Page 1

PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO  DE ORIENTACIÓN  CURSO 2008/2009       

 


Indice 1. XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO. 2. OBXECTIVOS 3.-PLANIFICACIÓN XERAL E ACCIÓNS PRIORITARIAS 4.-ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. 5.METODOLOXÍA

PLAN ANUAL DO D.O.

6.-AVALIACIÓN.

2


1.-XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO. NORMATIVA ESPECÍFICA. Decreto 120/l998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 27 de abril). Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade de Galicia (DOG do 31 de xullo)

O C.E.I.P. “SAN VICENZO” E ZONA QUE ABRANGUE. Remítome as características xerais do Centro citadas nos epígrafes 1 e 2 da Programación Xeral Anual.

COMPOÑENTES FUNCIONAIS.

3

-

Gutier Álvarez Vázquez. Orientador.

-

Teresa Castro Fuciños Mestra especialista en A.L.

-

Laura Romero Rodríguez, especialista en P.T.

-

Maita Sáchez Díaz, mestra especialista en A.L.

-

Amelia Rabuñal Rodeiro, coordinador de E.I.

-

Mª Teresa Fuciños Castro, coordinadora do 1º Ciclo E.P.

-

Beatriz Díaz Alvariño 2º, coordinadora do 2º Ciclo E.P.

-

Luisa Facal Martínez, coordinadora do 3º Ciclo E.P.

PLAN ANUAL DO D.O.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO PROPIO CENTRO


CENTROS ADSCRITOS - EEI Carantoña. Isabel Rodríguez Pallas - EEI Castromil. Salvia Varela Losada. Así mesmo, este D.O. estará coordinado co IES TERRA DE SONEIRA .

HORARIO O horario de traballo do xefe do departamento será o do centro: de 10 -13 e de 14,30-16,30.. O horario de atención a pais será os mércores de 14,30 a 15,30. Dentro deste horario recóllense as horas de atención aos centros adscritos que serán realizadas por norma xeral os xoves. Así mesmo dentro deste horario tamén se realizarán as sesións de coordinación co IES , as visitas a especialistas, EOE, CEFORES, e outras que xurdan ao longo do curso e conten coa debida aprobación polas instancias pertinentes. REUNIÓNS:

e Pedagoxía Terapéutica (Martes) -Mensualmente: tódolos/as membros do departamento con destino no centro, primeiro luns de mes. -Trimestrais: tódolos/as integrantes do departamento con destino no centro e en centros adscritos. A orientadora tamén acudirá á reunión trimestral

4

PLAN ANUAL DO D.O.

- Semanais: reuniranse o orientador coas especialistas de Audición e Linguaxe


prescriptiva cando sexa convocada polo instituto de ensino secundario, IES Terra de Soneira.

2.-OBXECTIVOS OBXECTIVOS XERAIS 1) Continuar coa inserción do Departamento de Orientación no conxunto do sistema educativo e no proceso de ensino-aprendizaxe, colaborando na elaboración e implementación dos proxectos educativo e curricular de centro. 2) Asesorar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade nunha sociedade multicultural, proporcionando estratexias de intervención que permitan unha optimización dos recursos existentes. 3) Asesorar, promover e afondar na acción titorial do profesorado, familias e alumnado e na colaboración centro-familias, deseñando accións encamiñadas á atención temperá, ao clima convivencial e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe do alumnado, así coma os que poden derivarse dos cambios de ciclo e/ou etapa. 4) Proporcionar apoio psicopedagóxico á totalidade do alumnado, especialmente aos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais, e asesorar nas decicións relativas á potenciación das áreas instrumentais, á avaliación, aos criterios de promoción e á implicación persoal do alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Obxectivos referidos ó Centro • Colaborar e asesorar na creación e adaptación do novo documento de PC que se propón dende o marco LOE. • Asesorar aos equipos de ciclo na elaboración dunhas programacións alternativas á ensinanza de relixión que se axusten a necesidades educativas concretas do propio centro e que sigan unha liña e principios comúns para todos os niveis. • Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa.

5

PLAN ANUAL DO D.O.

5) Colaborar cos órganos unipersoais e colexiados, así coma cos demais servizos, na busca de solucións aos problemas que afectan ao conxunto do proceso de ensino-aprendizaxe.


• Cooperar coa comunidade educativa : Equipo directivo, profesorado, alumnado, ANPA, favorecendo canles de comunicación e actuación efectivas para desenvolver a nosa función docente. • Potencia-la coordinación e cooperación entre o Centro e as familias, facéndoas partícipes daqueles aspectos da orientación educativa nos que poden incidir en maior medida.

Obxectivos referidos ó alumnado

Educación Primaria. 1ºCiclo: • Asesorar nas estratexias para o coñecemento das características persoais, familiares, sociais e escolares dos alumnos e alumnas, a fin de acomodar, adecuadamente, os obxectivos, contidos e criterios de avaliación e promoción. • Facilitar estratexias e instrumentos destinados a que o tránsito da familia á escola ou dunha etapa, mesmo centro, a outra se realice da forma menos traumática posible. • Asesorar e colaborar na elaboración de rexistros de observación-avaliación sistemáticos. • Promover a reflexión sobre a busca de estratexias que favorezan a aprendizaxe da lecto-escritura. • Asesorar en estratexias relacionadas coa educación en valores. • Realizar unha exploración psicopedagóxica coa totalidade do alumnado, facilitando orientacións cara á mellora no dominio das áreas instrumentais e á implicación propia no proceso de ensino-aprendizaxe. Educación Primaria. 2º ciclo: • Asesorar nas estratexias para o coñecemento das características persoais, familiares, sociais e escolares dos alumnos e alumnas, a fin de acomodar, adecuadamente, os obxectivos, contidos e criterios de avaliación e promoción. • Facilitar estratexias e instrumentos destinados a que o tránsito dun ciclo a outro, mesmo o cambio de centro, se realice da forma menos traumática posible. • Facilitar a iniciación e adquisición progresiva de técnicas de estudo e estratexias de traballo. • Promover o traballo compartido e colaborativo, a experimentación e a creatividade.

6

PLAN ANUAL DO D.O.

Educación Infantil. 2º ciclo: • Facilitar e orientar a integración dos nenos e nenas, especialmente daqueles con n.e.e. • Axudar a lograr un desenvolvemento emocional axeitado que facilite a integración dos nenos e nenas no grupo. • Promover a colaboración das familias e orientalas no relativo á adquisición de hábitos de autonomía e autocoidado. • Colaborar co equipo docente no deseño de cuestionarios destinados ao coñecemento das características persoais, familiares, sociais e escolares de cada un dos alumnos e alumnas, promovendo estratexias facilitadoras dunha aprendizaxe significativa. • Asesorar na observación de condutas do neno ou nena e facilitar ou deseñar os correspondentes protocolos.


• • •

• • • • • •

Asesorar e colaborar na elaboración de rexistros de observación-avaliación sistemáticos. Axudar aos alumnos e alumnas no proceso de autocoñecemento e autocontrol e no crecemento nuns valores democráticos, de respecto e colaboración. Realizar unha exploración psicopedagóxica coa totalidade do alumnado, facilitando orientacións cara á mellora no dominio das áreas instrumentais e á implicación propia no proceso de ensino-aprendizaxe. Educación Primaria. 3º ciclo: Asesorar nas estratexias para o coñecemento das características persoais, familiares, sociais e escolares dos alumnos e alumnas, a fin de acomodar, adecuadamente, os obxectivos, contidos e criterios de avaliación e promoción. Facilitar estratexias e instrumentos destinados a que o tránsito dun ciclo e/ou etapa a outro, mesmo o cambio de centro, se realice da forma menos traumática posible. Promover actuacións destinadas ao entrenamento en técnicas de traballo intelectual, á solución pacífica dos conflitos e á adquisición de habilidades sociais. Promover a formación en valores. Asesorar e colaborar na elaboración de rexistros de observación-avaliación sistemáticos. Realizar unha exploración psicopedagóxica coa totalidade do alumnado, facilitando orientacións cara á mellora no dominio das áreas instrumentais e á implicación propia no proceso de ensino-aprendizaxe.

Obxectivos referidos ó profesorado

• Coordinar a actuación do profesorado titor, o profesorado de apoio a n.a.e. e a orientadora, de cara a das respostas as necesidades do alumnado. • Asesorar ó profesorado en aspectos preventivos, de recuperación e desenvolvemento dos alumnos/as. • Busca e elaboración de material didáctico para utilizar no reforzo de alumnos con dificultades de aprendizaxe. • Apoia-la actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre medios materiais, didácticos e metodolóxicos que poidan favorecelo o seu labor docente e • Colaborar na resolución das necesidades que teñan os/as titores/as para levar a cabo a función titorial. • Proporcionar información a cada titor/a que remata ou comeza ciclo sobre o seu grupo de alumnos/as.

Obxectivos referidos ás familias e á comunidade

• Coordinar a intervención do departamento de orientación coas distintas institucións e profesionais que incidan na atención ós alumnos/as con n.e.e.:familias, E.O.E., servicios sociais do Concello, centro específicos, profesionais sanitarios....

7

PLAN ANUAL DO D.O.

titorial.


• Promover actividades informativas e orientadoras que impliquen ás familias na consecución dos obxectivos educativos marcados. • Establecer contactos periódicos coas familias de forma individual e colectiva, co fin de asumir conxuntamente a orientación educativa dos/as seus/súas fillos/as. • Informar e asesorar ás familias do alumnado con n.e.e. • Facilitar á comunidade educativa os apoios e asesoramento necesarios para orientar ós alumnos/as nos momentos escolares de maior dificultade (cambio de ciclo/etapa,entrada na escola). • Contribuír á relación entre este departamento e o IES para lograr unha liña de actuación conxunta.

3.-PLANIFICACIÓN XERAL E ACCIÓNS PRIORITARIAS De acordo cos obxectivos dispostos no presente plan xeral de orientación, ademáis dos obxectivos e líneas de actuación concretadas nos respectivos subplans que se poñen en funcionamento dende o departamento, estas serán as liñas principais de actuación para o vindeiro curso académico 2008-2009 1. Proceder á constitución do DO e elaborar o Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación. 2. Manter unha reunión ordinaria semanal, por parte dos membros pertencentes ao c.e.i.p. “San Vicenzo”. do

Departamento

(membros

do

c.e.i.p.

“San

Vicenzo”

e

representantes dos centros incompletos adscritos). 4. Definir e publicitar as liñas xerais de actuación (funcións) entre a totalidade do sistema, utilizando as diversas reunións ou foros (claustros, consellos escolares, titorías co alumnado, titorías coas familias, ...). 5. Elaborar un regulamento de funcionamento do Departamento de Orientación.

8

PLAN ANUAL DO D.O.

3. Manter reunións de traballo ordinarias trimestrais, por parte da totalidade


6. Proceder á revisión-actualización dos proxectos educativo e curricular de centro, onde o Plan de Orientación se contemple coma un instrumento promotor de calidade e cohesión. 7. Explicitar debidamente o lexislado sobre a atención ao alumnado con necesidades educativas especiais. 8. Establecer o proceso a seguir para a solicitude dunha avaliación psicopedagóxica. 9. Definir os criterios de utilización dos servizos de apoio. 10.Establecer uns talleres de recuperación para o alumnado con dificultades na aprendizaxe. 11.Reflexionar e establecer os criterios que deben considerarse á hora de adoptar a decisión de permanecer un ano máis nun determinado curso, ciclo e/ou etapa. 12.Organizar todas estas actuacións dentro do PXAD. 13.Deseñar actuacións titoriais para o profesorado do segundo ciclo de educación infantil. 14.Deseñar actuacións titoriais para o profesorado de cada un dos tres ciclos de educación primaria. 15.Institucionalizar unha reunión anual entre a xefatura do DO e as familias, a comezos de cada curso; tratando, entre outras cousas, de promover unha escola de nais e pais. 16.Realizar un seguimento psicopedagóxico individual de cada un dos ficha psicopedagóxica individual, tanto a nivel de profesorado coma de familia. 17.Estruturar e explicitar todas estas actuacións mediante a elaboración dun PAT, no que se contemplen as accións para co alumnado de nova incorporación (PA) e para co alumnado que remata educación primaria (PPESO). 18.Asesorar ao equipo directivo en todo o que ten que ver coa planificación e desenvolvemento da acción docente.

9

PLAN ANUAL DO D.O.

alumnos e alumnas, aproveitando toda a información que facilita a


19.Solicitar a intervención do equipo de orientación específico naqueles casos en que se estime necesario. 20.Aportar os datos que a Administración Educativa e demais servizos demanden. 21.Promover a reflexión e a coordinación entre os distintos servizos que interveñen cun mesmo alumno ou alumna. 22.Reflexionar sobre o proceso avaliador, tanto no que afecta aos resultados coma no que ten que ver co proceso. Como xa dixemos de antemán moitas das liñas prioritarias de actuación deste Departamento

artéllanse

en

diferentes

subprogramas

que

se

irán

implementando ao longo do curso e que tentan concretar a labor do D.O. en tódolos seus campos competenciais. Aos programas xerais, como son o P.A.T. e o P.X.A.D. temos que unir catro subprogramas como son o P.A. (Plan de Acollida),

o

P.E.P.

(Plan

de

exploración

Psicopedagóxica),

P.D.P.A.V.(Programa de detección de perda auditiva e visual no alumnado de infantil) P.P.E.S.O.(Programa de preparación para a educación secundaria obrigatoria). Queda así estructurada a planificación do D.O.:

P.A.D.O.

PROGRAMAS P.X.A.D. (Plan Xeral de Atención á Diversidade

P.A.T. (Plan de acción Titorial)

SUBPROGRAMAS P.E.P. (Plan de exploración psicopedagóxica) *Implementarase por primeira vez neste curso académico P.A. (Plan de Acollida) P.D.P.A.V. (Plan de Detección da perda auditiva e visual en infantil) P.P.E.S.O. (Programa Preparatorio para a Educación Secundaria Obrigatoria) *Implementarase por primeira vez durante este curso académico

P.A.A.L. Linguaxe)

P.A.P.T.

10

(Programación Anual de Audición e

Plans Individualizados de apoio. Programas de Estimulación da Linguaxe. Programas de reeducación logopédica. Plans Individualizados de apoio

PLAN ANUAL DO D.O.

PLAN XERAL


(Programación anual Pedagoxía Pterapéutica)

4.-ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. As

actuacións

do

departamento

de

orientación

integraranse

na

Programación Xeral Anual e no Proxecto Curricular . O seu traballo basearase na elaboración conxunta de propostas de actuación cooperativas desde un marco de corresponsabilidade segundo recolle a LOE. Tentarase traballar seguindo un modelo psicopedagóxico que funciona fundamentalmente mediante consultas e programas. O obxectivo principal é a valoración do alumnado nas súas capacidades, posibilidades e potencial de aprendizaxe, cunha avaliación dinámica que cumpre funcións orientadoras, concretadas no deseño e seguimento de programas de intervención segundo as necesidades detectadas pola comunidade educativa en xeral, e o departamento de orientación en particular.. Estes serían os obxectivos estratéxicos que marcarán o carácter do presente plan e o talante co cal se deberán desempeñar as accións programas que se desempeñen no mesmo. a) A predisposición do equipo directivo, co que se establecerá unha liña de comunicación, información e colaboración (asesoramentoconsulta) permanente. b) A toma de conciencia de que somos un equipo e non unha suma de unitarias, o que significa ter unha apertura de cara ás iniciativas que se presenten e unha xenerosidade cara ás decisións que se adopten. c) A acción “mentalizadora e exemplificadora” dos coordinadores e coordinadoras dos diferentes equipos así coma das especialistas en audición e linguaxe e en pedagoxía terapéutica.

11

PLAN ANUAL DO D.O.

contextualizadas dentro do mesmo así como do departamento e dos plans e


d) A presentación de proxectos, ideas, programas, ... que axuden na toma de decisións, nas estratexias de aprendizaxe, nas medidas organizativas, na adquisición de hábitos, na integración, na educación en valores, na resolución de conflitos, na reflexión sobre o traballo e nas actuacións conxuntas. e) A redacción de circulares informativas sobre asuntos relacionados co labor docente (funcións dos titores e titoras, actividades de reforzo educativo, proceso dunha adaptación curricular, ...). f) A promoción de grupos de traballo que reflexionen e investiguen desde a propia actividade. g) O establecemento dunha relación titorial permanente co alumnado e periódica coas familias. h) As actuacións coa asociación de nais e pais de alumnos e alumnas, na procura dunha liña adecuada de colaboración e relación escola-familia. i) A absoluta dispoñibilidade e colaboración do orientador, tanto no que atinxe aos centros adscritos coma na relación cos demais orientadores da zona.

RECURSOS COS QUE CONTAMOS. Recursos humanos: • Profesorado das especialidades LOXSE. • Departamento de orientación constituído por profesorado de P.T. e A.L. • A parte do horario sen docencia do profesorado que se determine para facer máis efectiva a atención á diversidade.

• Local e mobiliario. Material informático. • Material técnico.Escalas de observación e probas psicopedagóxicas. • Material escolar e de reforzo. • Bibliografía específica sobre aspectos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe. • Documentos sobre lexislación educativa. Outros: -

12

Institucións vencelladas ao mundo da educación:CEFORES, EOE, Equipo de atención temperá,... Persoal implicado en temas referidos ao eido escolar.

PLAN ANUAL DO D.O.

Recursos materiais:


5.METODOLOXÍA A metodoloxía a empregar para a posta en práctica do plan deberá favorece-la participación activa e cooperativa por parte de tódolos/as implicados/as no mesmo. O desenvolvemento das actividades deberá estar baseado nestas estratexias metodolóxicas: Traballo cooperativo estructurado levado a cabo en: •

Reunións colectivas: Titor/a con alumnado e familias. Nivel /Ciclo /Xuntas de avaliación. Departamento de orientación. Claustro, CCP e Consello escolar.

Reunións individuais entre os diferentes membros da comunidade

6.-AVALIACIÓN. Partindo da idea de que o departamento de orientación debe ser permeable a calquera proposta dos membros da comunidade educativa, estableceremos os seguintes criterios de avaliación:

13

PLAN ANUAL DO D.O.

a través de entrevistas para intercambios de información.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN -Calidade da coordinación entre os membros que actúen en programas de intervención con alumnos con n.e.e. -Idoneidade dos medios de avaliación psicopedagóxica e dos materiais propostos para levar adiante os programas. -Programación e temporalización das accións previstas. Xustificación das non realizadas. -Grao de implicación do profesorado en programas que propoña o departamento. -Idoneidade das estratexias para a implementación de programas, tanto a nivel de implicación do profesorado como na provisión de recursos. -Adecuación dos programas á realidade e ás necesidades do centro. -Efectividade da coordinación dos membros que interveñan en programas de atención a alumnos con n.e.e.: número de reunións, acordos tomados, acordos efectivos, suxestións colectivas... -Efectividade e validez das medidas de atención á diversidade. -Atención ás demandas recibidas. Formulación de plans concretos de actuación. -Aplicación nas aulas das estratexias recomendadas polo departamento.

punto de partida para a elaboración do plan do curso seguinte, este tipo de avaliación, para a mellora, non pode eclipsar a outra vertente máis inmediata da avaliación que é a mellora a corto prazo, o feedback, que se desprende da súa posta en práctica nun breve período de tempo

14

PLAN ANUAL DO D.O.

Os datos finais obtidos nesta avaliación quedarán reflectidos na Memoria, e servirán de


A avaliación centrarase en comprobar en que medida se acadaron os obxectivos, tanto os xerais como os específicos, así como ter en conta os elementos que incidiron tanto negativa como positivamente. A avaliación levarase a cabo cunha finalidade formativa a través do deseño, a aplicación e dos resultados dos plans específicos e as actividades realizadas polos diferentes A avaliación deberá comprobar o grao de realización, frecuencia, complexidade así como os problemas atopados na realización das distintas actividades propostas nesta Programación Xeral Anual.

Para a avaliación deste plan de orientación utilizaremos as seguintes

a) A relación das actuacións realizadas, dentro das previstas. b) A xustificación das accións previstas e non realizadas. c) A relación e xustificación das modificacións e/ou actuacións introducidas. d) A porcentaxe de participación do profesorado en grupos de traballo e/ou proxectos de formación. e) O número de reunións ordinarias e extraordinarias celebradas. f) A porcentaxe de participación nas reunións do Departamento. g) O número de demandas recibidas. h) O número de demandas atendidas. i) A cantidade e relación de instrumentos e/ou documentos elaborados. l) Un cuestionario que recolla a opinión dos propios membros do Departamento. m) A avaliación do propio PAADO.

15

PLAN ANUAL DO D.O.

formas e/ou instrumentos:


A continuación expoñemos un diagrama de fluxo que indicará as canles e procesos normais que deberá seguir a información recollida para poder artellar un seguimento planificado deste plan de orientación:

Recollida de datos.

Titores.

Clasificación.

Equipo docentes.

Análise -

Comisión de

Resultados.

coordinación

pedagóxica.

Interpretación.

Síntese.

Dto. de Orientación

Informe de

Claustro.

Informe Consello

Resume.

MEMORIA FINAL

16

PLAN ANUAL DO D.O.

Escolar.


17

PLAN ANUAL DO D.O.


P.A.D.O.  

Plan Anual do Departamento de Orientación

Advertisement
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you