Page 1

Unidade total en Sudáfrica O 25 de Maio e o 24 de Xuño de 1995 serán dúas datas que marcan o princicpio e o final do proceso de finalización das diferenzas raciais que existían no continente Sudafricano. Este feito foi marcado polo deporte principal de Sudáfrica, na súa maior festa internacional. A copa do mundo de rugby disputábase en Sudáfrica e o equipo nacional, os Springboks, non podían permitirse errar ante o seu público. A selección volta ás competicións oficiais no seu feudo despois de non participar nas edicións de 1987 e 1991 polas sancións impostas ao país pola súa política de apartheid. O apartheid e o resultado do que foi no século XIX un fenómeno de segregación racial en Sudáfrica. Aínda que


moitos presumen de vivir nunha moderna sociedade, o apartheid estivo en vigor hasta a década dos anos 90 sendo o 1992 o último de ano no que votaron só os brancos. Este sistema consistía na división dos diferentes grupos raciais para promover o "desenvolvemento". Todo este movemento estaba dirixido pola raza branca, que instauró todo tipo de leis que cubrían, en xeral, aspectos sociais. Facíase unha clasificación racial de acordo á apariencia, á aceptación social ou á ascendencia. Este novo sistema produxo revolucións e resistencias por parte dos cidadáns. Tras saír de prisión, o líder activista Nelson Mandela logra, tres anos máis tarde, chegar á presidencia do país, e desde ese posto comeza unha serie de políticas de integracion entre a maioría negra e minoría branca, temerosa dun hipotético revanchismo por parte do novo goberno. Para este fin, Mandela comeza polos Sprinboks, a selección nacional de rugby. O equipo non pasa por unha boa racha e ademáis non conta co apoio da poboación negra, ao vinculalo co Apartheid. O presidente convoca ao capitán da selección, Francois Pienaar, e xuntos empéñanse nunha cruzada para conseguir a unidade de Sudáfrica; para elo consideran fundamental gañar a Copa do Mundo de Rugby, que se disputa nseu país. Nese partido, diputado no estadio Ellis Park de Johannesburgo, enfrontábanse aos todopoderosos “All Blacks” de Nova Zelanda, co mellor xogador da historia, Jonah Lomu. Aquel partido, gañado por Sudáfrica por 15-12, significou o comezo da unidade do país.


Imaxe baixo licencia cc vĂ­a flickr gepiblu


I

maxe biaxo licencia cc vĂ­a flickr fanz

Unidade total en Sudáfrica  

Mundial de Rugby de 1995