__MAIN_TEXT__

Page 1


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES  QUE: bolsas ou embalaxes.  POR QUE: as láminas de plástico representan un risco xa que poden adherirse á boca ou ao nariz do neno e impedirlles respirar no caso de que cobran a cabeza.

 QUE: materiais expansibles.  POR QUE: hai certos materiais cos que se elaboran os xoguetes

nos que o seu tamaño aumenta de forma espectyacular se se inxiren . Houbo casos mortais como consecuencia da inxestión destes xoguetes por nenos.


RISCOSASOCIADOS ASOCIADOSAOS AOSXOGUETES XOGUETES RISCOS  QUE: bordos cortantes.

 POR QUE: os obxectos destinados aos nenos non poden ter ou producir bordos cortantes que podan provocar lesións aos usuarios.


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES  QUE: máscaras e cascos.  POR QUE: hai que ter coidado con estes obxectos posto que poden provocar asfixia provocados por unha ventilación insuficiente nas máscaras ou casos que encerran completamente a cabeza.

 QUE: proxectís.  POR QUE: perigos potenciais asociados cos xoguetes que lanzan proxectís, co feito de substituír os proxectís de orixe por outros improvisados, e co posible desprendemento das ventosas dalgúns proxectís que xa provocaron accidentes. Analízanse a enerxía coa que sae o proxectil, a forma da punta e a forza coa que se poida desprender a ventosa.


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES Para menores de 3 anos

 QUE: os seu tamaño e resistencia.  POR QUE: a tendencia dos nenos a meter xoguetes na boca fan

que se estableza unha serie de requisitos co fin de que estes non poidan ser tragados ou que, por mor do trato que lle dean, se rompan en anacos pequenos podéndoos inxerir.

 QUE: lonxitude de cordas en xoguetes.  POR QUE: as cordas nos xoguetes de arraste, son susceptibles de formar nós corredizos, polo que a súa lonxitude non pode permitir que o neno poda enrolala arredor do pescozo.


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES Para menores de 3 anos

 QUE: pezas pequenas.  POR QUE: os xoguetes non poden ter ou producir pezas pequenas que poidan provocar o afogamento.  COMO: realízanse ensaios de tracción de todas as pezas susceptibles de seren arrincadas por un neno. Por exemplo, tirando dos dentes, etc.

 QUE: inflamabilidade.  POR QUE: hai determinados xoguetes elaborados con materiais téxtiles (bonecos, disfraces, perrucas, etc.) que facilitan a propagación de lapas en xoguetes.


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES Para menores de 3 anos

 QUE: perigos químicos en roupa.  POR QUE: a presenza de compostos químicos, como os ftalatos, que son adtivos do plástico con fin de facelos máis flexibles, están prohibidos en xoguetes, roupas e artigos de puericultura.  QUE: imáns.  POR QUE: a inxestión de imáns moi podentes, poden causar perforacións ou obstrucións instentinai, ademais dos xa mencionados por seren pezas pequenas.


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES Para menores de 3 anos

 QUE: cordóns en roupa de nenos.  POR QUE: existe o risco de atrapamento accidental naquelas prendas que empreguen lazos ou cordas funcionais. Deste xeito, existe unha norma europea na que se establece que estes cordóns ou lazos non poderán ser funcionais ou axustables na zona da cabeza e pescozo.

 QUE: adhesivos nos xoguetes.  POR QUE: os adhesivos en xoguetes non se deben desprender ao seren introducidos en auga xerando pezas pequenas perigosas. B 1

B 2

L 1 L 2


RISCOS ASOCIADOS AOS XOGUETES Para menores de 3 anos

 QUE: choque eléctrico.  POR QUE: as luminarias que poidan ser atractivas para os

nenos deben estar deseñadas de tal xeito que o neno non poida acceder a partes activas que poidan producir un choque eléctrico.

 QUE: flotadores de asento.  POR QUE: os flotadores de asento son axudas á flotación e, polo

tanto, non poden ter elementos que poidan funcionar como velas que permitan afastar ao neno da súa situación inicial.


CONSELLOS RÁPIDOS  Valorar a correcta adecuación entre a idade mental e as habilidades físicas  Comprobar que dispón do distintivo CE  Comprobar que na etiquetaxe figura o nome e responsable do produto

 Ler as instrucións de uso e advertencias  Comprobar que a etiquetaxe e as instrucións estean en lingua oficial (polo menos castelán).  Que non teñan bordos cortantes.  Os xoguetes eléctricos non poden ter fontes de alimentacións a máis de 24 voltios.


CONSELLOS Á HORA DE MERCAR UNS LENTES DE SOL Deben dispoñer dun marcado sobre a montura, a embalaxe, ou en forma de etiqueta adhesiva, ou mediante a combinacións destas que inclúa:

 Nome e enderezo do fabricante ou subministrador.  Número de categoría do filtro  Número e ano da norma europea que acredita cumprir (por exemplo, UNE-EN 1836:2005+A1:2007).

 Para os filtros de categoría 4, debe incluír a seguinte advertencia: «Non adecuado para a condución de automóbiles e usuarios de estrada», en forma de pictograma ou con todas as súas letras.  Deben levar marcado CE, ao seren consideradas equipos de protección individual (EPI)


CONSELLOS PARA MERCAR UNHA CREMA SOLAR  As cremas solares deben ofrecer protección fronte á radiación ultravioleta de rango A eB (UVA eUVB) asemade, ofrecer indicacións sobre o factor de protección solar que proporcionan (Sun Protection Factor –SPF) indicado por un númer (SPF 15, SPF 50).  Non deben incluír reclamos como «pantalla toal» xa que pode inducir os consumidores a pensar que ofrece unha protección maior que a real.  As cremas deben tamén ofrecer infomración sobre o período máximo de permanencia en condicións de insolación, así como as instrucións de uso e as necesidades de utilizar aplicacións posteriores.  Por último, a etiquetaxe debe tamén proporcionar información sobre a resistencia á auga do protector solar.

Profile for IAGHUIÑO HORTIÑAS

Guía de consellos de compra  

lentes, xoguetes, cremas solares

Guía de consellos de compra  

lentes, xoguetes, cremas solares

Profile for iaguinho
Advertisement