Issuu on Google+

MOITO Mテ!S QUE ROUPA USADA Impreso en papel ecolテウxico


ÍNDICE 1.

QUEN SOMOS

7.

OS NOSOS SELOS DE GARANTÍA

2.

8.

3.

9.

PARA QUE VALE A ROUPA USADA

4.

10.

AGRICULTURA SOCIAL

5.

11.

6.

12.

SUMANDO ESFORZOS

QUE FACEMOS COA ROUPA

ONDE CLASIFICAMOS A ROUPA

SISTEMAS DE RECOLLIDA

A NOSA FROTA DE VEHÍCULOS FONDOS EXTERNOS

HUMANA EN CIFRAS

AS NOSAS TENDAS


Todas estas actividades son posíbeis grazas á xestión dos recursos téxtiles procedentes da roupa usada. Recollemos cada ano ao redor de 18.000 toneladas de roupa e calzado usados. Formamos parte da Federación Humana People to People, que agrupa a 35 organizacións en todo o mundo.

AS TENDAS

Distribución xeográfica

Número de tendas de roupa second hand en España

Humana Fundación Pueblo para Pueblo dispón de 29 tendas de roupa second hand distribuídas en Madrid, Barcelona, Sevilla e Granada.

Barcelona

12

Madrid

13

5.000

CONTEDORES

de recollida de roupa e calzado usados grazas á colaboración de máis de 800 municipios e máis de 500 empresas.

A experiencia de máis de 25 anos acredita a nosa profesionalidade e compromiso na xestión do téxtil usado.

QUEN SOMOS O NOSO DNI Humana Fundación Pueblo para Pueblo é unha organización non gubernamental para o desenvolvemento (ONGD). Dende o ano 1987 protexe o medio ambiente e impulsa o desenvolvemento de proxectos de cooperación en África, América Latina e Asia, así como un programa de Educación para o Desenvolvemento e de Axuda Social no noso territorio.

Sevilla

2

Granada

2

VALORES A reciclaxe outorga unha segunda vida a unha roupa que, doutro xeito, iría parar ao centro de tratamento de residuos. Sostenibilidade global: valorizamos e poñemos de novo en uso máis dun 90% da roupa recollida. A reciclaxe protexe o medio ambiente: reduce o consumo de auga e a emisión de C02 porque se evita fabricar unha prenda nova. A xestión da roupa que cada contedor recolle anualmente evita a emisión de 10.000 quilos de C02 porque non é incinerada nun centro de tratamento de residuos. Aplicamos a regra das 3R: [R]educimos o volume de residuos, [R]eutilizamos a roupa en bo estado e [R]eciclamos as prendas para aproveitar a materia prima. Contribuímos a un consumo responsábel.

3


SUMANDO ESFORZOS David Buixeda e Camilo Lozano traballan nun taller ocupacional en Sant Cugat del Vallès (Barcelona). Ambos e dous están implicados nun proxecto de cultivo de estevia, financiado por Humana.

COLABORADORES PÚBLICOS

A nosa proposta de colaboración nas tarefas de recollida selectiva de roupa e calzado usados consiste en:

COLOCAR CONTEDORES

Vostede permítenos ubicalos na vía pública ou no lugar designado.

CUSTE CERO

A instalación, mantemento, control e recollida selectiva de roupa usada son asumidas por Humana. O custe para a administración é cero.

BALEIRADO DA ROUPA

Os contedores baléiranse unha vez á semana. A frecuencia pode aumentar segundo as necesidades do servizo.

ACTUACIÓNS DE URXENCIA

Humana encárgase de posíbeis cambios de emprazamento ou intervencións de urxencia. Así mesmo, contamos cun seguro de responsabilidade civil en caso de incidencias.

SENSIBILIZACIÓN

Propoñemos a realización de accións de sensibilización sobre a reciclaxe téxtil, a cooperación ao desenvolvemento e a protección medioambiental.

AXUDA SOCIAL

Humana Fundación Pueblo para Pueblo entrega bonos por valor de 30 euros para que aquelas familias que o precisen adquiran roupa gratuíta nas nosas tendas, ou ben, 350 quilos de roupa sen clasificar para eses beneficiarios. Tamén resulta posíbel colaborar cos programas impulsados pola área de Servizos Sociais.

DIFUSIÓN

Nós comprometémonos a efectuar mencións do municipio nos nosos proxectos de cooperación. Así mesmo, realizaremos difusión de todo este traballo a través das nosas canles de comunicación habituais, así como nos medios de comunicación locais.

COLABORADORES PRIVADOS COLOCAR CONTEDORES OU CAIXAS Vostede permitiranos situalos a carón do seu local.

CUSTE CERO

Instalación, mantemento, control e recollida selectiva de roupa usada por conta de Humana.

PONTO DE REFERENCIA

A súa entidade transfórmase nunha referencia para clientes ou usuarios que doan a roupa usada.


QUE FACEMOS COA ROUPA A TÚA ROUPA Ti depositas a roupa que xa non queres nun dos contedores de Humana ou entrégala na túa tenda Humana.

Enviamos a roupa a unha das nosas plantas de reciclaxe, onde terá o seguinte destino:

TENDAS HUMANA

Toda a roupa en bo estado, de calidade ou susceptíbel de ser vendida aquí, destínase ás tendas de roupa de segunda man de Humana España.

12%

ÁFRICA

A roupa en bo estado vendémola a pequenos comerciantes de África a través das nosas contrapartes locais

48%

RECICLAXE C. DE TRATAMENTO DE RESIDUOS

Toda aquela roupa moi desgastada, inservíbel á reciclaxe a través de empresas especializadas.

32%

A roupa desgastada, fabricada con tecidos non reciclábeis envíase directamente aos centros de tratamento de residuos.

8%

A roupa que non temos capacidade de clasificar vendémola directamente a outras empresas de reciclaxe

PORCENTAXES DE 2012

OBTENCIÓN DE RECURSOS ECONÓMICOS Programas Educativos e inserción laboral

Proxectos de agricultura e desenvolvemento rural Proxectos de desenvolvemento comunitario

FINANCIACIÓN DE PROXECTOS ESTE MODELO PERMITE A AUTOFINANCIACIÓN EN ESPAÑA E A INDEPENDENCIA DOS NOSOS PROXECTOS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO NO SUR

O proceso de clasificación realízase de xeito manual co fin de obter o máximo aproveitamento do téxtil usado.

Proxectos sanitarios e de loita contra enfermidades contaxiosas Proxectos de emerxencia e asistencia

5


PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE Recollida e clasificación do téxtil usado. Fomento da reutilización. Redución de residuos.

PROGRAMAS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO En 13 países de África, América Latina e Asia. Divídense en seis ámbitos: Educación. Agricultura e desenvolvemento rural. Desenvolvemento comunitario. Enerxías renovábeis e eficiencia enerxética. Prevención de enfermidades contaxiosas. Asistencia e emerxencia.

PROGRAMAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO Antonio Aguilar traballa en Humana a través dun convenio con Servizos Sociais de Sevilla.

O obxectivo é sensibilizar á poboación sobre o medio ambiente, o cambio climático e a reciclaxe: Obradoiros para alumnos, profesores e familia. Obradoiros de creatividade con material reciclado.

PARA QUE VALE A ROUPA USADA

Os recursos obtidos coa xestión da roupa usada contribúen a finanzar e desenvolver varios proxectos

Exposicións itinerantes.

PROGRAMAS DE AXUDA SOCIAL Dirixidos ás persoas máis necesitadas ou en risco de exclusión en España. Entrega de bonos sociais para adquirir roupa nas tendas Humana. Convocatoria de axudas para entidades que apostan pola formación, a ocupación e a sostenibilidade a través da agricultura.


Alpha reparte a domicilio cun triciclo eléctrico as froitas e as hortalizas ecolóxicas que lle encargaron pola internet a Verdallar, empresa de inserción laboral sen ánimo de lucro.

AGRICULTURA SOCIAL O CONCEPTO PROCEDE DO «SOCIAL FARMING» E AGRUPA INICIATIVAS DO SECTOR PRIMARIO QUE TEÑEN UN IMPACTO NO TERRITORIO E TAMÉN NAS PERSOAS

CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS Crea ocupación ou formación para persoas discapacitadas ou en risco de exclusión. Impulsa proxectos viábeis e sostíbeis.

O PROGRAMA Humana impulsa un programa de agricultura social de proximidade dende o ano 2012. Puxo en marcha unha convocatoria de axudas a entidades cuxos proxectos poñen o acento na produción ecolóxica e no ámbito da inserción social e laboral.

Aposta pola produción ecolóxica. A agricultura social encaixa na identidade de Humana, porque sitúa ás persoas no eixe principal da súa actuación. A Fundación conta cunha dilatada experiencia acumulada a través do desenvolvemento de proxectos de agricultura e seguridade alimentaria dende fai máis de 20 anos nos países do Sur.

A EXPOSICIÓN Unha exposición fotográfica titulada «As persoas e a terra, o primeiro» ilustra este compromiso. É unha mostra itinerante e pode recalar de xeito gratuíto no seu concello se vostede o solicita.

7


BARCELONA

MADRID

Localización

Localización

Polígono ind. Ametlla Park (L’Ametlla del Vallès)

Superficie

GRANADA Localización

Polígono ind. Polvoranca (Leganés)

Polígono industrial Arco (Valderrubio)

Superficie

Superficie

Nº de traballadores

Nº de traballadores

Nº de traballadores

Roupa clasificada

Roupa clasificada

Roupa clasificada

2.000 metros cadrados (

=100 m2)

2.000 metros cadrados

8.000 metros cadrados

1 Hectárea=10.000 m2

32

25

No ano 2012 clasificáronse 5.000 toneladas de roupa e calzado

0

1

2

3

4

5

31

No ano 2012 clasificáronse 4.000 toneladas de roupa e calzado

6

0

1

2

3

4

5

No ano 2012 clasificáronse 3.100 toneladas de roupa e calzado

6

0

1

2

3

4

Milleiros de toneladas

A roupa e o calzado usados selecciónanse para separalos en diferentes categorías.

ONDE CLASIFICAMOS A ROUPA AS NOSAS PLANTAS DE PROCESAMENTO O téxtil que recollemos clasifícase en tres plantas. Cada unha delas conta cun equipo especializado na clasificación manual de roupa coa axuda de medios técnicos. A finalidade é optimizar o proceso de reciclaxe e reutilización.

1997

2010

No ano 2010 prodúcese o traslado á planta actual.

En 2010 comeza a súa andaina. Antes estabamos en Fuenlabrada.

Posta en funcionamento

Posta en funcionamento

2000

Posta en funcionamento Dende o ano 2000. En 2013 trasládase á planta actual.

Distribución porcentual

Porcentaxe sobre o total de roupa que procesa cada planta

33,1%

41,3%

Planta de clasificación en Leganés

Planta de clasificación en l’Ametlla del Vallès

25,6%

As instalacións de Barcelona clasifican case a metade da roupa que procesan as tres plantas

Planta de clasificación en Valderrubio

5

6


ACREDITACIÓNS Acreditados como transportistas de residuos. Contamos co Código de Xestor de Residuos en tres comunidades: • Acreditados pola Agència de Residus de Catalunya, da Generalitat de Cataluña, co código de rexistro E-13297.13. • Acreditados pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Xunta de Galicia, co rexistro SC-U-NP-XV-00115. • Acreditados pola Consejería de Fomento, Ordenación del Territorio y Medio Ambiente do Goberno do Principado de Asturias, co rexistro G-63059521/AS/VNP1. Inscritos como fundación no Ministerio de Sanidade e Política Social co número 08-0347, así como no rexistro da comunidade autónoma correspondente a cada delegación.. Certificado ISO 9001:2008. Certificado ISO 14001:2004. Ambos e dous certificados verifican o cumprimento dos requisitos recollidos nas respectivas normas ISO no ámbito da recollida, xestión e venda de roupa e calzado usados. Administracións e entidades acreditan a calidade e a eficiencia da xestión que levamos a cabo cada día.

OS NOSOS SELOS DE GARANTÍA HUMANA DISPÓN DAS ACREDITACIÓNS OFICIAIS NO ÁMBITO DA RECOLLIDA, XESTIÓN E VENDA DE ROUPA E CALZADO USADOS

Inscritos no Rexistro de Organizacións non Gubernamentais de Desenvolvemento, dependente do Ministerio de Asunto Exteriores e de Cooperación e adscrito á Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). O número de rexistro é o 08-0347. Adheridos á Red Pacto Mundial, cuxa misión é favorecer a sostenibilidade mediante a implantación de dez principios universais de conducta e acción en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción, na estratexia e nas operacións diarias de todo tipo de entidades. Auditados pola Fundación Lealtad sobre o grado de cumprimento dos Principios de Transparencia y Buenas Prácticas. A misión da Fundación Lealtad é garantir a confianza nas ONG para fomentar a cooperación con elas. 9 Adheridos a The Federation for Associations connected to the International Humana People to People movement


SISTEMAS DE RECOLLIDA Os contedores metálicos son os elementos máis visíbeis da nosa actividade. A nosa cor corporativa é o verde pero o concello colaborador pode escoller a cor que decida e incluír o seu escudo na parte frontal. Contamos con varios modelos segundo o tamaño e a capacidade:

CONTEDOR 1 Capacidade interna: 2,5 metros cúbicos. 2,20 m

Peso: 198 quilos. Espesor: chapa de 1,5mm de espesor. Redondeado (liña soft) e cos ángulos suavizados en toda a estrutura. Doble plancha frontal á entrada para minimizar a área de embocadura.

¿TÚ enCAJAS? Campaña de recollida selectiva que procura a participación directa dos comercios de proximidade e doutros espazos coma, por exemplo, centros escolares. Consiste en colocar unha caixa dirixida á recollida no interior do local.

Os contedores contan con adhesivos explicativos sobre a xestión do téxtil. Son identificábeis, coa nosa imaxe e teléfono, para chamar en caso de emerxencia.

1,15 m

Sistema de peche antivandalismo con carcasa metálica envolvente dos elementos de peche do contedor.

1,15 m

CONTEDOR 2 Capacidade interna: 1,5 metros cúbicos. 2m

Peso: 122 quilos. Espesor: chapa de 1,5mm de espesor. Redondeado e cos ángulos suavizados en toda a estrutura. Dobre prancha frontal á entrada para minimizar a área de embocadura.

90 cm

90 cm

Sistema de peche antivandalismo con carcasa metálica envolvente.

CAIXA Capacidade interna: 30 quilos. 80 cm

Cartón ondulado e resistente. Empregada para la campaña «¿TÚ enCAJAS?».

El Ropero de Humana. Servizo de recollida selectiva para estar máis preto da cidadanía. Neste local pódese doar roupa e calzado usados, informarse sobre as iniciativas que desenvolve a Fundación e coñecer o proceso de xestión do téxtil usado (a imaxe pertence ao Ropero de Oviedo).

Outros sistemas 40 cm

40 cm

Bicicarros | Recollida a domicilio | Campañas en centros de ensino.


A Fundación dispón dos medios técnicos e humanos para levar a cabo unha eficiente recollida selectiva de roupa usada. Na imaxe, exterior da planta de clasificación de L’Ametlla del Vallès (Barcelona).

A NOSA FROTA DE VEHÍCULOS HUMANA CONTA CUNHA FROTA QUE CADA ANO PERCORRE CENTOS DE MILLEIROS DE QUILÓMETROS PARA RECOLLER A ROUPA E O CALZADO USADOS DEPOSITADOS NOS NOSOS CONTEDORES

FROTA SEMIPESADA

16

x

Mercedes Benz, Atego 220, que contan con plataforma elevadora. Funcións: instalación, movemento e baleirado de contedores.

FROTA LIXEIRA x

5

Renault modelo Master dci 125, con sistema de portas traseiras con apertura de 180o. Funciones: baleirado de contedores.

Carga útil: 3.000 quilos.

Carga útil: 1.152 quilos.

9.600 quilos. Trátase do peso máximo de carga neta máis a tara do camión en baleiro. En 1999, o Ministerio de Fomento mudou o nome polo de masa máxima autorizada (MMA), pero ambas e dúas nomenclaturas coexisten.

Peso Máximo Autorizado: 3.500 quilos.

Baixo nivel de emisións de dióxido de carbono (C02) e de óxidos de nitróxeno (NOX).

Volume maleteiro: 10.800 litros. Combustible: Diésel (consumo inferior a 9 litros cada 100 quilómetros) con baixo nivel de emisións de dióxido de carbono (C02) e de óxidos de nitróxeno (NOX).

11


FONDOS EXTERNOS Os proxectos de cooperación que desenvolve Humana fináncianse con fondos propios e en ocasións con fondos procedentes de subvencións e doazóns públicas e privadas

DOAZÓNS RECENTES MÁIS RELEVANTES 2007

2007

O Ayuntamiento de Madrid doa 191.212 euros para levar a cabo un proxecto de prevención da malaria no barrio de Kazenga, en Luanda (Angola). 2008

2009

2009

A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) doa 1.091.299 euros para realizar en Cabo Delgado (Mozambique) dous proxectos de carácter educativo e un de desenvolvemento agrícola.

2008

A Unión Europea (UE) doa 480.000 euros para un proxecto de formación profesional en Bissora (Guinea-Bissau).

A UE doa 388.809 euros para un proxecto de desenvolvemento agrícola en Yunnan (China) e outro de desenvolvemento comunitario en Gemena (República Democrática del Congo). A Generalitat Valenciana entrega 204.809 euros para un proxecto de formación de mestres en Nacala (Mozambique).

2010

A Fundación Mapfre doa 24.199 euros para un proxecto de formación profesional en El Triunfo (Ecuador).

2011

2011

2012

Os proxectos de cooperación axústanse ás necesidades específicas de cada comunidade.

AECID colabora con 1.909.135 euros en proxectos de desenvolvemento agrícola en Gemena (República Democrática do Congo), Cabo Delgado (Mozambique) e Empanada (Guinea-Bissau) e iniciativas de sensibilización en Madrid e Toledo.

2010

A UE contribúe con 1.785.000 euros nun proxecto de enerxías renovábeis en Bissora (Guinea-Bissau).

2012

A UE contribúe con 1.173.486 euros a un proxecto de desenvolvemento agrícola en Cabinda (Angola) e outro de desenvolvemento artístico e cultural en Sudáfrica.


TENDAS SECOND HAND DE HUMANA EN ESPAÑA MADRID

Nas nosas tendas pódese atopar roupa ‘second hand’ singular e de calidade.

AS NOSAS TENDAS HUMANA COMBINA A MODA EN 29 TENDAS SECOND HAND CON VALORES COMO A SOSTENIBILIDADE, A PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE E A COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO: É A MODA SOSTÍBEL E SOLIDARIA

BARCELONA

C/ Raimundo Fdez. Villaverde, 12

Avinguda Paral·lel, 85

C/ Atocha, 68

C/ Viladomat, 51

C/ Atocha, 33

C/ Roger de Llúria, 9

Avda. Monte Igueldo, 3

C/ Astúries, 41

C/ López de Hoyos, 145

C/ Provença, 167

Paseo de las Delicias, 55

C/ Provença, 500

C/ Nuestra Señora del Carmen, 7

Travessera de Gràcia, 80-82

C/ Alcalá, 171

Avinguda Meridiana, 314

C/ Alcalá, 312

C/ Creu Coberta, 110

C/ Ríos Rosas, 31

Ronda Universitat, 19

C/ Marcelo Usera, 70

C/ Hospital, 91

C/ Luchana, 5

C/ Santa Eulàlia, 116

C/ Cea Bermúdez, 13

(L’Hospitalet de Llobregat)

SEVILLA

GRANADA

Avda. Menéndez y Pelayo, 52

Avda. de la Constitución, 20

C/ Feria, 145

Camino de Ronda, 154

13


HUMANA, EN CIFRAS

Estes números resumen a eficacia da xestión do téxtil usado Dende 1987, Humana Fundación Pueblo para Pueblo traballa para promover a protección do medio ambiente e levar a cabo programas de cooperación para o desenvolvemento e axuda social cos recursos obtidos grazas á xestión de téxtil usado. Estas cifras ilustran o esforzo diario da Fundación para aproveitar ao máximo un residuo que, doutro xeito, non se podería reutilizar. Detrás destes números hai moitas horas de adicación e profesionalidade para fomentar e optimizar a recollida selectiva de roupa e calzado usados.

de

25

anos en España Dende 1987 trazamos unha ponte entre a nosa sociedade e as comunidades máis desfavorecidas.

13

3

plantas de clasificación en España Están situadas en L’Ametlla del Vallès (Barcelona), Leganés (Madrid) e Valderrubio (Granada).

países onde levamos a cabo proxectos

de cooperación. Formamos parte da Federación Humana People to People, que agrupa a 35 organizacións a nivel mundial.

43

proxectos de cooperación anuais dan fe do impulso da formación, educación, capacitación e progreso nas comunidades nas que estamos implicados.

1.000 bonos de axuda social

Entréganse cada ano aos Servizos Sociais dos municipios. Teñen un valor de 30 euros cada un deles e permiten adquirir roupa de segunda man a persoas necesitadas.

de

90%

de roupa reciclada Unha xestión téxtil eficaz permite reutiliza a maior parte das pezas que os cidadáns doan nos contedores e nas tendas second hand.

5.000 contedores

A Fundación encárgase do seu mantemento periódico e da recollida do téxtil, cun custe cero para o municipio

800

concellos colaboradores cos que Humana asinou un convenio para instalar contedores na vía pública e facilitar así a recollida selectiva.

350

traballadores forman parte dun plantel estábel e en crecemento, en todas as delegacións que Humana ten en España.

18.000

toneladas de roupa recollidas ao ano nos nosos contedores repartidos pola práctica totalidade da xeografía de España.

500

entidades colaboradoras Medio milleiro de entidades privadas participan con Humana no fomento da reciclaxe e da reutilización da roupa e o calzado.

29

tendas second hand nas que ao redor de 800.000 persoas ao ano buscan e atopan roupa singular e de calidade.


O traballo en equipa é clave para realizar con eficacia o noso quefacer; na imaxe, o equipo de clasificación da planta de Valderrubio, en Granada. Ese espírito trasládase á relación cos nosos colaboradores públicos e privados e coa poboación.

Contacto HUMANA FUNDACIÓN PUEBLO PARA PUEBLO

Polígono Industrial Ametlla Park C/ Aiguafreda, 12 08480 L’Ametlla del Vallès (Barcelona) 902 170 273 www.humana-spain.org info@humana-spain.org

facebook.com/humana.spain twitter.com/HumanaSpain youtube.com/humanacomunicacion flickr.com/humanaspain humana-spain-blog.org

Captura o código co teu smartphone para visitar a páxina na internet de HUMANA en España

15


Versión xaneiro 2014 • Impresión: J-Graf • Deseño e maquetación: Alberte A. Murado • Fotografía: Patricio Michelín


Moito máis que roupa usada - Humana Fundación Pueblo para Pueblo