Page 1

“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

O Foro: A palabra latina forum, da que deriva a romance 'foro', significaba nos séculos IX e X dereito, liberdade ou privilexio, adquirindo dende o século XI tamén o significado de prestación o tributo. O termo ten hoxe diversas acepcións, xa que serve para referirse tanto ao dereito privativo dunha persoa coma ao dereito privado singular de aqueles territorios nos que manteñen a súa vixencia sistemas xurídicos tradicionais. Porén, dende a perspectiva da historia medieval o termo foro equivale basicamente ao estatuto xurídico privilexiado de que gozaban determinados núcleos de poboación. Estamos na presenza dos foros municipais, os cales xurdiron en estreita relación co desenvolvemento do proceso poboador da España medieval, o que explica que se promulgaran entre os séculos X e XIII. O seus concesionarios eran, habitualmente, os reis, aínda que tamén podían outorgalos os grandes señores territoriais.

Enténdese por foro un conxunto de leis especiais que se conceden a

unha persoa, a un territorio ou a unha cidade, e que son diferentes do Dereito polo que se vai rexer o resto do territorio. Así, sucede en España que as normas civís polas que se rexen determinadas cuestións na totalidade do Estado non van rexer nunha rexión ou Comunidade Autónoma, por gozar esta dun foro propio (o exemplo máis característico represéntao o Foro Novo de Navarra). Ese Dereito especial pode ter tamén contidos financeiros ou tributarios, de modo que no territorio en que se aplique serán diferentes as normas polas que se rexerán determinados regulamentos fiscais. A excepción atópase xustificada de modo habitual por razóns históricas, aspecto que se distingue con claridade ao longo da Idade Media en España, cando os monarcas outorgaban un foro a unha cidade ou territorio (foro de Biscaia, foro vello de Castela, foro de Aragón e outros). A idea de foro vai asociada polo xa dito á idea de privilexio. 

Ten as súas orixes en aspectos de prestación señorial e, na súa forma

xurídica, consiste na entrega dunha finca a un cultivador ou foreiro que se obriga a pagar un canon ou pensión anual que, co tempo, transformouse nunha renda fixa.

Profesor: Diego Xesús López González.


“Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

Documentos:

“Dous dubreses saldan a súa débeda de 8.000 quilos de millo coa Igrexa” Xosé Lamas e Carme Barca pagaron 3.000 euros pola mercadoría para liquidar o dezmo. Os dous campesiños entregaron tamén 720 quilos de fabas, como estipulaba o contrato. Xosé Lamas e Carme Barca, dous campesiños de Val do Dubra, saldaron onte as súas débedas coa Igrexa e entregaron á Fundación Asilo de San Castor e Santa Adelaida 8.000 quilogramos de millo e 720 de fabas. A mercancía correspóndese co importe de cinco anos de arrendamento dos terreos nos que a parella viviu e traballado toda a súa vida e que xestiona esta institución benéfica. Ambos os labregos comprárona nun almacén compostelán e tiveron que pagar por ela case 3.000 euros. Un camión transportou onte pola tarde toda a carga, uns 200 sacos, ata a sede de Proxecto Home en Cernadas, que está nuns terreos que xestiona a Fundación Asilo de San Castor. Esta institución cedeunos fai anos co obxectivo de axudar á rehabilitación de drogadictos. O fillo da parella de campesiños, acompañado da súa avogada, foi o encargado de facer efectivo o pago. «Non é unha cuestión de legalidade, senón de moral: isto é de xeito evidente inxusto», explicaba onte Xosé Lamas. Tal era a expectación creada, que o administrador da fundación saíu á porta da sede de Proxecto Home para dar explicacións e ofrecer a súa versión. Xesús García Vázquez detallou que a institución que representa reclama o pago acordado no contrato de arrendamento que está en vigor desde o ano 1926. Segundo a súa versión, intentaron negociar que a débeda se saldase en diñeiro, pero a familia de campesiños preferiu que fose en especie. Xesús García Vázquez insistiu en que eles perseguen fins benéficos e que revenderán a mercancía para axudar aos desfavorecidos. O administrador tamén quixo aclarar que no padroado da fundación que xestiona, ademais do Arcebispado, tamén están o reitor da Universidade de Santiago e o alcalde compostelán. «Non somos da Igrexa , como se publicou por aí», dixo. A pesar destas declaracións, o certo é que Xesús García Vázquez é sacerdote e quen reclamou o arrendamento que se debía. O Arcebispado de Santiago explicou onte que descoñecía o litixio porque o levou directamente a Fundación Asilo de San Castor. Con todo, esta versión contrasta coa da avogada defensora da parella de anciáns, quen asegura que enviou varios faxes á sede da institución eclesiástica en Compostela. Mario Beramendi, La Voz de Galicia, 07 de xuño del 2006

Profesor: Diego Xesús López González.


O Foro  

Definición de Foro

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you