Page 1


Infantil

GRUPOSk Primeiro

ciclo de Primaria


Lectores/as:

Xa

tedes un ano máis un novo exemplar

de

“O

CAMIÑO”, a revista escolar do CEIP Xoaquín Loriga de Prado.

A revista escolar é unha selección de traballos

e

actividades que se desenvolveron ó longo deste curso, feitas polos nosos nenos e nenas coa

axuda dos seus

mestres/as.

Esperamos de novo que este ano a revista volva a ser do voso agrado.

Dende o EDLG agradecemos todas as colaboracións de todos os membros da comunidade educativa que fixeron posible a realización deste traballo.


SUMARIO SAÚDOS DA OUTONIÑA O OUTONO Samaín Magosto Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos Nadal O INVERNO Día da Paz O entroido A PRIMAVERA Día Forestal Mundial Día do Libro Día das Letras Galegas MEDIO AMBIENTE ENTREVISTA A CRISTÓBAL DAFONTE DIÉGUEZ, o cociñeiro do noso cole HABILIDADES SOCIAIS XENTE INTERESANTE CONCURSOS O NOSO COLE NA PRENSA PARABÉNS AGRADECEMENTOS “contacontos por un día” PASATEMPOS ORLA


SAMAÍN 2011


ESCONXURO Fuxín do mundo dos mortos pra espantarvos os meigallos con sangue de gato morto ATENCIÓN! Abride ben as orellas se non queredes quedar sen elas. Mouchos, coruxas, sapos e bruxas, demos, trasnos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, píntegas e meigas, feitizos das menciñeiras. Podres cañotas furadas ,fogar dos vermes e alimañas. Vermes que roubei pra botar nesta sangue. Vermes longos, rebulideiros e ben mantidos. Adobados un mes en vinagre .Linguas de corvos que os deixaron ben lambidos.Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé de coello.


Pecadoras linguas que foxen ante os allos. Dentes de vampiros, tan buscados e tan temidos.Despois de loitar e os seus dentes arrancar a todo correr din fuxido e aquí os tedes para degustar! Lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, muxido da mar embravecida. Falar dos gatos que andan á xaneira, cabezas de micos doentes ó pucheiro van entran. Soprando levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, Fuxirán as bruxas a cabalo das súas basoiras, índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse,


quedando así purificadas. E cando este remexido baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada: si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos fagan aparecer neste prato, as caveiras dos inimigos Celtas. Caveiras dos inimigos!

JA JA JA!!!!!!!

Despois de remexer e remexer esto tedes que comer se non queredes todos/as suspender.


O MAGOSTO

Despois de cantar un pouquiño as castañas quentiñas que ben que baixaban

á zapatilla por detrás………….

E despois un pouco de xogos dos de antes aínda que algúns xoguetes cambiaran un pouquiño....


O NADAL


AGASALLÁMONOS CON BOS DESEXOS PARA O ANO QUE ENTRA

DECORAMOS AS ÁRBORES DE NADAL COAS NOSAS PROPIAS POSTAIS E ESCRIBIMOS CARTAS PARA……………

CANTAMOS PANXOLIÑAS

O REI GASPAR …………..!!!!!!


Infantil 3 anos


RE COLLEMOS TAPÓNS PARA AXUDAR A QUEN O NECESITA DE VERDADE


ENTROIDO 2012


O espantallo do amor

You are my best friend Happy Carnival 2012 from CEIP XoaquĂ­n Loriga-Prado


Neste día adóitase realizar xornadas sobre a importancia dos bosques , a súa utilidade, coidados e o perigo que representa o lume.Amósanse as ferramentas e procedementos que se empregan para apagar as lapas e convídase a plantar unha árbore; os de 4º escolleron unha propia dos montes galegos. Animádevos!!!


DIA DO LIBRO -INVENTAMOS UNHA HISTORIA-

“UN ROBOT NA AUGA”

INFANTIL 3º DE PRIMARIA

“UNHA AVENTURA”

1º CICLO DE PRIMARIA

4º DE PRIMARIA


R

EDUCE,

R

EUTILIZA ,

R

ECICLA

UNHA ALTERNATIVA SAUDABLE PARA TODOS/AS Este curso continuamos co proxecto iniciado o ano pasado denominado “ O cultivo ecolóxico”no que os rapaces/as sementaron diferentes especies arbóreas ( noces, pexegos, abelás,castañas, …)que eles mesmos recolectaron e que despois cunha maceta ( botella de plástico) levaron para a súa casa. Ademáis os nenos e nenas coa axuda do seu titor/a e baixo a coordinación de Marcial Barral sementaron diferentes variedades de especies hortícolas que trouxeron da casa( leitugas,brócolo,cabazas,papaias,chícha ros,acelgas,fabas,lentellas,…)

Pero non querendo deixalo así decidimos inciar dous novos proxectos : “A horta ecolóxica” e “A patrulla compostaxe”, buscando un nexo común e funcional entre os tres. Conseguimos compost coa materia orgánica que sobra da comida do comedor e máis con algunhas follas secas.Deixámolo repousar no noso composteiro e…..xa temos abono para a nosa horta que coa axuda dun papá quedou lista para plantar as especies hortícolas que naceron ……….. Agora un pouco de auga e cariño e….que comida máis saborosa e natural levamos para a casa!!!

E ……. rapaces/as seguide reciclando e non esquezades que para o curso que ven chegarán novos nenos/as ós que hai que aprender nesta gran labor que coida da nosa Terra Nai.


Juan Cristóbal Diéguez, naceu en Francia e dende o ano 2003 é o cociñeiro do noso colexio .Todos o apreciamos moito, non só pola boa comida que nos prepara ; senón tamén porque sempre ten un sorriso, e as boas maneiras e o bo trato sempre o acompañan.E como queremos coñecelo mellor, ímoslle facer unha entrevista. P. Ola Cristóbal , sabemos que naciches en Francia , pero como transcorre a túa infancia e xuventude? Con 4 anos voltei para Galicia, concretamente a Dozón, onde vivín ata os 14 anos, idade coa que empecei a estudar Cociña no IES de Vilamarín .

Ó remate dos meus estudos traballei durante varios anos en restaurantes , hoteis, ………e logo en colexios ademáis de impartir cursos de cociña en varias localidades.

P. Gustariache ter o teu propio restaurante? Si, pero agora estou moi contento aquí.

P. Cando empezou o teu interese pola cociña? A partir dunha charla informativa no colexio sobre saídas laborais e profesións con futuro.

P. Para ser cociñeiro onde estudaches? Estudei 5 anos no IES Vilamarín e fixen as prácticas no hospital Cristal Piñor (OU) e na pastelería O Couto (OU).

P. Que cualidades especiais hai que ter para ser cociñeiro? Hai que ser creativo,organizado, meticuloso e sentir paixón polo teu traballo.

P.De non ser cociñeiro ,Que che gustaría facer? Tamén me gustaba a informática e a electrónica.

P. Cal foi o teu percorrido profesional ata chegar ata aquí?

P.Que é o mellor e o peor do teu traballo? O mellor é o horario que me permite ter tempo libre para gozar da familia e o peor a monotonía do traballo en si.

P.Sabes que no colexio todos te apreciamos. E ti, atópaste a gusto no centro? Si , moi a gusto cos nenos/as e cos meus compañeiros/as tanto da cociña coma do colexio en xeral.

P. Aparte de ser seguidor do Barça… que outras aficións tes? O deporte en xeral gústame moito .Xogo ó fútbol cos amigos e practico atletismo.

P.Cóntanos a anécdota da que sempre te acordas. A primeira vez que entrei na cociña do hospital de Ourense e vin unha pota tan grande que podían coller dentro dela 2 ou 3 persoas . Quedei moi sorprendido!!!!!!!!

Cristóbal , nós ímonos este curso, pero os amigos quedan para sempre … e desexámosche que tanto na vida profesional , coma na túa vida familiar e persoal che vaia moi ben.

¡QUERÉMOSTE! OS/AS ALUMNOS/AS DE 6º


HABILIDADES SOCIAIS XA TRABALLASTES O SORRISO, A MIRADA E O SAÚDO……ESTE CURSO TOCOULLE ÁS PRESENTACIÓNS .RECORDADE : . Tipos de presentación: -

Podemos presentarnos nós mesmos Unha persoa pode presentarnos a un amigo/a ou grupo de coñecidos.

. Cando nos presentamos debemos: -

Estar en fronte da persoa á que nos presentamos Mirar ós ollos Saudar ou responder a un saúdo Dar a man ou un bico Dicir os nomes Poñer boa cara, sorrir , ser amables Dicir algo positivo ou agradable da persoa que presentamos Atender ó que nos din sen interromper

. Non debemos presentarnos a: -

Todas as persoas coas que nos atopamos pola rúa A alguén que nos da desconfianza Debemos ter coidado coas redes sociais ( facebook, twiter,…)


Tede en conta que xogar sempre debe ser divertido: consegue sorrisos dos teus amigos/as.


Xente interesante no noso colexio Marcial transmitiulles valores de respecto , admiración e coidado do medio no que vivimos.

Xosé Neira Vilas e Avelino Muleiro compartiron con todos nós un retrinco do seu tempo no que gozamos do seu saber falar e da súa proximidade.

Alberto Granxa, deulles unha lección de micoloxía.

Tres profesionais do Instituto de Investigación Agrobiolóxico de Galicia ensináronnos como extraer ADN e como conseguir cultivo in vitro.

O grupo ADEGA aprendeunos a coidar o medio no que vivimos Pepe , un gran home cunha gran experiencia como mariñeiro, conseguiu por un día facernos viaxar ó mundo do mar.

Os da Editorial Kalandraka contáronnos contos ademáis de darnos unha lección de música .

Persoal da Biblioteca Municipal de Lalín fixeron sentir ós máis cativos do colexio membros da patrulla Bolechas por un día.

Anxo Moure e o seu PAZtinete


CONCURSOS DIA DO LIBRO: ESCRIBIMOS OS NOSOS PROPIOS CONTOS

I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

OS NENOS/AS DE 3 E 4 ANOS PARTICIPARON NESTE CONCURSO DE CURTAS

BIBLIOMASCOTA ( BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LALIN) CONCURSO DE BIBLIOMASCOTAS PARA

A NOSA BIBLIOTECA DO COLE

PARA RIR UN POUCO………………………………………………………


O NOSO COLE NA PRENSA

UNS POUCOS MÁIS…………………………………………………………………………………………………………..


SEGUIMOS RINDO…………………………………………………………………………………….


AGRADECEMENTOS “CONTACONTOS POR UN DÍA”


Segundo ciclo

de Primaria

Terceiro ciclo de Primaria


Profile for MARIA GOMEZ

REVISTA "O CAMIÑO"  

revista escolar con actividades feitas durante o presente curso escolar

REVISTA "O CAMIÑO"  

revista escolar con actividades feitas durante o presente curso escolar

Profile for guerlika
Advertisement

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded

Recommendations could not be loaded