Page 1


L I M I A R

Outro curso que se nos vai. Inexorabelmente. Saudades. Polos que nos deixan. Ansias. Polos que nos veñen. A roda da vida, que xira e xira, e que non para. Nada é permanente, pois que todo é mudanza. Os nenos en preadolescentes e os adolescentes en adultos. Cargados de razón, algúns máis, outros menos (cousas que ten o sentidiño), aínda que xuntos neste mesmo barco que navega, e a pesar de todo, contra vento e marea. Mais non nos poñamos sentimentais nin dramáticos. A semente que levan e levarán os que han de chegar e os que permanecen, velaí o que de veras importa! Formar persoas, cidadáns capaces de se enfrontaren ao mundo con ollos críticos, de continuaren coa formación educativa, laboral ou persoal que cadaquén escolla. E é que, todos e cada un, vanse con algo de nós dentro deles, consciente ou inconscientemente; e de modo respectivo, nós tamén, os seus educadores, ficamos con algo seu pois que o aprendemos deles no día a día. Así que por iso e por tantas cousas. Grazas a todos vós. Con absoluta sinceridade. E oxalá que os vosos soños se transformen na maior das fortunas.

1


1º ESO Barcia Villaverd Joshua Castro Fernández Julio Castro Sequeiro Francisco Javier Dhrari Imane Fernández Horjales Noa Fortuna Vázquez Christian Fraga Carballeira José Ramón López López Angel Parra Ramil Pablo Prieto López Xerezade Salazar Conchado Soraya Torres Paris Iago Villa López Marcos Jiménez Cortiñas Tamara Monteiro Gabarres Alicia Monteiro Romero Josué

Monteiro Salazar Bernabé Paz Doce Alberto Maria Paz Doce Cristina Suárez Quintana Lidia Nerea Trinidad Gil Paloma Lisi Bastida Díaz Cecilia Díaz Calvo Francisco José Fernández Llago Juan Jiménez Cortiñas Kevin Jiménez Romero Yolanda Leal Carneiro Angel Medeiros Lima Zacarias Monteiro Gabarre Sergio Monteiro Jiménez Sulamita Montero Salazar Lidia Vargas Salazar Nazaret

2


2º ESO Armada Blanco Alberto Batista Couselo Carlos Giovanni Bouza Seijo Martín Bouza Seijo Pablo Casal Fandiño Victor Castro López Roberto Castro Sequeiro Cristina Dopico Vergara Soraya Franández Franco José Manuel Fernández Veiga Hugo García Barca Edgar García Lorenzo José Arturo Medín Fernández Daniel Rivas Yáñez Yessica Rodríguez Bañobre Daniel Rodríguez Ferreño Adrián Sánchez Otero Lucía Vargas Fraga Rubén Vázquez Couce Juan

Borja Salazar Luis Alfredo Bustabad Iglesias Pablo Huergo Pita Randolph López Gutiérrez Yeray Pérez Gutiérrez Cristobal Salazar Gabarre José Sánchez Gil Diego Jiménez Jiménez Francisco Da Costa Barros Tiago Miguel Fernández Padrón Jesús Alberto Freire Villaverde Serafín Medín Rivera Rocio Pérez Gutiérrez Cristóbal Monteiro Vargas Salomé Mosquera Osorio Fernando Pérez Serantes Lidia Salazar Conchado Guillermo Varela Díaz Carla Veiga Santiago Alejandro 3


3º ESO

Blanco González Daniel Bouza Hermida Iván Campello Castro Estefania Carrodeguas Hermida Daniel Fernández Fernández Brandán Franco López Verónica Iñiguez Dopico Antonio López Álvarez Sonia Neira Baamonde Bruno Pita Recalde Jennifer Rodríguez González Victor Vázquez López Brais Vázquez Rodríguez Natalia Veiga Castro Laura Villar Vieira Sara

Amorçin Pires Catarina Sofía Carrodeguas Fernández David Fernández Cainzos Álvaro Fernández Fernández Javier Fernández Paz Fátia Freire Calvo Marcos Inglés España Carolina López Carballeira Tania Moreno Bello Brais Pita Mateo Iago Rivas Yáñez Diego Sanesteban Lage Bruno Suárez Díaz Vanesa

4


4º ESO

Alvariño Pena Sergio Amado Cartelle Victor Ausín Neira David Dçiaz Ardá Adán Díaz Otero Kevin Freire Teijeiro Alba García Rodríguez Alberto López Salorio Cristian Morales Arnoso Andrea Inés Rios Aguiar Brais Sánchez Otero Pablo Suárez Nóvoa Javier Vázquez Couce José

Aguiar Couce Noelia Bocelo Arias Yago Bouza Seijo Alejandra Fortuna Vázquez Alejandro M. García López Adrian Herrera Rodríguez Raquel Pardo Mesias Artur Pérez Gutierrez Natalia Pérez López Gwendoline Rodríguez Leira Oscar Santana Veiga Beatriz Tobio Valencia Alejandro Vázquez Couce Estela

5


6


O DÍA DO LIBRO VIAXAMOS POLO MUNDO DOS LIBROS Como cada ano o Equipo da Biblioteca elixiu un tema que aglutinara todas as actividades de fomento da lectura da Biblioteca. Este ano tocou “Os libros e as viaxes”. Xa na primeira reunión do Equipo de Biblioteca en outubro, programáronse varias actividades como as que resumimos. Algúns profesores, de distintos Departamentos, elixiron un tema que tivera conexión coas viaxes para traballar nas semanas anteriores ao Día do Libro. Matemáticas: Os alumnos de 3º DC fixeron un mural sobre “A Viaxe dos matemáticos” coordinados por Chelo. Bioloxía: Os alumnos da titoría de Antonia, 2º C leron o libro “El conde demediado” de Ítalo Calvino e tamén fixeron un cartel. Francés: Jacqueline e Aniça traballaron as viaxes dende distintos puntos de vista con todos os seus grupos: 1º “As viaxes de Tintín” de Hergé; 2º “As rexións francesas”; 3º “A francofonía” e 4º “O principiño” de Antoine de Saint-Exupery. Indagaron en internet e enciclopedias e elaboraron carteis, mapas, debuxos. Lingua castelá: Os alumnos de 1º leron “A volta ao mundo en 80 días” de Xulio Verne con María Millán e fixeron un mapa da ruta seguida polos protagonistas. C. Sociais: Os alumnos de 3º de Cultura Clásica con Victoria leron “A Odisea” de Homero e investigaron sobre a ruta seguida por Odiseo no seu regreso a Ítaca. Tamén fixeron un mapa. Lingua Galega: Un grupiño de alumnas moi lectoras de 1º e 3º- adicaron parte dos seus recreos ao luxo de ler e comentar unha obra co propio autor. Leron a novela de Henrique “Mar para todo o sempre”. A novidade das celebracións do Día do Libro deste ano foi que cambiamos a tradicional Feira do Libro Usado por unha fórmula máis participativa. Cunha selección dos traballos citados anteriormente fixemos un guión que foi presentado xenialmente por Javier de 3º DC. Así debutaron en escena o mesmo día 23 de abril: David e Álvaro para falar da Odisea; (este último co mérito engadido de ter que substituir a última hora tanto a Tania como a Víctor); Sara, Carolina, Jenny e Xerezade para presentar a novela de Henrique; todo 1ºA para contarnos da experiencia de Phileas Fogg; de novo 1º A para contarnos de Tintín e Milú; e, por último, Víctor e Sergio para charlar sobre “O principiño” Viaxar é unha experiencia e ler toda unha aventura.

CLUB DE LECTURA

7


Si que se mantivo o tradicional concurso de relatos, poemas, carteis e marcapáxinas, este ano alusivos ao tema de “Libros e Viaxes”. Nos meses de abril e maio decoraron o corredor central. O día 23 de abril, como colofón a unha xornada festiva adicada aos libros, entregamos os premios en cada categoría. PREMIOS “DÍA DO LIBRO” 2008 PREMIO ESPECIAL CARTEIS JESÚS ALBERTO FERNÁNDEZ PADRÓN: 2ºC 1.- TANIA LÓPEZ CARBALLEIRA: 3ºB 2.-MARTÍN BOUZA SEIJO: 2ºA PABLO BOUZA SEIJO 2ºA POESÍA SORAYA DOPICO VERGARA: 2ºA 1.- VÍCTOR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: 3ºA. ROBERTO CASTRO LÓPEZ 2º A 3.- CRISTINA CASTRO SEQUEIRO 2º A ENSAIO JESSICA RIVAS YÁÑEZ 2º A 1.- XEREZADE PRIETO LÓPEZ: 1º A ACCÉSIT: 1.- LUCÍA SÁNCHEZ OTERO: 2ºA RELATO 1.-ALEJANDRO M. FORTUNA VÁZQUEZ: 4ºB 2.-VANESA SUÁREZ DÍAZ 3ºB 2.-XEREZADE PRIETO LÓPEZ: 1ºA MARCADORES 3.- DANIEL MEDÍN FERNÁNDEZ: 2ºA 1.- HUGO FERNÁNDEZ VEIGA 2º A ACCÉSIT: 2.- RUBÉN VARGAS FRAGA: 2º A 1.- ALEJANDRO TOBÍO VALENCIA: 4ºB 3.- DANIEL CARRODEGUAS HERMIDA 3ºA 2.-ALEJANDRO VEIGA SANTIAGO: 2ºC: ACCÉSIT: 1.- BRAIS RÍOS AGUIAR 4ºA 2.- BRAIS VÁZQUEZ LÓPEZ 3ºA 3.- DIEGO RIVAS YÁÑEZ: 3ºB

PREMIO ESPECIAL

PREMIADOS NO DÍA DO LIBRO

REPRESENTACIÓN DÍA DO LIBRO

8


OUTRAS ACTIVIDADES DO EQUIPO DA BIBLIOTECA Ademais das relativas ao Día do Libro, este ano o Equipo da Biblioteca perfeccionou outras actividades como o Concurso de Preguntas “A mascota Viaxeira” e estreou algunhas novas como os Trípticos ou o Club de Lectura. Este ano repetimos a idea do ano pasado do Concurso de Preguntas pero axustándoa ao tema da viaxe e bautizámola como “A Mascota Viaxeira”. O traballo foi deseñado, proposto e avaliado por dúas profes do Equipo da Biblioteca: Emilia e Jacqueline. Cada semana púñase unha pregunta relativa a unha cidade pola que pasaba a mascota viaxeira que foi deseñada por Cristina de 2º A- e outra pregunta relativa a outros aspectos. Os alumnos de 2º C fixeron un mapamundi nun cartel grande no que se ía sinalizando o percorrido da mascota viaxeira. Anunciado cun gran cartel no corredor central, creouse unha grande expectación. Os alumnos inscribíanse en grupos de catro e cada xoves no segundo recreo a Biblioteca era un fervedoiro de rapaces que consultaban internet ou enciclopedias para resolver a cidade da semana e os outros enigmas. Cada semana ían repartíndose os puntos nunha disputada carreira. O día de hoxe o equipo que va en cabeza do ránking é “The winners” de 4º.

9


Dentro das actividades novas do Equipo da Biblioteca, temos que mencionar os Trípticos. Juani e Ofelia coordinaron o labor de rapaces como Martín, Pablo, Carlos Giovanni, Alberto e Cristina de 2º A, Andrea, Adán, Óscar e David de 4º. Cada mércores no recreo buscaban a información e confeccionaban os trípticos que se repartían coas notas de cada trimestre. Alí recollíase información sobre conmemoracións, centenarios, opinións sobre libros, selección de textos. O obxectivo fundamental era o fomento da lectura e da escritura, así como o manexo das novas tecnoloxías. Era esta unha vella aspiración do Equipo da Biblioteca e temos que recoñecer que nos quedou guai.

10


A PROPÓSITO DO EPISODIO DA BATALLA DE BRIÓN 1. Do punto de vista mitolóxico, aínda que case en transo de desaparición, Grandal, figura novelesca por antonomasia, fai xa parte dos anais da nosa comarca ferrolá. Os nosos avós, así como bisavós, de seguro que terán desfrutado coa lectura da novela homónima, editada por entregas, e pertencente ao novelista e alcalde da cidade de Ferrol nos tempos da Iª República, Xosé García Suárez, se ben contou con varias reimpresións posteriores. 2. Grandal, tan grande en estatura como en fortaleza, e modélico traballador da Construtora, hoxe Navantia, o noso estaleiro, foi o personaxe que saltou das páxinas de ficción ao imaxinario popular de modo que hai anos se falaba del coma se en realidade tivese existido. “Sabe vostede onde fica a casa de Grandal, bon home?”, “Sei, si. A casa de Grandal é aquela que fica alí, e Grandal é este que está aquí”. De tal guisa pasaba de boca en boca dito diálogo, contado de pais a fillos, de avós a netos, de maneira que se exaltaba a enorme fortaleza de Grandal, quen sinalaba a súa propia casa aos alguacís que o procuraban tomando en alto o temón do arado co que estaba a traballar nese momento coma quen o fai cun simple carabullo. Feitos verídicos, dicíase, eran estes. Atesouraba Grandal o don da xenerosidade, así como o da solidariedade cos máis desvalidos. Pena ter decidido o seu autor que fose tráxica e mesmo ridiculamente morto ás mans dun canalla, cunha navalla cravada na barriga; non, con todo, sen ter logrado agarrar o seu asasino polas dúas pernas e tronzado á metade antes de expirar. Tal era, unha vez máis, o que se daba como feito veraz. 3. E así como Grandal veu contribuír ao noso acervo cultural máis popular, a través da pluma de Xosé García Suárez e en novela de título homónimo, igual ou acaso un bocado de menor fortuna puido ter c'Os invasores, segunda novela do autor, tamén de tema ferrolán e que, como escenario, coloca o desembarco inglés de 1800 e a batalla habida posteriormente. 11


4.

Velaquí, en síntese, o que puido ter sucedido nese día:

a) Na mañá do 25 de agosto de 1800, o vixía do trozo do cabo Prioiro acende unha fogueira avisando do avistamento dunha enorme cantidade de velas británicas a poucas millas de distancia. b) O vixía do semáforo de Monteventoso pon en alerta ás autoridades militares e civís, aínda que con escaso éxito. c) A frecuencia na pasaxe de frotas inimigas cara a Cádiz, Xibraltar ou o Mediterráneo, provocou que o capitán xeneral do departamento desdeñase calquera posibilidade hostil contra a cidade de Ferrol. d) Entre 105 e 108 velas de frota inimiga, 578 bocas de fogo e disque entre os 12.000 e 13.000 homes estaban a punto de desembarcar (non coinciden os números exactamente cos datos fornecidos a través da documentación británica). e) A ausencia de vento e a bruma retrasarían o desembarco, que se produciría ás 16:30h., pola zona máis próxima aos illotes das Gabeiras e pola praia de San Xurxo. f) O desembarco case non contou con defensa, chegando as tropas inglesas con facilidade até ás alturas do lado N., que case flanquean a cidade. g) ferroláns.

Ás 18:30h. prodúcese o primeiro encontro cunha vangarda de 500 combatentes

h) A inferioridade numérica de tropas ferrolás, moitas desprazadas a Andalucía naquela altura, fai que se pidan urxentemente reforzos a Betanzos e á Coruña.

12


i) As tropas ferrolás apostáronse polas alturas de San Xurxo e Chamorro, e polas augas da ría, na Graña, a Cabana e a Malata. Os ingleses, mentres tanto, tiñan tomado o sopé dos montes máis setentrionais e o val de Doniños, xa ao rente do lugar de Valón. j)

No amañecer do 26 de agosto, as tropas defensoras eran:  Polo centro: compañías de granadeiros de milicianos, 1º Corpo do Exército de Asturias, Inmemorial do Rei e de Guadalaxara.  Pola ala dereita: Fusileiros do Rei.  Pola ala esquerda: 2º Corpo do Exército de Asturias.  Segunda liña de batalla: tropa de mariña e da Mestranza. k) l) flancos:

Na madrugada do 26 de agosto enfrontáronse en Brión e en Valón. O xeneral Pulteney, ao cargo do desembarco inglés, organiza as forzas en tres

 Un de observación en Brión.  Outro de ocupación na Graña.  O último de amago en San Filipe. m) Ás 15:00 h. do día 26 de agosto retirábanse as tropas invasoras. A defensa encontrada, moito maior da agardada previamente polas informacións que estas dispuñan, e ante o risco de ter que atravesar por valgadas facilmente defendíbeis polos ferroláns, parece ser que animaron á retirada. (As versións por parte do bando británico, sobre todo as coñecidas a través das comparecencias do propio tenente xeneral Pulteney perante o seu parlamento, así como do contraalmirante Warren, serían unha miga distintas.) n) Á 1:00h., de madrugada pois, foran embarcando as tropas inimigas, abandonando por Covas e Doniños cabalos, táboas, picos e sachas. o) Só ás 18:00h. do día 27 de agosto se daban por fin á vela, logo de que o tempo cambiase e os ventos fosen favorábeis para a navegación. p) Disque a intervención divina de San Xiao, patrón de Ferrol, fixera posíbel a retirada do inimigo. q) Así pois, e no día 29 de agosto, na primeira sesión municipal, acordouse a celebración dun “Te Deum”. Dita celebración, levada a cabo até o ano 1807, foi abandonada a partir da alianza que a coroa española fixera coa inglesa tras a guerra da Independencia contra Francia. 5) A versión popular, a asunción en suma dos acontecementos, deu en crear unha interpretación épica deles por parte das tropas españolas. Máis non só canto ás militares, senón tamén ás civís, as cales, e sobre todo nos altos de Brión, mesmo terían empuñado aveños de labranza contra o inimigo repeléndoo así heroicamente. 6) Versións porén, e se cadra algo máis axustadas a todo o acontecido, se tirarían de comparar o que os historiadores locais escribiron acerca dos feitos, así como a documentación británica dos propios implicados no desembarco e ataque do 25 de agosto de 1800, sobre todo dos dous homes ao mando, o contraalmirante John Borlase Warren, ao coidado da Forza Naval, e do tenente xeneral Pulteney, ao coidado das forzas terrestres, os cales tiveron que render contas perante o seu parlamento. Así pois no día de autos de 1800, e logo dunha asemblea celebrada entre os cinco oficiais ao mando dos atacantes para decidir sobre se debían continuar ou non o asalto, saldaríase coa votación de tres contra dous de que o máis sensato sería a retirada e o reembarco das tropas. A xustificación dada, tanto no diario de a bordo como no parlamento por parte do tenente xeneral Pulteney fora que non pagara a pena continuar adiante, xa que os posíbeis gaños non xustificaban o esforzo.


7) Mais sexa como for a realidade dos acontecementos, o certo é que as tropas locais lograran finalmente a vitoria. As escusas ou xustificacións do tenente xeneral Pulteney, así como a dificultade de superar o baluarte que rodeaba a cidade, alén do feito de que a frota invasora non sería capaz de entrar pola boca da ría unha vez fora estendida unha cadea de ferro dunha á outra banda da mesma, son explicacións que poden resultar válidas e críbeis. As visións máis optimistas por parte dos defensores, quen xustificaban á audacia e á valentía en romper co cerco británico, ademais da inestimábel axuda fornecida polos campesiños, conforman máis a liña argumental do noso lendario. Tampouco debemos deixar de lado, claro está, a presunta intervención do patrono San Xiao. 8) No momento actual, e con motivo de rememorar dita xesta histórica, o Club de Montaña de Ferrol, e desde xa hai bastantes anos, vén programando unha serie de actividades conmemorativas relacionadas co asalto británico. Durante varios días, e vindo a coincidir coas datas do famoso ataque, realízanse desfiles de tropas ficticias con traxes da época, un simulacro de asalto ao castelo de San Filipe, unha ofrenda floral no monumento aos heroes da defensa de Ferrol e, como colofón ás actividades, unha marcha a pé polos montes de Brión, na que se volve a repetir unha sorte de enfrontamento ficticio coas tropas inimigas, para rematar logo nun xantar popular nun prado do lugar de Liñares, na parroquia de Brión, e dar así por concluídas as actividades. 9) En definitiva pois, a noción do acontecido fórase perdendo xa moitos anos atrás en consonancia cos avatares históricos que se deron tras as novas alianzas políticas. A defensa de Ferrol, fazaña heroica ou non, fórase diluíndo co risco de case se ir esquecendo. Non obstante, a memoria da novela de Xosé García Suárez, Os invasores, conseguiu dalgún xeito que non se esquecese de todo, ao ter introducido este episodio como pano de fondo para a historia folletinesca entre os desgrazados amores de Margarida e Xulián, e entretecidos aínda coa chegada das tropas napoleónicas no 27 de xaneiro de 1809 ao mando do xeneral Soult. 10) Todos os actos celebrativos, xa afianzados de anos atrás, o monumento erixido no parque do baluarte de San Xoán, e obra do mestre Feal, o topónimo existente no Monte de Cha, A Pena do Consello (tratarase do lugar de reunión en que os cinco oficiais británicos deliberaran naquel 26 de agosto?), e bastantes publicacións ao respecto, conforman a realidade tanxíbel deste breve pero intenso episodio histórico. Para rematar, só nos resta lembrar, unha vez máis, a sabedoría e memoria popular: “Castelo de San Filipe, prepara a artillaría, que xa veñen os ingleses pola boca da ría”

[Programa de radio, dos alumnos de “Catabois Radio”, para a XIV Edición da Xornada de Radio Interescolar Ponte...nas ondas, emitida o 6 de xuño de 2008. Locutores: Xerezade Prieto (1°A), Carolina Inglés (3°B) e Pablo Sánchez (4°A)]. Coordinador: Henrique Dacosta. 14


UNHA ALUMNA DE CATABOIS NO CONSERVATORIO DE MÚSICA Estefanía Campello, alumna de terceiro de ESO, estuda no conservatorio de música Xan Viaño. Actualmente está en 3º de grao medio. Comezou os seus estudos de música aos sete anos. Acode ao conservatorio dúas tardes á semana. Toca o acordeón. Coopera tamén nunha orquestra “LEMBRANZAS” , nun grupo de cámara, “AZABACHE” e nun grupo de música Folk, “BADALADAR”. Destas colaboracións vai sacando algún carto que lle vén moi ben. Anima aos seus compañeiros a que se “apunten” porque para ela tocar un instrumento musical é divertido e se por enriba che pagan por facelo mellor!

ENTREVISTA CON ADRIÁN GARCÍA LÓPEZ Adrián, alumno de cuarto, forma parte da banda de gaitas “Agarimo” de Catabois. Empezou aos dez anos. Toca a gaita e o tambor. Ensaia os venres e sábados e actúa en distintos eventos por toda a xeografía española. A banda participa na liga anual de bandas de gaitas que primeiro se realizaba a nivel galego pero que agora se estendeu a Cataluña e Asturias. A nivel personal a Adrián divírteo moito cooperar na banda porque independentemente de que lle gusta a música, esta actividade permítelle coñecer moi ben Galicia e moitos lugares de España ademais de tratar con moita xente doutros lugares e ampliar así o seu abano de amizades. A nivel económico formar parte da banda non reporta beneficios pero como cando se desprazan van a gastos pagos el vai encantado.

15


DEPORTISTAS Este curso, dous alumnos do centro foron premiados como mellores deportistas de Ferrol na súa especialidade: Son Noa Fernández Horjales, en Baloncesto e Luis Alfredo Borja Salazar, en Halterofilia. As entrevistas con eles fixéronas os seus profesores, Juan e Alfonso. Pero aínda que estes premios son motivo de alegría, o certo é que o deporte entre o alumnado do centro non está precisamente estendido como práctica habitual......tras unha enquisa feita en todos os cursos, so 17 alumnos practican algún deporte como federados, o que supón un pobrísimo 13%. E un dato para reflexionar: soamente unha rapaza de entre todas as matriculadas no instituto! Supoñemos que moitos outros (e esperamos que outras) farán deporte no tempo de lecer, pero nestes tempos nos que tanto estamos a falar da importacia do exercicio como factor de saúde e prevención, parécenos realmente que é un dato moi pobre. Xa sabedes, se queredes vivir a vida con saúde.....facede deporte!! E apuntarse nun clube é normalmente a vía máis segura e que ofrece máis garantías para unha boa práctica, con profesionais formados e ausencia de riscos, á parte de estar cubertos con seguros médicos. E a competición non sempre é o máis importante, pero pode ser divertida. Xa sabedes, buscade algún deporte que vos guste, e apuntádevos a unha vida máis sa! Alumnos do instituto federados nalgún deporte : 17 Dos cales : Rapaces 16 Rapazas 1 Por deportes: -Fútbol 10 -Remo 2 -Halterofilia 2 -Baloncesto 2 -Natación 1 -Montañismo 1 -Tenis de mesa 1 Como vedes, a suma dá 19, pero é que dous deles están federados en dúas especialidades.

DEPORTE NA ESCOLA

16


Luis Alfredo Borja Salazar Mellor deportista ferrolán na especialidade de Halterofilia no ano 2007, pertencente ao Club Halterofilia Ferrol. Falamos con el, e facémoslle algunhas preguntas. - A que idade comezaches coa halterofilia e por que? Aos 9 anos, e empecei porque me apuntou o meu avó, que coñecía ao adestrador. - Como eran os primeiros entrenamentos? Xa levantabas peso? Non, eran sin peso, cunha barra de madeira, so traballo técnico, pero tamén era difícil. - E a que anos comezas a levantar peso? Aos 10 anos, pero pesos pequenos. - Dinos os teus mellores resultados en competición. Fun 3 veces Subcampión de España e 2 veces Campión de España sub-15. - Como se compite en halterofilia? Por pesos, eu compito en categoría ata 85 kilos, é dicir, para persoas cun peso propio inferior a 85 kilos. - E cal é a túa mellor marca? 91 Kgs. en dous tempos, e 75 en arrincada. - Supoño que adestrarás bastante... cales son os teus horarios de adestramento? Pois si, adestro todos os días, de luns a venres, de 4,30 a 8. - E son duros? Si. Facemos un quecemento, algo de carreira continua e traballo de técnica e de forza. Moito traballo de pesas. -Cal é o teu obxectivo? Pois espero seguir competindo o mellor posible ata máis dos vinte anos. - Dilles aos teus compañeiros por que recomendarías o teu deporte, e que é o que che deu a ti persoalmente. Recomendaríallelo se realmente lles gusta, e a min deume a posibilidade de percorrer moitos sitios de España e do estranxeiro, amigos en todas partes, e unha vida máis sa. Pois moitas grazas, Luis...... e que teñas moitos éxitos!

17


Noa Fdez Orjales Deportes que practica na actualidade: Tenis de Mesa e Baloncesto. O tenis de mesa empezou a practicalo no curso 2005- 06 no CEIP San Xoán acadando o primeiro posto por equipos formando parella con Paloma Lisi (alumna do I.E.S. Catabois). No curso 2006- 07 e 2007- 08, acadou o primeiro posto na categoría individual e por equipos (deporte escolar). Na categoría federada xoga en Galicia, Asturias, León… Os adestramentos realízaos na casa do deporte en Caranza, dedicándolle tres días á semana. Empezou a xogar ao baloncesto no ano 2006 no CEIP San Xoán, actualmente xoga no universitario Ferrol, nas categorías inferiores, participando na liga comarcal.

18


AROMAS DE MI NIÑEZ Sé que estás ahí, te presiento. A veces veo tu reflejo, pasando furtivamente ante mis ojos. Los cierro, no quiero verte aún. No quiero olvidar a la niña que hay en mí. Y recuerdo..., A esa niña; pequeña, rubia, con el pelo ensortijado y caminando por el mundo feliz agarrada de la mano de mis padres. Recuerdo, el miedo a que hubiese un monstruo en el armario o debajo de la cama y como mi madre me reconfortaba cantándome suavemente mientras yo me agarraba fuertemente a su dedo. Recuerdo los abrazos silenciosos de mi padre y como me hacían sentir la niña más querida del universo. Recuerdo cuando mi madre me decía que una persona tiene que ser limpia y oler bien y como haciéndole caso, mezclé colonia con dentrífico, para que mi aliento fuese implecable. Recuerdo cuando un día decidí ayudarle a mi madre a hacer la comida, “macarrones cocidos sin agua” o bien “pastel por las paredes”. Recuerdo a mi perro Golfo 1, como me gustaba jugar con él. El pobre interpretaba todo tipo de papeles, tanto podía ser una princesa como un malvado dragón. Recuerdo las tardes de verano, metida en la piscina jugando con mi hermana y cómo me tenían que esconder la manguera porque si no me convertía en el primer enemigo de mi casa. Recuerdo la ilusión que me hacía ayudarle a mi padre en el jardín y como me encantaba podar los árboles, los rosales... Aunque seguramente a estos últimos les entraba el pánico al verme a mí tijeras en mano. Recuerdo el adiós a mi chupete y como llena de valentía, pero con lágrimas en los ojos, lo tiré a la basura.

19


Recuerdo cuando metieron a mi peluche favorito en la lavadora y mi llanto desconcertado pensando en que mi amado Acún se iba a ahogar, y cuando lo vi colgado en el tendal por las orejas, aún fue peor. Acún, mi pequeño conejito blanco, hace tanto tiempo que no duermo con él. Aunque aún está sentado en una estantería de mi cuarto, sé que tarde o temprano lo guardaré en el baúl de mis objetos favoritos. Porque Acún se convirtió en eso, en un objeto. Recuerdo mi habitación llena de peluches y cuadros con escenas de Disney y cómo todo se fue sustituyendo podo a poco. Donde estaba Minnie ahora, hay un par de pósters de surf y la mayoría de los peluches fueron cambiados por cojines.

Recuerdo la ilusión por la cabalgata de Reyes, por los regalos, por la Navidad, por Papa Noel. Ahora ya no es lo mismo, la magia de esos días desapareció. La sigo viendo en el rostro de mis primos pequeños y eso me consuela un poco.

Recuerdos y más recuerdos...

No quiero perder la magia, la ilusión, la inocencia de mi niñez; pero ante mí se abre un nuevo camino lleno de incertidumbres y Doña Adolescencia viene gritando con fuerza, moldeando mi alma y mi cuerpo.

Habrá ilusiones, el insti, los amigos, el poder salir, los exámenes, etc.

Sé que el abrazo de mi padre y la sonrisa de mi madre siempre estarán ahí pero también sé que dentro de poco tendré que caminar yo sola muchas veces.

Adiós mi dulce niñez, te guardaré siempre en ese rincón del alma donde se atesoran los más bellos sentimientos.... Xerezade Prieto López 1ºº ESO 20


E digo eu: Levamos moitos días escoitando a maldita canción do "chiki-chiki", para o meu gusto, ata a saturación. Calquera día atoparíaa na sopa. A canción en si, e o actor que a interpreta, non deixan de traer certa graza e, se fan rir, benvido sexa.

Se non fose pola gran campaña de márketing que houbo detrás dela, seguramente pasaría sen pena nin gloria. E machacáronnos día e noite: tonos e politonos, videoxogos, a lotería da ONCE, ata os nenos pequenos a saben de memoria...

Fixéronnos crer o que eles querían: Rodolfo Chikilicuatre é un gran cantante e a súa canción ten unha letra e unha música que merecía ir a Eurovisión.

Francamente, Eurovisión impórtame un bledo e Rodolfo Chikilicuatre o mesmo, pero non deixei de facerme dúas preguntas e de pensar na xente que tiña postas as súas esperanzas nesa oportunidade.

- A alquén lle importou que eses rapaces e rapazas que realmente cantan visen truncados os seus soños, e non por un compañeiro que cantase mellor, se non por unha parodia?

- Somos tan parvos que nos deixamos utilizar polos medios de comunicación que nos venden o que eles queren sen rechistar e aplaudirlles como memos?

Dende logo, saber saben lavarnos o cerebro, xa que este non é o único caso. Todos coñecemos nomes de xente que esta aí, non polo seu talento, se non por ser fillo/a de... ou porque está a saír con..., pero seguimos comprando os seus discos e vendo as súas películas.

É ben certo, “onde vas tolo?, onde van todos"... XEREZADE PRIETO LÓPEZ 1ºº ESO

21


Percorrendo mundo: O martes día 19 de Febreiro os alumnos/as de 1º e 2º fomos de excursión. Saímos pola mañá e pasamos todo o día na Coruña. Visitamos o planetario, a Domus e o Acuario. Aínda que non era a primeira vez que iamos, gustounos moito, sobre todo o poder estar cos amigos e tamén porque non houbo clase nin deberes. O primerio que visitamos foi o Acuario. Encantáronnos os peixes e velos así, dando voltas e máis voltas, produciunos un efecto moi relaxante, tanto que, deixándose levar pola maxia do lugar, uns compañeiros (non vou dicir nomes), adicáronnos a súa visión particular do "Lago dos cisnes", máis ben era "A poza dos patos". Será mellor que sigan a estudar, porque como bailaríns non lles vexo moito futuro... Logo fomos á Domus onde había unha exposición moi interesante sobre o home na Prehistoria. Alí realizamos diversas actividades: como saber canto mide o noso brazo, medir a tensión, ulir diferentes aromas, etc. Descansamos un anaco mentres comiamos. Despois de repoñer forzas fomos ao planetario, onde comprobamos en vivo e en directo o funcionamento do péndulo de Foucault e o nacemento duns poliños. Descubrimos que con cousas que acostumamos facer diariamente se pode crear enerxía. Tamén estivemos nunha exposición de tumores canceríxenos e observamos a un montón de insectos estraños. E xa por último, fomos á planta de arriba onde nos agardaban os planetas, as constelacións e todo o universo. O regreso á casa fíxosenos curtísimo... MENSAXE PARA OS MESTRES: Cando queirades, estamos dispostos a repetir a excursión! XEREZADE PRIETO LÓPEZ 1ºº ESO

22


VIAXE A NEVE Ola a todos e todas!! como estades? a verdade é que ultimamente eu ando media despistada e non me acorda pasar por aquí, pero creo que vos debo un pequeno resumo do que foi a excursión da neve. Saímos o domingo 30 de marzo ás 6 e media da mañá (case morro ao erguerme da cama tan cedo) e paramos no camiño para xantar e estirar as pernas.A verdade é que a viaxe de ida fíxoseme longuísima, pero ao final polo menos falei cos compañeiros e amigos e non foi tan malo. Cando chegamos (mortos polo cansanzo) fomos aos nosos cuartos, a verdade é que non estaban nada mal aínda que algúns saíron a maioría quedamos no hotel a descansar e ese día quedamos durmidos cedo. Ao día seguinte fomos por primeira vez ás pistas, WOW non queda outra expresión mellor, a verdade, porque foi xenial!!. Pasámolo de vicio. Chegamos e, malia que nevaba( que iluuu), fixemos as clases. A min de feito encantoume toda a leria de esquiar e iso. Pasamos a tarde esquiando a maioría e a iso das 5 marchamos para o hotel. Duchámonos, puxemos roupa de rúa e algúns saíron e outros coma min quedamos alí. Así foi pasando o tempo. A verdade é que como sempre nos portabamos bastante ben, deixáronnos saír cada día ata un pouco máis tarde, o xoves de feito saímos de carallada por alí por Jaca. Pasámolo moi ben ( a pesar de que algún veu bo) hehehe. En fin, que o venres a maioría non queriamos marchar. Eu de feito quedaba outra semana máis por alá. Anécdotas: Se ides ao Gran Hotel de Jaca, non subades no ascensor que non é, non vaia ser que vos atopedes no piso que non é :s xD Se buscades algún sitio da vila non sigades as cunchas, que vos traen a Santiago jeje Se facedes cousas indebidas intentade que non vos vexan. Coidado coas caídas non vos pase coma a min, que dei tres voltas no aire, ou outros que acabaron case rotos.

En fin que pasámolo Xenial!!!! Moitas gracias a Alfonso por esforzarse para organizar a viaxe. Grazas tamén aos meus compañeiros por facerme pasar unha semana inolvidable querovos moito^^ Biquiños, Andrea^^

23


Saímos o domingo de madrugada, medio durmidos e sen gana de nada. Desexando chegar a Jaca collemos o bus, onde pasamos 10 agobiantes horas entre bocexos e risas, pero a medida que ían pasando as horas a viaxe volvíase cada vez máis aburrida e estabámonos arrepentindo bastante de coller ese bus. Cando chegamos mudounos o ánimo e estabamos desexando comer e tirarnos na cama. Os días siguintes foron pura diversión. Polas mañás tiñamos as clases de ski e snow cun profesor que era la caña, e ensinábanos moitas cousas. Pouco a pouco fómonos convertendo nuns profesionais do snowboard (que, por certo, recomendámolo antes ca o ski). Os primeiros días son os que toca subir a pé, porque non sabes subir na percha, pero a medida que te vas adaptando á percha podes bailar e cantar cancións para non aburrirte mentres sobes. As caídas eran espectaculares pero soamente nos gustaba ver as dos outros. Cada día que pasaba estabamos máis e máis cansos aínda que valía a pena resistir e seguir subindo e baixando, probando novas cousas e diferentes pistas, cada vez máis e máis difíciles. Ao principio as difíciles infundían certo respecto, pero son como unha droga canto máis as baixas, máis e máis gana tes de volver facelo. Mentres moita xente andaba a guindar bólas de neve, aos que de verdade nos gustaba estabamos todo o día baixando polas pistas máis difíciles. A comida e as instalacións estaban bastante ben.

IAGO e ALEJANDRO 4ºESO ºESO 24


ÁLBUM DE FOTOS DA VIAXE Á NEVE

25


CONCURSO DE PORTADA PARA A REVISTA

JESÚS FERNÁNDEZ PADRÓN 2ºC º

OSCAR RODRÍGUEZ LEIRA 4ºDC ºDC

JESÚS FERNÁNDEZ PADRÓN 2ºC º 26


FOTOS DO FESTIVAL DO ENTROIDO

O Festival foi organizado por alumnas/os de 2ºº e 3ºº da ESO

27


Que o ENDL? O equipo de normalización e dinamización lingüística é o órgano encargado de potenciar o uso da lingua galega en todos os centros educativos dependentes da Consellería de Educación. Ademais de promover tamén ten a función de asesorar lingüisticamente a toda a comunidade escolar. Actúa baixo a supervisión da Dirección do centro e está formado por representantes do profesorado, do alumnado e do persoal non docente. Todos os anos, ao comezo do curso, pódeste apuntar para formar parte del e traballar a prol da normalización da lingua galega.

Que fixo o ENDL este curso? O labor do ENDL este ano estivo centrado basicamente nos seguintes puntos: A celebración do entroido Como todos os cursos dende o Equipo promoveuse a celebración do Entroido e co apoio da Dirección e do Departamento de Lingua e Literatura Galega convocouse un Concurso de antefaces, máscaras, caretas e composicións en verso.

28


Poesía e imaxe Este certame no que o IES de Catabois participa dende hai anos. Ademais sempre o facemos con moito éxito. Nesta edición Xerezade Prieto López de 1ºA quedou entre os mellores.

29


A celebración do día das letras A RAG dedicoulle o 2008 a Xosé Mª Álvarez Blázquez e nós fixemos celebracións para recordalo. Os alumnos de primeiro ciclo asisiron ao Teatro Jofre á representación de O achado do Castro mentres que os de segundo foron ao Torrente Ballester para ver Os cravos de prata. Viñeron encantados! A semana do 12 ao 16 foi a de actividade máis intensa. Visitounos a actriz arxentina Mª Inés Cuadrado que fixo un espectáculo de contacontos. Realizou un percorrido por diversas lendas populares para todos os alumnos do centro. Os rapaces e as rapazas de 4º visitaron eses días a Casa Museo de Dna Emilia Pardo Bazán (hoxe sede da RAG) na Coruña.

CONTACONTOS

30


Os maios A asociación de veciños Santa Mariña sempre nos convida a festexar os maios con eles. Os rapaces de 4ºDC realizaron un maio. Traballaron duramente e este foi o resultado.

A realización do PLC O Decreto 124/2007 regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo e é de aplicación en todos os centros docentes públicos e privados. Contempla a necesidade da elaboración do Proxecto Lingüístico do Centro. Este documento debe formar parte do Proxecto Educativo de Centro. Estará redactado por unha comisión de profesores e deberá ser aprobado e avaliado polo Consello Escolar. Nel han constarán os seguintes puntos: a) As linguas que se deben empregar nas áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento. b) As oportunas medidas de apoio e reforzo para un correcto uso lingüístico escolar e educativo, co fin de alcanzar o obxectivo xeral establecido na Lei de normalización lingüística e na LOE, no que afecta ao fomento do plurilingüísmo. c) Os criterios para determinar a lingua predominante do contorno. d) As medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle impartan. No referente ao apartado c) no segundo trimestre realizouse o traballo de campo no instituto para coñecer de primeira man nosa comunidade escolar dende un punto de vista sociolingüístico. Os datos extraídos, xunto cos tirados do Mapa Sociolingüístico de Galicia, serven como punto de partida para a deteminación da lingua predominante no contorno. Cales son os proxectos para o curso que vén? Para o curso 2008/09 o ENDL ten como obxectivo principal seguir coa redacción do PLC e, sobre todo, comezar coa elaboración dun documento máis amplo no que se enmarca o anterior a Planificación Sociolingüística do Centro. Tamén temos idea de seguir coa radio escolar e, se os cartos nolo permiten, modernizala un pouquiño máis. Non podemos esquecernos do asesoramento lingüístico a toda a persoa que o demande. Ademais de todo iso celebraremos as nosas festas tradicionais, as Letras Galegas, e todos aqueles eventos que vós consideredes oportunos e que supoñan un avance na plena normalización da lingua galega. Feliz verán! 31


PROFESORA DE APOIO ÁS LINGUAS ESTRANXEIRAS NO NOSO IES Durante este curso que está a piques de rematar o noso IES tivo a oportunidade de contar cunha profesora de apoio á lingua francesa, Aniça El Kotbi. Isto dáse en tan contadas ocasións que é digno de salientalo na nosa revista. Para o noso centro Aniça é a nosa primeira lectora e procuramos acollela coma unha máis de nós. Aniça é unha rapaza moi nova, só ten 21 anos, discreta e afable. Chaman a atención a súa madurez, discreción e saber estar para contar con tan poucos anos. Esta é a pequena entrevista que lle fixemos para a nosa revista. - de onde vés, Aniça? - Veño de Guingamp, na Bretaña francesa, unha pequena vila de aproximadamente oito mil habitantes, pero estudo na universidade de Rennes 2, unha universidade que ten tradición en intercambios con Galicia. - Que che pareceu Ferrol? - O que máis me chamou a atención foron as súas rúas tan perpendiculares e rectilíneas. Isto e mais o ambiente das rúas ata ben entrada a noite lembráronme Marrocos, país do que son orixinarios meus pais. Aquí a xente vive moito a noite. E isto gústame porque non te sentes soa. Na miña vila en Francia non hai ninguén na rúa a partir das sete da tarde. -Atopas similitudes entre Bretaña e Galicia? -Agás o clima e a situación xeográfica non vexo similitudes entre Galicia e Bretaña. A xente de Galicia é máis acolledora e aberta. -Galicia e Bretaña contan con linguas propias como son o galego e o bretón; cal é a situación do bretón na actualidade? -O bretón non se ensina en todas as escolas alí. Hai escolas de nivel infantil nas que os profesores imparten as materias en bretón, pero en niveis superiores a aprendizaxe do bretón é optativa. Poucos alumnos elixen estudiala. Supoño que por esa razón é unha lingua que usa a xente maior. -Tiveches algunha vez dificultades de comprensión por que che falaran galego? -Realmente o que me falaran galego non supuxo para min demasiadas dificultades porque se trata dunha lingua románica que ten similitudes coa francesa, ás veces maiores que as do castelán.

32


- Que salientarías da túa experiencia como lectora este curso en Ferrol? -A nivel profesional esta foi a miña primeira experiencia como docente. Coido que aprendín moito nesta primeira toma de contacto co alumnado. Abraioume a chea de cousas que aprendín a través dos alumnos, son moi receptivos e cariñosos. Este contacto con eles fíxome poñer en cuestión algúns aspectos do meu labor para así melloralo. -Atopaches diferencias entre os alumnos do primeiro ciclo de ESO e os do segundo? -Os de 1º de ESO son máis inquedos e dinámicos e tamén máis receptivos no momento de aprender a través de xogos ou cancións. Pensan que son unha máis entre eles. Quizais o curso máis dificultoso en canto a comportamento foi 2º de ESO pero non creo que fose especialmente polo tramo de idade senón polo menor interese amosado por algúns alumnos, pero aínda con todo son moi amables. En canto ao segundo ciclo os alumnos son máis serios, interésanlles máis as notas e todo xira máis arredor delas. - Que visión teñen os alumnos sobre Francia? - Adoitan coñecer pouco a cultura francesa pero considero que se deberían realizar viaxes culturais para espertar o seu interese por esta. - Atopas diferenzas entre a aprendizaxe de idiomas entre Francia e España? -Non. Son similares. Quizais que Jacqueline este curso levou a cabo moitas actividades comunicativas se comparo con como eu aprendín linguas en Francia. -Viaxaches a algún outro lugar que non fora Ferrol e arredores durante a túa estancia aquí? -Si, bastante. En Decembro viaxei a Lisboa, en Portugal, na Semana Santa despraceime a Canarias. Tamén visitei Santiago, A Coruña e os seus museos interactivos, Cambre e o museo Wenceslao Fernández Flórez. Quedei marabillada por todo o que vin. Tamén fun en dúas ocasións ao teatro e en outras dúas ao cine co instituto. Así que a nivel persoal esta foi unha experiencia inolvidable. Aprendín moito aquí e encariñeime moito cos meus alumnos que me ensinaron moito sobre eles mesmos e sobre min mesma, vaime custar moito marchar. Pode que no futuro volva a ser lectora outro curso máis pero creo que a experiencia non poderá ser tan boa. Quero expresar as grazas a Jacqueline, a profesora de francés, primeiro por como me acolleu este curso aquí e por facilitarme tanto a tarefa. Guioume no meu labor sen me poñer trabas e permitindo que obrase cunha autonomía da que debo estar eternamente agradecida. Foi un pracer para min traballar con ela. Espero volver en canto poida a Ferrol e vir ao instituto para ver aos meus alumnos. - Cales son os teus proxectos máis inmediatos? -De principio retornar a Bretaña para preparar a oposición para ser profesora de español en Francia.Teño clases na universidade para preparar as probas que teño que pasar.A primeiras probas serán escritas, se estas che dan a media pasas aos exames orais. E duro porque hai moito opositor para poucas prazas. -Jacqueline, que podes dicir desta experiencia con Aniça? -Foi unha experiencia moi boa, esta era a primeira vez na miña vida laboral que tiven lectora e aínda que Aniça é moi nova e, polo tanto inexperta nestas lides, Aniça fíxoo magnificamente, é un excelente modelo a seguir para os nosos alumnos. En canto aos alumnos, destacan de Aniça a súa simpatía, bondade e discreción. Con Aniça aprenderon moito francés sobre todo a nivel oral, foi unha aprendizaxe divertida e aínda lembran o día que lles trouxo galletas e bombóns da Bretaña. Botarana moito de menos e gustaríalles que volvera para o ano que vén.

33


Os que se van Malia que aínda teñen tempo para decidir por onde van orientar o seu futuro, preguntámoslles que profesión lles gustaría estar exercendo no ano 2018, é dicir, dentro de dez anos, e aquí están as súas respostas:

Sergio: Enxeñeiro naval

Víctor: Futbolista ou fisioterapeuta

David: Profesor de ciencias

Kevin: Músico

Alba: Enfermeira

Alberto: Arquitecto

Cristian: Profesor Parkour o bombeiro

Andrea: Profesora de algo de humanidades

Brais: Futbolista o bombeiro

Pablo: Veterinario

Javier: Arquitecto

Jose: Arquitecto 34

Adán: Militar


Noelia: Administrativa

Yago: Informático

Alejandra: Auxiliar de enfermaría

Alejandro: Informático

Adrián: Soldador

Raquel: Administrativa

Artur: Actividades deportivas

Natalia: Puericultora

Gwendoline: Auxiliar de enfermaría

Óscar: Mecánico

Beatriz: Perruqueira

Alejandro: Ebanista

Estela: Enfermeira

35


Páxina WEB

O noso centro participa, xunto con outros vinte da comarca, no proxecto Webs dinámicas Siega Pontedeume. É un proxecto no que a información e os contidos cobran maior importancia e se ten en conta fundamentalmente o traballo colaborativo da comunidade educativa (profesores, nais e pais, alumnos e alumnas). Os centros educativos do proxecto dispoñen dunhas aplicacións dinámicas en contorno web preinstaladas nos servidores da Consellería de Educación. As aplicacións dispoñibles son: Drupal:Sistema dinámico de xestión de contidos. O contido textual da páxina e a súa configuración almacénanse nunha base de datos MySql. A publicación de novidades (artigos, avisos, comentarios, libros colaborativos, blogs...) é inmediata sendo polo tanto unha ferramenta de gran versatilidade e funcionalidade Moodle: Plataforma de aprendizaxe ou aula virtual. Unha potente ferramenta que permite crear unidades didácticas co seus materiais e actividades como apoio a ensinanza presencial Coppermine: Ferramenta que permite de xeito sinxelo a creación de galerías de imaxes clasificadas en álbums PhpWebQuest: Indicada para a creación de WebQuest, MiniQuest, Cazas do Tesouro... Neste primeiro ano de funcionamento, pouco a pouco imos enchendo de contido a web, xa hai bastantes imaxes na galería e empezamos a probar a utilidade do Moodle. Esperamos que o curso que vén toda a comunidade educativa lle saiba sacar todo o rendemento que a plataforma ofrece. Arriba mostramos unha imaxe da páxina de inicio da web que os interesados podedes visitar na dirección: http://centros.edu.xunta.es/iesdecatabois

36


1

2

3

4

5

6

7

8 10

9 11

13

12

14

15

17

16

19 20

18 22 25

21

24

23 26

27

29

28 30

31

32

ENCRUCILLADO HORIZONTAL 1. Cando a fame continuada chega a ser enfermidade 8. Artigo 9. En Roma, París ou Londres hai fermosos monumentos exipcios destes que acaban en punta 11. ... Pastor Díaz, escritor viveirense das letras nacionais 12. Confecciona unha tea ó revés 13. Non contesta 14. Dous romanos 16. Defecto físico 17. Regalar 18. Nome de letra ao revés 19. Para que a trompeta soe máis suave 22. Un italiano para si 24. Desexo de superación 25. Existides 27. Prohibido, sobre todo nas cultura antillanas 29. Miranda, escritora e muller de Xosé Neira Vilas 30. Enfermidade 31. Ao revés, bótaste fóra 32. Segundo apelido de Álvaro Cunqueiro VERTICAL 1. Gorro eclesiástico 2. Situacións 3. Descanso, ocio 4. Escravos espartanos 5. Tres romanos en capicúa 6. Ao revés, loucura, estado de moita exaltación 7. Mítico grupo de rock duro 8. Bardo irlandés no seu gaélico orixinal 10. Escoita 15. Persoa de vida licenciosa 17. Para dar luz á bicicleta 20. Descanso no deserto 21. Sistema de gravación e reproducción de audio dixital 23. Ao revés, terreo de cultivo cercano á casa 25. Unha sociedade 26. Demostrativo

37


Anagrama de poetas NUSQUEENMARZOCURREIL LERILSIEFEOCOMORIRE MAMANURIAEL LOMIBLASCANANRA FRIDEZNERENM RENDOLUDAPADO UASINESELO REVOLANOZAREL

Chá Terra magnolias e Con pólvora asoballada terra Da eisiliado do Fardel pedra de noite Longa terra miña da Aires pinos dos Queixumes Lonxe

Agudeza visual: Fíxate ben en todas estas figuras que revolvemos, xa que che imos facer tres cuestións sobre elas: 1.Cantas vacas hai? 2.Cantos burros hai? 3.Cantos porcos ves?

DEDUCIÓN Cada unha das seis palabras deste xogo leva ao seu carón un nº, que indica as letras que ten en común coa palabra que se debe deducir. Para orientación, dicir que, se dan tres letras -na orde que lles corresponde- da solución

38


39

SOLUCIÓNS DEDUCIÓN: Bastón XEROGLIFICO: Xerardo ou Rosa (Xerar do Ouros a) AGUDEZA VISUAL: 1-9, 2-4, 3-5 ENCRUCILLADO Horizontais:1Bulimia8Os9Obeliscos11Nicomedes12Ecet13NC14IC16Tara17Dar18E c19Sordina22IO24Afana25Sodes27Tabu29Anisia30Mal31Seas32MoraVerticais:1B onete2Ubicacións3Lecer4Ilotas5mim6isenrf7acdc8ossian10oe15Crapula17Dinamo 20oasis21dat23odie25SA26esa ANAGRAMA DE POETAS MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Aires da miña terra CELSO EMILIO FERREIRO Longa noite de pedra MANUEL MARÍA Terra Cha RAMÓN CABANILLAS Da terra asoballada MÉNDEZ FERRÍN Con pólvora e magnolias EDUARDO PONDAL Queixumes dos pinos LUÍS SEOANE Faldel do eisiliado LORENZO VARELALonxe REFRÁNS DESORDEADOS Marzo, marzán, pola mañá cara de rosa, pola tarde cara de can En abril as augas enchen o carro e o carril Ata o corenta de maio aínda a vella queima o tallo O mal e o ben, na cara se ven

Quen cres que é o mellor estudante da clase?

Xeroglífico “de marzán rosa cara pola mañá de tarde Marzo can pola cara” “carro e o abril o carril enchen as augas En” “corenta tallo Ata queima o aínda a vella de maio o” “ven ben mal e cara O se na o

Refráns desordeados


ÍNDICE

LIMIAR......................................................................................1 ALUMNOS/AS ........................................................................2- 6 ACTIVIDADES L. CASTELÁ....................................................7-8 ACTIVIDADES BIBLIOTECA.................................................9-10 PONTE NAS ONDAS...........................................................11-14 MÚSICOS.................................................................................15 DEPORTISTAS ...................................................................16-18 AROMAS DE MI NIÑEZ .......................................................19-20 EU DIGO...................................................................................21 VIAXE A CORUÑA.................................................................... 22 VIAXE Á NEVE ....................................................................23-25 CONCURSO PORTADA ...........................................................26 FOTOS ENTROIDO..................................................................27 ENL .....................................................................................28-31 PROFESORA DE APOIO ÁS LINGUAS ESTRANXEIRAS ..32-33 OS QUE SE VAN .................................................................34- 35 A WEB.......................................................................................36 PASATEMPOS ....................................................................37-38

40


CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA I.E.S. de CATABOIS Estr. de Catabois, s/n. 15405 Ferrol (A Coruña) Telf./Fax: 981 31 46 54 E-mail: ies.catabois@edu.xunta.es

Lembranzas 2007-2008  
Lembranzas 2007-2008  

Revista do instituto do curso 2007-2008

Advertisement