Issuu on Google+

CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO Con motivo do Entroido, o ENDL e o IES de Curtis convocan un concurso de disfraces que terá lugar o venres, día 4 de marzo, de acordo coas seguintes bases: 1. DESTINATARIOS O concurso está aberto a toda a Comunidade Educativa: alumnado, pais e nais, profesorado e persoal non docente. Poderase participar de xeito individual ou en grupo, repartindo, neste caso, o premio entre os distintos membros. 2. INSCRICIÓN A isncrición das persoas participantes farase na vicedirección do centro antes das 12:45 horas do xoves día 3 de marzo. Xunto coa inscrición entregarase unha breve descrición do disfrace que se presenta ao concurso. 3. PARTICIPANTES NON INSCRITOS As persoas que non presenten a inscrición, tamén poderán participar no desfile pero non terán opción aos premios. 4. PREMIOS Concederanse tres premios que consistirán nun vale, cunha validez dun mes, para cambiar por material escolar, material dixital, libros, discos ou películas en galego, por importe de: INDIVIDUAL 1.º premio: 50€ 2.º premio: 30€ 3.º premio: 20€ GRUPO Único premio: 80€ Os premios poderán ser declarados desertos de non acadaren os disfraces presentados unha calidade mínima. 5. XURADO O xurado estará composto por tres membros do alumnado e tres membros do profesorado. A súa decisión será inapelable. Valoraranse a presentación, o sabor, a creatividade e a orixinalidade do prato.


Concurso de disfraces do Entroido