Page 1

A Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América 4 de xullo de 1776 “Cando no curso dos acontecementos humanos se fai necesario para un pobo disolver os vínculos políticos que o ligaron a outro e tomar entre as nacións da terra o posto separado e igual a que as leis da natureza e o Deus desa natureza lle dan dereito, un xusto respecto ao xuízo da humanidade esixe que declare as causas que o impulsan á separación. Sostemos como evidentes estas verdades: que todos os homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables; que entre estes están a vida, a liberdade e a procura da felicidade; que para garantir estes dereitos se institúen entre os homes os gobernos, que derivan os seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que cando queira que unha forma de goberno se faga destrutora destes principios, o pobo ten o dereito a reformala ou abolila e instituír un novo goberno que se funde en ditos principios, e a organizar os seus poderes na forma que a o seu xuízo ofrecerá as maiores probabilidades de alcanzar a súa seguridade e felicidade. A prudencia, claro está, aconsellará que non se cambie por motivos leves e transitorios gobernos de antigo establecidos; e, en efecto, toda a experiencia ten demostrado que a humanidade está máis disposta a padecer, namentres os males sexan tolerables, que a facerse xustiza abolindo as formas a que está afeita. Pero cando unha longa serie de abusos e usurpacións, dirixida invariablemente ao mesmo obxectivo, demostra o designio de someter ao pobo a un despotismo absoluto, é o seu dereito, é o seu deber, derrocar ese goberno e establecer novos resgardos para a súa futura seguridade. Tal foi o paciente sufrimento destas colonias; tal é agora a necesidade que as obriga a reformar o seu anterior sistema de goberno. A historia do actual Rei da Gran Bretaña é unha historia de repetidos agravios e usurpacións, encamiñados todos directamente cara ao establecemento dunha tiranía absoluta sobre estes estados. Para probar isto, sometemos os feitos ao xuízo dun mundo imparcial.


(Aquí los colonos expoñen uns 25 agravios concretos dos que acusan ao monarca británico. Entre outras cousas... negáronse a dar o seu asentimento ás leis necesarias para o ben público; [impuxéronnos] "contribucións sen o noso consentimento", etc.)

En cada etapa destas opresións, pedimos xustiza nos termos máis humildes: as nosas repetidas peticións contestáronme soamente con repetidos agravios. Un Príncipe, cuxo carácter está así sinalado con cada un dos actos que poden definir a un tirano, non é digno de ser o gobernante dun pobo libre. Tampouco deixamos de nos dirixir aos nosos irmáns británicos. Témolos prevido de tempo en tempo das tentativas do seu poder lexislativo para englobarnos nunha xurisdición inxustificable. Témoslles recordado as circunstancias da nosa emigración e radicación aquí. Temos apelado ao seu innato sentido da xustiza e magnanimidade, e témolos conxurado, polos vínculos do noso parentesco, a repudiar esas usurpacións, as cales interromperían inevitablemente as nosas relacións e correspondencia. Tamén eles teñen sido xordos á voz da xustiza e da cosanguinidade. Debemos, pois, convir na necesidade, que establece a nosa separación e consideralos, como consideramos ás demais colectividades humanas: inimigos na guerra, na paz, amigos. Polo tanto, os Representantes dos Estados Unidos de América, convocados no Congreso Xeral, apelando ao Xuíz Supremo do mundo pola rectitude das nosas intencións, en nome e pola autoridade do bo pobo destas Colonias, solemnemente facemos público e declaramos: Que estas Colonias Unidas son, e deben selo por dereito, Estados Libres e Independentes; que quedan libres de toda lealdade á Coroa Británica, e que toda vinculación política entre elas e o Estado da Gran Bretaña queda e debe quedar totalmente disolta; e que, como Estados Libres e Independentes, teñen pleno poder para facer a guerra, concertar a paz, concertar alianzas, establecer o comercio e efectuar os actos e providencias a que teñen dereito os Estados independentes. En apoio desta Declaración, con absoluta confianza na protección da Divina Providencia, empeñamos a nosa vida, a nosa facenda e o noso sagrado honor.”

Declaración de Independencia  

Estados Unidos de América

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you