Issuu on Google+

Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Roteiro rosaliano 1. Praza de Vigo

Rosalía de Castro naceu na madrugada do 24 de febreiro de 1873 en Santiago de Compostela nunha casa das Barreiras, un barrio que lindaba co chamado Camiño Novo (a antiga entrada a Santiago para os que viñan do lado de Pontevedra), próximo aos campos de Cornes, San Xosé e Ramírez . Esta vivenda estaba próxima a actual Praza de Vigo, á beira da rúa adicada á poetisa. Neste lugar hai hoxe un monumento construído no 1982 polo Concello de Santiago con motivo do seu 145 aniversario do seu nacemento.

1


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

A súa nai María Teresa de Castro y Abadía (1804-1862), era de familia fidalga, os Castro, de orixe castelán, pero establecida en Galicia dende a Idade Media; foron condes de Lemos nunha das súas ramas. O seu pai, José Martínez Viojo (1798-1870) era un seminarista que logo chegaría a ser Capelán da Colexiata de Iria. Rosalía foi bautizada na capela do Hospital Real, hoxe Hostal do Reis Católicos. Así dicía a acta orixinal de bautizo, do Hospital Real: " En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y seis, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y/ para/ que así conste, lo firmo. José Vicente Varela y Montero"

Poema “ En Cornes” ( Alameda)

2


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

2. Castro de Orto単o: Ames

3


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Ata os oito anos (catro ou cinco ?) estivo baixo a custodia da súa tía na aldea de Castro de Ortoño, na casa da Tarroeira. Foi aquí onde tivo contacto coa vida rural que despois reflectiu nos seus poemas. En 1923 nesta casa fúndase O Seminario de Estudos Galegos (SEG), que vai funcionar ata 1936. Unha placa lembra dito acontecemento. Dende aquí segundo parece escoitaba, nos días claros, as campás de Bastabales de Brión, as campás máis famosas de Galicia polo poema que Rosalía lle fixo. Poema 11 e 14 ( Cantares gallegos) e “Vamos bebendo”

4


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

3. Padrón

Esta localidade estivo sempre presente na vida e obra de Rosalía. Aquí viviu sendo nena coa súa nai ( ou tamén coa súa tía paterna). Nunha rúa da vila, Juan Rodríguez, lémbrase a vivenda que as acolleu. No espolón hai un monumento á autores de Cantares gallegos e dise que o Xardín Botánico conserva a secuoia onde se sentaba a escribir. Os padroneses honraron a memoria de Rosalía coa estatua do espolón, preto da igrexa de Santiago onde está o pedrón do apóstolo ( ara romana) que deu nome a esta poboación.

5


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

4. Pazo de Hermida ( Torres de Hermida) Lestrove.

Trátase dun pazo, hoxe convertido en casa de turismo rural, que pertenceu á familia da nai. Aquí pasou longas tempadas e sempre tivo aberta a porta. Compuxo aquí parte da súa obra e ata deu a luz dos xemelgos. Viviu unha tempada grande entre 1979 e 1892, cando se trasladou á Matanza.

Poema 33 (Cantares gallegos) 5. Pazo de Arretén, Padrón

É a casa grande de Arretén, hoxe una propiedade privada. Foi onde naceu a súa nai e onde ela pasou tempadas. Tamén aparece na súa obra. 6


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Poema O pazo de Arretén (Follas novas)

6. Casa Museo da Matanza, Padrón

Nesta vivenda pasou Rosalía os seus últimos anos e dende 1972 acolle un museo dedicado á escritora, onde se recrea, ademais a casa rural da época. A casa conserva a estrutura orixinal de dás plantas. Na primeira está dedicada a recrear a vida na época en que Rosalía viviu con mobles da época e outros adobíos.A primeira planta dedícase a mostrar a dimensión desta figura universal.

7


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Poema: Miña casiña, meu lar (Follas novas) 7. A Colexiata de Iria Flavia, Padrón.

Cando Rosalía faleceu, tras una longa enfermidade, foi soterrada en Adina, ao pé da Colexiata. Hoxe una placa de pedra lembra dito feito. Curiosamente ela xa de dedicara uns versos a este cemiterio no cal ela estivo enterrada ata 1891, momento no que foi trasladada a Santiago ( Panteón).

8


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Poema: 隆Padr贸n! 隆Padr贸n! ( Follas novas)

9


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

8. San Domingos de Bonaval. Panteón dos galegos ilustres,

Santiago.

O conxunto está situado extramuros da cidade, preto da porta do Camiño, una das portas históricas á cidade de Santiago no barrio de San Pedro. Santiago estivo rodeado por una muralla de case dous quilómetros que tiña sete portas de entrada, segundo indica o Códex calistinus: A Porta Francígena ou do Camiño, tamén chamada de S. Pedro. Nela desembocaba o camiño de Castela e de Francia e era a entrada de peregrinos do Camiño francés. Esta será a porta principal. A Porta Faxeira. Por ela entraban os peregrinos procedentes do Camiño portugués xunto co peixe e as mercadorías dos portos de Padrón, Noia, Pontevedra e Fisterra. O seu nome quizais se relacione coa existencia de faias na zona. Pola Porta de Mazarelos entraba o viño das comarcas do Ulla e do Ribeiro, así como os cereais de Castela. As outras portas, aínda que de menor tráfico, eran tamén importantes.A Porta de San Roque, tamén chamada da Algalia de Arriba, por ela entraban os peregrinos 10


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

procedentes do Camiño inglés. Daba acceso á zona xudía. A Porta da Trinidade ou do Santo Peregrino, daba acceso ó principal zona agrícola da cidade e ao cemiterio de peregrinos. Por aquí continuaba o camiño cara a Fisterra. A Porta da Pena daba acceso aos peregrinos de Inglaterra e Flandes.

A fundación do convento atribúese a Santo Domingo de Guzmán, que parece que peregrinou a Santiago en 1219. Pero a imaxe do conxunto débese fundamentalmente ás reformas posteriores. A maioría dos edificios conservados foron construídos en estilo barroco a finais do XVII e principios do XVIII baixo a dirección do arcebispo compostelán Frei Antonio Monroy, mecenas de Domingo de Andrade, arquitecto. Destaca dentro do convento a tripla escaleira helicoidal, una tripla escaleira de caracol construída por Domingo de Andrade. 11


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

O Panteón dos Galegos Ilustres está situado na igrexa de santo Domingo de Bonaval, que en principio foi un convento. Coa exclaustración o convento pasou ao Municipio de Santiago, que en principio o dedicou a cuarteis. Tíñase previsto o derribo da igrexa, que non chegou a executarse. Despois tivo máis funcións civís (hospicio, colexios de cegos e xordos. Na actualidade o conxunto alberga o Museo do Pobo Galego. A igrexa, construída en estilo gótico dominico e renacentista, actualmente non está aberta ao culto e alberga, nunha capela lateral, a capela da Visitación, o Panteón dos Galegos Ilustres, que foi creado por decisión popular para gardar e homenaxear as figuras máis sobranceiras da nosa historia. Aquí descansan os restos de Rosalía, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán, o escultor Francisco Asorey, e, a última persoa enterrada, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, que veu de Arxentina no ano 1984. O Mausoleo de Rosalía é obra do escultor Jesús Landeira

12


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

A portada componse de dúas pilastras toscanas con feixes de froitas, típicos da obra de Andrade, era como a súa sinatura, que soportan un frontón curvo partido enmarcando a porta alintelada, presidida pola imaxe de Santo Domingos. Sobre o lintel, en cartela, pódese ler un texto : "Esa portada i quarto que le sigue mando hacer el ylustrissimo sr don frai Antonio de Monroi arzobispo i señor de esta ciudad i genera de esta sagrada religión con las himagines i dorado año de 1699". O horto e o cemiterio anexo transformouse nun parque público a finais do XX. Poema: ¡Adiós! ( Follas novas) 9. Covento de San Agostiño. ( Liceu da Xuventude) Aquí formouse e participou en actos culturais, destacando, como actriz amateur, en representacións teatrais. Alí destacou con outros estudantes que tiveron grande repercusión na nosa cultura como foi o seu amigo Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e posiblemente Manuel Murguía, aínda, que por entón, non o tratase persoalmente. Tamén estudou na Real Sociedade Económica de Amigos del País (actual IES Rosalía de Castro). Crese que Rosalía pasou a residir coa súa nai en Santiago a partir de 1850, aínda que xa antes convivira con ela en Padrón.

13


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Rosalía en santiago viviu en moitos sitios, tanto de solteira coa súa nai, como de casada e xa coa seu home.f 10.Paseo da Ferradura, Bóveda ou das Letras Galegas ( Alameda)

14


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

15


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Na Alameda érguese un dos monumentos dedicado á autora máis importante. A Alameda son tres xardíns en un: A alameda, a ferradura e carballeira de santa Susana que responde a modelos diferentes a tamén a uso diferentes. O espazo máis antiga é a carballeira, espazo que se empregou para facer a feira dende a Idade Media ata 1970, que se trasladou a Salgueiriños. A alameda, parte da Porta Faxeira, en recordo ca pota que había aí na IM, na murralla, e remata na escalinata. A primeira parte recibe o nome de campo da Estrel, referencia xacobea. Aquí destaca unha secuoia e o momumento ás irmás Fandiño ( As Marías” no seu paseo habitual ás dúas da tarde).

16


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

(Maruxa ( 1898-1980) e Mª Argentina Coralia ( 1914-1983) Fandiño Ricart A parte interna está formado por liñas de árbores. No seu principio os paseos estaban ordenados por clases socias (clases populares, nobreza, clérigos, mestres e sente con estudos). Entre a carballeira de Santa Susana e o paseo da Alameda atópase un dos bancos máis famosos deste parque santiagués: o banco acústico, sonoro ou dos namorados.

É un longo banco feito en pedra de granito. Ten forma se semicírculo e foi proxectado no 1916, non se sabe moi ben por quen.

17


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Polo seu deseño, orientación e deseño ten a particularidade de transmitir o son dun canto ao outro con nitidez. Que utilidade tería para as parellas que a principios do século XX que non podían ter o máis mínimo contacto no paseo.. Por último está Ferradura, chamado tamén o Paseo dos leóns, polos que hai nas columnas que pechan o paseo polo Norte.

18


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Aquí destaca o eucalipto dos namorados.

Tamén destaca o monumento a Rosalía, unha escultura feita en granito( A imxe de Rosalía é mármore de Carrara) no 1917 de Isidro de Benito e Francisco Clivilles. A escultura ten ademais moitas outras figuras simbólicas, títulos das obras de Rosalía e placas conmemorativas.

19


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

11. IES Rosalía de Castro Este é o antigo colexio San Clemente de pasantes que albergou a Real Sociedade Económica de Amigos del País onde Rosalía estuda entre outras materias Debuxo e Música, cando chega de Padrón en plena adolescencia. Nesta etapa tamén se formou no liceu da Xeventude, no Convento de sanAgostiño, particpando en actos culturais e destacando como actriz amateur en representación teatrais.. Alí coincidiu con outros estudantes

Poemas En Cornes (Follas Novas, “Da terra”) I Formoso campo de Cornes, cando te crobes de lirios, tamén se me crobe a ialma 20


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

de pensamentos sombrisos. De Cornes lindo lugare, que cruzan tantos camiños: anque cuberto de rosas, as rosas tamén fan guizos. Antre as pedras, alelises; antre os toxos, campanillas; por antre os musgos, violas; regos por antre as curtiñas. Río abaixo está o moíño, Compostela río arriba... Río arriba ou río abaixo, todo é calma na campía. II Cruceiro de Ramírez que te ergues solitario dos Agros na espranada, antre as rosas dos campos: o sol da tarde pousa en ti o postreiro raio coma nun alma triste pousa un soño dourado. Algunha vez no estío, eu ó teu pé sentada escoito silenciosa, mentras a tarde acaba; baixo das pedras mudas, que teu sacreto gardan, maxino que resoa o brando son dun arpa, ¡música incomprensible que doutros mundos fala! ¡Tal de Memmón se oían ó amañecer na estatua, aqueles sons divinos que as almas encantaban! Poema 11 (Cantares Gallegos)

Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. I Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades, 21


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

e das entrañas me doio. Dóiome de dor ferida, que antes tiña vida enteira i hoxe teño media vida. Sólo media me deixaron os que de aló me trouxeron, os de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. II Aló pola mañanciña subo enriba dos outeiros lixeiriña, lixeiriña. Como unha craba lixeira, para oir das campaniñas a batalada pirmeira. A pirmeira da alborada, que me traen os airiños por me ver máis consolada. Por me ver menos chorosa, nas súas alas ma traen rebuldeira e queixumbrosa. Queixumbrosa e retembrando por antre a verde espesura, por antre o verde arborado. E pola verde pradeira, por riba da veiga llana, rebuldeira e rebuldeira. III 22


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Paseniño, paseniño, vou pola tarde calada de Bastabales camiño. Camiño do meu contento; i en tanto o sol non se esconde, nunha pedriña me sento. E sentada estou mirando como a lúa vai saíndo, como o sol se vai deitando. Cal se deita, cal se esconde mentras tanto corre a lúa sin saberse para donde. Para donde vai tan soia, sin que aos triste que a miramos nin nos fale, nin nos oia. Que si oíra e nos falara, moitas cousas lle dixera, moitas cousas lle contara. IV Cada estrela, o seu diamante; cada nube, branca pruma; triste a lúa marcha diante. Diante marcha crarexando veigas, prados, montes, ríos, donde o día vai faltando. Falta o día, e noite escura baixa, baixa, pouco a pouco, por montañas de verdura. De verdura e de follaxe, salpicada de fontiñas baixo a sombra do ramaxe. Do ramaxe donde cantan paxariños piadores que ca aurora se levantan. 23


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Que ca noite se adormecen para que canten os grilos que cas sombras aparecen. V Corre o vento, o río pasa. corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo; vanse todos, eu me quedo sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemprando as laradas das casiñas por quen vivo suspirando. ............................................ Ven a noite..., morre o día, as campanas tocan lonxe o tocar da Ave María. Elas tocan pra que rece; eu non rezo, que os saloucos afogándome parece que por min tén que rezar. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Poema 14 (Cantares Gallegos)

Acolá enriba na fresca montaña, que alegra se crobe de verde retama, meniña morena, de branco vestida, nubiña parece no monte perdida, que xira, que corre, 24


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

que torna, que pasa, que rola e, mainiña, serena se para. Xa envolta se mira na espuma que salta do chorro que ferve na rouca cascada. Xa erguida na punta de pena sombrisa, inmoble cal virxe de pedra se mira. A cofia de liño aos ventos soltada as trenzas descoida que os aires espallan. Tendída-las puntas do pano de seda, as alas dun ánxel de lonxe semellan si as brisas da tarde, xogando con elas, as moven ca gracia que un ánxel tivera. Eu penso ¡coitado de min!, que me chaman si as vexo bulindo na verde enramada. Mas, ¡ai! que os meus ollos me enganan traidores, pois vou e, lixeira, na niebra se esconde. Se esconde outras veces na sombra dos pinos, e canta escondida cantares dulciños que abrasan, que firen ferida de amor que teño feitiña 25


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

no meu corazón. ¡Que feita, que linda que fresca, que branca dou Dios a meniña da verde montaña! ¡Que hermosa parece que chore, que xima; cantando, sorrindo, desperta, dormida! ¡Ai!, se seu pai por regalo ma dera, ¡ai!, non sentira no mundo máis penas. ¡Ai!, que por tela conmigo por dama, eu lla vestira, eu lla calzara! Lectura recomendada Poema 33 (Cantares Gallegos)

Como chove miudiño, como miudiño chove; como chove miudiño pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove. ¡Como a triste branca nube truba o sol que inquieto aluma cal o crube i o descrube, pasa, torna, volve e sube, enrisada branca pruma!. Xa, dempois lonxe espallada polos aires fuxitivos, desteñida, sombrisada, nos espasos desatada, 26


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

cae brillando en raios vivos. Misteriosa regadeira fino orballo no chan pousa con feitiña curvadeira, remollando na ribeira frol por frol, chousa por chousa. Semellando leve gasa que sotil o vento move, en frotantes ondas pasa refrescando canto abrasa o que o sol ardente crobe. ¡Como chove miudiño polas veigas de Campaña! ¡Cal se enxugan de camiño os herbales de Laíño! ¡Como a ponte en sol se baña! Para Caldas todo é escuro, ceo azul lose na Adina trasparente, limpo e puro; da Arretén no monte duro, nube corre pelegrina Triste vai, que á terra toca xa cos pés de branca neve xa ca fina fresca boca; triste vai, que ós ceos invoca i a bicar o chan se atreve. Triste vai cando se abate vaporosa, soia e muda, cando maina as alas bate como un corasón que late ferido por pena ruda. Tal maxiño a sombra triste 27


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

de mi maa, soia vagando nas esferas onde esiste; que ir á groria se resiste, polos que quixo agardando. Vexo o Souto en parda sombra envolvendo o seu ramaxe; que por bon, do Rei se nombra, donde fero o vento asombra, roxe e estala de coraxe. I o Palacio, serio e grave, ¡canto en pura luz se baña! Tal parés pesada nave que volver ó mar non sabe, se encallou na fresca braña. Vexo Valga á beira hermosa dun camiño todo prata, casta virxe candorosa, sentadiña en chan de rosa, vestidiña de escarlata. A San Lois vexo brillando bañado por tintas puras, sol e sombras amosando, en reposo contemprando montes, auguas e verduras. I a Padrón, ponliña verde, fada branca ó pé dun río, froita en frol da que eu quixerde, lonxe miro que se perde baixo un manto de resío. ¡Que inchadiña branca vela antre os millos corre soa, misteriosa pura estrela! Dille o vento en torno dela: 28


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

"Palomiña, ¡voa!, ¡voa!". Faille arrolo á branca ría cun remanso mormuxante, que nás da arboleda umbría baixo un toldo de alegría, ó calor dun sol amante. […] O pazo de Arretén (Follas Novas) Era ó caer da tarde, encomenzaba o cántico dos grilos, xorda a presa ruxía, brilaban lonxe os lumes fuxitivos. Ó pé do monte, maxestuoso, erguíase na aldea escura o caserón querido, ca oliva centenaria de cortinax ó ventanil servindo. Deserta a escalinata, soio o paterno niño, e enriba del caendo misteriosas coas sombras do crepúsculo, as do olvido. ¿Quen ó pasado volve os ollos compasivos? ¿Quen se lembra dos mortos, si inda non poden recordarse os vivos? Miña casiña, meu lar (Follas Novas) Miña casiña, meu lar, ¡cantas onciñas de ouro me vals! Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar, descalciña de pé e perna, sin comer nin almorzar. Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar, i anque ganas tiña delas 29


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

non tiña para as pagar. Nos mesóns arrecendía a cousas de bon gustar, mais o que non ten diñeiro sin elas ten que pasar. Fun chegando á miña casa toda rendida de andar, non tiña nela frangulla con que puidera cear. A vista se me barría, que era aquel moito aunar. Fun á porta dun veciño que tiña todo a fartar; pedinlle unha pouca broa e non ma quixo emprestar. As bagullas me caían, que me fora a avergonzar. Volvinme á miña casiña alumada do luar; rexistrei cada burato para ver de algo atopar; atopei fariña munda, un puñiño a todo dar. Vino no fondo a artesa. Púxenme a Dios alabar. Quixen acende-lo lume; non tiña pau que queimar; funllo a pedir a unha vella; tampouco mo quixo dar, si non era un toxo verde para me facer rabiar. Volvín triste como a noite a chorar que te chorar; collín un feixe de palla, do meu leito a fun pillar; rexistrei polo cortello mentres me puña a rezar e vin uns garabulliños e fieitos a Dios dar. ¡Meu San Antón milagroso, xa tiven fogo no lar! Arrimei o pote ó lume 30


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

con auga para quentar. Mentras escarabellaba na cinza, vin relumbrar un ichavo da fertuna... ¡Miña Virxe do Pilar! Correndiño, correndiño o fun en sal a empregar; máis contenta que unhas páscoas volvín a porta a pechar, e na miña horta pequena unhas coles fun catar. Con un pouco de unto vello que o ben soupen aforrar, e ca fariñiña munda, xa tiña para cear. Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar; fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar; despois que o tiven comido, volvín de novo a rezar; e despois que houben rezado, puxen a roupa a secar, que non tiña fío enxoito de haber tanto me mollar. Nantramentras me secaba, púxenme logo a cantar para que me oíran en todo o lugar: Meu lar, meu fogar, ¡cantas onciñas de ouro me vals! ¡Padrón...! ¡Padrón...! (Follas Novas) II O simiterio da Adina n’hai duda que é encantador, cos seus olivos escuros de vella recordazón; co seu chan de herbas e frores lindas, cal no’outras dou Dios; 31


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

cos seus canónegos vellos que nel se sentan ó sol; cos meniños que alí xogan contentos e rebuldós; cas lousas brancas que o cruben, e cos húmedos montóns de terra, onde algunha probe ó amañecer se enterrou. Moito te quixen un tempo, simiterio encantador, cos teus olivos escuros, máis vellos que os meus abós; cos teus cregos venerables, que se iban sentar ó sol, mentras cantaban os páxaros as matutinas cancións, e co teu osario humilde que tanto respeto impón cando da luz que nel arde ve un de noite o resprandor. Moito te quixen e quérote, eso ben o sabe Dios; mais hoxe, ó pensar en ti núbraseme o corazón: que a terra está removida, negra, e sin flors... ¡Padrón...! ¡Padrón...! Santa María... Lestrove... ¡Adiós! ¡Adiós! ¡Adiós¡ (Follas Novas) Adiós, montes e prados, igrexas e campanas; adiós, Sar e Sarela cubertos de enramada; adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas; Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas; San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas; Balvís, para min sempre o das fondas lembranzas; Santo Domingo, en donde canto eu quixen descansa - vidas da miña vida, anacos das entrañas 32


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

e vós tamén, sombrisas paredes solitarias que me vicheis chorare soia e desventurada; adiós, sombras queridas; adiós sombras odiadas; outra vez os vaivéns da fertuna pra lonxe me arrastran. Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba: os mesmos montes negros i as mesmas torres pardas da catedral severa ollando as lontananzas. Mais os que agora deixo tal coma a fonte mansa ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas, ¡canto, cando eu tornare, vítimas da mudanza, terán de presa andado na senda de desgracia! I eu..., mais eu ¡nada temo no mundo, que a morte me tarda! O TOQUE D'ALBA D'a Catredal campana Grave, triste e sonora, Cand'ô rayar d'o dia O toque d'alba tocas, N'o espazo silencioso Soando malencónica; As tuas bataladas Non sei que despertares me recordan. — Foron alguns tan puros Coma o fulgor d'aurora, Outros cal a esperanza Qu'o namorado soña, Y a derradeira inquietos, Mitá luz, mitá sombras, Mitá un pracer sin nome, E mitá un-ha sorpresa aterradora. — [p. 48] ¡Ay! qu'os anos correron E pasaron auroras E menguaron as dichas E medràno as congo as. E cand'ora campana, O toque d'alba tocas, 33


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Sinto que se desprenden D'os meus ollos bagullas silenciosas. — Que orda e tristemente, Que pavorosa sóas No meu esperto oido, Mensa eira d'a aurora, Cand'o romper d'o dia Pausadamente tocas!... ¿En donde van aqueles Despertares de dichas e de groria? — Pasaron para sempre: Mais tí, grave e sonora,

Negra sombra Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite, i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. 34


Roteiro rosaliano. IES Afonso X O Sabio. Maio 2014

Vamos bebendo Te単o tres pitas brancas e un galo negro que han de po単er bos ovos andando o tempo; i hei de vendelos caros polo xaneiro; i hei de xunta-los cartos para un mantelo; i heino de levar posto no casamento; i hei.. - Pois mira, Marica, vai por un neto, que antramentas non quitas eses cerellos, i as pitas van medrando co galo negro, para po単e-los ovos, e todo aquelo do xaneiro, dos cartos i o casamento ni単a prenda da ialma vamos bebendo

35


Roteiro rosaliano