Page 1

IES lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL” As causas da Segunda Guerra Mundial atópanse na insatisfacción alemá polo Tratado de Versalles, os problemas dos nacionalismos non resoltos, a crise económica e a difícil convivencia entre democracia, fascismo e comunismo. Inicio: O detonante foi a política expansionista dos tres países do Eixe Roma-BerlínToquio. Italia ocupou Etiopía; Xapón o norte de China; e Alemaña, Austria e parte de Checoslovaquia. A invasión de Polonia por Alemaña, o 1 de setembro de 1939, foi o punto de partida desta larga contenda que finalizará en 1945. Fronte ás potencias do Eixe, aliñaranse os Aliados: Reino Unido e Francia, a partir de 1941 os EUA, e a URSS a raíz da invasión do seu territorio por parte de Alemaña. Desenvolvemento: Ata 1942, o triunfo de Eixe semellaba imparable, con rápidas vitorias baseadas na Guerra Relampo. Pero a entrada na guerra de EE. UU e máis a URSS dará un xiro á contenda. Entre 1942 e 1945 sucédense as vitorias aliadas, tanto en Europa coma no Pacífico onde os EE. UU rematan con Xapón tralo lanzamento da Bomba Atómica en Hiroxima e Nagasaqui. Consecuencias: Foi unha guerra total, na que a poboación civil sufriu privacións, exilios, bombardeos e xenocidios planificados. Calcúlase que morreron 60 millóns de seres humanos. Europa perdeu o o papel hexemónico definitivamente, mentres que a URSS e os EUA repartíronse o mundo en dúas zonas de influencia. Trala Segunda Guerra Mundial constituíuse un Mundo Bipolarizado liderado polos EUA e a URSS. O Comunismo e o Capitalismo convivirán nun tenso equilibrio de poder coñecido como a Guerra Fría. Paralelamente iniciarase o proceso de Descolonización de África e Asia.

Profesor: Diego Xesús López González.

Resumo  

Segunda Guerra Mundial

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you