Page 1

“Departamento de Ciencias Sociais,Xeografía e Historia”

“Redacción – Composición Histórica”

Procedementos: 1. Le atentamente os textos e observa os documentos. 2. Numera as liñas e subliña as palabras e termos principais. 3. Elabora un esquema - borrador onde indiques o tema principal e os temas secundarios de cada un deles, e as ideas que che suxiren, a quen pertencen, a quen se refiren, que insinúan... 4. Analiza e comenta brevemente no teu borrador que é o que teñen en común os tres textos: cronoloxía, contexto histórico, político, social…, é dicir, ordena as ideas. 5. Extrae o tema principal común a todos eles e ponlle un título propio que será o teu encabezamento e punto de partida da redacción. 6. Comeza cunha breve introdución sobre a época, tema, acontecementos que vas tratar, é dicir, sitúaos no espazo e no tempo histórico. 7. Agora elabora a redacción explicando ese título, (ordenando cronoloxicamente os acontecementos, ideas, temas que aparecen en cada texto), facendo referencias a frases de cada texto para reforzar a túa opinión (lembra que eses anacos deben ir entre comiñas e debes aludir á liña e texto),é dicir, conta esa parte da Historia relacionando os tres textos. 8. Elabora unha conclusión onde reiteres o Tema principal e común aos tres documentos.

Documento nº1:

Profesor: Diego Xesús López González.


“Departamento de Ciencias Sociais,Xeografía e Historia”

Documento nº2: A dimisión de Gorbachov

Queridos compatriotas, concidadáns: dada a situación creada coa formación da Comunidade de Estados Independentes, ceso na miña actividade como presidente da Unión Soviética. Tomo esta decisión por consideracións de principio […]. Impúxose a liña da desmembración do país e desunión do Estado, o cal non podo aceptar. […] Ademais estou convencido de que resolucións de tal envergadura deberían tomarse baseándose na vontade expresa do pobo (é dicir, un referendo). […] O destino quixo que cando me vin á fronte do Estado xa estivese claro que o noso país estaba enfermo. […] Hoxe estou convencido da razón histórica dos cambios iniciados en 1985. […] Acabamos coa guerra fría, detívose a carreira de armamento e a demente militarización do país, que deformara a nosa economía, a nosa conciencia social e a nosa moral. M. GORBACHOV, Discurso de despedida, 1991

Documento nº3: A cortina de aceiro

[…] Tede coidado, dígovos, é posible que apenas quede tempo […] Desde Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, caeu sobre o continente unha cortina de aceiro. Tras ela encóntranse todas as capitais dos antigos Estados de Europa central e oriental […], todas estas famosas cidades e as súas poboacións e os países ao redor delas atópanse no que debo chamar a esfera soviética, e todos están sometidos, dun xeito ou doutro, non só á influencia soviética, senón a unha altísima e,en moitos casos, crecente medida de control por parte de Moscova […] Por canto vin dos nosos amigos os rusos durante a guerra, estou convencido de que nada admiran máis ca a forza e nada respectan menos ca a debilidade […] Cómpre que os pobos de lingua inglesa se unan con urxencia para lles impedir aos rusos toda tentativa de cobiza ou de aventura. Winston CHURCHILL, Westminster College, Fulton Missouri, 5 de marzo de 1946

Profesor: Diego Xesús López González.

Composición Histórica da Guerra Fría  

Práctica con documentos