Page 1


Sumario no tras ano, Tempus recolle as realidades que xorden cando sementamos soños.. Cando unha Comunidade Educativa ten este obxectivo común, todo é posible. Abrimos paso a Itinerantes, excursionistas e extraviados cos que José_Luis Novo Cazón, ilustre colaborador e compañeiro, nos sorprende no seu festivo artigo. Abrimos paso a Lois Pereiro, a través dunha exclusiva e tenra entrevista ao seu amigo da infancia: José Pereiro. Abrimos paso ás Ciencias, con Concursos científicos como o de Física e Química, a Xornada da Ciencia en Lingua Galega, a interesante charla do presidente da ONG Cirurxiáns do Mundo Joaquim Mendonça,no que se conxugan ciencia e solidariedade, as enerxías renovables nun completo artigo do Enxeñeiro T. Industrial José Mouriño. Abrimos paso a Premios, o 1º premio no Concurso de Robótica de Igaciencia, o 1º Premio de Calidade como exemplo de boas prácticas do MAC, os Premios Extraordinarios de ESO e Bacharelato a Carla Taboada e Xabier Valle . Así como celebramos a grande acollida do VI Concurso Literario do EDLG, ou a participación de alumnos de Economía no Twinning-World Forum… Abrimos paso á Biblioteca, aos Club de lectura, ás maletas viaxeiras, a fermosas iniciativas como a de Salvar un libro, a orixinais concursos como o de Saboreando as Linguas e co que aprendemos chinés e portugués… Abrimos paso á concienciación e solidariedade coa Semana contra a violencia de xénero ou reivindicacións de datas como a do 30 de xaneiro, ao fermoso poema que Flor Sánchez dedica a Beatriz… Abrimos paso a vidas, de persoal docente, non docente, de alumn@s e, por suposto, de pais e nais. Entre todos e todas facemos real o desexo que nos transmitía Castelao na súa obra Sempre en Galiza: Pedimos garantías legais para o desenvolvemento natural do noso espírito, levando nas mans o ouro da nosa cultura. Por todos vós!!

A

Itinerantes, excursionistas e extraviados . . . . . . . . . . . . . .2 Biografía Lois Pereiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .4 Haití . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .7 Os muíños . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8 Camiños sen fronteiras . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .10 30 de xaneiro na bilbioteca . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .12 Club de lectura . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .13 Fran Alonso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .14 Jaureguizar . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .15 Comenius . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .16 Concurso poesía . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .18 Concurso de narrativa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .20 O mundo pode cambiar cun pouco de corazón . . . . . . .27 Día de Rosalía no Museo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .28 Semana da prensa económica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .29 Enerxias renovables . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .30 Etwinning word forum Lille . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .32 Concurso de robótica . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .33 Intercambio Lugo- La Rochelle . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .34 Viaxe a Italia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .35 Semana contra a violencia de xénero . . . . . . . . . . . . . . .36 Da Vinci e da música . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .38 Xornada da ciencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .39 Xornal de 3º da ESO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .40

AGRADECEMENTOS

París . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .41 Que teñen en común Luz Álvarez, Luís Tosar e Carlos

Prezados e benqueridos colaboradores e lectores: Tarque? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .42 O EDLG do Centro, composto por Faustino Martín, X. R. Cando, J.M. Ortiz, Javier Gómez, Xela Lodeiro, Jéssica Díaz, Andrei Quintiá, Carmen Devesa, Xabier Valle, Premio extraordinario . . . . . . . . . . . . . . . . .43 Juan Ignacio García, Victoria Ares , Xesús López e Áurea Penas, dámosvos Sabemos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .44 as grazas por todo o voso traballo que forma parte desta benquerida revista Tempus que xa forma parte das nosas vidas. Videoconferencia de científicos da USC . . . . . . . . . . . . . .46 Se tes Tempus entre as túas mans é porque o grande esforzo de moita Marcia Muñoz e Marline Ballari . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .48 xente culminou. Este curso resultou especialmente complicado pola partiSemana das curtas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .49 cipación da maior parte do profesorado en moitos proxectos como o plan mellora, o abalar, commenius etc. Entrevista Carmen Núñez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .50 Damos especialmente as grazas a Anxo Rigueira que coma todos os anos Ciclo de técnico e animador . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .51 cédenos un seu cadro-fotografía que dá vida á portada e contraportada. Por suposto, a Javier Gómez que foi o responsable da maquetación da Poemas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .52 Revista Tempus, ao equipo da Biblioteca e a todos os que non cómpre nin solicitarvos colaboración porque xa nola ofrecededes xenerosamente. Non nos podemos ir sen mencionar a nove dos nosos compañeiros, saberedes desculparnos todos os demais. María Felicidad Carro García María Aurea Castro Conde Cristina Fernández Fernández María del Carmen Gómez Illán Edita: IES N.S. dos OLLOS GRANDES María Isabel Pardo Fernández Jesús Angel Pérez Paz Deseño e maquetación: Javier Gómez Vila Luis Sánchez del Valle Fraga Composición portada: Anxo Rigueira Francisco Sánchez Fernández de la Vega Pedro Varela Gesto Unha agarimosa aperta e…saúde!


2

ITINERANTES, EXCURSIONISTAS E EXTRAVIADOS José-Luis Novo Cazón

O

presente curso, seguindo actuacións doutros precedentes, o departamento de Xeografía e Historia desenvolveu o programa dos itinerarios histórico artísticos. Consistiu na realización de catorce saídas para visitar distintas pegadas do pasado histórico, arqueolóxico e artístico que forman parte do patrimonio cultural legado polos nosos devanceiros. Inicialmente apuntáronse ao devandito programa unha cincuentena de alumnos de segundo de Bacharelato. O seguimento habitual de cada un dos mencionados itinerarios foi duns trinta aproximadamente. Participaron asemade nalgunhas destas saídas escolares franceses e suecos que circunstancialmente se atopaban no Centro, seguindo diversas actividades dos intercambios concertados. Os referidos alumnos tiveron a oportunidade de ver: o complexo arquitectónico de Aquis Quaerquernis, Santa Comba de Bande, San Miguel de Celanova, o Forno da Santa en Augas Santas, a Pena Grande de Bordelle, a Pedra Chantada do Carrizo, as mámoas da Roza das Modias, o castro de Viladonga, a ourivería do Museo Provincial de Lugo, as murallas de Lugo, a Casa dos Mosaicos, a Domus do Mitreo, o Centro

Arqueolóxico de San Roque, o Crismón de Quiroga, os relevos das Saamasas, Santa Eulalia de Bóveda, a catedral de León, San Isidoro, San Marcos, as murallas e a casa dos Botines da Cidade Lexionaria, o mosteiro santiaguista de Vilar de Donas, o museo do Prado e o ThyssenBornermisza, as cidades de Toledo e de Santiago de Compostela, a Casa da Moeda de Madrid, e o Museo militar de Cuatro Vientos. O aproveitamento por parte dos alumnos foi diverso. Uns, os máis, foron auténticos itinerantes; outros, polo contrario, comportáronse como excursionistas; e un grupo minoritario, como meros extraviados. Os primeiros, a inmensa maioría deles, merecen a cualificación de seguidores dun camiño previamente fitado; foron os verdadeiros itinerantes ou seguidores da congostra trazada. Outros coa súa actuación primaron as actividades estremeiras da canle en detrimento do camiño sinalado; foron os excursionistas, os que se saíron do curso normal das cousas. E, finalmente, o extraviados –case ningúniniciaron un itinerario que non era o seu, perdéronse e de feito déronse de baixa no programa.


3

Creo poder falar en nome dos profesores acompañantes para poder dicir que estivemos encantados de acompañarvos nestas viaxes, un auténtico pracer. Javier Gómez Con todo e con iso, a valoración desta actividade complementaria, en conxunto, é altamente positiva e a participación na mesma, segundo pode observarse na páxina web do Instituto (www.iesollosgrandes.org), onde foron inseridos os catorce itinerarios, moi aceptable. Aló polo mes de setembro, cando o departamento de Xeografía e Historia estaba a matinar coa programación do amplo abano de materias que lle foron asignadas, os membros integrantes do mesmo non nos esquecemos dos itinerarios, que dende hai xa sete ou oito anos se veñen pondo en práctica. Considerámolos unha peza moi importante na formación integral dos nosos alumnos por moitas razóns, entre as que cómpre salientar as seguintes: permítenlles observar os artefactos na súa propia realidade, pois no é mesmo que velos a través dunha imaxe, especialmente no eido da arquitectura, campo no que reviste unha grande dificultade a apreciación da organización do espazo interior; fomentan nos alumnos hábitos de aprecio e valoración do noso patrimonio cultural, herdado dos que nos precederon; crean neles costumes tendentes a buscar un oco nas súas axendas de viaxe para as visitas de tipo cultural; contribúen a socialización das condutas dos participantes e ao fomento da solidariedade entre eles, compartindo emocións estéticas, actividades lúdicas e momentos de

lecer, aínda que transidas dun fondo contido cultural; e, ademais, aos alumnos de segundo de Bacharelato, agoniados polo peso deste curso, que de seu reviste especial dificultade, sérvelles para evadirse momentaneamente das obrigas regradas e para repoñer forzas, tan necesarias para seguir con eficacia e aproveitamento a marcha normal do ano académico. A respecto da implicación do Centro neste programa, todas foron facilidades por parte do equipo directivo; os profesores afectados, por outra parte, mostráronse moi comprensivos cando inevitablemente se produciu a invasión dos seus horarios; e mesmo algúns deles, nomeadamente senllos docentes dos departamentos de Francés e Inglés, colaboraron estreitamente vertendo a outras linguas as crónicas de determinados itinerarios. Estas son as impresións que tirou da realización dos referidos itinerarios o profesor coordinador dos mesmos. Se cadra, as que sacaron os alumnos participantes nos mesmos non son exactamente coincidentes; mais son eles os que deben facer as súas correspondentes valoracións. Todo, e neste caso tamén, como dicía Ortega e Gasset, depende da perspectiva na que nos situemos, das expectativas agardadas e dos logros acadados. En Vila Nausti, abril de 2011


4

Andrei Quintiá Pastrana

BIOGRAFÍA

LOIS PEREIRO

L

ois Pereiro naceu en Monforte de Lemos (dunha familia procedente do Incio) o 16 de febreiro de 1958, tras rematar os seus estudos secundarios marcha estudar a Madrid. Posteriormente regresará a Monforte, onde fundará a revista Loia xunto con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro. Cara a 1981 marcha a vivir á Coruña, onde se une á revista La Naval. Xa de volta en Galicia, entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban Xavier Seoane, Francisco Salinas Portugal ou Xulio Valcárcel. O autor comeza a escribir dende os 15 anos, porén, haberá que agardar á década dos noventa para atopar os seus traballos editados nun libro. Da súa obra destacamos os dous poemarios publicados en vida, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995). O autor finado a causa do Sida en 1996 deixa para a edición póstuma Poemas para unha Loia, que recolle obras da época madrileña, publicadas na revista Loia, e que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, publicado no nº 27 de Luzes de Galiza. Foi un escritor controvertido, que tivo cabida

no movemento post-punky que se xerou na sociedade occidental de finais dos oitenta e principios dos anos noventa. O grupo galego “Radio Océano” empregou como letra o seu poema “Narcisisimo”, porén, esta canción tivo que agardar anos para ver a luz, e non chegou a ser publicada no único CD editado polo grupo. A poesía de Lois Pereiro chegou a ser considerada como poesía de culto, o cal foi un motivo a ter en conta pola Academia para lle outorgar, o día das Letras Galegas 2011. Así define a RAG a súa obra: Evidentes pegadas expresionistas, referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura [...] unha imaxe e unha estética que fixeron del un autor de culto. Cartografou coma ninguén o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. AS MIÑAS VIVENCIAS DE NENEZ XUVENTUDE XUNTO A LOIS PEREIRO José Pereiro López Todos os anos en Santa Cristina, que era o pobo de


5

Hermenegildo e Balbina, avós de Xosé Manuel, Lois e Mª inés, polo 10 de xullo máis ou menos era cando Lois e Xosé Manuel o seu irmán, viñan xunto con Emilia, que era quen se encargaba de cuidalos. Emilia estaba considerada como un membro máis da familia, e era ela quen facía e desfacía con respecto aos dous irmáns. Falo só de Xosé Manuel e Lois, porque Mº Inés era bastante máis xove e a miña relación con ela foi practicamente nula. Tamén fago mención a Emilia porque me parece que foi unha das persoas que tivo unha relevancia bastante grande na curta vida de Lois, na súa nenez sobre todo. Como dixen antes, xullo era un mes que eu esperaba con ilusión e certa ansiedade para pasar un mes máis ou menos con Lois e seu irmán, facendo as trasnadas de todos os pequenos, e gozando daquela liberdade da que se dispoñia nas aldeas, naqueles tempos. Así que, a mediados de xullo, xunto con Balbina, e a burra que tiñan na casa de Castelo, que así era como se chamaba a casa dos avós maternos de Lois, machabámonos a Reádigos (pobo dos avós paternos) a uns 6 Km. máis ou menos de Sta. Cristina, a buscar a Emilia, Xosé Manuel e a Lois, cargar a burra con roupa, xoguetes e sobre todo con contos, tebeos e libros de colorear, todas esas cousas que eu non tiña e tanta ilusión me facían. Lois ben o sabia, e por iso pasaba todo o ano coleccionando contos e tebeos para traerme. Tamén me acordo

Lápida de Lois Pereiro

que o primeiro bolígrafo que eu levei a escola, e case estou por asegurar o primeiro que habia na miña escola, fora un regalo precisamente de Lois, bolígrafo que me parece, aínda gardo na miña casa de Sta. Cristina. Chegabamos a casa dos avós, e xa nin nos preocupabamos de descargar a burra, era o avó Hermenegildo quen se encargaba deses mesteres, xa que nós o primeiro que faciamos era subir para un xardín moi grande que tiñan por a parte de arriba da casa, e que agora está bastante abandonado e queda moi pouco de aquel inmenso xardín con especies de plantas moi interesantes que foi devorando a maleza, e xa apenas quedan. Alí, intentabamos poñer en funcionamento a randeeira que tiñamos feito do ano anterior. Era o tío Pepe quen se encargaba da seguridade, poñéndonos cordas novas e cambiando a táboa que facía de asento. Acórdome, de que faciamos todo moi de présa, como se tivésemos medo de que o tempo pasase sen gozar de todo aquilo (tal vez unha premonición??) non o sei, pero era algo que nos pasaba sempre. E, a verdade é que me emociono pensando que ao mellor, si o era. A partir de aí empezabamos cos baños no Río do Mao, no Prado Grande onde a casa de Castelo tiña un muíño, moi moi, antigo que nos servía para os nosos xogos aínda co perigo de caerrnos ao río, por os buratos que Hórreo e parte do xardín da Casa de Castelo, avós maternos de Lois. tiña no piso. Logo bañabámonos


6

José Pereiro- Pepe de Juanito ( o que está lendo) con Lois

naquela auga tan fría, Lois sempre dicía... está xeada pero merece a pena, ja ja ja. A Lois, xa de pequeno, gustáballe facer parodias xunto co seu irmán; facía imitacións do veciño que lle tocara, intentando sacar o lado máis cómico, pero sempre co máximo respecto. Tamén facía monólogos, que nos deixaba coa boca aberta por a capaciadade que tiña de improvisación. As festas tamén era outra das nosas diversións, tanto eles aquí, como eu en Monforte polo 15 de agosto, A min, chamábame todo a atención dende os fogos no río, ata as patacas fritas que facían no recinto da festa, que era no campo da Compañía. Lois e o seu irmán ben o percibían e trataban de que vira o maior número de cousas posibles, ensinábanme todo o que podían dende o seu colexio, os escolapios, museo, campos de deporte, todo o que se podia ver no mes de agosto, xa que as aulas estaban cerradas, ata o castelo de S. Vicente, pasando por todas as competicions deportivas que se celebraban con motivo das festas. Os anos van pasando, e cada vez as visitas a Santa Cristina son máis esporádicas, nunha desas preséntame a Manolo Rivas, que por aquel tempo facía unha revista que se chamaba Teima que logo, de cando en cando, me mandaba algún exemplar.

Lois, por aqueles intres, vai a Madrid, e, é cando despois dun tempo cae enfermo, por tomar aceite de colza adulterado. Cando despois volve a Santa Cristina, me encontro con un Lois, que eu non recoñezo, polo seu deterioro físico, de ser un chaval moi xove, paso a ver a seu avó Hermenegildo, morto xa bastantes anos antes, con moitos anos. Pasamos un día xuntos, cóntame moitas cousas que só son para el e para min. Fálame da súa enfermidade, intentando non darlle demasiada importancia, pero sabendo, que eu sei, que si a ten. Pasa bastante tempo, ou e min mo parece, sen que nos vexamos ou falemos, ata que o 24 de maio de 1996, volve, pero esta vez, para quedarse para sempre, na cima daquel castro celta ollando para a frondosidade de soutos de castiñeiros que tanto lle gustaba. Espero que apreciedes os sentimentos, que eu non sei describir a través da escritura, cousa que para Lois sería coser e cantar. Lois era esa clase de persoa, que intentaba pasar caladiño para que ninguén soubese que estaba alí, amigo do seu amigo, era esa persoa que te embobaba cando falaba e podías pasar horas e horas escoitando, e todo che parecía pouco, tamén era esa persoa que sabía escoitar e intentaba sempre sacar algo do que ti lle dicías, aínda que a túa conversa fose do máis intrascendente. Tamara Penela Abuín 1º ESO


7

H A I T Í Aurelia Vázquez Vázquez

O

20 de outubro visitou o noso centro, Consuelo, unha misioneira que leva dez anos en Haití. Estivo con distintos grupos de alumnos ós que lles contou a historia dese pobo e a situación actual. Daba as grazas pola axuda recibida, dicía que todos: persoas, organizacións, organismos internacionais e institucións vironse superados pola magnitude dos acontecementos. Entre outras leccións, a situación de Haití, debería axudarnos a aprender a ser solidarios de verdade. Despois dun primero momento de urxencia, é importante facer un diagnóstico da situación desde e cos propios afectados e non quedar nun puro asistencialismo. É necesario potenciar as súas posibilidades, capacidades, enerxías e escasos recursos propios. As donacións deben ser complemento, nunca substitutivo ou sucedáneo. Dice Saint Exupery A Cidadela": "se queres facer irmáns, axúdaos a construír unha torre, pero se os queres facer inimigos, tíralles un pouco de gran". Contaba que, pasada a etapa de emerxencias, na que era necesario axudar á xente a saír de debaixo dos escombros, a facer fronte ás necesidades perentorias, agora toca superar a fraxilidade para que xurda un pobo organizado, suxeito do seu destino, que asuma e afronta, co apoio necesario de todos, a propia realidade. Dicía que non podemos permitir que Haití deixe de ser noticia e anímaba a alimentar o espirito de fraternidade universal que hai en cada un de nós. Daba as grazas por tantas mostras de solidariedade co pobo haitiano e tamén decía que se os misioneiros estaban alí tamén era porque outros desde distintas partes do mundo sempre se acordaban deles.


8

OS MUIÑOS

Mª Áurea Luz Castro Conde

D

entro da arquitectura popular galega, o muíño ten un papel moi significativo, xa que o gran foi un elemento da economía tradicional, tendo unha importancia evidente. En Galicia están representados todos os tipos. É unha construción na que as relacións de tipo social foron moi importantes, sendo lugar de folclore e acadando desenvolvemento e riqueza. A finalidade dos muíños é a de moer o gran para obter fariña. Existen muíños de diferentes características: - Muíños de aceite, están situados nunha zona moi concreta da Galicia sureste, onde o seu clima permite o cultivo das oliveiras. Estes muíños poden ser de tracción animal, pero tamén movidos por auga e incluso por homes. - Muíños de man, é o sistema máis antigo e máis sinxelo, consiste en dúas pedras, unha grande e coa cara superior lisa e outra máis pequena que se move de arriba a abaixo enriba da primeira. En Galicia o modelo circular está ben documentado nos castros, e considérase como sinal de romanización. - Muíños de billa, son para traballar con moi pouca auga. - Muíños de roda vertical ou aceas, as aceas son de dúas clases, segundo reciba a auga por enriba ou por abaixo. A roda vertical estendeuse por Europa no século XI. - Muíños hidráulicos, Por un lado, a rede fluvial e

fontes tan numerosas e por outro o feito de que a costa galega está conformada na súa maior parte polas rías e amplitude das mareas, presentan as condicións ideais para os muíños de mar ou muíños de mareas. - Muíños de regato, o seu número é moi elevado e distribúense por todo o país, existen regatos nos que nun espazo reducido atópanse un alto número deles, uns seguidos dos outros. O muíño sitúase de maneira que a auga acumúlase nunha presa e de esta vai para o muíño por unha canle. Tamén, pode ser que a auga se canalice directamente dun río, polo común esta ao chegar ao muíño queda máis alta para coller forza e poñer en movemento o mecanismo, despois baixa polo cubo. Cando non se quere moer e o muíño está traballando, existe un aliviadoiro para desviar a auga e colócase unha gradilla ao final da canle. A auga baixa polo cubo e vai dar ao rieiro (parte inferior do muíño). Despois vai mover o rodicio (roda horizontal). A vara, é o eixe vertical que une o rodicio ca parte superior do muíño. Ese eixe atravesa as pezas da trituración. As pedras do muíño son diferentes xa que depende do que se vai moer. A moega, é a tolva onde se mete o gran para ser moído, esta peza vai situada sobre a moa, este depósito ten a quenlla que vai dar ao furado central da moa, que é por onde cae o gran para introducirse entre a moa e o pé.


9

A tarabela, é unha peza que vai unida á quenlla e apoiada na moa, ao xirar esta, a peza móvese e axita a quenlla e o gran empeza a caer e converterse en fariña, que cae directamente no trimiñado, onde se recolle cunha vasoira e coa pa. O muíño sempre foi un lugar de xuntanza entre os veciños, e os mozos e mozas dábanse cita alí e moitos empezaban así as súas relacións.

1. Canle

2. Cubo3. Rodicio

4. Moa 5. Moega

PARTES DO MUÍÑO

6. Quenlla

7. Pé

8. Trimiñado

CANTIGAS DOS MUÍÑOS Vengo de moler morena de los molinos azuis durmín coa muiñeira sábado, domingo e luns.

O cura foi o muíño e caeu da ponte embaixo, correde nenos correde que vai polo río abaixo.

Unha noite no muíño unha noite non é nada unha semaniña enteira esa sí que é muiñada

Muiñeira, muiñeira, se pasas polo muíño anda e dille o muiñeiro que me moa axiña o trigo.

Ao muíño de meu pai eu ben lle sei o tempero: cando está alto, baixalo, cando está baixo, erguelo.

O cura e maila criada ordenaron de cocer, a leña estaba no monte e a fariña por moer.

Fun esta noite ao muíño, non moín nin muiñei, perdín a trenza do pelo, iso foi o que gañei.

Eu non sei que pasou no muíño eu non sei que puido pasar, dende entón Maruxiña está triste dende entón non deixou de chorar.


10

Cami単os sen fronteiras Praza Obradoiro (somos os das puchas laranxas)

Facendo o cami単o antes de Samos


11

No acuario

Portomarín

A

LUMNOS DE 2º ESO DO NOSO IES FACENDO O CAMIÑO DE SANTIAGO, xUNTO CON ALUMNOS DO IES JáNDULA DE ANDúJAR. ESTA ACTIVIDADE ESTá INCLUÍDA NO PROxECTO ARCE qUE LEVAN A CAbO OS DOUS CENTROS bAIxO A DENOMINACIóN DE CAMIÑOS SEN FRONTEIRAS. PROxECTO REALIzADO POLA PROFESORA DONA Mª áUREA LUz CASTRO CONDE.

A Coruña


12

30 DE XANEIRO NA BIBLIOTECA Mateo Mendaña Justo

O

30 de Xaneiro pasado coincidindo ao mesmo tempo o día do nacemento de

Castelao, o día da Paz e non violencia escolar, e tamén o aniversario da creación do blog da nosa Biblioteca, tiveron lugar unha serie de actividades educativas, lúdicas e gastronómicas. Para celebrar tan interesantes eventos, contouse coa colaboración do alumnado e profesorado e persoal non docente. Entre todos estes actos pódense destacar os seguintes:

Exposición de traballos sobre ou relacionados cos coñecidos debuxos de Castelao, exposición de temas relacionados coa no violencia con distintos materiais bibliográficos coa colaboración do Departamento de Plástica : J.M Ortiz de Galisteo puxo a guinda á exposición coa súa pomba voadora, da que tamén é artífice Pilar Gude. Moitas grazas! Tamén se fixeron obradoiros co alumnado da ESO participando activamente no desenvolvemento dos mesmos. O equipo da Biblioteca estivo asesorado polo Departamento de Orientación que dirixe Elisa Díaz. Ademais tivo lugar unha demostración de como se pode acadar a Paz con pequenos xestos individuais, serviunos como exemplo o famoso xogo musical das cadeiras onde participou tamén o profesorado, demostrando como se pode facer un lugar aos demais e lugar de deixalos fóra.


13

Carme Jorge Díaz

O

Club de Lectura deste ano está formado por alumnos de 3º e 4º. Os de 4º xa estaban o ano pasado, ao igual que moitos de 3º. Neste ano lemos libros como A Coroa de Napoleón (Jaureguízar), Cartas de Amor (Fran Alonso), relatos de Roald Dahl…. E agora, despois de moito insistirlle á profesora que o dirixe (Esther), conseguimos que nos mande ler Marina (Carlos Ruiz Zafón), un libro precioso. Con esta actividade, ademais de coñecer máis literatura, coñeces outras opinións sobre o mesmo libro, e detalles nos que non te fixaras antes. E ten a moi boa parte de que coñeces a uns cantos autores, xa que procuran que poidan vir r falar con nós. Este ano viñeron Jaureguízar e Fran Alonso.

CLUB DE LECTURA A miña experiencia é moi boa, e estaría moi ben que fósemos máis, se vos gusta ler, este é o voso lugar!


14

FRAN ALONSO NO CLUB DE LECTURA Mª José Díaz Pinheiro Outros para recordar que seguen aí. E outras, para poder contarlle a alguén o que lles pasa, que están a seguir a pesar do adverso das circunstancias. Cartas que poderían clasificarse case de todo, unha das últimas cousas como as que as clasificas é como cartas de amor. Fran (supoño que o poderei chamar así) cóntanos que escribe desde moi novo, e que antes escribía historias de humor, o que lle facía gañar pequenos concursos que facían na súa clase. Este libro non é de humor, precisamente. E por iso pregunteille se é que a vida nos fai iso. A súa resposta foi: "Non é iso, os meus outros libros conteñen partes moi grandes de humor". Coido que é verdade.

C

arme Jorge Díaz queda xa declarada como unha das autoras do blog da biblio: a falta de impresións de outras persoas, sempre podemos contar con que Carme vai partillar con nós o seu punto de vista sobre unha actividade en que non puideron participar todas as persoas que o desexarían. Foi o que aconteceu no Club de Lectura de secundaria recentemente: despois de leren as Cartas de Amor de Fran Alonso, tiveron un encontro con el na biblioteca. E, a seguir, a opinión de Carme:

Fran Alonso é un home non moi alto, e séntase tras dunha mesa. É organizado e bastante metódico, polo que se pode aprezar. Algo perfeccionista, atreveríame eu a dicir. Veu falarnos do seu libro Cartas de Amor. Neste libro, diversas mulleres que se atopan en lugares e situacións variadas, -tes para escoller-, escriben cartas ás persoas que aman. Non só fala este libro de amor, tamén fala da guerra, da fame, da incomprensión, da inmigración, da soidade, do abandono. Hai casos nos que as protagonistas escriben a súa carta para despedirse.

Ademais diso, el ten visto moito mundo. Con todo, non me refiro aos lugares ricos e turísticos que probablemente viu, refírome aos lugares que quedan ocultos tras unha grande capa de petróleo e billetes. Vai a África moito, e ten estado en Filipinas. Tamén estivo en Cabo Verde e nun campo de refuxiados do Sahara, dous lugares dende os que parten dúas das súas cartas. Fran non só é escritor. Tamén é editor, en Xerais, e ten editados varios dos seus libros. Dixo que é moi escrupuloso cando o fai el. E non lle queda nada mal, a verdade. En resumo, onde ti ves un home normal e corrente, atópase un destes pequenos tesouros que só ás veces podes atopar nesta variopinta sociedade. Carme Jorge Díaz


15

JAUREGUIZAR NA BIBLIOTECA N

o pasado venres, Santiago Jaureguízar veu conversar con alumnado que participa no Club de Lectura. Aínda que varias persoas se brindaron a deixar por aquí unhas impresións do evento, por agora só temos as de unha grande lectora, Carme Jorge Díaz, de 3º A . A Carme, a Jaureguízar, a Esther e a quen nos deixar comentarios ou opinións sobre este encontro literario, moitas grazas. Jaureguízar é un home alto, con gafas. Tatexa lixeiramente ao falar, supoño que un pouco polos nervios de ter que lidar cun grupo de adolescentes. Vén falarnos dun libro A coroa de Napoleón. O protagonista é un rapaz de dezaseis anos, namoradizo e aventureiro, que está a investigar o caso dunha coroa que Napoleón empregou para coroarse emperador. Unha novela policíaca cunha trama non moi complexa, desas ideais para ler nunha tarde aburrida, unha novela entretida. O autor, ademais de falar do seu libro, pregúntanos cousas sobre a nosa rutina. Mesmo nos dá consellos aos que, coma min, queremos ser escritores: que os libros teñan poucos personaxes, que sucedan en lugares coñecidos para nós e que os personaxes sexan xente que coñecemos. Jaureguízar mira a hora a cada pouco, ten que marchar ao periódico a traballar. Pero non se vai antes de asinar un libro.


16

A European learning experience for secondary school pupils

COMENIUS- INDIVIDUAL PUPIL MOBILITY -SPAINSWEDEN Carla Serrano López

Foto publicada no periódico europeo, no que desempeñamos un papel pioneiro na apertura deste programa de cara a outros mozos e mozas europeos

S

eis estudantes deste centro estivemos en Suecia, dende o 10 de Agosto ata o 10 de Novembro do pasado ano. Participamos na MAC (Mobilidade do Alumnado do programa Comenius) vivindo en familias e estudando durante tres meses nun centro sueco, concretamente en Täby (Estocolmo), no mesmo instituto co cal o noso centro leva facendo intercambios dende xa hai moitos anos. Pedíronme que resumira o que fora a nosa estancia en Suecia en medio folio, e debo de dicir que vou falar do que esa viaxe significou para min, e que para cada un de nós foi unha experiencia completamente distinta. En primeiro lugar gustaríame falar da especial interrelación que creamos entre nós os seis, con sentimentos de amizade moi intensos, compartindo segredos, problemas, dificultades, confidencias... Penso que todos aprendemos a apreciar dende o detalle máis insignificante ata o máis importante durante a nosa estancia alí. Tivemos a opor-

tunidade de ver o ensino dende unha perspectiva diferente, de mellorar o inglés, a integración implicou aprender algo de sueco... Vicky resalta que nos puidemos atopar con nós mesmos; Anby, que foi a experiencia máis aberta e realista que nunca antes vivira; Jeremy fai referencia a que ao ser máis independentes nos aportou a madurez que nos faltaba; Naza di que aprendeu a sobrevivir ela soa, o que implicou ser moito máis responsable; e Antía di que non entende como se puido encariñar tanto por un país tan frío. A min aportoume, sobre todo, fortaleza e confianza en min mesma. Recordo os últimos momentos alí, nos que xa tiña a seguridade de que a experiencia non ía acabar, senón que a partir dese momento formaría parte da nosa bagaxe persoal, enriquecéndonos para proxectarnos cara a novos retos, pero menos asustados, máis conscientes das nosas capacidades, máis abertos a outras culturas e formas de vida.


17

gañador do primeiro premio de calidade como exemplo de boas prácticas da MAC, sendo este outorgado pola Axencia Nacional Española de Programas Educativos Europeos (OAPEE); e tamén dicir que un mes máis tarde fomos convidados de novo a Madrid, esta vez a tomar parte nun taller orientado cara á cohesión social a través da aprendizaxe permanente, difundindo o noso Tamén me gustaría transmitirvos o que me impactou o regreso a casa, e ao chegar ver pola tele os premios Nobel... Como antes de ir me aumentaban progresivamente as ganas de coñecer a fondo o país, e cando a viaxe finalizou, tiña ganas, si, de volver a Suecia, pero sobre todo tiña ganas de “descubrir”, de aprender, de empaparme de culturas diferentes... de coñecer o mundo en definitiva. E anímovos a todos a que aproveitedes todas e cada unha das oportunidades que vos atopedes no voso camiño, porque coñezo a sensación que temos a esa idade de deixar os amigos durante un tempo, e si, bótanse de menos, pero se son amigos de verdade estarán aí para cando a túa volta. E agora voume a permitir presumir do noso proxecto,

exemplo de boas practicas. Os dous meses de voltar de Suecia chegaron as rapazas coas que estiveramos convivindo no intercambio. Foi sorprendente comprobar como, xa no noso entorno, tivemos que desenvolver un esforzo de adaptación recíproco, debido sobre todo as diferencias culturais, pero iso xa forma parte doutro artigo... E para rematar, dar as grazas ó meu instituto e a todo o profesorado implicado, consciente da enorme carga de traballo que supuxo para eles, por converternos durante uns meses en embaixadores do noso centro e do noso país. Imaxes obtidas da páxina web dedicada ó noso programa de Juan Carlos García Lorenzo, profesor de inglés do centro.


18

Concurso literario

poesía

Detrás desas rochas Podo ollar Como rompen as ondas Como baila o mar. Detrás desas rochas Podo ollar, Como se afasta o sol, Para a lúa deixar pasar. Detrás desas rochas Podo ollar, Como brillan as estrelas Como dorme o mar. Detrás desas rochas Podo ollar, Como canta o moucho, Sen a lúa espertar. Detrás desas rochas Podo ollar. Estela Fernández Sánchez 1º ESO

1º premio

SOA Soa sempre soa, Sen ninguén que me pense, Sen ninguén que derrame unha bágoa por min Ao verme marchar, Ao ver como fuxo cara o ceo Ao chegarme a hora, Ao verme desfeita en anacos Cara o mundo dos mortos; Sen ninguén que se acorde Que nun tempo existín. Marcho cos meus pensamentos Que pouco a pouco tamén se desfán, Convertíndose nunha branca luz Que me indica o camiño, Mentres deixo atrás outro, No que non deixei pegada, Quedando eu atrás no olvido, Marchando sen almas comigo, Marchando soa, Coma sempre, soa. Estela Quijada Viña 2ºBAC

2º premio


GALICIA É na miña terra onde eu son, onde comeza o camiño que seguen os meus pés, onde esperto cada día cun novo amencer, onde se pode saborear a cor do atardecer. É na miña terra onde se sente a liberdade, faga sol ou sopre o vento, onde debuxas a realidade, nunha noite de luar. É un sentimento, no interior do meu ser, canto máis lonxe me atopo, máis galega me sinto.

Carla Serrano López 1º BAC

Os cantares dos paxaros convídanme a soñar, viaxo polo ceo, da man con San Froilán.

3º premio

Terra de maxia, do cor verde da esperanza, onde as curuxas dende os piñeiros ven os vagalumes pasar. É nas altas chairas das vellas montañas onde atopara-la mellor sensación, tras rubir pola súa ladeira, respira ben profundo e mira ao arredor. É unha muller con saia, zocos e pano, quen está onda a lareira da casiña. É un home con boina e vara, que acende o candil da cociña. Dende o cumio daquel monte vense as illas e o mar, vexo unha luz cara ao fondo, A Coruña, alí está. Peregrinos, camiñantes, que ides ver a Santiago, levade un frasquiño con néboa, para lembrar esta terra. Tardes grises, noites frías, eucaliptos, vacalouras, dende Vigo ata Ourense, noroeste, boa xente. Ó lonxe vese a romaría, óese á gaita soar, podo ulir o viño ribeiro, e ver os mozos por riba da fogueira chimpar. Sombra do fume, do lume da Santa Compaña, pasa polas catro estacións, sen apaga-la chama. E tralo luscofusco, aparece a negra noite, cántolle ás estrelas de cores, mentres vexo unha bruxa pasar.

Pola mañá cedo abro o ventanuco, asómome a ver as leiras, lendas e conxuros, da rexión das meigas. Amar unha bandeira, sincera e verdadeira, Galicia calidade, familia branquiazul. Bailar unha muiñeira, ceibar os cabelos á brisa do mar, o viño albariño, sentir morriña e botarse a chorar. E dixo o sabio Pondal, pensando na súa nai, confín dos verdes castros e valeroso chan. Ritmo das aldeas, vila tras vila, moras e pedras, sendeiros de espiñas. Dixérasme naqueles tempos, os humanos corazóns perecen nas prisións do vicio que os domina. Carteiro que cruzas por aquela ponte, poeta de liberdades, consciente das verdades, vive e loita polo que vales. Sorrindo ó recordar, soñando con voar, pecho os ollos e en silencio, regreso ao meu lugar. Cabalgando a Fisterra, á Costa da Morte, lembrando unha fermosa canción, cun tenro nome. Pódese escoitar o murmurio do río, as follas das árbores caendo ao chan, as bolboretas danzando sobre o mar, as pombas emigrando a un mesmo compás. Espida a natureza, arraigo á miña terra, as mans sobre o meu peito, a primavera está a chegar. Deitarse no tellado e pararse a escoitar, aos cucos cos grilos falar. No campo ou na praia, a onda a de chegar, marea branquiazul, fogar de Breogán.


20

Concurso literario

narrativa

1º premio

Carmen Jorge Díaz 3º ESO

OLLOS VERDES

ran uns ollos verdes, como aqueles que un día decidiran namorar a Bécquer. Estaban enmarcados por unhas pestanas longas e espesas, cunha capa de rímmel cor negra. Os seus cabelos eran da cor das abelás, tiñan aspecto de teren sido moi lustrosos e suaves. Rizados, máis ben parecían estar enguedellados, como se de xestas se tratase. Non estaban naquel momento no seu máximo esplendor, precisamente. Tiña un longo pescozo de cisne, e na súa base atopábase unha cadeíña de ouro da que pendía unha imaxe da Virxe da Barca. A súa pel era branca, moi branca. Tiña os brazos longos e delgados, e acababan nunhas mans moi pequeniñas. Levaba as uñas pintadas de cor vermella. Parecía que a pintura xa comezara a caer. O seu torso era normal, non era unha muller moi voluptuosa. Tiña tamén as cadeiras bastante estreitas. Vestía unha camiseta de cor azul, de manga curta, e levaba uns pantalóns que lle deixaban os xeonllos ao descuberto. Os seus pés eran máis ben dunha talla normal, para ser muller. Vestía unhas deportivas de Nike que antano foran brancas, pero que agora estaban manchadas de terra por todos os lados. A verdade é que fora guapa, moi guapa. Para ser unha muller europea, claro. Porque alí onde estivesen as nosas mulleres… Digo fora, porque iso parecía. Agora mesmo, unha

E

abrupta mancha cor borgoña cubría o seu peito e parte da barriga. As salpicaduras cubríanlle tamén a faciana. Tiña cortes, algúns menos profundos e outros máis, por todos os brazos e as pernas. Os pantalóns aparecían rotos. Polo seu queixo baixaba un pequeno regueiro de sangue. Chegaba até o chan, pingando. De repente, fixeime nun detalle. Non levaba as uñas pintadas de cor vermella. Fora o seu propio sangue o que as tinguira daquela cor. Nos últimos instantes da súa vida. Aínda me lembro de cando a vin por primeira vez. Ía andando, con pintas de perdida, pola cidade de Misrata. Entre os cascallos. Levaba un fusil nas mans. E tamén unha bandeira colgada nas costas. Verde, vermella e negra. A bandeira dos rebeldes. Naquel intre, só pensei en que aquela infiel, que ademais levaba partes do seu corpo ,que só o seu marido debería poder ver, á vista de todo o mundo, ademais era rebelde. Era contraria ao noso líder Muamar el Gadafi. E, polo tanto, ademais do que indicaba a súa roupa, era contraria á vontade do todopoderoso, misericordioso, omnipotente, omnipresente e sabio Allah. Eu estiven disposto a cumprir a mensaxe que Allah, a través do noso líder Muamar el Gadafi, nos fixera chegar: que detivéramos e non tiveramos piedade coa vida de todos aqueles que foran contrarios ao réxime do mandatario, e tamén contrarios á vontade de Allah.


21

Teño que recoñecer que por un instante dubidei sobre que facer. Foi aquel intre no que ela me mirou con aqueles ollos verdes, como os que engaiolaron a Bécquer, ese autor do que meu pai me falou un día, do que me dixo que, a pesares de ser infiel, escribía moi ben. Aqueles ollos verdes. Ao principio miráronme con rabia, con odio. E é que os rebeldes ódiannos por ser como somos. Pero nós só cumprimos ordes do lado do Ben. Pobres ignorantes. Despois miráronme cansados, só un segundo. E, finalmente, con desprezo. Aquela, muller, infiel, ignorante. Fun correndo e saqueille o fusil dun golpe. Opúxose a min, e mesmo me chegou a golpear. Pero eu, como bo home que son, acabei sendo máis que ela. Leveina ata un edificio medio abandonado e alí violeina. Non se merecía menos. A verdade é que se defendeu todo o que puido. Tardarei en recuperarme das rabuñaduras e dos golpes que me deu. Ela nunca poderá recuperarse dos seus. Nunca poderán volver os seus seres queridos a vela, nin sequera nun hospital, recuperándose das súas feridas de guerra. Pero que estou a dicir! Nunca podes sentir pena por un inimigo! E menos por unha muller infiel! Perdóame, Allah, por estes deshonestos pensamentos. Perdóame, ouh misericordioso, ouh omnipotente Allah. Despois daquelo, vestina. Collín o meu fusil e púxena de pé. Os seus ollos verdes de feitizo seguían a mirarme, con esa mirada desafiante. De noxo. Os brazos tensáronse, e os músculos da miña man dereita, obedecendo a unha orde do meu cerebro, procederon a contraerse e a mover o dedo índice, apresando así o gatillo. Dentro da arma, unha serie de mecanismos puxéronse en marcha, dando lugar a unha explosión de pólvora, da que saíu unha pequena bala, que foi impactar no peito da muller, creando unha flor de sangue que brotaba del. O seu corpo describiu un arco que pareceu infinito, ata que finalmente bateu contra o chan. É unha escena fermosa, en certo sentido. Ver como por fin serán axustizados os infieis, e así verán a luz de Allah, o grande, o magnífico. Estes pequenos sacrificios son necesarios, repítome unha e outra vez. Ao lonxe escoitei o estoupido dunha bomba. Era nosa, eles non tiñan os medios que eses países da Unión Europea e os Estados Unidos prometeran

Leveina ata un edificio medio abandonado e alí ... Eran uns ollos verdes, como aqueles que un día decidiran namorar a Bécquer... con tanto empeño nos seus telexornais. A realidade é bastante distinta por aquí. Ou iso é o que vexo eu. Xusto despois da bomba viñeron os berros dos axustizados. Aínda que caera algún dos nosos non pasaría nada, pois cumpriran a lei sagrada e morreran matando. De seguido, escoitei o sinal procedente dunha mesquita. Era a hora de rezarlle ao noso gran Allah. Estaba demasiado lonxe, polo que realicei alí mesmo as miñas pregarias. Estendín o meu chaleco no chan, e púxenme a rezar alí mesmo. Era realmente imposible desconcentrarse, xa que o silencio nas horas dos rezos é case totalitario. Incluso os infieis gardan respecto, supoño que porque realmente Allah fala no seu interior. Remataron os rezos. Eu ía abandonar o edificio, cando me decatei dunha cousa. Aqueles ollos verdes seguían a mirarme. Era unha mirada baleira, que perdera toda a vida que algunha vez contivera. Había que respectar aos mortos, incluso cando eran infieis. Achegueime a onde ela, e coa man dereita, pecheille as pálpebras.


22

Concurso literario

narrativa 2º premio B E R R O S Xosé Rey López

E

ra unha noite negra e chuviosa, tan negra e tan chuviosa que na memoria non atopaba outra como esa. Estaba eu na miña casa gozando dun café con leite mentres miraba pola ventá, a pesar de que pouco tiña que ver. Escoitaba os golpes das gotas contra a fiestra que se mesturaba co son do lume na cheminea. Era unha noite bastante común, non tiña nada de especial, case todas eran así, polo menos dende que me mudei ao campo a gozar do ambiente tan especial que existe no rural que tanto me gustaba, pero que apenas podía gozar dende que marchara da casa sendo xa un rapaz. Aínda non teño claro os motivos da miña partida, quizais sexa a necesidade de ver mundo, de coñecer xente nova ou de esquecer o meu pasado O certo é que nalgún momento todo o mundo madura e as súas ideas cambian, atópase cunha realidade, que case sempre é insatisfactoria. E non fan nada por medo ao cambio. Eu non, sempre considerei que a miña vocación era ser alguén importante, aínda que non fose recoñecido, a pesar de estar na sombra amaba esa sensación de poder que sente un titiriteiro ao mover as cordas dunha marioneta. Ese é o motivo polo cal me enrolei no servizo secreto. Non foi sinxelo, acostumados a ver aos espías da tele, todo o mundo pensa que está capacitado para ser un deles. Nada máis lonxe da realidade, só unhas poucas persoas no mundo están preparadas tanto física como mental e intelectualmente para este traballo. E chéganme os dedos dunha man para contar os que algún día chegan a ser bos no seu traballo. A pesar de que tiña claro que non ía ser un camiño de rosas seguín cara adiante. Foron largos anos os que pasei estudando idiomas dos cales non tiña oído falar, aprendendo ritos de culturas que só practican unhas poucas persoas no mundo, estudando rezos e oracións de pobos case desaparecidos. O meu único propósito por aquel entón era intentar pasar desapercibido en calquera lugar do mundo. Tras as penurias e a mala vida que me facían levar os meus superiores, logrei acadar un alto rango. Xa non era un máis, deixaba de ser un número, xa todos os do meu redor me coñecían polo meu nome. Aínda que tampouco eran moitos os que estivesen ao meu redor. Non sabía nada da miña familia dende que marchara da casa, probablemente eles xa se esqueceran de min. Só tiña a meus pais e a meus irmáns, pero nunca me quixeron. Eu era o máis novo de cinco irmáns. Vivíamos nunha casa preto do monte. Comiamos grazas a unhas terras que tiña arrendado o meu pai, certamente podo dicir que todos

malviviamos, non sei se era por iso o que era, pero sei que alí non coñecíamos o que era o amor ou o cariño, nunca nos sentimos apoiados por nosos pais, no os culpo. Manter cinco fillos xa era moi complicado, e xa facían bastante por nós, mais aínda así, ese ambiente tan hostil non me gustaba. Non só carecía do seu amor, senón que tamén gozaba do seu desprezo. Os meus irmáns tampouco eran moi cariñosos comigo. Eu creo que é por que son o máis novo de todos. Necesitaba máis protección e máis atención, era unha carga para todos. Pero nin a atención nin a protección que necesitaba se me concedeu. Por iso sempre fun moito máis autosuficiente que os rapaces que tiñan a miña idade. De nacer noutra familia a miña historia sería moi distinta. Diso si podo estar ben seguro mais aínda así se volvese nacer e puidese elixir o meu destino, creo que repetiría todo o que pasou na miña vida. Tras subir na cadea de mando comecei a ter máis responsabilidades ata que un día fun asignado xefe dunha nova sección que a axencia creou para o avance tecnolóxico das nosas ferramentas; era o Departamento de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e Biolóxico. Aínda que os axentes coñecíano como unha tenda para nenos porque alí había moitos aparatos que parecían xoguetes sen esquecernos dos animais que alí tiñan pois aínda estando modificados xeneticamente tratábamos como mascotas. En resumo, era un tenda de xoguetes e cachorros. Sinceramente, eu estaba tremendamente contento, a quen non lle gustaba traballar con xoguetes e cachorros. Pola contra do que se poida pensar o que alí se facía era tremendamente serio. A maioría dos avances médicos, científicos, tecnolóxicos e xenéticos nalgún momento pasaron polas nosas mans. Isto volvía tolos aos rapaces do laboratorio, pois chegaban a crerse deuses. E, certamente, non lles faltaba razón, con todo o que sabían poderían construír case calquera cousa, e a pesar de que o noso presuposto tiña moitos ceros, nunca foron suficientes para todos os proxectos que tiñamos en mente. Todo foi perfecto ata fai uns meses. A axencia, concretamente eu, deu orde de comezar a procura dun enorme animal do que se tiña oído falar e que vivía nos Ancares. O certo é que a historia do animal rozaba a mitoloxía pero a medida que o noso interese aumentaba, e enviabamos máis axentes á zona para investigar o caso, máis probas nos proporcionaban os aldeáns. De súpeto, esta historia mitolóxica deixou de ser unha lenda coa cal lle daba riso á xente e comezou a ser un tema de estudo científico e racional.


23

N A

N O I T E

Cada vez que un dos rapaces de campo volvía, escoitabamos un conto que parecía sacado do máis profundo do rural. Vacas desaparecidas, sustancias pegañentas nos prados etc… Estudar moi detidamente as pautas de comportamento que os labregos dicían que tiña esa besta. O que chamou poderosamente a atención é que todo isto non era novo. Os vellos do lugar tamén contaban historias de cando eran pequenos e parecía que isto tamén ocorría fai bastantes anos. Incluso oían falar aos seus maiores por aquel entonces de que iso tamén ocorría cando eran pequenos e que tamén llo oíran aos avós. Con todo isto deducimos dúas cousas. Primeiro, se é certo, este tema debía ser analizado con detalle. Segundo, ten todos os requisitos para ser un conto de vellos. Con todas as dúbidas que tiñamos consideramos que non podíamos deixar pasar esta oportunidade. Esa mesma semana enviamos a un grupo de homes equipados coa última tecnoloxía. Montaron un campamento e a partir de alí inspeccionaron todo o monte. Pero non atoparon nada, non podo negar que tampouco esperabamos atopar nada. Tampouco tivemos sorte as seguintes xornadas mais unha noite todo cambiou, a mal. Tras 5 días buscando probas, unha noite tamén negra e chuviosa, como esta. Todo o noso equipo desapareceu, sen deixar rastro. Todo, salvo unha especie de líquido viscoso e translúcido, non fai falta dicir que unha mostra foi parar á mesa do laboratorio do departamento. Ao parecer as lendas e os contos de vellos eran realidade, pero esta vez non eran vacas o menú principal, eran os meus homes. Tras todo isto decidín abandonar o meu despacho. Era hora de que entrase en acción. Cheguei a Piornedo, un pequeno pobo da montaña. Había un pequeno bar, entrei. Só estaba eu o camareiro e un par de homes con pinta de duros na barra. Pedín unha cervexa e achegueime a eles. Acto seguido separáronse de min, parecía que esta xente non era moi amigable. Tiven que invitalos a un trago pero ao final puiden falar con eles. Falamos do tempo, de motos e finalmente faleilles dos sucesos que estaban a ocorrer. Tardaron en falar pero remataron por contarme todo o que sabían. Ao parecer a besta só saía nas noites máis escuras pois era máis sinxelo cazar. Un comportamento moi estraño para unha criatura normal. Parece que despois de todo se estamos a buscar algo exótico estou no lugar máis acertado. Tamén me comentaron que a zona é coñecida polos seus osos. Eu sabía que non era un oso o que saía a cazar.

Tras uns días instalado recibín unha chamada. Eran os rapaces do laboratorio. Tiñan novas que me podían interesar. Esa baba repulsiva que atoparon era dun animal, tiña un ADN un tanto especial, no laboratorio intentaron replicalo e analizalo e conseguírono, pero había certas cousas que non encaixaban, primeiro, era capaz de sintetizar proteínas nunca vistas ata ese día. E segundo o material xenético non estaba formado polos catro elementos básico que forman o ADN común, citosina, guanina, adenina e timina. Non, este estaba formado por outras moléculas con distinta composición. A risco de queimar a man os cerebros do departamento puxeron a man no lume a que se trataba dunha especie alieníxena. Unha idea descabezada pensei eu. Cales eran as posibilidades dun contacto alieníxena e máis cales son as posibilidades de que unha criatura alieníxena viva nun monte como calquera outra e que non sexa descuberto? Por outra banda só algo doutro mundo podería acabar cun equipo de elite como o noso. As cousas non encaixaban. Ata que uns días máis tarde recibín unha chamada pero desta vez viña do despacho do xefe da axencia. Sabía que era un home que non andaba con xogos de nenos. Era un home moi seguro de si mesmo, podería dicir que foi un mestre ou incluso un pai para min dende que ingresei na axencia, e estou seguro de que non me mentiría e por suposto non me chamaría por parvadas. Isto debía ser importante. Certamente non andou con rodeos, a axencia tiña algo gordo entre as mans. Era certo que existía vida alieníxena, vida intelixente, non microbios nin bacterias. Seres capaces de desenvolver tecnoloxía, mais non tiñan aspecto humanoide. Non me puido contar máis. Pero si me falou do “animal” que andaba solto, non era un deles. Digamos que era un animal de proba. Podía tolerar o osíxeno e alimentarse de materia orgánica animal. Parecía que o noso planeta era un lugar adecuado para vivir as formas de vida espaciais. Pero non se trataba só de animais correndo polos montes. De cando en vez un pesqueiro atopa un peixe con formas estrañas ou unha especie non catalogada, nos libros oficiais, curiosamente case sempre preto do círculo polar Ártico. Polo xeral son animais cuadrúpedes, bastante grandes con escamas e que poñen ovos. Os peixes son outro cantar, os submarinos nucleares que viaxan polo fondo do océano e por baixo do xeo detectaron sinais de radar de algo moito máis grande ca unha balea e moito máis ca un submarino. Sen dúbida, podemos dicir que unha manada de baleas é tan grande como un só deses


24

bechos. O que pescan os barcos só deben de ser as crías. Non sabemos canto tempo levan na terra, quizais leven varios miles de anos, quizais millóns pero as antigas civilización poderían haber avistado un destes xigantes perdidos e darlle distintos nomes, leviatán, kraken.. Non sabemos con exactitude como é a súa morfoloxía así que non podemos asegurar o seu aspecto. Todas estas formas de vida poden pasar desapercibidas por dous feitos moi sinxelos. Son un número de individuos moi limitados, seguramente sexan un experimento doutra civilización no noso mundo, por iso son tan escasos os que se atopan na terra no mar ou no aire. E non adoitan ter os mesmos costumes que os seres vivos terrestres. Gústalles a noite a escuridade e o frío. Iso pode explicar que se poidan atopar nunha das formación rochosas máis grandes de Galicia ou preto do polo Norte. Con todo iso moitas dúbidas habitaban a miña cabeza, ¿existe un motivo para enviar seres vivos menos evolucionados a un planeta xa habitado por outros individuos? Non sei, supoño que do mesmo modo que nós enviamos cans e monos antes que homes nos lanzadeiras espaciais, eles mandan o que sexa iso á superficie terrestre. Só teño claro unha cousa, sexa o que sexa, é tremendamente feroz. Iso non era bo, pero eu estaba disposto a acabar o meu traballo. E aquí estou eu. Mirando a través dunha fiestra unha noite escura e fría, como a aman eses bechos. Ocórrenseme cen cousas máis interesantes que facer, mil guerras nas que debería estar buscando información e un millón de persoas as que debería interrogar mais estou a buscar algo que me podería matar no tempo que tarda o meu corazón en dar un só latexo. Pero este é o meu lugar e non creo que moita xente poida ver o que eu vou presenciar. O meu café xa tocaba o seu fin, levanteime por outro, pero sen leite, queda moita noite por diante e non quero estar durmindo por se algo me ataca. O café xa está frío e o lume apagado. Non me apetece ter que volver quentar o café así que deixarei o meu sobre unha pila de pratos sen fregar que pouco a pouco se acumulan formando unha gran pirámide me recorda aos meus tempo de estudante cando aínda non era ninguén nin entrara na axencia. Non tiña tempo a lavar os pratos, con tanto estudo e co meu traballo para costealos non tiña tempo para durmir, e non o pensaba gastar en lavar pratos nin moito menos. Como non teño máis que facer na cociña creo que unha manta e un sofá me esperan no salón. O lume debuxaba sombras sobre as paredes do cuarto. E así pasaban as horas mirando para as paredes e para a fiestra. Pouco a pouco o sono gañaba terreo e cada segundo máis esperto era un suplicio. Por fortuna contaba coas axudas químicas das pastillas que me daban na axencia. Non creo que fosen moi boas para a saúde pero funcionaban. Nada máis tragala oio un ruído fora. Pode ser que sexa

un xabaril ou non. Estiben escoitando un ratiño pero non puiden oír nada máis. Estou sentado esperando. MERDA, hai algo que está escavando baixo da casa e está a saír polo chan... Non pode ser, isto non ten patas, Só ten dous Tentáculos e unha enorme cola de réptil. O meu pulso está a douscentos, dispararei sobre el. Tres disparos na cabeza e non lle pasa nada, isto non é posible. Nunca vira cousa tal. Este becho mide case 3 metros de alto e ten unha protuberancia plana na cabeza que parece protexelo e que se alarga cara atrás. O seu corpo é viscoso e cada vez que abre a boca solta esa baba translúcida que atopamos. Son consciente de que cada proteína, cada músculo, cada molécula ten unha información importantísima pero aínda que dea a miña vida non gañarei nada, só me devorará. Comezo a correr a chuvia molla o meu pelo e a miña roupa síntome pesado e estou moi canso. Non vexo nada, estou a chocar contra as árbores. Caio e volvo levantar. Xa levo un bo anaco correndo debo de atoparme moi lonxe da casa. Estiven na primeira liña de batalla, disparáronme, estiven infiltrado en bases inimigas, mais nunca tiven medo ata o día de hoxe. De repente no chan aparece un burato e agárrame a perna , está tirando de min e non podo facer nada. As súas forzas son moi superiores ás miñas. Desenfundo a pistolas e comezo a disparar. Pega un gran berro e escóndese outra vez baixo terra. Non podo mover un dedo pero teño que saír correndo costa abaixo, non podo permitir que me devore. Corro sen rumbo e.... Estou tirando no chan estou perdendo a consciencia, creo que levei un golpe na cabeza, e algo se acerca a min aínda que non podo velo ben. Só noto unha fría baba viscosa e translúcida. Algo me está a agarrar polo brazo e está a tirar de min cara un burato, non sei que me fará pero non creo que nada bo, e, estou a notar... a notar... unha picada, só quero berrar pero estou a quedar dur dur miii do....... “Non o coñecía moita xente, pero gañará unha estrela na parede. Cando a vexa sempre recordarei que o comandante xeral Alfred Johnson deu a vida por este país na procura de vida alieníxena que pode levar escondida na terra miles ou millóns de anos por alguén que nos coñece e nos observa dende algunha parte do Universo.Eu só podo dicir que Alfred era como un fillo para min, dende o día que chegou tomeino baixo a miña tutela “ Firmado: safdgagsdfgsf Ao día: 26/4/2011 Departamento de Estado Langley Falls, Virginia EEUU Sede Central da CIA


Concurso literario

narrativa 3º premio

25

NINGURES U

Andrea Dorado

nha tenue corrente espertoume dun profundo sono, pero os ollos seguían pechados incapaces de soportar o peso que parecía que os obrigaba a manterse caídos, temerosos de enfrontarse a unha desas fulminantes raioladas de luz que cegaban a conciencia por momentos. A espera fora entretida, con esmerada atención escoitábanse as notas graves, quizais de percusión, que emitía a música monótona e repetitiva do que sería unha orquestra. Aqueles pasos estáticos, que pouco menos e acababan deixando un rastro fozado propio do xabaril en clave alieníxena, eran observados por personaxes cansos, indecisos ou desinteresados, que apoiaban o peso do corpo nunha barra, albiscando de lonxe o movemento atronador dos beizos do que lle daba por falar. Comecei a estirarme coidadosamente, movendo ritmicamente os pés, tentando coller as mantas e as sabas mais evitando abrir os ollos, pausadamente tranquilos nun abismo de escuridade relaxante. O frío xa non era exclusividade dos pés e dos dedos das mans(que sempre dixeran que cos longos que eran servían por si sos de pianista), senón que a sensación de necesidade de calor estendíase inversamente proporcional as intencións que tiña a miña mente de erguer un corpo en posición vertical. Como din que a supervivencia é un deses instintos primarios do ser humano, todos os músculos coñecidos cientificamente contraéronse aproximándose a un punto central e absorbendo, como un burato negro, todas esas porcións de materia viva que comezaban a perder sensibilidade. Un leve tintineo, pero suficiente para que o sentido do oído abandonase o seu anterior pasatempo, rompeu o estado submiso de frío e escuridade. A chuvia chegara á cidade; non recordo exactamente o día. Tampouco o mes. O aparente orballo aumentara cos minutos; non sei, tal vez coas horas, seguíndose dun golpeteo insistente de miles de gotas de auga caendo estrepitosamente sobre unha superficie ríxida e sólida. Metal. Probablemente. Din voltas como un pau sen control río abaixo buscando esa desaparecida postura que me mantiña nun perfecto estado de felicidade. Non obstante, debeu de marchar arrastrado pola chuvia. Durante un último esforzo sentíase como as nubes, os deuses e os mortos acompañaban á auga que golpeaba angustiosamente no metal orixinando un ruído mesmamente insoportable. O latido do peito perdíase entre os golpes e a incapacidade de recuperalo xuntábase coa rixidez de ferro dos ósos e os intentos desesperados dos pulmóns en busca do aire que parecía que empezaba a faltar. Abrín os ollos, creo que involuntariamente. Xa non chovía. A música da orquestra desvanecérase tamén. Os ollos buscaban algo insistentemente, xa de forma sistemática, mais pronto esqueceron o que perseguían. Estirei un brazo palpando na mesa na procura do espertador. Non estaba. Debino tirar xunto coas mantas. Xa nin sequera acendín a luz, non era de noite pero tampouco de día, a claridade da estancia era a perfecta para evitar pechar os ollos atordados pola fugaz iluminación ou forzalos no intento de distinguir as cousas ó redor. A mente estaba a outra cousa, navegaba sen rumbo por unha nebulosa de ideas caóticas, sen sentido, que viaxaban por dimensións intemporais, que mostraban corpos sen rostro, ollos sen cara, polvo…,moito po, auga…, demasiada auga. Abrín os ollos. Non. Xa os tiña abertos, pero esta vez as conexións

neuronais funcionaban adecuadamente, xa era unha máquina que devolve as voltas. Unha habitación pequena, un pouco atafegante, cun teito que semellaba separarse tan só uns centímetros das pestanas. Tampouco o corroborei. O burato negro estoupara e xa adoptara unha postura lineal, próxima a unha recta perfecta que coincidía coa fendedura que dominaba a paisaxe do teito. En poucos segundos estaba de pé cunha desacougada necesidade de poñerme a andar para evitar sentir o proído que me levaba martirizando ambas pernas xa había un bo anaco. Abrín unha porta. Xa estaba fóra. Non tiña frío, pero intuitivamente collín o gabán. Non era meu, tampouco os zapatos, demasiados elegantes, negros, moi de estrea. Serían da miña irmá. Tiña pensado coller o camiño da ponte e de alí ó cabo de media hora mancharía a roupa de verdina da herba fresca que medraba nas beiras do río. Porén, un cheiro peculiar,non identificado, invitoume apetitosamente a seguir o seu ronsel. Ao pouco crucei dúas grandes matas de pelo de niños por cabeza que camiñaban con ton poderoso arrastrando pesados abrigos de pel que esvaecían a súa hipotética figura humana. Perdéronse ó xirar na esquina seguidos por catro homes uniformados, cargados con maletas que as perseguían con paso intranquilo. O cheiro comezaba a atopar a súa identidade propia a cada paso que avanzaba. Non obstante, agora xa non avanzaba. Os pés permanecían inmóbiles, pasivos ás ordes de seguir camiñando. Un desas lastras mantíñaos suxeitos ó chan por algunha lei gravitacional excepcional. Mais non era así. Unha man de curtos e inchados dedos aprisionaba con forza o peto dereito do gabán. Tiña a intención de proferir unha enxeñosa reprimenda ,desas que non tiñan contestación e provocan un incómodo silencio de quen as recibe, pero do mesmo xeito que veu, esfumouse. Un corpo deforme nunha imposible conxunción de articulacións, ósos e músculos, tentaba manter, mellor, recuperar case sen alento unha posición que atendera as leis de anatomía de primeiro de carreira. A mirada, a diferenza do corpo, non parecía estar nin perdida nin esmiuzada cruelmente, senón que se mantiña fixa na observación dun burato circular, negro, profundo, sen final visible, un burato convertido en segundos, non, milésimas de segundo nunha fogueira de San Xoán onde as muxicas cobran o protagonismo da noite e que foron atravesadas por un obxecto metálico cunha velocidade incalculable. Aquel corpo xa non miraba a ningures. Os dedos da man esvararon delicadamente polo baixo do gabán e pararon contra a pequena poza que se acababa de formar no chan. Non chovía. De golpe , minúscu-


26

las gotiñas esvaíanse, como un bote de perfume caro, e quedaron harmoniosamente suspendidas no aire. O home alto e robusto en pé miraba o corpo con pouco interese, tampouco reparou moito na documentación que lle quitara do peto. Pasaba folla tras folla como quen recolle a publicidade esperando unha mostra gratuíta, ata que a atopou. Unha folla dobrada como feita por un neno aborrecido nun bar pola conversación dos adultos chamoulle a atención. Nese instante foi rodeado por unha ducia de homes ,coma as abellas ao mel,que abriron con expectación os ollos a medida que se despregaba o papel, un bosquexo a lapis mostraba algún tipo de mapa que marcaba con cruces algún lugar de interese como mínimo, pois tan pronto como os ollos abertos localizaron algunha das cruces, os pés movéronse de un lado a outro, un típico baile de orquestra, buscando o camiño a seguir e tan axiña como o localizaban, apresurábanse a perderse nel. Quedei soa. Ben. Quedamos sos. Esta vez ninguén me detiña. Un estrondo fíxome dar un chimpo, pouco elegante e máis ben patoso, vantaxe de estar soa. Fogos artificiais decoraban o ceo como se tratase dun cadro impresionista. Algunha festa dos arredores. Seguro. Collín a segunda rúa á esquerda baixando unhas escaleiras de pedra enchoupadas dun líquido viscoso que se pegaba ós zapatos. Miña irmá mátame! Xa se intuía a praza. Oíase o tumulto da xente no que se mesturaban conversas de toda índole nunha atmosfera cargada de murmurios, pisadas e de…`perdoe quería pasar´. Era a preparación típica á festa na que prima o recoñecemento do territorio e a elaboración da listaxe de coñecidos, amigos e inimigos á que lle seguirá o movemento ondulatorio ó compás de música, os curros daquelas persoas que endexamais falan dos demais, e dos que pagan por soster un vaso na man. Un último paso separábame de formar parte do ritual, pero o cheiro xa era noxento, nauseabundo. Non eran castañas. Tampouco chocolates quentes.Tapei o nariz coa manga da chaqueta, que me quedaba un pouco grande, e avancei lentamente tentando esquivar os obstáculos cos que se me prendían os pés.Todo quedou sumido nun completo silencio. Era incluso aterrador non oír nin de lonxe un tubo de escape vello, un tacón vertixinoso ou o bater dunhas ás. Chegar ó medio da praza foi moito máis difícil do que cabía esperar. A onde alcanzaba a vista, non había nada, agás edificios baleirosos coas ventás abertas e unha pequena fumareda que comezaba a desvanecerse. Eran os pés os que se desprazaban con suma dificultade tropezando en montículos incómodos que de repente cubrían o chan. Era esgotador, uns metros convertíanse nunha maratón polas terras do Courel. Unha terra enchoupada servía de camiño polo que me enterraba a cada paso, incrementándose o esforzo que supoñía despegar os zapatos dese solo magnético. Non. Perdera un zapato.Tanto me tiña, non me gustaban, simplemente sentía como unha parede de pedra me empuxaba as costas para seguir avanzando. De repente cesou na súa teima. Estaba no medio da praza. Abrín os ollos. A paisaxe era atroz, simplemente indescritible nos termos que a nosa vista puido coñecer na súa existencia. Centos de corpos amontoados uns enriba doutros acumulábanse nunha lagoa de auga, sangue e barro que desdebuxaba as súas expresións converténdoos en simples bonecos, copias dun mesmo patrón. Outros tantos corpos corrían sen folgos, seguindo a mesma traxectoria pero en sentido oposto. Moitos caían, ben ó esvarar, ben ó prender con algunha extremidade inerte; outros, tirábanse xa sen forza nin alento, aborrecidos de correr, retirábanse da carreira.Os que quedaban en pé, pelexaban por gañala, por bater o récord e conseguir a fama. Non había regras, só contaba chegar a meta. Eu seguín varada coma unha áncora perdida no fondo do mar, a única parte do corpo na que a mente sentía resposta era a vista, a

mesma que me paralizaba pero que se movía de forma frenética tentando buscar unha explicación coherente. Non a había , ou estaba moi agochada. Pequenos obxectos de metal irromperon na praza atravesando como foguetes a escasa fumareda que aínda permanecía suspendida. Buscando a orixe, uns trinta homes colocábanse en ringleira. A carreira rematou e nin sequera houbo gañador. Todo quedou quieto, parado. Só se sentía o latexar dos corazóns dos vinte homes que comezaban a separarse e o dun corpo que permanecía coa cabeza agochada debaixo do brazo doutro. Non sentía o meu latexar. Cinco homes quedaran na praza movendo con certa desgana e a patadas os corpos, revisándoos un por un como cando se perde o pendente na praia e pásase media hora palpando na area. Un deles, agarrou a perna daquel corazón latexante e arrastrouno cun sorriso na face ensinándoo coma un trofeo ós outros catro. O corpo non se movía, non falaba, nin sequera miraba, simplemente buscaba no chan algo ao que amarrarse ou un burato no que desaparecer. Desistiu. O arrastre ata a porta daquela casa, era o dunha pelota rodando campo abaixo. Xa era un corpo morto, cun corazón latexante que non sentía, non padecía, só latexaba. Aquela habitación era grande. Caéraselle a pintura azul celeste que un día tapaba a parede gris de cemento que dominaba a estancia atravesada por buratos circulares case perfectos.Tres homes rodeárono, xa sentado nunha cadeira de madeira, atado de mans e pés, cunhas cordas trenzadas. Non. As cordas estaban esparexidas no chan cunha cor marrón desgastada. Non estaba atado, mantíñase sentado por algunha razón inexplicable.Os ollos abríanse e pechábanse de xeito lento a cada pregunta que formulaban os tres homes. Abriunos e pechounos moitas veces. A comunicación era inexistente, todas as preguntas non atopaban resposta nese rostro esgotado. Os homes comezaron a enfurecerse, berraban as preguntas, elevaban o ton de voz con cada palabra e tentaban esaxerar a entoación do signo de interrogación. Pero nada. Nada pasou. O único signo vital de que ese corpo seguía neste mundo era o latexar motorizado do seu corazón. Entón, ese foi o momento no que intercambiaron o suxeito da súa entrevista. Os seis ollos viráronse nunha estraña coincidencia cara a min. Levaba horas respirando nas súas costas e foi nese segundo cando o alento entrecortado que desprendía lles chegou á caluga. Comeza a falar! Tes pouco tempo! Dime todo o que sabes! Era incapaz de falar e aínda que puidese, o descoñecemento de non saber nada contaminoume a mente. Formas parte da resistencia? Cóntanos onde están os toxos e as xestas! Onde os escondedes? Queres morrer por unha causa perdida? Fala!!! Toxos, xestas? Si, ese era o motivo, a causa pola que uns perseguían aos outros, polo que as bombas convertían a noite en día, polo que o sangue se estancaba nas pozas. Unha demente razón converteraos en descoñecidos, en inimigos a morte. Estaba atada á cadeira, aínda sentía a calor que desprendera o corpo e que absorbera cruelmente a madeira. Non sentía os brazos, tampouco os pés. Tiña frío. Esta vez non busquei as mantas nin obedecín ao principio básico da supervivencia. Simplemente parei de sentir, de padecer, de oir…. O único sinal da miña existencia era o latexar do meu corazón. Abrín os ollos. Sentín un duro colchón que recollía con certa comodidade as costas. Respirei aliviada, fora un soño. Levaba a roupa posta e aqueles zapatos elegantes, negros , moi de estrea. O teito aproximábase esta vez sí a uns centímetros das pestanas. Non. Non fora un soño.


27

O MUNDO PODE CAMbIAR CUN POUCO DE CORAzóN: LECCIóN DE JOAqUIM MENDONÇA José Rey López

Este título estractámolo das palabras que José Rey López, de 1º C de BAC, escribiu para o blogue da Biblioteca (Bibliolhosgrandes), contándonos as impresións tiradas da charla de Joaquín Mendoza.

O

pasado martes recibimos no noso instituto a visita de Joaquín Mendoça, un ilustre cirurxián que falou ás clases de 1ºº de bacharelato sobre a súa vida. Joaquín, á parte de ser un grande investigador que traballa con células nai, tamén ten unha faceta moi solidaria: é o presidente da ONG Cirurxiáns do Mundo e falounos acerca deste seu labor que chegou a tocar a nosa fibra máis sensible. Cada ano viaxa, xunto cun grupo de médicos, á nación africana de Uganda para curar xente pobre que non pode recibir atención médica de calidade. Na súa viaxe, atopou a Niwarinda, un neno africano cun estraño síndrome que leva o seu nome por ser o único caso rexistrado polo momento. Niwarinda tiña unhas graves deformacións faciais que facían a súa vida moi complicada en todos os aspectos, tanto na alimentación coma noutro aspecto que, aínda que non doe fisicamente, é incluso pior: a discriminación entre os seus iguais. Tras unha serie de operacións, os médicos foron capaces de reconstruír o seu rostro e darlle a vida que un neno normal debe ter. Tras unha gran lección de humanidade, explicounos o seu traballo como investigador. Comezou dicindo “A medicina química está tocando o seu fin” e parece que é verdade. Joaquín traballa con células nai, células capaces de transformarse noutras de doutro tipo. Deste xeito, pódense rexenerar tecidos como órganos, como un polbo que pode recuperar os brazos, pero hai moitos tipos, embrionarias, umbilicais e adultas. As primeiras podémolas encontrar en embrións, as segundas no cordón umbilical dos bebés e as últimas no noso propio corpo, que serían restos do noso tempo como embrións. As células nai adultas, a pesar de seren moi escasas, unha entre un millón, podémolas extraer, facer que se reproduzan e volver a introducilas para que se convertan noutro tipo de células (nerviosas, sanguíneas, óseas…) e, desta forma, facer que unha zona morta pase a estar moi viva. E todo isto sen o conflito ético que supón o uso de células embrionarias, simplemente serían as nosas propias células recolocadas noutro lugar. Así poderíamos curar moitas enfermidades como o alzheimer ou o parkinson, pero o problema non sería simplemente crear novas neuronas. Tamén deberíamos identificar o factor que fai que morran. Pero iso só é cuestión de tempo. Quizais nun par de décadas sexamos capaces de usar as células nai na nosa medicina ordinaria e facer que a química de Pasteur e de Fleming chegue ao seu fin, dando lugar a unha medicina biolóxica onde podamos sandar moitas enfermidades incurables e facer realidade o que hoxe parece ciencia-ficción; en calquera caso será grazas a xente como Joaquín, que se dedica a investigar para, cos seus traballos, facer as nosas vidas moito máis sinxelas e agradables. Por último, desexo agradecer a súa visita, que nos ensina que o mundo pode cambiar cun pouco de corazón, que o traballo duro ten recompensa e que tamén aquí os nosos descubrimentos teñen importancia, aínda que vivamos nunha pequena cidade.


Día de Rosalía, no Museo Provincial de Lugo O 28

xoves, 24 de febreiro, ás 19:30 horas, a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) organiza en Lugo, ao tempo que noutras ciudades e vilas galegas, unha lectura de textos rosalianos para conmemorar o Día de Rosalía 2011. No acto que se desenvolveu no refectorio do Museo Provincial de Lugo, con entrada libre, participou profesorado e alumnado do CEIP Benigno Quiroga Ballesteros, CPR Divina Pastora-Salesianos, IES Manuel Leiras Pulpeiro e IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, xunto con Pilocha que interpretou a capella poemas de Rosalía de Castro. No acto leuse tamén un manifesto reclamando a actualidade da obra e pensamento rosaliano e a súa transmisión didáctica ás novas xeracións a través tamén da implicación da escola. Carla Taboada representou neste acto ao noso Ies, recitando o fermosísimo poema de Follas Novas titulado Silencio! Despois de realizado o acto, é unha boa idea intercambiar ideas e emocións cos participantes, deixamos a continuación una breve entrevista a Carla Taboada: Como coñeceches o acto que se ía celebrar? Por medio do Instituto o xa oíras falar del? Foi a través da profe de galego que o comentou na clase. Ademais, por esas épocas, andabamos a traballar con Follas Novas, e todos nós lemos moitos dos poemas do libro. Chegado o encontro, atopaches algo que te chamara a atención? Detalles a remarcar? Gustoume moito que houbese persoas de todas as idades, dende nenos moi pequeniños que recitaron e o fixeron moi moi ben ata escritores adultos. O acto foi moi emotivo e implicou moito aos alí presentes. Como foi a experiencia da lectura en público? A miña experiencia persoal foi moi satisfactoria. Sentinme moi ben por formar parte dunha homenaxe á escritora e non estaba moi nerviosa, a verdade é que me pasou moi rápido. Animaríaste a volver a participar en actividades coma esta? Por suposto, son experiencias que nunca esqueces, que quedan para toda a vida. É algo moi especial.

beatriz Vázquez Losada


29

SEMANA DA PRENSA ECONÓMICA NA BIBLIOTECA

A

Semana da Prensa Económica, foi unha semana na que os alumnos de 1º de bacharalato de Ciencias Sociais traballamos durante as horas de Economía con titulares sobre “macroeconomía” e “microeconomá”, termos referidos á materia duns temas que estivemos a dar.. O noso traballo consistiu en facer uns carteis onde se reflictise a actividade macroeconómica e microeconómica de España no interior, no caso da microeconomía, e no exterior, o que correspondería á macroeconomía. Os carteis fixéronse con recortes de titulares dos diferentes xornais, tanto locais, coma nacionais. Algúns exemplos son; El Progreso, Correo Gallego, El País… Mar Neira,a nosa profesora, levounos á biblioteca para facer todo isto, xa que alí estaban os xornais e o material necesario coma tesoiras, pegamento, rotuladores… Outras causas foron que ó traballar en grupos, a clase quedábasenos pequena porque somos 35 alumnos, e é máis doado manexar a prensa na biblioteca.

Rocío Gandoy Soengas

Esta actividade axudou ó alumnado a comprender mellor ditos conceptos, traballar en equipo, ter unha clase máis amena… todos levamos unha boa experiencia, nestes día traballouse doutro xeito, e cambiar a rutina das clases na Semana da prensa Económica foi moi positivo.


30

ENERXÍAS RENOVABLES. CRECEMENTO E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE Tradución de Alejandro Díaz Arrojo José Mouriño Díaz Enxeñeiro T. Industrial

A

s renovables ou enerxías limpas deben limitarse, non son tecnoloxías maduras nin están preparadas para cubrir a demanda enerxética española". Estes comentarios, estaban a comezar a formar parte dunha canción destas que se che mete no oído e que non deixas de escoitar vaias onde vaias. Polas rúas, os cafés, as oficinas bancarias, os supermercados, aquela tecnoloxía que nos anos 90 impulsou o crecemento, o desenvolvemento e a creación de emprego en España e en Galicia, empezaba a ser vilipendiada. Nas rodas, as reunións e mesmo nas charlas informais, se repetía que a suba da luz, que o incremento do déficit tarifario era obra do lobby renovable e o seu gran consumo de primas, que, dicían, se levara a cabo estes últimos anos. As primas renovables, efectivamente, constituíron unha gran fonte de ingresos para as empresas que apostaron por elas. Estas compañías, de todo tipo e orixe, baseándose nas políticas enerxéticas europeas, na lexislación española de principios da década do 2000, investiron en parques eólicos, hortas solares fotovoltaicas, centrais termosolares e demais centrais de xeración renovables. Aquilo, non foi senón unha aposta por unha política de investimento en enerxías verdes, que co risco implícito que levaba consigo, se foi consumando ao longo das dúas últimas décadas. A lexislación á que se alude, como o RD 436/2004 ou o RD 661/2007, fomentaba a instalación de centrais de xeración eléctrica renovable a cambio dunha suculenta prima, e en liñas xerais, obrigaba ás propietarias das grandes liñas eléctricas a conceder un punto de conexión na súa rede. Polo tanto, tratá-

base dun xogo limpo, público no que calquera empresas deste país ou estranxeira puido participar. Como consecuencia do continuo crecemento económico que estaba a experimentar España dende mediados dos 90, co conseguinte incremento do consumo eléctrico nacional, as grandes compañías eléctricas, seguiron apostando pola tecnoloxía que levaba consigo menos riscos, menos investigación e menos esforzo de implantación, como no momento supoñían novas centrais de coxeración a base de gas natural (Ciclos combinados), remodelación de antigas centrais térmicas de carbón ou aumento da potencia en grandes presas hidráulicas. Froito destas actuacións, renováronse os esforzos por seguir sacando carbón nacional do subsolo (máis car e contaminante), de seguir importando carbón estranxeiro e de renovar e ampliar os contratos de gas e fuel con países como Noruega, Arabia Saudí, Libia, Arxelia,etc. Porén, non previron o desastre. A "industria" española, a que tantos traballos sostiña, a que circulaba baixo un colchón inflaccionado, a que non achegaba ningunha clase de I+D, a que deixou a case dous millóns de traballadores in ningún tipo de cualificación na rúa, a construción, caeuse. A burbulla real deste país era a construción, e non a fotovoltaica. A grande diferenza radica en que a construción, que achegaba pingües beneficios a uns poucos, mentres que apartaba da formación a miles de novos estudantes deste país, era unha industria baseada na pouca formación e especialización dos seus traballadores, mentres que a fotovoltaica, baseou o seu crecemento na formación, na creación de empresas con tecnoloxía propia e na innovación. A industria fotovoltaica española, soportará mellor a destrución de emprego porque está mellor preparada. Ademais formou profesionais e asentado unha industria que pode competir internacionalmente. Hai 2 meses, nun escenario de desemprego terrorífico, nun escenario de contínua subida dos combustibles fósiles, seguíase desprezando as renovables. Dende o goberno e dende a oposición, sen excepción, facíase caso omiso das reclamacións a patronal renovable española, pedindo a redución contida de primas e unha volta ao sendeiro de apoio á industria. Gustaríanos recordar que esa industria era líder


31

mundial hai apenas un par de anos, situación que foi cedendo paulatinamente e proporcionalmente ás agresións por parte de goberno e oposición. No entanto, dende os medios afíns aos partidos políticos (todos), seguírase difamando, a través de debates e informativos, sen ningún tipo de rigorosidade, ás enerxías renovables. Calquera debate televisivo que tratase o tema carecía de ningún voceiro da patronal eólica, fotovoltaica, da APPA, do IDAE, etc. Polo tanto, dado o tremendo poder dos medios de comunicación na sociedade actual, e a través do seu potencial comunicador, foi chegando aos cidadáns unha información terxiversada, interesada e parcial. Ninguén transmitiu ou divulgado ningún dos estudos realizados por consultoras mundialmente acreditadas, como Deloitte, os informes de Rede Eléctrica Española, os informes de emprego das centrais sindicais, as noticias do xiro en renovables de gobernos como o chinés ou o americano, así como outros moitos que transmitiron, durante estes últimos anos, as innumerables vantaxes económicas, ambientais e sociais que teñen as Enerxías renovables. Por enumerar brevemente algúns deles, poderiamos citar: . Creación de emprego mediante investimento e innovación nacional . Creación de empresas e tecido industrial propio . Atracción de investimento estranxeiro . Formación e aumento da competitividade na man de obra a nivel nacional e internacional . Aforro de emisións culpables do cambio climático . Aforro de importacións de materias primas fósiles de terceiros países, a maioría deles politicamente inestables. . Cumprimento do protocolo de Kioto e cumprimento das directivas europeas. . Crecemento sostible. Recentemente sorprendeunos a hecatombe xaponesa. Hoxe lamentamos miles de vítimas polos terremotos e os tsunamis que asolaron as poboacións do Nordés xaponés. Pero existe aínda unha grande ameaza presente nesas terras: A central de Fukushima e a súa radioactividade. Cando a dor deixe paso á reflexión, cando os traballos de control das fugas radiactivas da central culminen con éxito (oxalá o consígano), abrirase máis intensamente que nunca un debate mundial sobre política enerxética, que desembocará (estou convencido) nunha cadea de decisións que planifi-

cará a ruta a seguir nos próximos anos en materia enerxética. Chegou o momento de preguntarse: Chegou o momento de atallar o cambio climático? OU debemos seguir antepoñendo os intereses económicos duns poucos ao futuro da humanidade? Teremos que esperar a que a industria nuclear madure a base de desastres? Podemos permitir que unha tecnoloxía, que se demostrou que non pode ofrecer un 100% de seguridade (porque ninguén pode facelo), pretenda transmitirnos que si o é? Podemos seguir, nun país como España, sen recursos enerxéticos fósiles economicamente viables propios, seguir baseando o noso modelo enerxético en materias primas importadas? Non é certo que nos sobra vento e sol? Cada 5 minutos, chega á terra unha enerxía proveniente do sol, en forma de radiación, que equivale a todo o consumo enerxético do planeta durante un ano. Só este dato, debería facernos reflexionar acerca de como e cara a onde debe discorrer o noso futuro enerxético. Datos menos impactantes pero igual de interesantes son: . En marzo de 2011, a enerxía eólica a sumado o 20,1% de enerxía consumiu este país, superando aos ciclos combinados e as nucleares xuntos . O 30 de xaneiro de 2010, a enerxía eléctrica que consumiu o país, proveu dos parques eólicos. . O pico de consumo histórico de España son 44.000 MWh, mentres que a potencia instalada supera os 100.000 (quen necesita máis nucleares ou ciclos combinados?) . España exporta enerxía dende principios desta década, a países de como Portugal, Marrocos ou Francia, e o saldo importador é positivo (vendemos máis que compramos). Con todos estes datos sobre a mesa, é crime non se poñer a pensar quen somos, de onde vimos e cara a onde imos. OU Porqué non, os que somos para dilapidar case todos os recursos enerxéticos fósiles do planeta durante só un século, comprender que o crecemento económico do que vimos estivo baseado nun sistema insostible, que alimenta a uns poucos e espreme ao planeta e formularnos se queremos continuar por esta senda de super-consumo, sen apostar polo aforro enerxético, sen apostar pola redución de emisións e sen apostar por fontes de enerxía sostibles e económicas, evitando conducirnos cara ao fracaso como sociedade, que é cara a onde imos.


32

O

ETWINNING – WORLD FORUM LILLE

eTwinning é unha comunidade de centros escolares a nivel europeo onde os profesores poden emprender proxectos que son levados a cabo a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), promovendo desta forma a utilización de Internet como ferramenta de traballo e medio para intercambiar información e opinións sobre moi diversos temas. O ano pasado os profesores do departamento de economía, Mar Neira e Paco Aguado, déronnos a oportunidade de formar parte desta innovadora forma de traballo comezando xunto con centros educativos de Francia, Bulgaria e Alemaña un proxecto eTwinning. A temática escollida para o noso proxecto foi a sostibilidade, tema que sen dúbida algunha será clave no mundo empresarial nun futuro próximo debido á crecente importancia que se lle está a outorgar ao aspecto medioambiental na realización das actividades económicas. A partires deste momento os alumnos de economía de primeiro de bacharelato comezamos a elaborar pequenos traballos sobre o tema proposto no proxecto, os cales compartiamos na rede cos nosos compañeiros estranxeiros. Contra o remate do curso pasado o noso centro recibiu a invitación do instituto anfitrión para que un grupo de dous alumnos e un profesor participaran na derradeira etapa do proxecto eTwinning comezado meses antes desprazándose a Francia para asistir ao World Forum celebrado en Lille. A instancias do departamento de economía, nada máis comezar o novo curso Bertín e máis eu comezamos a traballar no proxecto que presentariamos en Francia e que tería como protagonista o Grupo Inditex. Grupo empresarial elixido tanto pola súa proximidade, sendo unha importante empresa galega, como pola súa máis que demostrada preocupación polo aspecto medioambiental da súa actividade económica. O proxecto sobre o grupo Inditex baseouse no traballo sobre sostibilidade que xa fixeramos ao longo da nosa participación no eTwinnig durante o curso anterior, completando este traballo previo coa información reco-

Alba López Expósito

llida na entrevista que amablemente nos concedeu o executivo medioambiental de Inditex, Antonio. Unha vez rematado o proxecto Paco, Bertín e eu marchamos cara Francia o pasado novembro en representación do noso centro. A nosa viaxe a Francia estivo coordinada polo instituto anfitrión: o Lycée Jules Mousseron de Denain, unha pequena poboación preto de Lille. O aloxamento durante a nosa estancia en Francia foi en familias dos alumnos do Lycée. Este feito, sen dúbida algunha, non só enriqueceu a experiencia no ámbito lingüístico senón que tamén o fixo dende o punto de vista persoal, pois a súa acollida e o seu trato foron simplemente espléndidos. A nosa estancia en Lille repartiuse entre a asistencia ás diferentes conferencias impartidas polos executivos de grandes multinacionais no Forum e as actividades que o Lycée tiña preparadas para nós. Sen dúbida algunha gardo un recordo realmente bo desta experiencia e animo aos futuros participantes no eTwinning a aproveitar ao máximo todas as vantaxes e aspectos positivos que nos ofrece un proxecto internacional tan coidado e innovador.


33

UN ANO MáIS, ALUMNOS DE 4º ESO GAÑAN PARA O NOSO IES UN PRIMEIRO PREMIO NO 3º CONCURSO DE RObóTICA DE IGACIENCIA Ana Mª López Cela

O

equipo do IES Ollos grandes de Lugo constituído polos alumnos de 4º ESO:

Óscar Álvarez neves Simón Fernández Besteiro Carlos García Gómez Xairo Varela Salgado e acompañados pola súa profesora de Tecnoloxía Rocío Varela Vázquez acadou o primeiro premio compartido na modalidade de secundaria no 3º Concurso galego de Robótica celebrado en Burela, na Semana da Ciencia 2010, dentro da actividade A maxia da robótica realizada do día 9 ao 13 de novembro de 2010.


34

Intercambio Lugo- La Rochelle

Óscar Pallín Arias

N

este, o meu primeiro ano no instituto, propuxéronme a idea de participar nun intercambio con Francia. Era a primeira vez que o departamento de francés organizaba tal intercambio lingüístico cultural co instituto francés Jean Dautet. Tamén era o primeiro intercambio no que participaba. Comezou o mércores 13 de outubro, participamos alumnos de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato, acompañados das profesoras Fátima e Pilar. Saímos de mañá cedo para acabar chegando contra a noite á cidade francesa onde xa nos estaban agardando as nosas familias francesas e os nosos corresponsais, no meu caso unha rapaza chamada Anne. Agardábannos uns días de pasalo ben e cheos de momentos inolvidables na compaña dos nosos amigos franceses e españois. O xoves tivemos un recibimento no instituto, visitar as instalacións do centro e pola tarde, antes de regresar ás casas coas nosas novas familias, visitamos o centro histórico da cidade, guiados pola profesora de castelán Mme. Vendrenne. O venres tivemos unha hora de clase, cada dous ou tres a unha clase distinta, para ver como son as clases alí, e comparar por exemplo, o nivel de atención dos alumnos franceses.... Máis tarde visitamos varios museos da cidade, paseamos pola zona de Les Minimes e visitámolo acuario. O fin de semana, pasámolo coas familias, pero tamén tivemos tempo para reunirnos os españois e franceses e botar unha partida os bolos, pasear e estar un tempo xuntos. O luns, despois de asistir a clase de francés, visitamos Rochefort, a Corderie Royale e o artilleiro do Hermione. O martes visitamos a illa de Ré e tivemos a tarde libre de compras para adquirir algún recordo... e

pasar as últimas horas cos nosos corres. Entre risos e bos momentos, a primeira parte do intercambio tocaba á súa fin. O mércores 20 chegamos pola mañá a Lugo. A segunda parte do intercambio comezaba o día 11 de febreiro coa chegada dos franceses a Lugo. Nesta estadía, os franceses tiveron tempo para asistir a clases de castelán, a unha clase normal para que viviran o ambiente das clases aquí, visitar cidades próximas a nosa como A Coruña, Santiago... e por suposto, tempo para estar con nós polas tardes, pasear polo centro da cidade, tomar algo con eles, habitualmente cola cao porque en Francia non teñen esta marca de cacao e a algúns facíalles ilusión tomalo, ir de compras... E así chegou o día das despedidas, o 17 de febreiro. Foron uns últimos momentos de recordar vivencias, sacar as últimas fotos, apertas..., unha despedida que todos desexamos que sexa un ata logo, pero sabemos que é difícil pola distancia, os estudos, algúns pasan a universidade... Pero sempre gardaremos un gran recordo destes días que xa son inolvidables para nós. Ata sempre!! Au revoir, amis!


A NOSAVIAXE A ITALIA

35

Héctor de Francisco, Nuria Basanta, Edgar Abraira

O

sábado 26 de marzo ás 4 da madrugada saímos cara a Santiago en bus e collemos o avión ás 8 da mañá para Roma pero fixemos escala en Madrid. Chegamos a Roma para xantar e visitamos sitios coma os foros, Coliseum, Vaticano, Fontana de Trevi. Aquí estivemos tres días e marchamos para Florencia e paramos en Siena, unha cidade antiga pero moi bonita e pequena. En Florencia estivemos dous días nunha casa rural apartados da cidade. En Florencia vimos igrexas, catedrais, basílicas, prazas moi grandes….e por último visitamos Venecia unha cidade que cheiraba mal porque había moitos canais de auga onde pasaban góndolas que eran moi caras xa que che ensinaban toda a cidade. Dende o hotel iamos en vaporeto ata o centro veneciano. O ultimo día estivemos na praia porque o hotel estaba preto dela. Ao día seguinte fomos coller o avión e ao chegar a Madrid houbo moitos retrasos e tivemos que esperar máis dunha hora e chegamos a Lugo ás 8 da tarde máis ou menos. A viaxe foi marabillosa e irrepetible xa que nunca voltaremos a ir todos xuntos


36

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Bibliolhosgrandes. blogspot.com

V

ariados actos reivindicaron o cese da violencia de xénero no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes o día 25 de Novembro. Plantouse unha árbore da vida, ginkgo biloba, en colaboración co IES Lucus Augusti , participando o alumnado de 1º e 2º da ESO. Este mesmo día, o ciclo de Educación Física coa súa profesora Carmela Mendo repartiron lazos e lembraron as tres irmás Mirabal (feministas e integrantes dun grupo de oposición ao ditador dominicano Trujillo), vítimas da violencia de xénero, coa elaboración plástica de grandes e fermosas bolboretas. Por outro lado, a profesora de Lingua Galega Sara Sánchez presidiu o acto de cine-forum para o alumnado de 4º da ESO. O filme proxectado foi Quero ser como Beckham. E, falando de cine, na biblioteca tamén se proxectou a curta Sara filme realizado integramente por alumnado do Colexio Fingoi, con grande afluencia de público. O Equipo da Biblioteca (Aurelia Vázquez, Mateo Mendaña, María José Pinheiro, Luís Doval, Pedro Varela, Juan Carlos Mourelos, orientados pola coor-


37

denadora Áurea Penas), xunto co profesorado de garda de Biblioteca colaboraron realizando obradoiros durante a semana, dirixidas a todos os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO. O tema escollido foi a Igualdade. O material, para esta moi gratificante actividade pola resposta do alumnado, foi facilitado polo Departamento de Orientación, que dirixe Elisa Díaz. Os traballos de Fernando Cembranos sobre a orixe da violencia e, fundamentalmente, o traballo fin de máster de Carmen Cantillo sobre as películas de Disney serviron de base para estes obradoiros Branca de Neve non voltará ser o mesmo! Un fío de unión das diferentes actividades marcouno unha exposición de libros, músicas e filmes relacionados coa reivindicación da semana -e de todos os días- que permaneceu varias até hai pouco no corredor do 1º andar. A nosa noraboa e agradecemento para todas as persoas participantes nesta estupenda iniciativa.


38

Da Vinci e a música Miguel Díaz e Belén Gato

E

ste non foi un ano pródigo en actividades extra escolares para o Departamento de Música. Un chisquiño frustrante... pero certo. E o caso é que non sabemos moi ben por que pasou isto. Pero o certo é que pasou. Este ano non tivemos a nosa xa tradicional viaxe a Madrid para asistir a un musical. Levabamos varios anos con esta actividade que sempre resultaba moi gratificante. E este ano propuxémola de novo. Pero o escaso número de alumnos interesados fixo que non fose posible levala a cabo. Unha mágoa! Por outra banda as administracións deixaron de ofrecer certas actividades ás que nos convidaban e ás que nós asistiamos encantados. Tal vez a famosa crise... Outra mágoa! E por último as meigas. Que si, que si; que as hai... Mirade se non: con semellante panorama escollemos dúas actividades extra escolares... e van e coinciden no mesmo día. Así que non nos quedou máis remedio que renunciar a unha delas. A boa noticia foi que a actividade á que fomos finalmente pagou moito a pena. Os alumnos e alumnas de 2º de ESO puideron ver de preto unha colección de instrumentos musicais deseñados polo gran Leonardo da Vinci, e camiñar entre estes instrumentos, bosquexos, paneis e manuscritos permitiulles achegarse un pouco máis á figura deste polifacético artista do Renacemento

(arquitecto, pintor, enxeñeiro...) e coñecer a súa vinculación coa música. Puidemos admirar a súa inmensa capacidade creativa e a desbordante imaxinación de quen a partires dos instrumentos do seu tempo busca o xeito de os modificar para mellorar as súas posibilidades sonoras e expresivas. E ver así como un simple tambor pasa a ser un tambor frauta facendo uns buratos no corpo do instrumento; ou como un órgano concibido como gran instrumento de igrexa se converte nun pequeno instrumento portátil anticipando o actual acordeón Artesáns luthiers de todo o mundo foron os que construíron os instrumentos da mostra, un traballo realmente complexo polo esquemático dos deseños; entre estes artesáns temos que destacar a presenza dun lugués, Luciano Pérez, que traballa no obradoiro de instrumentos do CENTRAD e que é o autor de varios instrumentos desta mostra. Agardamos ter máis que contar en vindeiras edicións desta revista e permitímonos recomendarvos que vos pasedes pola exposición permanente de instrumentos do Centro de Artesanía: os instrumentos alí expostos non foron deseñados por Da Vinci, pero seguro que a visita resulta do voso interese e agrado.


39

A XORNADA DA CIENCIA EN LINGUA GALEGA EN IMAXES

xposición de todo o material bibliográfico relacionado coa Ciencia que tiñamos na Biblioteca. Podemos ver a Aurelia Vázquez, do equipo da biblioteca e a Pilar Gude montando a exposición . O papaventos foi obra do Departamento de Plástica, de J.M. Ortiz, membro do Equipo de Dinamización Lingüística. Libros de Xurxo de Vivero ou do tamén xa xubilado profesor do noso centro Antón Castelo, formaron parte desta exposición. Antón brindarase a contarnos a súa experiencia como profesor en lingua galega. E á videoconferencia da Cern da que nos fala o alumno de 1º BAC Xosé Rey, uníronse outros Departamentos, como o de Ciencias Naturais que dirixe Leonor Lombardero cunha marabillosa exposición sobre o mundo dos cogomelos.

E


40

ALUMNADO DE 3º ESO CREA DOUS NÚMEROS DUN PARTICULAR XORNAL Silvia Ramos Somoza Novas verdadeiras e non tanto compoñen o xornal 3/13 que tamén podía chamarse É Mentira como a II Semana do libro e a lectura que organizou a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo ou o Certame de narración e debuxo convocado pola Biblioteca Pública de Lugo para as Letras Galegas. Na Biblioteca podedes atopar un exemplar. Deixámosvos unha mostra, ante a imposibilidade de publicar todo. Agradecemos as achegas á súa profesora Isabel Paños.

C

onservatorio Profesional de Música de Lugo brindounos a posibilidade de achegarnos máis ó seu inmenso legado. Sen avisar e contra todo prognóstico, o centro abriu as súas portas ás catro e media da tarde do sábado deixando paso a todos os estudantes que alí xa estiveran cos preparativos desde as nove da mañá. Saíron todos en fila, cos instrumentos listos, vestidos de branco e negro e con todos os profesores pechando as filas. Dividíronse en grupos e dirixíronse cada un a unha zona do centro de Lugo a tocar cadansúa obra. Comezaron na praza Maior, e continuaron na rúa bispo Aguirre, praza de Santa María, etc. Alí, despois dun anaco, non tardou en vir a xente, entre curiosa e abraiada, arredor dos xoves músicos atendendo ás súas obras. Neste improvisado concerto, os músicos rotaron os seus postos tras dúas pezas para ir ocupar os lugares dos seus compañeiros máis achegados, para non deixar que o seu público deixe de escoitar todos os instrumentos. Tamén actuaron varios grupos propios do Conservatorio, pero a actuación máis soada foi a de Twochelas, un dúo de violoncellistas que nos deleitaron cun impresionante concerto na praza Maior con obras tan coñecidas para violoncello

como as seis suites de Bach. Pero como todo, os concertos remataron ó son da última das oito badaladas do reloxo do Concello e, tras o fervoroso aplauso do público, os instrumentistas recolleron os seus trebellos e volveron emprender camiño de volta. Despois, claro está, de deixarnos a todos co mel nos beizos da música inacabada.

De como a música de aula se transforma en música na rúa


41

PARÍS Mª Esther García Abel

C

omo todos os anos realizamos a viaxe de estudos a Paris organizada polos departamentos de francés dos institutos Nosa Señora dos Ollos Grandes (32 alumnos de 4º de Eso), Lucus Augusti e Xoan Montes. Saímos de Lugo o 8 de Abril e durmimos preto de Bordeos. O sábado visitamos o palacio e xardín de Versalles. O Domingo vimos Notre Dame, l'Hôtel de ville, a Sainte Chapelle (foto 1 do grupo do fem, e 2 do grupo enteiro: 49 alumnos, tres profesoras, unha de cada instituto). Vimos O Louvre, les Tuileries, le petit palais, a place Vendôme, l'opéra, a Madeleine, a Concorde e pola noite o arco de triunfo e ceamos nos Campos Elíseos. O Luns percorremos o barrio latino: foto 3 grupo do feminino no xardin du Luxembourg, 4 o grupo enteiro. Pola tarde vimos a Torre Eiffel e demos un paseo en barco polo Sena. O martes 12 visitamos o museo d'Orsay, o centro Pompidou, les Halles, a praza da Bastille, Place des Vosges, Barrio Xudeu. Pola noite visitamos Montmartre e o Sacre Coeur. O mércores fomos a Eurodisney. O xoves 14 fomos en metro á Défense. Despedímonos de Paris, vimos Chenonceau e visitamos Chambord, dous castelos do Loira e viaxamos toda a noite para chegar a Lugo o 15 de Abril venres á hora do recreo. Foi moi canso e toda unha aventura, pero tivemos sorte co tempo e aquí podedes ver un pouco do que vimos por alá


SSSHHH!! NON LLO CONTES A NINGUÉN 42

QUE TEÑEN EN COMÚN LUZ ÁLVAREZ, LUÍS TOSAR E CARLOS TARQUE? Jacobo García-Bobadilla Pardo Nun libro da autora lucense Luz Álvarez Álvarez, Tomás, buscador de la verdad (e do que hai exemplares na biblioteca), encontramos a unha protagonista moi interesante como é Luisa. Este personaxe intervén en moitas ocasións na trama principal axudando ao personaxe principal, Tomás, a descubrir a verdade nesta trepidante historía. Podemos distinguir algúns momentos no libro no que se fai referencia a este personaxe, case protagonista; por exemplo, cando despois de discutir co seu profesor da facultade, Tomás escóitalle dicir que este alumno fora recomendado pola súa amiga María Luisa, profesora de literatura de Tomás e que dirixía o grupo de teatro. Tamén Tomás describe a Luísa nu momento do libro, Composición con poemas para o día de San Valentín realizada por Mavisa describe a súa voz, os seus dotes como profesora ou o seu comentario de que coa idade vaise abrandando( comentario que xa temos oído na clase). Tomás describe a Luísa: ... tenía una voz preciosa y redonda, hecha para recitar poemas o para declamar un buen papel. Los buenos profesores acaban por ser un poco actores/ actrices. Enseñaba lengua y literatura Española y en sus clases era estricta, y ella comenta que con los años se va ablandando. O 30 de marzo do 2011 na cadena SER, no programa de "Hoy por Hoy" puidemos escoitar unha entrevista a Luís Tosar e a Carlos Tarque. Na parte da entrevista de Luis, os interlocutores chamaron á profesora de instituto de Luis que foi a que o impulsou cara ao teatro, o que marcou a súa vida. Por outra parte, cando lle tocou a quenda a Carlos a profesora que interviu na parte da entrevista de Luis, comenIago Rigueiro Alvite 1º ESO tou o novo repertorio de poemas de Carlos Tarque con moito acerto e sabiduría, grazas probablemente á súa especialidade en lingua e literatura. En conclusión, esta persoa que tanto forma parte dun libro como protagonista dunha interesante trama, como intervén nunha entrevista na radio feita a un reputado actor español como Luis Tosar e a un popular músico como Carlos Tarque, falando dos inicios do actor e comentando o libro de poemas do cantante é a nosa profesora de lingua e literatura Mavisa Rodríguez, a mesma que vemos todos os días polos corredores do instituto e que nos dá clase a algúns de nós.


XABIER VALLE, PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

P

43

erdoa pola tardanza, pero é que ultimamtente estiven un pouco atarefado e non atopaba o momento para responder.O certo é que non sei moi ben que contar, supoño que en relación ás túas preguntas, o premio supuxo unha grata sorpresa. Non agardaba superar o exame que se organizou o pasado novembro para os premios extraordinarios de BAC, pero por causas do azar, así foi. Por suposto, foi acollido con moita alegría, ademais de algo de desconcerto. As estratexias que seguín para acadalo? Quen sabe... Por unha banda, a organización é fundamental. Os estudos ocupan gran parte do tempo, pero adaptar os horarios co deporte (adestramentos, partidos, campionatos de volei, ademais de adestrar un equipo de categorías inferiores) e con dar clases particulares, hai que tentar sacar o máximo rendemento a cada instante que se ten. Porén, o máis importante, e sobre todo en segundo de BAC é TER BOS AMIGOS cos que poder pasar o pouquísimo tempo que queda. Sen dúbida, o único que me salvou de non tolear foi a súa compañía e o apoio da miña familia (sobre todo da miña irmá, que aturou moita literatura comigo) e máis dalgún profesor que estivo aí para dar ánimos. Pola outra banda. a sorte xoga en moitos casos un importante papel, pero a constancia e persaverancia son cualidades sen as que non me imaxino podendo sacar un bo curso adiante. Aínda así, tampouco estudaba todo o día nin moito menos, e así chegaba agobiado ao día antes do exame. O meu consello para o que queira obter un bo expediente é levar as cousas ao día, preguntar cando non se entende e tentar collerlle o gusto a cada cousa que se fai. Isto último é para min o fundamental, estudar algo ao que non lle vemos utilidade é terrible, pero desde o meu punto de vista, todo ten un punto de interese. No meu caso, as matemáticas son as que lideran a miña inquedanza de coñecemento e por iso este ano comecei a estudar esta disciplina en Santiago, afastándome o menos posible dos meus amigos e familia, e por suposto, preferiblemente quedando a vivir en Galicia. Desde aquí mando unha forte aperta ao Equipo de Normalización e Dinamización lingüística do noso instituto, do que puiden ser integrante o ano pasado, e que coido que segue a estar dirixido por ti. Se queredes calquera cousa, quedo á vosa disposición. Falando do instituto, teño que dicir que o máis importante para min non foron as notas nin o expediente. Levo unha moi grata lembranza do noso IES e coido que seguirá a funcionar tan marabillosamente como o fixo durante os seis anos nos que deixamos unha pequena pegada todos os que por alí pasamos, pero que desde logo foi moito máis fonda esa impronta en nós. Só me restan palabras de agradecemento ao equipo directivo, aos profesores e ao persoal non docente do centro (que tampouco podería deixar esquecido). As iniciativas de moitos profesores permitiron en moitos casos abrir os nosos horizontes e descubrir cousas fascinantes, a súa adicación, polo menos no meu caso axudou a que desenvolvese un interese absoluto por infinidade de temas. Por todo iso, novamente, grazas. E sobre todo grazas, porque o seu traballo axudoume a decidir a miña profesión que, se non troco de idea nos vindeiros anos de carreira, será sen dúbida a docencia. Como penso que me excedín, con toda esta paragrafada que soltei, considero que xa che será suficiente, pero de novo se queres calquera outra cousa, faimo saber. Unha aperta e espero facervos unha visita pronto. Xabier


44

SABEMOS… Juan Carlos Mourelos

E QUE

BEN!!!! Aperitivo das receitas que, previamente presentadas por escrito en linguas diferentes, foron feitas realidade polas mans expertas dos nosos participantes. Xa vedes: sabor!! Doces ou salgadas, foron compartidas por toda a comunidade educativa na nosa biblioteca. Rosa levou o premio, pero o mérito é de todos vós. O noso recoñecemento non se pode manifestar nos premios que damos, porque é algo moito máis sentido. Alumnos e alumnas, profesores e profesoras, a sempre colaboradora Victoria e o resto do persoal non docente… como agradecer un a un o que nos dan! Dan vida ao proxecto que

sto si que é saber! Na biblio démonos conta. E calquera non! Quixemos celebrar o Entroido e tamén o día no que pretendía ter en conta as linguas maternas dos que estamos no IES. E xuntando as dúas cousas, partillamos convosco o concurso Saboreando as Linguas. Sabor e saber. Saber de coñecer e saber de cousas saborosas. Saber de Iris Liu de 1º de ESO e Rosa M. Barbosa de 2º de BAC que demostraron os seus coñecementos do chinés e do portugués, que sendo as súas linguas de orixe tamén as converteron nun pouco nosas. Números, cores, fotos, datos… con canta ilusión e alegría nos falaron de sitios lonxanos para poñelos ao noso carón. Pedímoslles que foran elas as que abriran a segunda parte do concurso coa súa charla e o sabor de boca que deixaron foi un bo aperitivo…

I


45

nós intentamos potenciar dende o noso traballo bibliotecario: ser referente do voso traballo. E por darlle vida fan que sexa un proxecto vital, por importante e por integrarse no cotián. E así dá gusto! As linguas comunicadoras e as linguas degustadoras quedaron ben homenaxeadas na actividade exposta, que agardamos poder volver realizar coa vosa presenza e curioso interese. Ah,…pero queredes as receitas??? Pois no blog da biblioteca vos agardan!


46

Xosé Rey López

Científicos impartindo a Charla

VIDEOCONFERENCIA P IONEIRA DE CIENTÍFICOS DA USC E DO CERN alumnado de bacharelato do instituto de educación secundaria A Nosa Señora dos Ollos Grandes celebramos, o xoves 4 de novembro, a Xornada da Ciencia en lingua galega promovida pola Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, por iso tanto nós como outros centros galegos puidemos conectar, a través dunha videoconferencia, con científicos galegos que traballan no prestixioso colisionador de partículas do CERN situado en Suíza. Esta instalación é a máis moderna deste tipo xamais construída, trátase dun túnel de 27 km de lonxitude que se atopa en territorio francés e suízo cuxa función é colisionar protóns para intentar simular as condicións do universo pouco tempo despois do bigbang pois están na procura das partículas máis elementais do universo para comprender así a súa estrutura básica. Neste proxecto tra-

O

ballan 2000 físicos e centos de universidades e laborato rios de 34 países. Entre estes privilexiados atopamos aos nosos conferenciantes. Na videoconferencia contáronnos os fundamentos da física e en que consiste o seu traballo, buscar como se relacionan esas partículas e estudar as súas propiedades. Por que parece ser que hai moitas máis cousas no mundo subatómico que nós descoñecemos, e que nece sitamos saber para encaixar as pezas dun gran crebacabezas chamado física teórica. O bosón de Higgs dá boa conta diso, esta partícula por exemplo só foi descrita teoricamente e pénsase que ten a propiedade de conce der masa as outras unidades subatómicas. A pesar de que non fai moito tempo que comezou a funcionar espérase que se obteñan resultados nun corto período de tempo. Tamén intentan descubrir de que está forma da a chamada materia escura que forma o 95% do universo e saber como interactúa coa materia ordinaria da


o-

e-

e-

a-

a

47

que nós estamos formados, e como non, a famosa antimateria, outro tipo de materia que ao reaccionar coa materia convencional desprende gran cantidade de enerxía e que só se pode producir unha cantidade moi limitada en instalacións deste tipo. Estes son algúns dos temas que tocaron e que, sen dúbida, espertaron a curiosidade dos asistentes, unha curiosidade que se pode saciar cunha sinxela procura destes termos na rede. A parte diso tamén me gustaría remarcar o feito de que todos estes investigadores formáronse en institutos como os nosos e universidades galegas, onde todos temos opción a entrar, pero non só iso, o feito de que estudantes galegos acaden postos tan importantes da investigación no campo da física a nivel mundial denota que o galego é unha lingua tan válida como calquera outra para aprender e desenvolver todas as oportunidades que se nos ofrecen na vida, e este é un exemplo que ilustra a situación á perfección. O único necesario para progresar

Alumnado de Bacharelato seguindo a videoconferencia é demostrar a túa valía e o teu traballo, a lingua na que fales ou a universidade na que estudes é indiferente. O importante é ter os coñecementos necesarios, cousa que dende logo estes rapaces acadaron con creces. Por último agradecer aos participantes e aos organizadores o seu traballo que fixo posible este evento, que esperemos se repita nos próximos anos. Os científicos Carlos Salgado, Elena González Ferreiro, Teresa Fonseca e Abraham Gallas transmítenvos tamén o seu agradecemento, quedaron encantados co volume e a riqueza das preguntas formuladas dende os centros e, ademais, pasárono en grande, segundo as súas propias palabras. Igualmente, para os técnicos da Área Multimedia e TIC da USC esta experiencia foi todo un reto xa que nunca probaran o programa con máis de 3 ou 4 profesores falando entre si dende os seus despachos. Tamén vos adiantamos que a videoconferencia foi gravada e podedes atopala na páxina dedicada á Xornada da Ciencia en Galego (www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego) así como nas canles que a CGENDL ten en Youtube (http://www.youtube.com/user/CGENDL) e Vimeo (http://vimeo.com/coordinaendl). Saúdos normalizadores Consello Directivo CGENDL


48

Marcia Muñoz e Marline Ballari Kristina Westerbeg

Procedentes de Täby Estocolmo ( Suecia) atópanse en Lugo, no Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes por mor dun novidoso intercambio (Commenius Mac) . Durante 13 semanas reciben clases con españois e as calificacións son convalidadas unha vez de volta a Suecia. O mesmo que fixeron os nosos alumnos que se incorporaron ao curso coas notas da 1º avaliación que conseguiron en Suecia. Que diferencias atopades entre as clases impartidas en Suecia e as impartidas en España? En España escóitase máis e úsase máis encerado. En Suecia realízanse traballos no instituto e por grupos e o power point é a ferramenta para explicar. Algúns dos profesores que temos aquí tamén o utilizan como Claudio que nos dá Matemáticas. A min dáme Rosa inglés e tamén explica con vídeos, youtube… Como son as calificacións en Suecia? IG-G-VG-MVG que corresponden correlativamente a suspenso, aprobado, notable e sobresaliente. Os exames contan un 40% da nota global. Respecto a los horarios, también hai diferencias? Si, non sempre entramos á mesma hora, pero podemos entrar ás 8 h e saír ás 4 h. Pasamos máis tempo pero non temos tanto traballo para facer na casa, xa que grande parte del facémolo no Instituto. Respecto á disciplina Aquí son moi estrictos coa puntualidade, en Suecia non. Como son os alumnos de Lugo? En principio son máis abertos ca nós sobre todo para recibirnos

o primeiro día. Ademais, para saudar nós non damos bicos, damos a man cando nos presentan a alguén e apertas aos amigos. En canto ao ocio que nos podedes contar? Fanse bastantes festas en casa porque nos locais non permiten a entrada a menores de 18 anos, pola contra aquí si. Que deportes son os máis practicados? O fútbol e ademais o fútbol feminino ten a mesma aceptación có masculino. Tamén nos encanta o baile. Cantos alumnos sodes por aula en Suecia? Na nosa clase somos 23, aínda que depende do programa que se estude. Podedes decirnos algunha palabra en lingua galega? Eu falo galego, moi ben, mais, despois, logo, chamar, veña… E en Sueco que nos diriades? Mina klasskamrater här i Spanien är väldigt glada, nyfikna och har börjat lära sig några ord på svenska. Os meus compañeiros aquí en España son moi ledos, curiosos e comezan a aprender algunhas palabras en sueco. Moitas grazas, Marcia e Marline e… vi ses snart!


49

A SEMANA DAS CURTAS! EDLG

irixida a 4º ESO (e a algún de 1º de BAC que se nos colou) tivo lugar, do 28 ao 3 de marzo, a proxección dun ciclo de curtametraxes galegas, en lingua galega. Cada sesión temática constaba de tres curtas, un videoclip dun grupo musical que cante en galego e unha breve peza documental de eufalo.tv. Un espazo web ( http://www.semanacura.com/index.htm) e un blogue ( http:// semanacurta.wordpress.com) foron habilitados ara que o público puidese opinar sobre as distintas pezas. A selección do material foi realizado polo EDLG do IES do Audiovisual de Vigo, e as temáticas e xéneros das sesións centráronse en: Cinema fantástico Thriller Comedia Cinema bélico. TOURETTES do director Martín Fillaega e cos coñecidos intérpretes Marcos Correa e Isabel Risco ( actriz do programa Land Rober, os xoves ás 10 h. na TVG) calou no público co argumento de: Ás veces, un problema pode salvarche a vida. INSTALACIÓN do director José Díaz, AUTOMÓBIL de Andrés Victorero ou os videoclips de Ruxeruxe, Som do galpom, Lamatumbá ou Kastomä tamén tiveron unha grande acollida.

D


50

ENTREVISTA A CARMEN NUÑEZ PAÑOS , PROFESORA DO IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES. Xela Lodeiro Corredoira

Carmen Nuñez co libro cedido para a Biblioteca

C

o gallo da celebración da Semana da Ciencia coñecemos a Carmen grazas á súa xenerosidade . A exposición de libros de Ciencia en lingua galega incrementouse coa cesión para a Biblioteca de dous exemplares do libro Obradoiro de Matemáticas do que é autora. Abreviamos, de seguido, parte do seu currículo e competencias: CURRÍCULO E OUTRAS COMPETENCIAS: Máster en E.S.O., especialidade Didáctica de las Matemáticas, organizado polo IEPS y la Universidad Carlos III de Madrid. Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Psicoloxía por la UNED. Autora de diversos artículos en revistas de divulgación matemática: revista UNO, revista EPSILON, actas de las 9ª JAEM, actas de las XIª JAEM,...Autora de diferentes comunicacións en Congresos Matemáticos e Encontros de Proxectos de Experimentación e Innovación Educativa. Finalista do I Premio Internacional de Investigación Matemática "Thales-San Fernando" e do I Premio Matemáticas Trisquel-Tórculo Edicións. Ex-membro de Seminarios Permanentes en Avaliación de capacidades básicas no ensi-

no secundario y Potenciación de capacidades básicas no ensino secundario, así como de Proxectos de Formación en centros. Participante en diversos Congresos de Ensinantes de Ciencias de Galicia e cursos de Formación: - Elaboración de material didáctico empregando a pizarra dixital. - A mellora da convivencia nos centros educativos. - A competencia dixital e o tratamento da información a través da elaboración de materiais didácticos multimedia. - Edición de revistas escolares con ordenador. - Xornadas de informática e comunicación. - Encontros de Coeducación. - Actualización didáctica en Matemáticas. - Integración curricular das novas tecnoloxías de informática. - Por unha educación non sexista. - Taller de Xeometría. - Métodos e habilidades de estudio. “OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS”: De seguido, a entrevista, por Xela Lodeiro Corredoira -Dende o mesmo comezo do libro, animas aos lectores a "mirar de forma xeométrica todo o que nos rodea". Por que? -En primeiro lugar, procuro animar ao meu alumnado “a ver” e non soamente “a mirar” o que nos rodea dende un punto de vista que nunca se lles pasaría pola cabeza, que é dende un punto de vista xeométrico. Por que?. Porque para eles a palabra xeometría é sinónimo de algo “feo, difícil, abstracto, aburrido,…” Penso que se consigo que se acostumen a ver o seu arredor “dende este outro modo” poderán chegar a percatarse de que a xeometría que eles coñecen a través das matemáticas non é tan abstracta, senón que é do máis cotiá posto que está nunha morea infinita de cousas que manexamos a miúdo como poden ser unha lata de coca-cola, unha caixa de galletas, a nosa propia habitación, a aula da clase, un campo de fútbol, o noso propio corpo, etc. Mires para onde mires e fagas o que fagas, sempre te desenvolves e te envolves coa xeometría. Resulta abraiante, por exemplo, ver como a xeometría permite admirar dun xeito máxico unha posta de sol ou o reflexo da paisaxe sobre a auga, ver como se xoga unha boa partida de billar ou a beleza de certos cadros, esculturas, edificios, cidades, xardíns, etc. Incluso a típica pregunta da xente nova “que ten ela/el que non teña eu?” Tamén se pode resolver sabendo xeometría.


51

-No teu libro animas ós rapaces a investigar e comprobar. Ademais, non só falas de teoría, senón tamén de poñer en práctica o aprendido. Reflexa isto a túa propia metodoloxía didáctica na escola? -Nas miñas clases, procuro promover a investigación-acción, pois creo que é unha dinámica práctica e amena para que o alumnado admita que é o único protagonista principal na adquisición dos seus coñecementos. Debemos chama-la atención sobre o feito de que un conxunto de saberes non veñan dados “porque é o que di a profesora ou porque están aí dende sempre”. Fai moito tempo lin unha frase de Einstein: “lo importante es seguir preguntándose siempre”, e tomeina coma unha das miñas regras de conduta favoritas. Penso que “o porqué das cousas” debe estar sempre no noso pensamento, e mais, tendo en conta que seguemos sendo alumnos dalgún xeito, creo que é moi importante ter dúbidas e ser crítico ante a información que temos diante e que nos está bombardeando dende calquera medio (escola, TV, prensa, amizades, internet, …) -Innovación. Unha idea continuamente presente na túa obra. Coidas que é importante ter creatividade? -Eu penso que se trata dun ben demasiado escaso e polo tanto, cada vez máis valorado, sobre todo á hora de encontrar unha boa forma de gañarse a vida. Basta con botar unha pequena ollada ao noso arredor para observar que avanzamos cando creamos e innovamos e retrocedemos ou nos estancamos cando, simplemente, repetimos ou copiamos. No meu traballo a miña forma de ser basease na procura de novas e diferentes formas de ensinar unha mesma cousa e se pode ser, sempre con exemplos cotiáns e familiares para que os rapaces comprendan que as matemáticas se inventaron por necesidades prácticas e se seguen estando aí é porque seguen sendo moi necesarias e moi útiles para facilitar a nosa existencia, sen elas o mundo que coñecemos non existiría. Penso que temos que adaptarnos ao tempo que nos tocou vivir aproveitando ao máximo o legado dos que nos precederon para deixar ben engraxada a pechadura da porta do futuro e que mellor aportación para iso que a nosa propia creatividade e ilusión en todo canto fagamos. Moitas grazas, Carmen, por adicarme o teu tempo.

Ciclo de Técnico e Animador en actividades deportivas

Alberto Toirán Pérez

O

ciclo de técnico e animador en actividades físico-deportivas que oferta o noso instituto é un ciclo que nos achega ao deporte en todas as súas modalidades. Algunhas como: natación, atletismo, deportes con implementos (tenis, badmington, hóckey), pero tamén se estudan moitas outras quizais menos coñecidas como xogos tradicionais, orientacion ou de cómo animar a un grupo. O obxectivo principal é o de formar a técnicos deportivos dunha forma divertida e didáctica, para que nun futuro poidamos aplicar os nosos coñecementos da mellor maneira posible. Unha vez rematado o ciclo as posibilidades que se nos abren de cara ao futuro son moi amplas, podendo traballar como tal ou acceder á universidade e continuar con outros estudos. Hai que destacar as multiples prácticas que se realizan durante o curso, como a viaxe de esquí, as practicas de piragüismo, bicicicleta ou as diversas conferencias ás que asistimos. Todo isto en conxunto fai que sexa un ciclo moi activo e enriquecedor.


52

POEMAS

HAICAIS PARA XAPÓN Os Haicais son pequenas composicións poéticas xaponesas, nas que se cantan as variacións da natureza e a súa influencia na alma do poeta. Constan de 17 sílabas, divididas en grupos de tres versos que poden ter 5,7,5 sílabas e non teñen que rimar. Estes haicais foron compostos por alumnos e alumnas de 2º ESO de Português para homenaxear ao pobo xaponés que tenta recuperarse das terribles consecuencias do tsunami de Fukushima ( Tokio) que provocou un desastre semellante ao de Chernobil (Ucrania) en 1986. Recollemos a esencia dos haicais nunhas reacreacións moi persoais: Livros e libras são Dois coisas diferentes Nuvem de primavera Uma vale mais ca outra. tocar sem tocar Marcos Bourio Prieto montanha com neve Álvaro Arias Díaz O meu gato Era uma vez Branco e preto Um céu azul A Beatriz Mia e mia. Com nubens brancas Cristina Castro Fernández Daniel Vázquez Vigo Non buscando máis pegadas que as das palabras rotas Sou o rei do quinto elemento neste espazo baleiro Eu gosto das crianças Ligeiro como o vento onde nada nos pertence. Mas não dos adultos Sou mais duro que o cemento Porque é que será? David Nuñez de la Fuente Nalgunha mañá David Castro Fernández que non estaremos Fiquei sozinha recoñeceremos, lonxano na beira da ría o son xeado que nos xostrega. Fiquei sozinha Uxía Sánchez Rodríguez Negro sobre branco hora no relox falsos galopes nos areais Ai o rizoso do soño dos días!. E xa para sempre mostraremos aquí a cicatriz do medo que levamos. E aquí quedará a luz da nosa infancia aniñada na senda dos días.

Cuando se acerca el fin,escribió Cartaphilus ya no quedan imágenes del recuerdo. Sólo quedan palabras. Palabras desplazadas y mutiladas... (Borges El Inmortal).

E quedarán por fin as engras da nosa alma que traballaron para o vento da nosa xuventude plena de esencias, neste espazo baleiro onde nada nos pertence.

Flor Sánchez Fernández


TEMPUS  

Revista IES Ollos Grandes

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you