Modulo1 comunicacion

Page 173

UNIDADE 4

80. a)¿Cal é a intención deste texto? b) Se ti quixeses facer esta sobremesa, ¿que é o que farías primeiro? ¿E despois? ¿Cres que é importante seguir unha orde? c) Busca no texo e escribe as palabras que van indicando a orde na que se ten que levar a cabo o proceso (marcadores textuais): En primeiro lugar,... d) Busca e escribe os verbos conxugados que aparecen no texto: Pelaremos,... ¿En que tempo están estes verbos?

Características dos textos de instrucción: A linguaxe debe ser clara e precisa, que non leve a dúbidas ou erros. Debe establecerse unha orde rigorosa que explique cál é a secuencia na que se realizan as diversas accións. Nalgúns textos, esta orde indícase mediante numeración. Exemplo: 1. Descolgue o auricular. 2. Insira as moedas na regaña. 3. Agarde ata escoitar o ton de marcar. 4. Marque o prefixo da provincia. 5. ......... Esta orde pode establecerse no texto mediante o uso de marcadores temporais. ( En primeiro lugar, despois, a continuación, finalmente...) Exemplo: En primeiro lugar descolgue o auricular, a continuación insira as moedas na regaña... As oracións deben ser sinxelas. O tempo verbal máis utilizado neste tipo de textos é o imperativo: Collede unha tixola de ferro. - Tamén é frecuente o uso do presente: Atravesamos a rúa e seguimos ata a encrucillada. - Outra forma moi usual é a do impersoal con se: Cócense as castañas en abundante auga. - Tamén se emprega o futuro: Tomaremos unha cápsula cada oito horas. - E o subxuntivo: Marquemos despois de escoitar o ton, o prefixo da provincia correspondente.

173


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.