Page 1

IES Lama das Quendas

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“O

NACIONALISMO1”

Xorde como consecuencia lóxica das ideas do liberalismo, como o dereito dos pobos a formar un Estado e se autogobernaren. A partir da Revolución Francesa conságrase o concepto de soberanía nacional. Nacionalismos Unificadores: O de Italia e máis Alemaña, que permaneceran divididas en múltiples

Estados2,

aínda

que

as

súas

nacionalidades

estaban

claramente definidas a nivel cultural e lingüístico. A partir de mediados do s.XIX iniciarase o proceso unificador que conclúe co nacemento de Italia en 1861 (grazas a nacionalistas como Garibaldi, Cavour, Mazzini…), e de Alemaña en 1871 (Bismarck). Nacionalismos Disgregadores: Nos Imperios multiétnicos3 do leste de Europa, coma o Imperio Austro-Húngaro (con checos, eslovacos, maxiares, croatas…), a Rusia dos tsares (polacos, fineses, moldavos…), e mailo grande Imperio Turco (do que xurdirán Montenegro, Serbia, Grecia, Romanía e Bulgaria.

Nacionalismo: corrente política que considera á propia colectividade como unha nación ( conxunto de persoas que teñen conciencia dos seus lazos culturais, históricos e étnicos específicos), cun Estado independente, e defende os seus intereses fronte aos demais. 1

Estado: Conxunto de institucións políticas,xurídicas e administrativas que teñen autoridade soberana sobre un territorio delimitado polas súas fronteiras. Pode agrupar varias nacións no seu interior. 2

Etnia: conxunto de individuos que teñen caracteres comúns de civilización, particularmente unha mesma lingua e cultura. 3

Profesor: Diego Xesús López González.

Nacionalismos  

Resumo dos Nacionalismos