Issuu on Google+

O sistema Solar pertence a unha galaxia chamada Vía Láctea e está nun dos seus extremos. O Sistema Solar é un conxunto de planetas que xiran á redor dunha estrela (o Sol) que, á súa vez xira ó redor do centro da galaxia. Aproximadamente estamos a uns 33 anos luz do centro desta galaxia. O 99.86% da masa do sistema solar está contida no Sol e a maior do resto en Xúpiter. No Sistema Solar hai oito planetas. En orden de proximidade ó Sol son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Ata fai moi pouco tempo tamén se consideraba un planeta a Plutón, pero hoxe en día os científicos no encadran dentro dos planetas, senón dos planetoides (ou planetas ananos). Os catro primeiros planetas (Mercurio, Venus, Terra e Marte) chámanse planetas interiores porque están entre o Sol e o cinturón de asteroides, os planetas exteriores son Xúpiter Saturno, Urano e Neptuno. Os asteroides son rochas máis pequenas que tamén xiran, a maioría entre Marte e Xúpiter. Ademáis están os cometas que se acercan e se alonxan moito do Sol.


A veces chega á Terra un fragmento de materia extraterrestre. A maioría encéndense e desintégranse cando entran na atmosfera. Son os meteoritos. O noso planeta Terra ten un satélite que é a Lúa, outros planetas tamén teñen satélites e outros non. Para medir as distancias no Sistema Solar introduceuse unha unidade especial de lonxitude: a unidade astronómica (U.A.) que é igual á distancia media da Terra ao Sol.


PLANETA: Mercurio DURACIÓN DUN DÍA: 176 días terrestres DURACIÓN DUN ANO: 88 días terrestres ATMOSFERA: Non ten SATÉLITES: Non ten

PLANETA: Venus DURACIÓN DUN DÍA: 177 días terrestres DURACIÓN DUN ANO: 176 días ATMOSFERA: É moi densa e está formada, sobre todo, por dióxido de carbono SATÉLITES: Non ten

PLANETA: Terra DURACIÓN DUN DÍA: 24 horas DURACIÓN DUN ANO: 365 días terrestres ATMOSFERA: É rica en osíxeno e nitróxeno SATÉLITES: A Lúa


PLANETA: Marte DURACIÓN DUN DÍA: 24,6 horas terrestres DURACIÓN DUN ANO: 687 días terrestres ATMOSFERA: É moi delgada e rica en dióxido de carbono SATÉLITES: Deimos e Fobos PLANETA: Xúpiter DURACIÓN DUN DÍA: 10 horas terrestres DURACIÓN DUN ANO: 11,86 anos terrestres ATMOSFERA: É moi delgada e rica en dióxido de carbono SATÉLITES: Ten ao menos 60 PLANETA: Saturno DURACIÓN DUN DÍA: 10,66 horas terrestres DURACIÓN DUN ANO: 29,46 anos terrestres ATMOSFERA: Non ten SATÉLITES: Ten ao menos 56 ANEIS: Ten aneis de xeo e rochas


PLANETA: Urano DURACIÓN DUN DÍA: 17,24 horas terrestres DURACIÓN DUN ANO: 84 anos terrestres ATMOSFERA: Rica en hidróxeno, helio e metano SATÉLITES: Ten ao menos 2o ANEIS: Ten un sistema de aneis PLANETA: Neptuno DURACIÓN DUN DÍA: 10 horas terrestres DURACIÓN DUN ANO: 164,79 anos terrestres ATMOSFERA: Está formada sobre todo por hidróxeno e helio SATÉLITES: Tritón é o máis grande, logo ten uns doce máis ANEIS: Ten un sistema de aneis


Sistema Solar