Page 1

IES lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“O PERIODO DE ENTREGUERRAS” Con este nome coñécese a etapa histórica comprendida entre 1918, ano no que se firmou o armisticio en Versalles que puxo fin á Primeira Guerra Mundial, e 1939, data na que comeza un novo conflicto internacional, a Segunda Guerra. 1. A Crise Económica. Trala guerra deuse paso aos “Felices anos vinte”, década de optimismo e crecemento económico baseado na reapertura do Comercio Internacional, a reconstrucción das nacións afectadas pola guerra e o desenrolo da actividade bursátil e financieira. A situación trocará o 29 de outono de 1929, ao quebrar a “Bolsa de Nova York”, coñecido como “Venres Negro”. Isto daría lugar a unha crise económica mundial que durará ata o comezo da Segunda Guerra Mundial.

1. 1. Causas da Gran Depresión dos anos trinta: Exceso de producción, non absorbida, nun mercado de baixo poder adquisitivo e especulación en Bolsa. 1. 2. Resultados do crac: Desemprego xeralizado e empobrecemento, autarquismo económicas e auxe do nacionalismo e ideoloxías de corte fascista.

e

planificacións

2. Intentos de Recuperación Económica: Cada país tentou aplicar as súas solucións, pero cuns efectos case sempre negativos. - Reino Unido e Francia volcáronse no comercio coas súa coloñas. - Alemaña, Xapón e Italia desenvolveron unha política militarista e ultranacionalista. - Rusia estableceu un ríxido sistema de planificación económica. - Só os EUA deseñaron unha política que se traduciu nunha recuperación económica: O New Deal do presidente Franklin D. Roosevelt que consistiu en buscar o equilibrio entre a iniciativa privada e o control estatal. 3. O Fascismo: É un dos fenómenos máis característicos da primeira metade do s. XX en varios países europeus.

3. 1. Causas da súa aparición: -Revanchismo dos derrotados na Primeira Guerra Mundial, especialmente Alemaña. -Insatisfacción polo desigual reparto das coloñas e do botín de guerra, como Italia. -Empobrecemento e crise económica tralo crack de 1929. -Crise das Democracias. -Medo das clases medias á proletarización e ao comunismo. 3. 2. Orixe: Naceu en Italia da man de Benito Mussolini, que acadou o poder en 1922. Foi seguido en Alemaña onde adoptou o antisemitismo. Adolfo Hitler fundou o Partido Nacional Socialista Alemán ou nazi, e que acadou o poder en 1933. 3. 3. Características: -Oposición á Democracia e ao Comunismo, acompañado dun sistema dictatorial. -Culto ao líder e á violencia, auxe do militarismo. -Planificación económica e forte intervención estatal. -Nacionalismo a ultranza,buscando un chivo expiatorio culpable dos problemas do país. Profesor: Diego Xesús López González.


IES lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

4. O Comunismo1: Constituíu unha alternativa política e económica ás democracias burguesas e aos fascismos. Só a Unión Soviética se rexirá por este sistema aínda destacaban os movementos desta ideoloxía en Alemaña, Italia, España e China.

4. 1. Características: -Supresión das diferenzas de clase. -Colectivización de capitais e medios de producción. -Planificación Económica. A situación de crise facilitou a creación de sistemas totalitariso e represivos moi similares aos do fascismo como foi o caso da Falange Española (Xosé Antonio Primo de Rivera) e o Nacionalcatolicismo de Franco. “Europa en 1919”

“Europa en 1938”

1

Comunismo: O seu obxectivo é o establecemento dunha sociedade sen clases. A esta sociedade, que a doutrina marxista* ten como ideal e fin último, chámaselle comunismo. Xurdiu dende mediados do século XIX e fíxose importante dende principios do século XX . *Karl Marx (1818-1883): Filósofo, sociólogo, economista e pensador socialista* alemán. Pai ideolóxico do Comunismo e doutras variantes do Socialismo, polo que é unha figura clave para entender a historia social e política dos séculos XIX e XX. *Socialismo:É unha ideoloxía política que defende un sistema económico e político, baseado na propiedade e administración dos sistemas de producción e no control estatal (parcial o completo) dos sectores económicos e sociais

Profesor: Diego Xesús López González.

Entreguerras  

Resumo Período Entreguerras

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you