Issuu on Google+


Sumario

Edita

IGC Praza de Riestra 5 - A Caeira Telf.: 986 86 39 39 Fax: 986 86 60 06 36005 Poio - Pontevedra info@pontedeocio.com

Fotografía Arquivo IGC Impresión Gráficas Anduriña

Depósito Legal: PO-242/01

“Tres no Bambán”- Páx. 04

Axenda de Ocio

04

Guía Gastronómica

15

Rueiro

16

A rapazada da Praza da Verdura

18

Exposicións

20

Cursos

21

Libros

22

Outras Actividades

23

Pontevedra C.F. a historia

24

Novidades Musicais

26

Xogos

27

Estreas de Cine

28

Videos e DVD

29

Programación Municipal

30

“Atlántico” de Xoel López - Páx. 06

Espectáculo de Peter Punk - Páx. 08 Ponte

Ocio 3


Axenda de Ocio Xoves 1 de Novembro z Outras Actividades Mercado das flores, en Vilagarcía de Arousa. No entorno da Praza de Abastos. Venres 2 de Novembro z Outras Actividades Obradoiro Kid Planet, realización de casiñas de cartón. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca.

fondos a prol dos necesitados do Ecuador. No Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Ás 19:30 horas.

z Teatro “Tres no bambán” de Luigi Lunari, presentado por Espello Cóncavo. No Teatro Principal de Pontevedra. Prezo da entrada: 8€ e 5€ para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com.

z Cine O show de Truman, do director Peter Weir, dentro do ciclo: Imaxinarios Sensoriais. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas. Sábado 3 de Novembro z Outras Actividades Audicións musicais comentadas. Dedicadas a Antonio Vivaldi, impartidas por Manuel LópezBenito. De 11:30 a 13:30 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. z Deportes Torneo Internacional de Taekwondo XV Cidade de Pontevedra. Organizado polo gimnasio Mace-Sport, a Federación Galega de Taekwondo, o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra e o Concello de Pontevedra. Modalidade de combate, de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas. No Pabellón Municipal de Deportes de Pontevedra.

z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as Ruinas de San Domingos, Pontevedra. z Música “Sons de Cine”, interpretación das mellores bandas sonoras, a cargo de A Dolce Vita & Gogue. Ás 21 horas, no Auditorio de Vilagarcía. Prezo da entrada 4€. Domingo 4 de Novembro z Deportes

z Outras Actividades Sesión de Contacontos e obradoiro de debuxos sobre o conto. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca.

Torneo Internacional de Taekwondo XV Cidade de Pontevedra. Modalidade de técnica, de 9 a 13 horas e modalidade de exhibicións de 16:30 a 19 horas. No Pabellón Municipal de Deportes de Pontevedra.

z Outras Actividades Gala benéfica de captación de

z Música Ciclo “Concertos en Familia”,

4 Ponte

Ocio

para os máis pequenos e os seus pais. Nesta ocasión “O veado florido” e “Pedro e o lobo”. A cargo da Orquesta Filharmónica de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra. Ás 18:30 horas. Prezo da entrada de 3€. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com.

z Outras Actividades Risa familiar co espectáculo de Os sete magníficos +1: Dous pallasos en máis apuros. Ás 18 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 5€ adultos e 4€ os nen@s. z Teatro Ciclo de teatro de outono en Cambados co patrocinio de Agadic. Josito Porto co monólogo “Laretadas”. Ás 19 horas. No Auditorio da Xuventude en Cambados. z Deportes Partido da undécima xornada da Terceira División, Grupo I, que enfrontará ao Pontevedra CF co Bergantiños CF. No estadio de Pasarón, Pontevedra. z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as Ruinas de San Domingos, Pontevedra. z Teatro “A Lotería” de Teatro Aturuxo. No Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia, ás 19 horas. z Outras Actividades Outono micolóxico 2012, en Vilagarcía de Arousa. Ás 12 horas inauguración das exposicións: “Setas frescas, láminas, paneles, libros”; XIV Concurso de fotografía micolóxica “Enrique Val-


Axenda de Ocio dés Bermejo”; XIII Concurso de debuxo escolar; Maquetas sobre a natureza e os cogomelos.

Luns 5 de Novembro z Música Concerto do trío La Bellemont. Organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra. Só para socios. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 20:30 horas. z Conferencias

Outono micolóxico 2012, en Vilagarcía de Arousa. “Introducción a micoloxía” por Ramón Carlos Encisa Fraga. Ás 20:30 horas no Auditorio.

Martes 6 de Novembro z Outras Actividades Memorial Filgueira Valverde organizado pola cátedra Filgueira Valverde e a Universidade de Vigo, dedicado ao arquitecto

pontevedrés Alejandro de la Sota. No Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Ás 20 horas. Coa participación do xornalista Rafael López Torre: “Alejandro de la Sota: A forxa dun artista”.

z Conferencias Outono micolóxico 2012, en Vilagarcía de Arousa. “Boletales e micorrizas” por Antonio Rodríguez Fernández, biólogo da Xunta de Galicia. Ás 20:30 horas. z Cursos Obradoiro de oratoria. Na Casa Azul, en Pontevedra. Para idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Imparte Proceso Psicoloxía. De 17:30 a 20 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego.

Mércores 7 de Novembro z Cine Proxeción do film “Edipo, o fillo da fortuna”. Dentro do ciclo “Aquelas traxedias gregas, tan nosas”, organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. Na Sala Versus de Pontevedra, ás 20 horas. z Outras Actividades Feira do Emprego. Organizada pola ADL. No Pazo da Cultura de Pontevedra. Ata o día 8 de novembro. z Conferencias Outono micolóxico 2012, en Vilagarcía de Arousa. “Curiosidades micolóxicas” por Julio Alonso Díaz, presidente da Ag. Mic. “Lucus”. Ás 20:30 horas. z Outras Actividades Memorial Filgueira Valverde or-

Ponte

Ocio 5


Axenda de Ocio ganizado pola cátedra Filgueira Valverde e a Universidade de Vigo, dedicado ao arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota. No Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Ás 20 horas. Coa participación dos arquitectos Alberto Noguerol e Pilar Díez: “Alejandro de la Sota, cerca”.

Xoves 8 de Novembro

z Outras Actividades

Memorial Filgueira Valverde organizado pola cátedra Filgueira Valverde e a Universidade de Vigo, dedicado ao arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota. No Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Ás 20 horas. Coa participación da arquitecta Teresa Couceiro: “Alejandro de la Sota, mestre de arquitectos”.

rios Sensoriais terá lugar a conferencia “Os sentidos e o cinema moderno”. A cargo de José Manuel López, membro do Consello de redacción de Caimán e crítico cinematográfico. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas.

z Outras Actividades Espectáculo de Monicreques “Pinocho”, a cargo de Títeres Cachirulo. No salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”. Ás 18:30 horas. Entrada de balde. z Música “Atlántico” de Xoel López. No Pazo de Cultura de Pontevedra. Ás 21 horas. Prezo: 20€ máis gastos en www.ticketmaster.es. 24€ na billeteira.

“Introducción á micoloxía (fungos)” e “Cogomelos no concello de Pontevedra”. De 16 a 19 horas. Dentro do curso Iniciación á Micoloxía.

z Conferencias Outono micolóxico 2012, en Vilagarcía de Arousa. “As intoxicacións por cogomelos. Recoñecemento e tratamento” por Floro Andrés, académico de número da Academia de Farmacia de Galicia. Ás 20:30 horas. Venres 9 de Novembro z Conferencias

Dentro do ciclo de cine Imaxina-

6 Ponte

Ocio

z Outras Actividades Risa Adulta co espectáculo de Quequé: Sesión Golfa. Ás 21 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 12€. z Conferencias Outono micolóxico 2012, en Vilagarcía de Arousa. “Elaboración dun xardín micolóxico” por Puri Lorenzo Castro, do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo. Ás 20:30 horas. z Outras Actividades Obradoiro de creación de puzles. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca. Sábado 10 de Novembro

z Conferencias

z Cursos Obradoiro didáctico: Do álbum ilustrado ao cine de animación. De 16 a 19 horas na sala de investigadores do edificio Fernández López, Rúa Pasantería, 2, Pontevedra.

zado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego.

z Outras Actividades Arosa Novias, feira adicada ao mundo das bodas. No recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa. z Outras Actividades

Obradoiro de poesía - Seminario internacional poético: “Poesía de la Resistencia”, polo profesor e poeta Omar García Obregón. Na Sala Versus de Pontevedra, ás 19 horas. Organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”.

z Cursos Curso homologado de monit@r de tempo libre. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Esc. Paspallás. Os fins de semana desde novembro ata 27 de xaneiro. Venres de 16 a 21 horas, sábados de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas e os domingos de 10 a 14 horas. Organi-

z Deportes Curso nacional de adestradores de Tiro con Arco. Na Cidade Infantil Príncipe Felipe, Pontevedra. Ata o día 11 de novembro. z Outras Actividades “Ekus” a nova producción de La Fiesta Escénica. No Centro Social Novacaixagalicia. Ás 17 e ás 19:30 horas. Entradas a venda en www.servinova.com e no 902 504 500. z Outras Actividades Audicións musicais comentadas. Dedicadas a Antonio Vivaldi, impartidas por Manuel LópezBenito. De 11:30 a 13:30 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.


Axenda de Ocio z Outras Actividades Obradoiro de petos de madeira. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca. z Teatro “Desfeitos”, de Teatro Galileo. No Pazo da Cultura, ás 21 horas. Prezo da entrada: 8€ e 5€ para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com. z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

para os máis pequenos e os seus pais. Nesta ocasión “O segredo de Val Axóuxere”. A cargo da Orquesta Filharmónica de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra. Ás 18:30 horas. Prezo da entrada de 3€. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com.

z Outras Actividades Risa familiar co espectáculo de Peter Punk: Peter Punk I. Ás 18 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 5€ adultos e 4€ os nen@s.

Domingo 11 de Novembro z Deportes Orientación, campionato galego en BTT. Pontevedra. z Gastronomía

XXI Festa dos Cogomelos, en Vilagarcía de Arousa, de 11 a 15:30 horas. O programa consta de: Degustación de cogomelos e viño albariño, XXIX Concurso de cociña e X Exposición de Cestas de Outono.

z Deportes XVII Carreira Pedestre San Martiño 2012. II Memorial Paco Cabanillas. Na Avda. de Montero Ríos, ao carón do peirao. A partir das 10 horas. z Outras Actividades

“Ekus”, a nova producción de La Fiesta Escénica. No Centro Social Novacaixagalicia. Ás 17:30 horas. Entradas á venda en www.servinova.com e no 902 504 500.

z Música Ciclo “Concertos en familia”,

8 Ponte

Ocio

z Deportes Partido da duodécima xornada da Terceira División, Grupo I, que enfrontará ao Villalonga FC co CCD Cerceda. No estadio de San Pedro en Villalonga, Sanxenxo. z Teatro Ciclo de teatro de outono en Cambados co patrocinio de Agadic. Cándido Pazó coa obra “Decamerón”. Ás 19 horas. No Auditorio da Xuventude en Cambados. z Música Concerto de piano de Ana Belén Rodríguez. No Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia, ás 19 horas. z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as

Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

Luns 12 de Novembro z Cursos Obradoiro de comercio 3.0. Na Casa Azul, en Pontevedra. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Ata o 15 de novembro. De 17 a 19 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego. Martes 13 de Novembro z Cursos Obradoiro de oratoria. Na Casa Azul, en Pontevedra. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Proceso Psicoloxía. De 17:30 a 20 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra. Mércores 14 de Novembro z Outras Actividades Proxección dun documental realizado por Joäo Bieites da Saga para Vaipolorío, sobre construccións vexetais efímeras. Ás 20 horas na Casa das Campás, Pontevedra. z Cine Proxeción do film “Así e a vida”. Dentro do ciclo “Aquelas traxedias gregas, tan nosas”, organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. Na Sala Versus de Pontevedra, ás 20 horas. Xoves 15 de Novembro z Outras Actividades “Fracaso escolar e técnicas e hábitos de estudo: Orientacións básicas”. No centro social de Barrantes, Ribadumia, ás 20 horas.


Axenda de Ocio z Música Concerto con Pablo Dopazo. Organizado pola Banda de Música de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 21 horas. Entrada gratuita. Venres 16 de Novembro z Teatro

“O fútbol é así”, de Obras Públicas. No Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 11:30 horas. Prezo: 4€ concertado para colexios.

teca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”. Ás 18 horas. Entrada de balde.

z Congreso I Congreso acelerador do crecimento persoal. No Pazo da Cultura de Pontevedra. Contará con: Emilio Duró, Eduardo Sánchez, Roberto Pérez Marijuan, J.J. Romro Crusat, Pablo García Fortes e Fernando Lareu. Ata o día 17 de novembro.

A fiestra indiscreta, do director Alfred Hitchcock, dentro do ciclo: Imaxinarios Sensoriais. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas.

z Outras Actividades Audicións musicais comentadas. Ciclo introducción á Ópera, impartidas por Manuel López-Benito. De 19:30 a 21:30 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

z Outras Actividades Contacontos “O vendedor de castañas da Ferraría”, dentro da programación de Polo Correo do Vento. Na sala infantil da Biblio-

z Música Actuación da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de David Afkham e con Frank Peter Zimmermann como solista. In-

z Cine

terpretarán recoñecidas partituras das grandes obras de Beethoven, Shostakóvich e F. Schubert. No Centro Social Novacaixagalicia. Ás 20:30 horas. Entradas a venda en www.servinova.com e no 902 504 500.

z Outras Actividades Spiribol Tour, espectáculo de animación solidaria. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca. z Teatro “O fútbol é así”, de Obras Públicas. No Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 21 horas. Prezo da entrada: 8€ e 5€ para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com. z Outras Actividades VIII Brumario Poético. Homenaxe a Atahualpa Yupanqui. No Teatro Principal de Pontevedra,

Ponte

Ocio 9


Axenda de Ocio ás 20:15 horas. Organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”.

Sábado 17 de Novembro z Música

Aniversario Os Alegres. Coa participación de varios grupos de Galicia. Promove Grupo Folclórico Os Alegres. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 20 horas. Entrada libre ata completar aforo.

z Outras Actividades Contacontos “A historia de Martin”. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca. z Música Espectáculo “A forza do destino”, unha homenaxe a un dos mellores grupos da música española, Mecano. Auditorio Municipal de Vilagarcía, ás 21 horas. z Teatro

“Yerma” de Federico García Lorca, dirixida por Miguel Narros, coa interpretación de Silvia Marsó e Marcial Álvarez. No Centro Social Novacaixagalicia. Ás 20:30 horas. Entradas a venda en www.servinova.com e no 902 504 500.

z Música

Concerto homenaxe aos voluntarios do Prestige e 25 anos da APDR. Promove APDR. Ás 21 horas, no recinto feiral de Pontevedra.

z Outras Actividades

Clausura do Outono Micolóxico de Vilagarcía. Ás 20 horas entrega de premio: Concurso de debuxo escolar, concurso de fotografía micolóxica, entrega de trofeos aos participantes na construcción de maquetas. Ás 22 horas, cena micolóxica. 10 Ponte

Ocio

Domingo 18 de Novembro z Outras actividades VIII Brumario Poético. Homenaxe a Jorge Cuña Casasbellas. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 19 horas. Organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. z Deportes Partido da decimoterceira xornada da Terceira División, Grupo I, que enfrontará ao Pontevedra CF co CD As Pontes. No estadio de Pasarón, Pontevedra. z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as Ruinas de San Domingos, Pontevedra. z Gastronomía V Festa do Porquiño co motivo do San Martiño 2012, en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa. Ás 13 horas. z Música Festival Musical Tradicional Galego. Concerto de gaitas e pandeiretas a cargo da agrupación Malveiras de Vilagarcía de Arousa. No Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia, ás 19 horas. z Outras Actividades Risa familiar co espectáculo de Titiritempo: A Illa do Tesouro. Ás 18 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 5€ adultos e 4€ os nen@s. z Teatro Ciclo de teatro de outono en Cambados co patrocinio de Agadic. A compañía Obras Públicas porá en escena a obra “O fútbol

e así”. Ás 19 horas. No Auditorio da Xuventude en Cambados.

Martes 20 de Novembro z Outras Actividades Conmemoración do dereitos do nen@ por parte do Concello de Pontevedra. No Teatro Principal. Ás 17 horas entrega dos premios do concurso “O soño da bolboreta”. Ás 18 horas, sesión de contacontos, “Antía, Wamba e o regato pequeno” da compañía A Tropa de Trapo. z Cursos Obradoiro de oratoria. Na Casa Azul, en Pontevedra. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Proceso Psicoloxía. De 17:30 a 20 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego. z Outras Actividades Performance sonora, na Sala X, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a cargo de Carme Viñas, ás 19 horas. E Sonia Tourón ás 20 horas. Mércores 21 de Novembro z Outras Actividades Performance sonora, na Sala X, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a cargo de Pere Sousa, ás 19 horas. E María Roja ás 20 horas. z Cursos Obradoiro de divulgación do cooperativismo. No Pazo da Cultura, en Pontevedra. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Fed. coop. Sinerxia. De 17:30 a 20:30 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, for-


Axenda de Ocio mación para o emprego. Ata o día 22 de novembro.

Inscrición previa ata 20 nenos, de balde.

z Cine Proxeción do film “Z”. Dentro do ciclo “Aquelas traxedias gregas, tan nosas”, organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. Na Sala Versus de Pontevedra, ás 20 horas.

z Música Concerto con Óscar Ibáñez. Organizado pola Banda de Música de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 21 horas. Entrada gratuita.

Xoves 22 de Novembro z Outras Actividades Performance sonora, na Sala X, na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, a cargo de Bartolomé Ferrando e Avelino Saavedra, ás 19 horas. Monserrat Palacios ás 19:45 horas. E Llorens Barber ás 20:30 horas. z Cursos

Obradoiro didáctico: Do álbum ilustrado ao cine de animación. De 16 a 19 horas na sala de investigadores do edificio Fernández López, Rúa Pasantería, 2, Pontevedra.

z Outras Actividades Obradoiro para nenos “Contos infantís”, dentro da programación de Polo Correo do Vento. Na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”. A partir de 8 anos. De 17:30 a 19:30 horas.

z Outras Actividades

Pasarela de moda “Debut 2012”. Organizado por Esdemga, no recinto feiral de Pontevedra.

Venres 23 de Novembro z Outras Actividades

Obradoiro de chaveiros. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca.

z Exposicións Inauguración da exposición: Aramburu. Da infancia á madurez. No Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ás 20 horas. z Outras Actividades Obradoiro para nenos “Contos infantís”, dentro da programación de Polo Correo do Vento. Na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”. Participantes a partir de 8 anos. En horario de 17:30 a 19:30 horas. Precisa inscrición previa, ata 20 nenos e de balde.

z Teatro “Citizen Total” da compañía Chévere. Ás 21 horas no Teatro Principal de Pontevedra. Prezo da entrada: 8€ e 5€ para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com. z Outras Actividades Leo Harlem e amigos. Xira Cómicos 2012. No centro social Novacaixagalicia. Ás 21 horas. Entradas a venda en www.servinova.com e no 902 504 500. z Cine Monstruoso, do director Mat Reeves, dentro do ciclo: Imaxinarios Sensoriais. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas. z Outras Actividades Audicións musicais comentadas. ciclo introducción á Ópera, impartidas por Manuel López-Benito. De 19:30 a 21:30 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Sábado 24 de Novembro z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as Ruinas de San Domingos.

Ponte

Ocio 11


Axenda de Ocio z Danza Representación de “Aínda” polo Centro Coreográfico Galego. Organiza o Pazo da Cultura de Pontevedra. Ás 21 horas no auditorio do Pazo. Prezo da entrada: 8€ e 5€ para estudantes, parados e xubilados. Venda anticipada de entradas en www.servinova.com. z Outras Actividades Show Impro Infantil, humor e xogos para toda a familia. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca. Domingo 25 de Novembro z Outras Actividades Ruta do Museo, visita dirixida aos edificios que forman o Museo de Pontevedra. A saída será ás 11:30 horas, desde as Ruinas de San Domingos, Pontevedra. z Deportes Partido da decimocuarta xornada da Terceira División, Grupo I, que enfrontará ao Villalonga FC co SD Negreira. No estadio de San Pedro en Villalonga, Sanxenxo. z Outras Actividades

Risa familiar co espectáculo de Circo Chosco: Chosco Voando!. Ás 18 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. 5€ adultos e 4€ os nen@s.

z Teatro Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, actuación do grupo teatral Pequena Gran Compañía que presentará o seu espectáculo baixo o título “Son a túa nai, a túa esposa, a túa filla, a túa irmá”. No Auditorio Municipal Santa Baia de Ribadumia, a partir das 19 horas. 14 Ponte

Ocio

Martes 27 de Novembro z Outras actividades Primeiros encontros coa banda deseñada. O cómic no Museo. No salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ás 20 horas. Kiko da Silva: A banda deseñada, a arte ignorada polo mundo do arte. z Cursos Obradoiro de oratoria. Na Casa Azul, en Pontevedra. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Proceso Psicoloxía. De 17:30 a 20 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra. z Opera “Carme”, de Bizet, pola compañía Ópera 2001. No Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra. Ás 20:30 horas. Entradas a venda en www.servinova.com e no 902 504 500. Mércores 28 de Novembro z Outras actividades Primeiros encontros coa banda deseñada. O cómic no Museo. No salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ás 20 horas. David Rubín: Viñetas sen medo ou como dedicarse ao cómic desde Galicia e non morrer no intento. Xoves 29 de Novembro z Outras actividades

Primeiros encontros coa banda deseñada. O cómic no Museo. No salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, ás 20 horas. Pepo Pérez, Del tebeo a la novela gráfica: Dos décadas de cómic en España.

z Cursos Obradoiro didáctico: Do álbum

ilustrado ao cine de animación. De 16 a 19 horas na sala de investigadores do edificio Fernández López, Rúa Pasantería, 2, Pontevedra.

z Outras actividades Poesía sinfronteras. Recital poético-musical. Grupo de percusión Deggo, Abdoulaye Bilal Traore, Amor Herrera, Sergio Ariel, Dianaris e Nuria Carballido. Ás 20:15 horas no Teatro Principal de Pontevedra. Venres 30 de Novembro z Outras Actividades Culturgal - Creativa 2012. No Pazo da Cultura de Pontevedra. Ata o día 2 de decembro. z Conferencia Dentro do ciclo de cine Imaxinarios Sensoriais terá lugar a conferencia “Visións ensoñadas: a imaxe como espello da mente”. A cargo de Alberto Ruíz de Samaniego, profesor titular da UVIGO, crítico de arte, ensaista e comisario. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas. z Outras Actividades Obradoiro de mariquitas e bonecas. De 18 a 21 horas, no Centro Comercial A Barca. z Teatro “O profesional”, de Dusan Kovacevic. Da man do Centro Dramático Galego. No Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra. Ás 20:30 horas z Outras Actividades Audicións musicais comentadas. ciclo introducción á Ópera, impartidas por Manuel López-Benito. De 19:30 a 21:30 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.


Guía Gastronómica Cociña Galega

z Pontevedra O Cruceiro Praza Cinco Rúas Tel.: 986 840 436 Borona Vinos Et Break Travesía del Comercio, 3 Tel.: 986 845 043 La Platería Peregrina 3 Tel.: 681 221 370 Restaurante Rúas Rúa Manuel Quiroga, 2 Tel.: 986 100 872 Eirado da Leña Praza da Leña 3 Tel.: 986 860 225 Bodegón Micota Peregrina, 4 Tel.: 986 855 917 z Poio Casa Pepe Avda. de A Barca, 27 Tel.: 986 872 823 Casa Solla Avda. Sineiro, 5 Tel.: 986 872 884 Casa Laura Calle Beiramar, 35 Tel.: 986 770 095

z Ponte Caldelas Mesón Parada Avda. de Vigo, 16 Tel.: 986 750 225 z Marín A Lonja Vella Avda. Ourense, 76 Tel.: 986 892 097 Marisquerías

z Pontevedra Casa Román Augusto García Sánchez, 12 Tel.: 986 843 560 A Centoleira Praia de Beluso, 28 Tel.: 986 323 481 Alameda 10 Rúa Alameda, 10 Tel.: 986 857 412

Casa Digna Av. das Corbaceiras, 14 Tel.: 986 85 12 99

z Poio A Marisqueira Avda. da Praia, 27 (Lourido) Tel.: 986 872 770 A Nova Cepa Calle Penedo, 4, (Fontenla) Tel.: 986 770 913 z Marín A Goleta Praia de Aguete, 172 Tel.: 986 704 004 Tabernas Típicas

z Pontevedra Tapería Casa Verdún Real, 46 Tel.: 986 842 289 Vetula Ponte Rúa Sierra, 2 Tel.: 665 900 906 Tapería Teucro Princesa, 11 Tel.: 986 848 012

z Poio A Gata Meiga Camiño Rochas, 3 Tel.: 986 874 035 Asadores

Alameda, 14 Tel.: 986 862 200 Cociña Italiana

z Pontevedra Il Buon Mangiare Blanco Porto, 4 bajo Tel.: 986 104 445 Il Piccolo Virgen del Camino, 16 Tel.: 986 859 999 Cambalache Calle Cobián Roffignac, 9 Tel.: 986 84 85 86 Cociña Chinesa

z Pontevedra Long Fong Blanco Porto, 4 Tel.: 986 846 412

Bocaterías & Burgers

z Pontevedra Euroburger Virgen del Camino, 7 Tel.: 986 102 061 Orange Padre Amoedo Carballo, 8 Tel.: 986 845 428 Tío Gilito Pza. de Ourense, s/n Tel.: 986 864 199

z Pontevedra A Casa da Oliva Oliva, 13 Tel.: 986 104 996

z Poio Porteliña Av. Porteliña, 21 Tel.: 986 104 996

z Ponte Caldelas Asador O Castilla Vilarchán, 124 Tel.: 605 650 087 Cociña Mexicana

z Pontevedra La Cantina del Charro

Pizzerías

z Pontevedra Cambalache Cobián Roffignac, 9 Tel.: 986 848 586 Cociña Internacional

z Pontevedra Creperie Cre-Cotté Real, 28 Tel.: 986 859 374

Ponte

Ocio 15


16 Ponte

Ocio


Rueiro de

Pontevedra 1 - Turismo Rías Baixas 2- Basílica de Santa María 3 - Santuario das Aparicións 4 - Parador Nacional 5 - Mercado de Abastos 6 - Pazo de Mugartegui 7 - Igrexa de San Bartolomé 8 - Edificio Sarmiento 9 - Arquivo Provincial 10 - Sexto Edificio do Museo 11 - Museo Provincial 12 - A Casa da Luz 13 - Igrexa e Convento de San Francisco 14 - Capela da Virxe Peregrina 15 - Oficina de Turismo 16 - Ruinas de Santo Domingo 17 - Casa do Concello 18 - Teatro Principal 19 - Liceo Casino 20 - Subdelegación do Goberno 21 - Facultade de Belas Artes

22 - Biblioteca Pública 23 - Ambulatorio Virxe Peregrina 24 - Deputación Provincial 25 - Delegación de Educación 26 - Correos 27 - Sanatorio Domínguez 28 - Policía Nacional 29 - Hospital Provincial 30 - Cruz Vermella 31 - Convento de Santa Clara 32 - Policía Municipal 33 - Recinto Ferial 34 - Tráfico 35 - Igrexa San Xosé 36 - Audiencia Provincial 37 - Praza de Touros 38 - Ambulatorio Casa do Mar 39 - Depósito de vehículos 40 - Sanidade 40 - Zona Monumental 40 - Zonas Peoniles

Ponte de Ocio

Ponte

Ocio 17


Toda a chavalada reunida no cumpreanos dun dos nenos da praza, Javier Carballeda, na antiga fonda “Los Ángeles” de dona Josefa

A RAPAZADA DA PRAZA DA VERDURA Os “defuntiños” que vivíamos os nenos nos anos sesenta.

T

odolos Santos era unha festa moi arraigada nas nosas familias nos sesenta, o día 1 de novembro era a data para recordar aos mortos e vivíase como una día moi sinalado. Agora, nestes días, e normal ver en cada colexio, e grazas como sempre a televisión e o ciñe, como os nenos celebran a festa do Hallowen por defuntiños.

18 Ponte

Ocio

Os que eramos nenos na Praza da Verdura na década dos sesenta recordamos que chegaban os “meloneiros” de Castela cos seus camións e lle axudábamos a descargar os centos de melones e sandías que poñían a venda durante un tempo na praza. A recompensa polo traballo era que nos regalaban unhas cantas para comer. Chegado o mes

de novembro solíamos vaciar unha, como se fan cos calacús agora, e cunhas velas que comprábamos na cerería de Paz, a poñíamos dentro, e a encendíamos para que iluminara a “típica” cara de medo. Alí poñíamola no alto da fonte que daquela estaba na parte de enrriba da praza, enfrente do que fora moitos anos a centrál eléctrica, e que nese


A Praza da Verdura a Ànáis do século XIX, daquela de Indalecio Armesto. tempo era a “casa das augas”. Alí quedaba a sandía durante toda a tarde-noite ata que a chama apagábase. Máis dun neno pequeno teño visto escapar chorando ao ver aquela “terrórL¿Fa” imaxen. Moitos recordos nese entorno cheo de pedra, de casiñas asoportaladas, de bancos, de árboles, de vecinos, de amigos e, sobre todo, de feira. Na miña memoria están os xogos do peletre, diante da que coñeciamos como casa das augas, ou esconderse entre os seus muros para non "pandar" ao escondedoiro, escapar entre as columnas da praza segundo foras "poli" ou "caco", xogar arredor da fonte, que como decíamos estaba na parte de enrriba e usala como "maio". Facer rabiar o inmenso can que estaba vixiando un dos muros na entrada da rúa San Sebastián, e que se puidése nos comía. Saciar a sede, cando se podía, con aquelos refrescos "Fisfases" de Feijóo que vendían no bar os Maristas e costaban 5 pesetas ou comprar aquelas napolitanas ou galletas Rissi na tenda da aboa de Nancy Coromoto. Unha Praza da Verdura chea de vida, onde esta-

ban a farmacia de Don Gonzalo, que se ¿xo moi famosa na serie "Os Gozos e as Sombras" de televisión española ao igual que a praza, ao seu lado, a froitaría de Josefa, a mercería de Pura e o negocio de Pilar. Xa en plenos soportais, Calzados Isidoro “o máis barato” que o atendía xunto á súa muller Fidela. Enriba vívian cos seus ¿llos, que eran da chavalada da Verdura, Jose, Pili, Fidela, Isidoro, Gonzalo, Tere e Mari Carmen. O negocio de Calzados Isidoro é o único que logrou sobrevivir na praza 50 anos despois. Ao lado dos calzados estaba a Fonda de Josefa "Los Ángeles", onde vívian os Carballeda, Argimiro pai, e a súa muller Consolo "a Asturiana" , xunto aos seus ¿OOos, Argimiro, Mari Carmen e Javier Carballeda, e onde un dos seus cuartos facía de taller. Ao lado, estaba a froitaría de Rosalía, e xunto a ista a Carnizaría de Dina. Enrriba vivia Ramón ¿OOo do cesteiro da praza, que tiña outro negocio do mesmo na rúa Real, co seus pais e os seus irmáns Pili, Puri e Merchi, tamén vivían no mesmo eGL¿FLo os de Olivia, Joselito, Teresa, Pilar, e Mari Carmen. Para rematar co negocio de Manolo de venda de mobles onde é hoxe o Hotel "Rúas". Polo outro lado da praza estaban o bar dos Maristas, o negocio de lanas de Carmiña e enrriba vivia Puri e a súa irmá, tamén os irmáns Jose e Ana e Carlos e a súa irmá Pitusa. Despois había unha Mercería e remataban os soportais coa Cerería de Paz facendo esquina. En fronte e formando parte do ámbito da praza, estaba Ramón o Cesteiro, Froitas Rosales e o outro

local de Mobles Manolo. Na foto da esquerda, de enrriba a abaixo, a chavalada da Praza da Verdura, imaxe dentro da Fonda "Los Ángeles" onde están Carlos, Pili a de Chicha, Fernando Papiris, Josefa (a da Fonda os Angeles), Isidoro, Pili, Argimiro Carballeda ¿OOo e Argimiro Carballeda pai, María del Carmen Carballeda, a tía Paca, Quintana, empregado dos Carballeda, Isidoro xunto a súa muller, Fidela e a súa ¿OOa Maria nos seus brazos, Amelia, a nai de Carlos, e a súa irmán (a señora da última ¿Oa de negro). Consolo, Rosi Carballeda, Javier Carballeda, de xeonllos en cume da mesa, José Carlos Couto "O Secre" e por último Ramón o ¿OOo do cesteiro.

ALÍ QUEDABA NO ALTO DA FONTE, A SANDÍA, ATA QUE A CHAMA APAGÁBASE. MÁIS DUN NENO PEQUENO ESCAPABA CORRENDO AO VER AQUELA IMAXEN DE MEDO Ponte

Ocio 19


Exposicións GALERÍA SARGADELOS Rúa Oliva, 24 - Pontevedra De luns a venres, de 9:30 a 13:30 h. e de 16:30 a 20 h. Sábados, de 10 a 13 h. v Dentro das actividades do VIII Brumario Poético, exposición de pintura “Instantes”, do artista Cecilio Chaves. Do 2 ata o 30 de novembro. MOSTEIRO DE POIO Praza do Covento, 2-San Xoán De luns a sábado, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 h. Domingos, de 16:30 a 19:30 h. v Mostra de obxectos románicos do antigo mosteiro. Exposición permanente de libros Cantorais. Exposición Orden da Merced. GALERÍA ABOUT ART R/ Pasantería, 9 - Pontevedra Horario: De martes a xoves, das 11 a 14 h. e das 17:30 ás 20:30 h. Sábados de 11 a 14 h. v “Mar de crebas” da creadora Alejandra Sampedro. Serie escultórica acompañada de fotografías que completan o proxecto de investigación da artista. Ata o 18 de decembro. PAZO DA CULTURA Rúa Alexandre Bóveda, s/n De martes a venres, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de

20 Ponte

Ocio

11 a 14 h. v Exposición “Na beira do río. Diálogos na pintura” das artistas Teresa Brutcher e Ana Seoane. Ata o día 11 de novembro.

v Exposición de Miguel Vidal “Outro lado. Outra vida”. Ata o día 11 de novembro.

SEXTO EDIFICIO DO MUSEO DE PONTEVEDRA Rúa Padre Amoedo, 3 Horario de visitas: De martes a venres, de 17 a 21 h., sábados, de 11 a 14 e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 horas. v“Exposición Premio Bienal de Fotografía Purificación García”. Recolle as obras seleccionadas na novena edición do certame. Ata o 11 de novembro.

v“Da infancia á madurez” de Aramburu, inauguración ás 20 horas, o día 23. Ata o 20 de xaneiro.

CITA. CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS TORRES ARCEBISPAIS R/ Mestre Mateo, 1 De mércores a domingo de 11 a 14 h., venres e sábados tamén de 18 a 21 h. v Percorrido audiovisual pola historia de Pontevedra a través de tres partes ben diferenciadas.

SALA VERSUS Gerardo Álvarez Limeses, 12 v VIII Brumario Poético. Exposición pictórica de Pilar Pérez Abilleira. Dende o día 16. MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA R/ Pasantería, 12 De martes a sábado de 10 a 21 h., domingos e festivos de 11 a 14 h. Edificio Castro Monteagudo. v Coleccións de arqueoloxía, ourivaría prerromana e pintura española, italiana e flamenca dos séculos XV ao XVIII. LICEO CASINO PONTEVEDRA R/ Manuel Quiroga, 21 Exposición de Meijide, na Sala de Exposicións do Liceo Casino. En horario continuo, ata o 10 de novembro. Entrada libre. SALA X Facultade de Belas Artes. Horario: De luns a venres, de 12 a 15 h. e de 19 a 21 h. v “Cuando el viento”, exposición multidisciplinar de Inge Álvarez. LICEO CASINO VILAGARCÍA R/ Castelao, 5 II Exposición taurina. Ata o 26 de novembro. Organizada polo Liceo Casino de Vilagarcía e José González. No horario habitual


Cursos vProxecto Emprende Na Casa Azul, en Pontevedra. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Gabinete de iniciativas xuvenís emprendedoras transfronteirizas. Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Ás 17 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego. Ata o día 22 de novembro. vPlan de formación para a

excelencia turística de Galicia Organizado pola Escola de Organización Industrial e a Xunta de Galicia. Dirixido a empresarios e traballadores en activo do sector turístico de Galicia e aos que queren chegar a selo. 13 programas diferentes e ata 24 cursos. Matrícula gratuita. Modalidade mixta: Presencial / online. Duración do plan: Ata marzo de 2013. +info no 902 200 432.

vObradoiro de oratoria Na Casa Azul. Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Proceso Psicoloxía. Os martes, de 17:30 a 20 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego.

vCurso homologado de monit@r de tempo libre Para idades entre os 16 e os 35 anos. Imparte Esc. Paspallás. As fins de semana desde novembro ata 27 de xaneiro. Venres de 16 a 21 horas, sábados de 10 a 14 horas e de 16 a 21 horas e os domingos de 10 a 14 horas. Organizado pola Oficina de Xuventude, Concello de Pontevedra, dentro do programa Pisando Forte, formación para o emprego. vIniciación a Micoloxía Iniciación, Técnicas de Conservación e recetario. Os días 8 e 9 coas ponencias “Introducción a micoloxía”, “Cogomelos no concello de Pontevedra”, “Fungos que deben coñecerse” e “Intoxicación por cogomelos” e o día 11 de novembro itinerario micolóxico con explicacións in situ. Máis información no número de teléfono 986 86 28 99. vBúsqueda activa de emprego Curso online. Dirixido a persoas desempregadas que queiran aprender a mellor maneira de facer un currículo, onde buscar traballo e incluso como actuar nunha entrevista. 32 horas das cales 22 son prácticas, cada alumno terá un titor á súa disposición para resolver as dúbi-

das que se lle presenten. Matrícula aberta. Organiza Crecer e Lecer. Máis información no número de teléfono 625065952.

vAnimación á Lectura Os sábados, na Sala de Obradoiros do Pazo da Cultura de Pontevedra, “A hora do conto” Maquinando contos. Organizado por Pavís Pavós. De 12 a 13:30 horas. Ata abril de 2013. vObradoiros de expresión dramática, plástica e musical De luns a venres e ata maio 2013. Na Sala de Obradoiros do Pazo da Cultura de Pontevedra. Organizado por Migallas Teatro. vCurso de Cestería Organizado pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Poio. Os sábados de 18 a 21 horas. Na escola de música de Campelo, Poio. Duración de dous meses. vCurso de Animación á lectura Dirixido a monitores de tempo libre e comedores escolares, educadores, persoal que traballe no ámbito educativo. Os sábados 10, 17 e 24 de novembro de 9 a 14 horas. Na escola de música de Campelo, Poio. Organizado pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Poio.

Ponte

Ocio 21


Libros

Un monstro ven a verme

O tango da Garda Vella

Rapazas que ouvean

Patrick Ness Debols!llo

Arturo Pérez-Reverte Alfaguara

Mari Mancusi La Factoría de Ideas

Sete minutos despois da media noite, Conor esperta e encóntrase un monstro na ventá. Pero non é o monstro que el esperaba, o do seu pesadelo, ese que ten case todas as noites dende que a súa nai empezou o tratamento. Este monstro é algo diferente, antigo... E quere o máis perigoso de todo: Quere a verdade. Patrick Ness fía esta historia a partir dunha idea orixinal de Siobhan Dowd. Publicado en dezasete países e merecedor do Premio Nacional Galaxy e do Premio The Red House, cuxo xurado está composto por nenos é, ademais, o primeiro libro en gañar, ao unísono e en 2012, dous dos premios máis prestixiosos do Reino Unido: A Medalla Carnegie ao mérito literario e a Medalla Kate Greenaway ao mérito artístico ás marabillosas ilustracións de Jim Kay.

22 Ponte

Ocio

Unha parella de mozos apostos, acuciados por paixóns urxentes como a vida, mírase aos ollos ao bailar un tango aínda non escrito, no salón silencioso e deserto dun transatlántico que navega na noite. Trazan sen sabelo, ao moverse abrazados, a rúbrica dun mundo irreal cuxas luces fatigadas empezan a apagarse para sempre. Un estraño desafío entre dous músicos, que leva a un deles a Bos Aires en 1928; un asunto de espionaxe na Riviera francesa durante a Guerra Civil española; unha inquietante partida de xadrez no Sorrento dos anos sesenta... Narra con pulso admirable unha turbia e apaixonada historia de amor, traizóns e intrigas, que se prolonga durante catro décadas a través dun século convulso, entre a luz crepuscular dunha época que se extingue.

Agora que é unha vampira e membro de pleno dereito do Círculo de Sangue, Rayne supón que os seus días como cazavampiros remataron. Non ten poderes vampíricos debido a unha mutación dun virus sanguíneo, non obstante tanto ela coma o seu noivo Jareth poden permanecer baixo o sol, polo que o cambio tampouco está mal. Cando empeza a gozar da súa inmortalidade, Cazadoras, S. A. contacta con Rayne de novo. Un xogador do equipo de fútbol americano do seu instituto desapareceu, e as autoridades cren que as animadoras están implicadas. Agora Rayne deberá infiltrarse no grupo antes de que as rapazas máis populares lle finquen o dente a alguén máis... Máis canalla que 'Crónicas Vampíricas' e moito máis sexi que 'Crepúsculo'.


Outras Actividades II Encontro de conservación e restauración z Do laboratorio á obra: Aplicación práctica do coñecemento científico á conservación-restauración de materiais pétreos. No Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Os días 14, 15 e 16 de novembro. As inscrición realizaranse no Rexistro da Deputación, por rigorosa orde de entrada ata completar o número de plazas limitado a 240 persoas. Prazo de inscrición aberto ata o día 12 de novembro. Os asistentes recibirán un diploma acreditativo. Feira do Emprego z Organizada pola ADL os días 7 e 8 de novembro. No salón de actos e nos seminarios 1 e 7 do Pazo da Cultura de Pontevedra.

martes de 19:45 a 20:45 horas. Club de lectura en castelán, os mércores de 17 a 18 horas. Club de lectura en portugués, os luns de 18 a 19 horas. Para maiores de 18 anos. Máis información no 986 85 08 38 de 9 a 14 horas ou no mail biblio.publica.pontevedra@xunt a.es. Na Biblioteca Pública de Pontevedra. R/ Alfonso XIII, 3. Obradoiros Centro Quérote + z O día 16 de novembro, de 18 a 19:30 horas. Na Casa Azul. Obradoiro “Sacando as redes da pantalla”. Aprende a utilizar as redes sociais. Para mozos e mozas entre 16 e 35 anos, residentes no Concello de Pontevedra e desempregados.

Congreso Unión Comarcal z Encontro organizado polo sindicato Comisión Obreiras. O día 9 de novembro, no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

z O día 3 de decembro, de 18 a 19:30 horas. Na Casa Azul. Obradoiro “En-parella: Obradoiro de relacións de parella”. Para mozos e mozas entre 16 e 35 anos, residentes no Concello de Pontevedra e desempregados.

Clubes de lectura z A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha a nova etapa dos clubes de lectura de outubro a febreiro. Club de lectura en galego, os luns de 19 a 20 horas. Club de lectura en inglés, os

Itinerarios horinzontais con xóvenes na empresa z Cruz Roja Pontevedra pon en marcha un programa operativo plurirrexional de loita contra a discriminación. Destinado a xóvenes con idades entre os 18 e os 30 anos, sen apenas forma-

ción, capacitación profesional e con escasa ou nula experiencia laboral. O obxetivo do Proxecto consiste e facilitarlles o acceso ao mercado laboral para o que se levarán a cabo accións de orientación, formación e intermediación laboral xunto con axudas complementarias para o emprego. Para máis información o número 986 85 21 15 / 986 85 20 77 ou no mail cbernal@cruzroja.es e cabeigon@cruzroja.es. I Congreso acelerador do desenvolvemento persoal “Ponte a Punto” zCongreso acelerador do desenvolvemento persoal. No Pazo de Congresos e exposicións de Pontevedra, os días 16 e 17 de novembro. Coa participación de Pablo García Fortes, Roberto Pérez Marijuan, Juan José Romero Crusat, Emilio Duró Pamies, Fernando Lareu Rodríguez e Eduardo Sánchez. Máis información www.ponteapunto.es. Organizado por Docensa coa colaboración do Concello de Pontevedra. No salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. Diseño de Producto z O día 15 de novembro, na Cámara de Comercio de Vilagarcía. Ás 19 horas. Sesión para fortalecer a competitividade.

Ponte

Ocio 23


Temp. 47/48.

Nesta tempada nace un equipo novo na nosa cidade o “Pasarón” que xogaría con camiseta azulgrana e pantalón azul e que alternaría co Pontevedra o estadio do Burgo nos partidos da casa. Na imaxe o Pasarón posando no estadio que levaba o seu nome: Na foto están Cons, Colinas, M. Escudero, Gelucho, Tilve, R. Escudero, un dos grandes porteros galegos, o cambadés Pazos, Jaime, Masito e Tito.

Fin do “Trienio de Ouro” C

aseque coa mesma plantilla da temporada anterior preséntase o Pontevedra no seu primeiro partido de liga o 27 de setembro de 1947 a xogar co Betanzos na liga da Terceira División. O equipo granate non pode ter mellor comenzo e derrota aos betanzeiros por cero goles a dous. De seguido, xogarían dos partidos en Pasarón contra o Lemos de Monforte e o equipo castelán da Leonesa, encontros que acabarían co mesmo resultado de empate (2-2) para continuar cun partido de “máxima” rivalidade rexional contra o Lucense de Lugo e que tamén ¿nalizaría cun

24 Ponte

Ocio

empate a dous goles. A partirés de éstos partidos o Pontevedra acadaría unha racha importante de resultados. Na primeira volta so perde dous partidos como visitante, co seu máximo e eterno rival o Berbés, onde sufre unha unha derrota (4-2), e despois, contra o Atlético Zamora nunha nefasta tarde encaixando catro goles a cero. O único empate que sufren os grantes nesta primeira volta é contra o Arosa no campo municipal de Pasarón e polo resultado de 2-2. Os demáis partidos son victorias con resultados algúns sorprendentes como o acadado ante a Ponferradina por

sete goles a cero. Os demáis resultados foron de 0-3 ante o Santiago, 3-0 ao Xuvenil de A Coruña, 1-0 diante dos ferroláns do Arsenal, 6-0 ao Maestranza e, por último , 10 ante a Ourensana. Os granates acaban nesta primeira volta cuns resultados impresionantes e que facían ilusionar aos siareiros con acadar o ansiado ascenso a Segunda División O comenzo da segunda volta o Pontevedra recibe o Betanzos logrando na casa unha das maiores goleadas que se coñecen na historia do clube. Se impoñen por 11 goles a 1 aos betanzeiros. Resultados tan abultaos fan do equipo


Fotografía feita en Pasarón o 15 de febreiro de 1948 antes de comenzar o partido de máxima rivalidade contra o Berbés o que derrotóu por 6-1. De pé: Gil, Manolé, Bollitas, Maquieira, Jaime y Labato. Acochados, Carolo, Español, Mekerle, Foro e Portas.

granate unha auténtica apisoadora, practicando o fútbol de ataque máis ofensivo do grupo, resultados como contra o Lemos (0-1), 5-1 ao Lucense, 3-1 á Leonesa, 4-3 ao Santiago e por último o empate ante o Ponferrada 0-0

O cambadés Pazos, saído do equipo do Pasarón, nunha visita como porteiro do Elche nun partido xogado contra o Pontevedra, posa co neno Tato Heredía, porteiro que fora do Nodales, antes do comenzo.

fan das granates un equipo temible. Os granates levaban un racha impresionante de resultados e chegaban a un dos encontros máis esperados polos siareiros como era o encontro de rivalidade contra o Berbés, ao que o Pontevedra o derrotou por 6-2 no que anotaron os goles locales Español (3) e Foro (2) nun campo de Pasarón abarrotado. A racha truncaríase con dous derrotas inesperadas no desplazamento ata A Coruña (30) e ante os leoneses da Maestranza (2-1) e un empate en Vilagarcía (1-1) para acadar de seguido as victorias frente o Arsenal (4-1) e o Atlético Zamora por 6-1 en Pasarón. Todo se iba decidir no encontro contra a Ourensena ao chegar os granates con un punto máis na claVL¿cación que os ourensanos. É o último encontro de liga e a posibilidade de que se decida o campión. Partido apaisoante como contan as crónicas de entón e moi disputado, ao ¿nal o resul-

tado non se moveu e foi de 0-0 proclamándose o Pontevedra Campión de Liga con 37 puntos. Na fase intermedia do Ascenso a Segunda ós pontevedreses tócalle xogar con equipos como o Salamanca, o Santander e o Osasuna de Pamplona. Despois de unha tempada excelente e con toda a cidade volcada esperábase que neste tercer ano do chamado “Trienio de Ouro” se acadase o ansiado ascenso xa que o Pontevedra tiña o¿FLo para elo. Sen embargo non poido ser máis desastroso e a liguilla convertíuse en un querer e non poder xa que a plantilla chegou ata esta parte ¿nal da liga moi mal físicamente. En casa é derrotado polo Santander (0-2) e tamén polo Osasuna (3-4), a única oportunidade que quedaba de seguir adiante era derrotar ó Salamanca pero de novo o Pontevedra volvéu a perder por un abultado 5-0. Os seguintes partidos xa son puro trámite e de novo volve a caer derrotado polo Santander (3-0) e 1-5 ante os salmantinos. Ao ¿nal logra gañar un partido ante o Osasuna (1-4) cando non se xoga nada. En 1947 nace na cidade un novo equipo de fútbol, O Pasarón, onde xogaron históricos xogadores como O´Donell, Masito, Araujo, Jaime, Tilve, Os Escudero e Corina entre outros. Destacaba sobre todo o porteiro Cambadés Pazos que xogaría en equipos da Primeira División como o Celta, Atlético de Madrid o o Elche e que foi un das grandes ¿Juras da Liga Española. Ponte

Ocio 25


Novidades Musicais

Aerosmith Music from another dimension É un álbum de estudo de Aerosmith. Coa formación orixinal: Steven Tyler (voz), Joe Perry (guitarra), Tom Hamilton (baixo), Joey Kramer (batería) e Brad Whitford (guitarra). O primeiro disco de estudo con todas as cancións novas que a banda estadounidense publica en 11 anos, o 15º álbum da súa carreira.

Amy Winehouse At the BBC O traballo estará composto por tres DVDs (un tributo por parte de Jools Holland, un concerto no Porchester Hall e un documental) e un CD (que recompilará algunhas das actuacións de Amy Winehouse na radio). Permitirá aos fans de Amy Winehouse gozar da diva dun modo diferente e moi próximo.

Lana Del Rey Born to die: The Paradise Edition Este novo traballo contará con dous discos. O primeiro deles terá os quince temas de 'Born to die' en edición deluxe e o segundo ten nove cancións novas. 'Ride' pon un toque elegante, épico e etéreo que vai contentar a todos os seus fans. Voces graves, agudas, violíns, explosións e moito, moito drama.

Green Day ¡Dos! Para comezar o pistoletazo da promoción, o grupo revelou o tracklist completo de ¡Dos!, que incluirá un tema chamado Lazy Bones que, ao igual que o tema de ¡Uno! Troublemaker, poderá desbloquearse grazas ao famoso xogo Angry Birds. O tema Amy está dedicado á falecida Amy Winehouse.

Rihanna Unapologetic Diamonds é o singre co que se presenta o disco de Rihanna para 2012, Unapologetic. Un tema composto por Sia coa produción de Benny Blanco e Stargate. Unha canción "happy and hippy". O seu sétimo álbum de estudo está producido polos noregueses Stargate con top 10 dende o 2006.

Massive Attack Blue Lines: 2012 Remix/Remaster Publicado orixinalmente en 1991, significou unha renovación coa achega e mestura de ritmos, samplings e bases electrónicas con instrumentos en directo, sempre con influencias diversas do soul, punk, reggae, dub, rock, electro e hip hop. Destaca Unfinished Sympathy, Five Man Army e Blue Lines.

26 Ponte

Ocio


Xogos

Forza Horizon Plataforma: XBOX 360 Forza Horizon engloba carreiras cheas de acción e a liberdade de disfrutar da máxima velocidade nas estradas abertas. Forza Horizon, que combina o realismo lendario de Forza co ambiente dun festival, permíteche presumir da túa habilidade ao volante para converterte na estrela da festa do motor máis exclusiva do mundo.

Rocksmith Plataforma: PC Liderando a evolución nos xogos de guitarra, Rocksmith é o primeiro e único xogo no que se pode conectar calquera guitarra real á consola e aprender a tocar de verdade mentres xogas. Inclúe unha lista de cancións tanto con grupos clásicos (Rolling Stones, The Cure) coma os éxitos máis recentes de bandas como The Strokes, Muse.

LEGO. O Señor dos Aneis Plataforma: PSVITA Supoñerá unha viaxe inesquecible. Poderás gozar cos teus amigos dunha emocionante aventura a través do xogo, coa experiencia única do modo cooperativo e controlando os teus personaxes favoritos para participar en grandes batallas e resolver incribles crebacabezas, recoller tesouros sorprendentes e superar fantásticos retos.

Assassin´s Creed III: Join or Die Edition Plataforma: Playstation 3 Norte América Século XVIII. Despois de máis de 20 anos de conflito, as 13 colonias americanas e a coroa Británica están ao bordo da guerra. As liñas da batalla debuxadas e o derramamento de sangue é inevitable. Das cinzas dun pobo ardendo nace un novo Assassin. Mestizo mohawk e británico, loitará pola liberdade e a xustiza.

Transformers Prime Plataforma: Wii Baseado na serie animada de TV, poñerá os xogadores no papel de Optimus Prime e os Autobots, os que xunto cos seus amigos humanos Jack, Miko e Raf terán que salvar a terra dos Decepticons. Poderemos controlar a Optimus Prime, Bumblebee, Acree, Autobot Ratchet e Bulkhead. No multixogador poderemos seleccionar entre ambos bandos.

Sherlock Holmes Plataforma: Nintendo 3DS Serás o famoso detective, Sherlock Holmes, acompañado polo fiel e menos voluble, Dr. Watson. Londres verase golpeado por unha tormenta de neve que paralizará a cidade! Axuda a Sherlock a descubrir que é o que está a pasar. A primeira aventura para 3 DS de Sherlock Holmes levará este tipo de xogos a un nivel máis avanzado.

Ponte

Ocio 27


Estreas de Cine O Apóstolo Director: Fernando Cortizo. Música: Philip Glass. Sinopsis: Un convicto recén fuxido

do cárcere, tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha solitaria e apartada aldea; pero o que alí encontrará supón unha condena aínda maior da que xa fuxiu. Sinistros anciáns, estrañas desapari-

A saga Crepúsculo: Amañecer 2

Director: Bill Condon. Interpretes: Robert Pattison, Kris-

ten Stewart, Taylor Lautner, Peter Facinelli, Ashley Greene. Sinopsis: Amañecer Parte 2 comeza onde o deixou a anterior entrega da saga. Bela deu a luz á súa filla Renesmee, e concluíu a súa transformación en vampira. Agora

A parte dos anxos Director: Ken Loach. Interpretes: William Ruane,

Roger Allam. Sinopsis: En Glasgow, cando o mozo Robbie vai á maternidade a ver á súa rapaza, Leonie, e colle nos brazos ao seu fillo acabado de nacer, Luke, séntese moi conmovido e xura que o seu fillo non terá que levar a

28 Ponte

Ocio

cións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmo arcipreste de Santiago cruzarán os seus camiños nunha historia de terror, humor e fantasía. Longametraxe dirixida por Fernando Cortizo, director Santiagués, supón a primeira produción stop-motion estereoscópica a nivel europeo. Permite que o espectador se esqueza que se trata de bonecos, facendo máis realista a historia, e permitíndolle centrarse exclusivamente na trama. deberá aprender sobre a súa nova natureza, terá algún poder como o resto dos vampiros? sendo unha neófita poderá controlar a súa sede de sangue ante a súa propia filla medio-humana? Os acontecementos precipítanse e un grave perigo pende sobre a familia Cullen ao completo cando a existencia dunha nena vampira chegue a oídos dos Vulturi. Existe unha lei para os vampiros que prohibe a todos os clans converter nenos. vida que el levou. Nos servizos á comunidade, Robbie coñece a Rhino, Albert e Mo, para os cales, ao igual que no seu caso, o traballo é pouco máis que un sono afastado. Henri, o educador, que se lles asignou convértese para todos eles, no seu novo mentor para inicialos en segredo... na arte do whisky. Robbie descobre que ten un verdadeiro talento de degustador, e moi pronto é capaz de identificar as barricas dos destilados máis caros.


Video

dvd

O pacto Will Gerard (Nicolas Cage) é un profesor casado con Laura (January Jones). Levan unha vida tranquila, ata unha horrible noite na que Laura é vítima dunha brutal agresión. Mentres Will espera nervioso no hospital a que o poñan ao tanto do estado de Laura, un misterioso tipo chamado Simon (Guy Pearce) diríxese a el e ofrécelle facer xustiza sobre a marcha.

Lobos de Arga En 1910, en Arga, un pequeno pobo galego, unha maldición cae sobre a malvada marquesa de Mariño: Ao cumprir os dez anos, o seu fillo converterase nun homelobo. Cen anos despois, Tomás (Gorka Otxoa), un escritor fracasado, que é o último descendiente varón dos Mariño regresa ao pobo convencido de que van a nombralo fillo adoptivo de Arga.

O ditador O Xeneral Almirante Haffaz Aladeen é un ditador capaz de arriscar a súa vida para impedir que a democracia se estableza no país ao que oprime tan amorosamente e con tanto cariño. Rico en petróleo e bastante illado, o estado norteafricano de Wadiya leva sendo gobernado por Aladeen dende que este tiña seis anos, cando foi nomeado líder tras a morte do seu pai.

Ice Age 4 A persecución de Scrat pola súa escorregadiza landra, ten consecuencias que cambiarán o mundo: Un cataclismo continental que desencadeará a maior das aventuras para Manny, Diego e Sid. No medio destas axitacións, Sid reencóntrase coa súa avoa rosmona e a manda tropeza cunha cuadrilla de piratas de altamar decididos a impedirlles o seu regreso á casa.

Elefante branco Narra a historia de amizade de dous curas, Julián e Nicolás, que tras sobrevivir a un intento de asasinato por parte do exército durante o seu traballo en Centroamérica, se asentan nunha barriada de Bos Aires para desenvolver o seu apostolado e labor social. Alí coñecen a Luciana, con quen loitarán cóbado con cóbado contra a corrupción, un mal endémico da zona.

O cabaleiro escuro. A lenda. Hai oito anos que Batman desapareceu, convertíndose en fuxitivo. Ao asumir a culpa pola morte do fiscal do distrito Harvey Dent, Batman decidiu sacrificalo todo polo que consideraba, ao igual que o Comisario Gordon, un ben maior. A mentira funciona durante un tempo, xa que a actividade criminal da cidade de Gotham se ve aplacada grazas á dura Lei Dent.

Ponte

Ocio 29


de Pontevedra. Ás 21 horas, no Auditorio do Pazo.

TEATRO SÁBADO 5 DE NOVEMBRO

Obra de teatro “Tres no bambán” de Espello Cóncavo. Ás 20:30 horas. No Teatro Principal de Pontevedra.

MÚSICA DOMINGO 4 DE NOVEMBRO

Ciclo “Concertos en Familia”, para os máis pequenos e os seus pais. “O veado florido” e “Pedro e o lobo” a cargo da Orquesta Filharmónica de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 18:30 horas.

SÁBADO 10 DE NOVEMBRO

Obra de teatro “Desfeitos” de Teatro Galileo. No Pazo da Cultura de Pontevedra. Ás 21 horas.

VENRES 16 DE NOVEMBRO

Obra de teatro “O fútbol é así” de Obras Públicas. No Pazo da Cultura de Pontevedra. Ás 21 horas.

SÁBADO 17 DE NOVEMBRO

Obra de teatro “Yerma”. No centro social Novacaixagalicia. Ás 20:30 horas.

LUNS 5 DE NOVEMBRO

Concerto do trío La Bellemont. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 20:30 horas.

VENRES 9 DE NOVEMBRO

“Atlántico” de Xoel López, no Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 21 horas.

DOMINGO 11 DE NOVEMBRO

Ciclo “Concertos en Familia”, para os máis pequenos e os seus pais. Representarán “O segredo de Val Axóuxere” a cargo da Orquesta Filharmónica de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 18:30 horas.

VENRES 23 DE NOVEMBRO

Representación de “Citizen Total” a cargo de Chévere. Ás 21 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

VENRES 30 DE NOVEMBRO

XOVES 15 DE NOVEMBRO

Obra de teatro “O profesional”. A cargo do Centro Dramático Galego. Ás 20:30 horas no centro social Novacaixagalicia.

Concerto con Pablo Dopazo. Organizado pola Banda de Música de Pontevedra. No Teatro Principal de Pontevedra, ás 21 horas.

VENRES 16 DE NOVEMBRO

DANZA

Actuación da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de David Afkham e con Frank Peter Zimmermann como solista. Re-

SÁBADO 24 DE NOVEMBRO

Representación de “Aínda” polo Centro Coreográfico Galego. Organiza o Pazo da Cultura

2


MÉRCORES 21 DE NOVEMBRO

coñecidas obras de Beethoven, Shostakóvich e F. Schubert. No centro social Novacaixagalicia, ás 20:30 horas.

Proxeción do film “Z”. Dentro do ciclo “Aquelas traxedias gregas, tan nosas”, organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. Na sala Versus de Pontevedra, ás 20 horas.

SÁBADO 17 DE NOVEMBRO

Aniversario Os Alegres. Coa participación de varios grupos de Galicia. Promove Grupo Folclórico Os Alegres.No Teatro Principal de Pontevedra, ás 20 horas.

VENRES 23 DE NOVEMBRO

Monstruoso, do director Mat Reeves, dentro do ciclo: Imaxinarios Sensoriais. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas.

CINE VENRES 2 DE NOVEMBRO

O show de Truman, do director Peter Weir, dentro do ciclo: Imaxinarios Sensoriais. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas.

OPERA DOMINGO 25 DE NOVEMBRO

“Carme” de Bizet, representada pola compañía Ópera 2001. No centro social Novacaixagalicia de Pontevedra, ás 20:30 horas.

MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO

Proxeción do film “Edipo, o fillo da fortuna”. Dentro do ciclo “Aquelas traxedias gregas, tan nosas”, organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. Na sala Versus de Pontevedra, ás 20 horas.

OUTRAS ACACTIVIDAES MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO E XOVES 8 DE NOVEMBRO

Feira do Emprego. Organizada pola ADL. No Pazo da Cultura de Pontevedra.

MÉRCORES 14 DE NOVEMBRO

Proxeción do film “Así é a vida”. Dentro do ciclo “Aquelas traxedias gregas, tan nosas”, organizado pola Fundación “Cuña-Casabellas. Fabulario Novo-Hipofonías”. Na sala Versus de Pontevedra, ás 20 horas.

VENRES 9 DE NOVEMBRO

Espectáculo de Monicreques “Pinocho”, a cargo de Títeres Cachirulo. No salón de actos da Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola”. Ás 18:30 horas.

VENRES 16 DE NOVEMBRO

A fiestra indiscreta, do director Alfred Hitchock, dentro do ciclo: Imaxinarios Sensoriais. Na Casa das Campás, en Pontevedra. De 19 a 22 horas.

VENRES 16 DE NOVEMBRO

Homenaxe a Atahulpa Yupanqui. No Teatro Principal de Pontevedra ás 20:15 horas.

3



Pontedeocio 137 - Novembro