Page 1

A nosa historia contada doutro xeito Dossier 2018 v1


Historia de Galicia Barrio da Pedra, n.11 – Tomiño (Pontevedra) Tel. 630545240 CIF: J94102761 redaccion@historiadegalicia.gal

Maquetación - K12 Comunicación


Que é HdG/ Fundado en xuño de 2016, Historia de Galicia (HdG) (www.historiadegalicia.gal ou www.historiadegalicia.com) é o único diario dixital temático sobre Historia e Patrimonio dos que se editan en Galicia, e un dos poucos que existen en España. En pouco máis de oito meses, HdG tivo xa máis de 730.000 visitas e mantén unha audiencia fiel e en constante crecemento que suma xa case 289.000 IP’s diferentes por todo o perído.

Portada de saída o 22 de xuño de 2016

HdG é un portal divulgativo de todo o que se fai en Galicia en materia histórica e patrimonial co obxectivo de achegar a historia á xente. Nas súas páxinas abordase todo o que ten que ver co megalitismo, petróglifos, a prehistoria, a cultura castrexa, romana, medieval, moderna, contemporánea e actual de Galicia e tamén presta atención a todo o que ten que ver con antropoloxía, etnoloxía, lendas, tradicións e a Galicia máxica, así como, das informacións que xeren as distintas institucións, fundacións, museos ou asociacións sobre Historia e Patrimonio.

HdG conta con máis dun 81,5 % de usuarios fidelizados

3


HdG foi capaz de canalizar o 89,3 % do tráfico xerado en redes sociais cun impacto medio de 4000 usuarios por publicación.

Tamén recolle exposicións e libros de temática histórica e, presta especial atención á Memoria Histórica e ás desfeitas patrimoniais. HdG conta coa colaboración dun grupo de profesionais e divulgadores do noso patrimonio que levan moitos anos cun traballo metódico e, ás veces, non recoñecido, pero efectivo, a prol da conservación dos nosos bens. Entre eles están os divulgadores e investigadores Héitor Picallo, Íñigo Riobó, Xosé Troiano, Julio E. Villarino, Silvia Cernadas ou José Antonio Gabilanes; Miguel Losada, da Sociedade Antropolóxica Galega; Elixio Vieites, de Patrimonio Galego; Carlos Solla, do colectivo Capitán Gosende; Xabier Moure, de Patrimonio dos Ancares; Ismael López, presidente da Asociación Petón do Lobo; Alexander de los Ríos, director de Vialethes.es, Xoan Carlos Porto, coordinador de patrimoniovilagarcia.com ou Antonio Vidal, autor do blogue historiadeza.wordpress.com. Tamén colabora a filóloga Paula Teixeira no plano da corrección lingüística e a empresa K12 Comunicación no plano técnico. 4

HdG atópase no posto 45 do TOP 50 de páxinas en Galego segundo o ranking Alexa


5 HdG conta xa con 1274 artigos publicados atĂŠ xaneiro de 2018


CASTRO CANDAZ

HdG foi o primeiro medio en dar conta do que ocultaba o impresionante sitio de Castro Candaz, logo de que a seca o deixara ao descuberto.

HdG

Impacto/ mediático E

n ano e media de vida, www.historiadegalicia.gal converteuse xa en

todo unha referencia no mundo da Historia en Galicia e moitas das súas informacións foron logo recollidas por outros 6

medios de comunicación.

Un exemplo disto son as informacións relativas a Castro Candaz, en Chantada; as invasións viquingas en Galicia, o abandono no que se atopan determinados monumentos, como o Pasatempo de Betanzos, o a situación do castro de Montealegre, en Moaña.


Telecinco

Diario Público

Noticias Cuatro

TVG

HdG

“pero en diversas épocas han circularon otras historias menos verosímiles que en los últimos días han sido recordadas en algunas páginas web, como el blog historiadegalicia.gal.” La Voz de Galicia 17 / 1 / 2017

A HISTORIA DE ULF, O GALEGO

O mesmo aconteceu cando se atopou a tumba do líder viquingo Ulf, apodado O Galego, en Dinamarca. HdG foi o primeiro medio en dar a información en Galicia. La Voz de Galicia HdG

Faro de Vigo


Situación do Castro de Montealegre (Moaña)

A ampliación da vía do Morrazo provocou que unha boa parte do castro de Montealegre sexa afectado pola nova infraestrutura.

“Otras voces que se han alzado han sido las de asociaciones locales y portales como historiadegalicia.gal, una web divulgativa que ha recogido el malestar de vecinos y arqueólogos por la pérdida de una parte del castro.” EL PAÍS 15 / 12 / 2016

EL PAIS HdG

Parque do Pasatempos (Betanzos)

O caso máis recente foi o mal estado do Pasatempo de Betanzos. HdG fíxose eco da súa situación de abandono e da intención de varias

8 HdG

Telecinco

20 Minutos

Noticias Cuatro

La Opinión - Coruña


Impacto/redes sociais H

dg conta cun impacto medio de 5000 usuarios por publicación.

Chegando incluso a picos de máis de 50.000 impactos en noticias destacadas. Os índices de seguimento en redes

HdG conta con presencia nas principais redes sociais. Facebook, Twitter e Google + Todas elas administradas para maximizar o impacto de cada publicación. O equipo técnico revisa diariamente os informes de actividade de cara a orientar aos redactores sobre os temas de maior interese así como as estratexias de impacto.

crecen diariamente.

Datos demográficos por sexo e idade en Facebook.

Crecemento en Facebook.

12.138 seguidores

Cun crecemento medio de 90 usuarios semanais

2680 seguidores

Cun incremento medio de 7 seguidores semanais

9


PROXECTO

Rutas de Historia/ H

istoria de Galicia impulsou en 2017 a creación dun proxecto

e unha marca turística propia, Rutas de Historia, que resultou un éxito. Esta marca está baseada no potencial patrimonial e histórico que atesoura Galicia, Primeiro roteiro polo Monte do Seixo

desde os seus petróglifos, ata as súas fortalezas militares, pasando pola súa riqueza románica, castrexa, romana ou medieval.

10

Para iso, puxo en marcha unha serie de roteiros históricos por toda Galicia cuxo obxectivo foi concienciando á sociedade galega da importancia que ten a súa historia e o seu patrimonio. Unha historia e un patrimonio que, ademais, poden servir para fixar na poboación a idea de que as pedras, os vellos mosteiros, castelos e castros, ou as lendas de mouros e reis tamén poden ter un retorno económico ao tempo que axudan a conservar e potenciar o medioambiente. Neste sentido, Rutas de Historia, realizou sete roteiros históricos polas catro provincias galegas para fixar na poboación a idea de que a historia e o patrimonio tamén poden ser riqueza para un país. De feito, no transcurso desas andainas dinamizouse a vida de determinados concellos xa que neles durmiron e comeron máis de medio cento de persoas. As rutas previstas abarcaron varios períodos históricos; desde o neolítico ata a Idade Moderna.


Para a realizacións deste proxecto contouse, nunha primeira fase, coa colaboración de diversas entidades e asociacións locais o que incrementou a visibilidade e a boa imaxe social do proxecto. Entre estas entidades están Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Asociación de Amigos do Pasatempo de Betanzos ou Colectivo Capitán Gosende. O proxecto contou, ademais, do patrocinio de Abanca. HdG creou unha web, www.rutasdehistoria.com e www.rutasdehistoria.gal, onde a xente interesada pode ver información e fotografía dos roteiros, mapas xeolocalizados, información de interese e rexistrarse a través dunha plataforma web.

Portada da web Rutas de Historia

11


En datos / Usuarios / rexistros

Conta cunha base de datos de máis de 300 persoas que ou ben participaron nas andainas ou solicitaron información para as próximas edicións

Participación

En total participaron 450 persoas.

Enquisa de satisfación

De todos os participantes, 80 persoas responderon á enquisa de participación de cara a analizar a experiencia e recoller melloras para próximas edicións.

Datos demográficos

O 63% dos participantes eran mulleres. O rango de idade maioritario foi entre 50 e 64 anos (43%). E nun 63% procedían de A Coruña, un 25% de Pontevedra. 12


Roteiros / O monte do Seixo, a Montaña Máxica de Galicia

Dificultade: Media Duración: 4 horas Lonxitude: 8 km. Guía: Carlos Solla, investigador e impulsor do colectivo Capitán Gosende Participación 76 persoas

13


Polos dominios da Loba Branca: mámoas, petróglifos e castelos na Serra do Barbanza Dificultade: Media (algúns tramos son abruptos e/ou con maleza) Duración: 4,5 horas Lonxitude: 10 km Guía: Manuel Gago, divulgador, profesor universitario, director de Cultura Galega Participación 62 persoas

14

@rutasdehistoria


As loitas entre a nobreza e a Igrexa na Idade Media. As batallas de Ponte Maceira Dificultade: Media Duración: 4 horas Lonxitude: 11 km. Guía: Elixio Vieites, investigador, colaborador de HdG e membro de Patrimonio Galego Participación 60 persoas

@rutasdehistoria

15


Cando Galicia e Portugal deixaron de quererse. As guerras do século XVII Dificultade: Media Duración: 4 horas Lonxitude: 10 km Guía: Xurxo Salgado, profesor universitario e director de Historia de Galicia Participación 60 persoas

16

@rutasdehistoria


Na procura da gran sauna castrexa do Castelón da Fonsagrada Dificultade: Media – Alta Duración: 3-4 horas Lonxitude: 6,5 km. Guía: Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio Participación 60 persoas

@rutasdehistoria

17


Tra-las pegadas de Excálibur e os primeiros reis.

Dificultade: Media Duración: 4 horas Lonxitude: 9,5 km. Guía: Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) Participación 60 persoas

18

@rutasdehistoria


Irmáns Naveira e Juán Extheverry, os emigrantes que ilustraron Betanzos Dificultade: Baixa Duración: 4 horas Lonxitude: 5 km Guías: Jose Souto e Angel Arcay, da asociación Amigos do Parque do Pasatempo. Participación 60 persoas Vídeo promocional: https://www.youtube.com/watch?v=VJaw-_b1y5M

@rutasdehistoria

19


En medios / O proxecto tivo gran acollida no seu lanzamento, chegando a pechar as inscriciรณns dos primeiros roteiros en apenas unhas horas.

20


Publicidade / Historia de Galicia está aberto a campañas publicitiarias que teñan que ver con actos culturais relacionados coa Historia e o Patrimonio, sexan exposicións, festas, mostras, publicacións, conferencias ou todos aqueles eventos que, dalgún xeito, estean relacionados cos contidos desta web. Os interesados poden enviar un correo a publicidade@historiadegalicia.com ou na web http://historiadegalicia.gal/publicidade/

21


www.historiadegalicia.gal

Dossier HdG 2018  

Dossier anual Historia de Galicia 2018

Dossier HdG 2018  

Dossier anual Historia de Galicia 2018

Advertisement