,"O século XX mira ó pasado," en Santiago de Compostela no Auditorio de Galicia onde puidemos escoitar diferentes obras de compositores de música clásica do século XX, que escribiron música doutras épocas anteriores a eles. A agrupación que interpretou as obras foi a Orquestra Real Filarmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave. O programa consistiu en obras como Le tambeau de Couperin, de M. Ravel. O mellor de todo chegou coa “1ª edición” do concerto de música, podemos poñer 1ªedición xa que foi todo un éxito e repetirase a finais de curso. Todos os alumnos de música da ESO interpretamos obras como: Recuerdo por 2ºESO A Futurama por 2ºESO B Huahuanacá por ambos. Santa María, estrela do día por 3ºESO A Déjame (Los Secretos) e river flows in you (Yiruma) por 4ºESO A Bad Romance (Lady Gaga) por 4º ESO B e 4ºdiver

Este último curso pechou o concerto coa canción Imagine de John Lennon, coma homenaxe a súa morte. Con un pequeno karaoke que incitou a cantar a todos os presentes na sala.

43


CON ESTIVILL NA F U N D A C I Ó N EDUARDO PONDAL O pasado 4 de febreiro tivemos ocasión de escoitar na sede da Fundación Eduardo Pondal en O Couto, ao doutor Estivill, licenciado en Medicina e especialista en Pediatría e Neurofisioloxía. Na actualidade é o coordinador da Unidade do Sono do Hospital Xeral de Cataluña. Tamén é o autor de libros da súa especialidade e de autoaxuda relacionados co sono infantil. Na súa clínica estudan unha das ciencias máis recentes, o estudo das persoas mentres dormen. Ademais esta clínica é a líder na investigación en España e Europa no diagnóstico e asesoramento ás persoas con trastornos do sono como, por exemplo: somnolencia excesiva, insomnio ou sonambulismo. Nesta área de traballo a última innovación é a Polisomografía que consiste no estudo do sono do paciente mediante uns sensores conectados á cabeza que interpretan a actividade cerebral nunha gráfica que é examinada polo equipo médico. Estas investigacións son divulgadas mediante revistas médicas, conferencias e libros. Por outro lado, tras anos de investigación, o Doutor Emilio Estivill conseguiu comprender como o sono dunha persoa ten características diferentes en función da súa idade. Isto permitiu que en traballos seus como Duérmete niño, o doutor achegue normas e consellos aos pais para mellorar o sono infantil e todo isto expresado dunha maneira fácil de comprender. Pero imos ao máis importante: na conferencia explicou o que era durmir dicindo que era como unha fábrica que axuda a repararnos e a recuperarnos da actividade diaria ademais de poñer o cerebro a funcionar. Comentou que as horas que se deben durmir son

diferentes en función da idade: os nenos de tres anos deberían durmir unhas 12 horas e segundo nos imos facendo maiores a nosa hiperactividade redúcese, o que fai que nos cheguen 8 horas de sono. A partir dos 65 anos o máis normal é que se durma entre 5 ou 6 horas, completando estas horas de sono durante o día con pequenas sestas de 10 ou 15 minutos, porque a sesta é unha necesidade que ten o corpo cada 6 ou 7 horas, porén nunca se deben substituír as horas de sono nocturno. Moitos anciáns asisten á consulta pedindo que lles receiten pastillas para durmir debido a que ignoran esta información e cren que dormen de día porque de noite non dormen o suficiente. Nesta conferencia tamén falou dos ronquidos que son ruídos anómalos que realizamos ao durmir: os músculos do conduto respiratorio reláxanse e polo tanto cérrase o conduto o que dificulta a entrada do aire e produce o ronquido. Porén, os ronquidos son producidos por todas as persoas e non son graves, pero un punto crítico é cando unha persoa durmida está roncando e chega a un punto no que se para a respiración e tras uns segundos volve respirar cun ronquido moito máis forte; nestes segundos o conduto está demasiado cerrado, o que provoca que o aire non entre, e prodúcese o que en medicina se chama “parada respiratoria”, isto é, un afogamento no cal o cerebro mandará sinais de perigo provocando que o estómago se compacte e se estire dun golpe para producir unha forza que abra ese conduto. É normal que isto suceda nunha persoa dúas ou tres veces durante a noite, aínda que pode ter consecuencias como que se reduza o sono ou que, se non entra osíxeno suficiente, o corazón se vexa afectado e se orixine un infarto.

44


Por outro lado, con respecto ao sono, confirmou que non existen medicamentos para mellorar a respiración ao durmir. Esas “tiritas” para o nariz e as gotas non serven de nada xa que os ronquidos prodúcense na gorxa. A continuación, o doutor Estivill falou dos hábitos. Os bos hábitos apréndense a base de repeticións. Os hábitos están ligados ás culturas. As maneiras de comer e durmir non son iguais en todas as culturas. O durmir e o comer ademais dunha necesidade é un hábito que imos aprendendo dende que nacemos. Neste senso, o primeiro descubrimento que fixo este doutor baseouse no estudo do sono dun bebé e descubriu que estes dormen a cachos. O seu cerebro é inmaduro e o seu reloxo biolóxico tamén, polo que deberán pasar ata 6 meses para que o 70% dos bebés durman ben. O outro 30% dos nenos necesitará da nosa axuda para que o seu reloxo biolóxico madure.

O segundo descubrimento foi como poñer ese reloxo biolóxico en hora. Os adultos cando están inseguros de algo preocúpanse e non conseguen conciliar o sono, pois ben, aos bebés pásalles o mesmo; Estivill explica que a maneira de ensinar o hábito de durmir a un neno é a base de repetición, se os pais fan sempre o mesmo á hora de deitar ao seu fillo, o bebé asociará ese hábito coa hora de deitarse e desta maneira sentirase máis seguro e aprenderá. Pola contra, se cada día deitamos ao neno nun lugar diferente e utilizamos elementos diferentes (o brazo, o cochiño...) estaremos a crear inseguridade no neno e non conciliará o sono xa que o seu reloxo biolóxico non asociará os elementos externos coa actividade de durmir.

ao neno se non lle facemos caso nese momento. A medida que un neno vai medrando, vai empregando palabras como arma para captar a atención; por exemplo, “pupa” ou “pis” son palabras claves para enganar aos pais e conseguir os seus obxectivos. Finalmente o doutor falou sobre o tema da comida nos nenos e destacou tres conceptos que se han de ter en conta: Que ningún neno morre de fame se ten comida ao seu alcance. Que o tamaño do estómago dun neno de tres anos é dunha pelota de tenis; se obrigamos ao neno a que coma de máis, o estómago dilátase e este nunca se reduce de todo pola súa natureza co cal isto axuda a que haxa obesidade infantil. É por isto que as nais e pais teñen unha grande responsabilidade na medida das cantidades á hora de comer. Que os nenos poden comer absolutamente de todo, poucas cantidades, pero de todo. A variedade na alimentación é moi importante para que o neno descubra os diferentes sabores. Negarlle unha comida a un neno supón crear falta de hábito; se nunca lle dás chícharos na comida, nunca quererá chícharos. Polo tanto son as nais e pais os que crean os hábitos dos nenos.

Ismael Villar e Elena Veiga 2ºB AC

En canto ao pranto dos nenos, o doutor sinala que este é un intento de comunicación co que captar a atención dos pais e provocar unha reacción neles. Pero hai que diferenciar dous tipos de pranto: O de dor: o neno chora pola necesidade de que o calmen. Está prohibido pasar deste pranto! O pranto no que o bebé está a chorar e cando o collen no brazo, comeza a rir. É este un pranto de atención e non se vai traumatizar

45


LETRAS GALEGAS Lois Pereiro “Cada día construiríame totalmente, E volvería a destruírme por completo…” Thomas Brunhord Esta frase ensalza o espírito dun dos grandes da literatura galega. Lois Pereiro xogou a levar unha vida cargada de excesos e sen límites, ademais de ser un punki dos 70, considerándose unha alma libre e rebelde. Este estilo de vida fixo que a súas obras fosen únicas e dende logo non deixaban indiferente a ninguén, pero tamén foi este xogo sen regras o que o levou a ter unha morte prematura con tan só 38 anos. Lois Pereiro padecía SIDA. A destrución e a construción da alma eran dúas das tarefas diarias das que se encargaba este autor, tentaba alcanzar o límite pero para volver a destruílo e comezar de novo, un ciclo diario e continuo.

Xoán Babarro e Ana Mª Fernández

A pregunta que se xera unha vez coñecida a vida e a obra deste autor é: estaría de acordo o propio Lois Pereiro en que o homenaxeasen no día das letras galegas? Un revolucionario, a voz dos punkis durante o seu tempo, segundo el un “exiliado de sí mesmo”, non é isto contrario o día das letras galegas? Con todo isto non nós cabe dubida de que a súa obra marcou un antes e un despois na literatura galega, e incluso traspasou fronteiras. A figura de Lois Pereiro é a voz dos punkis do seu tempo, pero tamén a voz de todos aqueles, que ao igual ca el, seguen unha vida sen regras. Nuria García e Eva Vázquez 1º BAC

Representaron unha pequena peza teatral baseada nun texto escrito polo noso profesor Luis Giadás no que se amosaban os consellos sabios e as lembranzas do noso bardo. José García 2º ESO

O venres 20 de maio o alumnado de 2º da ESO tivo un encontro cos escritores Xoan Babarro e Ana Mª Fernández que intercambiaron diversas impresións arredor dos seus respectivos libro Sempre Hausa e Amar e outros verbos. Contamos tamén coa presenza de Tamara Lema e Esteban Rey, antigos alumnos do noso centro, que levaron a cabo unha interpretación sobre Pondal e a súa fantasiosa fada Rouriz acompañados da cantautora Silvia Losada.

46


OS XOGUETES ESQUECIDOS DO VENTO

catalán Antoni Gaudí, empregado profusamente na súa obra do Parque Güell en Barcelona. O derradeiro proceso é o cortado e pegado dos azulexos verdes que formarán parte do fondo; proceso non exento de dificultade, xa que foi difícil adaptalo a algunhas das formas. Tralo último control de calidade, énchense as

Comezamos este mural de mosaico condicionados pola temática do IV concurso promocionado por Suministros Lar, que este curso era: “Xogos populares galegos” Decidimos os xogos populares que formarían parte do mural, todos eles terían como elemento común o vento: “un muíño de papel”, unha “buxaina”, un “papaventos” e finalmente, un barco de vela feito cunha noz. Fixemos varios bosquexos, empregando o método do collage, ata seleccionar finalmente, os elementos iconográficos clave do noso mural. Elíxense e escóllense as cores fundamentais da composición, a cor dominante será o verde, e, como acompañantes, traballaremos con cores complementarias. Canteáronse os bordos do soporte de formigón con pequenos azulexos de 5 x 5 cm.

xuntas do azulexo con argamasa branca, que aporta ao mural a súa “imaxe definitiva” A obra destinaríase a un “parque temático” sobre o vento: podería instalarse nun dos numerosos “parques eólicos” que en Galicia se dedican á produción de enerxía eléctrica. Os parques eólicos ao estar na cima de outeiros venteadas carecen de espazos lúdicos ou educativos. Destinar a nosa obra a calquera destes parques sería para o noso mural un bo destino. Este mural non sería posible sen a colaboración e o esforzo dos alumnos de Educación Plástica e Visual de 4º ESO A e de 1º ESO B e sen a coordinación dos profesores do Departamento de Debuxo do IES PONTECESO.

Creamos a liña dos principais elementos a partir do corte de teselas negras de gres porcelánico, coa dificultade de traballar as liñas redondeadas e os planos. Unha vez rematados os elementos lineais, enchemos os planos de cor, empregando para elo cores complementarias vivas: laranxas, verdes, vermellos, azuis. A técnica de cortado e pegado dos azulexos basease no “trencadís” do mestre

47


R E V I S TA D O I E S D E P O N T E C E S O

MARIANTELLA Topónimo que alude a un monte situado no lugar de Tella (Ponteceso), tamén chamado Bico da Casavella. Nel habita unha moura que fía na rocha e propón enigmas Cada 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día da Muller. Esta xornada lévase a cabo por grupos femininos que buscan a defensa dos seus dereitos como seres humanos que son a igual que os homes. De feito, en moitos países é a festa nacional. Nun comezo este día celebrouse por primeira vez en 1909 o día 28 de febreiro nos EEUU. Pero a partir de 1913 pasouse para o día que sigue hoxe vixente (8 de marzo) e moitas nacións decidiron celebrar tamén esta data. Deste xeito, no IES de Ponteceso tamén se celebra este día cunha emotiva exposición onde varias profesoras posan simulando ser algunha das mulleres que máis contribuíron para conseguir a igualdade.

MARIANTELLA 2010-2011  

Revista do instituto de Ponteceso, amosando parte do que foi durante estes ano académico a vida escolar, premios, premiados, entrevistas, en...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you