Issuu on Google+

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“A Necesidade do Imperialismo” Onte dei unha volta polo East-End londinense e asistín a unha reunión de desocupados. Oín fortes discusións. Non se escoitaba outra cousa máis ca un berro: Pan, pan! Ao revivir toda a escena cando volvía a casa, sentinme aínda máis convencido ca antes da importancia do Imperialismo. (...) A idea que eu acariño representa a solución do problema social, isto é: para salvar os 40 millóns do Reino Unido dunha guerra civil funesta, nós, os colonizadores, debemos tomar posesión d e novos territorios para colocar neles o exceso de poboación, para encontrar novos mercados onde colocar os produtos das nosas fábricas e das nosas minas. O imperio, sempre o dixen, é unha cuestión de estómago. Se non queremos a guerra civil, debedes converternos en imperialistas. Opinión de Cecil Rhodes sobre o Imperialismo, 1895

“Precisamos ineludiblemente mercados para a nosa crecente produción industrial; precisamos novas saídas para investir os nosos excedentes de capital e as enerxías do excedente intrépido da nosa poboación[...]. Por custosa que sexa, e por chea de perigos que estea, a expansión imperial é necesaria para que a nosa nación continúe existindo e progresando. Se renunciamos a ela, deixaremos a dirección do desenrolo do mundo en mans doutras nacións, que entorpecerán o noso comercio e incluso porán en perigo as provisións de alimentos e materias primas que precisamos para a supervivencia da nosa poboación. O Imperialismo resulta, polo tanto, non unha preferencia, senón unha necesidade.” J.A.Hobson, Estudos sobre o Imperialismo (1902)

“A consecuencia da baratura da terra nas colonias, a grande maioría da poboación é propietaria ou ocupante da terra; e a súa industria está en grande medida confinada á produción que xorde de forma inmediata do chan; a saber, alimentos e materias primas. Polo contrario, nos países vellos, onde o chan está totalmente ocupado e o traballo é abundante, pode dicirse que as manufacturas son a súa produción natural para a exportación. Isto é o que os colonizados non producen. A colonia produce o que necesita O país vello; o país vello produce o que necesita a colonia. O país vello e a colonia son, por tanto, os mellores clientes o un para o outro.” E. G. Wakefield. Un punto de vista sobre a arte da colonización. 1849.

"A política colonial imponse en primeiro lugar nas nocións que deben recorrer ou á emigración, xa por ser pobre a súa poboación, xa por ser excesiva. Pero tamén se impón nas que teñen ou ben superabundancia de capitais ou ben excedente de produtos esta é a forma moderna actual máis estendida e máis fecunda (...). Dende este punto de vista, repito, a fundación dunha colonia é a creación dun mercado (...). No tempo en que estamos e coa crise que pasan todas as industrias europeas, a fundación dunha colonia é a creación dunha saída. Alí onde permaneza o nó colonial entre a nai-patria que produce e as colonias que ela fundou, terase o predominio dos produtos: económico, e tamén político (...) Discurso de Jules Ferry ante la Cámara, París. 1885.

Profesor: Diego Xesús López González.


Textos do Imperialismo I