Page 1


ANDREA ALONSO (1ยบ BACH E) Fonte: cuatro.com/house


MONOGRÁFICOS 1º PREMIO

YAGO GUIRADO RODRÍGUEZ (2º BACH E)

KEITH HARING

Nado en Reading, Pensilvania, destacaba xa de pequeno como debuxante tomando os debuxos animados como inspiración facéndoo mellor ano tras ano. Estudou arte na Ivy School of Art de Pittsburg, mentres se sustentaba serigrafando camisetas. Pero Haring non quixo quedar aí. Entre 1978 e 1979, Keith Haring entrou a formar parte da Escola de Artes Visuais de Nova York. Alí coincidiu con Keith Sonnler e Joseph Kossuth, dúas figuras claves no seu desenvolvemento como artista e que tiveron moito que ver co que se convertería ao cabo do tempo. Incitárono a que experimentase con cores e formas de expresións, o resultado foi magnifico. Keith Haring empezou a subir como a espuma e o seu nome comezou a soar en todos os recantos do mundo da arte. O club 57 de Manhattan supuxo un punto de inflexión para o que ía ser a súa carreira. Na entrada dos 80, a súa ascensión foi imparable. En 1980 Keith Haring comezou a inundar de graffitis todo aquilo que chegara ás súas mans. O rotulador era o seu instrumento favorito e non deixaba títere con cabeza. O seu escenario favorito era o metro de Nova York. Nese momento a súa obra baseábase en debuxos animados que se sobrepoñían sobre anuncios no subterráneo. Hai que mencionar que Haring foi arrestado por delitos contra a propiedade pública, pois tamén explotaba con xiz branco todos os espazos reservados para a publicidade. Un borrón, asumible, na súa xa disparatada carreira profesional. A arte, a música e a moda convertéronse na obsesión de Keith Haring, ata o punto de que se comprometeu a combinalas para crear unha obra perfecta. Pratos voadores, persoas e cans, animais e figuras danzando foron os obxectos preferidos para ilustrar. Celebrou a súa primeira exposición individual na galería Tony Shafrazi de Nova York, en 1982. A súa técnica era peculiar, utilizaba soportes coma papel, fibra de vidro, camisetas, vasos. A arte esquimó africana, maia e dos aborixes, así coma a caligrafía chinesa, os all-over de Alechinsky, Andy Warhol e Mark Tobey, desde os que evolucionou cara ao semiabstracto foron as fontes de inspiración. Un tipo bastante inusual. Keith Haring reflicte o seu estilo do ethos da xeración pop e da cultura popular e máis de rúas do East Village de Manhattan, en Nova York. Pero Haring quería ir máis alá ata facerse un nome propio ao estilo e semellanza de Andy Warhol. Por iso botou man á combinación de moda, arte e música, que superaba en si para darlles un maior percorrido do que tiñan por elas mesmas. Murais, escultura, pósters e pintura corporal constituíron os soportes sobre os que se estendeu o seu indubidable éxito comercial. Chegou incluso a pintar unha parte do muro de Berlín. Tamén abriu unha boutique, Pop Shop, na que vendía todos os seus produtos. Xa en 1989 creou a Fundación Keith Haring, que se preocupaba de paliar e poñer remedio a todas as lacras e conflitos sociais que rodeaban o mundo daquelas. Mais non houbo oportunidade de disfrutar da súa obra. O 16 de febreiro do 1990 en Nov York a súa vida apagouse para sempre. A sida foi máis forte que Keith haring. Artista dos pés á cabeza que gañou un oco no noso corazón e memoria.

MANDA CARALLO

12


Monográficos

A C O N S T IT U C IÓ N D E C Á D IZ A Constitución de Cádiz foi aprobada o 19 de marzo de 1812, o día de San Xosé, coñecida por esta razón como a Pepa. É a primeira constitución propiamente española, xa que o Estatuto de Bayona de 1808 tan só foi unha Carta outorgada, cunha clara marca napoleónica. Está composta por dez títulos con 384 artigos. Aprobouse durante a Guerra da Independencia (1808-1814), e foi a disposta do pobo español ás intencións invasoras de Napoleón Bonaparte que, aproveitando os problemas dinásticos entre Carlos IV e Fernando VII, aspiraba a constituír en España unha monarquía satélite do Imperio, destronando aos Borbóns e coroando ao seu irmán José Bonaparte. Pero a resposta dos cidadáns, precedida por sucesos como o Motín de Aranjuez, as Renuncias de Bayona e o levantamento dos madrileños o 2 de maio, encerrou un segundo significado para unha pequena parte do pobo español. A España patriota disgregada nun movemento acéfalo de Xuntas, entre levantamentos, sitios e guerrillas uniuse finalmente nunha Xunta central Suprema, e despois nunha Rexencia de cinco membros, cuxos cometidos principias foron a dirección da guerra e a reconstrución do Estado. Neste punto, as ideoloxías estaban divididas: había quen desexaba seguir ancorado no Antigo Réxime, quen desexaba unha reforma temperada á inglesa e aqueles que, influídos polas doutrinas e o exemplo de Francia, consideraban que a reconstrución tiña que ser máis radical. Este foi o criterio que finalmente se impuxo, e a Rexencia convocou reunión ás Cortes na vila de León o día 24 de setembro de 1810. A designación dos deputados ás mesmas realizouse de maneira anómala, explicable pola situación do país, e a súa achega fundamental foi a Constitución de 1812. A obra das Cortes de Cádiz combinou as tendencias constitucionais netamente españolas e a afrancesada. A Constitución de 1812 enlazaba coas Leis tradicionais da monarquía española pero, ao mesmo tempo, incorporaba principios do liberalismo democrático como a soberanía nacional e a separación de poderes, principios vixentes hoxe en día. A soberanía, poder pleno e supremo do Estado, que ata entón correspondera ao Rei, pasa á Nación, como ente supremo e distinto aos individuos que a integran, representando aos deputados, sen estamentos nin mandato imperativo. A separación de poderes, a máis ríxida da nosa historia, seguiu o modelo da Constitución francesa de 1791 e a dos Estados Unidos, o cal impediu o nacemento do réxime parlamentario en España. A Constitución non incorporou unha táboa de dereitos e liberdades, pero si recolleu algúns dereitos dispersos no seu articulado, como a liberdade persoal ou o dereito de propiedade. Non obstante, o texto proclama a España como Estado confesional, non recoñecendo a liberdade relixiosa. As Cortes organizábanse nunha Cámara única, pois se temía que o clero e a nobreza conseguiran apoderarse dunha Asemblea de Próceres, obstaculizando a renovación política, social e económica que se pretendía operar. Os deputados a Cortes eran elixidos mediante sufraxio indirecto, sendo necesario para ser candidato posuír unha renda anual procedente de bens propios, co cal, o Parlamento quedaba en mans das clases acomodadas. No que aos poderes do Rei se refire, introducíronse modificacións substanciais. Se no Antigo Réxime o Rei ostentara a súa condición en virtude dun título divino, agora facíao pola graza de Deus e da Constitución. O seu poder viuse limitado, conservando unha participación no Poder lexislativo, cunha tímida iniciativa e un veto suspensivo, así como a titularidade do Poder executivo, aínda que os seus actos debían ser referendados polos Secretarios de despacho. Tivo unha vixencia efémera. Fernando VII derrogouna á súa volta a España en 1814, implantando o máis férreo absolutismo durante seis anos. Tralo pronunciamento de Riego en 1820, precisamente coas tropas que debían viaxar a América para deter a emancipación, o Rei viuse obrigado a xurar a Constitución de 1812, iniciándose así o Trienio Liberal. CARMELA GARCÍA GONZÁLEZ (4º ESO A) MANDA CARALLO

13


Monográficos

O VISION ARIO Vouvos contar unha pequena historia. Gregor Mendel, era un abade do mosteiro do Brno. Dedicaba a maior parte do seu tempo a ler a máis extensa literatura sobre hibridación. Pode dicirse que era un visionario, un monxe inusual. Cando xa leu o suficiente, decidiuse e deu o paso seguinte: a práctica. Pensou que a mellor planta para facer as súas probas sería o chícharo, xa que as distintas variedades tiñan características moi diferenciadas, como a cor da semente ou da flor. Fixo un pequeno xardín, plantado de chícharos separados polas súas características. Esperou pacientemente a que as plantas medrasen, e fixouse nun curioso detalle: das características nas que se fixara, quedaba só unha en cada planta. E así estivo facendo estes experimentos e levando a cabo un meticuloso traballo de contabilidade. Pouco a pouco, transformou un pequeno mosteiro nun laboratorio, onde experimentaba con varios tipos de flores ademais de chícharos; cousa que non gustaba aos seus superiores, xa que se desviara do culto e da vida dedicada a Deus para facer experimentos xenéticos. Tras moitos anos de estupor e perfeccionamento das súas conclusións, decidiuse, por fin, a publicar os seus traballos para a comunidade científica. Esperaba ilusionado que aceptasen o seu traballo, e que o tivesen en conta. Quería triunfar, pero nunca pensou que o ignorarían da maneira que o fixeron. E aínda despois da súa morte, tiveron que pasar trinta e cinco anos para que se redescubrisen e aceptasen os seus descubrimentos. Foi tan persistente e meticuloso na súa investigación, que merece o distintivo de fundador da xenética. CARMELA GARCÍA GONZÁLEZ (4º ESO A)

MANDA CARALLO

14


Universidade de Granada, un día pedíronme que fixera unha disección dunha ra e durei alí dous meses, porque aquilo non era para min.

Cantos anos estiveches como bibliotecario? Tiñas claro o que querías estudar cando tiñas a nosa idade? Eu coa vosa idade quería estudar Medicina, estiven no primeiro curso na

Que rama preferías? Ciencias ou Letras? Cales son as túas afeccións? Basicamente ler, leo dous ou tres xornais ao día, repaso os libros que teño na biblioteca. Botas de menos vires traballar ao instituto? Pasouche algunha vez de coller dirección ao instituto agora que xa non traballas? Si, si, ao principio sobre todo, de chegar ao alto de Puxeiros e decatarme, e xa que estaba alí, vir a tomar un café. Procuro vir unha vez á semana para saudar aos compañeiros e saudarvos a vós. A que dedicas agora o teu tempo libre? Gardas relación cos teus antigos compañeiros? Si, si, con todos, con Manolo e Eva, con Pepe, Almudena, con Carlos e Mer, con Xosé... Ocupaches un cargo directivo no instituto algunha vez? Afortunadamente non tiven ningún cargo directivo, despois de 12 anos de concelleiro no Porriño decidín non volver a ocuparme de ningún cargo administrativo.


Entrevistas


Entrevistas


1º PREMI O: “H I POPÓTAM O LUN AR”: ROI M ATOS GARCÍ A


ROSA GÓMEZ

Velaquí as fotos que se tomaron na realización desta actividade:


2007-08

2007-08


2007-08


2007-08


MONCHO Q.


PanaderĂ­a Tradicional

Ar tesano


HOUBO UN TEMPO…

EILÚN DEL PAZO MOA (1º BACH E)


O HOME DE CRISTAL


YAGO GUIRADO RODRรGUEZ (2ยบ BACH E)


CA R T A

SARA BASTOS RODRรGUEZ (1ยบ BACH F)


´

ANÓNIMO


Ilusión falsas verdadeiras verde casa amor mesa flor

Palabras, palabras. Poden significar todo, poden significar nada. Palabras, palabras. Poden transformar realidades En contos de fadas Palabras, palabras. Tan mentireiras que é mellor dos beizos non sacalas. Palabras, palabras. Ou tan certeiras que o crime é non deixalas. Palabras, palabras. Escritas, faladas. Libres, estrañas. Palabras, palabras. Falando podes ser todo, dicindo podes ser nada. Pero na fin, só son palabras.


ORA PRO NOBIS


ERAGON


THE WALKING DEAD


MANDA CARALLO

120


María Berdiales, 14-16 - 2ª Planta 36203 Vigo - Telf. 986 228 049 - www.globeschool.net MANDA CARALLO

123


FONTE: wikibooks.org


Manda Carallo 2013  

Revista nº 23 dos alumnos do I.E.S. Carlos Casares de Vigo publicada en 2013

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you