Lembranzas 2018-2019

Page 33

A primeira hora da tarde, chegamos a Guimaraes, considerado o lugar onde naceu Portugal. Realizamos un pequeno percurso guiado en autobús pola cidade rematando na base do teleférico.

No teleférico subimos ao Monte da Penha. Alí puidemos gozar dunha paisaxe natural única. No máis alto atopase o ”Santuario da Penha”, centro moi importante de peregrinación e faro de Guimaraes. Monumento de gran beleza no medio dun bosque frondoso con fontes e camiños entre grandes rochas de granito redondeadas, excavada nunha delas atópase a “Ermida de Nossa Senhora do Carmo”, que visitamos internándonos nunha especie de paso.

Despois do descenso cara á cidade, e unha vez deixada a equipaxe no albergue, fomos visitar un antigo curtume, restaurado e convertido hoxe no Centro "Ciencia VivaCurtir Ciencia", situado na zona de Couros da cidade. Nalgúns dos seus pavillóns podemos asistir aos seus obradoiros de robótica, reciclaxe, astronomía e comunicacións. 31


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.