Page 1

1


1. Introdución O proxecto I+Coopera (iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo), foi aprobado e presentado en sociedade a través dunha xornada oficial.

O presente documento ten como obxectivo recoller toda a información relativa á organización e xestión integral da xornada de presentación do proxecto I+Coopera en Silleda.

A continuación atópase unha relación de toda a información, deseños e materiais desenvoltos, asistentes á xornada, xestión dos relatores e todas as demáis accións levadas a cabo na xestión.

2


2. Xornada de presentación do proxecto I+Coopera O Plan Estratéxico Galego para o Cooperativismo recolle, dentro das distintas liñas de actuación para a promoción e fomento do cooperativismo na comunidade autónoma, o impulso á investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación no sector cooperativo, que son factores determinantes para a supervivencia das empresas e as cooperativas non poden ser alleas a este proceso.

Dende a Consellería de Traballo se está a impulsar a investigación e a innovación en materia cooperativa para dar pulo ás diferentes actuacións en materia de I+D+i, tendo en conta a especificidade cooperativa, favorecendo a creación de proxectos de cooperación, o desenvolvemento de proxectos comúns, o intercambio de experiencias e fomentando a transferencia de coñecementos tanto no seo da cooperativa como a través das relacións con outros axentes do Sistema Galego de Innovación.

Ao redor desta finalidade, definíronse unha serie de actividades dentro do proxecto. A xornada de presentación oficial do proxecto, marca o inicio da posta en marcha de cada unha das accións contempladas no deseño do proxecto.

3


3. Obxectivos A xornada de presentación do proxecto I+Coopera, tivo como principal obxectivo dar a coñecer o programa e as actividades á sociedade e en concreto a todos aqueles sectores nos que hai una presenza significativa de cooperativas.

Tendo en conta este obxectivo marcáronse os seguintes obxectivos de comunicación:

-

Dar a coñecer o obxectivo do proxecto que é realizar actividades de promoción do cooperativismo mediante o impulso da investigación, do desenvolvemento tecnolóxico e da innovación e dinamización de redes.

-

Difundir a finalidade do proxecto, que quere poñer a disposición das cooperativas un amplo conxunto de servizos gratuítos orientados a promover o I+D e a innovación coa finalidade de facer un sector cooperativo más competitivo e con maior capacidade para afrontar o actual contexto económico.

Imaxe dos ponentes da xornada

4


4. A quen se dirixe A xornada dirixiuse con carácter xeral a todos aqueles sectores nos que hai unha presenza significativa de cooperativas, sendo nun principio os seguintes os mais significativos:

-

Cooperativas de traballo asociado..

-

Cooperativas agrarias.

-

Cooperativas de ensino.

-

Cooperativas de transporte.

-

Cooperativas de servizos.

-

Cooperativas explotación común da terra.

-

Cooperativas de vivenda.

-

Cooperativas do Mar.

-

Cooperativas de 2º grao.

-

Cooperativas de consumidores usuarios.

-

Outras cooperativas.

Dada a ubicación da xornada, destacou a relevancia especial das cooperativas agrarias e alimentarias interesadas. Por este motivo, a xornada enfocouse a orientar e aclarar o alcance do proxecto, resolvendo tódalas dúbidas dos asistentes, os pasos a seguir para analizar ideas de proxectos ou como participar nas diferentes actividades do proxecto I+Coopera.

5


5. Metodoloxía A estrutura da xornada de presentación do proxecto foi deseñada dende unha visión práctica e estivo formada polos seguintes bloques:

1. Presentación do proxecto I+Coopera. Neste bloque explicouse en qué consiste o proxecto e cal é a finalidade do mesmo. Así mesmo, tratouse de introducir a importancia da innovación nas cooperativas e qué fases de I+d+i se deben levar a cabo para chegar a resultados satisfactorios.

2. Relatorio dedicado á contribución dos organismos de transferencia de tecnoloxía ao impulso de proxectos colaborativos de i+d+i no ámbito das cooperativas galegas.

3. Relatorio dedicado ás experiencias de proxectos colaborativos de innovación no marco da plataforma tecnolóxica agroalimentaria galega - PTGAL.

4. Mesa redonda e debate.

5. Clausura da xornada.

6


6. Programa O deseño da xornada respondeu ao seguinte esquema: Día: 17 de xuño de 2011 Horario: de 10.45 a 13.00 Lugar: Recinto Ferial de Silleda. Sala Club do Expositor – Primeira planta – Pabellón 1.

10:45 horas Rexistro e entrega de documentación 11:00 horas: Presentación do proxecto i+ coopera: iniciativa para o impulso da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación para a promoción do cooperativismo -

Antonio de la Cruz de la Rosa, EOSA Consultores

-

Luis Touriño Guerra, EOSA Consultores

11:30 horas: Contribución dos organismos de transferencia de tecnoloxía ao impulso de proxectos colaborativos de i+d+i no ámbito das cooperativas galegas -

José Luis Villaverde Acuña, Coordinador da Unidade de Valorización e Transferencia. Universidade de Santiago de Compostela.

12:00 horas: Experiencias de proxectos colaborativos de innovación no marco da plataforma tecnolóxica agroalimentaria galega - PTGAL. -

Lorenzo Pastrana Castro, Conselleiro científico do comité executivo da Plataforma Tecnolóxica Agroalimentaria Galega – PTGAL.

12:30 horas: Mesa redonda e debate 12:45 horas: Clausura da xornada -

Xoan Miguel Concheiro Abal, Subdirector de Cooperativas e Economía Social.

7


7. Listado de asistentes A continuación móstrase unha relación das persoas inscritas á xornada. Destaca o interés na xornada para o persoal de AGACA, Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, e para UCETAG, Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia : Nome

Entidade

Olga Amoedo Cabrera

UCETAG Presidenta

Teresa Balado Barciela

UCETAG

Roberto Andrés Sanmartín

UCETAG Gerente

Antón Insua López

Cooperativa Cidadanía

Luis Miguel Estévez

AGACA Ourense

Marta Núñez Martínez-Corbalán

AGACA Santiago

Carlos Ares Fdez.

AGACA Santiago

Higinio Mougán Bouzón

AGACA Santiago

Daniel Diéguez Diéguez

Centro Desenvolvemento Verín

María Rey Campos

AGACA (Coordinadora dpto. Calidade)

Aleixandre Pereira Pereiro

Xedega

Manuel Carlos Gómez Díez

Presidente Hortoflor

Ramón José Espiñeira Álvarez

Bodegas San Roque de Beade

Miguel Ángel Quinteiro Núñez

Intergal

César Quinteiro Rendo

Intergal

Luis Miguel Estévez

AGACA Ourense

Ana Pérez

Ardora Formación e Servizos S. Coop. Galega

Gloria Bernárdez Beltrán

Coop. Sta. María de Loureiro (Ourense)

Rosa Vázquez Sedade

AGACA

8

Informe Xornada de Presentación  

1 A continuación atópase unha relación de toda a información, deseños e materiais desenvoltos, asistentes á xornada, xestión dos relatores e...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you