Page 1

Cartas de inverno

Sinceramente é un dos meus libros favoritos, só superado por O Guerreiro Branco. Agustín Fernández Paz con este libro conseguiu que o valorasen como un dos mellores autores de narrativa xuvenil. Para min é o verdadeiro libro de terror: houbo momentos en que me deu calafríos e tamén engancha moito. Trata sobre sucesos estraños que suceden na nova casa de Adrían. Casa da que non volverá a saír. Xabier intentará salvar ao seu amigo pero quedará retido tamén. Quique Blanco 1º ESO A


A filla do ladrón de bicicletas

É un libro que me gustou moito porque a protagonista facía cousas dificilísimas coa súa bicicleta que nin tiña marchas nin freos. Era incrible! Ata lle gañou unha carreira a un rapaz cunha boa bicicleta. O que menos me gustou foi o final porque era moi irreal, porque non circos hai equilibristas pero non de bicicletas. Este libro recoméndollelo a que lle guste a aventura. Sergio Caamaño 1º ESO A


As lágrimas de Shiva O libro encantoume por ser de misterio e romance. Narra a historia de dúas familias enfrontadas, porque anos atrás, unha rapaza dunha das familias deixou plantado ao namorado, da outra familia, e fuxiu cun colar valiosísimo que el lle regalara. Dous curmáns descobren o misterio do colar, “As lágrimas de Shiva”, e conseguen que as dúas familias deixen de estar enfrontadas. Recomendaríallelo a lectores que lles guste ler e teñan tempo. Darío Abuín 1º ESO A


Do libro gustoume todo de principio a fin. Conta a historia dun home que ao tomar un xarope rexuvenecedor convértese en can por mesturalo con alcohol. Entón marcha da casa e empézanlle a ocorrer unha serie de problemas e situacións sorprendentes. A noite do aniversario da súa voda volve á casa. Recoméndollo a todo o mundo porque está moi ben, aínda que lle vai gustar máis aos rapaces. Gabriel Fariña 1º ESO A

A historia do home can


Encantoume. O que máis me gustou foi o misterio que agocha a casa de Adrián. Malia a axuda do seu amigo Xabier non conseguen saír da casa e non se sabe nada máis deles. O que menos me gustou foi o final porque Tareixa e o inspector non son capaces de atopalos. O libro remata así, a min gustaríame que seguira e que se desvelase o misterio un pouco máis. É un deses libros que non podes deixar de ler sen rematalo.

Cartas de inverno

A casiña azul

Recoméndollo a todos os lectores que lles guste o medo e o misterio. Rocío Méndez 1º ESO B

O libro encantoume de verdade. O principio non tanto pero ao final entusiasmoume. Gustaríame perder a memoria para volver a gozalo. Ensina o amor de dous rapaces, o misterio dunha casa, as lágrimas dunhas cartas e a verdadeira amizade. Recomendaríallo ao que saiba valoralo e que lle guste ler. Tamén animo aos que non lles guste ler porque é un libro moi especial. Pablo Romar Santos 1º ESO A


Chamádeme Simbad

O libro é fascinante. Trata dun rapaz que ten un avó con alzheimer e un día desapareceu. Paulo está moi preocupado e investiga. Ao final atópao co seu irmán Bernandiño na Taberna do pirata. Encantoume esta novela porque tiña moita intriga e case non podía parar de ler. Ademais é moi divertido. Recoméndovolo a todos! Iñaki Gómez 1º ESO A


O cocho de carreiras Rudi Fuciños O libro gustoume bastante porque é moi divertido. Trata sobre uns rapaces que gañan un porco e o converten nun cocho de carreiras. A parte que máis me gustou foi cando Rudi estaba na carreira porque se namora dunha cocha e en vez de ir ao final da pista correu cara ela. A parte que menos me gustou foi cando o dono do edificio os bota fóra da casa. Anímovos a lelo porque é moi divertido. Recoméndollelo a persoas ás que lle gusten os libros de humor. Alejandro Rivera 1º ESO B


A filla do ladrón de bicicletas Este libro trata dunha nena que se chama Serafina. O único que quere é andar na súa bicicleta Celerífera para ser equilibrista; pero ten un problema: a súa tía quere impedirllo. O que máis me gustou do libro é que Serafina sempre andaba na bicicleta. O que menos, foi que cando lle viñeron a facer unha entrevista a Serafina, a tía Perfecta inventábase as cousas para quedar ben. Eu animaría a lelo porque é un libro moi divertido; recoméndollelo a todos aos que lle gusten as aventuras. Alberto Pombo 1º ESO B


Chamádeme Simbad O libro, ao principio, non me gustou moito ata que me fun metendo na historia. Deume moita mágoa cando soubo que o avó tiña unha enfermidade “a do esquecemento”. O final, cando neto e avó se reencontran, foi moi emocionante. Recoméndollelo aos que lles guste o misterio. Sergio Lema 1º ESO A


Trece anos de Branca Este libro pareceume un pouco triste ao principio, pero despois gustoume moito. Vai dunha rapaza chamada Branca que enfermou de hepatite e tivo que pasar varias semanas na cama. Tivo que pasar o seu aniversario na cama. Lois é o rapaz do que está namorada. A súa mellor amiga chámase Raquel. Estas son algunhas das cousas que lembra a protagonista mirando fotos. Recoméndollelo a todos os que lles gusten os libros sentimentais. Sofia Mato. 1º ESO A


Folerpas O libro encantoume. A protagonista é moi boa. Ela e os seus amigos pasan unha semana moi interesante dun lado para outro desobedecendo a pais e familiares. Intentan adiviñar quen é o Folerpas; ademais descobren unha nova planta azul con características nunca vistas. Xa o veredes cando o leades. Veña, eu anímovos sobre todo aos que vos guste o misterio. Laura Nantón 1º ESO B


As lágrimas de Shiva

O libro gustoume moito. O protagonista Xabier e a súa curmá Violeta investigan sobre un colar desaparecido hai moitos anos. Todo comeza cando Xabier chega á casa dos seus tíos, que por certo era unha familia moi rara: imaxinade... non tiñan televisión! Pero el empeza a escoitar e ver formas humanas nas escaleiras. El pensaba que era a súa imaxinación pero non... Despois de investigar deducen que hai unha pantasma na casa e así descobren toda a historia. Anímovos a lelo porque a min gustoume e espero que a vós tamén. É unha historia de amor do pasado que impide unha no presente. Patricia Taboada 1º ESO B


Kafka e a boneca viaxeira O libro encantoume. Pareceume moi bonito que Kafka se molestase por Elsi cando a viu chorar, pois eu teño unha irmá pequena á que lle encantan as bonecas e non pode vivir sen elas. Non me gustou nada que os veciños de Kafka lle chamasen tolo sen coñecelo ben. Deume pena que se acabase o libro; está “de rechupete”. Recoméndollelo a tod@s @s lector@s aos que lles guste a tenrura. Mariña Lema 1º ESO A


A vida encaixa

O libro non me gustou moito. Todo empeza porque o pai de Sachika levantou o dedo maimiño no almorzo para indicar a cantidade de café que quería. Sachinka preguntoulle porque o levantara pero o pai non lle soubo contestar. A min non me gustou porque por culpa dunha pequena pregunta desátanse unha serie de acontecementos que cambian a vida cotiá de todo un pobo. Eu animo á xente a ler este libro porque, aínda que é raro, engancha e métete dentro da historia. Silvia Olivera 1º ESO B


Cartas de inverno

Este libro gustoume moito, sobre todo, pola intriga que presenta. A parte que máis me gustou foi cando Xabier, un dos protagonistas dille a súa irmá as súas últimas palabras a través de cartas. Recoméndolles este libro a persoas que gocen con historias de terror e medo. E se son suficientemente valentes que o intenten ler pola noite! Alejandro Lema 1º ESO A


Os Megatoxos e o aprendiz de druída Gustoume moito. É un libro de moita fantasía e aventura. Ao querer encontrar o Toxo que lles deu os poderes aos protagonistas, pásanlles moitas cousas divertidas e misteriosas. Ademais os rapaces poden viaxar a través do tempo a un poboado celta. Eu recomendaríallo a xente que lle guste a fantasía. Lara Varela 1º ESO A


Historia do home can O libro trata dun home que toma un xarope que o converte en can. A partir de aí vive distintas situacións: Vai detrás dun garda, pelexa cun can, intentan usalo para ser famoso porque o can falaba; finalmente a noite de San Xoán o can volveu... Gustoume moito e recoméndollelo a lectores aos que lles guste a fantasía. David Mato 1º ESO B


Tristes armas

O libro encantoume pois reflicte aspectos da vida real. Trata de dúas rapazas que tiveron que marchar a Rusia mentres seus pais loitaban na guerra. Alí refixeron as súas vidas sen a presenza de seres queridos. Se che gustan os libros de tristeza, de amor, de loita por vivir... este pode ser o teu porque é un libro fermosísimo. María Jesús Allo 1º ESO B


O libro encantoume. O cocho tocoulles nunha tómbola e tiveron que cambiar de casa porque non lles deixaban telo alí. A continuación tiveron que encontrarlle unha actividade: converterse nun cocho de carreiras. A parte que máis me gustou foi cando tiveron que sacar o cocho do coche cunha táboa de pasar o ferro. A que menos, foi cando ían mandar a Rudi ao matadoiro. Ana Lema 1º ESO B

O cocho de carreiras Rudi Fuciños


Chamádeme Simbad O libro encántame. Dos personaxes o que máis me gustou foi o protagonista, Paulo. O que máis destacaría foi cando Simbad atopa ao tío Bernardino no seu bar co avó e cando volveron cos seus pais todos xuntos para casa. Anímovos a que o collades porque a min gustoume moito. Miguel Varela 1º ESO B

Reseñas  

Críticas libros de lectura 1 ESO- 1trimestre

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you