Issuu on Google+


Sigüeiro, 27 de outubro de 2011 Estimada Dona Cabaza: Esperamos que esta carta chegue o antes posible ao seu destino. Rogámoslle que non asuste aos nenos do pobo porque lle collen medo. Pode ser máis amable con eles, darlles caramelos, xogar con eles… E non poñerlle caras feas nin maldicilos. Dicímoslle isto polo seu ben, non o tome a mal. Se mellorara a súa conduta lograría a amizade dos nenos e tería máis amigos. Un cordial saúdo. Carmen.


Sigüeiro, 26 de outubro de 2011 Odiado Don Suspenso: Gustaríame saber por que lle gusta ver as caras de desgusto dos nenos e nenas cando vostede aparece nalgún exame. Por que a min nunca se me apareceu? Non me gustaría que o fixera pois para min sería unha sensación terrorífica. Aos nenos e nenas aos que entristece non lles gusta velo e pásano mal. Creo que debería procurar deixar de aparecer porque non é bo, non para vostede xa que provoca que a xente non queira velo e isto non é agradable para ninguén. Espero que reflexione sobre o que lle conto. Saúdos Iria 6º B


Querida Bruxa: Estiven lendo un libro sobre vostede “A bruxa Curuxa” de Antón Cortizas e gustaríame facerlles chegar o meu descontento sobre algunhas condutas que non me gustan e que quero que cambien. A primeira delas é a verruga que tedes no nariz. Por que non facedes un feitizo para quitalas? A segunda é sobre a roupa. Por que sempre vestides de cores escuras? Pregúntome se non poderiades ir de amárelo, vermello ou rosa. Seguro que estariades moito máis guapas. E, por último, a vasoira. Non é hora de modernizarse un pouco? Eu creo que si. Espero que na próxima reunión do mes que vén e na que se reúnen todas as bruxas do mundo, llo faga saber ás súas compañeiras e adopten algún acordo máis moderno. Eu podo suxerirlle: un Ferrari, unha moto… Unha aperta dunha seguidora súa.. Leticia.


Sigüeiro, 28 de outubro de 2011 Querido Zankú: Espero que cando reciba a miña carta estea ben. Chámome Rosi. Cando estaba durmindo díxome que ías roubarme a alma e asusteime moito, por iso che escribo esta carta. Creo que se vostede fose máis educado, agradable e simpático, ao mellor aceptaríano nun traballo e así non tería a necesidade de asustar aos nenos para roubárllela alma. Por favor, intente cambiar. Grazas. Un cordial saúdo. Rosy.


Sigüeiro 21 de outubro de 2011 Querido Frankestein! Cando fun á túa mansión cos meus amigos “Os cabaza” sorprendinme porque non nos abriches a porta.Iso non sei se é bo ou malo. Quizais tiñas a música a todo volume e non me escoitaches. Ou sería porque che estaban poñendo outro ollo? Por certo, que eran eses paxaros que sobrevoaban a túa casa?Xa me contarás amigo meu! Escríbeme! Feliz Hallowen! Pablo


Sigüeiro, venres 28 de outubro de 2011 Querida pantasma de Canterville: Descubrín un aceite xenial para que non che chirríen as cadeas. Ademais, merquei sabas de cores para que as cambies pola túa vella saba branca. Xa contrataches a alguén para que che limpe o castelo? Espero que así sexa porque a última vez que te fun visitar estaba moi sucio e con tanto po case non se vía. Unha aperta e un susto, Emma.


Sigüeiro, 26 de outubro de 2011 Señor Don suspenso: Queríalle dicir que vostede é un monstro moi respectado entre as nenas e os nenos do CEIP de Sigüeiro. Aínda así desexaríalle pedir que non viñera a este colexio e que reflexionara un pouco sobre o seu traballo porque non me parece ben que nos faga sufrir desa maneira. Un saúdo e que lle vaia mal. Atentamente, Lorena 6º B


Sigüeiro, 28 de outubro de 2011 Querido Monstro Alado: Como está? Son Carlos, o teu creador. Acórdaste de min? Vivo en Galicia que está en España. Un día tes que vir! Quería facerche unha preguntas: Segues a cortar cabezas pola rúa? E se a resposta é positiva, pregúntome para que quedes as cabezas? Antes de despedirme gustaríame preguntarche por que non es bo. Poderías axudar aos anciáns, xogar cos nenos… Se che gusta a proposta envíame unha carta. Adeus. O teu amigo, Carlos.


Sigüeiro, xoves 26 de outubro de 2011 Malvado Home do Saco: Como está? Fai moitos anos que non nos vemos. Dende que era pequena! Oia, aínda segue asustando e secuestrando aos nenos que non van durmir? Cambie o seu xenio. Como se achega o Samaín, quería preguntarlle se virá á festa do colexio comigo. Se non pode vir non importa, pero a min faríame moita ilusión e os meus compañeiros levarían unha boa sorpresa. Un saúdo cheo de bicos e apertas. Escríbame, Erika.


Sigüeiro, domingo 23 de outubro de 2011 Querida pantasma: Que tal está? A última vez que a vin eu tiña 3 anos e vostede 140. Preguntábame como están Andrea e Juan. Cantos anos teñen xa?Hai moito tempo que non tomamos o té xuntas e conversamos con tranquilidade. Entereime de que unha familia se instalo una súa cas. A xente sabe que somos amigas e pídenme que non os asuste. Así que, pídolle que non o faga. Aínda que pensándoo ben, que faría vostede se non asusta ás persoas? Xa sei, xa sei…darémoslle unha licenza coa que só poderá meterlle medo á xente na noite de Samaín, o resto dos días descase. Parécelle ben o trato? Contáronme tamén que a señora vampiresa cumpre mañá 160 anos, felicítea da miña parte. Bicos da súa amiga, Jesica.


Sigüeiro, mércores 26 de outubro de 2011 Querido Home Lobo: Cando lin a túa historia non me deu moito medo mais unha dúbida que me xurdiu foi a de por que te converte sen home lobo só cando hai lúa chea. Poderíasmo explicar? Tamén quería preguntarche: por que non podes converterte nun vampiro?E, como te sentes cando asustas á xente? Contéstame estes segredos,prométoche que non llos direi a ninguén. Escríbeme. Un bico da Lúa Chea. Rebeca.


Sigüeiro, mércores 26 de outubro de 2011 Querida pantasma: Que tal estás? Como xa sabes, está a chegar o Samaín. Os vampiros, as momias, as pantasmas e as bruxas sodes os personaxes de medo típicos desta festa. A miña familia máis eu ímolo celebrar ao grande. Fai moito tempo que non vés á miña casa a tomar o té. Vén o día 31 deste mes. Non esquezas porque pasarémolo ben. Feliz Halloween. Zaira.


Cartas samaín