/Guia_CLAG_1

Page 55

O proceso de innovación planificado: trátase dun proceso xestiona-

do desde a dirección cara ao conxunto dos traballadores e recursos da empresa (aliñado coa estratexia top-down), enfocado a aproveitar as oportunidades que poida detectar a empresa en produtos, servizos ou procesos novos ou mellorados que fagan máis competitiva a empresa. Este proceso pódese sistematizar e utilizar ferramentas que axuden á súa aplicación •

O proceso de innovación emerxente ou espontáneo, é aquel que de

forma natural realizan as persoas da organización. Inevitablemente ten unha dependencia respecto ás súas capacidades para encontrar respostas innovadoras aos estímulos do contorno. A importancia dalgunhas destas iniciativas emerxentes é tal, que deben ser impulsadas de forma ascendente (bottom-up) para poder recibir os recursos necesarios. Para asegurar que na empresa teñan lugar os dous tipos de procesos, é necesario dispoñer dun procedemento sistemático de xeración de ideas, pero á vez hai que crear unha canle mediante a cal as persoas poidan propoñer ideas de forma espontánea. Esta canle, que preferiblemente debería estar permanentemente aberta, pode consistir nunha caixa de ideas, unha web específica para tal efecto, unha dirección de correo electrónico con liña directa coas persoas que poidan tomar as decisións ao respecto, ou simplemente se pode establecer de maneira informal, a través das conversacións dos empregados cos seus superiores. Neste último caso, debe asegurarse que estes superiores fagan chegar as ideas augas arriba, a quen corresponda a toma de decisións e a selección das ideas de innovación.

Tipos de innovacións para considerar na xeración de ideas

En xeral, cando se propón a xeración de ideas para a realización de proxectos de innovación, hai unha certa tendencia a focalizarse en proxectos de innovación tecnolóxicos (de produto e proceso). Pero existen diferentes tipos de innovacións, algunhas delas non tan directamente relacionadas coa tecnoloxía, que tamén se deben considerar. A continuación resúmense os distintos tipos de innovación recoñecidos polo Manual de Oslo (2005): 1.

Innovación de produto

Introdución de novos bens e servizos ou a súa mellora significativa respecto ás súas características ou aplicacións. 2.

Innovación en procesos

Implantación de novos métodos de produción e entrega ou a súa mellora significativa.

55


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.