Page 1

“RATOS E GATOS”

“Unha proposta de traballo sobre a Historia do Holocausto” Autor: Diego Xesús López González.


“RATOS E GATOS”

Unha proposta de traballo sobre a Historia do Holocausto e o cómic MAUS de Art Spiegelman, Premio Pulitzer 1992. ÍNDICE

Páxina

LIMIAR.

2

1. EUROPA ANTES DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL.

4

1.1. A Humillación Alemá e o “Pacto de Locarno”. 1.2. A Crise Económica de 1929. 1.3. O Nacionalsocialismo Alemán. 1.4. A Expansión Alemá.

2. VLADEK.

9

3. EUROPA EN TEBRAS.

13

3.1.A Europa Ocupada. 3.2. A Solución Final.

4. VLADEK E O HOLOCAUSTO.

16

4.1. Auschwitz – Birkenau.

5. EUROPA VE A LUZ.

19

5.1. O Prezo da Paz.

6. AUSCHWITZ – BIRKENAU SESENTA ANOS DESPOIS.

21

7. A PANTASMA SEGUE VIVA.

22

8. CONCLUSIÓNS.

23

9. BIBLIOGRAFÍA.

26


LIMIAR.

A presente proposta de traballo pretende ensinar ao alumnado as causas e as consecuencias do Holocausto Nazi. Partindo do cómic MAUS: Relato de un superviviente

de Art

Spiegelman, o alumnado poderá afondar nesta etapa histórica. Deste xeito combinarase a lectura do devandito cómic co estudo dos acontecementos máis destacables do contexto histórico no que transcorre a obra e, dende logo, do contexto xeográfico, xa que todo o presente traballo xira encol dun dos campos de concentración máis tristemente coñecidos, Auschwitz - Birkenau, situado na localidade

polaca de Oswiecim.

Este traballo está pensado para levar a cabo con alumnos de 4º da ESO e de 1º de BAC, xa que son, por currículo, aos que lles corresponden estes contidos. Así poderase tratar un tema histórico que deixa moitas portas abertas cara á transversalidade pois podemos profundar en temas coma a tolerancia, respecto pola vida, racismo, xenofobia, resolución pacífica dos conflictos, etc. É por este motivo polo que tamén pode ser aplicado a alumnado de Ética. Partindo da introducción ao alumnado á situación de Europa antes da Segunda Guerra Mundial poderase comezar coa lectura dos capítulos do cómic onde se nos presenta ao protagonista na época previa ao Holocausto. Seguidamente veremos Europa durante a guerra

pero centrada

sempre máis no tema do Nazismo ca no político-militar, xa que se combinará coa lectura dos capítulos onde se relata a experiencia do protagonista ao longo da ocupación alemá de Europa. A continuación estudaremos o remate da guerra e máis a liberación dos campos de concentración trala derrota nazi, coincidindo coa lectura dos capítulos finais do cómic. Trala combinación da lectura do libro e máis as distintas análises teóricas da época histórica a tratar, o alumnado, tras ter analizado os


acontecementos

pasados,

poderá

ver

o estado

actual

do

campo

de

concentración a través duna sesión fotográfica do que hoxe é Museo Estatal polaco e símbolo do terror que nunca debemos esquecer. Para concluír a tratamento do tema, proponse a visualización do filme American History X , obra que trata sobre o neonazismo e que pretende a reflexión sobre os medos e prexuízos do ser humano, sesenta anos despois do terror nazi. Sen máis, lembrar que o profesorado poderá aplicar, ampliar, recortar...,en definitiva, adaptar esta proposta ás características do grupo co que se pretende traballar.


1. EUROPA ANTES DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL. Europa en 1914

Europa en 1919


Entre

1919

e

1924

Europa

viviu

unha

etapa

de

grandes

tensións

internacionais:

Por un lado enfrontáronse os nacionalismos francés e alemán xa que, trala derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial, as

potencias

vencedoras

impuxéranlle,

no

Tratado

de

Versalles, firmado en 1919, unhas condicións e esixencias moi duras.

A Sociedade de Nacións, creada en 1920 para dirimir pacificamente os conflictos entre países, mostrouse incapaz para asegurar a estabilidade e seguridade internacional.

A isto debemos engadir o nacemento da Unión Soviética, o que provocou que as potencias occidentais puxesen en práctica un “cordón sanitario” que evitase a propagación das ideas bolxeviques alén das fronteiras rusas.

1.1.A humillación Alemana e o “Pacto de Locarno”. En 1919, a dereita nacionalista francesa gañou as eleccións. Toda a súa política económica baseouse no pago das reparacións de guerra por parte de Alemaña. En 1923, polo incumprimento de ditos pagos, Francia invadiu a estratéxica zona industrial alemana do Ruhr. Isto levou a Alemaña a un caos económico e a unha catastrófica inflación. En 1925 tivo lugar a “Conferencia de Locarno” para tratar de buscar a reconciliación entre as potencias europeas, de establecer un sistema de comprensión franco – alemán. Sen embargo, Alemaña seguía negándose a recoñecer as fronteiras con Polonia e Checoslovaquia nadas en Versalles.


1.2. A Crise económica de 1929. A Crise da bolsa de Nova York de 1929 rompeu a colaboración entre as potencias e exacerbou os nacionalismos económicos. Alemaña foi moi vulnerable a esta crise provocando o incremento masivo do paro. En 1931, o derrubo do sistema bancario alemán afondou a catástrofe. Esta inestabilidade xunto co medo da burguesía á proletarización foron o caldo de cultivo do Nazismo que en 1933 ascendía á chancelería do Reich1. 1.3.O Nacionalsocialismo Alemán. As bases ideolóxicas desta política totalitarista e antisemita2 foron fixadas por Adolf Hitler3 no libro Mein Kampft (A miña loita), publicado en 1925. As características principias son:

Racismo: defensor da superioridade étnica dos arios4 en contraposición aos xudeus o que levou ao antisemitismo.

Crítica ao Parlamentarismo e ás institucións democráticas.

Expansionismo territorial: defendendo o lebensraum5 e máis o revisionismo das fronteiras establecidas polo Tratado de Versalles.

Anticomunismo.

1

Reich: Voz xermana que significaba orixinariamente “estado” e que na actualidade designa o Imperio Xermánico e as demais formas imperialistas do estado alemán.O I Reich coñeceuse coma o Sacro Imperio Xerma´nico e durou dende o 962 ata 1806. O II Reich, da política de Bismarck, abrangueu dende 1871 ata 1918. O III Reich foi o do periodo nazi e durou dende 1933 ata 1945. 2

Antisemita ou Antisemitismo: axitación política, social e económica ou de calqueroutro tipo en contra dos xudeus. 3

Adolf Hitler (1889-1945): político e gobernante alemán e uns dos dictadores máis poderosos do século XX. Transformou Alemaña militarizando completamente á súa sociedade e levou ao país á II Guerra Mundial. Utilizou o antisemitismo coma piedra angular da súa propaganda e da súa política para facer do partido nazi un movemento de masas. Foi o responsable da execución de millóns de xudeus e de membros doutros pobos aos que consideraba seres inferiores. Suicidouse no seu bunquer de Berlín o 30 de abril de 1945. 4

Arios ou ario: Dise do individuo pertencente a un pobo de estirpe nórdica, formado polos descendentes dos antigos indoeuropeos, que os nazis tiñan por superior e opuñan aos xudeus. 5

Lebensraum: Espazo vital do pobo xermánico. Adolf Hitler utilizaba esta palabra para describir a necesidade que tiña o III Reich alemán de atopar novos territorios nos que expandirse, especialmente a costa dos pobos eslavos do leste de Europa.


1.4. A expansión alemá. En 1933 Hitler ascendía á chancelería do Reich alemán en xaneiro e en outubro retiraba a Alemaña da Sociedade de Nacións. Un dos puntais básicos do nacionalsocialismo alemán era o non recoñecemento do Tratado de Versalles e a construcción duna Gran Alemaña trala consecución do seu “Espazo Vital”.


Dende 1937 intensificouse o rearme alemán mentres as democracias europeas estaban sumidas en profundas contradiccións internas, o que as levou a unha política de poñer en paz, que Alemaña interpretou coma a debilidade das mesmas e que lle outorgaba carta branca á súa expansión que provocou:

Incorporación de Austria

ao Reich Alemán en 1938, máis

coñecido como Anschluss, unha unión entre os dous países que fora prohibida en Versalles.

Expansión por Checoslovaquia: Nos sudetes checos vivían máis de tres millóns de alemáns. A política de evitar conflictos permitiu a Alemaña, trala “Conferencia de Munich” en 1938, a incorporación destes espazos ao Reich. Unha nova agresión en 1939 supuxo a desmembración definitiva de Checoslovaquia ante a permisividade das democracias europeas.

O Pacto Xermano – Soviético: tralo acordo de Munich, as democracias occidentais estaban satisfeitas coa política levada a cabo porque o expansionismo alemán miraba cara a Unión Soviética6. Isto foi clave para explicar a viraxe da política exterior soviética. En 1939, polo Pacto Xermano – Soviético, fixábase o reparto de Polonia.

A expansión culminaría coa invasión alemana de Polonia o 1 de setembro de 1939, dando lugar ao comezo da Segunda Guerra Mundial7.

6

Unión Soviética ou Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (en ruso, Soyuz Sovyetskikh Sotsialisticheskikh Respublik), Estado federal plurinacional, formado polos pobos europeos e asiáticos, creado como resultado da Revolución Rusa de novembro de 1917 no territorio do antigo Imperio Ruso, fundado con tal denominación en dicembro de 1922 e que se disolveu decembro de 1991. 7

Segunda Guerra Mundial: conflicto militar mundial que comenzou en 1939 coma un enfrontamento militar europeo entre Alemaña e a coalición franco-británica, pero que se extendeu ata afectar á maioría das nacións do planeta. Trala súa conclusión en 1945, emerxeu unha nova orde mundial dominada por Estados Unidos e a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).


2. VLADEK. Para coñecer a Vladek, o protagonista do libro, será precisa a lectura dos seis primeiros capítulos. Deste xeito saberemos como era esta persoa antes da súa chegada a Auschwitz e de cómo os feitos históricos resumidos antes se fixeron realidade na experiencia deste supervivente. Co fin de facilitar as posibles dúbidas destacaremos a continuación unha pequena lista de vocabulario interesante para a total comprensión lectora. Deste xeito, o profesorado poderá reflexionar sobre a posibilidade de elaborar algunha cuestión que sexa punto de reflexión sobre a lectura de cada capítulo e punto de partida para iniciar unha indagación sobre a opinión das e dos lectores. O obxectivo final desta parte é que se comprobe a comprensión do alumnado e que se medite sobre os feitos. “PRIMEIRA PARTE” Capítulo 1

Páxinas 13 e 16: podemos comprobar como Vladek confunde os

verbos ser e estar. Esta será unha recorrente en todo o seu relato. Pensemos que a súa actual residencia son os Estados Unidos e el é polaco. Poderase explicar aquí que unha das consecuencias do Holocausto foi o desprazamento dos xudeus a outras partes de Europa e do Mundo e que as potencias victoriosas víronse fortemente influenciadas para fundar en Palestina unha patria permanente para os xudeus sobreviventes, e a creación do Estado de Israel, tres anos despois da derrota alemana, resultou ser outra consecuencia do Holocausto.

Páxina 14:obsérvese a numeración que Vladek ten no seu brazo. Isto

é consecuencia do seu paso por Auschwitz, unha macabra tatuaxe.


Capítulo 2

Páxina 28: aparece a palabra Comunista en alusión a membros desta ideoloxía.Os Partidos comunistas, son organizacións políticas adheridas ao comunismo, en teoría máximos representantes da clase traballadora e, en xeral, creados a raíz do éxito da Revolución rusa de 1917.A maioría dos partidos comunistas acabaron sendo, por devires históricos, totalitarios e monolíticos tanto no espírito coma na práctica.

Páxina 31: A palabra Zlotys é a denominación da moeda polaca.

Páxina 32:As verbas Heil hitler eran a forma de saúdo nazi. Veñen significar Viva Hitler ou máis ben Salve ou Saúde Hitler!.

Páxina 34:A “Cruz Gamada” foi o símbolo elixido polos nazis, moitas veces afeccionados ao ocultismo. É un símbolo característico de moitas culturas, probablemente representativo do sol e, sendo un paradoxo, da vida.

Páxina 35:O termo Progromo designa illamento sistemático á que se someteu aos xudeus da sociedade alemana ata seren obrigados a saír de Alemaña.

Páxina 35: Coñecemos por Sinagoga (en grego, ' lugar de asemblea '), á casa ou asemblea que no xudaísmo está destinado para a oración comunal, o estudo e o encontro; institución central comunal.

Páxina 38: Un Antisemita é aquela persoa que, con prexuízos cara aos xudeus, se postura en contra deles.

Páxina 40:Chámase Reservista a aquela persoa que, sen se hachar en servizo activo,forma parte do exército e pode ser convocado en situación excepcionais.


Capítulo 3

Páxina 59: A Torah é a lei hebrea, o pergamiño sagrado dos xudeus.

Páxina 59: O Rabino (do hebreo Rabbi “meu mestre”) é o título honorario dos mestres xudeus da Lei, da Torah.

Páxina 60: A GESTAPO é unha abreviación xermana que deriva de

Geheime Staatspolizei ou Policía Secreta), apelativo común empregado para referirse á policía política do réxime nazi.

Páxina 60: A Wehrmacht é unha voz alemana que significa potencia, defensa, e é a denominación pola que se coñece ás forzas armadas alemás. Capítulo 4

Páxina 79: O Reichmark era a moeda empregada no III Reich.

Páxina 80: As SS eran as siglas de Schutz-Staffel (' escuadras de

protección '), a organización do Partido Nacional Socialista (nazi) alemán encargada do servizo de seguridade e dos programas de execucións masivas que puxeron en marcha a denominada ' Solución Final '.

Páxina

81:

A

voz

alemá

Herr é un acompañamento

aos

antropónimos que significa cabaleiro, señor.

Páxina 84: A palabra Gueto é un termo italiano que designa a parte

da cidade na que se obrigaba por lei a habitar aos xudeus na Idade Media. Adolf Hitler ordenou de novo a súa instauración nos países ocupados durante a II Guerra Mundial como parte do seu plano global de aniquilación dos xudeus.

Páxina 85: Un Sinoísta é un partidario do movemento Sionista que

pretendía unir aos xudeus da diáspora (exilio) e establecelos en Palestina. Xurdiu a fins do século XIX e culminou en 1948 co establecemento do Estado de Israel. O nome do movemento procede de Sión, o outeiro sobre a que se erixía o Templo de Xerusalén e que máis tarde se convertería no símbolo da


propia Xerusalén. O filósofo austro-xudeu Nathan Birnbaum foi quen aplicou por primeira vez o termo sionismo a este movemento en 1890. Capítulo 5

Páxina 115: A voz alemá Juden raus!, significa xudeus fóra, ou que

saian. Capítulo 6

Páxina 146: Nesta páxina ten lugar unha conversa en alemán entre

Vladek e a súa muller para tratar de non ser descubertos. O comentario non ten relevancia para a comprensión do libro.

Páxina 152: O Yidish (ou jiddisch, segundo a grafía alemá) é o idioma

oriental do xudeoalemán, falado polas comunidades xudías do centro de Europa. Se ben toma a meirande parte da súa sintaxe e léxico do alemán, ten importantes empréstitos das linguas eslavas e do hebreo, empregándose habitualmente o alfabeto deste último para a súa escritura.

Páxina 159: A coñecida frase escrita en alemán na entrada ao campo

de Auschwitz, “Arbeit Macht frei”, significa “O traballo faravos libres”.


3. EUROPA EN TEBRAS.

O mesmo día que Hitler acadou o poder, pronunciou un discurso onde

vaticinou

o

desencadeamento

duna

guerra

que

concluiría

coa

“aniquilación da raza xudía de Europa” O 1 de setembro de 1939, Alemaña invadiu Polonia. O pretexto foi a reivindicación de soberanía sobre o Estado Libre de Dantzing8, poboado maioritariamente por alemáns. Durante anos, Alemaña subordinara

os seus recursos á creación

duna estructura económica para a guerra. Por elo, ao comezo da mesma superioridade militar foi esmagadora. Apareceu a Blitzkrieg ou “Guerra Relampo” e pronto ocuparon Dinamarca, Noruega, Holanda, Bélxica, Francia,etc.

3.1. A Europa Ocupada: Toda a Europa ocupada estivo subordinada economicamente aos intereses alemáns, sendo representativo o traslado forzoso de millóns de traballadores de toda Europa a Alemaña. Creouse un discurso propagandístico que xustificaba a orde nazi que postulaba

a creación duna nova Europa cruzada contra o bolxevismo e o

semitismo, cunha violenta represión

política e racial que culminará coa

creación dos Campos de Exterminio.

8

Dantzing: Territorio ligado ao Imperio Alemán ata 1919, ano en que se converteu en “Estado Libre”. Poboado maioritariamente por poboación alemá, foi obxecto de desputa permanente entre Alemaña e Polonia, incorporándose ao III Reich na invasión de 1939 ata 1946, ano no que se converetu en territorio polaco e recuperou o seu nome polaco Gdansk.


Europa a comezos da Guerra

3.2 A Solución Final: Segue a ser incerta a data exacta na que os líderes nazis decidiron levar a cabo a “Solución Final9”, o plan de aniquilar aos xudeus. Esta foi a culminación duna década de política nazi baixo o goberno de Hitler. A política antisemita

desenvolveuse cun detallado plano para

concentrar e aniquilar aos xudeus europeos. Obrigouse aos xudeus residentes en Alemaña a levar distintivos ou brazaletes

cunha

estrela

marela.

Creáronse

guettos10 aos que foron

deportados os xudeus polacos e de Europa oriental. Despois da invasión da Unión Soviética en 1941 comezaron as matanzas de comunidades enteiras de xudeus.

9

Solución Final: Termo co que se coñece a decisión do alto mando alemán de comezar co exterminio xudeu. Un mes despois de que comenzaran as accións no territorio ocupado da URSS, Hermann Wilhelm Goering, enviou un comunicado ao xefe da Oficina Principal de Seguridade do Reich, Reinhard Heydrich, encomendándolle a organización da “solución final para a cuestión xudía” en toda a Europa dominada polos alemáns. 10

Guettos (ou guetto): Termo italiano que designa a parte da cidade na que se obrigaba por lei a habitar aos xudeus na Idade Media. Adolf Hitler ordenou de novo a súa instauración nos países ocupados durante a II Guerra Mundial como parte do seu plano global de aniquilación dos xudeus.


Posteriormente, Hermann Goering11 autorizou a “Solución Final” e Europa foi cuberta polas tebras.. O sistema de Campos de Concentración e de Exterminio foi o espazo físico representativo da política racial do nazismo. Os campos de exterminio foron creados co único obxectivo de perpetrar asasinatos en masa. Foron verdadeiras “fábricas de morte”.

Principais Campos Nazis en Europa

11

Herman Wilhelm Goering: dirixente nazi e xefe da Aviación alemá.


4. VLADEK E O HOLOCAUSTO.12 Neste apartado abordaranse os capítulos da Segunda Parte do libro, cando Vladek é transladado a Auschwitz.

“SEGUNDA PARTE” Capítulo 1

Páxina 185: A voz alemá schnell significa rápido.

Páxina 186: A palabra Yiddish refírese a unha lingua resultado

dunha complicada unión lingüística de tres compoñentes: o xermánico (o dominante dende un punto de vista cuantitativo), derivado de las variedades urbanas medievais do alemán; o semita, derivado do hebreo e do arameo, e, xa dentro dos dialectos modernos, o eslavo (do polaco, ucraíno, belorruso e ruso). Aparte do vocabulario, estes tres compoñentes contribuíron en maior ou menor medida á fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica desta lingua; a fusión entre eles foi moi fecunda.

Páxina 195: Tanto a voz polaca STOJ coma a xermánica

HALT significarían a orde “Alto”,advertindo de que non se cruzara esa liña. • Capítulo 2

Páxina 214: A frase Herr soldat significa señor soldado ou

soldado cun apelativo máis cortés ou educado.

Páxina 217: As palabras eins, zwei, drei, non son outras que

un, dous tres en alemán.

Páxina 218: Selektion alude ás seleccións ou cribas que facían

os alemáns para separar aos aptos para traballar dos non patos

ou,

simplemente, os que morrerían dos que non.

12

Holocausto: (do grego, holo, ‘total’ e caustos, ‘queimado’), termo que facía referencia orixinalmente a

un rito relixioso xudeu no que se incineraba unha ofrenda. Na actualidade, o seu emprego remite a calquera desastre humano de grande magnitude; pero, cando se emprega coma nome propio, refírese á política de exterminio dos xudeus residentes en Europa levada a cabo pola Alemaña nazi.


Nos seguintes capítulos non aparecen termos que merezan a pena salientar polo que, a non ser que se quedara algo polo camiño, podemos dar por finalizadas estas notas, para deixar paso á lectura, reflexión

e

explicación.

4.1. Auschwitz - Birkenau:

O campo de Auschwitz-Birkenau tivo un papel clave no plano nazi de exterminio dos xudeus europeos. Aquí as SS13 experimentaron por primeira o gas Zyklon B14 como medio para o asasinato en masa. Calcúlase que un millón cen mil xudeus foron asasinados en Auschwitz. Non foron as únicas víctimas: máis de 70.000 polacos, 21.000 xitanos

preto de 15.000 prisioneiros de guerra soviéticos morreron neste

sinistro campo. O 27 de xaneiro de 1945, o exército soviético liberou Auschwitz. Só atopou 7.000 prisioneiros, a meirande parte agonizantes ou enfermos.

13

SS: siglas de Schutz-Staffel ('escuadras de protección'), a organización do Partido Nacional Socialista

(nazi) alemán encargada do servizo de seguridade e dos programas de execucións masivas que puxeron en marcha a denominada 'solución final'. 14

Ziklon B: Denominación comercial dun insecticida composto por Ácido Cianhídrico (denominación actual do Ácido Prúsico, termo que ficou obsoleto), usado nos campos de concentración nazis para exterminar ás personas nos campos de concentración.


Campos de Exterminio na Polonia ocupada en 1942

Prisioneiros en Auschwitz-Birkenau


5. EUROPA VE A LUZ: Por todos son coñecidos nomes coma o de Stalingrado, Kursk, Sicilia, Desembarco de Normandía, etc. Nomes de batallas e desembarcos que foron decisivos na derrota alemá. A fin da guerra desenvolveuse entre xaneiro e maio de 1945 coa grande ofensiva soviética polo leste e a anglonorteamericana dende o oeste. O 25 de abril, as tropas aliadas, dende cadanseu fronte, entraban en contacto a 100 km de Berlín. O réxime de terror

nazi tiña os seus días

contados. Tralo suicidio de Hitler o 30 de abril, a capitulación de Berlín chegou o 2 de maio, co que se daba por concluída a Segunda Guerra Mundial.

5.1. O prezo da paz. Máis de 55 millóns de persoas morreron ou desapareceron. A metade deles eran civís. As cifras, tan arrepiantes, non deixan lugar a dúbidas: o Asasino estivo a piques de conseguir o seu obxectivo, tal e como nos amosa esta táboa: PAÍS Polonia URSS Lituania Letonia Estonia Checoslovaquia Alemaña Austria Italia Bulgaria Romanía Hungría Francia Holanda Bélxica Luxemburgo Noruega Dinamarca Grecia Iugoslavia TOTAL

POBLACIÓN XUDEA 3.350.000 4.700.000 155.000 95.000 360.000 240.000 60.000 75.000 50.000 850.000 403.000 300.000 150.000 100.000 75.000 75.000 11.050.000

VÍTIMAS (mín.-máx.) 2.550.000-3.000.000 2.200.000-2.200.000 135.000 (máx.) 85.000 (máx.) 4.000 (máx.) 233.000-300.000 160.000-200.000 40.000 (máx.) 8.500-20.000 7.000 (máx.) 300.000-425.000 180.000-200.000 60.000-140.000 104.000-120.000 25.000-40.000 3.000 700-1.000 100 (mín.) 57.000-60.000 55.000-65.000 5.936.300-7.045.000


Millóns

de

rusos,

belorrusos,

ucraínos

e

polacos

que

foran

desprazados polos nazis retornarían aos seus fogares contemplando o horror. Por primeira vez na Historia convocouse un Tribunal Internacional para xulgar e condear aos ideólogos, torturadores e executores nazis de crimes contra a paz e contra a Humanidade, conceptos xurídicos novos no dereito Internacional. O Xuízo de Nüremberg presentouse coma a consolidación dos dereitos humanos no ámbito mundial. Moitos nazis foron xulgados e condeados, pero moitos pudieron escapar e, incluso, algúns viven nas nosas fronteiras hoxe en día, coma anciáns normais e correntes. É o caso de Paul María Hafner, un oficial das SS que actualmente pasea con tranquilidade por Madrid agardando o rexurdir do nazismo e sen arrepentirse absolutamente de nada.

Paul María Hafner na actualidade e na Segunda Guerra Mundial


6. AUSCHWITZ – BIRKENAU SESENTA ANOS DESPOIS.

Neste apartado teremos que levar ao alumnado a unha sala de medios audiovisuais para ensinarlle o material adxunto a esta proposta de traballo. Trátase dunha selección de fotografías realizadas por min en 2005 no propio campo de exterminio. Cada unha delas leva un título indicando a estancia ou parte do campo. A posible aparición nas fotos dalgunha persoa é casual, agás na fotografía nº 24, na que decidín inmortalizar a un amigo meu co pretexto de amosar o insignificante espazo que había nas “celas de illamento”. Agardo que sexan ilustrativas e dean boa conta do que, por desgraza, aconteceu alí hai aínda sesenta anos. Entrada ao Campo de Exterminio de Auchwitz


7. A PANTASMA SEGUE VIVA.

Neste apartado visualizarase a película American History X co fin de amosar que a sombra do nazismo permanece viva nalgúns grupúsculos illados tanto de Europa, Estados Unidos e Australia onde, nos últimos anos, comeza a ser preocupante o ascenso de ideoloxías de ultradereita e racistas e neonazis. Con esta película preténdese facer ver que a educación debe ser fundamental para que a barbarie non se volva producir. Aconséllase que ao final da visualización cada profesor ou profesora leve a cabo un cuestionario que invite á reflexión do alumnado e á detección de posibles pensamentos racistas para, se é o caso, concienciar de que todos os seres humanos somos iguais e de que non existen máis razas que a humana. Portada da Película


8. CONCLUSIÓNS.

“As orixes do Holocausto”15 O asasinato de seis millóns de xudeus en Europa durante os anos 1939-l945 foi o obxecto de minuciosos estudos. Sabemos hoxe moito máis do que se sabía inmediatamente despois da fin da Segunda Guerra Mundial, porque se puido acceder a fontes que estiveron durante moito tempo inaccesibles, ata o punto de poder reconstruír en detalle a meirande parte do acontecido. Pero, se ben sabemos o como, aínda non sabemos o por que. É difícil imaxinar que un feito de tal magnitude, unha traxedia sen precedentes, non só na historia do pobo xudeu, senón na da humanidade, non sexa facilmente explicable. O historiador israelí Yehuda Bauer di no su libro “ Repensando o

Holocausto” que este aconteceu porque foi obviamente posible facelo, porque houbo vontade de facelo, porque se destinaron a esa fin importantes medios, porque detrás dese proxecto se situou un inmenso poder político, económico e militar: o da Alemaña nazi, liderada por Adolf Hitler. Pero, por que utilizaron eses enormes recursos para matar nas cámaras de gas e por outros medios crueis a millóns de persoas civís, privadas xa de libertade, encerrados en ghettos e campos de concentración, en medio dunha guerra contra as maiores potencias militares daquel tempo? Non existían acaso outros objectivos máis importantes, ata o punto de desviar eses grandes recursos necesarios noutra parte?

15

Por Abraham Huberman.


Estamos a buscar respostas racionais e obviamente non as imos atopar, a menos que aceptemos os argumentos esgrimidos polos mesmos nazis. Crer que os xudeus son os maiores inimigos de Alemaña e da humanidade, aceptar que teñen o dominio do mundo e que constitúen a fonte de todos os males e todos os problemas, e que de feito, non hai outro problema que a cuestión xudea é ridículamente un absurdo e seméllase ás obsesións que podería presentar unha persoa afectada de paranoia. Pero cando toda unha sociedade cre en tales delirios, cando importantes intelectuais lle dan o seu apoio e iso se transforma na razón política de todo un estado, que cree que a súa existencia mesma está en perigro se non se elimina totalmente a eses presuntos inimigos, estamos en presencia de algo totalmente distinto e “orixinal” que non tiene precedentes na historia humana. Houbo por certo antecedentes de crueis guerras e terribles persecucións contra diversos grupos

e o pobo xudeu foi a miúdo vítima

deles. Pero xamáis se chegou a dicir que o destino da humanidade dependía da actitude que se adopte fronte aos xudeus. Debemos preguntarnos por que esas e outras ideas non menos perigosas, foron aceptadas, celebradas e seguidas por millóns de personas, que lle deron o seu apoio tácito e explícito, que creron posible a realización das súas fantasías raciais. Pero non só os xudeus senón tamén as persoas discapacitadas, os enfermos mentais, os físicamente deformes, os inimigos políticos, os homosexuais, os xitanos, a relixión cristiá, etc. etc. A súa mera presencia era un perigo de contaminación racial, que debía ser suprimida. Estamos afeitos a utilizar unha explicación racional na maioría dos casos. Que a loucura se torne racional resúltanos totalmente inadmisible. Debemos seguir investigando acerca das causas que levaron a que tales argumentos parezan válidos e sexan postos en práctica.


10. BIBLIOGRAFÍA.

-

Art Spiegelman, MAUS: Relato dun supervivente, Inrevés

Edicións, Illes Balears, 2008.

-

Ramón

Villares

e

Ángel

Bahamonde,

Historia

del

Mundo

Contemporáneo, Ed. Santillana, Madrid, 2002.

- VV.AA. , Diccionario Larousse de Historia Universal, Ed. Planeta de Agostini, Barcelona 1998.

-

Jean-

baptiste

Duroselle,

Historia

de

los

Europeos,

Ed.

Aguilar,Madrid, 1990. - VV.AA., Enciclopedia Multimedia Encarta, Microsoft.

- David MacKenna, John MorrisseyTony Kaye, American

History

“X”, New Line Cinema, 1998.

- Günter Schwaiger, Hafner´ss Paradise,

- www.historiasigloXX.org

- www.fmh.org ( Fundación Memoria del Holocausto)

- www.liberalismo.org

- www.ushmm.org (United States Holocaust Memorial Museun)


Ratos e Gatos  

Proposta de Traballo sobre o Cómic MAUS

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you