Issuu on Google+

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


Estimad@s nais e pais: Como ben sabedes no curso 2009/2010, creouse por primeira vez no CEIP Nétoma-Razo, o servizo dun Departamento de Orientación propio. É por iso, polo que o ano pasado informámosvos en que consistía dito Departamento. No obstante, aquí tedes a información dispoñible para cando a queirades consultar.

QUE É O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN? O Departamento de Orientación é un órgano especializado que apoia o labor do colexio e do conxunto do profesorado en todas aquelas actuacións encamiñadas a asegurar unha formación integral do alumnado e á adaptación dos procesos de ensino ás características e necesidades de todos os alumnos e alumnas

PARA QUE SERVE? O Departamento de Orientación é un servizo que está adicado á atención á diversidade, polo que entre os seus obxectivos e funcións, cabe citar: 1. Identificación temperá de necesidades educativas 2. Intervención de apoio ou reforzo ao alumnado para avanzar na prevención dos problemas de aprendizaxe 3. Revisión e/ou modificación de medidas de apoio e reforzo 4. Asesoramento ao profesorado e ás familias 5. Axudar ao profesorado no coñecemento do alumnado. 6. Orientar aos alumnos e alumnas de xeito académico e profesional. 7. Colaborar no proceso de ensino-aprendizaxe


COMO FUNCIONA? Para a consecución destes obxectivos, o Departamento

conta

cun

Plan

Anual

de

Orientación, no que se planifican as actuacións para cada curso educativo. Conta, alén diso, con recursos

específicos

para

a

observación,

avaliación e apoio a aquel alumnado que presente algunha dificultade educativa. Deste modo, naqueles casos ou situacións nas que as familias observen ou estean preocupadas por algún aspecto da escolarización dos seus fillos/as, o primeiro paso será comunicar esa preocupación aos profesores/as titores que atenderán as inquedanzas das familias. Por outro lado, as familias que desexen información complementaria ou consulta personalizada, poden solicitar unha entrevista coa Orientadora do Centro calquera día lectivo, solicitada a través do titor/a correspondente.

QUEN O FORMA? O Departamento de Orientación do colexio Nétoma-Razo está formado por varias persoas. Estas persoas poden variar nos distintos cursos escolares. A composición do Departamento é a seguinte: •

A orientadora: a súa tarefa principal en relación cos alumnos e alumnas é axudar na avaliación das necesidades educativas, e na concreción das medidas de apoio ou reforzo, así como asesorar ás familias e ao profesorado

Os coordinadores/as de ciclo.

As mestras especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.


Informaci贸n facilitada por:

V谩zquez Regueira, Helga Xefa do Departamento de Orientaci贸n do CEIP de N茅toma-Razo.


Que é un DO