Page 1

LEMBRANZAS Curso 2006/2007

IES de CATABOIS


L I M I A R Velaquí estamos un novo curso. Con novas caras que nos chegaron do colexio de Pazos, do de San Xoán…. e vellas caras que xa se nos van. E vánsenos, non sen nos deixar unha miga tristes, logo de varios anos de convivencia; aínda que, doutra parte, coa satisfacción de ver que as cousas correron como deberan e que a súa formación continúa. Mais a vida é así: unha continua roda de docentes e discentes, viva e dinámica. Outros haberán de ser os que veñan para o próximo curso, de modo que o xirar da roda siga e siga. Mais deixémonos agora de melancolías! Porque, alén da vida máis académica e curricular, o noso centro, e ao igual que leva facendo ao longo de moitos cursos, ten participado nun senfín de actividades e propostas. Así pois, e dándolle continuidade ao noso carácter internacional, fixemos intercambio cun instituto do Lazio italiano, Morlupo. Frutífero este, alumnado e profesorado chegou a unha perfecta simbiose, e máis dunha lágrima, e algún que outro corazón roto foi ficando de camiño. As actividades fixas de cada ano fóronse realizando con normalidade. Levouse a cabo a viaxe á neve, desta vez a Candanchú. O Día do Libro, aderezado coa elaboración dunha serie de cubos representando distintas facetas da literatura de terror, así como distintos xogos relacionados coa mesma temática, gozaron dun enorme éxito e participación. O Día das Letras Galegas, dedicado á poetisa María Mariño, estivo igualmente presente cunha exposición sobre a súa obra, así como con libros de literatura galega. Un novo curso, o noso maio participou na festa que anualmente celebra a Asociación de Veciños de Santa Mariña. E por segundo ano consecutivo, e como colofón ao noso labor radiofónico de CataboisRadio, participamos o 1º de xuño na nova edición do programa internacional de “Ponte… nas ondas!”. Velaquí estamos, dinámicos e vizosos. Con enormes saudades para todos aqueles e aquelas que nos deixan, pero cun grande abrazo para os que xa recibimos.

1


GRUPO 1º A Armada Blanco Alberto Batista Couselo Carlos Giovanni Bouza Seijo Martín Bouza Seijo Pablo Casal Fandiño Victor Castro López Roberto Castro Sequeiro Cristina Dopico Vergara Soraya Franández Franco José Manuel Fernández Veiga Hugo García Barca Edgar Rivas Yáñez Yessica Rodríguez Bañobre Daniel Sánchez Otero Lucía Vargas Fraga Rubén Vázquez Couce Juan Villa López Marcos

2


GRUPO 1º B

Díaz Calvo Francisco José Fernández Llago Juan Jiménez Cortiñas Kevin Monteiro Jiménez Sulamita Monteiro Salazar Bernabé Monteiro Vargas Salomé Paz Doce Cristina Pérez Llago Adrián Pérez Serantes Lidia Sánchez Gil Diego Suárez Gabarres Eliseo

3


GRUPO 1º C Borja Salazar Luis Alfredo Da Costa Barros Tiago Miguel Fernández Padrón Jesús Alberto Freire Villaverde Serafín Jiménez Romero Yolanda Medín Rivera Rocio Monteiro Salazar Lidia Paz Doce Alberto Pérez Gutierrez Cristóbal Salazar Borja Luis Salazar Gabarre José Veiga Santiago Alejandro

4


GRUPO 2º A Blanco González Daniel Campello Castro Estefania Carrodeguas Hermida Daniel Fernández Fernández Brandán Franco López Verónica García Garrote Ana García Lorenzo José Arturo Iñiguez Dopico Antonio López Álvarez Sonia Medín Fernández Daniel Pita Mateo Iago Rodríguez Ferreño Adrián Rodríguez González Victor Suárez Díaz Vanesa Vázquez López Brais Vázquez Rodríguez Natalia Veiga Castro Laura 5


GRUPO 2º B Bustabad Iglesias Pablo Dieguez Villaverde Alejandro Fernández Fernández Javier Huergo Pita Randolgh Moreno Martínez Jennifer Neira Baamonde Bruno Pérez Villaverde Cristina Rivas Yáñez Diego Salazar Jiménez Esther Sanjuan Fernández Iván

6


GRUPO 2º C Amoris Pires Catarina Sofía Fernández Cainzos Álvaro García Cean Aurora Hermida Reigosa Juan Luis Moreno Bello Brais Mosquera Osorio Fernando Pita Recalde Jennifer Rodríguez Rodríguez Sergio Salazar Conchado Guillermo Santana Lucas Jéssica Simone de Santos Bello Borja Suárez Cabaleiro Jessica Villar Vieira Sara

7


GRUPO 3º A Alvariño Pena Sergio Amado Cartelle Victor Ausín Neira David Díaz Otero Kevin Fernández Paz María Fátima López Carballeira Tania López Salorio Cristian Morales Arnoso Andrea Inés Riso Aguiar Brais Suárez Nóvoa Javier Vázquez Couce José

8


GRUPO 3º B Aguiar Couce Noelia Carrodeguas Requeijo David Fernández Puentes Diego Freire Calvo Marcos Freire Villaverde David García Enriquez Miriam García Rodríguez Alberto Pardo Mesias Artur Sánchez Otero Pablo Sanesteban Lage Bruno Sueira Castro Alejandro Tobio Valencia Alejandro

9


GRUPO 3º C Bocelo Arias Yago Bouza Seijo Alejandra García López Adrian Herrera Rodríguez Raquel Pérez Gutierrez Natalia Pérez López Gwendoline Rodríguez Leira Oscar Santana Veiga Beatriz Vázquez Couce Estela

10


GRUPO 4º A Camazón Lourido Laura Casal Iglesias Yago Chedas López Diego Fernández Castro Laura Freire Teijeiro Alba García Aramburu Laura García Garrote María Gato Comba Tamara López Muiño Francisco Rodríguez Fernández Antón Suárez Nóvoa Pablo Vázquez Couce Susana Vilariño Vizoso Jessica

11


GRUPO 4º B Díaz Ardá Adán Fortuna Vázquez Alejandro M. García Aramburu Pablo García Pérez Pablo Martínez Miguélez Jesús Piñeiro Torquemada Bruno Rios Aguiar David Roca Fachal Pablo Sanmartín García Jorge Yáñez Veiga José Carlos Yáñez Veiga María

12


GRUPO 4º C

Bastida Díaz Francisco Beceiro Fachal Noelia Cachaza Rey Lidia Díaz Prado Adrián Francos Gómez David Freire Villaverde Verónica López Schmalz Joaquín Daniel Pérez Ordoñez Bruno Rama Carneiro Cristina Rivas Ríos Iván Sanmartín Castrillón Alberto Santos Bello David Teijeiro González Alba Vizoso Hermida Alejandro

13


PGS - Iniciación profesional (PIP) Axudante de servizos de restaurante e bar (Pip) - A

PIP Acebedo Pardo Alberto Bahamonde García Jessica Benouar Ayoub Bouza Soto Patricia Cordón Umbón Rocio Díaz Edreira Nuria Feal Curbeira Cristina Gómez Silva José Antonio Rey Campos Irene Rodríguez Muñiz Jessica

14


AS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NOS PROGRAMAS DE GARANTÍA Un ano máis no desenvolvemento destes programas, e co obxectivo de ofrecer ao alumnado a posibilidade de manter actividades que favorezan a adquisición de hábitos positivos en relación ao disfrute do ocio, tempo libre, habilidades socias...así como coñecer as orientacións precisas para traballar en condicións de seguridade no posto de traballo do perfil de Axudante de Restaurante de servizos e Bar, puxéronse en marcha estas accións. Ao longo de catro meses, coincidindo coa formación en empresas e a formación básica na aula, foron intercalándose de forma gradual. O comezo fíxose cun seminario de “Prevención de Riscos Laborais”, ao que seguiu “Manipulación e levantamento manual de cargas”, ambos os dous no mes de febreiro. Ao mes seguinte, marzo, tocoulle o turno a “1° Auxilios” e “Prevención do embarazo”, para continuar no mes de abril con “Drogodependencias” e rematar cunha saída ao IES Fraga do Eume e visitar “in situ” un centro docente de Hostalaría. Posteriormente, e xa no mes de maio, participamos nas charlas de “Nutrición” e “Sexualidade”. Subliñar que, ademais, tamén se traballou nas titorías dos martes, nun Programa de Habilidades Sociais. Todas estas actividades foron programadas tendo en conta as características do grupo, solicitando a súa participación, con dinámicas activas e colaborando con outros IES da zona para favorecer, deste xeito, as relacións interpersoais. A participación conxunta fixose cos centros IES Ferrol Vello, IES Canido e EPAFerrol.

15


O día 23 de marzo o grupo de once alumnos italianos chegaron ao aeroporto de Santiago, Lavacolla, onde nós os agardabamos cuns nervios a flor de pel. Alí, un par de xornalistas agardaban que chegase algún grupo como o noso para facer unha enquisa sobre a xente que viaxaba con compañías de baixo custo. Por fin chegaron os nosos amigos, que parecía coma se xa nos coñeceramos antes. Subimos no bus e volvemos a Ferrol, falando por primeira vez e coñecéndonos un pouco mellor. Esa noite fomos todos xuntos a un bar para que non se sentisen perdidos. Ao día seguinte levantámonos cedo para ir ao mosteiro de Caaveiro onde gozamos dunha das mellores paisaxes galegas. Despois de ver Caaveiro, pasando polas Fragas do Eume, fomos a Pontedeume, onde xantamos. Paseando pola beiramar e vendo a praia, comezamos a falar dos diferentes costumes. A comer pebidas de xirasol (unha cousa rara para eles) e a cantar cancións con música común pero con letra diferente: cancións de películas Disney. Pola noite ceamos en Odeón. Que caos para atopar un sitio! O Domingo foi un día de familia: algúns foron a ensinar as praias das Rías Altas, outros viaxaron a cidades que merece a pena visitar (como Pontevedra e Lugo), e outros quedaron na casa. Pola tarde fomos á discoteca, aínda que elas aburríronse un pouco pola música que había. O luns pasámolo no instituto, onde os italianos estiveron en diferentes clases e fixeron actividades con elas. Pola tarde demos unha volta por Ferrol para que puidesen ver os parques, as prazas e as vistas que temos. O martes estivemos en Santiago: a catedral, a praza do Obradoiro non quedaron sen visitar. Despois de comer xogamos a un xogo que vai ser case universal...o toma-tomate...unha historia moi longa de contar. Por certo, se queredes facer pis na Facultade de Medicina, os baños están no primeiro andar á dereita...outra historia longa. O mércores visitamos a Casa do Concello. Un señor moi simpático explicounos qué se facía en cada sitio da cámara municipal, despois leváronnos a unha sala moi bonita, onde nos explicaron a historia do edificio (os italianos estaban moi intrigados) e despois estivemos co alcalde, que nos regalou uns libros sobre Ferrol e nos deu uns bocatas e unhas empanadas. Visitamos en barco, o castelo de San Filipe, xantamos alí e visitamos todos os seus recunchos. Mollámonos un puquichiño (ata os ósos!). Pola tarde, un grupo de xente reuniuse para amosarlle aos nosos amigos a música e o baile popular galego, mesmo algunhas italianas aprenderon máis tarde a tocar as cunchas! O xoves visitamos a Coruña. Chegamos (tarde, pero chegamos) á Torre de Hércules e ao Acuarium, e nos deixáronnos a tarde para vagar polas rúas coruñesas. Nós pasámolo moi ben, verdade, rapazas?. Por fin, o venres. O día máis tenso. A despedida. Despois do instituto e de preparar a maleta, xuntámonos nun bar a tomar un refresco, e nada máis que chegamos ao centro, xa comezou a choromicas de Natalee a chorar...e claro...todos a seguimos. Menos mal que despois aínda nos íamos ver...imaxinade a despedida en Roma! Cando chegamos ao aeroporto toda a xente nos miraba...calro, chorando como estabamos! E os profesores (con perdón) tan felices e contentos, como se lles fixese graza o noso sufrimento. Daba igual: un mes despois iamosa vernos...en Italia.

16


A VIAXE A ITALIA Este ano os alumnos de 4°A (Iago, Diego, Fran, Antón, María, Jessica, Laura Camazón, Laura García Aramburu e Támara), de 4°B (Adán e Pablo García Aramburu), de 4°C (Noelia) e de 3°A (Andrea e David), acompañados polas profesoras Maca, Jacqueline e Victoria, fomos invitados polos nosos amigos italianos a Roma. Vivan os intercambios! Saímos o mércores 11 de abril cunha calor abafante, que acabou nunha aparatosa treboada ao chegarmos a Labacolla para coller o avión. Dúbidas...será un mal presaxio? Pero non; ao chegarmos, estaban as familias ansiosas por recibironos, e os nosos amigos ansiosos por abrazarnos. Xa eran as 23’40 h. estabamos derrotados e necesitados de descanso para desfrutar dos seguintes días. Xoves 12 de abril. Punto de encontro, o instituto de Morlupo, onde nos recibiron cun festival de música (preciosas as actuacións, incluído o himno español, pese a que non nos erguemos para escoitalo) e nos fixeron coller forzas con pizza e refrescos. A media mañá, apañamos o tren cara a Roma (aproximadamente 40 minutos e uns vagóns bastante sucios) para termos un primeiro achegamento á cidade. IMPRESIONANTE!!! Piazza de Spagna, Fontana de Trevi, Panteón...e tempo libre sen as profes!!! Venres 13 de abril. Grazas a unha alumna do instituto de Morlupo puidemos acceder aos Museos Vaticanos sen agardar colas (4 ou 5 horas de espera). Salas cheas de historia e arte, pero con bon criterio, limitámonos a extasiarnos unicamente nas Estancias de Rafael e na Capela Sixtina. (Ah, o grande Michel Angelo!). Pasamos despois a San Pietro, sede da Cristiandade, a maior catedral do mundo e, seguramente, a máis fastuosa (precioso o rostro da virxe na Pieta de Michel Angelo, e impresionante o exterior da cúpula, tan esvelta, tan harmoniosa). Nun só día coñecemos as tres facetas artísticas de Michel Angelo: o escultor, o pintor e o arquitecto. Sábado 14 de abril. Roma clásica, dispostos a coñecer as glorias do Imperio. Partimos desde primeira hora da mañá cara á Cidade Eterna en tren, para logo apañarmos o metro que nos deixaría preto do Coliseo (evidentemente colosal!!!). En Campidoglio, comida lixeira de bocatas e división do grupo: discoteca ou boleira. Esa noite ficamos na casa da Virgina a cear (nós colaboramos facendo tortillas e albóndegas intragables) e a durmir todos xuntos. Domingo 15 de abril. Día completamente libre sen as profes, que aproveitamos para estarmos coas familias anfitrioas e irmos ao parque de atraccións, ou xogar ao básquet ou, sinxelamente, descansar na casa. Luns 16 de abril. Estivemos no instituto as dúas primeiras horas e despois trasladámonos en autobús á Casa do Concello de Morlupo, onde fomos recibidos polo alcalde (sindaco) e obsequiados cuns presentes para o IES Catabois. Tamén nos convidaron a un pequeno refrixerio. Seguidamente, fomos até á sede da Würth en Capena para visitar unha espléndida colección de pinturas do século XX. Martes 17 de abril. Achégase o momento da despedida. Último día completo en Italia. Chegamos a Roma en tren para apañarmos un autobús que nos levaría a Ostia Antica e, onde divididos en dous grupos, percorremos o fabuloso conxunto de ruínas do que foi o primitivo porto e cidade romana...Case puidemos imaxinar o troupeleo dos carros polas rúas, o relax nas termas e o apetitoso da comida nas tabernas. Tras comermos, enrolámonos nun pequeno barco no que navegamos polo curso de río Tíber até Roma. Dúas notas sobre o cruceiro: magnífica experiencia e tristísima a imaxe de cabanas dos inmigrantes que se asentan ás marxes. A punto de desembarcarmos, grande treboada con saraiba. Despedímonos cunha cea na casa de Virginia, esta vez coas profes. E aquí damos por rematado o noso relato sobre esta viaxe inesquecible.

Tabela de anécdotas: - Os días que ceamos nunha pizzaría en Morlupo, Adán púxose moi feliz e extasiado e comezou a gritar e a dicir parvadas en ton alborotador. - Na nosa visita ao Foro, a Pablo García Aramburu cagoulle unha pomba na cabeza. - O Domingo fomos xogar ao básquet e Aramburu lesionouse no nocelo. Os días seguintes tivo que estar cunhas muletas moi molestas. - Na casa de Virginia fixemos moita festa e durante a noite toda a bebida sufriu baixamar. - Por último, no Coliseo, Diego díxolle a un coreano: “Be water my friend, Bruce.” Francisco López Muiño Diego Chedas López Iago Casal Iglesias Antón Rodríguez Fernández

17


ANÉCDOTAS E IMPRESIÓNS DA VIAXE A ITALIA O que máis me chamou a atención, á parte do espectacular que é Roma, as familias, e o modo de vivir en xeral, foi cando estivemos un día no instituto e ás dez ou dez e media, máis ou menos, os profesores italianos trouxeron tres pizzas de varias cousas e se puxeron todos os italianos a comer; eu pensaba que era un día especial, porque estabamos aló, pero non! fano todos os días! De luns a venres toman pizza moi de mañá e despois, unha ou dúas horas máis tarde, teñen un único recreo de dez minutos. TÁMARA GATO COMBA 4°A Un día indo para Roma, collimos o tren na estación, timbramos os billetes xa perto da cidade, unha muller levantouse e estivo dez minutos falando sobre o que di a Biblia, despois sentouse volveu a levantarse vendendo Biblias a 3 €. Chegamos á estación e ela quedou no tren para seguir vendendo Biblias. ADÁN DÍAZ ARDÁ 4°B Esta experiencia como viaxeiros foi moi boa, todo o grupo, tanto español como italiano, tivo un comportamento fundamental para que entre nós crecese a amiszade. O que máis me gustou foi a nosa visita aos monumentos máis importantes en Roma e as ceas que se organizaron en Ferrol e en Morlupo. O que menos, foi o rápido que pasaron as semanas e a pequena desorganización que había en Italia co grupo no tempo libre. Habería que repetilo... ANTÓN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 4°A A viaxe a Italia, máis concretamente a Moruipo, foi unha gran aventura. Eu dende pequeno sempre quixen viaxar a Roma, e este intercambio cultural foi unha oportunidade de ouro. Que vos podo dicir de Roma?...Pois que é o berce da nosa civilización, chea de monumentos, tanto de pedra coma das outras. Eu fixen un gran intercambio, coñecín a mozas e mozos da India, de Nicaragua, de Croacia, ademais dos meus amigos italianos; fixen colegas do mundo enteiro. Agora quédame aprobar 4° da E.S.O e no verán volver a Italia, aínda que din que as segundas partes nunca foron boas, espero que neste caso sexan super boas. DIEGO CHEDAS LÓPEZ 4°A A semana do 11 ao 18 de abril será, seguramente, unha das mellores da miña vida, e nunca a esquecerei. Roma é unha cidade incrible na súa beleza, e os italianos, xente que de veras paga a pena coñecer como fixemos nós. Notamos desde o primeiro intre que eran especialmente amables cos estranxeiros. A nós sempre nos axudaron en momentos de confusión, sobre todo debido á lingua e aos costumes. O primeiro problema que tivemos xurdiu xa cando nos presentaron ás primeiras persoas. Alí non é costume que as rapazas biquen nas meixelas aos rapaces cando llelos presentan por vez primeira. Isto causou algunhas confusións, pero que, afortunadamente, non resultaron incómodas. Ademais nós bicamos de esquerda á dereita e eles fano ao revés. En canto á comida, a famosa pasta italiana merece o seu renome. É boísima, con ese toque picante!. Os italianos comen moito máis cá nós...ou talvez sexa que teñen o estómago máis a feito a alimentos pesados. Eles son capaces de comer un prato de pasta tras outro e nós con un xa íamos listos. Tamén notamos que os rapaces italianos da nosa mesma idade son moito máis independentes na grande cidade que é Roma. A diario deben coller numerosos buses, trens e metros para acudir a éscola, ao cine, de tendas, etc. Penso que eu non sería quen de seguilo seu ritmo sen perderme. En todo caso, conectamos con eles desde o primeiro, e a despedida foi triste tras dúas semanas de convivencia. No entanto, esperamos voltar e velos de novo a finais de xuño. MARÍA GARCÍA GARROTE 4°A

18


19


DÍA DO LIBRO 2007 Seguindo xa vellas tradicións, dedicamos este ano a celebración do Día do Libro a un tema monográfico, neste caso á Literatura do Terror. O Departamento de Lingua e Literatura Castelá ten que recoñecer, con moita gratitude, que contou coa colaboración desinteresada de todos os Departamentos. Cada vez o Día do Libro é máis unha festa de todos, do que nos congratulamos. As actividades diversificáronse dos seguintes xeitos: - Convocouse o tradicional Concurso de relatos, poesías, cartaces e marcapáxinas, no que os rapaces se lucíron un ano máis. Xuntamos a relación de gañadores e algunhas fotos dos orixinais traballos presentados. Cartaz: Primeiro Premio: Laura García Aramburu, Laura Camazón Lourido,Tamara Gato Comba e Carla Fernández Castro (4º A). Segundo Premio: Jessica Rivas Yáñez e Cristina Castro Sequeiro (1º (1º A). Terceiro Premio “ex aequo”: Jessica Vilariño Vizoso (4º (4º A). Terceiro Premio “ex aequo”: Soraya Dopico Vergara, Roberto Castro López, Pablo Bouza Seijo e Martín Bouza Seijo (1º (1º A). Accésit: Jesús A. Fernández Padrón (1º (1º C). Relato: Primeiro Premio: María García Garrote (4º (4º A). Segundo Premio: Diego Chedas López (4º (4º A). Terceiro Premio: María Rivas Yáñez (4º (4º B). Accésit: Alberto Armada Blanco (1º (1º A). Poesía: Primeiro Premio: Victor Rodríguez González (2º (2º A). Segundo Premio: Arturo García Lorenzo (2º (2º A). Terceiro Premio: Daniel Carrodeguas Hermida (2º (2º A). Marcapáxinas: Primeiro Premio: Jesús A. Fernández Padrón (1º (1º C). Segundo Premio: Jorge Sanmartín García(4º García(4º B). Terceiro Premio: Hugo Fernández Veiga (1º (1º A). - A Biblioteca decorouse cunha Exposición de libros de terror clasificada por autores e temas. - O Departamento de Orientación programou a Proxección de dous filmes de terror: Os paxaros, de Alfred Hichcock para Primeiro Ciclo, e Drácula, de Terence Fisher, para o Segundo Ciclo. Dende o Departamento elaboráronse guías de traballo para a dinamización de ditas proxeccións en posteriores clases de titoría. - Os Cubos do Terror: Con ese nome denominamos o traballo que dende o mes de decembro levaron a cabo todos os Departamentos acerca de aspectos históricos, literarios, musicais, cinematográficos, etc. dun determinado personaxe terrorífico ou dun tema, e que se concretou no seguinte xeito: Ciencias Sociais: Drácula Lingua Galega: Lobishome Lingua Inglesa: Halloween 20


Lingua Francesa: Fantasmas Lingua Castelá: Edgar Allan Poe e Howard Philips Lovecraft Tecnoloxía: As mansións encantadas e os Poltergeist Física e Química: Dr. Jekill e Mr. Hyde Matemáticas: Stephen King Música: Música de terror Relixión: O Demo Educación Física: Asasinos en serie Orientación: Cine de terror para adolescentes. Incluso, tras a visita dos alumnos italianos, eles, coa axuda dalgún de nós, realizaron un cubo sobre o terror en Italia. Por suposto, todo culminou na Celebración da Feira do Libro Usado o 27 de abril, no que a choiva nos deu unha tregua e puidemos montar os postos de venda de libros. Contamos tamén coa visita dos rapaces de 6ºº de Primaria de San Xoán de Filgueira e dos seus profesores, que nos fai moita ilusión. Desveláronse as sorpresas e repartíronse os premios. Está ben, direino: Pasámolo de medo!

21


Outro ano máis o Centro participou no concurso nacional de redacción organizado pola Fundación Coca Cola España. A alumna Jennifer Pita Recalde foi unha das seis clasificadas no Sector de Ferrol obtendo un quinto premio dentro da fase provindial. A alumna xunto coa profesora de lingua María Millán e a directora do Centro Pilar Berrio recolleron o premio nunha cea celebrada no Restaurante Mirador de San Pedro s/n. O premio consistiu nos seguintes obsequios: 1 Trolley 1 Toalla de baño 1 Trofeo 1 Diploma 1 Altofalante de mp3 1 Dicionario de sinónimos e antónimos

22


5° PREMIO PROVINCIAL DO 47 CONCURSO NACIONAL DE REDACCIÓN ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN COCA COLA

¡Hola!

¿Qué tal estáis? Yo pues muy bien, antes de nada me voy a presentar, soy Pugi Pú, un piojo muy particular, soy el último piojo del mundo y brevemente me voy a describir tal y como me siento yo; luego haré una cosa, mirarme en un espejo y mirar los fallos que he cometido. Pues voy a empezar, me siento grande, muy gordo y con unos ojos saltones de color blanco, una nariz diminuta y una boca pequeña pero con muchos dientes, me gusta andar en la ropa de los seres humanos y también muchas veces en las cabezas soy así muy raro. Ahora bien, me voy a mirar al espejo y deciros como soy de verdad; ¡pues vaya desilusión! Soy ... soy pequeño casi ni me veo pero ... ¿Por qué? Pues no lo sé, pero aunque sea chiquitín, yo me siento grande y eso es lo que importa; seguramente que eso también os pasará a muchos de vosotros lectores, que, por ejemplo, una chica guapa se mire al espejo y se vea la más fea del mundo, o al revés, pero eso no importa lo que de verdad importa es el interior, el cariño, el carácter, los sentimientos ... Básicamente esta es mi pequeña historia como yo pero con grandes sentimientos, me despido; un beso lectores.

“Mirarse al espejo es un trozo de verdad sentirse vivo y perfecto esa, esa es la pura verdad!

JENNIFER PITA RECALDE 2° A 23


En la vida hay para todo un antes y un después. Nuestra evolución como seres humanos tiene dos trayectorias paralelas, una la que día a día contemplamos y otra más difusa y oscura que intuimos pero no vemos, a menos que abramos ciertas puertas hacia lo desconocido. Hay puertas que es mejor no abrir. La historia que hoy os narro os la cuento como a mi me la han contado. Prestad atención pues la contaré una sola vez. Corría el año 1798. Los adolescentes de aquellos años tenían gustos similares a los nuestros, salvo que no tenían ni móviles, ni mp3. Eran tiempos intensos, salían de una dictadura y entraban en plena transición. Estamos en Ferrol, ciudad de tradición militar, los jóvenes vestían igual, vaqueros y chaquetones de marina. Nada que ver con nuestros días. Una pandilla de amigos formada por: Cris, Nanda, Geni, Yoli, Yesi, Moisés, Mario y Euge. Todos de dieciséis años acababan de salir de la disco Hawai. Era Sábado y llevaban bailando toda la tarde a ritmo de Boney M y Ramones. Hastiados ya, se dirigieron a los Cantones y pillaron unos churros en Bonilla. Echaron a andar por el Callao arriba mientras resonaban canciones de Bob Dylan en los bares. Su destino era Ambos, la cafetería que era algo así como el Km 0, entre los institutos masculino y femenino que frecuentaban todos los días en los recreos. Entraron, se sentaron al fondo y pidieron al camarero una ronda de cañas y un par de cajetillas de Ducados. Aquel día estaban eufóricos, el Lunes había huelga y tocaba manifestación y correr delante de los grises. Eso les aseguraba vacaciones hasta el Jueves y ya llevaban así casi un mes. Moisés, que había ingresado como voluntario en la marina se iba destinado a San Fernando. Para despedirle habían decidido alquilar una habitación en la pensión Bahia, justo enfrente de Ambos y hacer una sesión de espiritismo, muy de moda en aquellos tiempos. Pidieron al camarero la bolsa que le habían confiado a primera hora con todo lo necesario: velas, cartas del tarot, alfabeto y números recortados en cartulinas individuales y por supuesto un vaso. Apuraron el último pitillo y salieron del bar mientras en el aparato de música sonaba “corazón destrozado” de Bonie Tayler. Ya apalabraran con la dueña de la pensión la habitación, así que pagaron por adelantado, cogieron la llave y subieron al segundo piso. La habitación era algo vulgar, un par de camas y poco mobiliario. Eso si, una buena mesa redonda y amplia donde todos se podían acomodar. - Podíamos estrenar las camas - dijo Moisés. - No seas cerdo - le espetó Nanda. Euge saltó encima de una cama y comenzó a cantar. - ¡Calla ya! Que nos van a echar - le recriminó Yesi. - Bueno, ¿Vamos a hacer la sesión o que? - preguntó Geni. Mario y Moisés empezaron a colocar sobre la mesa las letras de la A a la Z y los números del 0 al 9. La habitación estaba casi a oscuras sólo dos velas alumbraban. - ¡Leches! Que feo eres con esta luz- le dijo Moisés a Euge. -¡Tengo miedo! - dijo Joli. - Ahora que no se raje nadie - advirtió Cris. El vaso se puso boca abajo en el centro de la mesa. Todos alrededor, conteniendo la respiración, con el dedo índice de la mano derecha sobre el vaso. Moisés comenzó a susurrar como si fuese un Druída: - “Espíritus del más allá, yo os invoco. ¿Estáis ahí?. Si estáis ahí acudir a nuestra llamada, manifestaros, entrad en el vaso y guiad nuestras manos”. Todos sabían que aquello era un pasatiempo para divertirse, había comenzado como siempre, como un cachondeo pero iba a terminar como nunca hubiesen deseado. El vaso comenzó a moverse, Moisés y Mario hacían fuerza cada uno por su lado mientras se reían entredientes. -¿Cuándo me voy a casar?, ¿Cuándo me voy a morir? - preguntó Cris. El vaso fue lentamente hacia el número 2. -¿Dos? ¿Qué es el dos?- Interrogó Cris de nuevo. 24


El vaso fue hacia el centro y volvió al número 2. - ¿Espíritus estáis ahí?- Preguntó Moisés. Nuevamente el vaso fue al centro y luego al número 2. Moisés pensaba que Mario movía a su antojo el vaso y este a su vez que lo hacía el otro. Pero no decían nada, sólo sonreían. Cada pregunta lo mismo, el vaso al centro y al momento se paraba en el número 2. Sólo Moisés y Mario seguían con el dedo encima del vaso pero este comenzó a girar a más velocidad y finalmente lo soltaron. El vaso giraba ahora el solo y todos estaban alucinados. Llegó un momento en que ya no se deslizaba sobre el tablero sino que se elevaba sobre él. Moisés y Mario se quedaron cerca como hipnotizados mientras el resto corría hacia la puerta chillando. - ¡La llave! ¡La llave! - gritaron fuera de sí. El vaso se puso nuevamente sobre el número 2. Luego empezó a girar violentamente rayando la madera y tirando por el suelo los números y las letras. La ventana de la habitación se abrió de golpe y las velas se apagaron, la luz eléctrica no funcionaba, la puerta seguía sin abrirse y los gritos y la confusión inundaban la estancia. De repente la puerta se abrió tirando a los que estaban detrás al suelo. -¡Hay alguien en el pasillo!- Gritó Mario. Al intentar sacar un abrecartas se le clavó en la mano y la sangre corrió por sus dedos. Las chicas chillaron histéricas. -¡Salgamos de aquí!- Gritó Cris. -¡Socorro, socorro!- Gritaron los demás. La ventana y la puerta se cerraron con estruendo. -¡Callaros!- Pidió Mario. Cada uno de los presentes sintió como un escalofrío acariciándole la nuca. Todos, presos de pánico oyeron una voz. Estaban aterrorizados. La voz, seca y como lamentándose no hacía más que repetir: - Dos... Dos... Dos... La puerta se abrió sola y sin pensárselo salieron en tropel, atropellándose por las escaleras. Ya estaban en la calle se dispersaron en pequeños grupos. Euge y Mario corrieron por la Carretera de Castilla y por dos veces estuvieron a punto de ser atropellados, sospechosamente, por el mismo coche. Es como si una fuerza maligna los estuviese siguiendo. Al atravesar las vías del tren tuvieron que tirarse a un lado pues casi los lleva por delante el tren. Aquella noche cada uno llegó a su casa, no cenaron. Se acostaron y no durmieron, pero tampoco contaron nada a nadie. La pandilla se deshizo a partir de aquel fatídico día. Nunca volvieron a verse ni hablaron del tema a lo largo de los años. Dos años después, el yerno de los dueños de la pensión asesinaba a la hija de estos y luego se suicidaba. Sucedió todo en la habitación número 2 de la planta 2, dos años después, un 2 de febrero, dos muertos... Comprendéis ahora porqué no pienso repetiros esta historia por segunda vez... DIEGO CHEDAS LÓPEZ 4°A

25


26


UNHA VIAXE EN GLOBO POR FERROL

- Xulia, podémonos fiar disto? Mira que eu nunca viaxei en globo e xa estou comezando a marearme. Ademais, esta barca tan lixeira, e se se solta das cordaxes? - Non me sexas aprehensivo, Tomás, que eu che teño voado en moitas ocasións e confírmoche que non existe forma de voar máis segura. O aparello voador, aparentemente fráxil, aínda que seguro,solta por fin amarras nun dos peiraos dos estaleiros. Tomás, ben agarradiño, vai observando como a terra vai empequenecendo aos seus pés. Un par de operarios andan á piocha por fóra dun dos talleres, isto é, folgazanean un bocado. - Que marabilla! O edificio das Ferrarías, e o Dique da Campá, e en seco cun barco dentro. - E o vello cuartel de instrución, que é un palacete do século XVIII. Esperemos, Tomás, que por fin nos sexa recoñecido, a Ferrol, o título de Patrimonio da Humanidade. Os antigos talleres de gálibos, alí onde outrora se facían os patróns coas distintas pezas que completarían a estructura dos navíos, son agora un remedo do pasado, consecuencia das máis avanzadas tecnoloxías neste terreo. A planimetría eláborase con técnicas informáticas, polo que van deixando caduco, pouquiño a pouco, o que antes debía ser elaborado a man. O globo vai escorregando, a unha certa altura, sobre o mar da ría. Á dereita, Xulia e Tomás van intuíndo a vila de San Filipe. De primeiras avistan, empoleirado no cantil, a batería de San Carlos. Enxergan logo nitidamente o outro castelo, maxestoso, lambendo a ría, erguéndose como unha atalaia para defender a boca da enseada. As casas da poboación teñen balconadas, mariñeiras unhas, outras non tanto, colmadas de macetas con xeranios e outras flores variadas. A encosta que sobe pina até á altura da fortificación segue cara ao lugar de San Cristovo e á praíña de Cariño, unha rada pequeniña e recoleta ao sopé de Monteventoso. Canelas , xa para fóra da ría, é hoxe un enormísimo coloso de fomigón, un inmenso peirao que feriu a aba do monte para se converter no futuro e operativo porto exterior. - Teño pena da praia de Canelas, Xulia. Xa non existe. Aí ficou sepultada pola pedra e cemento. Sabes que gardo fotos de cando era pequeno subido a unhas rochas nesa praia? Dáme moita tristeza. - Mesmo acabará por desaparecer o nome do lugar, vaille ser moita hora; se non, ao tempo, has de velo. - Deberiamos facer algo por evitalo. Progreso, si, pero non a custo de todo. Co bonito nome que tiña! - Xa sei. Desde o instituto teriamos que dirixirnos ao alcalde e á corporación municipal para facer que se salvagarden os nosos topónimos. - Iso é. Boa idea, Xulia. - Ademais, eu sei que existe unha iniciativa que se chama “Proxecto Toponimia de Galicia”, que o lin alá atrás do xornal! Ao mellor poderiámosllelo remitir a eles tamén. O globo ascende até se por de riba do Monte de Chao, alí onde os habitantes de Brión, os bravos brioneses, se enfrontaron ao inglés que, en 1800, o 25 de agosto, tentaron tomar a cidade desembarcando pola praia de Doniños. Furquitas, fouces e bisarmas, todo valía para repeler o invasor, o cal foi vencido. Hoxe, a confraternización, a marcha programada polo Club de Montaña, percorre os mesmos montes e paraxes, fai unha representación da batalla, e xanta despois, en saudábel harmonía, nun prado no lugar de Liñares. -Sabes Tomás, miña mai é de aí, de Brión. Foi unha das impulsoras da celebración da Batalla de Brión. - Que interesante, Xulia. Eu nunca fun. Ouvín falar moito dela, pero nunca teño ido. Poderíase ir?

27


- Pode ir quen queira, con tal de que teña folgos abondos para facer a camiñada. E advírtoche que é considerábel!. Pero eu recoméndocha, a ti e a calquera. Se non a coñeces, vai á páxina web da asociación de veciños ou, se non, á do Club de Montaña, aí verás o percorrido e a explicación. As fotos son moi bonitas e mesmo hai algún vídeo onde che explica como é o desenvolvemento da marcha, cando se fixo por primeira vez, como se chega en lancha a San Filipe, como os veciños agardan escondidos preto da Pena do Consello, en Liñares, para nos atacar, xa que nós, os que imos andando, somos en teoría os ingleses, ou sexa, os invasores... É moi divertido, de veras. E logo, e como chegas con moita fame, danche de comer uns tremendos bocatas que se cortan dunhas bolas xigantescas que xa veñen cheas de embutido. Antes disto, e nunha das paradas da camiñada, dannos tamén refrescos, en Monteventoso, mentres nos deleitamos coa paisaxe. - Pois Xulia, se ti te apuntas este ano, eu tamén me apunto. A dirección do globo é agora a de Monteventoso. A vista é sinxelamente, sobrecolledora, espectacular desde as alturas. O cabo Prioriño, coa rehabilitación da batería de Viñas e o faro, fican á esquerda; á dereita, surxe o areal da praia de Doniños orlado de ondas morrendo na beiramar. O lago é un espello remansado, case é capaz de se ouviren os sinos da cidade mergullada de Valverde. Máis unha vez, a poboación castigada, o castigo inflixido por as persoas non ofreceren pousada a Cristo na súa preregrinaxe por estas terras. - Como é posibel, Xulia? Esa estrada que están a abrir pola aba do monte e que vai ter un viaduto que cruce todo o val de Doniños é un perigo. - Xa o creo. Houbo denuncias, porque removeron tantísimas terras, e sen demasiado coidado, e disque provocou filtracións en pozos, mananciais e mesmo no lago. Os grupos ecoloxistas, de feito, tamén protestaron. Trátase da estrada que vai comunicar co porto exterior. Todo irá vén mentres non nos acaben por estragar a contorna, tan bonita como ela é! Non hai dúbida de que Tomás e Xulia están especialmente sensibilizados con todo o que anda a acontecer ao seu redor. O medio físico está a sufrir mudanzas radicais e saben do alto prezo a pagar que isto exixe. O aparello voador asómase agora para os montes de Lobadiz. Do vello castro, pouco ou nada resta. Algo se intúe desde o alto. A croa, panos de muros, certas formas circulares....pouco máis. De fronte, as Illas Gabeiras coas súas colonias de aves, e a lenda da serpe con carapucho que cruza desde os cantís de terra firme até aos illotes, e que garda un tesouro. Sobrevóase o monte de San Xurxo. A milla, a columna branca ergueita no máis alto del, é o testemuño dun pasado non demasiado remoto, quen xunto coa existente á distancia dunha milla mariña, no lugar do Carregal, servía para a axuda á navegación cando os buques navegaban a vela. Xa son capaces de vérena máis preto, por detrás das dunas, ou torrellouzos, como por aquí se acostuma a chamar. Coa marea baixa hai xente apañando algas na beiramar. - Olla o que fan aqueles homes, Xulia. Andan a apañar golfo, ou golfe, como lle din aquí, en San Xurxo. Isto seino por meu pai, que é de Esmelle, e sabe destas cousas. Aquel extremo de alá do areal chámase as Penas da Salsa, que aínda os vellos continúan a saber que ao mar tamén se lle coñece con ese nome, salsa. E díxome o profesor de latín que era unha palabra latina, pois así se lle dicía literalmente en latín á auga do mar. Que che parece? - Paréceme que temos unha terra moi bonita, non cres?. E que temos tamén moitas cousas por coidar e facer por non perder. Sei que ti gostas moito do asunto do léxico, e non farías mal se tentases facer un vocabulario con todas esas voces que temos pola zona e que están en perigo de desaparición. Habemos de propor ao instituto montar unha páxia web ou, aínda mellor, dirémoslles aos profesores de galego e de sociais que temos que facer unha webquest onde se traballe o léxico da nosa zona. - Xenial, Xulia! E até podemos ir marcando nela elementos da toponimia. - E lendas e costumes. E mentres Xulia e Tomás falan con entusiasmo dos seus proxectos, o globo contorna o cabo Prioiro. Pásanse os coídos de Penararroiba, o Petón, a Cova...O faro téñeno xa a vista, as penas dos Cabalos, que abren contra o norte. O sol está case no crepúsculo. Unha parella de tarrafas cruza á altura do faro, sae a faenar, á captura da sardiña coa caída da tarde, con sónares e rádares que substituíran a vella técnica de pesca á árdora, a do seguimento dos cardumes a través do brillo prateado baixo a tona da auga, de tempos atrás. 28


Obsérvase a aldea de Covas, a igrexa nova co seu campanario, as praias fermosas de Santa Comba, e a de Ponzos ao lonxe. A lenda chega outra vez de encontro aos viaxeiros. A pía de pedra que se pode achar semienterrada na illa de Santa Comba é, outra volta, o mito, o das barcas petrificadas dos santos e santas que até estas terras disque un día chegaron. Pois ao igual que o Santo André en Cedeira, Santa Comba tamén chegou por mar a Covas, e alí, na illa, quixo ficar. A barca en que veu petrificouse, e é a pía. A rústica ermida, construída no século IX, é a vixía dela, ao tempo que do areal do seu mesmo nome. - Sobrevoaremos agora, Tomás, os montes máis altos da redonda. Aí está o da Lagoa e o da Vela. Logo pasaremos por cima de Mandiá e despois sobre o monte de Chamarro. - A verdade é que o medo axiña se me foi pasando. Aínda que, ben pensado, chegaremos a tempo de que non se nos faga de noite, non é, Xulia? Tomás, pese a todo, e estar desfrutando con sinceridade da viaxe en globo, non pode deixar de sentirse unha miga inquieto, pois o certo é que está a atardecer, e ao sol moito tempo non lle queda. O aparello, non obstante, xa se encamiña cara a Chamorro, última etapa do seu periplo. Un pouco, para a esquerda, contra Catabois, a torre do vello muíño de vento, que dá nome ao lugar con idéntica designación, tráelles a ironía daqueloutros que campan ás súas anchas por montes colindantes, en Valdoviño ou polo Forgoselo na Capela. Son os modernos aeroxeradores que rotan facendo unha música monocorde e constante. E que dirán os rumorosos? A ermida de Chamorro fica agora embaixo. Os penedos rodéana como se a protexesen, como á pastora da lenda que seica se lle presentou a Virxe do Nordés. Como as pedras dos xentís, a santa ten a súa propia encastrada na parede da mesma ermida. Os romeiros, na segunda feira de Páscoa, acostuman a ir mirar por baixo dela. As pegadas da virxe dan en dicir que son visíbeis. Acto ritual que completa a antiga romaxe ao monte acompañada de viandas e bon viño. - Descendemos xa, Tomás. Espero que non teñas medo agora. O peor, se é que houbo peor nalgún momento, xa pasou. A aterraxe será suave, verás. - Estou sorprendido comigo mesmo, Xulia. Mañá mesmo estaría disposto a repetir experiencia. Estás feita unha excelente piloto. Con todo, na voz de Tomás déixase entrever unha miaxa de repecto. O sol ocúltase xa por completo. O aparello, con total suavidade, vai pousando no peirao de Fernández Ladreda, na zona portuaria. Entrementres, no peirao vello, no de Carme Curuxeiras, unha estraña comitiva de seres incorpóreos, traxados con hábitos, desembarca, provistos de candeas, cara ao barrio de Ferrol Vello. Trátase da estadea, da compaña marítima que de raro en raro aínda se deixa ver. [Programa de radio, dos alumnos de “Catabois Radio”, para a XIII Edición da Xornada de Radio Interescolar Ponte...nas ondas, emitida o 1 de xuño de 2007. Locutores: Carla Fernández Castro (4°A), Támara Gato Comba (4°A) e Iván Rivas Ríos (4°B)]

29


Obradoiros sobre sexualidade e trastornos da alimentación (Anorexia e Bulimia)

Dende o curso 20032004, os alumnos e alumnas de 3º da ESO participan nuns obradoiros sobre sexualidade impartidos por profesionais do “Centro Xove de anticoncepción e sexualidade” da Coruña pertencente a “Asociación galega para a saúde sexual” . No presente curso os alumnos e alumnas de 4º da ESO participaron nun obradoiro sobre Anorexia e Bulimia que impartiron Judit Iglesias (Socióloga) e Paula López (Psicóloga), pertencentes á mesma asociación.

30


Dúas formas, abofé que ben distintas, de introducirse no marabilloso mundo das bolboretas ……. Forma número un Deste xeito o describe o poeta e cantante francés Georges Brassens. Un xeito verdadeiramente peculiar de cazar bolboretas: (A tradución libre - ao español é de Julio A. Gray xornalista e profesor tucumano - de Tucumán en Arxentina -) La chasse aux papillons

Cazando mariposas

Un bon petit diable à la fleur de l'âge la jambe légère et l'œil polisson et la bouche pleine de joyeux ramages allait à la chasse aux papillons

Los pasos ligeros y el ojo avizor, un diablo de chico en la edad hermosa, llenaba su boca con una canción y se iba a la caza de las mariposas.

Comme il atteignait l'orée du village filant sa quenouille, il vit Cendrillon il lui dit : "Bonjour, que Dieu te ménage j't'emmène à la chasse aux papillons"

Al borde del pueblo, hilando en su rueca, vio a la cenicienta triste y pesarosa, le dijo: - Buen día, que Dios te conserve, si quieres te llevo a cazar mariposas

Cendrillon ravie de quitter sa cage met sa robe neuve et ses botillons et bras d'ssus bras d'ssous vers les frais bocages ils vont à la chasse aux papillons

Cenicienta alegre de dejar su jaula, se puso zapatos y una blusa rosa. Los dos de la mano se fueron contentos al bosque a cazar mariposas.

Il ne savait pas que sous les ombrages se cachait l'amour et son aiguillon et qu'il transperçait les cœurs de leur âge les cœurs des chasseurs de papillons

Ellos no sabían que el amor estaba oculto en la fresca sombra silenciosa, para traspasar el alma inocente de los que en el bosque cazan mariposas.

Quand il se fit tendre, elle lui dit : "J'présage qu'c'est pas dans les plis de mon cotillon ni dans l'échancrure de mon corsage qu'on va à la chasse aux papillons"

Cuando él se declara ella dice: Creo no es en el escote de mi blusa rosa, ni bajo los pliegues de mi falda nueva donde encontraremos a las mariposas.

Sur sa bouche en feu qui criait : "Sois sage !" il posa sa bouche en guise de bâillon et c'fut l'plus charmant des remue-ménage qu'on ait vu d'mémoir' de papillon

En su boca dulce que dice: ¡Cuidado! él puso la suya joven y ardorosa. Y aquel fue el más lindo de los batifondos en la historia de las mariposas.

Un volcan dans l'âme, ils r'vinrent au village en se promettant d'aller des millions des milliards de fois, et mêm' davantage ensemble à la chasse aux papillons

Con fuego en el alma volvieron al pueblo y se prometieron un millón de cosas: volver muchas veces al claro del bosque a cazar, de nuevo, lindas mariposas.

Mais tant qu'ils s'aim'ront, tant que les nuages porteurs de chagrins, les épargneront il f'ra bon voler dans les frais bocages ils f'ront pas la chasse aux papillons.

Pero mientras se amen y los nubarrones no les traigan penas tristes, dolorosas, podremos tranquilas volar en el bosque porque ellos no van a cazar a las mariposas.

31


Forma número dúas Neste xogo de lóxica aparece outra forma moi diferente de cazar bolboretas. Sucede o seguinte: Crisantos Tupido Paspán é un deses absurdos individuos que prefiren perseguir as fermosas bolboretas para logo, despois de “darlles Tes que meditar as seguintes pistas e deducir, axudándote dos cadros que se xuntan: Onde atopou a bolboreta de cada cor, en que día e onde a colgou. 1º .- Dous días antes de ir ao río, colleu a bolboreta de cor amarela que colgou na sala. 2º .- Outro día foi á praia e ao seguinte colleu unha bolboreta de cor negra. Un día máis tarde colleu a bolboreta que colgou na biblioteca (esta non era a de cor laranxa). 3º .- Dous días despois de ir ao lago, colleu a bolboreta que colgou no dormitorio. 4º .- Xunto ao río colleu a bolboreta azul e, un día despois, atropou a de cor laranxa.

SALA

DORMITORIO

COMEDOR

BIBLIOTECA

COLGOUNA EN

NEGRO

LARANXA

AZUL

COR

AMARELO

RÍO

PRAIA

LAGO

BOSQUE

ATOPOUNA EN

LUNS

DÍA

MARTES MÉRCORES

COLGOUNA EN

XOVES BIBLIOTECA COMEDOR DORMITORIO SALA

COR

AMARELO AZUL LARANXA NEGRO

PARA POÑER A SOLUCIÓN DÍA

ATOPOUNA EN

COR

COLGOUNA

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía SOLUCIÓNS PAX. 38

32


O profesor de galego do Centro Henrique Dacosta ven de publicar un novo libro “Ferroláns na Historia da Literatura Galega”. Ferroláns na Historia Galega non pretende ser unha historia da literatura senón máis ben un estudo de natureza bio-bibliográfica. Ferrol representa, sen dúbida ningunha, a cabeceira da comarca, o punto de referencia doutros concellos. Así, os escritores estudados neste libro son non só os que tiveron as terras de Ferrol como lugar de nacenza, senón tamén os que se criaron nel e os que se asentaron nesta comarca a desenvolver a súa vida profesional. Moitos son os escritores dadops por esta comarca á nómina literaria galega. Este libro sistematiza cronoloxías e autores e pretende ser exhaustivo. Da Idade Media ao momento actual, a práctica totalidade da literatura galega feita en Ferrol recóllese nas páxinas deste traballo de Henrique Dacosta, unha homenaxe ça cultura da cidade, mestura de racionalidade e imaxinación, e unha defensa do seu papel en Galiza.

33


PASATEMPOS

34


VIAXE Á NEVE Saímos o 4 de febreiro da Praza do Inferniño ás 6:30 da mañá, alí estaban tamén alumnos do IES de Leixa, IES Marques de Suances e IES de Ferrol Vello, estes últimos viñan conosco no autobús. Iamos emprender a viaxe a Candanchú (Huesca) para facer un curso de esquí e snow. Pasamos toda a viaxe cantando, durmindo, e falando por teléfono cos compañeiros e compañeiras que quedaron aquí. Chegamos ao hotel á tardiña, esperamos todos ansiosos no vestíbulo do mesmo a que nos desen os cuartos; unha vez que nolos deron subimos ledos ao 6º andar. Tiramos as maletas por onde puidemos e baixamos outra vez ao bus, tiñamos que ir buscar o material de esquí á estación. Uns foron arriba buscar o material de snow, mentres outros, a maioria, fomos coller o de esquí no andar de abaixo. Subimos os esquís ao bus, cada un co seu número para non perdelos, e mentres non chegaban os mestres, xogamos coa neve. Ao día seguinte, ás 7:30 da mañá, soaba o teléfono, iso si, teléfono había, agora, liña non!, falábanos unha operadora que nos dicía que nos ergueramos rápido. Vestímonos coa roupa de neve, almorzamos e collemos rumbo á estación de esquí. Unha vez alí, puxemos as botas, e alá fomos. Como ata as 12:00 non tiñamos monitor, Miguel dábanos clase de esquí, e Alfonso de snow. Caemos cantas veces quixemos e máis, pero riamos, e non nos faciamos dano. Logo empezaban as clases co monitor, subiamos nas perchas e iamos ás pistas verdes, caíamos e volviamos a caer, así os primeiros días, despois xa esquiabamos sen axuda.. Chegabamos ao hotel rendidos, duchabámonos e, antes de cear, algúns ían dar unha volta pola vila de Jaca. O mellor de toda a viaxe eran as noites, pasabamos as noites charlando, rindo, vendo a tele... pasámolo xenial. E o peor, as horas da viaxe. O venres pola tarde, recollemos as nosas cousas e collemos o autobús de regreso á casa, toda a noite no bus. Chegamos a Ferrol ás 7:30 da mañá, todas con moitas anécdotas para contar. Nos repetiamos! As rapazas de 4ºº A

35


VIAXE Á NEVE

36


Traballos de Tecnoloxía

Semáforo con barreira

Caseta para paxaro

Robot

Faro

Grúa

Mecanismo con levas 37


DÍA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES

SOLUCIÓN ATOPOUNA EN COR PRAIA AMARELO LAGO NEGRO RÍO AZUL BOSQUE LARANXA

Solucións Xeroglíficos 1 .- Sóltaas 2.- Quere moito 3.- A Rosa

38

COLGOUNA SALA COMEDOR BIBLIOTECA DORMITORIO


Melloras no Centro. Novas Tecnoloxías A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria realizou, durante este curso, unha instalación para dotar ao Centro da posibilidade de conectarse a Internet desde todas as aulas, todos os departamentos, biblioteca, despachos e conserxaría. Tamén aportou seis novos ordenadores portátiles, varios proxectores e unha partida de trece ordenadores de sobremesa, de tal forma que, ademais da aula de informática, púidose montar outra aula con doce ordenadores. Para complementar a dotación da Consellaría, o equipo directivo considerou útil adquirir un encerado dixital interactivo para utilizar na nova aula. Un encerado dixital interactivo (EDI) é un sistema tecnolóxico que consiste basicamente nun ordenador multimedia conectado a Internet e un videoproxector que sobre un taboleiro interactivo mostra o mesmo contido có monitor do ordenador e permite interactuar cos contidos dende o mesmo taboleiro. No mercado hai varios tipos de Encerado Dixital: SmartBoard, Interwrite, Promethean. O do Centro é o Promethean, que utiliza utiliza un lapis para traballar no encerado, outros fano directamente co dedo. Cada sistema aporta un software específico e utiliza unha serie de galerías con imaxes e programas para traballar. Internet está enchéndose, aos poucos, de multitude de materiais que os distintos centros van desenvolvendo para utilizar con este medio.

Explicación no EDI

Nova aula Acabáronse os tempos en que parte dunha clase se gastaba en debuxar, por exemplo; un esquema, unha máquina ou o sistema circulatorio. Hoxe, cun ordenador e un proxector, co programa PowerPoint, o profesor pode facer presentacións, e co punteiro que ofrece a aplicación debuxar sobre as imaxes proxectadas. Co encerado dixital interactivo isto mellórase notablemente.

39


ÍNDICE

LIMIAR......................................................................................1 ALUMNOS/AS ......................................................................2- 14 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS PGS ............................ 15 INTERCAMBIO ITALIA ........................................................16-19 DÍA DO LIBRO .....................................................................20-21 PREMIO COCA-COLA ........................................................22-23 RELATO DE TERROR .........................................................24-25 RADIO ESCOLAR ....................................................................26 PONTE NAS ONDAS ..........................................................27- 29 OBRADOIROS .........................................................................30 BIOLOXÍA............................................................................31-32 FERROLANS NA HISTORIA DA LITERATURA GALEGA .........33 PASATEMPOS .........................................................................34 VIAXE Á NEVE ....................................................................35-36 TRABALLOS DE TECNOLOXÍA .............................................. 37 SOLUCIÓNS PASATEMPOS ...................................................38 NOVAS TECNOLOXÍAS ...........................................................39

40

Lembranzas 2006-2007  
Lembranzas 2006-2007  

Revista do Centro 2006-2007

Advertisement