com unidade 6r

Page 42

Ao mesmo tempo, os países do Terceiro Mundo sofren de pobreza, de fame e de malnutrición, males que frecuentemente son atribuídos á "explosión demográfica". Pero as verdadeiras causas hai que buscalas na estrutura mesma dos sistemas de produción, se a xente ten fame non é por falla de alimentos. Mesmo no ano 1974, durante a peor crise alimentaria que sufriu o mundo, as reservas mundiais de cereais eran abondas para dar de comer a todos os habitantes do planeta. Pero cada vez é meirande o número de persoas que non poden pagar polos alimentos que necesitan. De aí que, mentres non se produzan cambios estruturais nas relacións de produción (é dicir, quen produce os alimentos, quen os vende, a que prezos, etc.), a acumulación de produtos agrícolas pouco ou nada influirá na erradicación da fame. En Asia do sueste, por exemplo, existen actualmente vinte e dous millóns de toneladas de excedentes alimentarios, mentres que na mesma rexión se contan por millóns as persoas famentas. A fame é, pois, consecuencia da organización social máis que da produción, e non abonda con aumentar esta última para suprimir a fame no mundo.

Este texto é argumentativo. Por que? Porque expón unha tese ( a explosión demográfica non é a única causa da pobreza e fame no Terceiro Mundo), argumentos para confirmala (os moitos recursos que se dedican á carreira das armas e a errónea estrutura dos sistemas de produción), e reitera a idea principal (a fame e pobreza son debidas a diferentes problemas e non so á explosión demográfica ou a produción de alimentos).

S4. A pesar de que os transplantes se converteron nunha práctica habitual, aínda existen fortes temores na poboación para doar órganos. Lograr a súa superación é a clave para aumentar o número dos dadores solidarios que fan falta para salvar miles de vidas. As razóns que dificultan a decisión de ser doante son múltiples. En moitos casos, arraigan en conviccións de tipo relixioso, moral ou filosófico que cuestionan a doazón. A miña opinión é que hai que realizar campañas educativas fortes para superar esas ideas previas...

Argumentativo

Para conectar este aparato de lector de CD é preciso seguir estes pasos. Primeiro, desenvolva con coidado a caixa. Despois, retire acuberta plástica que a cobre. Terceiro, comprobe que a súa conexión eléctrica é de 220 voltios...

Instrutivo

Para realizar o caldo, escaldamos os grelos en auga moi quente para limpalos e que perdan algo de verde. Poñemos o caldo limpo a quentar e ao ferver engadimos as patacas, cortadas como para tortilla, os grelos escaldados, as fabas, remolladas do día anterior e o anaco de unto. Ten que cocer moi forte ó primeiro e logo máis suave...

Instrutivo

O bioetanol é un combustible que se obtén a partir de materias vexetais como a cana de azucre , o sorgo, etc. Chámase por iso biocombustible e é defendido por moitos como a gran alternativa aos combustibles fósiles, como a gasolina ou o carbón. Non contamina, non produce gases de efectos invernadoiro, etc. Pero temos que facernos unha pregunta fundamental. Ten sentido dedicar grandes cantidades de vexetais a producir combustible cando hai millóns de persoas que pasan fame?...

Argumentativo

Meu avó morreu dun ataque ao corazón nada máis estoupar a guerra. Caeu ao pé dunha viña e ficou abrazado a ela. Sei que a súa sensibilidade e o seu amor pola sinxeleza da vida non puideron aturar tanto desastre. Eu non puiden ir despedilo no seu derradeiro adeus porque a guerra colleume en Madrid onde recén remataba a carreira de Dereito. Coa súa falta medrou a miña atracción pola súa rexa figura, para min un mito de enerxía e valor... Eu fun fillo único e crieime sen nai, quen morreu ao darme á luz. Sempre tiven a sensación de que meu pai non mo perdoara completamente... (Alfonso Álvarez Cácamo, O Bandeira).

Narrativo

Páxina 42 de 55


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.