Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

AS TRES ORDES DA SOCIEDADE MEDIEVAL

“A orde eclesiástica forma un só corpo, pero a división da sociedade comprende tres ordes. A lei humana, en efecto, distingue dúas condicións. O nobre e o non libre non son gobernados por unha lei idéntica. Os nobres son os guerreiros, os protectores das igrexas. Defenden a todos os homes do pobo, grandes e modestos, e por tal feito protéxense a eles mesmos. A outra clase é a dos non libres. Esta desafortunada raza nada posúe sen sufrimento. Provisións, vestimentas, son proporcionadas para todos polos non libres, pois ningún home libre é quen de vivir sen eles. Polo tanto, a Cidade de Deus, que se cree unha soa, está dividida en tres ordes: algúns pregan, outros combaten e outros traballan. Estes tres ordes viven xuntos e non soportarían unha separación. Os servizos dun deles permiten os traballos dos outros dous. Cada un, alternativamente, presta o seu apoio a todos. En tanto prevaleceu esta lei, o mundo gozou de paz. Na actualidade as leis debilítanse e xa desapareceu a paz. Os hábitos dos homes trocan, como troca tamén a división da sociedade. ADALBERÓN DE LAON: “Carmen ad Rothbertum regem”. Siglo X d.c. (Trad.)

El REI COMO LUGARTENENTE DE DEUS

“A maxestade de El Rei é a imaxe da nobreza de Deus reflectida na súa persoa. O poder real ten nas súas mans todo o reino, de igual forma que Deus ten entre as súas o mundo enteiro. Considerade ao príncipe no seu gabinete. De alí parten as ordes que fan marchar concertadamente aos maxistrados e aos capitáns, aos cidadáns e aos soldados, as provincias e aos exércitos de mar e terra. É a imaxe de Deus que, sentado no seu trono no máis alto dos ceos, fai marchar a toda a natureza.... En fin, reunide as cousas tan grandes e augustas que temos dito sobre a autoridade real. Vede un pobo inmenso reunido nunha soa persoa: vede este poder sagrado, paternal e absoluto; vede a razón secreta que goberna todo o corpo do estado encerrada nunha soa testa; estades a ver a imaxe de Deus nos reis e tedes a idea da maxestade real.” BOSSUET: “Política sacada de las sagradas escrituras”. Libro V. (Trad.)

OS CAMPESIÑOS COMO SALVAXES

“Esparexidos polo campo, negros, lívidos e abrasados polo sol, fundidos coa terra que cavan e moven con invencible porfía, se ven certos animais salvaxes, machos e femias; teñen unha estrana voz articulada e cando se erguen sobre os pés teñen unha faciana humana; e,efectivamente, son homes. Pola noite retíranse a guaridas onde viven de pan negro, auga e raíces. Aforran ao resto dos homes o esforzo de sementar, traballar a terra e recoller os froitos necesarios para a vida. Por todo iso merecen non carecer dese pan que eles mesmos sementaron.” J. LA BRUYERE: Los caracteres de Teofrasto. 1684 (Trad.)

Profesor: Diego Xesús López González.

TEXTOS DO ANTIGO REXIME  

Selección de textos sobre a Sociedade no Antigo Réxime

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you